Revista de Gastronomía & Cultura Nº 19 | outubro-novembro 2020
nti o c Revista de Gastronomíav&aCultura e Lé m
go
EFECTO DOMINÓ Revista de Gastronomía & Cultura
Revista de Gastronomía & Cultura
Revista de Gastronomía & Cultura
A desesperada situación da hostalaría arrastra A PRODUTORES, PROVEDORES, DISTRIBUIDORES, MÚSICOS...
Rebeca Munín Por
ÍNDICE @rebecamunin
VECIÑOS Este 2020 non está sendo fácil para ninguén. Non sabemos con certeza cando rematará a pandemia da Covid-19 nin a grave crise económica que a acompaña, ou cando volverán as nosas vidas a ser como eran no mes de febreiro. Pero temos que seguir. E, para iso, debemos apoiarnos. Mercar no comercio local, saír a tomar algo a un bar, ir ao teatro ou a un concerto, pasar unha fin de semana nunha poboación próxima... Toca chamar á porta dos nosos veciños e veciñas. E esperar que tamén eles, chamen á nosa (con distancia de seguridade, máscara, hidroxel e todo o que faga falta). Precisamente sobre a solidariedade entre nós é do que falamos neste novo número de Pincha. A reportaxe principal céntrase na relación entre a hostalaría e moitos outros sectores aos que lles afecta severamente as restricións que soportan. A conclusión está moi clara: se caen uns, caemos todos. Di Martín Pais, do restaurante Orixe ao que foi o noso @JuanEAT_o #apapar, que Santiago debería ser a capital gastronómica e cultural galega. Un lugar desde onde amosar o que ten que ofrecer a nosa terra, de xeito que teñamos moitas ganas de ir coñecelo. E precisamente así é o turismo polo que se está apostando na actualidade. Un turismo de proximidade do que fala Jéssica Pintor noutros dos artigos que protagonizan este número. Para poñelo en práctica, recomendámosvos unha ruta polo sendeiros da provincia ou polas adegas das Rías Baixas. De viños falan, tamén, Crusat e Costas no seu regreso a Pincha desde o confinamento. Ruth Ríos descóbrenos o último libro de Francisco Castro (co que estrea ademais sección en vídeo na nosa canle de YouTube) e Os Catro Gatos adéntrannos na gorida doutro dos nosos artistas. Benvidos/as a #pincha19! Pasade e lede!
04 14
reportaxe | Non é só a hostalaría
de bares con jessi | Na era do turismo global,
18 21 22 24
#apapar | Sargo á muradá no restaurante Orixe a gorida do artista | Nando Pereiro crusat & costas | Boas Vides 2017 de libros con Ruth | ‘Tantos anos de silencio’,
26
PUBLIRREPORTAXE
28 32 35
toca facer turismo local!
de Francisco Castro
| Rutas de sendeirismo na provincia da Coruña
axenda | guía de compras e ocio | ultramarinos |
Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal Deseño e maquetación: Alberto Seoane RSM Comunicación | rsmcomunicacion.com Publicidade e Redacción: Jéssica Pintor e Ruth Ríos publicidade@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal
Depósito Legal: C 607-2017
www.re vis ta p in ch a . g a l
BAVF Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización.
Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com
Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor.
Colaboran neste número: @JuanEAT_o, Inés Silvalde, Marisa Calderón, José Crusat e Lorena Costas.
O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.
Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: COGRAF
ONDE ATOPAR PINCHA
Pincha | N 19
|3|
reportaxe
NON É SÓ A
C
Produtores, provedores, distribui traballadores afectados po
omo se de fichas a piques de caer polo efecto dominó se tratase, a crise que atravesa a hostalaría por mor da pandemia da Covid-19 non só afecta aos empresarios e traballadores do sector. Son milleiros
os negocios que dependen da súa supervivencia. Son produtores, provedores, distribuidores, músicos... a cadea é interminable. Son as mariscadoras que en pleno confinamento pediron non ser consideradas servizo básico e deixar de traballar. Porque sen a hostalaría estaban facéndoo en balde. Porque non vendían. Porque o tipo de consumo que a xente fai dentro da casa non é o mesmo que fai fóra. Porque se cae unha peza, detrás van todas as demais. Nesta reportaxe imos falar de catro historias. A de Lucía Vázquez, propietaria do café bar Bicoca e presidenta da Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago. A de Pablo Lodeiros, de Bodegas Lodeiros; a do músico Carlos Arévalo e a de José Luis Guerra, da empresa de material de hostalaría Utimaq. Son catro de moitas. Así resisten e así encaran uns meses cheos de incerteza.
| 4 | Pincha | N 19
Rebeca Munín Por
A HOSTALARÍA
@rebecamunin
idores, músicos... a cadea de empresas, autónomos e ola crise que atravesa o sector é interminable
Carlos Arévalo, Pablo Lodeiros, José Luis Guerra e Lucía Vázquez. Foto: Iván Barreiro
Pincha | N 19
|5|
-
Lucía Vázquez, no Bicoca, que está situado na Rúa de Entremuros. Foto: Iván Barreiro
reportaxe
LUCÍA VÁZQUEZ,
PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN DE BARES, PUBS E DISCOTECAS DE SANTIAGO:
“Soportamos normas moi restritivas, que levan á ruína a moitas familias e que non son eficaces contra o virus”
F
ai sete anos e medio que Lucía Vázquez tomou como
ao resto non lle dá cabida a pesar de que se pide por favor a
moita ilusión as rendas do Bicoca, un café bar situado
entrada nas reunións”, sinala.
na entrada da zona vella compostelá que, co paso do tempo e por petición da clientela, foi derivando máis
“Dá a sensación de que todo o Covid-19 sae dunha barra dun
nun bar de comidas que nun de copas. Aínda así, e ata que a Xun-
bar, ou dunha mesa dun restaurante, ou dunha copa dun
ta decretou o peche do ocio nocturno e o horario límite á 1 da
pub. É a realidade non é así. Os datos indican que os gromos
madrugada para todos os locais de hostalaría, seguía funcionando
de contaxio prodúcense principalmente nas reunións fami-
tamén como lugar onde tomar algo a primeira hora da noite.
liares e de amigos. Hai tamén grandes focos noutros sectores, en ximnasios, en conserveiras... e as medidas que se to-
Tras uns inicios complicados, o Bicoca estaba asentado por fin na
man aí son racionais: desinfección, probas PCR, corentena e
oferta gastronómica de Compostela, pero chegou a pandemia e
de volta ao traballo inmediato. A nós estásenos tratando por
mudouno todo. “Nós xa fechamos un día antes de que o fixera
outro baremo”, opina. “Por que?”, pregunto. “Eu creo que se
a Administración porque había pánico xeral. Cando xa nos confi-
debe a que somos a industria máis potente do estado espa-
nan a todos e pasan dúas semanas, decidimos solicitar un ERTE.
ñol, pero tamén a máis disgregada. Aquí non hai un ou dous
Reabrimos o 4 de xuño. Era un momento no que podiamos traba-
ou tres grandes empresarios ou empresarias que controlen
llar coa terraza e cunha porcentaxe no interior, sen barra, pero co
o sector. Somos miles de pequenos autónomos que a nosa
teu horario normal de licencia. É dicir, mellor que agora”, conta.
primeira ocupación é traballar no noso establecemento. E iso
E é que Lucía, que é presidenta da Asociación de Bares, Pubs e
fainos moi débiles”.
Discotecas de Compostela, segue sen comprender o porqué das restricións ao ocio nocturno. “Non sei se o virus se fai máis forte
Despois dun verán duro, o outono e inverno preséntase moi
a partir das doce da noite. A min estrañaríame porque non é un
incerto para o sector, con moitos peches estacionais, tanto
Gremlin!”, ironiza.
en hoteis como en bares e restaurantes, e con máis que probables feches definitivos de moitos locais. “Estamos pasando
A súa entidade, xunto coa Asociación Hostalaría Compostela, levan
un momento durísimo, é evidente que ten que haber medi-
tempo reclamando que a Xunta os escoite. “O diálogo co Concello,
das sanitarias e así o asumimos desde o primeiro momento.
tanto co Goberno como coa oposición, deuse e se sigue dando. A
Pero non podemos aceptar a aplicación dunhas medidas tan
nivel galego, tamén falamos coas forzas da oposición. O que non
restritivas, que levan á ruína a moitas familias, e que a día de
temos é diálogo precisamente cos que están poñendo as normas
hoxe, vemos que son completamente ineficaces na conten-
a base de decretazos. É a institución a que decide con quen fala e
ción do virus”.
