![](https://assets.isu.pub/document-structure/200803081339-e76ed9772113472e6104ba8b911fa2ac/v1/927ec4c341388eb967fba976ad201e37.jpg?width=720&quality=85%2C50)
6 minute read
apapar Brunch no Café Clem
from Revista Pincha 18
BRUNCH NO CLEM CAFÉ
Foto: Iván Barreiro
Advertisement
O Clem Café abriu as súas portas hai uns meses en Santiago cun novo concepto de cafetería, comida e repostaría vexetariana e vegana, con opcións tamén sen glute. Un proxecto en mans da francesa Clémence Aymard no que prima a consciencia ecolóxica, o respecto polo medio ambiente e a cociña saudable e natural. “É sa pero tamén rica, divertida e con moita cor”, conta a chef.
Un bo exemplo do seu bo facer é o brunch que probou @JuanEAT_o e que, como conta a hostaleira, gusta moito á súa clientela porque é algo diferente, fácil de dixerir e saudable. Pode pedirse todos os sábados desde as doce e media do mediodía ata as catro da tarde. No Clem Café atopamos tamén café 100% arábica de selección premium, viños e outras bebidas veganas e orgánicas, diversas opcións de almorzos saudables, repostería cunha gran variedade de opcións sen glute e sen lactosa... “Aquí temos comida para todo o mundo”, asegura a cociñeira cun sorriso. Tamén para levar e por encargo. Ademais ofrecen un menú vexetariano (e xeralmente vegano) de luns a venres que, por 12 euros, inclúe un entrante, un segundo prato, unha sobremesa caseira, bebida, pan e café.
Se queredes saber máis sobre o Clem Café, ademais de visitalo na Rúa de San Pedro, podedes seguilos en Instagram e Facebook como clem_cafe
@JuanEAT_o, púxose as botas co brunch do Clem Café. Foto: Iván Barreiro
![](https://assets.isu.pub/document-structure/200803081339-e76ed9772113472e6104ba8b911fa2ac/v1/7d2e99de80e2d80cc3101e6f983254e2.jpg?width=720&quality=85%2C50)
Por fin estou de volta! E xa que estamos na nova normalidade, quixemos facer algo diferente e probar non só un prato senón todo un señor brunch. Para quen non o saiba, o brunch (mestura de ‘breakfast’ e ‘lunch’) é unha comida que se fai por influencia anglosaxoa entre o almorzo e o xantar, en substitución destes. É o que poderiamos entender como un almorzo tardío ou unha comida de cedo.
O lugar escollido foi o Clem Café, que serve o seu brunch todos os sábados entre as 12:30 e as 16:00 horas. En ocasións especiais, inclúe unha copa de cava. Aínda que eu non tiven esa sorte! Oh!
Pero imos co interesante. Como podedes apreciar na foto, temos café (pode ser unha infusión), zume de laranxa natural (pode ser unha caña), froita fresca de tempada, unha tosta (xeralmente vegana), un boliño, un iogur caseiro e un prato quente (que adoita levar sempre ovos).
Eu decidín comezar polo café que pedín con leite -ben feito, por certo-, o zume natural -que estaba no seu punto de dozura- e o roliño vegano e sen glute de
Datos
Lugar:
Clem Café. Rúa de San Pedro, 118 Prato:
Brunch Prezo: 15 €
dátiles e canela. Riquísimo! E mollado no café aínda máis porque potencia ese toque esponxoso.
Continuei coa tosta, presentada nunha rebanda de pan fresco moi rico e preparada cun hummus de figos como base, pementos asados, berenxena e froitos secos. Teño que confesar que o figo non é dos meus froitos favoritos, pero o hummus estaba boísimo. Como proba, asegúrovos que non quedou nin unha miga no prato! E o toque dos froitos secos, que me encantan, fai unha combinación bastante equilibrada e moi rica no padal.
