Revista Pincha 1

Page 1

Nº 1 | maio-xuño 2017

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Máis tempo, por favor! Así é un día na vida de Jorge Gago, Premio Cociñeiro Novo 2017

Especial: Pincha xa está aquí! Os artistas composteláns, unidos en ‘Compostela é Música’


Es #ocio, it is #leisure, il est #loisirs, é #lazer, es ist #freizeit … Dise case igual en todo o mundo, pero é unha forma de gozar moi de Galicia.

SON SERVIZOS TURÍSTICOS

RESTAURANTES, HOTEIS E CASAS RURAIS

CERTIFICADOS WWW.GALICIACALIDADE.GAL WWW.GALICIACALIDADELECER.COM


Gastronomía & Cultura

ÍNDICE

EDITORIAL

E

Xuntos

4 Jorge Gago, chef de A Maceta Crusat & Costas 10 Casas de Enriba musicando 12 Compostela é Música #apapa r 16 Restaurante Pazo Asador especial 18 Nace Pincha reportaxe 20 40 anos de Museo do Pobo Galego entre musicas 24 Os d’Abaixo 28 Axenda Compostelá 32 Directorios 34 Paga a pena

ste que tes entre as túas mans é o número un de Pincha. Pero é probable que as nosas caras xa che soen. Xuntos arrancamos un proxecto anterior e xuntos damos agora un salto para seguir informando aos composteláns de todo o que acontece no mundo gastronómico e cultural da nosa cidade. Nas páxinas centrais explicámosche moito máis sobre a nosa revista e o que vas atopar nela. O chef Jorge Gago, nomeado Cociñeiro Novo do Ano na pasada edición do Fórum Gastronómico, protagoniza a nosa primeira portada. Con el falamos dos sacrificios, pero tamén das alegrías, que dá o traballo na cociña. O 18 de maio é o Día Internacional dos Museos. Unha xornada na que o obxectivo é revalorizar estes importantes espazos de cultura. Nós festexámolo escribindo sobre o segundo museo máis visitado de Compostela e que no 2017 cumpre corenta anos: o Museo do Pobo Galego. Pero este é tamén un número moi musical, con entrevista ao grupo Os d’Abaixo, que saca novo disco, e a algúns dos responsables da plataforma Compostela é Música. Agora animámoste a seguir descubríndonos. Tamén estamos en internet, na páxina web revistapincha. gal e nas redes sociais Facebook, Twitter, Instagram e YouTube. Prometemos tratar de entreterte e, sobre todo, de levar sempre a verdade por diante.

Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal Deseño e maquetación: Alberto Seoane RSM Comunicación | rsmcomunicacion.com

entrevista

Publicidade: Jéssica Pintor e Ruth Ríos publicidade@revistapincha.gal Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com Colaboran neste número: Lorena Costas, José Crusat, @JuanEAT_o e Xiana Lastra

Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017 www.revistapincha.gal Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

3|


Pincha | Revista 1

entrevista

JORGE GAGO, xefe de cociña en a maceta

“O tempo é vida. O ouro non vale nada” Por Rebeca Munín

Jorge Gago leva en A Maceta desde a súa apertura, fai só dez meses. Foto: Iván Barreiro.

|4


Gastronomía & Cultura

X

ornadas interminables, fins de semana e festivos traballando, comer –ou non comer– a deshora… O tempo é relativo cando falamos do sector hostaleiro. Pero moitos, como Jorge Gago, son felices así. Só lamentan todas as horas que lles rouban aos seus seres queridos. Deles acordouse o xefe de cociña do restaurante A Maceta, na Rúa de San Pedro, cando gañou o premio do xurado da pasada edición do Santiago(é) Tapas. E tamén, cando cos seus 28 anos, recibiu o título de Cociñeiro Novo 2017 no Fórum Gastronómico de A Coruña. O galardón dedicoullo á súa moza, falecida por mor dun cancro. Por ela fixo unha paréntese nunha carreira á que chegou tras probar sorte como axente forestal. Ata que namorou dos sabores, das súas mesturas, dos olores… dos produtos da terra. E, sobre todo, do ben que nos fai sentir compartir un bo prato ao redor dunha mesa. Que é o tempo para ti e canto o valoras?

A xente sempre di: “O tempo é ouro”. Eu sempre digo: “O tempo é vida. O ouro non vale nada”. Eu non son feliz cos cartos. Pero a vida é todo. É moi importante que se valore todo o tempo que botamos no traballo os que nos dedicamos á hostelería.

Porque cantas horas podes pasar ti, nun día normal, didicado ao teu traballo? Agora mesmo o cen por cen do meu tempo esperto.

O cen por cen! Un ratiño de relax terás…

Últimamente non. De feito, fai dous días que non como. Non podo parar o tempo de produción. O curioso é que para dar de comer, teño que deixar de comer eu (risos). Por exemplo, póñome a limpar o peixe e se chega a hora de comer nós, que o facemos antes do servizo, non vou parar o que estou facendo. Téñoo clarísimo. Eses quince minutos que tardo en comer, prefiro seguir quitando traballo para poder atender a máis xente.

Pero algo terás que tomar, senon caerás desfalecido…

“Non cociño para impresionar a ninguén. Quero que a xente pase un bo rato. Sen máis”

cadrados. Somos tres cociñando pero é moi complicado dar de comer a tanta xente.

Desde cando cociñas?

O certo é que desde hai moi pouco. Eu era forestal. Tiña un bo traballo pero non era feliz. E, dígocho de verdade, a miña felicidade non está en venda. Despois de varios anos traballando, decidín que era o momento de cambiar. E como era o boom da cociña e eu sempre saía por aí a comer, metinme por curiosidade a estudar no CIFP Compostela. Empecei con prácticas en A Curtidoría. Foi a miña primeira casa. E pouco antes de rematar as prácticas, dixéronme se quería continuar con eles. Estiven alí un ano e pico. Despois chamáronme de A Estación, de Cambre. Alí estiven moi pouco e chamoume Alberto Lareo. No Manso pasei unha etapa moi bonita. Traballar con el man a man foi precioso. Estiven uns seis meses porque enfermou a que ía ser a miña muller e parei. Estiven un ano sen traballar e durante ese tempo, Manuel Iglesias, que é o dono de A Maceta, púxose en contacto comigo porque ía abrir un local.

Como foi ese cambio de ter que dirixir ti unha cociña?

Mira, o martes non comín nada en todo o día. Bebín moita auga. E onte (mércores), cando cheguei a casa, collín un bolo de pan e unha lata de luras e foi o que tomei en todo o día. Xa sabes, que en casa de ferreiro, coitelo de pau (risos).

A verdade é que como teño moita confianza en min non me custou demasiado. Había peña que me dicía: “Non estás acojonado?” Eu dicía: “Non, porque vou facer só as cousas que sei facer”. Eu non veño aquí a impresionar a ninguén. O que quero é que a xente pase un bo rato e que a comida estea rica. Sen máis.

Como lectura positiva podemos dicir entón que A Maceta está funcionando ben…

E de súpeto, chega o premio ao Cociñeiro Novo do Ano no Fórum Gastronómico de A Coruña…

Si, desde que abrimos sempre tivemos un gran volume de xente. Temos moita sorte. Pero o que pasa agora é que remontamos moitísimas mesas. Á xente non lle importa esperar para comer. E claro, eu teño unha cociña moi pequena. Son 18 metros

Cando mo deron, quedei medio en shock! Non esperaba nada. Cando me dixeron que era finalista levabamos só sete meses en A Maceta. E non entraba nos nosos plans ter este crecemento tan rápido. Cando gañamos, flipei. 5|


Pincha | Revista 1

entrevista O chef de A Maceta asegura que a súa cociña é honesta e directa. Foto: Iván Barreiro.

|6


Gastronomía & Cultura ás 13:00 comemos os traballadores e “O ovo é o mellor ás 13:30 abrimos a produto do cociña. Sobre ás 17:30 pechamos e ás 19:30 mundo. Con volvemos abrir. En poucas galiñas, verán, non pechamos pola tarde. Deixamos sería o máis caro á xente que goce da do planeta” sobremesa na terraza. A min como cliente non me gustaría que Como definirías a túa cociña? me botasen. Despois, sobre ás Honesta e directa. doce da noite, rematamos o servizo. En media hora ou unha Telo moi claro! Que prato ofrecerías hora limpamos. E xa de camiño a casa, que vou camiñando, vou para coñecela? facendo os pedidos para o día O ‘Ovo ETC’, sen dúbida. Chámase seguinte. Como algo e a durmir. así porque antes chamábase ‘Ovo, Sobre ás 2 estou na cama. escuma de San Simón, migallas de pan e chourizo’. Era moi longo e empezamos nas Caramba! Son moitas horas! comandas a poñer ‘Ovo ETC’. Gustounos E por que paga a pena tanto e cambiámolo. Para min o ovo é o mellor esforzo? produto do mundo. Se houbera poucas É case terapéutico. De feito, galiñas, sería o máis caro do planeta. O se agora deixara a cociña, tería prato é unha homenaxe aos meus inicios que buscar un traballo de moito na hostelería. Era unha das ceas que facía estrés para paliar o tractor ao chegar á casa. Cada mes e medio que levo dentro. Eu penso cambiamos a carta, pero ese é o único que os cociñeiros vemos a prato que nunca vai cambiar. tranquilidade doutra maneira. A min cústame moitísimo chegar Como é un día na túa vida? a casa e acender o televisor. Leo Buff… é a leche! Hoxe estiven falando con provedores ás 6:30 da mañá. Vou todos os moitísimo, iso si. Encántame ler. días á Praza de Abastos. Penso que algúns me colleron moito cariño. Outros non me Tamén dedicas tempo a queren ver diante porque son moi pesado! seguir aprendendo? (risos). En serio, noto o cariño da Praza. Sempre que podo, todo o tempo Porque eu, traballe con quen traballe, que teño libre é ou para ler ou quero amizade con esa xente. Por exemplo, para comer. Este luns, que é o día con Marga, a peixeira, pregúntolle como que libramos, almorcei nun sitio, están os seus fillos. Non é só “quero isto” e comín noutro e fun cear noutro. “toma os cartos” e adeus. Somos persoas. En tres cidades diferentes. Paga E esta Praza é a hostia. a pena porque aprendes moito. É impresionante como pode Como segue a túa xornada? cambiar tanto dentro de Galicia o Da Praza veño ao restaurante. Preparo o estilo de comer entre diferentes que faga falta. Ás 12:30 abrimos as portas, localidades.

WWW.RIQUELA.COM

7|


Pincha | Revista 1

entrevista

Sete preguntas

E como ves Santiago nese senso? Que precisa a nosa cidade?

CAPITAIS

Abrir máis locais. E que sexan diferentes. A competencia é moi sa. De feito, non é competencia. Axuda a crecer. Se un compañeiro está facendo un traballo da hostia, a min exíxeme para estar ao nivel.

1. Se puideras, a que dedicarías o tempo libre?

A quen admiras dentro do mundo da cociña?

3. Cando cociñan para ti, que pides?

Ás nais. Son as todoterreo. É máis fácil cociñar para un pase nun restaurante, que a cociña diaria nunha casa.

Cal é o teu soño?

Non pretendo ser ninguén. Só quero que a xente sexa feliz. Encántame, por riba da cociña, que os que veñan á Maceta estean felices. A cociña é aberta. Cando vexo a alguén que está de mal humor, primeiro pregunto ao camareiro se é por algo da comida. E se vexo que non é por iso, intento saír e animar un pouco – porque son bastante gracioso cando quero – para que se rompan as tensións. Odio a tristura. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

A viaxar. 2. E se puideras escoller, irías ao pasado ou ao futuro?

Ao futuro nunca. Ao pasado iría ao festival Glastonbury, a ver un concerto. Foie. 4. Que manía tes na cociña?

Teño os coitelos sempre colocados dunha determinada maneira. Se están cambiados, dáme mal rollo. E o pano, sempre á dereita. 5. Acendes o televisor e botan MasterChef…

Adoito cambiar. 6. Algo que non soportes

Á xente que non é feliz. 7. Algo que ames

A felicidade.

Foto: Iván Barreiro.

|8


RSM ESTRATEGIAS

DE

COMUNICACIÓN

HTTP://RSMCOMUNICACION.COM


Pincha | Revista 1

Crusat & Costas

Lorena e Jose na tenda compostelá Vide, Vide! Foto: Iván Barreiro.

LORENA COSTAS

Casas de Enriba: A terra fala

O

s que nos ledes dende hai un tempo sabedes que gustamos moito de despistar o voso “mapa enolóxico” particular. Adoitamos falar de viños clasificados en Denominacións de Orixe ou IXP’s, pero de vez en cando tamén nos mola petar enriba da mesa falando de viños que non se integran dentro de ningunha D.O. Tal é o caso de “Casas de Enriba 2015”. Viño que conta coa man de Laura Lorenzo, unha enóloga chea de forza, xuventude e sabedoría que antes desta nova etapa se formou, entre outras adegas, en Domino do Bibei durante 8 anos. Eses anos foron determinantes para crear o seu propio proxecto Daterra Viticultores, no que a súa parella, Álvaro Domínguez, se encarga de deseñar as fermosas etiquetas que visten os seus viños. Laura, exemplo de raza e constancia, afrontando todo tipo de avatares climatolóxicos nas vendimas destes últimos anos, constitúe outro dos moitísimos exemplos da nova “fornada” de novos enólogos e adegueiros que viven con paixón e arraigo a súa profesión. Aínda que a maioría dos viños de Laura saen das terras do Val do Bibei (que pertencen á Ribeira Sacra), o proxecto vaise ampliando cara terras de Valdeorras; | 10

FICHA TÉCNICA: Viño: CASAS DE ENRIBA 2015 Adega: Daterra Viticultores Variedades: 80% Mencía e 20% Godello Grao: 13 Prezo: Sobre 15€


Gastronomía & Cultura

e concretamente preto da vila de Portomourisco se atopa esta parcela que dá nome ao viño que nos ocupa. A 550 metros de altitude, atopárona fai tres anos nun estado pouco alentador, xa que anteriormente o seu cultivo se fixera empregando produtos químicos que esgotaron e endureceron a terra. A produción, polo tanto, é bastante escasa debido ao estrés que as viñas sufriron no pasado; pouco a pouco recupérase a vigorosidade. Casas de Enriba é un viño que ten a peculiaridade de mesturar un 80% de uva tinta (Mencía) e un 20% de uva branca (Godello), práctica habitual antigamente. A Godello vaille aportar frescura e acidez á Mencía que nos anos cálidos (como este 2015) adoita carecer destes matices que envolven ao viño de estructura e equilibrio. Descansa despois en barricas de carballo francés durante nove meses antes de ser embotellado. Posúe unha bonita capa media de cor sangue e prevalecen os aromas florais: violetas, baixo monte; así tamén froitos vermellos, aromas de iogur de froitas do bosque e toques de carmín. Un viño de paso fácil, que agradece tomarse fresco, debaixo dunha boa sombra, como fixemos nós acompañados dun prato de xamón. JOSE CRUSAT

goza da nosa terraza

Casas de Enriba: A forza da viticultora

I

mos a terras do Bibei onde pola banda do territorio de Ribeira Sacra comeza a traballar Laura Lorenzo a facedora (xunto coas vellas viñas da zona) do viño do que falaremos desta vez. Pero neste caso, falaremos do Casas de Enriba de Daterra Viticultores, viño elaborado a partires de viñas da outra banda do río, neste caso da zona de influencia de Valdeorras. É pois un viño de territorio, fóra de ningunha DO. Laura é unha loitadora que apostou polo seu proxecto e que loitou contra problemas e trabas nos comezos (roubos, pedrazo, non inclusión na DO) e que dan lugar a un viño que amosa a forza desta viticultura e da paisaxe que ela escolleu para vivir. É un viño elaborado con Mencía e con Godello, unha mestura de branco e tinto seguindo a antiga tradición de meter no pipo tódalas uvas que había nas fincas. Pero falamos desa tradición cos pés na terra, con sentido, que sabe o que se fai. Onde se mesturan a mencía que aporta corpo e estrutura co godello que aporta a acidez e frescura necesaria. Sen necesidade de correxir mediante produtos enolóxicos. Viño de clima atlántico e fresco pola altura, sobre chans de granito e arxila, procedente de viñas vellas equilibradas de forma natural con baixos rendementos. Viñas traballadas en ecolóxico, en proceso de recuperación despois de anos de químicos e herbicidas. O viño presenta unha capa media con cor de cereixa ou sangue fresco, con aromas de froita vermella ben madura, amorotes, pero notas vexetais no fondo, flores coma violetas, golosinas. Na boca é un viño de certo peso, saboroso, de taninos finos e unha acidez. Un viño carnoso que nas datas de verán que se aveciñan refresca e permite seguir bebendo e gozando. Como maridaxe deste viño, e polas datas nas que andamos, vou propoñer unha comida máis suave, e optarei por unha caldeirada de sanmartiño e corbelos, que perfectamente aguantan a sabrosura do viño pero que a frescura do viño permite que ambos estean balanceados. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

Prz. Matadoiro 3 @mataderosantiago

Segue as historias de José Crusat @choumimx no seu blog Del Comercio y del Bebercio |

http://delcomercioydelbebercio.blogspot.com

Segue as historias de Lorena Costas @lorena_costas no seu blog Bake my Day |

http://lorena-bakemyday.blogspot.com

Revista de Gastronomía & Cultura

11 |


Pincha | Revista 1

musicando

Programadores, aquí hai talento! Preto de 200 artistas de Santiago forman parte do censo online ‘Compostela é Música’, impulsado por Músicos ao Vivo

Por Rebeca Munín

Nastasia Zürcher e Valentín Caamaño forman parte do grupo de xest

‘Compostela é Música’. Ese é o nome escollido para o censo online de grupos e solistas que acaba de crear a sección local da Asociación Músicos ao Vivo, co apoio do Concello. E que ben acaído! A nosa cidade é pequena pero está chea de arte. Vémolo a diario nas nosas rúas, nos edificios, no cine, na televisión… e tamén en moitos dos nosos veciños e veciñas que se adican á dura pero sempre fermosa profesión da música. Nastasia Zürcher e Valentín Caamaño son dous dos artistas que forman parte deste censo, ademais de dous dos membros do grupo de músicos que traballan para impulsalo. A súa historia remóntase a xaneiro de 2015 cando naceu a plataforma Compostela Territorio Musical, que defendía as actuacións en directo nos bares da cidade logo da súa paralización tralas | 12


Gastronomía & Cultura

“A idea é crear unha ponte de comunicación para todo aquel que necesite un grupo de música”

queixas por ruído dalgúns veciños e a falta de apoio do entón Goberno Municipal do PP. “Nesas xuntanzas, falamos da necesidade de amosar a forza que ten o sector musical nesta cidade. Xurdiron ideas de facer festivais… e alguén propuxo facer un censo”, contan. Dese xermolo resultou dous anos despois a páxina web compostelaemusica.gal. “A idea é crear unha ponte de comunicación para todo aquel que necesite un grupo de música”, explican.

tión do censo Compostela é Música. Foto: Iván Barreiro.

En febreiro presentaron a plataforma. Abriuse entón un período dun mes para inscribirse e en abril comezou a aventura. En total, hai 196 proxectos de estilos moi diferentes. Os máis numerosos son de pop, rock, blues e jazz pero tamén os hai de metal, reggae, coros, orquestras, electrónica, infantil, cancións de autor, músicas do mundo, tradicional, folque, música clásica e hip-hop. O ano que vén poderán anotarse máis. “E esperamos superar o récord”, apunta Valentín. De cada un dos inscritos podemos atopar información sobre o seu proxecto, como contactar con eles e ata unha canción de mostra do seu traballo. Trátase así de superar un dos problemas que máis afectan ao sector: a falta de visibilidade. “Queremos crear esa sinerxia positiva entre artistas e programadores”, sinala Nastasia. E tamén deslocalizar. “A idea é ir abrindo a partir deste censo novos espazos para tocar. E en diferentes horarios para chegar a máis público”, sostén. Vivir da música Nastasia e Valentín comparten o seu amor pola música. “É todo. É o alimento. É onde sinto que aporto, como individuo, como alma”, asegura ela. “É unha profesión de altos e baixos, pero tamén de vocación e de ser cabezán”, engade el. Pero é unha utopía vivir dela?, pregunto. Dubidan pero finalmente explican que hai moitos xeitos de facelo. Unha é a ensinanza, a que optan moitos músicos complementándoa coas actuacións en directo ou a gravación de discos. “Eu levo tocando profesionalmente en Santiago desde principios dos 90. Naquela época era moito máis sinxelo atopar onde tocar. Tamén o público era diferente. Había moitos máis universitarios. Co paso do tempo o número de 13 |


Pincha | Revista 1

musicando

“A idea é crear unha ponte de comunicación para todo aquel que necesite un grupo de música”

locais que ofrecían música foise reducindo”, afirma Valentín. Por un lado, a crise económica abocou ao peche a moitos locais que programaban música ao vivo. Por outro, a lexislación nacional e autonómica que regula as actuacións en directo nos establecementos hosteleiros é moi restritiva. “Están tratando igual un concerto de Bruce Springsteen no Monte do Gozo que un bolo dentro dun bar. Habería que adaptalas”, opina. | 14

Nesa loita andan tamén os dous. Ao tempo que siguen coas súas carreiras. Nastasia, cantante e compositora suizo galega, gañadora do Premio Martín Códax da Música 2016 na categoría de "Blues, Funk & Soul", está rematando a xira de presentación do seu primeiro disco ‘My Flight’ e gravando xa o que será o segundo. Valentín atópase en plena promoción de ‘Green with envy’, no que rinde homenaxe ao guitarrista Grant


Gastronomía & Cultura Valentín e Nastasia durante a nosa charla. Foto: Iván Barreiro.

Como funciona

Green, e este mes de maio comezará a gravación do seu seguinte traballo con seu grupo Valentín Caamaño Trío. Así é a vida do músico. Un rebulir de proxectos, éxitos, fracasos… e de esperas para que o teléfono soe solicitando algunha actuación. Agora, gracias ao censo ‘Compostela é Música’, que iso pase debería ser moito máis doado. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

• O censo ‘Compostela é Música’ ten carácter anual, sendo os propios artistas os encargados de rexistrarse na plataforma online desta web nos prazos correspondentes, así como de aportar os datos requiridos para formar parte do mesmo. • Está destinado a proxectos musicais profesionais e en activo na área de Santiago. Aberto a tódolos xéneros musicais, a todo tipo de formacións así como a tódalas idades. • Para formar parte do censo, é indispensable cumprir ao menos unha das seguintes condicións: Que polo menos o 50% dos membros do proxecto musical desenvolva con regularidade a súa base de acción profesional musical en Santiago ou comarca Que polo menos o 50% dos membros do grupo sexa residente en Santiago ou comarca. Que cando menos un dos compoñentes do proxecto sexa membro de Músicos ao Vivo Sección Compostela. 15 |


Pincha | Revista 1

#apapa r

MIOLO CON OURIZO EN O PAZO ASADOR

Foto: Iván Barreiro

Óscar Vidal, chef, e o seu irmán Manuel, sumiller e xefe de sala, dirixen o Restaurante O Pazo Asador, moi preto de Santiago, na estrada que vai a Padrón. Pero o seu non é o típico asador: “Empregamos o asado como técnica, pero facendo de todo”, explican. Así, na súa carta podemos atopar desde carnes de tenreira e boi ata peixes e mariscos. Ademais dunha extensa bodega. Contan con varios salóns independentes para celebrar diferentes eventos, piscina, parque infantil, aparcamento propio e xardíns. E un comedor con mesas á carta, con terraza no verán. “Buscamos que o cliente se sinta o máis cómodo posible. Así máis vai gozar coa comida”, opinan. Por iso coidan moito a decoración empregando cristais, madeira, xogos de luz, figuras de Sargadelos… Cada detalle conta para lograr un ambiente cálido e acolledor. O comechón de @JuanEAT_o acudiu a probar unha das súas últimas propostas. Un miolo – que é un óso de cana aberto á metade – feito á brasa, con ourizo e unha escuma de xema de ovo picante. | 16

Datos Lugar: Restaurante O Pazo Asador (N-550, 23 - Padrón) Prato: Miolo con ourizo Prezo: 15 e Valoración: 


Gastronomía & Cultura

Por @JuanEAT_o

E

spectacular! Así definiría a miña experiencia no restaurante O Pazo Asador. Coñecedes esa sensación de cando non sabes o que vas atopar e de súpeto a intriga convertése nunha grata sorpresa? Desde o primeiro bocado deste prato a miña cara cambiou. A mestura de sabores de mar e terra pareceume do máis rico que comín últimamente. E cunha textura que non esperaba sendo unha proposta de carne. De feito, recordoume ao foie.

Antes de degustalo, puiden ver o proceso de elaboración, alimentando a miña curiosidade porque o certo é que nunca probara o miolo. Agradézolle moito a iniciativa a Óscar, o chef. Podería parecer sinxelo, xa que se trata de meter un óso nunha grella. Pero a maxia está nos pequenos detalles: o tempo, o tipo de brasa, o afumado… E os toques finais coa escuma de xema de ovo que leva por enriba. Por certo, recomendo comelo rápido, porque se desfai bastante á présa. O miolo vai acompañado normalmente por ourizo. A min puxéronme berberechos, porque remataran cos ourizos o día anterior. Quedoume a pena de non probalo. Esa sería a única nota negativa. O bo é que ten solución. Voltarei! E darei o meu veredicto en revistapincha.gal onde poderedes ler tamén a partir de agora as miñas críticas. Saímos #apapar? Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

@JuanEAT_o no Pazo Asador a piques de probar o prato.

Foto: Iván Barreiro

17 |


Pincha | Revista 1

especial

#somospincha

P

incha é unha revista sobre gastronomía e cultura que poderás atopar cada dous meses de xeito gratuíto en bares, restaurantes, centros socioculturais, bibliotecas e outros espazos públicos de Santiago de Compostela e a súa comarca. A nosa proposta nace grazas ao esforzo de boa parte dun equipo que moitos coñecederedes dunha publicación anterior, a revista Pincha(e)Discos. Despois de dous anos na rúa, o proxecto rematou pero non as ideas nin as ganas de seguir informando e entretendo aos veciños e veciñas de Compostela. Segundo a Real Academia Galega, unha pincha é unha pirueta. E iso é o que facemos nós, dar unha volta ao xeito de contar o que acontece nos sectores máis importantes para a economía compostelá: o turismo, a hostelería e a cultura. E que, por outro lado, máis nos divirten! Saltas connosco?