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 19
|7|
-
-
Pablo Lodeiros pertence รก cuarta xeraciรณn das Bodegas Lodeiros. Foto: Ivรกn Barreiro
reportaxe
PABLO LODEIROS, DE BODEGAS LODEIROS:
“Saímos adiante reestruturando o negocio”
B
odegas Lodeiros é un negocio familiar, fundado
un aumento do consumo- e sacamos formatos máis pen-
polo bisavó de Pablo. Aínda que a empresa naceu
sados para o sector da alimentación que o da hostalaría.
nunha parroquia de Ordes, pronto a familia estableceuse en Compostela. Eran arrieiros, ían ao Ribeiro
Só uns días antes do confinamento, presentastes Cami-
polo viño, traíano á cidade e vendíano nun pequeno despacho
ño Natural, un novo proxecto co que cambiou a imaxe
na rúa de San Pedro. Pouco a pouco, foron evolucionando e
do vermú Lodeiros e que tiña como base o compromiso
comezaron a elaborar os seus propios produtos -viños e vermú
medioambiental e a produción sostible. Puidestes seguir
principalmente- e a distribuílos en Santiago e tamén fóra.
para adiante?
Hoxe a empresa, como tantos outros produtores e distribuido-
Si, está funcionando moi ben. Por un lado, utilizamos o
res, sofre os envites dunha pandemia que está sendo especial-
produto e os envases o máis ecolóxicos posible. E por
mente cruenta cun dos seus principais clientes: a hostalaría.
outro lado, reinvestimos unha parte dos beneficios en
Aínda así son optimistas e, con imaxinación e moitas ganas, es-
proxectos ecolóxicos en Galicia. O primeiro é a repoboa-
tán seguros de que sairán desta.
ción dun bosque autóctono na Agolada, en colaboración con ADEGA. Temos que ver como imos realizalo coas me-
Como estades a levar en Bodegas Lodeiros a crise da Covid-19?
didas de seguridade e hixiene que nos obriga a pandemia pero si que cara finais de outubro esperamos comezar. O
Temos en xeral unha situación bastante volátil. Hai moita incer-
covid non puido con este proxecto! (Sorrí).
teza. A saúde é moi importante e o principal é ter unha seguridade, pero hai un problema moi grande, moita desinformación.
E de cara ao futuro? Sodes optimistas?
Non sabes que vai pasar a semana que vén. E así é difícil establecer unhas estratexias ou uns obxectivos.
Si, nós somos optimistas por natureza. Xa pasamos moitas crises e situacións complicadas. Quen nos coñece sabe
Como vos afecta a situación tan crítica que atravesa a hostala-
que con nós sempre encontra unha palabra amable ou un
ría?
sorriso. A nosa filosofía é que máis que un negocio somos unha familia. Levamos traballando nisto toda a vida. Es-
Pasamos momentos de estrés e momentos de calma. Hai pi-
tamos preparados para aguantar. Iso si, estamos dándo-
cos de consumo. No confinamento, sendo a hostalaría o 80%
lle unha volta á nosa liña de negocio, enfocándonos máis
da nosa clientela, foi un golpe duro. Saímos adiante polo que
aos nosos produtos, que era algo que xa tiñamos antes en
iamos vendendo fóra, o que traballaban os distribuidores nas
mente, pero que a rutina non nos permitía facer. Aprovei-
súas respectivas prazas... E fomos reestruturando o negocio:
tamos un pouco esta ruptura para tomar esas decisións
aproveitamos para facer a tenda online, intentamos acceder a
que viñamos postergando. E démonos de conta que ese
pequenas tendas como ultramarinos -nas que si que notamos
é o camiño. Pincha | N 19
|9|
-
-
Xiana Lastra, na escalinata O negocio da Quintana, de José Luis localización Guerra, Utimaq, habitualten de xa concertos case vinte en eCompostela. cinco anos. Foto: Iván Barreiro
reportaxe
JOSÉ LUIS GUERRA, XERENTE DE UTIMAQ:
“Se o restaurante non funciona, nós non funcionamos. Se nós non o facemos, o fabricante, tampouco”
A
ta a chegada da crise da Covid-19, o 60% das vendas de Utimaq –unha empresa compostelá con case vin-
o confinamento nós traballamos bastante ben porque xa
te e cinco anos de historia- relacionábase coa hosta-
desde sempre vendemos material de protección como lu-
laría. O outro 40% repartíase entre o sector alimen-
vas, batas, gorros... e tiveron moita demanda porque neses
tario (carnicerías, comedores dos colexios, etc.), o sanitario e o
momentos había moita escaseza. Foi o que nos salvou ne-
cliente particular.
ses meses. Tivemos incluso pedidos a nivel nacional. Despois fomos ampliando a nosa oferta con máscaras, xeles
O seu catálogo inclúe vestimenta e calzado especializado, uten-
hidroalcohólicos, produtos desinfectantes e virucidas, de
silios de cociña, coitelería, máquinas de envasado... e actual-
limpeza de cámaras... Todos autorizados por Sanidade”,
mente moitos produtos de desinfección que son os que os es-
explica.
tán axudando a saír adiante. “As vendas en hostalaría baixaron moito. Hai un cambio moi importante porque no confinamento
E que pasa co mundo da artesanía? Aféctalles a eles tamén
estivo todo parado. Cando rematou, empezou a ir a cousa me-
a grave crise económica da hostalaría? Si, pero en moita
llor, abriron moitos locais e notábase algo de alegría, pero agora
menor medida. Isabel, de Lorenzo Design, unha empresa
volveu a pararse”, explica o seu xerente, José Luis Guerra.
compostelá que conta coa marca de Artesanía de Galicia e que se dedica ao deseño, elaboración e comercialización
O empresario está seguro de que, se non se controla a pande-
de pezas en madeira para a alta gastronomía e o fogar,
mia ou melloran as condicións dos locais, o que resta de ano
explica que si que notaron o parón de pedidos durante o
será moi complicado para moitos negocios. “Todo isto leva
confinamento pero que a situación mellorou coa nova nor-
unha cadea detrás, desde o fabricante ao comercial, etc. Se o
malidade. “Nós non facemos grandes cantidades e os tem-
restaurante non funciona, nós non funcionamos. Se nós non o
pos de creación son máis longos”, sinala. Ademais, os seus
facemos, o fabricante, tampouco. A nosa cidade vive moito do
principais clientes son restaurantes con Estrela Michelin
turismo e se falla, vense todo a abaixo”, lamenta.
que xa antes tiñan poucas mesas nos seus locais e non lles afectan tanto as restricións de capacidade e distancia
Guerra ten claro que a solución para sobrevivir pasa por rein-
social como pasa noutro tipo de establecementos de hos-
ventarse e potenciar a venda online. “Dentro do malo, durante
talaría.
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 19
| 11 |
- Carlos Arévalo - toca actualmente - en varias Martaformacións Rey nunhacomo das entradas ‘Banda de das Nash’ naves oudo ‘Eclektic Mercado Pajaro’s de Abastos. Band’. Foto: Iván Barreiro
reportaxe
CARLOS ARÉVALO, MÚSICO:
“Hai que concienciar ás administracións de que os concertos son sitios seguros”
C
arlos Arévalo é un músico cunha longa traxectoria ás súas costas. Naceu en Montevideo (Uruguay) e xa de mozo trasladouse a Madrid e posteriormente a Compostela. Amigo de Manolo Tena, tocou con el na banda ‘Cucharada’. Despois chegaron moitos outros grupos xa en Galicia como ‘Laser’, ‘The Funkles’ e ‘Banda de Nash’, cos que o batería continúa batallando. Ademais acaba de comezar a ensaiar cun novo proxecto: ‘Eclektic Pajaro’s Band’, no que xunto con Antón Torroncho (baixo), Iván Barreiro (guitarra) e Alejandro Casquero (teclados) versiona temas de grupos como Génesis, The Police ou Creedence, entre outros.
O sector cultural é outro dos máis prexudicado pola crise sanitaria e económica da Covid-19. Como che está a afectar a ti coma músico?
No confinamento parouse absolutamente todo. Fixemos moitos vídeos, reuniámonos con músicos a través da pantalla... Despois puiden empezar a tocar cun dueto e un trío acústico en dous locais de Teo nas fins de semana. Tamén estou en xira cun show tributo a Michael Jackson e co espectáculo Film History Music, que se basea nas bandas sonoras de películas. Poder estrear nestes tempos xa é moito! Dentro do que hai, síntome un privilexiado. Vexo a moitos outros amigos músicos que non poden facer nin o mínimo que é isto. Creo que hai que concienciar ás administracións de que os concertos e os teatros son sitios seguros. Non se ten en conta que a cultura non é só o que sae enriba do escenario tocando ou facendo un monólogo, senón que detrás hai moita xente. É o que fai o traxe ao músico, o que pon a luz, o que enchufa a corrente, o produtor... E cada un deses seres humanos ten a súa familia.
Como ben dicías, este verán puidestes tocar en dous locais de hostalaría de Teo, como respondeu o público?
Moi ben. Na primeira actuación que tivemos estabamos como moi metidos para dentro. Eu que son moi comunicativo tiña medo de falar. Empezamos a tocar e a xente estaba caladiña... Ata que no segundo tema, todos respiraron. Cando terminamos todo foron agradecementos, como dicindo por fin! A verdade é que foi moi máxico. Non se pode bailar, nin saltar, nin saír da mesa, pero pódese cantar con nós, dar palmas... Aínda que sexa o mínimo, desfrútase moito. Ata agora tocabamos en terraza, pero no outono-inverno será con menos asiduidade porque dentro dos locais limítase máis a capacidade. Sempre que toco penso: hoxe pode ser o último día porque se aparece algún infectado, cortaríase todo. É un vivir ao día. Cando non é polos ruídos, é pola pandemia... Os músicos estades acostumados a sobrevivir...
