Revista de Gastronomía & Cultura Nº 20 | decembro 2020 - xaneiro 2021
nti o c e Revista de Gastronomía & Cultura Lévam
AO TEATRO!
go
Revista de Gastronomía & Cultura
Revista de Gastronomía & Cultura
Revista de Gastronomía & Cultura
Artistas como Chévere defenden a seguridade nos espectáculos ao vivo
Rebeca Munín Por
ÍNDICE @rebecamunin
ABUR 2020 Imaxino a calquera que lle preguntes como vai despedir este 2020 respondendo o mesmo: “Que lle dean! Que vaia marchando xa! Aínda que a ver que pasa no 2021!”. Xa non nos fiamos. Despois destes meses nos que as nosas vidas mudaron tanto, e de xeito tan inesperado, podemos agardar calquera sorpresa. Os dous sectores dos que falamos habitualmente en Pincha, o gastronómico e o cultural, sufriron e están a sufrir algunhas das peores consecuencias da pandemia da Covid-19. Neste número -que coincide co 20!- poderedes ler como o está a vivir xente que se dedica á hostalaría, á música, á actuación, a programar, a escribir, a pintar, a facer viño... Cada un ou unha coas súas particularidades pero todos con algo en común: non se renden.
04 10 14
reportaxe | Teatro galego na era Covid
de bares con Jessi | Un bar é un negocio esencial entrevista | Laura Romero e as premiadas
16 18 22 25 26 28 32 35
‘Músicas Galegas ilustradas'
de libros con Ruth | ‘Carrusel’ de Berta Dávila entre músicas | Susana Seivane #apapar | Benedita Elisa a gorida do artista | Vicente Prego crusat & costas | O ano no que perdemos o sorriso axenda | guía de compras e ocio | ultramarinos | Guía de Nadal de Pincha
Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal
Se hai que aguantar a máscara, aguántase. Se hai que actuar ante plateas medio baleiras, actúase. Se hai que adaptarse a non usar as barras ou servir cafés para levar, adáptanse. Se hai que protestar porque os apoios para soportar esta situación non son suficientes, protéstase.
Deseño e maquetación: Alberto Seoane RSM Comunicación | rsmcomunicacion.com
E se tanta xente fai tanto esforzo por saír adiante, nós, os que imos de bares, vemos obras de teatro ou concertos ou saímos de compras, o mínimo que podemos facer é ser responsables. Principalmente por saúde e, segundo, porque se cae un, caemos todos.
Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com
Feliz 2021 aos lectores e lectoras de Pincha! Nós, con que sigades aí, xa estamos máis que contentos.
Publicidade e Redacción: Jéssica Pintor e Ruth Ríos publicidade@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal
Colaboran neste número: Xiana Lastra, @JuanEAT_o, Inés Silvalde, Marisa Calderón, José Crusat e Lorena Costas. Deseño de portada: Pedro Leis
www.re vis ta p in ch a . g a l
BAVF Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización.
Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.
Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017 ONDE ATOPAR PINCHA
Pincha | N 20
|3|
reportaxe
AO VIVO E SEN
| 4 | Pincha | N 20
Rebeca Munín Por
N CONTAXIOS
@rebecamunin
A compañía de axitación teatral Chévere e o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, defenden a continuidade da programación escénica xa que os teatros e auditorios son lugares moi seguros Patricia de Lorenzo, XRon e Miguel de Lira conforman o núcleo artístico estable de Chévere. Foto: Iván Barreiro
Pincha | N 19
|5|
reportaxe
Fran Núñez cumpre un ano dirixindo o CDG. Foto: Iván Barreiro
| 6 | Pincha | N 20
reportaxe
Ao
peche
desta
edición
de
Pincha non se tiña detectado ningún gromo de contaxio no
desenvolvemento de espectáculos ao vivo en Galicia, mais os teatros e outros espazos podían operar con só o 33% de capacidade. E iso xa é unha boa nova tendo en conta que en lugares como Santiago viñamos de estar durante un mes con públicos dun máximo de 30 persoas. As restricións derivadas da pandemia da Covid-19 están a supor a suspensión de moitos eventos e o peche de moitos teatros. Por iso desde Escena Galega (Asocia-
“Os concellos deberían seguir apostando pola actividade escénica. Non hai nada máis controlado que o acceso a un teatro”
ción Galega de Empresas de Artes Escénicas) lanzaron, co apoio da FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) a campaña #NonNosCanceles, para o mantemento da programación escénica. “A cultura non
apoio ao tecido escénico”, explica. Acolleron resi-
pode parar porque non nace dun día para outro. Se
dencias, a gravación dos Premios María Casares,
deixamos de crear pasarán anos ata que volva ao nivel
o aniversario de Teatro do Atlántico, o centenario
no que estabamos. Cada cancelación fai efecto conta-
do Salón Teatro, coproducións, festivais como o
xio”, opina ao respecto o director do Centro Dramático
de Cineuropa... e deron os primeiros pasos para
Galego (CDG), Fran Núñez.
lanzar non unha, senón tres producións propias: ‘O charco de Ulises’, recreación da Odisea de
Cando se incorporou ao cargo na unidade teatral da
Homero dirixida por Marián Bañobre e Santiago
Xunta de Galicia, en xaneiro de 2020, as cousas eran
Cortegoso que se estreará o 14 de xaneiro en
ben diferentes. O 12 de marzo, data na que por mor
Compostela; ‘Terceiro acto’, unha homenaxe aos
do confinamento pecharon a súa sede, o Salón Teatro,
nosos veteráns da escena, a cargo de Andrea Ji-
xa visitara sesenta concellos, viaxara a Barcelona e Ma-
ménez e Noemí Rodríguez; e ‘Serva me, servabo
drid, estaba armada unha xira e todo lanzado para ter
te’, unha proposta en clave máis contemporánea
a primeira produción. “Chegou a pandemia e desde o
e de hibridación de linguaxes, con dirección de
día seguinte comezamos a traballar no urxente e no
Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta.
importante. O urxente era conseguir liquidez para as coproducións que tiñamos en marcha. Xente que fixera
Fran -que é actor, director de escena, fundador
un investimento. Fixemos un esforzo a nivel de xestión
das compañías Limiar Teatro e Teatro del Hereje,
e xurídico moi importante. E conseguimos que recibi-
doutor en Economía Aplicada pola USC e licen-
sen esa achega económica días despois da data en que
ciado en Publicidade e Relacións Públicas- sinala
en teoría tería que terse celebrado a función. Paralela-
que é moi importante que o sector non transmi-
mente puxémonos a atender o importante que era pla-
ta nunca medo “porque iso paraliza”. “Para ir ao
nificar unha temporada dentro da incerteza absoluta.
teatro hai un protocolo que se estableceu hai
Ata finais de abril fixemos seis plans só para recolocar
centos de anos. Ti vas, colles a túa entrada, en-
datas. A partir de aí aprendemos a esperar”, conta.
tras ordenadamente, buscas a túa butaca, sentas, estás calado, marchas educadamente... A isto só
En verán por fin puideron poñer de novo en marcha a
hai que sumarlle colocar unha máscara e botar
maquinaria. “A idea nestes meses foi converter o CDG
un xel hidroalcohólico na porta. Evidentemente
nunha especie de hub, de punto de encontro, de in-
é un espazo seguro? Si. Moi seguro? Moitísimo.
tercambio. O que fixemos foi recibir propostas e dar
Levamos centos de anos adestrando. Non tivePincha | N 20
|7|
reportaxe
mos que inventar nada”, sostén. E especial, porque nas actuacións ao vivo “ti estás alí, co artista e a xente que está ao teu redor, e cada espectáculo vai ser diferente. Iso é fantástico”.
“Convertemos o CDG nun punto de encontro para dar apoio ao tecido escénico”
Na corda frouxa e sen rede
ma corda frouxa e sen rede”, afirma. Chévere
tivo
a
sorte de poder recolocar no calendario
practi-
camente
todas
as
funcións
da
compañía que se suspenderon durante o confinamento. “Aínda que temos esa incerteza de ter
Despois de máis de 30 anos de traballo ao lombo e in-
que chamar no último momento para ver como
numerables premios (entre eles, o Nacional de Teatro
están as cousas”, admite Patricia, quen lamenta,
en 2014), a compañía de axitación teatral Chévere re-
iso si, as cancelacións que tiveron que soportar
coñece que nestes tempos a sensación enriba do esce-
moitos outros compañeiros e compañeiras. “Iso
nario é distinta. “Recordo o momento da primeira vez
é o que non está xustificado. Non hai ningunha
que vin ao público con aquela máscara posta. Obvia-
decisión do ámbito sanitario que diga que hai
mente hai algo aí que corta esa comunicación, pero xa
que suspender o teatro. Os concellos deberían
nos imos afacendo. No aplauso é onde se regula todo”,
seguir apostando pola actividade escénica. Creo
sinala Patricia de Lorenzo, unha das súas fundadoras.
que non debe haber nada máis controlado que o acceso a un teatro. O protocolo de entrada e
Ela protagoniza, xunto con Miguel de Lira, ‘Curva Espa-
saída dos espectadores é impresionante”, asegu-
ña’, unha obra dirixida por XRon coa que continúan en
ra. “Nós chegamos a ver cláusulas en contratos
xira e que trata sobre un crime aparentemente sen re-
que dicían que se se suspendía o espectáculo por
solver no Verín de 1927. Unha historia que dá para falar
causa da Covid-19, ningunha das partes recibiría
da España Baleirada, das consecuencias da Lei Morda-
nada. Unha cláusula que non asinamos, por su-
za sobre a liberdade de expresión, da unidade nacional
posto. Cando viaxas hai unha serie de gastos, tes
ou de como a xente constrúe narrativas alternativas á
que pernoctar... É dicir, ten que haber unha pro-
historia oficial. “É un espectáculo con varias capas. Xo-
tección ás compañías. Estamos moi desprotexi-
gamos moito co que se chama a ‘alternativa infernal’,
dos”, engade.
que vén sendo como que che poñen dúas alternativas: Guatemala e Guatepeor. E ti tes que elixir unha cando
Nese sentido, o pasado mes de outubro, oito aso-
realmente hai outras moitas que non se exploran por
ciacións profesionais vinculadas ás artes escéni-
diversas razóns”, explica De Lira. E con este comentario
cas, aos festivais de cinema, á música e á xestión
eu non podo evitar pensar en canto ten que ver co que
cultural emitiron un comunicado no que, tendo
estamos a vivir nesta pandemia. “Si, dalgún xeito é así.
en conta a grave situación de parálise que está
Esta realidade nova é un espectáculo estraño. Como se
vivindo o sector cultural -un sector que emprega a
estiveras facendo unha peza experimental onde non
30.000 persoas e achega case o 3% do PIB galego-
sabes moi ben que vai pasar. Estamos todos na mes-
solicitaban á Xunta de Galicia a adopción de dis-
| 8 | Pincha | N 20
reportaxe
Chévere, sen residencia en Compostela tintas medidas. Entre elas, a declaración da cultura como ben de primeira necesidade e fixar un único criterio claro e inequívoco de capacidade de espazos que non dea lugar a malinterpretacións. Tamén solicitaban a todas as Administracións Públicas que manteñan firme o seu compromiso coa cultura este ano e o vindeiro, coas partidas orzamentarias asignadas e respectando os compromisos adquiridos; ademais da inclusión nos contratos dunha cláusula para solicitar o abono dos gastos nos que se tivera incorrido en caso de cancelación
Chévere creou en Santiago a Nave de Servizos Artísticos-Sala Nasa en 1992, un espazo cultural independente, ocupándose da dirección artística ata o seu peche a finais de 2011, precipitado pola persecución do goberno local do PP. Despois, entre 2012 e 2019, desenvolveu un proxecto de residencia teatral en Teo. E hoxe en día? Poderían regresar a Compostela? Tristemente a resposta é non. “Houbo un intento que pensamos que si se levaría a cabo, pero non foi posible de ningunha das maneiras e pola nosa parte isto xa está un pouco abandonado. Se cadra se estiveramos noutro lugar, alguén apostaría politicamente por unha compañía coma a nosa e polo beneficio que pode dar a unha cidade. En Chévere si que nos sentimos recoñecidos, pero certo é que notamos esa falta de impulso e decisión que non vemos en ningún lado. Aceptémolo. É así. É onde vivimos”, afirma Patricia de Lorenzo.
pola pandemia da Covid-19. A finais de novembro, durante a celebración da feira Culturgal, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presentou unha campaña centrada no fomento do consumo por parte da cidadanía. Tamén asegurou que os orzamentos de 2021 inclúen un incremento de fondos do 27,4% para a industria cultural. Sexa con axudas, ou sen elas, cos apoios necesarios ou tendo que reclamalos... o único claro é que en 2021 aqueles que se dedican a traballar enriba dun escenario seguirán loitando por sacar os seus proxectos adiante, por entreternos, por vivir. E nós, como público, debemos responderlles acudindo a velos e sendo responsables no xeito de facelo. Porque como dixo De Lira durante a nosa conversa: “Poder desfrutar de espectáculos en directo é fundamental para a cabeciña nestes tempos que corren”.
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Si que contan cunha pequena sede na nosa cidade, na Rúa da Queimada, onde teñen a súa oficina, todo o material e vestiario que leva con eles desde a época da Nasa e un espazo para ensaiar. “Nós aspiramos a poder ter un teatro canto máis tempo posible, mellor. Temos que ir a Madrid para facer a tempada dos espectáculos! Podíamos estar un mes en cartel aquí e non hai onde facelo. Iso é o noso soño. Xa non digo un mes, pero polo menos catro funcións en cidades como A Coruña ou Vigo”, reclama. No 2021 continuarán coas súas obras, coas súas audioguías para realizar visitas e paseos ficcionados por vilas e espazos naturais, e sacarán adiante unha nova produción que é probable que teña que ver coa nosa ‘nova normalidade’. “O teatro que facemos pretendemos que cumpra esa función de contar o que pasa. É a nosa aportación á sociedade. Desde o escenario non nos imos dedicar a ensinar pero si que podemos cuestionar, facernos preguntas colectivas. É unha arma moi potente para cambiar sensibilidades, mentalidades e ver todo doutro xeito. A pandemia evidentemente é algo que nos está afectando moito, a nós, ás persoas que nos rodean... Tamén nos gusta o exercicio de mirar atrás e falar diso desde hoxe. E por aí estamos empezando a pensar na seguinte produción”.
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 20
|9|
De bares con Jessi
Non vos deixedes enganar: Un bar ĂŠ un negocio esencial!
ManifestaciĂłn de hostaleiros celebrada en novembro en Santiago. Foto: IvĂĄn Barreiro
| 10 | Pincha | N 20
Jéssica Pintor Por
@jpintorybarran
“Esenciais son todas as actividades, cando hai traballadores e familias que dependen delas” Podería encher esta reportaxe con cifras. Canto supoñen os bares para o produto interior bruto, cales son as cifras de emprego que xera o turismo, cantos millóns de perdas van nos hoteis, cantos negocios de restauración van pechar e canta xente rozará ou pasará directamente á pobreza... Pero voulle poñer nomes: O meu primo Gonzalo -do Conga 7- confesa que hai que facer números para comer, menos mal por ter familia e parella que botan unha man. Mikel -da Reixa- di preocupado que xa pouco máis haberá que esperar a que os desafiúcen os caseiros, porque as rendas e os impostos hai que seguilos pagando. Gonzalo -de Argentinos Burguer- botou en falta aos provedores, comerciais, influentes gastronómicos e clientes da hostalería na manifestación, porque é cousa de todos! Pili –do bar Manolo- quéixase de que cando non é a burocracia é o medo e cando non... E de paso dixo que me botaba de menos. José -de La bodeguilla de Santa Martaxa nos desexou feliz Nadal polas redes, contando de non poder abrir. A última vez que vin a Greta –do Agarimo- case nos botamos a chorar coa pena de ver as rúas baleiras. Que xa case tomar un café, semella que traficas con heroína. Sara –do hotel Rúa Villar- aínda non entende como pode haber establecementos abertos. “Como se manteñen!?”, cuestiona. Podo seguir. Todos temos exemplos.
O
s bares, restaurantes, hoteis, pubs, tascas, garitos, afteragüers, karaokes e discoteques tamén son negocios esenciais. E os seus son traballadores, moi esenciais! “Esenciais son todas as actividades, cando hai traballadores e familias que dependen delas”, espeta Jesús Peón, da cafetería Polígono. “Ter un local pechado e seguir pagando os impostos é ser non esencial? Pois que me expliquen quen decide como, que e quen é esencial e quen non. Entón non deberíamos pagar impostos, non? Que lle pregunten á xente que tivemos que despedir, á xente que está no paro… Que lle digan que non son esenciais, a eles e aos seus fillos! Todos ocupamos un lugar. Todos somos esenciais”. A realidade é que os políticos só contan números, as leis só ven cifras, o sistema non analiza casos e ninguén pensa nas persoas. “Xente que ben de traballar facendo 100 ou 200 quilómetros e non se lle da de comer?! Hai 8.000 persoas traballando no Polígono do Tambre e onde están os servizos mínimos para esa xente. Onde se cambian? Onde almorzan? Non poden tomar un café! Non teñen onde parar… Un sector que se considerou moi importante na primeira ola, que foron os camioneiros... Agora que pasa? Non lle damos un prato quente? Non teñen onde comer. Non teñen onde asearse. Non teñen onde descansar! Hai moitos que traballan toda a noite. Toda a noite!! E a onde chegan pola mañá? Onde se cambian?? Teñen que coller o café e marchar para fóra, a tomalo na rúa. Baixo a choiva!! Onde hai espazos habilitados para a xente? Haberá un 20% de xente que estea en oficinas, pero o res-
Pincha | N 20
| 11 |
de bares con jessi
to están nas naves!”... -E non hai bares, Suso! E non hai bares. Remato con tristeza a súa realidade e a de todos (cando realizamos esta reportaxe a hostalaría compostelá só tiña permitido traballar co servizo para levar). “É todo moi inxusto. A xustiza tamén nos desampara, co toque de queda xuridicamente non temos nada que alegar os que tivemos que pechar negocios da noite. É todo unha cuestión política. E as comparacións son odiosas e se miramos as estatísticas en proporción de afectados polo COVID-19 e cantidade de habitantes... E as medidas que non son iguais para todos... Porque non se aplica aos centros comerciais, pero si as discotecas! Os políticos toman decisións sen criterios. En que se basean? Non é pola saúde, nin sequera! E as leis en ningún caso pensan nas persoas. E digo máis, non se trata de que nos dean axudas. Trátase de que se nos deixe traballar!! Temos que comer!! Axudas agora... E dende marzo, que?! Merecemos respecto. Que teñan reunións periódicas con nós. Merecemos información”, reclama.
medo. Fatal. A xente séntese sucia. Vixiada. Aquí no Polígono teñen que vir polo café e andar escapados. Teñen que botar o azucre dentro do capó do coche, xa logo parecemos delincuentes. Parece unha ditadura!”. Tanto para os que non poden abrir os bares, como para os que non podemos ir a eles! Porque son comerciais, camioneiros, traballadores da construción, repartidores... pero os que vivimos sós, os que non teñen familia, os que están lonxe da súa casa... Por que non temos ese dereito esencial de ir ao bar?!
“Non se trata de que nos dean axudas. Trátase de que se nos deixe traballar!”
Pero ademais do endebedamento, Suso fala dalgo moi importante. “E o dano psicolóxico? Unha multa págala, unha subvención devólvela. Pero un problema de saúde non se soluciona dun día para outro e co risco de que pode traer secuelas a curto prazo. Porque a xente está desesperada, ten moitísimo
Para todas as administracións, os políticos(as), expertos(as) e toda esa xente que pensa que os hoteis, restaurantes, bares, pubs, tascas, garitos e discotecas non son esenciais... Eu pregunto: E cando moitos deses negocios pechen definitivamente e moitos acabemos sen traballo... Quen vai pagar aos médicos para curar o coronavirus? Ou calquera outra cousa, ollo!!
Non está demais recordar que cada persoa non esencial da hostalería; cada local de restauración non esencial; cada hotel, pensión e albergue non esencial; cada pub e sala de festas non esencial; os chiringuitos das verbenas non esenciais: están cheos de persoas esenciais, que fan un traballo esencial e que contribúen esencialmente ao ben común e a que moitírmos comamos! Un político non me vai dicir a min, que os meus amigos Sara, Pili, Mikel, José, Gonzalo meu primo e Gonzalo o da Estrada, Greta ou Suso non son esenciais! Porque todos eles contribúen e cotizan, pero ademais prestan un servizo esencial, tamén para o benestar mental. Non vos esquezades que a moitos o único que lles queda ao final do día, son os bares! Así que como non me deixan ir a eles, escribo deles. Porque que non vos enganen: OS BARES SON NEGOCIOS ESENCIAIS! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Recollendo cafés para levar no Café Bar Polígono, no Polígono do Tambre, en Santiago. Foto: Iván Barreiro
| 12 | Pincha | N 20
A CORUÑA PROVINCIA A CORUÑA PROVINCIA
956 956 KM KM DE COSTA E UN CAMIÑO INFINITO DAN PARA MOITO MOITA OUTONO AVENTURA Rías Altas: Ferrolterra Rías Altas: A Coruña e As Mariñas Costa da Morte Terras de Santiago Rías Baixas: Ría de Muros e Noia Rías Baixas: Ría de Arousa Norte
turismo.dacoruna.gal
Pincha | N 20
| 13 |
entrevista
Laura Romero e as premiadas ‘Músicas Galegas Ilustradas’ A sétima edición dos Premios Martín Códax, organizados pola Asociación Músicas ao Vivo, reafirmou a forza das mulleres na música galega, resultando premiados proxectos como o de Guadi Galego, Carla Green & The Demons, Silvia Penide ou Najla Shami.
O
galardón na categoría de comunicación tamén tivo un
compañeiras... Este ano, por mor da pandemia, houbo gala pero
marcado carácter feminino. Laura Romero recolleu a
sen levar acompañantes, con máscara...
xa famosa estatuiña Melómana por ‘Músicas Galegas
Ilustradas’, un proxecto pioneiro no que converxen música, ilus-
Como xurde a idea de ‘Músicas Galegas Ilustradas’?
tración, investigación, cultura galega e feminismo. Así, mediante
O proxecto nace no 2017, un ano despois de que eu entrase
unha longa serie de ilustracións (máis de 200 retratos en 160
como baixista en Zënzar. É unha banda que ten 32 anos, que se
ilustracións en total actualmente), Romero pon o foco semanal-
creou nunha época na que o 99% dos integrantes das bandas
mente nunha música (ou varias) tanto nas redes sociais coma na
eran homes, e cando entro eu, foi un pouco raro. Entón empe-
web. Ademais, no 2019 publicou, ao seu abeiro, o libro ‘Ferreñas
cei a preguntarme por que non atopaba apenas compañeiras
& Rock and Roll’ no que se outorga protagonismo a 31 mulleres
nos festivais. As poucas que atopaba era cantantes. Había moi
e bandas femininas do século XX.
poucas instrumentistas. E como son ilustradora, pensei en debuxalas para dalas a coñecer e crear referentes para as rapazas.
Despois de ser finalista en outras dúas ocasións, por fin recibes o Martín Códax da Música. Que supón para ti gañar
Por que dirías que hai menos mulleres instrumentistas?
este premio?
Creo que é pola historia que arrastramos e pola falta de refe-
Por unha parte, estou moi contenta porque ‘Músicas Galegas Ilustradas’ é un proxecto relativamente novo, pero por outra, a
rentes. Hai 30 anos, nos 90, non era para nada habitual ver unha banda de mulleres. E iso foi antonte.
gala de entrega foi moi distinta. O que mola dela é poder levar
Si que é verdade que cada vez hai máis músicas en Galicia,
xente contigo, tomar uns viños despois, falar cos compañeiros e
pero seguen sendo moitas menos que homes. Entendo que
| 14 | Pincha | N 20
Rebeca Munín Por
@rebecamunin
“Empecei a preguntarme por que non atopaba apenas compañeiras nos festivais”
para os programadores é complicado conseguir a paridade, pero tamén é verdade que ás veces hai moito deixamento. Hai exemplos de festivais no 2019 onde non houbo ningunha música. Cero.
Como che está afectando profesionalmente a pandemia da Covid-19? Sei que hai xente que o está pasando moito peor, porque eu polo menos podo facer os traballos de ilustración na miña casa. En canto á música, tamén colaboro con Pako-
No teu caso tiñas algún referente ou por que acabas na música?
las nalgúns dos seus espectáculos infantís e iso aínda vai tirando algo. De rock apenas hai nada. Pasa tamén co punk,
Eu con 15 anos non tiña internet na casa. Os meus referen-
que están un pouco esquecidos. É verdade que piden estar
tes directos eran os que podía ver de cerca. Era moi festivaleira
de pé e cos novos protocolos o público ten que estar sen-
e un referente podería ter sido unha muller que tocara o baixo,
tado, pero non se pode deixar de programar eses estilos
a guitarra ou a batería nun concerto. Pero non lembro que hou-
por iso.
bera practicamente ningunha instrumentista. Estudiei Belas Artes porque sempre quixen dedicarme a algo
Con este panorama, como se presenta para ti o 2021?
relacionado co debuxo. A música era un hobby, pero cando en-
Non son de facer moitos plans. Continuarei coas ‘Músicas
trei en Zënzar abriume portas para facer cousas como libros-dis-
Galegas Ilustradas’, teremos espectáculo novo con Zënzar...
cos. A música e a ilustración foron entretecéndose entre elas. E
e teño un proxecto para un novo libro pero aínda está todo
agora a inmensa maioría de traballos que fago como ilustradora
moi no aire. Non me cansarei de dicir que a cultura é segura
teñen que ver coa música.
e que as músicas cumprimos con todas as medidas.
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 20
| 15 |
De libros con Ruth
Berta Dávila “A casa resignificouse para todo o mundo”
C
oa súa xuventude, Berta Dávila ten unha ampla traxectoria de premios. Vén de gañar por segunda vez o Premio
Narrativa Breve de Repsol por ‘Illa Decepción’. A
como lectora aliméntame os relatos sobre o que significa a figura da nai. Neste libro quixen incluír dous personaxes, dous momentos de perda e de experiencias de choque frontal entre expectativa e realidade. É a razón dese dobre espello que hai aí.
súa anterior novela, a poética e intimista ‘Carrusel’, recibiu o Premio García Barros e o Premio da Crítica Española en Galego en 2019. Sen embargo, toda cara ten a súa cruz, e a de Berta é atravesares unha longa crise creativa que nos conta en ‘Carrusel’, transida pola perda.
‘Carrusel’ naceu despois dunha crise creativa. Como se supera? Dentro da propia narrativa do libro, a protagonista fala dunha etapa na que non é moi capaz de escribir e que ten un certo paralelismo cunha etapa máis ou menos longa na que eu como autora estaba en silencio, buscando que quería contar e como quería facelo. Non sei ata que punto é obvio, pero as etapas nas que escribir se volve complicado se solucionan escribindo. Esa é a historia do libro, escribir para alumear ese oco da escritura. Dis que precisabas facer unha novela para os que se foron... O final do libro trata de entender as claves dos asuntos da novela, trata de explicar o que se vén de ler. Fala desa dobre explicación cando relata a historia dos que se foron e dos ocos en branco, do que deixamos atrás. O final trata de encapsular todas as cuestións que se trataron antes, enfoca o tema da perda, que é un tema relevante no libro. Falando de perdas, hai dúas nais co paralelismo de que perden aos seus fillos. Eu creo que o tema da nai se trata desde ópticas que están moi fóra da experiencia da nai. A min
| 16 | Pincha | N 20
Con ‘Illa Decepción’ é a segunda vez que gañas o Premio de Narrativa Breve Repsol, como te sentes? Os premios significan cousas diferentes dependendo do momento no que chegan e os libros que acompañan, pero sempre son unha alegría grande. Neste caso significa a conclusión dunha etapa de escrita intensa e moi próxima no tempo, que remata coa publicación do libro poucos meses despois de rematado, algo que non sempre é habitual pero que neste caso para min é moi grato, porque aínda me sinto moi vencellada a ‘Illa Decepción’. Que quixeches contar? É un libro que se escribe a si mesmo, en certa maneira. Eu rematara de escribir máis ou menos en decembro do ano pasado unha novela que falaba do tema das casas que deixamos, dos lugares que habitamos e dos cambios, tamén dos azares e dos encontros entre individuos, e de como condicionan non só a deriva das nosas vidas senón o seu significado. De súpeto, mentres trataba de corrixir esa novela, a cuestión das casas, de permanecer na casa, da casa como símbolo de protección e tamén como o contrario, resignificouse para todo o mundo, daquela a novela incorporou o proceso de corrección, as capas simbólicas que o tempo me ofrecía inevitablemente. Que destacas dela? Para min foi retador asumir que o libro se organizase como un díptico, como unha novela que se
Ruth Ríos Por
“Sería fantástico poder asexar detrás da lectura privada dos demais sobre os libros que unha escribe”
@ruthriosfernandez
Berta, en A ReixaMatrioska, tenda compostelá na que realizamos esta entrevista. Foto: Iván Barreiro
abre en dúas, e ao mesmo tempo que o plano da estrutura era así, que o discurso fose, non obstante, un fío continuo. Tamén teño moita curiosidade por saber que opinan das sorpresas ou dos xiros que a trama propón nalgún momento. Sería fantástico poder asexar detrás da lectura privada dos demais sobre os libros que unha escribe. Que balance fas deste 2020 tan difícil e como ves 2021? Para min tivo momentos tan complicados como para os demais que foi aceptar que as cousas que tiñas en plan se viñesen abaixo e logo tamén tivo momentos moi chulos -non só recibir premios- senón que tivo unha etapa moi longa na que traballei moi ben e na que fun sacando proxectos nos que levaba tempo querendo traballar. Intento quedarme coas cousas boas e coa sensación de que hai que ir improvisando e refacerse a medida que a situación muda. En 2021 estou á expectativa do que nos deparará este contexto da COVID. Para o vindeiro ano sae ‘Carrusel’ traducido ao castelán. En xeral, sen poder facer moita previsión, pero intentando traballar, facer o que se poida. Pincha
Carrusel Editorial: Galaxia Autora: Berta Dávila Idioma: Galego Data Publicación: 2019 Páxinas: 121
#DELIBROSCONRUTH CONTINÚA NA NOSA WEB!
Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 20
| 17 |
entre músicas Susana Seivane é das nosas gaiteiras máis internacionais. Foto: Ramón Yoshimura
| 18 | Pincha | N 20
Xiana Lastra Por
@xiana_lastra
‘Dende o meu balcón’ de Susana Seivane un berro de ánimo ante a covid
A
simple vista pode chamar a atención que un dos nosos instrumentos máis tradicionais
Recibiches moito feedback da xente?
poida ser ao mesmo tempo dos máis trans-
Impresionante. As redes revolucionáronse cos vídeos do
gresores a todos os niveis. A capacidade emo-
balcón, algúns teñen máis de 600.000 reproducións e máis
cional e de adaptación a outros tipos de música da gaita
de 5.000 compartidas. Colapsábanseme as redes, centos
é indiscutible e isto sábeo ben Susana Seivane, unha das
de mensaxes privadas e públicas de agradecemento, de
nosas gaiteiras máis internacionais que con dez anos daba
morriña, de sentimento, centos de historias moi tristes e
concertos por todo o país e con 25 (2001) era unha das
outras moi bonitas. Caía dentro da naturalidade que estas
cinco finalistas dos Indie Awards, os premios que cada ano
mensaxes fosen de xente galega espallada polo mundo,
outorga a Asociación de Música Independente dos Estados
como así foi tamén, pero o feedback foi impresionante
Unidos (AFIM), na categoría de mellor artista de Músicas
dende moitos puntos do planeta, xente que non tiña nada
Contemporáneas do Mundo.
que ver con Galicia, e que estaba profundamente emocionada polo que estabamos facendo cada día e polo son
Susana acaba de presentar o seu sétimo disco, ‘Dende o
da gaita, que lles remexía por dentro dunha maneira que
meu balcón’, onde recolle os temas que tocou durante os
non lograban entender moi ben pero que os conectou coa
días de confinamento desde o balcón da súa casa de Pra-
nosa música tradicional coma se de un frechazo amoroso
vio (Cambre).
se tratase.
Que foi o que te impulsou a saír ao balcón e tocar cada noite unha peza? A necesidade de axudar a xente que o estaba pasando moi
E por que decidiches converter esa experiencia nun disco? Non che chamaron tola por presentar algo nesta época? ;)
mal, tanto na súa casa coma loitando en primeira liña contra
He he, xa sabes que eu son algo toliña e, cando se me mete
o virus. Era o noso aplauso musical aos sanitarios, aos lim-
algo na cabeza, dáme un pouco igual o que me digan ;-)
padores de hospitais, aos caixeiros, un berro de ánimo para
Pero o certo é que todo foi dunha maneira moi natural.
os meus veciños que era o público “físico” que nos vía cada
Os Seivaneiros e Seivaneiras facían as súas peticións para
día, e un berro de esperanza para todos os que nos seguían
seren tocadas no balcón e ían pasando as semanas e em-
polas redes. Foi a mellor maneira que se me ocorreu para
pezaron a pedir este disco, un soporte no que quedase
poñer un pouco de alegría ao que estabamos a vivir, poñer
reflectido e para a historia este momento vivido e esta cita
o meu grao de area para que a xente estivese mellor. Axu-
musical que tiñamos todos ás 20h. E así o quixen facer eu
dar en todo o que eu puidese dende a miña casa.
tamén.
Pincha | N 20
| 19 |
entre músicas
Neste disco volves ás túas orixes, ao máis tradicional. Como escolliches o repertorio?
tradicionais onde cantamos todos xuntos, e é unha parén-
Realmente este disco hai moitos anos que tiña ganas de
liaridade co noso público. En calquera caso, quen queira o
facelo, creo que tería que ter sido o meu primeiro disco,
disco, pode conseguilo en formato físico a través da miña
alá polo 99, onde a música folk estaba nun gran boom, a
páxina web susanaseivane.net ou en formato dixital en tó-
min gustábame moito e tirei por aí; pero aos 13/14 anos
dalas plataformas.
tese preciosa no espectáculo cheo de proximidade e fami-
eu gravara unha maqueta co querido Santiago Caneiro na que estaban moitos destes temas porque era o repertorio que eu manexaba dende pequena, esas pezas que todo gaiteiro ou gaiteira ten que saber, grandes clásicos moi coñecidos para o gran público e grandes xoias do noso amplo e riquísimo patrimonio musical, mais descoñecidas para a maioría da xente.
Son moitos/as os/as artistas que din que durante o confinamento tiveron que facer aínda máis esforzo do habitual para manterse activos a través das canles “virtuais”. Ti es unha persoa que sempre estás moi activa en redes, mais notaches tamén a necesidade de ter que manter ese “enganche” constante? Eu no confinamento non traballei tanto
Había días que tocaba eu o que me
na miña vida, sen cobrar un peso, cla-
apetecía, outros tocaba o que os meus
ro, coma todos. Eu levantábame pola
seivaneiros me pedían a través das redes, así que o repertorio do disco foi un traballo conxunto de todos :-) Unha viaxe á miña infancia, a banda sonora da miña vida, repasando repertorios de grandes figuras que tiven a sorte de coñecer como o meu avó, Xosé Manuel Seivane, Ricardo Portela, Moxenas, Muxicas, Herme, ou tamén os gaiteiros de Soutelo, os Lavadores, Campaneiros, o gaiteiro de Montrove, ou máis contemporáneos coma Xan Xove, Marcos Castro, Treixadura, etc. É unha viaxe marabillosa polo noso pa-
“Saía ao balcón a tocar cada noite para poñer un pouco de alegría ao que estabamos a vivir”
mañá, duchábame, vestíame, peiteábame, maquillábame e fartábame de facer durante todo o día o que fai unha nai: estar cos seus fillos, facer os deberes, lavadoras, pasar o ferro, comidas, merendas, duchas, ceas, etc. E como artista, entrevistas, skypes, videoclips, actuacións solidarias que me pedían, contido nas miñas redes eu soa ou en familia da nosa vida cotiá ou profesional, a saída ao balcón todos os días durante 55 xornadas… foi realmente esgotador pero necesario facelo, non por manter un enganche, senón porque sabía que
trimonio musical galego de norte a sur
estaba axudando a moita xente que o
e de leste a oeste.
necesitaba e sentía ese compromiso.