#somospincha

Coñece revistapincha.gal Ademais da edición en papel, a revista Pincha ten a súa versión online. En revistapincha.gal teñen cabida novas de actualidade sobre gastronomía e cultura; unha completa axenda; unha guía de ocio con establecementos onde comer, tomar algo e/ou durmir en Santiago e súa comarca; e os artigos de diferentes bloggers colaboradores. Queres coñecelos? Entra en revistapincha.gal

Tamén estamos nas redes sociais Facebook, Twitter, Instragram e Youtube. Falamos? | 18

Pin Revista de

Rebeca Munín – Directora de Pincha Xornalista á fronte da nave, podedes ler o seus artigos, entrevistas e reportaxes na revista en papel e na web revistapincha.gal

Alberto Seoane – Deseñador É o creativo da nosa revista, o responsable de dar forma ás páxinas de Pincha. É socio de RSM Comunicación, empresa especializada en comunicación corporativa.

Pin

Xiana Lastra – Colaboradora Xornalista e vocalista de A Banda da Loba, descúbrenos en cada número de Pincha a un artista galego. Son entrevistas para a sección ‘Entre Músicas’ que tamén podedes ler na web.

Juan Vázquez – Colaborador O seu álter ego @JuanEAT_o percorre os mellores locais de Compostela e comarca probando os seus pratos estrela e dando o seu veredicto na sección #apapar


ncha Gastronomía & Cultura

FOTOGRAFÍAS: Iván Barreiro

Gastronomía & Cultura Iván Barreiro – Fotógrafo O artista visual do noso equipo. É o encargado de retratar a todos os nosos entrevistados. Especialista en fotografía de rúa, tamén dá clases e organiza exposicións.

Jéssica Pintor – Redacción e publicidade Unha xornalista todoterreo! Escribe para a revista en papel, vende publicidade e tamén conta coa súa propia sección na nosa páxina web: ‘De bares con Jessi’.

Ruth Ríos – Redacción e publicidade Socia de RSM Comunicación, tamén forma parte do departamento comercial de Pincha. Ademais fálanos de cafeterías con encanto na súa sección ‘A merendar!’.

ncha Lorena Costas - Colaboradora Apaixoada dos viños, escribe sobre eles e sobre diferentes eventos no blog Bake My Day. Realiza unha cata para cada Pincha xunto con José Crusat na sección Crusat&Costas.

José Crusat – Colaborador Compañeiro de Lorena Costas na sección Crusat & Costas, colabora coa Adega Entreosrios e elabora os seus propios viños. Escribe tamén no seu blog Del Comercio y del Bebercio.

Vicky Morales – Colaboradora Cordobesa de nacemento pero compostelá de adopción, Vicky propón en cada Pincha unha saborosa receita. Autora do blog Taller de Azúcar, tamén podedes lela na nosa páxina web.

19 |


Pincha | Revista 1

reportaxe

A sala de cesterĂ­a foi unha das primeiras que albergou o museo. Foto: IvĂĄn Barreiro.

| 20


Gastronomía & Cultura

MUSEO DO POBO GALEGO

40 ANOS GARDANDO A MEMORIA DE GALICIA

Q

uen non escoitou falar algunha vez da famosa escaleira de caracol do Museo do Pobo Galego? Quen non se marabillou co Panteón dos Galegos Ilustres? Quen non se sorprendeu cos barcos da sala do mar sendo só un cativo? Non hai colexio na nosa terra que non programara unha visita a este espazo. Pero moitos descoñecen as súas necesidades e todo o traballo que hai detrás para levar corenta anos sendo o gardián da nosa memoria.

Olería, tecido e cestería. Esas foron as tres primeiras salas do Museo do Pobo Galego cando abriu as súas portas en outubro de 1977, no antigo convento de San Domingos de Bonaval, que cedera o Concello de Santiago. “Son as tres actividades máis antigas que coñecemos na humanidade”, apunta Ana Estévez, responsable de Educación e Acción Cultural. O seu Padroado, herdeira naquel momento do Seminario de Estudos Galegos, quixo así crear un ente para investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega en todos os seus ámbitos. Os fondos debéronse na súa grande parte a doazóns, tanto de coleccionistas e artesáns como de persoas anónimas que atoparon nel o mellor lugar para albergar os tesouros das súas casas. Na súa apertura púxose en marcha un plan museolóxico no que xa estaban contempladas todas as salas que hoxe podemos visitar: o mar, os oficios, o campo, o traxe, a música, o hábitat e a arquitectura, a sociedade e a prensa e a imprenta. Ademais das seccións de arqueoloxía e de arte e as bibliotecas.“Foise facendo pouco a pouco. E, en moi poucos anos, o museo tivo unha penetración na sociedade civil enorme”, afirma a traballadora. Na actualidade, séguense recibindo doazóns. “De feito, non temos capacidade para recoller todo. Temos unha política de adquisición porque doutro xeito non se podería facer”, sinala.

Por Rebeca Munín

“O Museo quere abrir o debate sobre o que é a cultura galega e o que pode ser”

Pero este non é un museo de pezas singulares. “É un espazo de síntese, que intenta mostrar de maneira sintética o que é a cultura galega e o que pode ser. Porque a idea é que a partir do museo se abra o debate, a reflexión sobre o que podemos ser como colectivo, como comunidade”, asegura Ana. Sen esquecer o valioso que é o propio edificio. O antigo convento de Bonaval, fundado no século XIII por San Domingos de Guzmán, foi reconstruído en estilo Barroco nos séculos XVII e XVIII. No seu interior destaca a orixinal escaleira helicoidal triple, obra do arquitecto Domingo de Andrade. A igrexa é única, sendo un dos poucos exemplos de Gótico relixioso que se poden ver na cidade. Nela está situado o Panteón de Galegos Ilustres, no que repousan os restos dos escritores Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas e Castelao, así como os do político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey e o xeógrafo Domingo Fontán. Algunhas salas foron reformadas nos últimos anos. Outras agardan desde os 70 por unha posta ao día. “Está elaborado un Plan Director que contempla remodelar o edificio e reordenar os espazos e os servizos. Pero un plan así necesita do concurso doutros axentes. Non pode levalo adiante o museo só. Agardamos que non tarde demasiado porque é moi preciso”, comenta Ana. Un museo de todos O do Pobo Galego é o segundo museo máis visitado da cidade, só por detrás do Museo da Catedral. Moitos dos seus visitantes son galegos, especialmente grupos de centros escolares, pero tamén turistas sobre todo chegados desde outras zonas de España, Francia e Reino Unido. En total ao ano pasan polas súas salas unhas 80.000 persoas. Pero xa viviu tempos mellores. Antes da crise superaban as 100.000. Por iso no 2013 decidiuse empezar a cobrar entrada. 21 |


Pincha | Revista 1

reportaxe “Dentro da situación que estamos vivindo en xeral, e para a cultura en particular, o Museo do Pobo Galego chega aos seus corenta anos con boa saúde. Pero é grazas ao esforzo de moita xente”, destaca Ana Estévez. E é que moitos descoñecen que non pertence a ningunha administración pública. Sostense económicamente polas persoas e institucións que forman parte do seu Padroado e tamén, nunha parte moi importante, polo apoio dos seus cerca de 2.000 socios. Son xentes de todas as idades, na súa maioría galegos, pero tamén de fóra. Precisamente coa idea de dar a coñecer esta especial situación xurídica e captar máis apoios, xurdiu no 2016 a campaña ‘Teño un museo’. Nela, algúns destes socios e socias posan ante a cámara coas súas obras favoritas. Esta foi a primeira das accións para empezar a festexar o corenta aniversario. Pero hai moitas máis. Así, en xaneiro arrancou o programa ‘Teño unha peza’, no que cada mes un especialista en diferentes ámbitos dá unha charla sobre unha das pezas do museo. Entre outros, participan á xornalista Tareixa Navaza, a futbolista Vero Boquete ou o actor Roberto Leal.

O Museo non pertence a ningunha institución pública. Finánciase co apoio do A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, que se celebrará Padroado do 29 de maio ao 3 de xuño, terá unha sección especial dedicada ao aniversario. Tamén se levarán a cabo actividades de difusión. e dos seus E no último trimestre do ano poranse en marcha dúas grandes socios e exposicións temporais, unha no museo e outra que percorrerá toda Galicia amosando eses tesouros que con tanto agarimo coidan. Pincha socias Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Ana Estévez é responsable de Educación e Acción Cultural, no Museo do Pobo Galego. Foto: Iván Barreiro.

| 22


Gastronomía & Cultura

Parte da sala dedicada ao mar. Foto: Iván Barreiro.

NON ESQUEZAS QUE…

• O Museo do Pobo Galego abre de martes a sábados de 10:30 a 14:00 h e de 16,:00 a 19:30 h. E os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas. Pecha todos os luns. • A entrada xeral custa 3 euros. Os maiores de 65 anos e os estudantes pagan 1 euro. Os socios do Museo, os menores de idade e os desempregados teñen a entrada gratuíta. Tamén é de balde para todo o mundo os domingos. • A cota mínima anual para os socios é de 30 euros. Os menores de 16 anos pagan 11 euros. E os socios institucionais, 150 euros. Se queres darte de alta como socio ou obter máis información, podes atopala en museodopobo.gal

A través da escaleira de caracol accedemos ás diferentes salas do museo. Foto: Iván Barreiro.

23 |


Pincha | Revista 1

entre musica s Por Xiana Lastra

Os d’Abaixo

“Somos uns sentimentais que reivindican unha cultura galega separada da “gañanada” que nos están a vender os medios todos os días”

O

s d'Abaixo son amigos e practicamente familia, ademais de ser tamén un dos grupos folk máis relevantes que quedan no país e que resiste estoicamente esta etapa de agonía no que toca ao apoio á nosa música. Esta é unha entrevista especial, pois están de estrea e pronto presentarán o seu novo traballo “Quixera ser dos paxaros” no Teatro Principal de Compostela, o segundo da súa andaina como grupo. Os d'Abaixo son Quim Farinha, Gom Goás, Richi Martín, Roberto Rama, Xacobe Varela e Xosé Ramón Vázquez, co que conversamos para sacarlle todo o que poidamos sobre o novo disco e moitas outras cousas... Moi boas, Xosé. Cóntanos, segundo teño entendido o grupo naceu para amenizar bailes na Gentalha do Pichel, de aí tamén o nome que escollestes, porque se facían na parte d’abaixo. Non é? Somos un grupo de músicos que nos xuntamos por amizade e por gozar tocando sen máis pretensións. Tivemos unha boa ocasión de reunirnos acompañando os bailes da Gentalha e así andamos unha boa tempada. Nunca pensamos en dar concertos, tocabamos aí e tomabamos xuntos unhas birras. E si, o nome vén de aí, pero tamén vén do convencemento de que facemos unha | 24

música creada por e para os de abaixo, a xente labrega e mariñeira do país, que non tiña máis música que a que eles mesmos facían e interpretaban cos medios máis modestos que se poidan imaxinar. Era un autoconsumo musical, que nace na noite dos tempos, cando a maioría do país estaba illado do mundo e as carencias eran todas, non existía a música gravada e había que facela no momento. A xente tiña a súa creatividade a pleno rendemento. Malia todo, o pobo non renunciaba a divertirse, e de feito moitos cantos naceron nas tarefas máis penosas, como o proceso do liño ou as fiadas, cun significativo papel das mulleres coma creadoras de música popular. E, como dicía un cantador que fora moito ás segas a Castela, “aquelo era unha escravitude que tiñamos, pero andabamos adivertidos”. Desta tradición saen Os d’Abaixo, tentando reinterpretala con cariño e moito respecto para traela ao noso tempo. Como seguiu o camiño do grupo ata profesionalizarse e gravar o primeiro disco? A gravación do primeiro disco foi totalmente casual e imprevista. Fomos tocar a Lorient amenizando a carpa de Galicia, tocando tres veces ao día e dando unha ducia de concertos que se decidiu gravar a última hora por se puidesen valer para algo. De aí saíu o primeiro disco, que

é música tradicional da que tocabamos nos bailes da Gentalha. E logo, pouco a pouco, fóronnos chamando para tocar “en serio” e comezamos a pensar en que, se iamos dar concertos, precisabamos dar un pasiño adiante. E entón xa nos puxemos a montar repertorio propio e a traballar neste segundo disco, que rematamos agora, case tres anos despois de comezar coas primeiras pezas. Case todos viñades de diferentes formacións, algunhas realmente relevantes na música galega, como Fía na Roca, Berrogüetto… Como destes en tocar xuntos? Foi buscado? Casualidades das festas e a amizade? Entre todos nós había lazos de amizade e varios xa tiñamos cadrado en anteriores formacións. Pero os que nos foron leando a uns e outros foron Gom, Xacobe e Rama (a raíz dunha conversa entre Gom e Rama nunha noite de foliada), que nos convenceron a cada un polo seu lado para comezar a quedar na Gentalha. Supoño que fomos por diversas razóns, máis que nada por tocar en foliada. No meu caso foi unha descompresión marabillosa despois de tantos anos en Fía. Tocar sen presión e sen compromisos era xusto o que precisaba neses momentos. O 16 de maio presentades novo disco no Teatro Principal de Compostela. En


GastronomĂ­a & Cultura

25 |


Pincha | Revista 1

entre musica s

que dirías que se diferencia do primeiro? A simple escoita, ademais de que neste caso optastes polo estudo e en “Ao vivo en Lorient” polo directo, pareceume unha proposta máis íntima e persoal, tanto a nivel de arranxos como melódico. É así? Este disco diferénciase do primeiro en moitas cousas. Neste caso traballamos en serio para facelo, gravamos en estudio e coidamos moito o son, coa inestimable participación de Xabier Olite. O repertorio foi saíndo de xeito natural, tal como ían aparecendo as pezas ao longo de moitos meses. O criterio para seleccionalas foi puramente estético. Non facemos cálculos de se unha peza ten máis ou menos caña ou se vai resultar mellor ou peor para o directo. O que si fixemos nesta ocasión foi buscar material inédito | 26

e investigamos bastante, tanto na música coma nas letras, para ofrecer algo novo. A temática é máis intimista porque moitas cancións falan de amor. Así son a maior parte das letras tradicionais: ou son de galanteo amoroso ou son sexuaisescatolóxicas. Preferimos a primeira opción e penso que o resultado é distinto e ata certo punto pode sorprender, se se toma como referencia o primeiro disco. En todo caso, buscamos que as cousas queden bonitas para o noso gusto e punto. Intimista? Pode ser, non importa. Non sei se ten moito sentido ir de malotes tocando música tradicional... Intimista porque me pareceu que o novo disco ten un ritmo máis pausado. Ata agora baseastes moito o voso repertorio e

os vosos concertos en facer que a xente baile. E conseguídelo, fostes coñecidos pola gran roda que se montou na Praza da Quintana bailando a Carballesa. Ides proseguir nese camiño? Cada concerto ten o seu contexto e o bo é que agora temos un repertorio moito máis amplo. Non tocaremos o mesmo nun auditorio ca nun festival. Pero que non teman os bailadores/as, que haberá baile, seguro. E tamén vai haber cancións que escoitar e noutros ambientes penso que será interesante. Por que decidistes titulalo “Quixera ser dos paxaros”? É a copla dunha das pezas, que nos deu pé a argallar todo o deseño e a idea gráfica. Por outra banda, era unha idea moi lírica


Gastronomía & Cultura

e evocadora. Había varias opcións pero ao final gañou esta. E é que no fondo somos uns sentimentais que reivindican unha cultura galega, que a hai, separada da “gañanada” que nos están a vender os medios todos os días, reafirmando a idea do galego-palurdo do imaxinario colectivo español e mesmo de certos ambientes no país, que non son quen de zafarse do autoodio e dos tópicos de sempre. Son os mesmos que renegan do idioma e doutras manifestacións da nosa cultura. Os mesmos contra os que loitaban Casto Sampedro e Perfecto Feijoó hai case 150 anos e todo o movemento galeguista despois. Agora gobernan desde a ignorancia e o desprezo ao noso, a non ser que falemos de gastronomía e viño. Unha peniña. Como valorarías a evolución e o momento actual que vive o grupo? Estades contentos coa resposta? Pois co disco xa rematado estamos ilusionados e felices. Non agardamos nada en concreto, xa veremos se tocamos moito ou pouco, porque as cousas non son doadas. Pero aí está a nosa música para quen a queira apreciar e aí quedan para sempre estas pezas rescatadas do esquecemento e reinterpretadas ao noso xeito. O da resposta xa o veremos, pero as primeiras sensacións son boas. Sodes unha formación que a nivel ideolóxico acostuma a mollarse, non hai máis que oír o voso “Non cho creo PP”. Como vedes a música e a cultura tradicional en xeral no momento actual? Pois vivimos unha situación un pouco contraditoria, que xa se viviu máis veces. Por un lado, Galicia segue a ser un fervedoiro de folk, música tradicional e música en xeral, diría eu. No noso estilo é certo que algúns dos grupos grandes desapareceron, pero naceron moitos

outros novos que seguen a facer discos e concertos e estase a incorporar xente nova que achega novas ideas e ilusións. Por outra banda, a cultura galega en xeral e a música non-pachanga en particular segue a ser contemplada por parte dos gobernantes do país coma un gasto inútil, cando non coma algo sen valor feito por unha panda de roxos e vagos. Teñen a típica visión do señor feudal que lle tira unha moeda ao xograr para que lle amenice a sobremesa: os gaiteiros son para o polbo e a churrascada. Terían que viaxar un pouco e ver o que fan en Irlanda, Escocia ou Islandia, onde a música representa unha importante fonte de emprego e riqueza para o país. E onde os músicos e toda a xente do gremio teñen un réxime fiscal e laboral digno para poder vivir, non como estrelas, senón como cidadáns normais que desempeñan a súa profesión dun xeito normal. Facendo fincapé nisto que me estás contando, que valoración farías do apoio institucional á cultura tanto a nivel de concello como a nivel autonómico? Os concellos fan o que poden. Algúns deles contrátannos e apóiannos con cariño malia o xustos que andan de cartos. Nós tamén procuramos ser razoables e andar con prezos asumibles. Outros, pola contra, non escatiman para gastar barbaridades en orquestras e despois para o de aquí choran ata os bocatas. Creo que ese non é o camiño. Xa hai meses que lanzamos a iniciativa “Ningunha festa sen música galega”, que foi moi apoiada na rede pero que tería que pasar ao mundo real, e por aí hai que progresar. A nivel autonómico é de auténtica pena. Dáselle máis axuda a calquera particular para un negocio privado que a toda a cultura galega dun ano. Pódollo demostrar a quen queira co DOG na man e unha calculadora. E isto chámase cegueira

política: os grupos galegos estamos en desvantaxe cos nosos colegas doutros países, porque eles teñen un apoio do que nós carecemos. E así non podemos chegar onda eles, pero non por non termos calidade. O que non sabe a xente é que cando un grupo de Quebec toca en Europa, o seu goberno estao apoiando para que chegue aquí. E en Escocia e en Irlanda, o mesmo. E cando unha empresa non cultural, de calquera ramo, está en determinada feira nacional ou internacional é porque a Xunta a apoia, e tamén o fai para mercar medios de produción, e para contratar xente nova, e así cen cousas. A xente da cultura non debe crer as falacias xeradas desde arriba para xustificarse: a cultura non está moi subvencionada, ao contrario, é a actividade que coñezo que menos o está. Quen teña dúbidas, que mire o orzamento das axudas que concede AGADIC todos os anos e que compare. E xa para despedirnos volvendo ao grupo... como se presenta este verán? Pois parece que pode estar ben, aínda que as cousas irán pouco a pouco. Non agardamos ningún bombazo, pero si temos ilusión no disco e en que a nosa xente guste del. Logo xa iremos vendo. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Eu xa o escoitei e estou segura de que así será. Deixámosvos as vindeiras datas de presentación do novo traballo:

5 de maio

Sala A Fundación (Melide) – 23:30h

14 de maio

Garufa Club (A Coruña) - 20:30h

16 de maio

Teatro Principal (Compostela) 22:00h

21 de maio

SalaSon (Cangas) - 21:30h 27 |


Pincha | Revista 1

axend a IMPRO MAXÍN MATADOIRO

4 DE MAIO ÁS 22:00 HORAS PREZO: 4 E

SECUESTRADOS FEIRA DO LIBRO PASEO CENTRAL DA ALAMEDA ATA O 7 DE MAIO

Feira anual con exposición e comercialización de libros de diferentes editoriais, librarías e organizacións, tanto galegas coma do resto de España. Ademais hai unha serie de actividades complementarias: firma de libros por parte de autores coñecidos, sorteos, campañas de promoción da lectura, visitas guiadas, etc.

CONCERTO DE MAD MAUSEL+ NOVATO+ CHRONIC SOUND+ RENDI NUE 20:30 H SALA MOON | 6 DE MAIO

TEATRO PRINCIPAL

‘CASARES: ARTE E PENSAMENTO PARA GALICIA’ CIDADE DA CULTURA ATA O 10 DE XUÑO PREZO: GRATUÍTA

A Biblioteca e o Arquivo de Galicia celebran o Día das Letras Galegas 2017 cunha mostra sobre a vida e obra do homenaxeado deste ano: Carlos Casares.

5 DE MAIO ÁS 20:30 HORAS PREZO: 5 E

Con Teatro INDIGESTO.

ONIRIA TEATRO PRINCIPAL

6 DE MAIO ÁS 20:30 HORAS PREZO: 5 E

Coas compañías convidadas.

JARABE DE PALO, EN XIRA SALA CAPITOL

6 DE MAIO ÁS 21:30 HORAS PREZO: 32 E (28 E anticipada)

IMPRO BIG BAND CONCERTO DE IALMA TEATRO PRINCIPAL

3 DE MAIO ÁS 20:30 HORAS PREZO: 10 E (5 E con descontos)

Despois de preto de 20 anos, estas catro garbosas cantareiras seguen cantando, tocando e bailando polo mundo enteiro a súa terra, Galicia. Veñen a Compostela para presentar o seu traballo ‘Camiño. De Bruxelas a Santiago’.

CONCERTO DE GREENLEAF + SULFUR GIANT 21:30 H SALA MOON | 3 DE MAIO

TEATRO PRINCIPAL

CONCERTO DE MATT ELLIOT 21:30 HORAS. RIQUELA CLUB 3 DE MAIO | PREZO: 9 E (6 E ANTICIPADA) Tras tres anos de silencio discográfico, Matt Elliott presenta o seu novo lunga duración The Calm Before (Ici D’Ailleurs). Sempre que Elliott toma un escenario o entorno desaparece, nunha sensación compartida por público e artista en empatía e íntima colaboración. Abrirá este concerto Sacromonte, o proxecto do compositor castellonense residente en Berlín Alberto R. Lucendo, músico que atesoura unha intensa carreira tamén como guitarrista e productor..

7 DE MAIO ÁS 20:30 HORAS PREZO: 5 E

Con The MOMENTO Impro.

‘50 palos’ é un disco dobre, un libro e un espectáculo novo, cos que Jarabe de Palo volve ao ring, despois de dous anos de parón, con máis ganas que nunca, coa intención de sorprender, compartir e retomar o pulso da súa carreira artística.

CONCERTO DE CRACKER 21:30 H SALA RIQUELA | 4 DE MAIO

CONCERTO DE BIGOTT 20:30 H SALA RIQUELA | 7 DE MAIO

II “IMPERDIBLE”, FESTIVAL DE IMPRO DE GALICIA DO 4 A0 7 DE MAIO

MOSTRA ‘BO CAMIÑO, ARTISTAS GALEGOS E PORTUGUESES’ IGREXA DA COMPAÑÍA (USC)

VIEJÓVENES

ATA O 25 DE MAIO

AUDITORIO DE GALICIA

PREZO: É DE BALDE!

Unha visión de artistas galegos e portugueses contemporáneos sobre o Camiño de Santiago, mostrando temas como a idea da natureza como eixo do Camiño, representacións dos peregrinos, paisaxes espirituais ou simbolos recoñecidos como a frecha creada por Elias Valiña, o cura do Cebreiro.

| 28

CONCERTO DE JESÚS DÍAZ

Festival de improvisación teatral organizado por The MOMENTO Impro. Estas son as datas:

NOITE IMPROBABLE CAMALEA

3 DE MAIO ÁS 22:00 HORAS PREZO: 4 E

Con The MOMENTO Impro.

6 DE MAIO ÁS 21:00 HORAS PREZO: Desde 28 E

Espectáculo de humor con Joaquín Reyes e Ernesto Sevilla. Ambos preséntanse agora como dúo cómico, facendo sketchs en directo e deixándose de tanto monólogo. Ademais, promenten algunha que outra sorpresa..

TEATRO PRINCIPAL

10 DE MAIO ÁS 20:30 HORAS PREZO: 10 E (5 E con descontos)

O recoñecido compositor Jesús Díaz ofrece un concerto no Teatro Principal dos seus diferentes proxectos musicais, entre os que se atopa ‘Mud Gallery’, a música que acompaña o proxecto de danza que se pode ver no Teatro Principal, o día seguinte do concerto, a cargo da compañía La Intrusa.


Gastronomía & Cultura

axend a CONCERTO DE THE TOASTERS + THE SKARNIVALS

CICLO “RIQUELA JAZZ”. CONCERTO DE SIMÓN GARCÍA QUARTET

21:30 H SALA MALATESTA | 12 DE MAIO

20:30 H SALA RIQUELA | 14 DE MAIO

CICLO “#CAPITALBLUES”. CONCERTO DE REVEREND PEYTON´S BIG DAMN BAND 21:30 H SALA CAPITOL | 15 DE MAIO

CONCERTO DE ‘THE BEST OF ROCK TRIBUTE’

DANZA: ‘MUD GALLERY’ TEATRO PRINCIPAL

SALA SÓNAR

11 DE MAIO ÁS 20:30 HORAS PREZO: 10 E (5 E con descontos)

Premio nacional de Teatro 2015, ‘Mud Gallery. Animales de Hermosa Piel’ é unha peza sobre a coraxe e a silenciosa dignidade que nos outorga a experiencia. Un espectáculo creado e dirixido por LA INTRUSA – Virginia García & Damián Muñoz-e con música de Jesús Díaz (Making Music in Silence).

18 DE MAIO AS 21:30 HORAS

IV FEIRA SAR NO MEDIEVO

ENTORNO COLEXIATA DE SAR 13 E 14 DE MAIO

O barrio de Sar celebra a cuarta edición da súa xa coñecida e exitosa feira medieval con atraccións infantís de época, obradoiros artesanais, músicos e pulpeiros.

CONCERTO DE RADIO COS

CONCERTO DE OS D´ABAIXO TEATRO PRINCIPAL 16 DE MAIO ÁS 22:00 HORAS

Os d’Abaixo presentan o seu novo disco ‘Quixera ser dos paxaros’, un traballo do que nos falan nunha entrevista realizada por Xiana Lastra que podedes ler neste mesmo número.

THE BEST OF ROCK TRIBUTE é o desafío de xuntar nun mesmo show ás mellores bandas de rock, para presenciar un intercambio de golpes escénicos e sonoros, coa potencia e a calidade de recoñecidos profesionais. Unha homenaxe vangardista que pretende mergullar ao espectador nas augas máis turbulentas do rock dende o atrevemento e o maior dos respetos, ao rememorar aquelas “Rock Stars” más icónicas, cunha mirada plural que acerca aos seguidores dos distintos artistas, desembocando na corrente musical máis potente de todos os tempos…O ROCK!!

21:00 H SALA CAPITOL | 13 DE MAIO

CONCERTO DE HAVALINA 21:30 H SALA RIQUELA | 13 DE MAIO

MONÓLOGO DE LUIS PIEDRAHITA AUDITORIO ABANCA

11 DE MAIO ÁS 21:00 HORAS PREZO: Desde 12 E

‘Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas’ é o novo show de Luis Piedrahita que presentará en Santiago o 11 de maio. Deste espectáculo díxose que é unha das obras máis inxeniosas, brillantes e poéticas do século XXI. Claro que quen o ten dito é propio Piedrahita... ;)

CICLO “SON ESTRELLA GALICIA”. POP BASTARDO: 2MANYDJS 21:00 H SALA CAPITOL | 12 DE MAIO

CONCERTO DE RODRIGO CUEVAS SALA RIQUELA | 12 DE MAIO

CONCERTO DE IVÁN FERREIRO CONCERTO DE ANTÓNIO ZAMBUJO AUDITORIO DE GALICIA 14 DE MAIO ÁS 20:00 HORAS PREZO: 20 E

‘Até Pensei Que Fosse Minha’ é o sétimo album do cantante portugués António Zambujo de tributo a Chico Buarque, traballo que vén presentar a Compostela.

CONCERTO DE JAY

SALA MALATESTA

RIQUELA CLUB

19 DE MAIO ÁS 22:00 HORAS PREZO: 22 E Iván Ferreiro é o protagonista da Xira Mahou 2017, que chega a Compostela para presentar ‘Casa’, o seu novo traballo de estudo. Ademais da presentación das súas últimas cancións, faranos recordar os seus clásicos temas máis escoitados durante a súa carreira discográfica, primeiro como líder de Los Piratas e logo en solitario.

18 DE MAIO ÁS 20:30 HORAS PREZO: 1O E (7 E anticipadas)

Os vigueses JAY presentan o seu último disco nun concerto triple no que estarán secundados por dúas bandas composteláns, os PUMA PUMKU (outra banda do mesmo selo discográfico galego Matapadre) e OH AYATOLLAH.

29 |


Pincha | Revista 1

axend a

DESFILE DE STAR WARS

Último mes da oitava edición do festival Santiautor, que trae a Santiago as actuacións en directo tanto de artistas consolidados no panorama musical como de novas promesas.

Guadi Galego 22:00 HORAS | TEATRO PRINCIPAL 12 DE MAIO | PREZO: 18/20 E (15/18 E ANTICIPADA)

CASCO HISTÓRICO

OS AMIGOS DOS MÚSICOS CONVERSAN CON LUIS EMILIO BATALLÁN TEATRO PRINCIPAL

21 DE MAIO ÁS 20:00 HORAS PREZO: 10 E (5 E con descontos)

Despois dun tempo percorrendo os palcos do país, Os Amigos dos Músicos presentan un traballo que máis que un resumo do anterior pretende ser unha introdución a un tempo novo. Pola súa banda, Luis Emilio Batallán regresa aos escenarios cun traballo máis íntimo, máis coidado e máis persoal, máis arriscado.

27 DE MAIO DE 17:30 A 19:30 HORAS O desfile dos Imperial Stormtroopers partirá do colexio La Salle. Pasará por rúa Valle Inclán, costa de San Domingos, Porta do Camiño, Casas Reais, rúa Travesa, rúa San Bieito, cantón de San Bieito, praza da Pescadería Vella, praza de Santo Agostiño, rúa das Ameas, praza de San Fiz, travesa da Universidade, praza da Universidade, praza de Mazarelos, rúa Cardeal Payá, rúa das Orfas, cantón do Toural, praza do Toural, rúa do Vilar, praza de Praterías e rúa Fonseca, para chegar finalmente ao Obradoiro. Haberá unha homenaxe á figura da actriz Carrie Fisher, quen interpretou á princesa Leia e participará Paul Blake, actor británico que fixo o papel de Greedo na primeira película da serie.

Pedro Guerra 22:00 HORAS | TEATRO PRINCIPAL 4 DE MAIO | PREZO: 28 E (25 E ANTICIPADA)

Ele 22:00 HORAS | TEATRO PRINCIPAL 13 DE MAIO | PREZO: 10/12 E (8/10 E ANTICIPADA)

Rafa Pons 22:30 HORAS | SALA SÓNAR 5 DE MAIO | PREZO: 15 E (12 E ANTICIPADA)

Antonio Rivas 22:30 HORAS | SALA SÓNAR 16 DE MAIO | PREZO: 14 E (9 E ANTICIPADA)

CONCERTO DE MARYLAND SALA SÓNAR

FESTAS DA ASCENSIÓN DO 24 AO 28 DE MAIO

Tradición, vangarda, concertos, grupos locais e actividades para os máis cativos da casa é o que nos espera nas próximas Festas da Ascensión, as máis queridas polos composteláns. O programa completo de actividades aínda non se presentou. Poderás consultalo proximamente na axenda online de revistapincha.gal

1 DE XUÑO ÁS 22:00 HORAS PREZO: 6 E Un ano e medio despois de poñer fin ao seu anterior traballo, ‘Los Años Muertos’, Maryland regresa aos escenarios antes do lanzamento do seu cuarto disco, que se espera para este mesmo ano. Agora teremos a oportunidade de gozar en Santiago da súa música, que se move entre o power-pop e o punk-pop.

CONCERTO ‘DE LA TIERRA’

Adriana Moragues 22:30 HORAS | SALA SÓNAR

Cora Sayers 22:00 HORAS | SALA SÓNAR

6 DE MAIO | PREZO: 10 E (8 E ANTICIPADA)

18 DE MAIO | PREZO: 5 E

Javier Ruibal

Rosa Cedrón

20:30 HORAS | SALA SÓNAR

22:00 HORAS | TEATRO PRINCIPAL

7 DE MAIO | PREZO: 18 E (15 E ANTICIPADA)

19 DE MAIO | PREZO: 15/18 E (12/15 E ANTICIPADA)

Siloé

Fredi Leis

22:00 HORAS | SALA SÓNAR

22:00 HORAS | SALA CAPITOL

11 DE MAIO | PREZO: 10 E (8 E ANTICIPADA)

20 DE MAIO | PREZO: 14 E

20:00 H SALA MALATESTA | 2 DE XUÑO

CONCERTO DELAFÉ X “CICLO DE JAZZ 1906”. CONCERTO DE PEPE HABICHUELA

CONCERTO DE PHIL RUDD

22:30 H DADO DADÁ | 26 DE MAIO

21:15 H SALA CAPITOL | 2 DE XUÑO

CICLO “#CAPITALBLUES”. CONCERTO DE LAURENCE JONES + TRUDY LYNN

X “CICLO DE JAZZ 1906”. CONCERTO DE LAS LOLLIPOPS

21:00 H SALA CAPITOL | 26 DE MAIO

| 30

21:00 H SALA RIQUELA | 2 DE XUÑO

22:30 H DADO DADÁ | 2 DE XUÑO


Gastronomía & Cultura

axend a xira como cuarteto nun dos mellores concertos de blues que se poden ver a nivel mundial.

desgarrado e paixoal, que non deixa indiferente a ninguén, acompañado da súa banda ‘Perros de Nadie’, tan dinámica como versátil, formada por músicos de diferentes ambitos e grandes traxectorias.

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a: redaccion@revistapincha.gal Axenda suxeita a posibles modificacións.

TEATRO: ‘NOSA SEÑORA DAS NUBES’ TEATRO PRINCIPAL

8 E 9 DE XUÑO ÁS 20:30 HORAS PREZO: 10 E (5 E con descontos)

Teatro do Morcego presenta este texto de Arístides Vargas. Nosa Senñora das Nubes, escrita por Aristides Vargas, céntrase no encontro de dous personaxes expatriados nun espazo e tempo indeterminado. Por medio de lembranzas confusas e memorias fragmentadas os personaxes buscan recuperar as historias vividas na súa patria, a remota Nosa Señora das Nubes. Un texto poético e cheo de humor que nos fai reflexionar sobre as ditaduras, as guerras, o exilio e o desarraigo tan presentes no noso tempo.

Consulta novidades en revistapincha.gal

CONCERTO DE QUIQUE GONZÁLEZ E OS DETECTIVES SALA CAPITOL

16 DE XUÑO ÁS 21:00 HORAS PREZO: 30 E (25 E anticipada)

O madrileño Quique González chega a Santiago para presentar as cancións do seu último disco, ‘Me mata si me necesitas’. Faino xunto a Los Detectives, nome tras o que se agochan os músicos que últimamente o acompañan: Eduardo Ortega, Eduardo Olmedo, José María “Pepo” López e Alejandro Climent “Boli”, aos que se suma David “Chuches”.

FESTA DE SAN XOÁN 23 DE XUÑO

Compostela celebra un ano máis unha das festas con máis arraigo, a noite de San Xoán. En 2016 autorizáronse máis de 60 cacharelas públicas na nosa cidade, ademais das máis de 250 cacharelas privadas.

CICLO “COMPOSTELA CONVERSA”. GUERRERA CONVERSAN CON TOTALE 20:00 H TEATRO PRINCIPAL | 25 DE XUÑO PREZO: 10 E

CONCERTO DE MARINO SÁIZ 22:30 H SALA SÓNAR | 17 DE XUÑO

CICLO “#CAPITALBLUES”. CONCERTO DE MR. SIPP 21:30 H SALA CAPITOL | 9 DE XUÑO PREZO: 13 E

Castro Coleman aka Mr. Sipp, “Mississippi Blues Child” naceu o 25 de agosto 1976 fillo de Johnelle e Vera Coleman no pequeno pobo de McComb, Mississippi. Comenzou a tocar a guitarra á temprana idade de 6 anos. A través do traballo duro e a perseverancia, Mr. Sipp converteuse nun dos Bluesmans do Delta moi a ter en conta! Na actualidade

CONCERTO DE JORGE CASAL

MARTA PAZOS DIRIXE ‘MARTES DE CARNAVAL’ SALÓN TEATRO

TEATRO PRINCIPAL

28, 29 E 30 DE XUÑO ÁS 21:00 HORAS PREZO: 10 E (6 E con descontos)

Jorge Casal despide o seu primeiro disco ‘El Pulso Fuerte’ con un último concerto en Compostela, despois de dous anos presentándoo con excelentes resultados. Nas súas actuacións atopámonos cun rock de autor, fresco,

A compañía pública galega contribúe á incorporación de Ramón María del Valle-Inclán ao repertorio teatral en galego, no ano en que quedaron liberados os dereitos da súa obra, coa posta en escena de dúas pezas da triloxía Martes de Carnaval: As galas do defunto e A filla do capitán.

22 DE XUÑO ÁS 21:30 HORAS PREZO: 9 E

678 43 06 36 missrock@missrock.es www.missrock.es

31 |


Pincha | Revista 1

directo rio Bares/Cafeterías Restaurantes Casas Reais 25 Santiago de Compostela

Praza do Matadoiro 3 Santiago de Compostela

L e M: 11:30 a 00:30 Me e X: 11:30 a 1:30 V e S: 11:30 a 02:30 Domingos Pechado

De L a S de 9:00 a peche Domingos pechado

T. 981 556 344 - quedamosenlaflor.com

T. 881 031 403

Rúa da Senra 6-baixo Santiago de Compostela

Caldeirería 49 baixo Santiago de Compostela

Cantón de San Bieito 5 Santiago de Compostela

De L a S de 7:30 a 23:00 Domingos Pechado

De L a Me e D de 8:00 a 23:00 X a S de 8:00 a 1:00

Todos os días de 10:00 a 00:00

T. 981 585 974

T. 981 569 290

Outros

CAFÉ BAR

Rúa da Caldeirería, 42 Santiago de Compostela L a S de 7:30 a 23:00 (V e S a 1:00) D de 9:30 a 22:00 @Cafe_Serendipia

Rúa Nova 36 Santiago de Compostela T. 981 566 980

T. 628 177 128 www.vinotecacasapepe.com

Rúa de San Pedro 16 Santiago de Compostela De L a S de 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 00:00 T. 981 577 633 - www.dezaseis.com

Rúa Cardeal Payá 8 Santiago de Compostela

Rúa Sempre en Galiza 1 Santiago de Compostela

| 32

Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela

De M a D de 10:00 a 00:00

L a V: 06:00 a 00:00 Sáb., Dom. e festivos: 06:00 a 15:00

T. 981 592 399 www.restauranteferro.com

T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com

vinotapeta@gmail.com

De L a D de 9:00 a 00:00


Gastronomía & Cultura Grupo

Avda. Benito Vigo 70 A Estrada M a X de 9:30 a 00:00 V e S de 9:30 a 1:30 D de 9:30 a 00:00 T. 981 571 226 - argentinosburguer.com

T. 682 410 689 - info@seispes.com www.seispes.com

Rúa da Raiña 4 Santiago de Compostela

Crta. N-550, s/n Pazos · Padrón T. 981 811 312 - www.hscala.com facebook.com/hotel.scala

Preguntoiro 35 Santiago de Compostela www.riquela.com

CASTRO

T. 982 380 321 - alberguecastro.com

Rúa Mazarelos 4-5 Santiago de Compostela Jueves, viernes y sábados: 22:00 a 05:30

Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela

HOSTEL

Luns a Domingo de 12:00 a 23:00

T. 981 572 257 www.restaurantesanjaime.com

T. 696484123 - sonarcompostela.com

ALBERGUE

Av. Ourense, 24 Palas de Rei

De 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 1:00

T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com

T. 678 430 636 missrock@missrock.es missrock.es

De L a V de 10:30 13:30 e de 17:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Rúa do Cubelo 27 Santiago de Compostela T. 981 552 352 - pandamoa.com obradoiro@pandamoa.com

Únete a nós! #somospincha

publicidade@revistapincha.gal 33 |


Pincha | Revista 1

paga a pena Por Vicky Morales

Probar... Bertones Recheos de Manitas de Porco ou Uñas de San Lázaro, un clásico renovado Ingredientes: 4 uñas de porco, 2 chourizos, 4 patacas grandes, 2 follas de bertones ou repolo por comensal Sal a gusto Preparación:

Pide ao teu carniceiro que che corte as manitas pola metade ao longo, son máis fáciles de cocer e desosar. Cóceas nunha cazola cubertas de auga ata que estean tenras ou na pota a rápida uns 8-10 minutos. Engade sal só se é necesario. ...sigue as propostas de Vicky en Cando estean listas, retira e espera a que estean mornas, entón desosa meticulosamente, as uñas teñen uns ósos moi talle rd eazuca r.e s pequenos. Reserva. Coce as follas de verdura uns minutos, con 2 ou 3 será suficiente, só é necesario un escaldado para que queden tenras pero non se desfagan, escorre con coidado de non rompelas e reserva. Nese mesma auga coce as patacas e os chourizos. Esmaga as patacas cun garfo, e engade un pouco de sal. Reserva. Quita a pel aos chourizos e corta en anacos. Para montar o prato: coloca unha folla de bertón ben aberta sobre un prato, dispón por enriba media uña desosada, e 1/4 de chourizo cortado en anacos. Envolve con coidado, coma se fose un paquete, sen que salga o recheo. Se se arrefriou moito, coloca as follas recheas nunha vaporera durante un par de minutos para que volvan coller calor. Sirve sobre un pouco de pataca cocida.

Ler... ‘Xoguetes para un tempo prohibido’, de Carlos Casares O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a Carlos Casares. Para introducirvos na súa obra, recomendámosvos ler a súa terceira novela, premio Galaxia en 1975. Nela, Casares acompaña ao protagonista, Elías Paz, desde a nenez nunha pequena vila ourensá ata os tempos de estudante en Compostela, facendo un retrato xeracional do Santiago universitario da época. | 34

Comer en... O Ferro Cociña tradicional con toques de autor, baseada en produtos de tempada e altísima calidade. Así definen na súa páxina web este restaurante situado na rúa Sempre Galiza (preto do Hospital Clínico) e que ten ao chef José Antonio Brenlla á súa fronte. Na súa carta atoparedes peixes, carnes, arroces, diferentes propostas de tapeo… Ademais dun menú executivo e outro degustación.

Mercar... este reprodutor de cassettes Cantas cintas de cassette tendes aínda gardadas? Se queredes escoitalas de novo, atentos a este produto creado por uns deseñadores de Lituania. Chámase Elbow e consiste nun novo modelo de reprodutor de cassettes con auriculares. Esperan que estea á venda a finais do ano que vén a un prezo duns 50 euros. Ademais, traballan para que tamén sirva para almacenar as cancións no ordenador.


www.ivanbarreiro.com



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.