Os músicos sempre estamos na corda frouxa. Tampouco estamos lexislados como deberiamos. Hai mil buratos negros no que respecta á cultura. Estamos na loita continua. Está claro que nestes tempos temos que reinventarnos e baixar cachés. Pero o que é músico vaino ser toda a vida e vai tirar para adiante co que sexa. Dou ás grazas aos hostaleiros que están apostando pola música en directo. Pídolles que sigan, e que os músicos fagan forza para que volvan a abrir as salas, que nos adaptemos, igual temos que facer formatos máis acústicos... ata que cheguen os bos tempos novamente. O que non se pode é parar. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 19
| 13 |
reportaxe
Sindo Guinarte: “Que o turismo pese menos non é unha opción”
Gumersindo Guinarte, concelleiro de Turismo de Santiago, no Pazo de Raxoi. Foto: Iván Barreiro
| 14 | Pincha | N 19
Jéssica Pintor
reportaxe
Por
Na era do turismo máis global, toca facer turismo local!
@jpintorybarran
Diante da incerteza non é doado preguntar, nin moito menos responder. Coida dicir que as novas formas de facer e de promocionar o turismo non son cousa só dos gobernos estatais, rexionais ou locais. Non só son cousa das autoridades, das axencias de viaxes, dos hoteis ou das compañías aéreas. Son cousa nosa, dos cidadáns, dos que facemos as veces de turistas, de todos nós! Dende a Revista Pincha chamamos a todas as persoas a ser embaixadoras dos nosos pobos e de empezar facendo turismo na contorna!
Toca reinventarse? Si. Gumersindo Guinarte, concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo de Santiago, explica que dende o Concello presentaron un proxecto á convocatoria do Ministerio de Industria e Turismo baseado na sostibilidade turística na liña dedicada a destinos urbanos vinculados ao patrimonio. “É o momento de apoiar accións que redefinan o modelo turístico, que reorienten a actividade turística cara un modelo máis sostible, tendo en conta medio ambiente, economía circular, preservación do patrimonio, mobilidade, accesibilidade... Temos que aproveitar esta situación, que nos veu dada, para, na medida do posible, reorientar o modelo turístico, o que non significa prescindir doutros ámbitos. Que o turismo pese menos non é unha opción. A única maneira de que o turismo perdese peso na economía de Santiago sería que outros sectores pasaran a pesar máis. Pero pechar hoteis ou bares é perder postos de traballo e isto non semella ser solución ningunha, malia o que digan algunhas voces. É importante subliñar que Santiago non ten un número desmedido de pernoctacións. Por iso, debemos centrar as promocións en que os visitantes queden máis días e gocen da cidade e da actividade que hai nela”. O concelleiro santiagués cre que as medidas nos concellos pasarán, no inmediato, polo apoio económico, tanto para o sector comercial como hostaleiro, espe-
cialmente para pequenas e medianas empresas. Toca facer campañas de promoción para atraer viaxeiros nacionais. “A nosa idea non foi facer unha campaña enfocada no verán, senón ata final de ano. Os viaxeiros deciden a última hora; fan viaxes familiares ou en grupo; en coche, tren, con un radio de acción máis limitado. Confiamos en que en outono e inverno, campañas como a de ‘Santiago, ¡tu historia!’ permitan e favorezan algún desprazamento. Evidentemente, vai depender dunha imaxe de destino seguro e influirá a situación sanitaria. O futuro inmediato pénsase só en actividades en pequeno formato, en adaptar a programación cultural aos aforamentos permitidos”. “Non podemos relaxarnos, o COVID-19 é algo serio, causa mortes, ignoramos as secuelas e iso é o prioritario, pero, na medida do posible, hai que tentar normalizar a actividade en xeral, o turismo tamén”, engade.
De forma virtual E nas oficinas de turismo cambiou a cousa? A concelleira de Turismo de Padrón, Lorena Couso, non dubida en afirmalo. “Traballamos máis que nunca de forma virtual con aplicacións, material audiovisual tanto na web como nas redes sociais. En breves, poñeremos as visitas teatralizadas en formato virtual, para que se poidan consumir dende a casa e os veciños se animen a participar. Nelas apréndense moitas cousas que seguro que os padroneses aínda non sabíamos de Padrón”. Tamén sabe que toca reinventarse. Por iso comezaron un plan de reactivación do sector con enquisas ao comercio, hostalaría, visitantes e veciños, para afrontar esta situación, coñecendo as necesidade reais de todos. “Creamos unha nova marca, co proxecto ‘Cultura na rúa’ pintamos con pementos os pasos de peóns. A idea é cambiar a visibilidade do casco, sacar
Pincha | N 19
| 15 |
de bares con jessi En Padrón promoven, entre outras cousas, as visitas ao seu Xardín Botánico-Artístico
Beatriz Guerra ten unha axencia de viaxes na rúa de San Pedro. Foto: Iván Barreiro
os museos e a cultura á rúa, afrontar o turismo doutra maneira. A nova marca pretende dar homoxeneidade á hora de presentar Padrón, con todo o que leva: o Camiño, a hostalaría, o comercio... Porque este ano a xente está quedándose, valora o que ten aquí en Galicia, sen saír fóra e empeza a darlle visibilidade ao seu. Aumentaron as viaxes en autocaravana e nós temos un aparcamento bastante grande. Hai que traballar de forma diferente. Os concellos teremos un papel importante na promoción dos nosos destinos, pero os veciños e veciñas tamén. Temos o outono cultural programado en Padrón, pero non sabemos se se vai poder celebrar, aínda así temos que seguir facendo cousas. Máis que nunca traballar a diario e tomar decisións no momento case, que poden cambiar segundo as normativas. Renovamos a páxina web do Xardín Botánico-Artístico de Padrón para poder visualizar máis aínda o que nel podemos atopar, para que a xente se mova pola zona e descubra
| 16 | Pincha | N 19
lugares ou a oferta que ten a súa cidade, que moitas veces non es consciente dela! É unha oportunidade! Fai falta concienciación. Hai que traballar niso. Temos que ser embaixadores do noso. A intención é que Padrón medre, se reactive, estea posicionado. Os cidadáns teñen que moverse. Hai que motivar á xente para que fale do seu. Por iso, promovemos que dende os colexios da contorna fagan excursións a Padrón, coñezan a biblioteca, as fundacións, o xardín...”.
Seguir coa vida Beatriz Guerra comezou traballando en turismo en Forteventura, facendo un curso de reservas aéreas e traballando no aeroporto en 2005. Cando volveu a Galicia en 2014, picheleira de nacemento, montou a súa pequena axencia de viaxes: 'Viajes El Camino', na rúa de San Pedro. Vende vacacións á xente de Santiago, pero sobre
XORNADAS de Portas Abertas
de
todo á do barrio. Atende tamén a moitos peregrinos. O viaxeiro local que busca?, pregunto. “Sol e praia, -ri-. Canarias, é destino favorito. Como coñecemos as illas, de estar vivindo alí, damos máis coñecemento... Os viaxeiros que veñen queren proximidade e confianza. Eu ofrézome para reservar a súa viaxe como se fora para min. Estou dispoñible para os clientes 24 horas ao día. É unha atención personalizada, de amizade! Planeamos viaxes a medida. A xente pregunta de todo!”. Tanto fai de meteoróloga, coma de consultora, crítica gastronómica... (Rimos!). “Temos clientes moi fieis. Algúns son amigos!”. E agora? “Estamos un pouco paralizados. Temos que cambiar. Non podemos planificar a longo prazo, non é viable. Estamos a expensas de ir pouco a pouco. Non hai nada claro. O turismo que se vai a mover vai ser local: turismo rural, proximidades... Aquí temos a gran sorte de que temos Portugal de lado, será un revulsivo que nos dará moita vida. E, por primeira vez, penso que agora imos valorar o noso, o propio... Chamoume a atención en Oporto a
cantidade de turismo nacional que hai, estanlles funcionando moito as campañas”. E en España? “Non”. De quen é culpa?, aventúrome. “É culpa nosa. De todos. Non hai conciencia. Aparte do medo... Estamos nun momento no que hai que intentar facer vida normal, dentro do que temos. E non o estamos facendo, estamos retraéndonos. Hai que aprender a convivir cunha situación que vai para longo. Temos que seguir facendo a nosa vida. Traballando e viaxando... Adoptando as medidas de seguridade”. Repuntará o teu traballo? “Si. Penseino dende o principio. A xente ten medo e necesita seguridade e confianza. Houbo moitos problemas con reservas de Internet, voos... O turismo é un sector necesario. Santiago vive do turismo e temos que ser conscientes diso. O que falla é a organización, para que o turismo conviva co local. Deberíamos traballar niso, pero necesitamos o turismo. Trátase de intentar convivir”. E por iso, cando o turismo é máis global... Temos unha nova misión: Facemos turismo local?! Pincha
24 e 25 de outubro Gratuíto!
