6 minute read

entrevista Orixe Ultramarinos, a nosa riqueza

Rebeca Munín Por

@rebecamunin

Advertisement

Detalle da máquina rexistradora na barra. Foto: Iván Barreiro

Orixe Ultramarinos,

a nosa riqueza gastronómica moito máis cerca

Nin a pandemia da Covid-19 nin a crise económica que supón frearon os desexos de Martín Pais de montar en Santiago o seu Orixe Ultramarinos. O local abriu nas Casas Reais a mediados de maio, en plena desescalada, de xeito diferente a como tiña pensado cando ideou o proxecto, pero con moi boa acollida do público. “Foi unha sorpresa, tivemos moito interese nos medios de comunicación porque fomos dos poucos negocios que arrancaron neste tempo. E ademais había moita xente que estaba á expectativa porque sabía que eu quería facer isto”, explica. Por que? Porque o Ultramarinos naceu ao abeiro do restaurante Orixe que dirixe Pais desde fai catro anos só a uns metros de distancia. “Moitos clientes preguntaban onde podían conseguir os produtos dos nosos pratos: as olivas que poñemos de aperitivo, as verduras, os queixos... E claro, non podía dicirlles onde porque ou eran de produtores pequenos ou viñan da miña horta na que cultivo tomates, teño limoeiros, laranxeiros, kiwis, etc.”, conta.

Así que Martín decidiu escoitar á súa clientela e inaugurar unha tenda con produtos cen por cen galegos, a inmensa maioría de pequenos produtores de proximidade difíciles de atopar nos supermercados. Ofrece viños, licores, vermús, fariñas... un pouco de todo o que se produce hoxe en día en Galicia. Tamén viños a granel, con uvas autóctonas (Mencía, Godello, Treixadura...). E algúns

pratos que elaboran no restaurante, como empanadas, empanadillas, mousse de chocolate con froitos vermellos, arroz con leite ou ensaladas, que se venden no Ultramarinos para levar. “O local está pensado tamén para poder degustar dentro algunhas cousas ou tomar unha cunca de viño, pero de momento non o facemos polo tema dos aforos polo coronavirus”, apunta.

Para darlle forma a este segundo negocio, Martín baseouse nun bar-ultramarinos que tiñan seus pais en Muros. “Alí vendía de todo, desde sal a granel, cervexas... incluso ferramentas para o campo”, recorda cun sorriso. E dese lugar incluso aproveitou botellas, garrafas e unha fermosa báscula que serven para decorar con moito encanto o local. Completa o conxunto de pezas antigas unha impresionante máquina rexistradora en pesetas que Pais conseguiu nunha poxa en Madrid. “E que aínda conserva os últimos tíckets”, afirma con orgullo.

Tamén é moi importante para el o compromiso co medio ambiente. Por iso intentan evitar o plástico e empregan para o viño a granel botellas que se poden retornar.

Aínda que pola súa localización, na entrada da Zona Vella, reciben visitas de turistas, este Ultramarinos está pensado sobre todo para o cliente local. De aí, o seu sobrenome de ‘Tendeiros, viñateiros e picheleiros’. “A idea é axudar a apreciar o que temos. Eu estiven moitos anos traballando fóra e vin outros produtos aos que se lles dá moitísimo valor e moitas veces non chegan á calidade que temos aquí en Galicia”, destaca. “Realmente nós cultivamos moi diferente ao resto da Península e temos que coidalo. Igual que a nosa música e cultura popular... Son as nosas raíces. Na letra de moitas cancións, se nos fixamos, hai explicacións de como se fai un prato, de como se cultiva... Transmitíanse así os coñecementos e chegaban á seguinte xeración. Eu creei tanto o restaurante como o ultramarinos con esa intención de poñer en valor a nosa gastronomía e a nosa cultura porque non se pode entender unha sen a outra”, engade Martín. Para o futuro, e cando o Covid-19 nos deixe, Pais xa está na busca de máis provedores e pequenos produtores galegos que traer ata Santiago e tamén planea organizar catas comentadas ou incluso con música.

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

NOVA WEB E PINCHA EN VÍDEO!

Durante estes meses nos que non publicamos revista en papel por mor da crise do coronavirus, en Pincha estivemos traballando moito máis arreo na nosa versión online. Aproveitando o confinamento, puxémonos a darlle unha volta a revistapincha.gal, converténdoa nunha web moito máis clara e na que teñen cabida non só os artigos relacionados coa nosa cidade e a súa contorna, senón tamén de toda a nosa terra -separados en dúas categorías: ‘Compostela’ e ‘Galicia’. Por outra banda, lanzámonos ao mundo de YouTube e, collémoslle tanto o gusto, que agora é un non parar! Comezamos cunhas conversas que chamamos ‘Entrevistas na Corentena’ e que fixemos con diversos personaxes da cultura e da gastronomía compostelá para saber como estaban a pasar o confinamento. Tamén aproveitamos o tempo recluídos na casa para sacar á luz algunhas reportaxes que estaban preparadas para saír no número en papel que non puidemos publicar en abril, como co escritor Javier Peña e co actor Federico Pérez. E completámolas cuns cuestionarios en vídeo ‘A fume de carozo’ para coñecelos un pouquechiño máis.

Captura da nosa canle de YouTube.

‘Entrevistas con Xeito’

Os que nos seguides na versión online veriades durante estes meses as ‘Entrevistas con Xeito’ que fixemos con artesáns e artesás que contan coa marca de Artesanía de Galicia e que aínda seguimos publicando. Son conversas nas que coñecemos o seu ‘xeito’ de traballar e nas que nos amosan parte das súas creacións. Recomendámosvos que se non o fixestes, botedes un ollo a todo o que nos contan. Seguro que vos sorprende a cantidade de talento que hai no noso país e as pezas tan fermosas, únicas, feitas a man e de comercio local que podemos mercar.

O LIBRO DE LILA DE LILITH

Árbores no deserto |

Editorial Galixia. Ano 2020.

Árbores no deserto, novo poemario de Rosalía Fernández Rial, no que dialoga con feministas na historia. Bonitísimo. Toma e deconstrúe os saberes concentrados de autoras e activistas feministas e convérteos en poesía, acompañada dos retratos de cada unha delas. Deleite para todos os sentidos.

Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.

Foto de Federico Pérez en A Nave de Vidán que ía ser a portada do número de abril de Pincha. Foto: Iván Barreiro

E xa temos tres anos!

Durante o confinamento, Pincha celebrou o seu terceiro aniversario. Non puidemos facelo cunha gran festa con premios, petiscos e música como pasou o ano pasado, pero si que brindamos de xeito virtual con todo o #equipazopincha e contámosvos unha historia de amor moi especial relacionada coa revista. Podedes atopar o vídeo na nosa canle de YouTube.

‘Preguntas con calidade’

No mesmo senso, recentemente comezamos con outro especial denominado ‘Preguntas con calidade’ no que falamos con empresarios relacionados co turismo, a hostalaría ou a ourivería que contan co selo de Galicia Calidade. Onde poñen a calidade nos seus negocios? Que partes destacarían da nosa gastronomía? E da nosa paisaxe? Estas son algunhas das cuestións que teñen que responder e que axudarán a coñecer un pouco máis todo o marabilloso que temos na nosa terra.

Milongas A Coruña

Rúa Río de Monelos, 1 Parque Europa s/n A Coruña 881 820 830

Milongas Bertamiráns

Carretera de Santiago-Noia Km7 Bertamiráns Ames 881 017 990

Milongas Vilagarcía

Avenida da Mariña, 16 Vilagarcía de Arousa 986 075 433

Fotos do #equipazopincha no vídeo do terceiro aniversario

Milongas Milladoiro

Avenida Rosalía de Castro Ames 881 977 003

This article is from: