Revista Pincha 18

Page 20

#apapar

BRUNCH NO CLEM CAFÉ

Foto: Iván Barreiro

O Clem Café abriu as súas portas hai uns meses en Santiago cun novo concepto de cafetería, comida e repostaría vexetariana e vegana, con opcións tamén sen glute. Un proxecto en mans da francesa Clémence Aymard no que prima a consciencia ecolóxica, o respecto polo medio ambiente e a cociña saudable e natural. “É sa pero tamén rica, divertida e con moita cor”, conta a chef. Un bo exemplo do seu bo facer é o brunch que probou @JuanEAT_o e que, como conta a hostaleira, gusta moito á súa clientela porque é algo diferente, fácil de dixerir e saudable. Pode pedirse todos os sábados desde as doce e media do mediodía ata as catro da tarde.

| 20 | Pincha | N 18

No Clem Café atopamos tamén café 100% arábica de selección premium, viños e outras bebidas veganas e orgánicas, diversas opcións de almorzos saudables, repostería cunha gran variedade de opcións sen glute e sen lactosa... “Aquí temos comida para todo o mundo”, asegura a cociñeira cun sorriso. Tamén para levar e por encargo. Ademais ofrecen un menú vexetariano (e xeralmente vegano) de luns a venres que, por 12 euros, inclúe un entrante, un segundo prato, unha sobremesa caseira, bebida, pan e café. Se queredes saber máis sobre o Clem Café, ademais de visitalo na Rúa de San Pedro, podedes seguilos en Instagram e Facebook como clem_cafe


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.