Percorre diferentes adegas e goza dunha experiencia enoturística diferenciadora. Con rutas de sendeirismo, xantares gourmet, visitas a museos, talleres...
Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha
MÁIS INFO: rutadelvinoriasbaixas.com
Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 19
| 17 |
#entrevista
SARGO Á MURADÁ
NO RESTAURANTE ORIXE
Foto: Iván Barreiro
Unha cociña pausada, de base atlántica, onde o produto é o único protagonista. Así se define na súa páxina web Orixe, un restaurante situado na entrada da cidade histórica compostelá, e que conta co seu propio club gastronómico (Club Fedello) con vantaxes para os clientes máis fieis.
riscos de concha; os mariñeiros, no que están os peixes; os labregos, coa parte da horta e queixos artesáns; os gandeiros, dedicado ás carnes; e un apartado no que están os pratos máis tradicionais (empanada, croquetas...) baseados en receitas das avoas/nais.
O local reabriu as súas portas en xullo, tralo parón pola pandemia da Covid-19, cunha cea benéfica a favor da Cociña Económica e, despois dun verán no que traballaron bastante ben, encara agora o futuro con moitos plans para seguir expandindo a súa filosofía de produto de tempada, cen por cen galego e de proximidade.
Nesta ocasión a @JuanEAT_o tocoulle probar unha das propostas que non variaron desde que abriu o local: o peixe do día á muradá.
Na súa carta non atoparás os típicos epígrafes de entrantes, algo para picar, etc. Divídese entre o que traen as mariscadoras, que inclúe todos os ma-
| 18 | Pincha | N 19
Este restaurante conta ademais, a escasos metros, cun complemento perfecto onde poder adquirir os viños e a materia prima que utilizan: o Ultramarinos Orixe. Alí celébranse cada quince días os chamados Xoves de Viños, unhas catas que requiren reserva previa e da que informan puntualmente nas súas contas nas redes sociais Facebook e Instagram.
@JuanEAT_o, no restaurante Orixe. Foto: Iván Barreiro
Moi boas, xentiña! Neste novo número da Revista Pincha achegueime ata o restaurante Orixe, un local situado na fermosa Zona Vella de Compostela, cunha decoración que amosa unha boa parte da nosa cultura galega. Alí tiven a sorte de probar un prato que, como dixo o xerente do local, Martín Pais, recorda moito a esas tardes-noites de verán nas que se xuntaban amigos e familiares a facer unha boa grellada de peixe. Unha receita que aprendeu da súa nai. Magnífico! Así quero empezar a describir este prato: sargo á muradá (Dependendo do mercado por ser rodaballo, linguado ou outro tipo de peixe). É dicir, feito ao estilo de Muros -de onde é orixinario Martín- cunha salsa caseira moi suave que, a verdade, é moi sinxela de facer pero que aporta un sabor perfecto combinada con este peixe. Leva aceite de oliva virxe extra, allos, perexil e un pouco de viño branco. Como acompañamento, utilizan ou ben verduriñas de tempada ou ben un leito de patacas panadeiras ao forno -que son as que probei eu- con pemento vermello, pemento verde e cebola. E como estamos en época, tamén incluía uns pementos de Herbón, resultando
desta maneira un conxunto moi acertado para este prato. Coméntovos tamén que as patacas estaban exquisitas e moi tenras. Molladas na salsa e mesturadas co peixe, resultaba un bocado moi saboroso. E que dicir do peixe! O sargo é un peixe noso, moi de casa. Unha boa parte da súa alimentación son os moluscos e mariscos, entre eles o mexillón, ourizos e incluso percebes, o que lle dá un sabor e unha textura moi ricos. Eu puiden gozar del cun corte transversal empratado aberto e ben limpo sobre o leito de patacas e listo para comer. Co peixe sempre temos que ter coidado coas espiñas. Este sargo non é unha excepción, aínda que como dixen viña moi ben limpo e presentado. En definitiva, este é un prato que non defrauda nin aos máis carnívoros coma min. E un último apunte: como maridaxe, escollede un bo godello ou albariño da nosa terra. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Datos
Lugar:
Rúa das Casas Reais, 21 Santiago de Compostela Prato: Peixe do día á muradá Prezo: Segundo mercado. Ronda os 16 € por persoa
Valoración:
Por @JuanEAT_o @JuanEAT_o Pincha | N 19
| 19 |
“En Orixe nunca atoparás un prato que estea fóra de tempada e non sexa galego”
Fai tres anos que Martín Pais arrancou en Santiago coa primeira pata do seu proxecto Orixe Gastronomía Galega. Porque non só falamos dun restaurante. A súa marca xa conta tamén cun ultramarinos e planea a apertura de novos locais noutras cidades.
Rebeca Munín
Martín Pais:
Por
#apapar
@rebecamunin
Isto pide un libro de receitas! (Sorrí) Si... a idea está aí! Pero non creo que sexa o momento aínda. Teño que buscar máis. A cuestión sería ter un libro onde non se perdan as receitas, os costumes e o porqué se facían eses pratos así. Todo ten un porqué. Por iso en Orixe sempre dicimos que non entendemos a nosa gastronomía sen entender a cultura galega.
Este prato que probou @JuanEAT_o, de peixe do día, é un bo exemplo do que é Orixe, non si? Si, aquí nunca atoparás un produto que estea fóra de tempada e que non sexa de Galicia. De feito, cambiamos a carta en cada estación. Temos tamén unha horta Sendo de Muros, por que Martín, xunto as fotos da súa familia no interior do propia na que cultivamos moitos elixiches Santiago? Orixe. Foto: Iván Barreiro das nosas verduras e froitas. E traPara min Santiago é ballamos con pequenos agricultores e labregos. Aposcomo unha segunda casa porque vin para aquí con 14 tamos polo produtos de proximidade. Eu non vexo anos. E tamén porque é a capital gastronómica de Ganormal traer un tomate de Murcia, non porque sexa licia. Temos que reivindicala e facer de embaixadores. de mala calidade, senón porque se recolleu en verde, Por aquí pasan milleiros de persoas de todas as parpasou por cámara, percorreu centos de quilómetros... tes do mundo e podemos darlles a coñecer o que fan E ademais arruína os postos de traballo da nosa zona. noutras zonas para que teñan ganas de ir coñecelas. Que non sexa só un turismo de Catedral ou de praias, Vemos tanto na decoración do local como na vosa carta que senón de visitar os pobos. a historia de Galicia e a da túa familia está moi presente no proxecto... Cal é o futuro de Orixe? Correcto. De feito, o nome Orixe foi pensado porque Antes da pandemia, iamos abrir un restaurante en engloba moitos significados. Eu marchei fóra durante Madrid e estabamos buscando outro local na Coruña uns anos e cando volvín a montar o restaurante, volou Vigo. A covid-19 truncouno todo. Despois de penvín á miña terra nai. E inclúe a orixe do produto, que salo moito, decidimos que no 2021 imos enfocarnos para min é moi importante. E despois tamén polas no restaurante en Santiago xa que é Ano Santo e no receitas que usamos. Imos á orixe das receitas que 2022, a intención é expandirnos. A marca Orixe sefun recuperando a través da miña familia e de darme guirá ensinando a gastronomía galega ao resto da Peunha volta por Galicia e sentarme con xente maior. Foi nínsula. E oxalá nalgún momento poidamos chegar ao un traballo de buscar os receitarios orixinais e transresto do mundo. Incluso tivemos xa unha proposta de formalos á vida actual. Hai receitas da mina nai, miñas abrir un restaurante en México, pero non queremos avoas, miña madriña, tías, veciñas... dar un salto tan rápido. É mellor ir pouco a pouco. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
| 20 | Pincha | N 19
a gorida do artista
NANDO PEREIRO | N O N A U T “Necesito traballar ao aire libre, no campo, en conexión co cosmos” Estamos a finais de agosto e trasladámonos a O Romaño, á gorida de Nando Pereiro. Visitar a un artista sempre produce certa inquietude e nerviosismo polo compromiso de estar á súa altura e transmitir a esencia das súas palabras con rigor e respec-
@oscatrogatos
Por Inés Silvalde e Marisa Calderón
“A Arte é unha sorte de alquimia. O artista, un demiúrgo que constrúe nun mundo que destrúe”
to. Esta vez temos un novo reto, teremos que estar coa máscara posta e a comunicación será un pouco máis complicada. Ao chegar recíbenos cun sorriso que intuímos ao momento. Semella que a empatía e a amabilidade traspasa esa barreira
cense para que as converta en arte. Así comeza o proceso
imposta polas medidas sanitarias. Na súa casa respírase vida
de transformación alquímica. O demiúrgo que constrúe nun
e pasado. Un café recentemente feito e empezamos a falar.
mundo que todo o destrúe.
Nando naceu nos anos 70, e como todos os nenos desa xe-
Para este escultor o artista é a pedra filosofal que transforma
ración devorou cómics e películas de ciencia ficción que máis
un material en algo que non existía. Prodúcese, dalgunha ma-
tarde aflorarían desde o inconsciente na súa obra escultórica,
neira, un acontecemento máxico.
eses “alieníxenas entrañables” que xurdiron da súa experien-
Nando traballa eses materiais que atopa, faino para el e para
cia técnica e dos seus recordos máis temperáns.
quen os contemple, para que susciten emocións e conseguir
De neno a súa afección a debuxar era permanente, na escola
conexión co público.
e fóra dela foi unha constante.
A súa obra defende as liñas curvas, sensuais, aerodinámicas…
Pero decidiu estudar a carreira de Filoloxía e tamén Maxiste-
onde o cerebral e o emocional conviven no proceso de cons-
rio. Abandonou as dúas porque a forza da inquietude artística
trución.
foi máis poderosa. Despois tentou formarse en deseño gráfi-
Nando Pereiro debuxa co cicel sobre a pedra nun estreito diá-
co, ata que descubriu a escultura ao matricularse na Escola
logo coa obra, un latexo ao unísono.
Mestre Mateo.
Na Casa Museo Casares Quiroga de A Coruña inaugurou o 6
A súa primeira exposición de escultura foi nesa mesma escola
de marzo unha das súas últimas exposicións que pechou tem-
e deste xeito comezou o seu camiño en solitario.
poralmente polo estado de confinamento da pandemia covid.
Nando Pereiro desenvolve os seus proxectos evitando a pre-
Durante este tempo estivo preparando pezas en ágata e seixo,
sión de ter que cumprir cunha data para unha mostra, espa-
que previsiblemente poderemos contemplar en Carballo
zando as súas exposicións e traballando noutras alternativas
proximamente.
simultaneamente.
O seu proxecto ‘Rotocicletas’ deixámolo en suspenso para vin-
A obra escultórica de Nando Pereiro transmite algo diferente,
deira ocasión.
as súas obras son moito máis que obxectos. Contemplar as
E saímos da casa de Nando, paseniño, para non espantar á
súas pezas é ver máis alá, algo que non esperabas ver e que
pantasma da empatía que se estableceu entre entrevistadoras
nos mostra para que as descubramos e formen parte da nosa
e estrevistado.
memoria sensible.
Grazas, Nando, por todo o que nos transmitiches nesta con-
Nando Pereiro non busca os materiais que utiliza cando sae
versa. Grazas polo teu sorriso intuído. Grazas polo bo café. E,
ao monte coa súa bicicleta, as pedras atópano a el, e ofré-
sobre todo, grazas pola túa obra.
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 19
| 21 |
Por
Por
Jose Crusat
Lorena Costas
crusat & costas
@lorena_costas
@choumimx
Foto: Iván Barreiro.
DESDE A RAÍZ
D
LORENA COSTAS
espois dun tempo parados (e confinados), que mellor forma de coller azos que seguir falando de viño e bebéndoo? A resposta está clara, así que non perdamos tempo. Desta vez imos cun viño fóra de D.O. e imos falar dunha persoa profundamente vencellada á súa terra e determinada a levar adiante un proxecto de recuperación de variedades e tamén de parcelas de terras, concretamente de socalcos. Que que é un socalco? Pois unha terra de cultivo contida por un valado de pedra nun terreo moi pendente. Pois niso anda Antonio Míguez Amil, alá polas terras do Ribeiro, no suroeste do Val do Avia, desde o ano 1993. Case sen recursos, pero con moita sabedoría e practicando a viticultura ecolóxica e rexenerativa, sempre dentro do movemento respecto a natureza, na procura, como el di, de viños tintos saudables e distintos, moi pegados á terra. Rodéase sempre de bos amigos de profesión: Bernardo Estévez, Emilio Rojo, Nacho González, Iago Garrido, Lois Anxo Rodríguez, entre outros. Hai case catro anos que se decidiu a facer viño tinto de to-
das estas castes autóctonas das que fala o meu compañeiro Crusat: Carabuñeira, Zamarrica, Caíño Longo, Espadeiro do Avia, Sousón… No caso que nos ocupa, en Boas Vides 2017 destaca a Carabuñeira en proporción de 40% con respecto das outras variedades. Unha mágoa que esta variedade tan antiga non estea recollida aínda nos pregos da D.O. Ribeiro, pero nós como consumidores podemos gozala igualmente neste magnífico BOAS VIDES 2017. O resultado é un viño tinto con “raza”, non é un viño atlántico, senón que máis ben lembra aos tintos portugueses: froita vermella madura, cereixas e amoras, e moito, moito granito, moita terra (no mellor sentido) na copa e nos beizos; boa estrutura e acidez, como di Antonio, “este viño é un libro escrito que fala da paisaxe e do clima, no que a plurivariedade permite viños primitivos e ao mesmo tempo modernos e con vida alén dos tópicos”. Non podemos estar máis de acordo coas súas verbas, pois este viño sorprendeunos moito e para ben, con moita personalidade, madeira ben integrada e gustoso de beber ata baixar a botella sen darse moita conta! Que tal se o tomamos cun steak tartar? Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
| 22 | Pincha | N 19
desenvolver ideas
FICHA TÉCNICA: Adegueiro: Antonio Míguez Amil D.O.: Sen D.O. Variedades: 40% Carabuñeira, 50% entre Brancellao, Espadeiro, Garnacha e Sousón Grao: 13,5º Colleita: 2017 Prezo: Sobre 18€
compartir experiencias
JOSÉ CRUSAT
A
UN VIÑO TRANSFRONTEIRIZO
ndamos de volta despois dun parón por esa cousa do coronavirus. Pero estamos de volta a escribir e recomendarvos bos viños para beber, porque nós non paramos de beber e gozar do viño. Anímovos a todos a pedir e consumir na casa viños da nosa terra, apoiar aos comerciantes e elaboradores nestes tempos. E neste caso imos falar dun viño localizado no Ribeiro pero a pesares de non ter DO, é precisamente un viño que nace do mais profundo dese territorio. Froito do traballo de recuperación de viñedos antigos e castes case que esquecidas. Unha mestura de variedades coma o Sousón, a Garnacha, os Caíños, o Brancellao e a Carabuñeira. E falemos pois desta “Carabuñeira”. Trátase dunha caste recuperada e aínda non recoñecida no catálogo de variedades de Galicia polo que non pode empregarse para a elaboración de viños amparados polas denominacións de orixe. Esta caste crese que está emparentada coa portuguesa Touriga Nacional, se non é a mesma variedade. E este feito fálanos precisamente de esa relación entre ambas beiras do río Miño que as fronteiras administrativas tentaron de separar. Un exemplo máis da mestura, cruce de camiños e diversidade do Ribeiro. Un viño de castes transfronteirizas.
Visualmente é un viño de capa media cor vermello-granate. No nariz aparecen certos toques vexetais, posible raspón, para despois pasar aos tostados suaves, pementa, mineralizade, xabre, e finalmente moitas froitas vermella e negras. En boca destaca a frescura e a acidez ben medida, ameixas vermellas, lixeiro toque de mina de lapis, mineral. Un viño con corpo e estrutura pero que ao mesmo tempo é lixeiro dabondo para poder beber del sen caer canso. Coma maridaxe propoño para este comezo de outono e o fin das festas e feiras (aínda que este ano teña que ser na casiña, pero non quededes sen festas!), un prato de polbo á feira. Ou pola outra banda, unha filloa de polo con prebe de “mole poblano” que pide seguir bebendo do viño, para compensar ese toquiño de picante que lle aporta a súa combinación de chiles. Pincha
eventos obradoiros alugueiro de salas
www.dospasos.org
660 619 071 dospasos.org salasdospasos
Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 19
| 23 |
Por
Ruth Ríos
De libros con Ruth
FRANCISCO CASTRO
@ruthriosfernandez
“Levamos dentro o virus da violencia”
F
rancisco Castro (Vigo, 1966) tráenos ‘Tantos anos de silencio’ para remover a conciencia e a memoria. Tal como el mesmo afirma, é unha novela sobre o “esquecemento obrigatorio”, ese que impuxo a ditadura franquista e logo a cada vez máis cuestionada Transición. E así chegamos a que España é o segundo lugar do mundo onde máis fosas comúns hai, con represaliados que aínda non recibiron xustiza por días terribles vividos durante a Guerra Civil, como os que se narran nesta arrepiante novela. Falamos con el na fermosa terraza do hotel O Xardín de Julia, en Compostela.