Fun despois a pola ensalada de conservas en vinagre, na que destacaban uns rechamantes e divertidos ovos de cor rosada. O sabor é bastante intenso pero o resultado final é un prato moi fresco que combina á perfección co resto das ‘pezas’ deste brunch.
Como ‘sobremesa’ optei polo iogur natural con granola e marmelada -ambas caseiras! Unha delicia para os máis larpeiros xa que a textura e o sabor son fabulosos. Nótase que é un iogur feito con cariño. Que digo o iogur! Todo o brunch denota delicadeza e bo facer. Un pracer que aconsello que non deixedes escapar.
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Valoración:
#entrevista
Rebeca Munín Por
@rebecamunin
O 18 de decembro a E levando só uns francesa Clémence Aymeses, chega o comard facía realidade o ronavirus. Como foi seu soño de abrir o seu ese momento? propio local nunha cidaO primeiro que de como Compostela. pensei foi na Todos os comezos son saúde do meu complicados pero para pequeno, da Clem (como a chaman miña familia, por aquí) foino un pouco dos meus emmáis. Só tres meses despregados. Penpois da súa apertura chesaba: a madre gou a pandemia que o terra estase enmudou todo e obrigouna fadando e necea pechar. Pero ela, que se sita un respiro. define como unha persoa Economicamenpositiva, tirou para adiante foi duro. Acate e nesta nova etapa á Clem, na entrada do seu local na Rúa de San Pedro. Foto: Iván Barreiro baba de abrir e fronte do seu café descuseguía recibinbriu que podía estar máis preto dos seus clientes. do as facturas. Pero eu sempre busco o lado posiQue fai unha francesa rexentando un local en Compostela? que podía levalo eu. Antes estaba sempre na cova, na Eu estudiei Historia da Arte e xestión cultural. Checociña, non tiña contacto cos clientes, pero agora si, guei a España fai trece anos, a Castilla e León. Alí coexplico, aconsello... Esta é a miña casa e así é como ñecín á miña parella e desde entón, polo seu traballo, acollo á xente. Iso permitiume gañar moita clientela. estamos dun lado para outro. Tamén estudiei cociña en Vigo e tiña moitas ganas de volver a Galicia. E a Santiago porque xunta historia, cultura, gastronomía... A arte e a cociña son as miñas dúas paixóns.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/200803081339-e76ed9772113472e6104ba8b911fa2ac/v1/b0120c021390a0652d3cbbb84d307d26.jpg?width=720&quality=85%2C50)
Estades ademais nun barrio, o de San Pedro, con moita vida... Si, é onde vivo e teño un neno pequeno, así que me facilita moito ter o café aquí. Foi moi complicado buscar local e cando o vimos, soubemos que era este. Meu sogro, que é carpinteiro, fixo as mesas, as cadeiras... A decoración foi cousa miña e da miña parella. Hai incluso un cadro da miña nai. É un local feito con moito cariño. Chegamos a Santiago desde Islandia onde fun xefa de cociña nun restaurante que era orgánico e vegano. Así que quixen enfocar o meu negocio aquí na comida sa. tivo. O 25 de maio reabrimos e dinme de conta de Que influenzas hai presentes da cociña francesa? Fago croissants veganos e chocolatines, que son como as napolitanas pero con chocolate negro de verdade. Temos tapas vexetarianas e sempre intento ter unha quiche ou unha tarta ao estilo francés. E no menú do día inclúo ratatouille.
Que relación destacarías entre a cociña francesa e a galega? Pois mira, na rexión de onde é meu pai cómese moito máis que en Galicia (Sorrí). Como aquí cando facedes un cocido. Temos sempre a idea da comida moi refinada francesa pero en Francia hai zonas
onde existen este tipo de comidas de compartir, de crianza… E o viño. En Galicia tendes viños incribles. E tamén o pan e o queixo son excepcionais. E eses tres produtos son para min moi importantes.
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura