Revista Pincha 4

Page 1

Pincha de Gastronomía & Cultura Revista de Revista Gastronomía & Cultura Nº 4 | novembro-decembro 2017

Somos rockeiros Locais, bandas, festivais... así se vive o rock and roll en Compostela

IDADE DE OURO DO NOVO CINEMA GALEGO, CON LOIS PATIÑO TEMPO DE COGOMELOS


isto_196x259.pdf

1

26/10/17

14:10

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

i sétoe e l

cr

Es #ocio, it is #leisure, il est #loisirs, é #lazer, es ist #freizeit …

Dise case igual en todo o mundo, pero é unha forma de gozar moi de Galicia.

SON SERVIZOS TURÍSTICOS CERTIFICADOS POR GALICIA CALIDADE

RESTAURANTE A PONTE RIBEIRA • A CARBALLEIRA RESTAURANTE • A TABERNA RESTAURANTE • ASADOR VACAVELLA • BAR BERBERECHO • BAR TAMARINDO • BODEGUILLA DE SAN LÁZARO • BODEGUILLA DE SANTA MARTA CORAL RESTAURANTE MARISQUERÍA • EIRADO DA LEÑA • LA POSTRERÍA • MESÓN A CEPA • O BARAZAL • O CURRO DA PARRA • RESTAURANTE A MIRANDILLA DE RINLO • RESTAURANTE BIDO • RESTAURANTE CANTINA RÍO COVÉS RESTAURANTE CARMEN • RESTAURANTE EL COTO RESTAURANTE CASA DE LOS PECES • RESTAURANTE CHICOLINO • RESTAURANTE EL REFUGIO • RESTAURANTE ESPAÑA • RESTAURANTE FINISTERRAE LA TORRE RESTAURANTE MARDIVINO ASADOR • RESTAURANTE O GRELO • RESTAURANTE YAYO DAPORTA • HOTEL ALFONSO IX • HOTEL BOSQUE MAR • HOTEL CAMPOMAR • HOTEL EGO / RESTAURANTE NITO • HOTEL PAZO DE ALTAMIRA HOTEL ROTILIO • HOTEL SPA NANÍN PLAYA • TALASO HOTEL LOUXO - LA TOJA • HOTEL AUGUSTA SPA RESORT **** SUPERIOR • HOTEL BLUE CORUÑA • HOTEL MONUMENTO PAZO DO RÍO • A PARADA DAS BESTAS • CASA DAS XACIAS CASA DE CACHEIRO • CASA RURAL ABADÍA EIRAS • CASA VIXIDE • O RINCÓN DA BAIUCA www.galiciacalidade.gal

galiciacalidadelecer.gal


Gastronomía & Cultura

ÍNDICE

EDITORIAL

S

Con enerxía

e tivera que escoller un emoticono para Por Rebeca Munín titular o número 4 de Pincha, sería o do brazo sacando músculo. Chegamos á etapa final do ano e facémolo despois de moito traballo por parte de todos os que facemos esta revista. Pero tamén con moitas ganas de seguir amosándovos o mellor da cultura e da gastronomía compostelá. Tampouco viría mal o emoticono da flamenca. Por iso de que esta é unha edición moi musical – aínda que afastada do estilo da famosa muller con vestido vermello. Aquí falamos de rock and roll, desde o máis clásico ata o de maior evolución. Por que? Porque son moitos os grupos, locais, eventos… que teñen que ver con el na nosa cidade. Aínda que prometemos non quedarnos só neste xénero e facer reportaxes sobre outros movementos máis adiante. Desta vez xuntámonos na Sala Riquela con músicos como Mad Martin Trío, Espiño ou Trikini; ademais do crítico César Varela. ‘Que é o rock?’, ‘Como se vive en Compostela?’ ‘Calquera tempo pasado foi mellor?’ son algunhas das cuestións que analizamos con eles. Tamén parámonos a pensar na presenza da muller neste estilo, normalmente moito menor que a dos homes. É moi difícil atopar grupos exclusivamente femininos. Como en calquera xénero. Pero hainos, como A Banda da Loba, que reivindica o papel da muller instrumentista. Boa loita! Que en Galicia somos moi artistas é indubidable. Tamén no cinema, que vive unha grande explosión de talento nos últimos tempos. Por iso en #pincha4 comezamos unha serie falando cos directores do chamado ‘Novo Cinema Galego’. Ademais lamentamos a perda do Museo Etnográfico Sotelo Blanco para a cidade e visitamos un dos restaurantes máis míticos, o San Jaime. Alejandro Mínguez achéganos ao mundo dos cogomelos e na Axenda botamos un ollo especial a Cineuropa e Santiago(é)Tapas. Xa vedes, Santiago non para! Temos enerxía para longo! En Pincha, desde logo! ;)

Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal Deseño e maquetación: Alberto Seoane RSM Comunicación | rsmcomunicacion.com

Publicidade: Jéssica Pintor e Ruth Ríos publicidade@revistapincha.gal Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com Colaboran neste número: @JuanEAT_o, Ruth Ríos, Alejandro Mínguez e Jéssica Pintor

reportaxe

#apapa r d e cine

d a terra

entrevista

reportaxe

4 A Compostela máis rockeira 10 San Jaime 14 Novo Cinema Galego I con Lois Patiño 18 Tempo de cogomelos 20 A Banda da Loba 24 Museo Etnográfico Sotelo Blanco 28 Axenda Compostelá 32 Directorios 34 Paga a pena

Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017 www.revistapincha.gal Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

3|


Pincha | Revista 3

musica ndo

|4

César Varela con algúns dos seus vinilos favoritos de rock compostelán. Foto: Iván Barreiro.


Gastronomía & Cultura

Entusiasmados co

ROCK AND ROLL O xénero triunfa na nosa cidade desde os anos 50. Analizamos o fenómeno cos músicos Espiño, Mad Martin Trío e Alén e o crítico César Varela Por Rebeca Munín

C

omo empezar a falar da música rock? É un mundo inmenso. Tamén en Santiago. Fixádevos que incluso dous dos meus entrevistados nesta reportaxe preparan un libro sobre a súa historia na cidade. Eu non pretendo chegar a tanto pero si poñer enriba da mesa un feito ben claro: Compostela é rockeira. Nas súas múltiples vertentes. Admitindo todos os debates. Pero rockeira. Temos moitos locais nos que escoitar este xénero: A Reixa, Bar Tolo, Fraggle Rock… Temos moitos grupos. Na plataforma online Compostelá é Música contabilízanse 25 dentro do estilo rock. Tamén temos unha escola de música especializada: A Casa do Rock. E festivais como o Rock is Dead - que celebrou en setembro a súa terceira edición reunindo no parque de Belvís a 215 músicos/as de rock e estilos primos – ou o Outono Códax Festival, que xa vai por sete entregas (podes consultar as datas que aínda quedan desta edición nas páxinas de Axenda). Pero é que ata temos un director xerente do Auditorio de Galicia, figura clave na política cultural da cidade, exmembro da mítica banda compostelá The Homens, Xaquín López ‘Xocas’.

Curiosidades á parte, para falar da historia do rock and roll en Compostela, reuninme na Sala Riquela con seis veciños que saben moito do tema: Lolo Logan e Mad Martin da banda de rockabilly Mad Martin Trío; o músico e historiador Alfonso Espiño; Mayte Vascuas e Cristina Fuentes, que formaban o grupo de punk rock Alén; e o crítico musical César Varela. A medida que ían chegando todos se saúdaban. Coñécense desde hai tempo. Santiago non é moi grande e, polo xeral, hai moi bo rollo entre todos os afeccionados a este xénero (aínda que non direi nomes, tamén me confesan que algunha lea de cando en vez non falta. Pero onde non a hai?). Primeira cuestión: Que é o rock? “É unha actitude, unha forma de vida, un sentimento”, contéstame César. O seu amor por el comeza de cativo, seguindo os pasos do seu irmán. “Foi o que me descubriu Radio 3, un dos culpables de meterme neste ‘mundillo’. Pero faleceu hai anos dun accidente de coche”, lamenta. Da súa adolescencia recorda á súa nai dicíndolle: “Estuda! Págoche eu a carreira”. Pero el prefería faltar a clase para ir a facer radio. Pasou por Radio Medellín, Radio Kalimera, Radio Voz… Desde 1993 foi redactor en revistas e fanzines 5|


Pincha | Revista 4

musica ndo

Mayte Vascuas e Cristina Fuentes estiveron xuntas en AlĂŠn e agora en Trikini. Foto: IvĂĄn Barreiro. |6


Gastronomía & Cultura

como Ruta 66, Subterfuge ou Mondo Sonoro. E no 2001 chegou a editar un número 1 do seu propio proxecto, Plástico Elástico, especializado en bandas de Compostela. Conta cunha numerosa colección de discos descatalogados, vinilos… “Eu son un Diógenes” – admite entre risos – “Hai grupos que me piden maquetas súas porque eles mesmos xa non as teñen!”. Todo ese material estalle servindo para escribir ‘Historia do Rock Compostelán (1974 – 2017)’, corenta anos de rock na nosa cidade, enlatados nun libro-cd-dvd que espera que vexa a luz en dous anos. A lista de grupos dos que falará nel son, de momento, incalculables. Só por citar algúns: N.H.U., Nicho Varullo, Psicofónica de Conxo, Los Miserables, The Tombstones, Lou Reyes, Samesugas, Fame Neghra… E Alén, unha das poucas bandas exclusivamente femininas que recorda e que gravara un dos oito singles que editou o Rock Parrulo no ano 1995. Tratábase dunha iniciativa da xa desaparecida Sala Nasa que contribuíu notablemente á promoción das xoves bandas de pop e rock do momento.

Nos 90 a Sala Nasa editou varios singles de novas bandas a través do Rock Parrulo

O Camiño e a Universidade foron imprescindibles para a introdución da música moderna en Santiago

déixate caer

Mayte Vascuas e Cristina Fuentes formaban parte dos inicios de Alén. “Eramos rapaciñas que iamos ao instituto. Ningunha sabía tocar ben pero compartíamos a intención de querer expresarnos coa música”, recordan. Ensaiaban na derribada Casa Encantada, no barrio de Sar, e tiñan un estilo “moi punkarra”. Por ser un grupo só de mulleres tiveron que vivir situacións machistas en máis dunha ocasión. “Por exemplo, había moitos tíos que ían ás actuacións a ver se estabamos boas. Escoitabamos moitos comentarios así ou do tipo: ‘Para ser mulleres, facédelo guay!’. Incluso tivemos algún tipo tocándolle o cú a unha de nós mentras tocábamos”, denuncian. Mayte estivo pouco tempo en Alén. Cristina, os catro anos que seguiron funcionando. Ata que “por cousas da vida”, o grupo se disolveu. Agora, tanto tempo despois, a vida volveunas a xuntar. Fai un par de anos montaron unha formación con outros tres homes e desde tan só hai uns meses comezaron os ensaios do que será o grupo Trikini. “Somos catro. Clara toca o baixo, Silvia toca a batería, Mayte toca a guitarra e eu canto”, explica Cristina. “O estilo é diferente a Alén. Ten un guiño punk pero non é tan salvaxe. Estamos máis na onda do garaje rock. Aínda estamos moi verdes. Imos a modo pero é moi divertido e pasámolo moi ben”, engade.

Prz. Matadoiro 3 @mataderosantiago

Queres saber máis de Mad Martin Trío, Espiño, Trikini e César Varela? PODES LER AS ENTREVISTAS COMPLETAS EN REVISTAPINCHA.GAL

Café - Pub

7|


Pincha | Revista 4

musica ndo Espiño, a psicodelia galega Alfonso Espiño é unha das caras máis coñecidas da escena musical compostelá. Hai un ano que deu o último concerto coa súa banda Los Chavales. “Estabamos un pouco afastados xeograficamente, todos tiñamos un montón de proxectos paralelos e estábannos freando de avanzar. Entón decidimos separarnos. Eu levaba moitos anos tocando en grupos e me apetecía facer o meu propio proxecto. Gravei un par de maquetas, presenteinas ao certame Galicia Creativa, quedei finalista, montei unha banda para defender os temas en directo e gañamos. Parte do premio da Fundación Autor, que era quen o convocaba, era a gravación dun disco”, conta. E así naceu ‘I’, o debut de Espiño que se publicou en xuño. Un traballo no que coidou ata o máis mínimo detalle. Desde os arranxos que inclúen efectos sonoros tomados na natureza ata os gravados que ilustran cada canción no CD – feitos por el mesmo a partir de frescos orixinais da época medieval. As letras dos seis temas están feitas de “sensacións, de inquedanzas persoais, e sempre intentando levalas a un terreo melódico”. E é que o seu é a ‘Galedelia’, ou o que é o mesmo, a ‘psicodelia galega’, como define o seu estilo na Rede. “Era por poñer unha etiqueta medio en broma, medio en serio”, recoñece entre risos. Espiño prepara, como César Varela, un libro sobre a historia do rock na nosa cidade, resultado da tese ‘Beat, pop e rock en Santiago de Compostela (1954-1978)’ que espera defender este mesmo ano. “Nos 50 non se falaba nin de música rock nin de pop. Era música moderna para diferenciala da clásica, da nacional folclórica… E a partir de aí analizo todos os estilos que se van incorporando á cidade por mediación de dúas vías principais: o Camiño e a Universidade”, sinala. En Santiago foron moi influentes os ritmos latinos, introducidos polos estudantes de Sudamérica. Despois, ao igual que no resto do mundo, chegou o Beat, a música anglosaxoa por mediación do grupo The Shadows e se popularizou coa explosión de The Beatles. “A finais dos 60 chegou a o soul e empezaron a engadirse seccións de metal. Paralelamente prodúceso o fenómeno da música folk galega. E pouco a pouco vaise derivando cara o rock progresivo…”, apunta. Así, ata día de hoxe no que conflúen moitos factores. “O rock evoluciona, ramifícase, cambia, muta… Ás veces queda anticuado e ás veces é revolucionario. E ás veces queda estancado. A min gústanme moitísimas cousas, como a tanta xente. E se fusionan. E se tocan por lados con outros estilos… E chega un momento no que simplemente tes un grupo e tocas música”, afirma.

|8

Espiño publicou o seu primeiro disco deste proxecto persoal en xuño. Foto: Iván Barreiro.


Gastronomía & Cultura

Lolo Logan e Mad Martin forman Mad Martin Trío, xunto con Guille ‘Califa’. Foto: Iván Barreiro.

Mad Martin Trío, rock and roll en estado puro Martin Esturao defende outro estilo de rock and roll. O máis clásico. O rockabilly. Aínda que non lle gusta poñerse etiquetas. Despois de pasar por exitosas bandas como Clan Moriarty ou Dr. Gringo, desde fai catro anos lidera Mad Martin Trío. A súa relación coa música comeza de moi pequeno en Londres, onde a súa nai traballaba para a famosa actriz Britt Ekland, exmuller de Peter Sellers. Un fogar no que había discos antes incluso de que saísen á venda. E a Martin, con 5 aniños, xa se lle podía ver cunha guitarra. O pequecho foi autodidacta e ao pouco de chegar a España, alá polos inicios dos 80, montou os seus primeiros grupos. Vivir da música todos estes anos nunca foi tarefa sinxela. De feito, Martin tamén é técnico de son. Non se queixa porque traballa do que lle gusta pero si que recoñece que as cousas para os músicos son cada vez máis difíciles. “Cal é o problema? Que ten que haber máis demanda. A xente ten que consumir máis música en directo. E mercar máis discos. Pero non estou impoñendo nada a ninguén. Temos que crear a demanda. Que non sexa forzado”, opina.

Este ano Mad Martin Trío gravou ‘Tornado’, un vinilo de 10 polgadas producido por Mike Mariconda en Barcelona; pero que tiveron que financiar a través dunha campaña de crowdfunding por Internet. “Estamos especialmente orgullosos del porque podemos facelo co apoio dos seguidores. Ímolo presentar o próximo 2 de decembro na Sala Sónar”, sinala. Deste disco, que conta con tres temas propios e cinco versións, destaca especialmente o seu son, que se gravou con micros dos anos 60, nunha mesa analóxica. “Soa moi cálido. A textura, os matices… cambian moito así”, explica. Nel atoparemos algún medio tempo pero sobre todo música moi enerxética, coa que todos, grandes e pequenos, acaban bailando sen remedio. E é que se hai algo no que coinciden todos os que falaron comigo para esta reportaxe é que non hai nada máis vibrante neste mundo que escoitar unha Pincha boa banda en directo. En Compostela sabémolo. Só Pincha Fillos do rock and roll, sede falta seguir apoiándoos. benvidos! ;) Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Revista de Gastronomía & Cultura

Revista de Gastronomía & Cultura

9|


Pincha | Revista 4

#apapa r

PULPO CON AMEIXAS NO SAN JAIME Quen non probou algunha vez as croquetas ou a tortilla do San Jaime? As súas tapas son desde hai tempo un dos clásicos da oferta hostaleira compostelá. Pero é que neste restaurante situado a escasos metros da Catedral, na turística rúa da Raíña, non só podemos ir tomar un viño ou tomar algunha ración. O local divídese en dúas plantas: a baixa, máis informal; e a primeira, onde podemos comer e cear dun xeito máis repousado. A súa carta baséase na cociña tradicional galega, cuns menús nos que se coida moito a calidade do produto e que namoran tanto aos estranxeiros coma aos composteláns. Triunfan os arroces, os mariscos e a carne de vaca ou tenreira. Na súa visita ao San Jaime, @JuanEAT_o puido degustar un dos seus pratos máis exitosos: un pulpo con ameixas que sorprende pola súa orixinalidade na preparación e presentación. E dicimos pulpo e non polbo porque, aínda que sabemos que non é o normativo, si que é a denominación que máis extendida está na fala. Que lle pareceu a proposta ao noso colaborador? Para sabelo, terás que seguir lendo ;)

| 10

Foto: Iván Barreiro

Datos Lugar: San Jaime Rúa da Raíña, 4 Santiago Prato: Pulpo con Ameixas. Prezo: 13,50 € Valoración: 


Gastronomía & Cultura

Por @JuanEAT_o

C

Cando me trouxeron o prato no San Jaime, se tivera pechado os ollos e simplemente o xulgara polo olfacto, diría que ía comer gambas ao ajillo. Ou incluso un bo raxo á cazola. Pero a miña sorpresa foi cando o que tiña en fronte de min era unha marabillosa fusión entre dous clásicos. Tratábase dunha boa cazola pero desta vez cun invitado diferente: polbo. Si, pulpo! Acompañado dunhas deliciosas ameixas - moi ben limpiñas, todo hai que dicilo! ;) Contounos Miguel Calviño, un dos socios do restaurante xunto con Ana Cabanas, que o prato leva “pulpo, ameixas, un pouco de guindilla, aceite…”. Unha receita aparentemente sinxela pero na que son moi importantes os detalles. O pulpo estaba no seu punto. O aceite, non moi pesado. Porque ás veces, cando tomas gambas ou raxo á cazola, o exceso de aceite pode pasarche factura. Nesta proposta do San Jaime cada elemento da salsa está servido na súa cantidade correcta. Hai unha boa harmonía con bos produtos galegos e iso resulta moi satisfactorio. “Cando os clientes nos preguntan que recomendamos, falámoslle deste prato. Ao mellor son xente que xa leva días en Galicia e di: “Pulpo? Estamos fartos de pulpo!” Pero nós dicímoslles que a base é a mesma pero a elaboración sempre é diferente. E unha vez que o proban, a verdade é que lles sorprende”, explica Miguel. E non me estraña! Para min foi moi grato notar este sabor, canso xa ao mellor de comer pulpo á feira, con cachelos ou á grella (se é que algunha vez te podes cansar de tomar un manxar como o noso polbo!). Botei en falta quizais unhas ameixas máis grandes. Ademais o prato ten o tamaño suficiente como para compartir entre dúas persoas, servido como entrante antes dun principal. Que pena! Se volvo acompañado, poñédeme dúas racións! hehehe Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

@JuanEAT_o probando a proposta do San Jaime. Foto: Iván Barreiro

11 |


Pincha | Revista 4

#apapa r MIGUEL CALVIÑO E ANA CABANAS "Sentímonos moi orgullosos de que os composteláns sigan vindo ao San Jaime"

Por Rebeca Munín

M

iguel e Ana son curmáns. Foron os pais de ambos os que no ano 1993 colleron as rendas do restaurante San Jaime, aberto desde 1966 nunha esquina emblemática da Zona Vella, entre a rúa da Raíña e a Praza de Fonseca. Hai case catro anos que os primos tomaron o relevo, dispostos a darlle un aire novo a un local que visitan moitos turistas pero que non deixa de lado ao veciño de Compostela. Pola vosa ubicación, tendes moito cliente estranxeiro, pero tamén compostelán?

Si. Estamos nun momento de boom do turismo e ás veces deixamos escapar aos veciños cara outros lados da cidade. Pero nós iso non queremos facelo. Por iso continuamos dando tapas que gustan moito como as nosas croquetas e a nosa tortilla e temos bos prezos, non prezos altos para o turista… Sentímonos moi orgullosos de que a xente de Compostela siga pasando por aquí. Desde o ano 1993, cando abrides, ata hoxe, como cambiou a zona?

É un proceso longo. Antes do 1993 esta era unha zona de estudantes. Pero nese Ano Santo traballouse moitísimo. E moitos locais da zona viron a oportunidade de dedicarse ao turismo. Logo chegaron os Anos Santos do 1999, 2004… e fóronse abrindo moitos negocios. Iso fixo que moita xente de Compostela vira esta zona moi para o turista. Agora está habendo un proceso un pouco á inversa. Estase intentando recuperar tamén para os veciños de aquí. Por iso algúns locais organizamos de cando en vez algunhas actividades, con música na rúa… coa intención de atraer á xente de Compostela. E todo ese cambio polo turismo, fixo cambiar tamén a carta do San Jaime?

Non, máis os menos mantemos a mesma carta, aínda que melloramos moito a de viños. Ofrecemos unha cociña tradicional galega, con bos produtos de mar, bos produtos da terra, e sobre todo, un bo servizo. Un sorriso agradéceo moito o cliente. Así que sempre hai que ter boa cara, boa presenza, e que a xente que veña aquí a comer se sinta coma na casa. Os dous procededes dunha familia de hostaleiros. É unha profesión moi dura. Por que continuar con ela?

É dura pero os tempos cambian. Cando os nosos pais empezaron eran tempos difíciles. Nós collimos a | 12

Miguel e Ana, no interior do San Jaime. Foto: Iván Barreiro

herencia deles e máis ou menos a base xa estaba feita. Agora intentamos ter algo de tempo libre para as nosas familias, para os nosos amigos… E darlle de comer á xente, ver que lles gusta e digan “Que rico está!” é moi agradable. Entón, é unha profesión que aínda que sexa dura, gozamos moito con ela. O futuro de San Jaime por onde pasa?

Sobre todo por non conformarse. A non pensar que está todo feito e a relaxarnos. Viaxamos moito, imos a feiras de alimentación… Porque aínda que non sexamos unha cociña innovadora, si que incluímos ás veces produtos novos. Queremos estar sempre abertos a novas cousas. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

LE A ENTREVISTA COMPLETA EN revistapincha.gal


1pPINCHA-ProgramNOV.pdf

1

17/10/17

18:15


Pincha | Revista 4

d e cine Por Ruth Ríos

Novo Cinema Galego, a idade de ouro (I)

Patiño ten gañados varios premios cos seus traballos. Foto: Iván Barreiro

| 14


Gastronomía & Cultura

O Novo Cinema Galego trata de explorar novas linguaxes

G

alicia, onde o ceo é sempre gris, leva uns anos alumando unha serie de películas aclamadas por crítica e público en festivais internacionais como Cannes. É o que se da en chamar “Novo Cinema Galego”; unha conxunción de xóvenes e talentosos directores co apoio por parte da Administración, que permite producir películas caracterizadas pola experimentación e unha certa melancolía propia da natureza galega. A prensa especializada xa aclamou a varios destes directores (multidisciplinares e cosmopolitas) como Lois Patiño, Alberto Gracia, Oliver Laxe, Eloy Enciso, Eloy Domínguez, Dani de la Torre, Noemí Chantada... En Pincha queremos recoller este momento histórico para o cinema galego, cunha serie de entrevistas a algúns dos seus protagonistas. Arrancamos, a continuación, falando con Patiño. E continuaremos nos seguintes números presentándovos a moitos máis deles.

Alberto Gracia, fóra etiquetas Se queres seguir lendo sobre o ‘Novo Cinema Galego’, non perdas a nosa entrevista ao director Alberto Gracia. En revistapincha.gal falamos con este autor das súas películas desacougantes e a súa absoluta liberdade, fóra de etiquetas.

15 |


Pincha | Revista 4

d e cine Lois Patiño, o cinema contemplativo Un pouco antes do dez da mañá, Lois Patiño entra un pouco somnolento (ou soñador) na sala de prensa do festival internacional Curtocircuíto que se celebrou en outubro en Santiago. Ese xesto non fai máis que aumentar o seu aire de adolescente cun punto bohemio, a pesar de ou grazas aos seus espléndidos 34 anos. Educado e profesional, o alcumado “mozo de ouro do Novo Cinema Galego”, fálanos de ‘Fajr’, a súa última obra (vista en Curtocircuíto), da súa visión do cinema e dos seus próximos proxectos. 'Fajr' resulta para o espectador moi hipnótica. Fálanos sobre ela. Déronme unha bolsa de videoarte e a primeira forma que adoptou a obra foi unha videoinstalación multipantalla. Pero como me movo neste terreo fronteirizo entre arte contemporánea e cinema, logo adoptou a forma dunha película. Nos meus últimos traballos estou a tratar de explorar a experiencia temporal en relación ao espazo e á paisaxe. Traballo figuras inmóbiles na paisaxe para explorar esa contraposición temporal entre o instante e a duración, como unhas figuras inmóbiles nun espazo determinado evocan sensacións, o equilibrio entre o abstracto e o figurativo, sumando estes conceptos, que quería explorar, coa experiencia en si do deserto como espazo mítico de retiro espiritual. Neste caso quería contar como desde a abstracción da noite, o amencer, a luz van dando dimensión e empezan a debuxar o espazo. El País definiute como “o mozo de ouro do Novo Cinema Galego”. Identifícaste con este título? Co “Novo Cinema Galego” si, co de “mozo de ouro”… (risas. Lois encóllese un pouco de ombreiros) A verdade é que os colegas tamén me chaman así. Somos varios cineastas que por sorte recibimos varios premios aquí e alá así que é algo que non só é do titular senón que mo din moito por aí. O certo é que a túa traxectoria é impresionante. A túa primeira curta, ‘Montaña en sombra’, gañou o Premio Especial do Xurado en Clermont-Ferrand, a meca dos certames de curtas, e coa túa primeira longa, ‘Costa da Morte’, gañaches | 16

o premio ao Mellor Director Emerxente en Locarno. Que cres que gusta tanto do teu cinema? Creo que actualmente hai unha maior atención cara a este tipo de “cinema contemplativo”. Pode vir dun contraste con este mundo acelerado no que vivimos. As miñas películas son como certos espazos meditativos e de paz, repouso e acougo. Chegaron nun momento en que ven máis necesarias. Unha das premisas do “Novo Cinema Galego” é a innovación na linguaxe, é o que aglutina aos directores. Sénteste parte deste movemento? Si, totalmente. Creo que é a constatación de que hai unha xeración de cineastas que casualmente emerxeron neste momento e que obtiveron o recoñecemento internacional e que supoñen unha novidade con respecto ao panorama anterior galego. É algo histórico e que ten percorrido porque somos todos novos e con ganas de seguir explorando o cinema. Que cres que caracteriza ao “Novo Cinema Galego”? Tratar de explorar novas formas de mostrar películas, explorar novas linguaxes. Se te vas fixando en cada director, é difícil atopar un

"As miñas películas son como certos espazos meditativos e de paz, repouso e acougo"


Gastronomía & Cultura

Aínda que vives en Madrid, segues vindo a Galicia. Que é o que che achega Galicia a nivel artístico? Galicia é unha cultura moi rica en mitos e lendas. Ao estar entre Madrid e Galicia pódoo comparar con certa perspectiva. En Galicia temos moitas raíces ás que agarrarnos a nivel de identidade. Tanto en ‘Costa da Morte’ como na película que estou a traballar agora, traballo ao redor deste imaxinario colectivo que nos une. Cal é o teu próximo proxecto? É unha película que leva varios anos e que foi tomando forma aos poucos. A rodaxe foi antes do verán; estivemos cinco semanas entre a Ribeira Sacra e Costa da Morte. As conversacións, a atmosfera e a temática están ao redor da relación de Galicia coa morte, a Santa Compaña… Lois Patiño rodou a súa última película na Ribeira Sacra e Costa da Morte. Foto: Iván Barreiro A nivel narrativo, a película transcorre nunha paisaxe en que todo o mundo quedou denominador común aínda que si que pode haber algo en relación paralizado e onde aparecen tres meigas que poden moverse e á natureza, unha relación máis próxima, e de como os galegos nos que tentan descubrir que sucedeu. A película ten varios estratos: relacionamos coa contorna. por unha banda está a experiencia contemplativa do tempo, por outro o aspecto máis antropolóxico da relación coa morte e por Como ves o panorama audiovisual galego? outro a historia de ficción das figuras que tratan de pescudar É un momento precioso. Non vimos o teito do que esta que sucedeu. Para min é un reto porque integro unha pequena xeración é capaz de lograr. Temos ganas e por sorte desde a narrativa de ficción dentro do que traballei máis que é o aspecto Administración, desde Agadic, hai un respaldo a este talento documental e contemplativo. que se percibiu. A televisión tamén está a empezar a apoiar estas propostas, aínda que ao principio era máis remisa. Sen dúbida, un argumento moi suxestivo, como toda a En 2018 e 2019 van aparecer moitas películas que van dar moito conversación con este novo cineasta vigués de discurso profundo que falar. e maneiras exquisitas que xa deu o salto á escena nacional. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

17 |


Pincha | Revista 4

da terra Por Alejandro Mínguez

Os cogomelos como atractivo turísticogastronómico

| 18

G

alicia é terra de cogomelos malia a escasa tradición neste apartado pola vinculación destes coa bruxería tempo atrás, o papel da Igrexa e a existencia de exemplares mortais nos nosos montes, entre outras cuestións. Hainos excelentes, moi apetitosos, pero hai que saber como distinguilos dos perigosos. Non teñen denominación de orixe, de momento, e falta moita divulgación, promoción e concienciación da importancia botánica, gastronómica, turística e medicinal. Os cogomelos poden ser un atractivo turístico-gastronómico en moitos puntos do país, como complemento a outras actividades. No 2011 nace en Pontefechas, Ourense, unha explotación para o cultivo de varias especies e comercialización en fresco e en seco de cogomelos silvestres, Pan do Demo e en 2013 a poucos quilómetros, en Celanova, abre a sala micolóxica e tapería de cogomelos Plan c baixo a tutela dunha mesma familia como complemento económico para os seus promotores converténdose en atractivo turístico-gastronómico-ecolóxico para a bisbarra do interior de Galicia. Dende a súa apertura foron moitos os grupos de toda Galicia e tamén do resto de España e incluso Portugal que se achegaron a Celanova para coñecer máis de preto os cogomelos. Ademáis estes turistas micolóxicos aproveitaron para coñecer a riqueza monumental e natural da vila convertendo aos cogomelos en protagonistas turísticos. O proxecto permitía a charla explicativa aos interesados sobre conceptos básicos de micoloxía, á saída ao campo para recoller cogomelos ou visita á explotación de cultivo, a clasificación e identificación e finalmente a degustación dos exemplares recolectados nunha mesma xornada. A explotación de cultivo pechou as súas portas, pero a sala micolóxica segue aberta as fines de semana na tempada silvestre de cogomelos ofrecendo charlas, saídas e degustacións para grupos nunha oferta única no país. O certo é que hoxe en día podemos preparar un menú micolóxico exclusivo de forma que os cogomelos deixen de ser complemento ou guarnición e pasen a


Gastronomía & Cultura

ReceitasAproveitando sinxelas de cogomelos a textura e o sabor Empanados de cogomelos Para esta receita empregaremos cogomelos cultivados, Pleurotus ostreatus ou ben cogomelos silvestres de tempada como poden ser Macrolepiota procera ou Boletus edulis.

liderar pratos en taperías e restaurantes. Debemos iso si, nomealos correctamente, pola denominación científica internacional en latín e no caso de ter nome popular, engadilo. Os cogomelos deben estar sans e ben conservados como calquera outro alimento. Podemos preparar para empezar unha sopa elaborada con especies indicadas para esta opción como o Marasmius oreades, croquetas de Macrolepiota procera, empanada de Coprinus comatus ou ensalada con cogomelos variados como Amanita caesarea, incluso vieiras ou ameixas con Cantharellus tubaeformis e boi de mar con Boletus edulis. De primeiro prato podemos preparar unha pasta fresca con Hydnum repandum, un salmón con Lactarius deliciosus, carne de caza ou polo con arroz e cogomelos variados con corpo como o Agaricus arvensis e castañas, e de sobremesa, biscoito de Cantharellus cibarius e todo isto acompañado dun licor de augardente elaborado con algún dos cogomelos máis aromáticos como poden ser a Lepista nuda. Malia o importante avance en materia de cociña con cogomelos en Galicia, unha cuestión moi de moda e actualidade, cómpre salientar que aínda estamos a moita distancia doutras comunidades onde os cogomelos son estrelas da gastronomía como Euskadi e rexións de Centro Europa, en países como Alemaña, Italia, Francia... lugares onde a nivel práctico os cogomelos están no prato polo seu propio peso e onde existen manuais e libros de gastronomía e micoloxía que son auténticas enciclopedias, onde os cociñeiros espremen as posibilidades de ata unha trintena de especies distintas. Pincha

Empregamos os sombreiros dos Pleurotus ostreatus e Macrolepiota procera (o pé é fibroso e non aporta nada) e cortamos en rebandas o Boletus edulis incluído o pé que neste caso é carnoso. Batemos ovos e engadimos un chisco de sal. Pasamos os cogomelos por pan relado, ovo e pan relado de novo. A tixola con aceite ben quente. Fritimos. Escurrimos. Engadir salsa maionesa ou ali-oli ao gusto.

Pastel de cogomelos con queixo Para esta receita empregaremos cogomelos cultivados, Pleurotus ostreatus ou ben cogomelos silvestres de tempada como poden ser Cantharellus cibarius ou Boletus edulis ou outras variedades carnosas. Salteados os cogomelos na tixola con allo, sal, pemento moi picadiño e un chisco de xamón ou touciño ao gusto. Cando estean dourados engadimos un pouco de caldo de carne e un pouco de viño branco. Deixamos reducir. Montamos no prato axudados dun aro de cociña metálico facendo capas cos cogomelos salteados e anacos de queixo. Podemos incorporar incluso unha loncha de xamón polo medio e ovo revolto. Na capa superior colocamos outra loncha de queixo. Retiramos o aro e adornamos con pementón.

Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

19 |


Pincha | Revista 4

entrevista

A Banda da Loba “As mulleres temos que conquistar novos territorios musicais” Por Rebeca Munín

| 20


Gastronomía & Cultura

Por Rebeca Munín

C

ontan que Pepa a Loba era unha bandoleira galega de finais do XIX, unha muller forte, rebelde para o seu tempo. E, sobre todo, unha gran loitadora. Como o son Xiana Lastra (voz), Estela Rodríguez (violín), Andrea Porto (guitarra e baixo), Inés Mirás (guitarra e teclado) e Marcela Porto (percusión). Cinco rapazas valentes que buscan o seu oco no mundo da música con ‘Bailando as rúas’. O que será o seu primeiro

disco — do que poderemos ver incluso un vídeo dirixido polo cineasta Alfonso Zarauza — será presentado o próximo 8 de decembro na Sala Capitol. No seu concerto prometen desde emocionarnos e poñernos a pel de galiña ata facernos dar saltos coa maior das enerxías. Eu que xa tiven a sorte de escoitalas en directo dou fe de que non minten. Enriba do escenario ofrecen verdade. A de cinco mulleres galegas novas que teñen moito moito que contar.

Andrea, Marcela, Xiana, Estela e Inés forman A Banda da Loba. Foto: Iván Barreiro.

21 |


Pincha | Revista 4

entrevista Xa queda pouco para a presentación de ‘Bailando as Rúas’ na Capitol. Hai moitos nervios?

rapazas coma nós, que están escribindo, que teñen un público que segue o mundo da poesía pero que ao mellor non conecta tanto co público de concertos. Esa simbiose pode ser positiva para todas. Ademais, son amigas e é moi agradable traballar con elas.

Imos atoparnos un disco que, segundo definides na vosa páxina de Facebook, é “ecléctico no plano estilístico musical’. Por que?

Temos na actualidade un bo nivel de poesía galega?

Xiana: Hai expectación (as demais rin). Esa é a palabra, máis que nervios. Estamos esperando a ver que pasa, se hai xente, se non hai xente, se gusta, se non gusta…

Andrea: Si, hai un nivel moi alto. E hai moitísimas escritoras.

Andrea: Porque realmente é algo moi variado o que facemos. Estela: Cada canción ten un estilo distinto. Non nos podemos clasificar en ningún. Marcela: E aínda que moitas poidan parecerse, logo cando estamos no local de ensaio, unha ten unha idea, outra ten outra… e acaban evolucionando e cambiando.

Como é entón o proceso creativo?

Inés: Tanto a nivel das letras como no plano musical o proceso creativo é moi colectivo. Iso é o que enriquece en gran medida e o que fai que nunca vaian a saír dous temas iguais. Sempre hai ese matiz un pouco máis de Andrea por aquí, un pouco máis de Estela por alá…

En canto ás letras, ademais de escribir vós mesmas e musicar a grandes escritores como Celso Emilio ou Manuel María, tamén tendes traballos de poetas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra. Queriades apoiar aos novos talentos? Andrea: Forma parte da idea orixinal do grupo. Gústanos compartir ese traballo que fan | 22

O primeiro disco de A Banda da Loba chámase ‘Bailando as rúas’. Foto: Iván Barreiro.


Gastronomía & Cultura

Pero xa estamos nunha vangarda poética na que non se escribe cunhas estructuras métricas moi fixas. E trasladar iso a cancións é complicado. Ao final acabamos destrozándolles un pouco os poemas (risos). Se musicas a alguén de renome parece que dá medo facelo. Sen embargo, se traballas cunha amiga e lle dis: Que che parece se facemos isto? Xuntas imos tecendo a canción doutro xeito e as posibilidades son moito maiores.

Pero quedarían contentas Rosalía e Celia despois do proceso, non?

(Volven os risos, esta vez de todas) Andrea: Si, si! Celia dime: “Encántame”. E Rosalía tamén. Creo que son as primeiras fans que temos! (Sorrí).

O nome da banda fai referencia a Pepa a Loba. Por que este personaxe? Marcela: Porque é muller e porque a súa historia é unha referencia de loitadora e de defender cousas que nós a través das cancións queremos tamén defender e transmitir. Andrea: Sobre todo tamén porque era unha muller que se saía un pouco do esperado para ela no seu tempo. Xiana: Temos un tema, ‘Pepa’, dedicado a ela. Escribino porque cando escollimos o nome pensamos que necesitabamos unha canción que contase a súa historia. Foi difícil porque hai tantas cousas no aire e tantas versións diferentes que non sabes cal é a máis acertada. Eu fun a varias fontes e aínda así non acabas de aclararte.

Porque o feito de ser un grupo só de mulleres é algo buscado? Tiñádelo claro desde o principio?

Xiana: Foi un pouco casualidade, porque realmente A Banda da Loba xorde despois do fracaso doutro proxecto, si específicamente de mulleres, que tentamos montar e non funcionou. Algunhas de nós tras esa experiencia decidimos seguir o noso camiño porque estabamos cómodas tocando e creando xuntas. Polo tanto, tampouco é que decidiramos que tiñamos que ser só mulleres, senón que veu un pouco dado polas circunstancias e sentímonos cómodas con que sexa así.

“Reivindicamos a figura da muller como música, compositora e instrumentista”

E por que credes que as mulleres non se animan a tocar eses instrumentos?

Marcela: Hai moitas razóns. Ás veces penso que pode ser polas características do instrumento porque, por exemplo, no meu caso a percusión require ter forza. Pero máis que nada penso que é por prexuízo social. Eu coñezo a moitas rapazas percusionistas pero non se dan tanto a ver. Ás veces incluso se valora un pouco máis que sexa un home o que estea na percusión. Xiana: Inflúen moitas cousas, incluso dentro dos diferentes estilos musicais se crean diferencias e limitacións. Por exemplo, no rock é moito máis difícil ver mulleres que no pop. Incluso nas voces. É moito máis habitual ver a voz rasgada dun home que unha vocalista muller. Pero creo que as mulleres temos que empezar a conquistar eses territorios e para iso, é crucial que comecemos a crer en nós mesmas porque moitas veces as barreiras están na nosa cabeza e no que fumos mamando desde nenas.

Que máis obxectivos ou soños tendes con A Banda da Loba?

Xiana: Gustarlle á xente e tocar moito. Estela: Eu creo que temos un montón de enerxía e iso axuda moito. Nas actuacións que xa fixemos vese que hai un ambiente moi bo, que é moi pegadizo… Todo iso contáxiase ao público. Ademais da música, por suposto, a nosa posta en escena e a nosa actitude penso que son moi boas. Inés: Tamén está o factor de aportar algo novo. É moi difícil innovar a día de hoxe pero dentro do que cabe, queremos intentar transformar dalgún xeito a realidade na que vivimos. Se a xente escoita estes temas que teñen poesía contemporánea e música feita por xente nova, iso xa é un grande paso. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pero é moi complicado atopar grupos coma o voso, só de mulleres… Xiana: Si, claro! Nós reivindicamos a figura da muller como música, compositora e tamén como instrumentista, porque vocalistas hai moitas, pero instrumentistas, moitas menos.

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Quen é quen en A Banda da Loba? Descobre as historias de Xiana, Estela, Marcela, Andrea e Inés en revistapincha.gal

23 |


Pincha | Revista 4

reportaxe

Foto: Ivรกn Barreiro

| 24


Gastronomía & Cultura

Por Jéssica Pintor

Museo Sotelo Blanco, un tesouro da memoria do rural que imos perder

A

Trasládase de Santiago á Ribeira Sacra pola falta de apoio das distintas institucións madeira baixo meus pés é escura, as táboas rinchan. As vigas sobre a miña cabeza parece que pesan tanto coma os anos que teñen... Á miña esquerda descansa unha pileta e unha xerra para a auga, á miña dereita unha cama e unha mesiña que agocha unha vacínica debaixo. Na parede un crucifixo e un santo. Da porta colga, nunha percha antiga, un chaleco cun reloxo de peto... Hule a vello, a austeridade, a terra, mesmo a cinza, a outros tempos... Transpórtome a outra Galicia, unha que eu non coñecín. Se continúo cara a seguinte estancia, estou diante dunha lareira, vexo unha artesa para gardar o pan, máis grande que a que ten miña avoa en San Miguel, na mesa ata hai un prato de estaño e un vasiño pequeno de cristal, penso no avó e na súa cunca para o café! Tento gardar ben gardadiñas estas imaxes na retina, porque a próxima vez que as queira ver, xa terei que viaxar primeiro á Ribeira Sacra...

Xubilado dende fai seis anos, non acouga! Olegario Sotelo Blanco leva 53 anos entre Barcelona e Galicia. Marchou aos 17 anos a gañarse a vida e hoxe ten dúas editoriais, segue escribindo e tenta non esquecer nada, non perder a memoria e mesmo recuperala! Chegou uns minutos antes ca min ao museo que leva os seus apelidos e recibiume na porta. Presume de moita xovialidade, dunha mirada serena e dunha vitalidade que case esgota!, pero que é tan necesaria nestes tempos de esquecemento. Fálame do seu traballo. Coa Editorial Ronsel publicaron tres libros de Saramago e moitos outros en castelán. Cando chega a Editorial Sotelo “demos posibilidades a xente nova tanto en teatro, poesía, como narrativa. Publicamos preto de 3.000 títulos”. Como escritor ten 20 libros publicados, sobre todo de antropoloxía, sobre a emigración…

Olegario Sotelo Blanco na entrada do seu Museo.

O último sobre a historia da súa aldea e a descapitalización humana durante o século XX, liñas que reflicten o proceso que viviron outras moitas aldeas galegas. “Nesa descapitalización, ao non quedar xente que labrara o campo, aos utensilios de labranza restóuselles valor, malvendéronse e perdéronse! Neste edificio intentamos recuperar ese mundo. A maior parte das pezas mercámolas en anticuarios, aínda que hai algunhas cedidas. Nos primeiros anos, era sobre todo a xente maior a que viña e choraba ao ver a máquina de mallar... Nas visitas escolares, os rapaces están sempre moi atentos, preguntan moito. Tentamos ter pezas en miniatura que sirvan, para amosarlles o seu funcionamento. Este museo pretende ter, sobre todo unha función didáctica, é a mellor maneira de conservar unha parte da nosa historia”. 25 |


Pincha | Revista 4

reportaxe

Foto: Iván Barreiro

O Museo Etnográfico Sotelo Blanco múdase. Deixa Santiago. Vai para a Ribeira Sacra, para Castro Caldelas, para aloxarse xunto ao castelo medieval da vila. “Xunto co museo, a nosa fundación ofrecerá actividade en torno ao mundo rural, á emigración, organizaremos congresos con convidados de fóra... Falamos moito da desaparición do mundo rural, pero quen coida de dicir por que desaparece? Un dos motivos principais é a emigración, claramente, pero sobre todo o desinterese das institucións. Como no caso da nosa marcha”. Olegario reflexiona dando á cabeza. Asegura que case sempre son os fillos dos emigrantes os máis interesados en coñecer o mundo no que naceron os seus antepasados, moito máis que os propios emigrados, os seus pais. “Non demostramos demasiado interese en recuperar nada, menos aínda as institucións. A modo particular tampouco se fai moito, por desgraza. Temos aquí máis de 2.000 pezas que foron mercadas en Ourense, Sarria e Lugo, sobre todo, pero os anticuarios van ao prezo, non lle dan sentido ao que se perde! Na miña aldea eramos vinte veciños, dos seis que quedan xa ningún ten pezas de labranza, unha señora que coñezo cambioulle a un xitano unha mesa de madeira nobre, toda tallada, por unha de formica, que nada vale! Non valoramos | 26

Foto: Iván Barreiro


Gastronomía & Cultura

“Non nos damos conta que si perdemos a memoria nada. Ao igual que na emigración galega, no campo o maior do nosos problemas foi e é a falta de autoestima. Non nos damos conta que si perdemos a memoria disto, perdemos a memoria da nosa cultura!” Insiste en que en Santiago non houbo nunca ningún interese por parte de ninguén, nin da Xunta de Galicia, nin do anterior nin do actual Goberno municipal, polo seu museo. “Ninguén se preocupou de visitarnos. Agora levámolo para o corazón da Ribeira Sacra, porque seguro que alí ten máis visitas, sobre todo polo que pode significar para a zona, moitas pezas das que temos xa proceden desa contorna e están relacionadas coa colleita da uva, utensilios para facer e gardar o viño, ferramentas para as colleitas, para sachar as patacas, sulfatadoras moi antigas, a máquina da malla... Non será un museo morto, tentaremos facer un consello con máis profesionais e interesados para traballar por recuperar algo do mundo rural. Creo que aínda estamos a tempo”. Nesta nova etapa, Olegario ten claro que non parará, non quere parar! “Antes non había luz eléctrica, dende Quintela de Maceira, a 12 quilómetros de Castro, tiñas que ir dúas horas camiñando para chegar á vila. Medrei nunha etapa que te limitaba moito. Trinta e cinco anos despois tiven a oportunidade de mesturarme e coñecer a moitos intelectuais galegos, xente do mundo da cultura, mesmo da xeración Nós, todo iso dáche un poso. Eu estaba e estou pola cultura! Os políticos onde teñen máis votos é nas cidades, hoxe debe vivir o 10% da poboación nas zonas rurais, se se crearan postos de traballo non se marcharía toda a xente para a fóra. En calquera parte da provincia

Foto: Iván Barreiro

disto, perdemos a memoria da nosa cultura!” de Lugo e de Ourense as aldeas están pechadas, as casas caídas, os montes sen limpar. A rehabilitación é difícil, porque a xente que marchou é maior e non vai volver e os seus fillos xa naceron fóra! Meus pais non tiñan medios, pero logo de pasar do arado romano á luz, aos tractores, á televisión en cor... Seguimos co minifundio, con fincas nas que non se pode traballar! Pensei que a xeración seguinte á miña, con posibilidades de estudar na universidade, ía ter iniciativas para o desenvolvemento do campo, pero nin foi así, nin está sendo e as institucións fan máis polas cidades!” De entre máis de 2.000 pezas que te sitúan antano, Olegario di que as da cociña e da habitación son as que máis gustan, pero tamén os aparellos do fuseiro, do ferreiro, do zapateiro... “Oficios que xa se perderon. Normalmente, un antropólogo fai primeiro o traballo de campo, durante 17 anos, eu fixen todos os traballos do campo, por iso as pezas que temos aquí sonme todas familiares”. Para recuperar a memoria do mundo rural cre que hai que explicarlle aos mozos que nese mundo hai posibilidades: “É mellor estar traballando –se hai medios- en calquera aldea de Galicia, no campo, que estar parados nas grandes urbes, como Barcelona ou Xenebra”. Admite que tampouco se estimulou a xente para facer investimentos no campo. “A xente mercaba pisos na cidade e deixaban caer ás casas da aldea. Danse subvencións por dar. Tanta festa da empanada ou tanto que costa manter a Cidade da Cultura... Con ese diñeiro podíanse recuperar aldeas enteiras!” Laméntao mentres vemos un reclinatorio un pouco máis pequecho que o que me deu a miña avoa María... Nun instante recordo calada: “Levábase a igrexa, porque non había bancos”. O meu ten tapiz. Cando saio do museo, chamo a miña nai para contarlle que lle teño que ensinar un sitio especial: -Mami, tiñan os zocos alí expostos... Interrómpeme -Como os que facía meu avó! -Si, pero temos que apurar, porque a finais de ano xa non estará aquí. O Museo Sotelo Blanco marcha para a Ribeira Sacra... Pero deixa nalgúns santiagueses a memoria do rural galego. Contribuír a NON esquecer será bo, sempre! Aquí ou en Lugo! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

RECLAMA TU CLÁUSULA SUELO Y GASTOS HIPOTECARIOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA Javier Alvarellos Luisa Pazos - Pablo Vizoso t. 981 570 393 – 608 883 589

RECLAMA TU CLÁUSULA SUELO Y GASTOS HIPOTECARIOS

27 |


Pincha | Revista 41

axend a

X SANTIAGO(É)TAPAS DO 2 AO 19 DE NOVEMBRO | PREZO: 2,5  A TAPA

A Asociación Hostelería Compostela e Turismo de Santiago organizan a décima edición do concurso Santiago(é)Tapas. Un total de 70 establecementos da cidade ofrecen as súas propostas miúdas ata o próximo 19 de novembro. O certame divídese en varias (é) Tapas, segundo a ubicación dos bares e restaurantes participantes. O público pode votar polas súas tapas favoritas e conseguir premios completando polo menos unha das rutas nos chamados Tapasportes.

‘12 DOCES DO OUTONO’

CGAC

ATA O 21 DE XANEIRO | PREZO: GRATUÍTO Eduardo Batarda (Coimbra, 1943) é un dos artistas máis recoñecidos de Portugal e ‘Mise en abyme’ a súa primeira exposición individual en España. A mostra reúne un total de 50 pezas e incorpora 30 lenzos da obra chamada Misquoteros – A Selection of T-Shirt Fronts, que inclúe frases que poderían pertencer ao xénero dos lemas de camisetas aos que alude o subtítulo.

| 28 2

SALA CAPITOL

DOMINGOS DE NOVEMBRO

Proposta familiar xa consolidada na rede de centros socioculturais na que se unen as representacións escénicas coa tradición gastronómica desta estación do ano. O programa desenvolverase os domingos de novembro (5, 12, 19 e 26), con tres espectáculos por xornada. Ao remate das representacións, en cada un dos centros haberá unha degustación gastronómica.

Podes consultar as diferentes (é)Tapas en revistapincha.gal

EXPOSICIÓN DE EDUARDO BATARDA

CONCERTO DE NIKKI HILL

REDE DE CENTROS SOCIOCULTURAIS

12 DE NOVEMBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: 23€ (18€ ANTICIPADA)

II EDICIÓN COMPOSTELA ILUSTRADA DO 9 AO 12 DE NOVEMBRO

Clases maxistrais, obradoiros, presentacións, noites gastronómicas, exposicións, e unha ducia de artistas chegados de todo o mundo. Todo iso conforma a programación do II Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada. Entre outros, visitarán a nosa cidade artistas como Munehiro Ikeda, Jorge Arranz, Fernanda Lamelas, Isabell Seidell, Joaquín González Dorao, Mr. Ze ou o asturiano Alfredo, considerado o decano do movemento dos cadernos de viaxe.

50 ANIVERSARIO DO CIFP COMPOSTELA

7, 14, 23 e 28 de NOVEMBRO O Centro Integrado de Formación Profesional Compostela encara a recta final do seu 50 aniversario cos seus catro últimos eventos. O 7 de novembro terá lugar unha ponencia titulada ‘Xeradores de Opinión. Sobrevivindo aos algoritmos’ con Gonzalo Moreno de León, Rafael González e Gastón Richter. O chef Iñaki Bretal ofrecerá un showcooking o día14. Miguel Vila, Carlos Maribona e André Arzúa falarán do Xornalista Gastronómico o día 23. E pechará os actos o chef Pedro Roca cun showcooking o día 28.

CONCERTO DE RAPHAEL PAZO DE CONGRESOS

11 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DESDE 35 €

‘Infinitos Bailes’, o novo traballo de Raphael, supón un importante fito na carreira do recoñecido artista. Unha colección de temas de autores como Dani Martín, Manuel Carrasco, Iván Ferreiro ou Vanesa Martin. Este concerto enmárcase dentro da súa xira ‘Loco por cantar’.

Nikki hill, unha artista que irrompeu con forza na escena musical mundial. Vén desde a cidade de San Luís (Missouri, EE UU) e o seu foi un dos máis rápidos ascensos no negocio do rock, ligada a sons do soul e do rythm and blues. Este concerto enmárcase dentro do ciclo #capitalblues

II FAIRWAY. FORUM DO CAMIÑO DE SANTIAGO PAZO DE CONGRESOS DO 12 AO 14 DE NOVEMBRO | PREZO: ACCESO LIBRE

PREVIA INSCRICIÓN Inclúe relatorios e mesas redondas sectoriais; unha feira profesional na que empresas e institucións poderán amosar os seus recursos e servizos; e un workshop que fornecerá reunións de intercambio comercial con máis de 25 turoperadores internacionais.


Gastronomía & Cultura

must

#CINEUROPA31 DO 7 AO 28 DE NOVEMBRO TEATRO PRINCIPAL, SALÓN TEATRO, MULTICINES COMPOSTELA, NUMAX, SEDE AFUNDACIÓN E CGAC Prezos: • Catálogo: 2 euros • Sección Oficial, Panorama Internacional, Fantastique Compostela, Docs Cineuropa, Latido Americano, Foco Islandia e Cine e Dereitos Humanos: 4 euros (Bono de 10 películas+catálogo= 30 euros) • Maratón Cineuropa: 6 euros • Concerto da Real Filharmonía de Galicia: 12 euros • Retrospectiva Pedro Pinho, ‘Novecento: o século das revolucións’, Cinefilias Cult movies, 10 Sombras recobradas, Redescubrir Claude Sautet, Panorama Audiovisual Galego e Recordos: Entrada libre ata completar aforo • Proxección inaugural e Premios Cineuropa: Entrada de balde previa retirada de invitación A 31ª edición de Cineuropa ocupará as pantallas compostelás do 7 ao 28 de novembro. De novo dirixido por José Luis Losa, o festival proxectará máis de 260 películas procedentes de 50 países diferentes. Delas, 31 serán óperas primas. O 100º aniversario da Revolución de Outubro de 1917 será unha das chaves da programación. O festival propón un ciclo temático que, baixo o título ‘Novecento: o século das revolucións’, reúne unha ampla escolma de filmes capitais para a unha reflexión crítica do devir internacional do século XX.

Por outro lado, haberá unha retrospectiva do lisboeta Pedro Pinho, membro dese crecente grupo de cineastas portugueses que amalgama comodamente hiperrealismo e ficción cun lúcido — e lúdico— obxectivo crítico. Tamén será importante a aposta polo panorama audiovisual galego, con 26 títulos agrupados en 10 programas: curtas galegas, longas, medio-metraxes, documentais reivindicativos de temática social e/ou ambiental, Foco Alberte Pagán e Proxecto Remolque. Ademais dunha sesión a cargo de Cris Lores, quen amosará o seu traballo de posta en valor do xa vello celuloide e a realización de películas manipulando os vellos rolos; e unha sesión especial para a pre-estrea do filme ‘A estación violenta’, de Anxos Fazáns. A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá un concerto especial coas proxeccións de Carmen, de Cecil B. DeMille e A Burlesque on Carmen de Charles Chaplin no Auditorio de Galicia o xoves 9 de novembro ás 20:30 horas. Os premios Cineuropa deste ano serán para os directores Manuel Martín Cuenca e Carla Simón, e o actor Leonardo Sbaraglia.

Estiu 1993

Nelyubov

Sami Blood

The Square

CONSULTA A PROGRAMACIÓN COMPLETA EN REVISTAPINCHA.GAL

29 |


Pincha | Revista& 4Cultura Gastronomía

axend a

axend a do soul, rock´n roll, blues, rhythm&blues, swing e boogie, co patrocinio de Martin Códax e a colaboración de Pousadas de Compostela.

OUTONO, un novo espectáculo no que reúne a parte dos seus fundadores para celebrar o máis difícil aínda, facerse maior.

XAVI SARRIÀ + PIRAT’S SOUND SISTEMA SALA MALATESTA 17 DE NOVEMBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: 11 €

Xavi Sarrià foi alma fundadora do mítico grupo Obrint Pas, un dos pioneiros da escena valenciana actual e un dos máis internacionais da música en catalán. En directo está acompañado por unha gran banda, La vella escola, coa potente mestura de estilos e emocións marca da casa. Pola súa banda, Pirat’s Sound Sistema son o sound system de reggae, ragga e dancehall por antonomasia en Cataluña.

TEXXCOCO + KINGS OF THE BEACH SALA SÓNAR

16 DE NOVEMBRO ÁS 21:30 HORAS | PREZO: 8 € (6 € ANTICIPADA)

Texxcoco é a banda de moda da escena rock independente española. Con menos de dous anos de vida e dúas referencias publicadas, esta banda acaparou os eloxios de todas as publicacións nacionais. Kings of The Beach fan unha mestura de indie rock, garage, punk e surf, viscerales e adictivos temas de rock and roll cargados de enerxía explosiva e contaxiosas melodías.

JOHNNY B. BAD + LAR & FREIRE 17 DE NOVEMBRO ÁS 21:30 HORAS | PREZO:

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO Joan Prohens, ‘Jo Pro’, é un guitarrista, cantante e compositor con máis de 26 anos de experiencia profesional que conta agora cun novo proxecto musical en solitario como ‘OneMan-Band’ (home orquestra) chamado Johnny B. Bad. Actuará na Sala Capitol precedido da orixinal proposta de Julián Freire (voz e guitarras) e LAR Legido (batería e obxectos sonoros), que toma forma como Lar&Freire na súa ‘Folkloor’.

THE SUFFERS + SUGAR DADDY & THE CEREAL KILLERS 18 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 24 € (20 € ANTICIPADA)

O Outono Códax Festival despedirase este ano coa banda revelación actual do panorama internacional do soul, The Suffers, que estarán por primeira vez no noso país. Xusto antes deles, actuarán Sugar Daddy & The Cereal Killers, toda unha locomotora de rhythm&blues que nos seus concertos non esquece o swing nin o boogie woogie.

peza sobre escura relación entre os poderes económico e político, formulando preguntas como: Quen goberna España? En que medida o poder político se subordina ou non ao económico? Quen ten o poder económico? Por que o teñen? Dende cando? Como o conseguiron? Que influencia tivo este poder sobre o político nos sucesivos ciclos da nosa historia recente?

EL PRÍNCIPE Y LA CORISTA AUDITORIO ABANCA

18 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DESDE 13 €

Baseado no texto de Rattigan, herdeiro do sentido do humor e do ritmo de Wilde e Shaw, nesta nova versión do clásico a linguaxe da obra está adaptada ao público do século XXI. Protagonizan a obra Lluvia Rojo e Javivi Gil Valle.

GALICIA MAKER FAIRE CIDADE DA CULTURA

DIRECTO DE TABURETE+NARANJA SALA CAPITOL

30 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 HORAS

Taburete chega a Santiago da man de Vodafone yu Music Shows, precedidos da banda Naranja. Para conseguir invitacións, os Clientes de Vodafone deberán entrar en www.vodafoneyumusicshows. es e rexistrarse co seu número de teléfono. A ninguén se lle escapa que Taburete converteuse nun dos fenómenos musicais do momento. Con tan só dous discos ás súas costas, o grupo liderado por Willy Bárcenas fraguou unha serie de éxitos sen precedentes. O seu pop melódico con toques de rancheira e as súas coidadas melodías entusiasman aos seus fans, que abarrotan un tras outro todos os seus concertos.

24, 25 E 26 DE NOVEMBRO

Maker Faire é a maior feira de inventores do mundo, un escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos e disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía, etc.

A MAXIA DE JORGE BLASS MASACRE. UNHA BREVE HISTORIA DO CAPITALISMO ESPAÑOL OUTONO CÓDAX FESTIVAL SALA CAPITOL Traca final da sétima edición do festival de música negra que trae a Compostela o mellor

| 30

ESPECTÁCULO DE CIRCO: ‘OUTONO’ AUDITORIO DE GALICIA 18 DE NOVEMBRO ÁS 18:30 HORAS | PREZO: 3 €

Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, a emblemática compañía de Novo Circo Galego dá o seu mortal máis arriscado:

TEATRO PRINCIPAL

29 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 14 €

Unha produción de Teatro del Barrio, con texto, dirección e interpretación de Alberto San Juan. Marta Calvó co-protagoniza esta

AUDITORIO ABANCA

1 DE DECEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DESDE 16 €

Un espectáculo sorprendente de Jorge Blass para todos os públicos que encherá de maxia a capital galega. Sentirás en directo a súa maxia máis emocionante e recoñecida. Aparicións, desaparicións, levitacións imposibles e maxia interactiva na que o público é o protagonista. Todo iso envolto nun halo de misterio e unha coidada estética que consegue que volvamos ilusionarnos e a soñar co imposible.

3|


Pincha | Revista 1 Gastronomía & Cultura

axend a

GRAN CONCERTO DE ANINOVO AUDITORIO ABANCA 28 DE DECEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DESDE 25 €

PETER PAN E WENDY TEATRO PRINCIPAL 5 DE DECEMBRO ÁS 18:30 HORAS | PREZO: 7 €

Unha produción da compañía rioxana El Perro Azul para público infantil e familiar. Todos os rapaces medran, menos un: Peter Pan. A nena Wendy deixa a súa casa e marcha voando con Peter Pan e Campaíña ao País de Nunca Xamais, unha illa máxica na que conviven nenos perdidos, fadas e sereaso.

A INTIMIDADE DA IMAXE. ANNA TURBAU. GALICIA 1975–1979 COLEXIO DE FONSECA ATA O 10 DE DECEMBRO

Esta exposición busca no arquivo fotográfico que Anna Turbau realizou entre 1975 e 1979 para presentar unha Galicia distinta a do discurso habitual. Turbau é pioneira na escolla das temáticas, en narrarse no acto de narrar, na independencia como actitude persoal e como linguaxe, nesa operación na corda frouxa que ten como albo construír unha obra pegada ao real.

FRAGMENTADA SALA AGUSTÍN MAGÁN (SANTA MARTA) 14 DE DECEMBRO ÁS 19:00 HORAS | PREZO: 3 € Fragmentada é un espectáculo de teatro físico e trapecio para público adulto, unha produción de PuntoCero, creada, dirixida e interpretada por Zenaida Alcalde Alcalde. Unha mirada fráxil, honesta e cómica que unha muller se fai nun exercizo de autocrítica. Unha fiestra á intimidade da personaxe, que convida ao público a compartir con ela as súas inquedanzas e atender ao sufrimento que motivan as restricións impostas o exterior e o interior.

A Strauss Festival Orchestra chega a produción máis famosa de Europa avalada por 28 anos de éxito e 5 millóns de espectadores en todo o mundo. O programa, inspirado na tradicional cita musical que cada ano se celebra en Viena, inclúe os títulos máis coñecidos do rei do vals, Napoleón, Festa das flores, O vals do emperador ou Champagne. Non faltará o vals máis soado de todos, O Belo Danubio azul, nin a marcha Radetzky que, compasada polas palmas do público, adoita pechar a velada.

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a: redaccion@revistapincha.gal

O QUINTO INVERNO

SALA CAPITOL

TEATRO PRINCIPAL

8 DE DECEMBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: 5 € ANTICIPADA

Integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas como Celso Emilio ou Manuel María ou outros textos tomados dos poemarios de poetas máis novas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra. Presentarán o seu primeiro disco ‘Bailando as rúas’.

|4

CINEMA CRIANZA

CONCERTO DE A BANDA DA LOBA

14 DE DECEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 10 €

Espectáculo de danza de MalPelo, creado e interpretado por María Muñoz e Pep Ramis, que ofrece unha reflexión, marcada por unha expresión poética, sobre o paso do tempo e os límites do propio territorio. O quinto inverno é un poema coreográfico límpido, á vez tenro e potente, construído a partir das palabras do escritor e poeta italiano Erri de Luca. Impresionismo sobrio, depuración xestual e valse entre a gravidade e a alegría.

CASAS DE CULTURA DE MILLADOIRO E BERTAMIRÁNS - AMES 15, 16 E 17 DE DECEMBRO

A Deputación da Coruña apoia, a través da liña de festivais, a realización do primeiro festival internacional de cine infantil ‘Cinema Crianza’. Ofrecerase unha programación coidadosamente escollida e diferenciada por rangos de idade na que haberá lugar para o cinema de animación, ficción e documental. Haberá dúas seccións competitivas de curtametraxes e unha programación fóra de concurso. A temática do festival xirará arredor da viaxe como metáfora para entender a infancia a xeito de etapa de tránsito, desde o que somos cando nacemos ó que nos chegaremos a converter.

Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal

31 |


Pincha | Revista 4

directo rio Bares/Cafeterías Restaurantes Outros

Casas Reais 25 Santiago de Compostela

Praza do Matadoiro 3 Santiago de Compostela

L e M: 12:00 a 00:30 Me e X: 12:00 a 1:30 V e S: 12:00 a 02:30 Domingos Pechado

De L a S de 9:00 a peche Domingos pechado

T. 981 556 344 - quedamosenlaflor.com

T. 881 031 403

Rúa da Caldeirería, 42 Santiago de Compostela

Caldeirería 49 baixo Santiago de Compostela

L a S de 7:30 a 23:00 (V e S a 1:00) D de 9:30 a 22:00

De L a Me e D de 8:00 a 23:00 X a S de 8:00 a 1:00

@Cafe_Serendipia

T. 981 569 290

Rúa Nova 36 Santiago de Compostela T. 981 566 980

Rúa Cardeal Payá 8 Santiago de Compostela

| 32

Rúa de San Pedro 16 Santiago de Compostela

Rúa Sempre en Galiza 1 Santiago de Compostela

De L a S de 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 00:00

De M a D de 10:00 a 00:00

T. 981 577 633 - www.dezaseis.com

T. 981 592 399 www.restauranteferro.com

Av. Rosalía de Castro 60 Milladoiro (Ames)

Avda. da Liberdade 11 Santiago de Compostela

De L a X de 8:00 a 23:00 V de 8:00 a 1:30 D de 9:00 a 23:30

De L a V de 9:00 a 00:30 S de 10:30 a 00:30 e D de 10:30 a 16:30

Instagram: @abarberiacafe

T. 981 813 520 - www.bodeguilladesanroque.com

vinotapeta@gmail.com

De L a D de 9:00 a 00:00

Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela L a V: 06:00 a 00:00 Sáb., Dom. e festivos: 06:00 a 15:00 T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com


Gastronomía & Cultura

Avda. Benito Vigo 70 A Estrada M a X de 9:30 a 00:00 V e S de 9:30 a 1:30 D de 9:30 a 00:00

Virxe da Cerca 7 - Baixo Santiago de Compostela

Rúa da Raiña 4 Santiago de Compostela

De Me a S de 13:00 a 16:00 e de 20:30 a 23:30 Ma e D só mediodía

De 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 1:00

T. 981 562 314 - www.restauranteatafona.es

T. 981 572 257 www.restaurantesanjaime.com

Rúa da Algalia de Abaixo 45 Santiago de Compostela

Praza de Santo Agostiño 7 Santiago de Compostela

Rúa Muiña 2 baixo Santiago de Compostela

De M a S de 12:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:00 D de 13:00 a 16:00

De M a S de 10:00 a 16:00 e 20:00 a 00:00 Domingos só mañá. Luns Pechado

T. 981 070 526 - tabernamamapeixe@gmail.com

T. 981 573 284 - www.asucursal.es

T. 981 571 226 - argentinosburguer.com

mamá peixe taberna mariñeira

Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela

T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com Preguntoiro 35 Santiago de Compostela www.riquela.com

De L a V de 10:30 13:30 e de 17:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00

De L a V de de 9:30 a 00:00 S y D de 11:30 a 00:00 T. 981 577 742 info@muineirorestaurante.com

ALBERGUE HOSTEL

CASTRO Av. Ourense, 24 Palas de Rei Luns a Domingo de 12:00 a 23:00 T. 982 380 321 - alberguecastro.com

Grupo

Crta. N-550, s/n Pazos · Padrón T. 981 811 312 - www.hscala.com facebook.com/hotel.scala

Rúa Mazarelos 4-5 Santiago de Compostela Jueves, viernes y sábados: 22:00 a 05:30 T. 696484123 - sonarcompostela.com

Rúa do Cubelo 27 Santiago de Compostela T. 981 552 352 - pandamoa.com obradoiro@pandamoa.com

33 |


Pincha | Revista 4

paga a pena Probar...

Por Vicky Morales

Pan doce de Espelta e Mazá

Este é un pan húmido, lixeiramente doce, ideal para almonzar ou merendar acompañado dun bo té.

Ingredientes 2 mazás 3 ovos 75 gr. de azucre moreno 400 gr. de fariña de espelta integral 50 gr. de fariña de millo

90 gr. de aceite de oliva suave ou xirasol Un chisco de sal 12 gr. de fermento químico 1 cullerada de mel 1 cullerada de canela moída

Preparación: Prequenta o forno a 180º Nun recipiente grande ou no vaso da batidora verte as mazás peladas e cortadas en anacos, os ovos, o aceite, o mel e o azucre. Bate ata que se mesture ben, quedará como unha papilla. Mestura noutro recipiente os ingredientes secos: as fariñas, o sal, o fermento e a canela, mestura. Mestura as dúas preparacións cunha culler ou nun procesador de alimentos. Cando estea a mestura homoxénea verte nun molde previamente engrasado e enfariñado. Nota: Podes engadir uns pedazos de mazá por enriba antes de introducir o pan no forno. Enforna a 170º durante aproximadamente 40 minutos. ...sigue as propostas de Vicky en talle rd eazuca r.e s Arrefría sobre unha grella.

Contemplar...… os murais de arte urbana composteláns O pasado mes de setembro celebrouse na cidade a II edición do programa Muralismo en Compostela. O obxectivo era rexenerar e recuperar espazos urbanos a través da técnica do graffiti, ao mesmo tempo que se desenvolven hábitos de vida saudables entre a xente máis moza. Como resultado, xa podemos gozar nas nosas rúas de catro novas obras dos artistas Cestola na Cachola, Farid Rueda, Isaac Mahow e Lula Goce. Se queredes saber máis sobre eles, podedes entrar na páxina web compostelacontemporanea.com.

| 34

ler... valerosas 1 e 2. Mujeres que solo hacen lo que ellas quieren (Pénélope Bagieu. Dibbuks. 2017)

Estes dous volumes de banda deseñada retratan as vidas de 30 mulleres “valerosas”. Son breves biografías de mulleres, na súa maioría pouco coñecidas ou directamente ignoradas, que se saíron do guión do que se esperaba delas. Ademais disto, cabe nomear que hai mulleres de todo o mundo, o cal agradecemos, por non estar sempre a fixármonos no eido occidental. Recomendamos tamén as ilustracións e o tono de humor que teñen todas as historias. Podes atopalo na libraría de mulleres Lila de Lilith, na rúa Travesa.

mercar... esta cámara para o frigorífico Cantas veces chegas ao mercado e non recordas se tes leite ou ovos na casa? A solución pode estar nesta cámara para situar dentro do frigorífico. Cada vez que a puerta se abre, toma unha fotografía do contido para mandala ao teu teléfono móbil. Tamén anota a data de caducidade dos alimentos e avisa cando algún produto xa está a piques de caducar. E, ademais, suxire receitas para facer co que tes na neveira! Interesante, non si? Se queres mercar unha, podes facelo a través da páxina web store.smarter.am


www.ivanbarreiro.com



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.