Emilio Varela, un dos protagonistas desta novela, cre firmemente que a cultura faranos libres. Como ves a cultura en Galicia, especialmente coa COVID-19? A cultura galega é moi vigorosa, pero sempre está en precario. Os escritores, actores, pintores, músicos… estamos sempre facendo o que nos gusta a base de durmir pouco, sacrificando á familia, a fin de semana… A pandemia e as restricións asociadas machacounos. No caso de Galaxia -Francisco Castro é o director desde 2016- coas librarías pechadas o único que tivemos foron gastos e débedas. Cres que superamos as dúas Españas? (Francisco revólvese perante esta pregunta.) Non hai dúas Españas. Unha das grandes trolas que nos contaron é que a Guerra Civil foi o enfrontamento entre dúas Españas que pensaban distinto. Iso non é certo. Imaxinemos que en 2020 un grupo de militares se levanta contra o Goberno de Pedro Sánchez e outra parte dos militares mantense firme á legalidade. Non falaríamos de dúas Es-
| 24 | Pincha | N 19
pañas. En 1936 había unha legalidade recoñecida internacionalmente que era a Segunda República, entón a Igrexa, o Fascismo, e os grandes terratenentes únense contra a República legal porque queren manter unha serie de privilexios oligárquicos. Agora volvemos ter unha extrema dereita forte que nunca se foi, aínda que creo que pouco a pouco se irá diluíndo. En canto á violencia, presente no libro en diferentes planos, ti afirmas que sempre é a mesma, especialmente contra as mulleres. Cres que o ser humano leva a violencia dentro? Todos os animais empregamos a violencia para sobrevivir. Levamos dentro o virus da violencia, pero tamén o virus do amor -a novela tamén é unha historia de amor que sobrevive durante décadas- e da racionalidade. En Atapuerca descubríronse restos ósos, e iso é marabilloso porque quere dicir que o ser humano desde os seus inicios entendeu o valor da compaixón. Tamén temos unha educación patriarcal baseada no privilexio do macho. A reacción do patriarcado cando lle quitan os seus privilexios é a violencia. Os “machos” estamos educados para mandar. Por iso ser feminista implica un gran esforzo. Supón que os homes nos decatemos de que estamos educados dunha maneira perversa e que temos que ‘desaprender’ e non reproducir o molde machista cos nosos fillos. Cambiando de tema, como estades a vivir os editores a crise do coronavirus? Con medo, con afán resistente e con moita preocupación. O feito de que nos pecharan as librarías e os centros de ensino foi terrible. Agora nos pre-
“Unha das grandes trolas que nos contaron é que a Guerra Civil foi o enfrontamento entre dúas Españas”
Francisco Castro, no hotel con encanto compostelán O Xardín de Julia. Foto: Iván Barreiro
ocupa as incongruencias coas medidas de seguridade. Non podemos facer presentacións de libros porque non se poden xuntar mais de 10 persoas, pero nun autobús pódense subir 30 sen identificar. Tamén nos preocupa a falta de axudas ao sector cultural, que supón o 3% do PIB. O Consello da Cultura Galega demostrou que nos primeiros meses da pandemia perdéronse 1000 postos de traballo. E como é estar á fronte dunha editorial coa historia de Galaxia? Tanta historia como que este ano cumprimos 70 anos. Non puidemos facer festa. Dirixir Galaxia é o soño perfecto para un editor. Non se me ocorre mellor traballo. Non se me ocorre mellor lugar desde o que traballar pola cultura do meu país. É unha honra e unha responsabilidade. Galaxia perténcelle ao país, foi fundada por homes e mulleres represaliados polo franquismo, que moitos pasaron por prisión, e que reorganizaron o Partido Galeguista baixo a fórmula de editorial en 1950. Ademais tódolos beneficios que xera Galaxia van de novo para Galaxia, non para os accionistas. Iso creo que resume a fermosura do proxecto. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
#DELIBROSCONRUTH CONTINÚA NA NOSA WEB!
‘TANTOS ANOS DE SILENCIO’ Editorial: Galaxia Autor: Francisco Castro Idiomas: Galego, castelán, catalán, vasco. Data publicación: 2020 Páxinas: 241
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 19
| 25 |
CINCO RUTAS DE SENDEIRISMO PARA GOZAR DOS NOSOS TESOUROS NATURAIS E PATRIMONIAIS
@Turismodac @DacTurismo @DACTurismo
A
provincia coruñesa é coñecida pola rudeza das súas augas na Costa da Morte, por ser uno dos centros de peregrinación mundial ou tamén por alzarse sobre o océano a máis de 600 metros de altura na Serra da Capelada. Entre outros moitos lugares espectaculares como estes, tamén hai cabida para relaxarse por sendas que comparten aire puro coa natureza, a historia e o rural galego. Por iso propoñémosche cinco itinerarios de dificultade baixa nos que poderás camiñar descubrindo tesouros naturais e patrimoniais como ríos, muíños e fervenzas.
CALDEIRAS DO CASTRO É un dos espazos máis fermosos de Muxía. Trátase dun trazado circular, de 10 km e de dificultade baixa, que está formado por pequenas piscinas naturais e rochas nun entorno paisaxístico único. A ruta comeza e remata nas Caldeiras do Castro, pasando por numerosas fervenzas e rápidos. Xunto a elas localízase a área recreativa do Castro, na que atoparemos un cruceiro e a capela dedicada ao Santo Outel do século XVII.
PASEO FLUVIAL DO RÍO SARELA Moi preto de Santiago de Compostela atoparemos unha senda cuberta de vexetación que contrasta con bulicio da capital galega. A ruta comeza na Ponte Sarela, e paralela ao río do mesmo nome, poderemos desfrutar de antigas fábricas de curtidos, pontes, muíños e canles que conseguen establecer unha sinerxía entre natureza e patrimonio moi chamativa. En pouco máis de dúas horas, poderemos gozar dun percorrido sinxelo con tramos aptos parcialmente para bicicleta.
| 26 | Pincha | N 19
RUTA DOS MUÍÑOS DE ESMELLE En Ferrol, na parroquia de Esmelle, temos unha ruta única con nada menos que 22 muíños antigos restaurados, ademais de fontes e lavadoiros. Trátase dunha senda circular de baixa dificultade, de apenas 6 quilómetros de distancia, situada nun val bañado por pequenos ríos que son a alma dos muíños e a banda sonora do paseo.
FERVENZA DO BELELLE Álvaro Cunqueiro definiu a Galicia como “o país dos mil ríos”; e é que a auga é o eixo central da ruta da Fervenza do Belelle. Unha senda duns 7 quilómetros de lonxitude, cunha boa sinalización e fácil de percorrer. O prato forte que nos vamos encontrar será unha fervenza duns 45 metros de altura, e de segundo, máis canais, unha presa ou a Central Hidroeléctrica de Belelle, na que se sitúa o inicio do camiño.
RUTA DOS MUÍÑOS DE VEDRA No concello de Vedra, atoparémonos coa Ruta dos Muíños de tan só 2 quilómetros de distancia y de xeito circular. Comeza na Área de Interpretación dos Muíños e continúa seguindo o río Merín, onde descubriremos un conxunto de oito muíños, nun pequeno miradoiro. Existe unha ruta alternativa máis longa coa que gozar tamén do patrimonio etnográfico da provincia. É a Ruta do Pereiro, de 5 km, na que poderemos ver muíños, e que nos levará ata a Ponte Busacos, lugar polo que transcorría a IV Vía Militar romana.
Pincha | N 19
| 27 |
axenda
GALICIA, DE NÓS A NÓS MUSEO CENTRO GAIÁS DESDE O 3 DE OUTUBRO | PREZO: DE BALDE
35 ANIVERSARIO TEATRO DO ATLÁNTICO SALÓN TEATRO DO 1 AO 4 AO DE OUTUBRO
Teatro do Atlántico celebra o seu 35 aniversario con varias actuacións no Salón Teatro de Santiago:
A exposición reunirá na Cidade da Cultura máis de 300 pezas na que aspira a ser a mostra máis completa e ambiciosa realizada ata o de agora sobre a Xeración Nós e unha das citas culturais imprescindibles deste outono. Será a segunda das tres grandes exposicións programadas pola Xunta de Galicia con motivo do Xacobeo 2021.
TODO AL NEGRO AUDITORIO ABANCA 18 DE OUTUBRO ÁS 19:00 H | PREZO: DESDE 12€
MULLERES NA HISTORIA HOTEL EUROSTARS ARAGUANEY 5, 13 E 19 DE OUTUBRO ÁS 20:30 H | PREZO: GRATIS CON RESERVA PREVIA
- ‘Helena, xuízo a unha lurpia’. Xoves 1 ás 20:30 h.
A Fundación Araguaney-Puente de Culturas presenta “Mulleres na historia”, un ciclo de cinema composto por documentais que teñen como protagonistas a mulleres destacadas, que ben reescribiron a súa propia historia ou deixaron pegada no mundo polo seu labor ou accións. A cita serve de preámbulo da Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2020.
- ‘A conquista da escola de Madhubai’. Venres 2 ás 20:30 h. - ‘Dúas donas que bailan’. Sábado 3 ás 20:30 h. - ‘De Abrentes e Ocasos’ + acto de aniversario. Domingo 4 ás 18:00 h.
Tras forxarse no teatro cos seus espectáculos anteriores, en radio da man de Carlos Latre (Surtido de ibéricos), en cinema da de Santiago Segura (Padre no hay más que uno) ou en televisión con Risto Mejide (Todo es mentira), o cómico galego Miguel Lago presenta o seu novo show e esta vez teno claro: vai xogar ‘todo ao negro’.
NOITE GRUNGE SALA CAPITOL
CURTOCIRCUÍTO 2020
18 DE OUTUBRO ÁS 20:00 H | PREZO: 14 €
DO 3 AO 11 DE OUTUBRO
OUTONO EN DOSPASOS BERTAMIRÁNS (AMES) OUTUBRO E NOVEMBRO
A sala Dospasos ofrece moitas actividades diferentes, tanto para adultos como para nenos, para divertirse e aprender este outono. O 4 de outubro organizan o seu primeiro obradoiro de pan, no que elaborarán pan semi-integral, pan integral e masa de pizza. E levarás o enfornado á casa. Podes consultar a oferta completa de cursos na súa páxina web dospasos.org
Durante 9 días, Compostela converterase en punto de referencia de profesionais e afeccionados ao cinema cun completo programa de actividades que gravitarán arredor das últimas tendencias cinematográficas e das artes visuais. Destacan ‘o Foco’ dedicado á figura imprescindible do director e actor Dennis Hopper; a sección ‘Longas x Curto’ que mostrará as primeiras ou segundas longametraxes de cineastas como Lois Patiño, Camilo Restrepo, Oskar Alegria ou Jessica Sarah Rinland; a recuperada sección ‘Playlist’, co documental que retrata á banda de rock industrial SWANS; os concertos e performances A/V de artistas singulares como Javier Diez Ena, Julián Mayorga, Elías Merino ou Amorante; e todo un conxunto de entrevistas e mesas redondas online que, desde calquera dispositivo dixital, nos permitirán achegarnos ao universo de personalidades como Alex Cox, Carla Simón, John Alan Simon, Eva Sangiorgi, Cristina de Middel, Celia Rico, Oliver Laxe, Carlos Muguiro ou Ricardo Cases, entre outros moitos. Máis info, en revistapincha.gal
O
PREMi O VICTORIA
RAQUEL
TEIJEIRO XURXO CORTÁZAR ESPADA DRAMATURXIA
Radio Bleach, unha das mellores bandas tributo a Nirvana do territorio nacional, ofrece un impresionante directo eléctrico cargado de emoción e forza. Do mesmo xeito que a banda de Seattle. atoparemos no escenario tres músicos experimentados recreando o son máis puro e característico de Nirvana.
DIRECCIÓN
MARIÁN BAÑOBRE
SANTIAGO CORTEGOSO Proyecto realizado con el apoyo del programa de ayudas a la creación y la movilidad del Ayuntamiento de Madrid
EL
PREMiO 1
O PREMIO SALÓN TEATRO
16 E 17 DE OUTUBRO ÁS 20:30 HORAS E 18 DE OUTUBRO ÁS 18:00 HORAS
‘O Premio’, a coprodución de La Quintana Teatro co Centro Dramático Galego, é un reallity en directo onde o público vota a quen merece levar o premio da súa vida: “Morrer logrando a fama. Todo por un soño”.
GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA PAZO DE CULTURA DE PONTEVEDRA 21 DE OUTUBRO
A gran festa da música galega, organizada pola Asociación Músicas ao Vivo, cambiará
continúa na páxina 30 |2 | 28 | Pincha | N 19
must
O SALÓN TEATRO CUMPRE 100 ANOS O Centro Dramático Galego comparte co público a celebración do centenario da súa sede escénica cos ‘Mércores de Varanda’
C
en anos ten xa o Salón Teatro e iso hai que celebralo! Con ese motivo, o Centro Dramático Galego (CDG), que ten alí a súa sede, organiza o programa musical Mércores de Varanda, que comezou en setembro e se desenvolverá todas as semanas ata finais de outubro.
Así, tralas actuacións de Anxo Lorenzo, Hugo Franco e Claudia Abril, Emilio Rúa e Xoán Curiel, as seguintes citas serán as protagonizadas en outubro por Susana Seivane (día 7), Sés (día 14), Dequenvessendo (día 21) e Sofía Espiñeira (día 28). Estes intérpretes chegan a Santiago a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, unha das novas iniciativas postas en marcha este ano pola Xunta a través do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da covid-19, excepto Hugo Franco e Sofía Espiñeira, que forman parte deste cartel como artistas convidados do coworking de emprendemento musical organizado en Padrón pola Fundación Paideia e a Escola de Organización Industrial (EOI).
fai un xesto cara a un dos elementos máis característicos do edifico histórico da rúa Nova compostelá, no que ten o seu escenario. Reconstruído pola Liga da Mutua de Señoras de Santiago en 1919, foi inaugurado o 30 de outubro de 1920 como sala de eventos e espectáculos para os seus socios. Tras diferentes usos, entre os que foi tamén sala de cinema, e despois de dúas décadas sen representacións, en 1996 a Xunta de Galicia adquiriu o inmoble co obxectivo de recuperalo como espazo escénico. Foi en outubro de 1999 cando o Salón Teatro abriu de novo as súas portas para a estrea de 'Se o vello Sinbad volvese ás illas...', de Álvaro Cunqueiro, polo Centro Dramático Galego. Desde entón e como sede da compañía institucional, acolle a exhibición en Santiago de todas as súas producións propias, ademais dunha carteleira aberta ás diferentes disciplinas escénicas, entre outras actividades. CANDO? SUSANA SEIVANE: Mércores 7 de outubro ás 20:30 h.
SÉS: Mércores 14 de outubro ás 20:30 h.
DEQUENVESSENDO: Mércores 21 de outubro ás 20:30 h.
O primeiro dos concertos dos Mércores de Varanda foi co gaiteiro Anxo Lorenzo. [Foto: Diego Seixo]
Petisco musical desde o balcón Os Mércores de Varanda comezan cun pequeno petisco musical de cada un dos artistas desde o balcón do Salón Teatro para continuar a actuación no escenario. Deste xeito, o Centro Dramático Galego
SOFÍA ESPIÑEIRA: Mércores 28 de outubro ás 20:30 h. PREZO:
Gratuíto! Previa retirada de entradas desde dúas horas antes de cada concerto e ata completar a capacidade da sala, marcada en cada momento pola normativa sanitaria. Pincha | N 19
| 29 |
axenda vén da páxina 28 Mouteira, volven contar co baixista Diego P. Castro, incorporando como novidade ao cantante galego Pedro Regueira, nun novo proxecto que leva por nome N.E.O e que poderemos escoitar en directo en Compostela.
algunhas cousas pola situación de pandemia na que nos atopamos, mais non todas. Así é o caso das marabillosas Melómanas, realizadas un ano máis por Víctor Lorenzo, que caerán en mans dos proxectos premiados nas 20 categorías. Esta edición, na que se renderá homenaxe a María Manuela, foi a máis exitosa de todas a nivel inscricións, cun total de 577.
ETIQUETA NEGRA RECINTO FEIRAL DE PONTEVEDRA
GRAN GALA DO CIRCO DE COMPOSTELA AUDITORIO DE GALICIA 25 DE OUTUBRO ÁS 18:30 H | PREZO: 4 €
HAMLET TEATRO PRINCIPAL 22 DE OUTUBRO ÁS 20:30 H | PREZO: 12€
En ‘Hamlet’, da Companhia do Chapitó, a trama trasládase á modernidade, facendo unha analoxía entre o outrora Reino de Dinamarca, onde ten lugar a peza orixinal, e unha empresa multinacional dos tempos actuais. Fálase de traizón, abuso e xogos de poder, de acoso, da procura voraz e sen escrúpulos do lucro e da inafectividade.
Compostela é unha cidade de circo, numerosos artistas circenses residen na cidade e queren celebrar o seu día, facendo unha mostra do mellor do seu traballo cos mellores números dos colegas do estado. A Gran Gala de Circo contará cunha completísima variedade de números das disciplinas máis sorprendentes e arriscadas.
6, 7 E 8 DE NOVEMBRO
A feira profesional Etiqueta Negra, Gourmet Galego e Innovación Inspiradora celebrarase cos obxectivos de difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos e apoiar e axudar aos profesionais do sector a relanzar os seus negocios nestes momentos complicados derivados da expansión da Covid-19.
MACBETH. O RUIDO E A FURIA TEATRO PRINCIPAL
26 E 27 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 H
A grande traxedia celta de William Shakespeare protagonizada polos actores Xoán Carlos Mejuto, Luis Iglesia, Iria Ares, Carlos Sante e David Perdomo, con adaptación en verso de Manuel Lourenzo.
DEJE SU MENSAJE DESPUÉS DE LA SEÑAL TEATRO PRINCIPAL 23 DE OUTUBRO ÁS 20:30 H | PREZO: 14 €
O Teatro Principal acolle a estrea en Galicia deste espectáculo baseado na novela da escritora e veciña Arantza Portabales. Unha historia en catro voces; as voces de catro mulleres que incapaces de enfrontarse aos seus problemas cara a cara, prefiren confesarse a través dun contestador automático.
DIRECTO9 TEATRO PRINCIPAL 28 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 H | PREZO: 10 €
O diálogo artista/masas, DJ/corpos, música/ movemento, intégrase nun ambiente nocturno ou de concerto por medio da proposta lumínica e a forte aposta pola música en directo. Os corpos que asisten ao concerto DIRECTO9 viven unha experiencia grupal en directo. Coma se dos corpos dunhas atletas se tratase, levan os corpos ao encontro cos límites físicos, co desgaste e o cansazo extremo.
Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:
MELONAFEST V DO 28 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO | PREZO: DESDE 20 €
A V edición do MelonaFest, festival de música e artes que se celebrará en Santiago de Compostela, contará con 21 artistas en 7 espazos e moitas actividades paralelas. Entre outros, poderemos gozar dos espectáculos de Califato 3/4, Triángulo de Amor Bizarro e Venga Monjas, así como Soto Asa, DJ Hater, Músculo, Laura LaMontagne & PicoAmperio e Horus.
redaccion@revistapincha.gal N.E.O. MOON MUSIC CLUB 27 DE NOVEMBRO ÁS 22:00 H
O mestre da guitarra Alberto Cereijo e o seu compañeiro nos Suaves, o batería Tino
Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural3 | | 30 | Pincha | N 19
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NA RUTA DO VIÑO DAS RÍAS BAIXAS
must
CANDO: 24 e 25 de outubro
MÁIS INFO RUTADELVINORIASBAIXAS.COM
A
s xornadas de Portas Abertas regresarán, se as condicións sanitarias o permiten, á Ruta do Viño Rías Baixas os próximos días 24 e 25 de outubro con interesantes propostas enoturísticas. Os Buses do Viño centrarán a oferta de actividades organizadas desde esta asociación sen ánimo de lucro. Devanditos Buses do Viño ofrecerán tanto percorridos guiados con visitas a adegas como dúas de carácter especial que se complementarán con propostas de carácter especial. Así, as persoas asistentes poderán escoller entre rutas de sendeirismo, xantares gourmet, visitas a museos ou mesmo algún taller. Paralelamente, unha vintena de adegas asociadas abrirán as súas portas ao público durante a fin de semana do 24 e 25 de outubro para dar a coñecer a elaboración dos seus viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. Estes percorridos guiados serán de carácter gratuíto, previa reserva por parte dos visitantes. Pincha | N 19
| 31 |
guía de ocio e compras
BAR - CAFÉ - RESTAURANTE SALA DE REUNIÓNS
SERVIZO A DOMICILIO E TAKE AWAY
Rúa de San Paio de Antealtares, 16 Santiago de Compostela
Comida para levar(recollida no local)
De 10:00 a 02:30 - Luns pechado
Rúa de San Pedro, 120 Santiago de Compostela
T. 669 852 768 acarrilana.com
De M a S de 12:30 a 17:00 e de 19:30 a 00:00 T. 981 589 600 - amaceta.com
COMIDA PARA LEVAR
Avda. de Mestra Victoria Míguez, 44 Vidán - Santiago de Compostela L a X - 7:00 a 22:45 | V - 7:00 a 23:45 S - 9:00 a 23:45 | D - 9:00 a 22:45
T. 981 522 110 - anavedevidan.com info@anavedevidan.com
CAFÉ BAR
ENTREGA A DOMICILIO Avda. Benito Vigo, 70 A Estrada Me a D de 12:30 a 17:00 e de 20:00 a 00:00 T. 981 571 226 - argentinosburguer.com
COMIDA PARA LEVAR Rúa da Caldeirería, 49 baixo Santiago de Compostela De L a D de 8:00 a 00:00 T. 981 571 204
MANOLO COMIDA PARA LEVAR Rúa Lugo, 48 Arzúa T. 981 500 214 pensionbarmanolo@gmail.com facebook.com/pensionbarmanolo
Cafetería - Restaurante - Pastelería Vexetariano - opcións veganas e Sen Glute Rúa de San Pedro, 118 Santiago de Compostela T. 981 073 386 instagram.com/clem_cafe
Praza do Matadoiro, 1 Santiago de Compostela De 13:30 a 16:00 e de 21:00 a 00:00 Martes e Mércores pechado T. 981 250 861 instagram.com/benedita_elisa
Rúa San Lázaro 104 Santiago de Compostela De L a S de de 9:00 a 00:30 Domingos pechado T. 981 566 607 www.bodeguilladesanroque.com
Grupo
RESTAURANTE
CASTRO Av. Ourense, 24 Palas de Rei Luns a Domingo de 12:00 a 23:00 T. 982 380 321 - alberguecastro.com
| 32 | Pincha | N 19
Alejandro Pérez Lugín, 11 Santiago de Compostela Me a S de 12:00 - 16:30 e 20:00 - 23:30 D de 12:00 a 16:30 | L e M pechado
T. 881 944 686 -
@flamingocompostela
Crta. N-550, s/n Pazos · Padrón T. 981 811 312 - hscala.com facebook.com/hotel.scala
Casas Reais, 25 Santiago de Compostela Horario de verán. L a S de 13:00 a peche Domingo de 16:30 a peche T. 981 556 344
De L a V de 9:30 a 16:30 e dende unha hora antes dos concertos Comidas de 13:30 a 15:30 T. 981 573 807 cafeterialasso.gal
Rúa do Valiño, 2 (San Lázaro) Santiago de Compostela De L a D de 13:15 a 15:45 e de 20:15 a 23:30 T. 981 573 789 - oafiador.com
J.A.Brenlla R E S TA U R A N T E O F E R RO
Comida para levar (recollida en local) Rúa de San Pedro, 16 Santiago de Compostela De L a S de 13:30 a 16:00 e de 20:30 a 00:00 T. 981 577 633 - dezaseis.com
A ALMA DE GALICIA
Rúa das Casas Reais, 21 Santiago de Compostela T. 981 115 092 reservas@grupoorixe.com orixegastronomiagalega.com
Rúa de Sempre en Galiza, 1 Santiago de Compostela De 11:00 a 00:00 - Sábados pechado T. 981 592 399 restauranteferro@gmail.com restauranteferro.com
Rúa da Virxe da Cerca, 20 Santiago de Compostela Pechado domingo noite T. 626 004 591 info@oxardindejulia.com
Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela L a V: 06:00 a 00:00 Sáb., Dom. e festivos: 06:00 a 15:00
Preguntoiro, 35 Santiago de Compostela
T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com
riquela.com
Rúa da Raíña, 4 - Santiago De 11:00 a 15:30 e de 19:00 a 23:00 T. 981 572 257 restaurantesanjaime.com info@restaurantesanjaime.com
instagram.com/restaurante_san_jaime Pincha | N 19
| 33 |
guía de ocio e compras
desenvolver ideas compartir experiencias
Asesoría Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable Javier Alvarellos Mª del Mar Rodríguez - Pablo Vizoso t. 981 570 393 – 608 883 589
obradoiros - encontros - presentacións
Rúa Pesqueiras 6 - Local 10 Bertamiráns T. 660 619 071 contact@dospasos.org dospasos.org
Despois de papar, a estas tendas terás que ir mercar
Rúa do Hórreo, 46 Santiago de Compostela De L a S de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela
T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com
NOVO SERVIZO ONLINE pandamoa.com/tenda De L a V de 10:30 13:30 e de 17:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00
Rúa das Rodas, 13 Santiago de Compostela
Rúa do Cubelo, 27 Santiago de Compostela
oscatrogatos.com
T. 981 552 352
Revista de Gastronomía & Cultura
Únete a nós!!! publicidade@revistapincha.gal Revista de Gastronomía & Cultura
rsmcomunicacion.com T. 682 410 689 - info@seispes.com www.seispes.com
Revista de Gastronomía & Cultura
| 34 | Pincha | N 19
A CANLE DE YOUTUBE DE PINCHA ESTÁ QUE ARDE!
N
os últimos meses, ademais das informacións de actualidade, entrevistas e reportaxes que podedes ler na nosa páxina web revistapincha.gal, actualizamos a nosa canle de YouTube con novas seccións e contidos. Estámoslle collendo o gusto a isto de facer vídeos e agora non hai quen nos pare! Entre as nosas listas de reprodución atoparedes os apartados ‘Con xeito’, con entrevistas a artesáns e artesás que contan coa marca de Artesanía de Galicia; ‘Preguntas con Calidade’, nas que falamos de todo o bo da nosa terra con proxectos que teñen o selo de Galicia Calidade; e a nova ‘#SomosCompostela’, que son vídeos nos que amosamos o xeito de traballar de moitos dos nosos veciños e veciñas.
Lucía Freitas foi unha das chefs que respondeu ás nosas ‘Preguntas con Calidade’. Foto: Mero Afonso. Noa Díaz, propietaria da Lasso Cafetería, protagonizou o primeiro vídeo de #SomosCompostela Foto: Iván Barreiro
Estade atentos ás nosas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram) para non perder nin un só dos nosos contidos!
O LIBRO DE LILA DE LILITH Nós, xs inadaptadxs
‘N
ós, e
xs
inadaptadxs.
histórias
LGBTIQ
Representaçôes, na
Galiza’.
desejos
Coordinado
por Daniel Amarelo, mais de autoría colectiva, con 16 colaboracións. Unha panorámica de ollares, metodoloxías, experiencias, sentires e vivires do eido LGBTIQ galego
Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.
Pincha | N 19
| 35 |