Tes previsto facer algún acto, aínda que sexa virtual, para presentalo oficialmente?
Como estás vivindo persoalmente esta situación coa covid. A suspensión de concertos, o illamento social…?
En principio non. Este é un disco especial ata para iso. Nos
Mal, lévoo bastante mal. Creo que psicoloxicamente esta-
concertos que estamos facendo con formación reducida
nos minando moito a todos e profesionalmente o único
estamos indo con formación tradicional e aproveitamos
que pedimos é que nos deixen traballar, que mentres haxa
para facer os temas do disco do balcón. Cando imos toda
avións, metros, buses, cheos, non entendemos por que se-
a banda, facemos o noso espectáculo que é máis roquei-
guen as salas pechadas. Non entendemos incongruencias
ro e con moita fusión de estilos que me gustan como o
coma estas e sabemos o esforzo que supón facer un con-
funk, etc., pero aínda con esta formación, facemos unha
certo no que se están cumprindo todas as medidas sani-
paréntese para achegarnos máis á xente e sacar o bom-
tarias de P a PA, capacidades restrinxidas, un público máis
bo tradicional e o tambor, baixamos co público (agora coa
que modélico... a xente NECESITA isto e nós tamén porque
distancia pertinente) e facemos uns minutos con temas
é o pan que traemos á casa. En eventos culturais levamos un caso infectado, con iso demóstrase que a cultura é segura e seguiremos loitando para que nos deixen traballar,
| 20 | Pincha | N 20
que é o único que queremos facer. A Constitución recolle a
ha maneira directa ou indirecta nos dedicamos á musica.
cultura como ben esencial, non se está cumprindo ese ar-
Non valoramos o que temos, non nos valoran mellor dito,
tigo, claro que a Constitución parece que está á convenien-
a política non entende de cultura; é máis, parece que ás
cia dos que a fan ou dos que queren que a cumpramos.
veces ata molesta, molesta pensar diferente, molesta pensar. Nunca gustou a xente pensadora que che fai mirar as
Falando de traballo... como ves o panorama musical en Galicia con esta situación? Caerán moitos grupos como caeron na crise do 2008, des-
cousas doutra maneira, que che fai ver que as cousas doutra maneira estarían mellor feitas. E aí seguiremos na loita os que quedemos.
graciadamente. O talento é enorme, botamos por fóra que facendo cousas realmente espectaculares e cunha calida-
Agora que xa estamos preto do 2021... que lle pedirías ao novo ano?
de e un gusto indiscutibles pero como xa antes da covid
Que volvamos ao que tiñamos antes pero coas cousas me-
“só” eramos músicos, moitos pensan que é simplemente o
llor feitas. Aínda coa aprendizaxe que está supoñendo este
noso “hobbie” e non pensan que é a nosa profesión, pois
pesadelo, do malo tamén se sacan moitas cousas boas das
agora con todo isto mal camiño levamos. Agora afloran
que nos damos conta nestas situacións pouco favorables
os problemas e os dereitos que tantos anos levamos de-
e críticas. Pídolle ao 2021 que me ensine primeiro o trailer
mandando: que se nos respecte como sector importante
;-) E agora en serio, pídolle que acabe este pesadelo. Res-
que somos, que se respecte a todas as familias que dun-
pecto, dereitos e responsabilidade política.
diría a nosa amiga Guadi. Hai grupos e grupos que están
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Seivane, no balcón da súa casa. Foto: Ramón Yoshimura
Pincha | N 20
| 21 |
#apapar
TOSTA DE ARROZ AO CURRY E HUMMOS DE GARAVANZOS CON POLBO NO BENEDITA ELISA
Foto: Iván Barreiro
No restaurante Benedita Elisa combinan tradición e modernidade con produtos da comarca e innovadoras técnicas. Recendos que sexan capaces de levarte á túa infancia ou ao futuro. Situado na Praza do Matadoiro, en Compostela, o local está nas mans do galego Carlos Insua e do catalán Jordi López, que despois de traballar en lugares como Barcelona, Lisboa, Marbella ou Xapón, escolleron Santiago hai pouco máis dun ano para montar o seu primeiro negocio. E fixéronno homenaxeando ás súas avoas, que dan nome á súa aventura gastronómica.
| 22 | Pincha | N 20
Cunha carta na que atoparedes propostas que raramente poderedes probar noutros locais da cidade, Carlos e Jordi mesturan os sabores do Atlántico e do Mediterráneo e procuran coidar en cada prato ata o máis mínimo detalle. Tamén cos viños, buscando que a copa encaixe á perfección co menú. Como mostra da súa cociña, tendes os dous pratos que probou o noso @JuanEAT_o e dos que vos fala a continuación: a tosta de arroz ao curry con berberechos, mango e iogur (que na carta aparece con dúas unidades) e o hummus de garavanzos con polbo, papeira e encurtidos.
@JuanEAT_o, no Benedita Elisa. Foto: Iván Barreiro
Aínda que nestes tempos de pandemia da Covid-19 temos a mala sorte de non poder gozar tanto coma antes dos nosos bares e restaurantes, un servidor intenta seguir facendo o que mellor se lle dá e saír a papar ou pedir para levar en todos os locais composteláns que podo – que temos moitos e de moita calidade! Para este último número de Pincha no ano 2020, quixen probar un pequeno recuncho, pero moi moi acolledor: o restaurante Benedita Elisa, na Praza do Matadoiro. Eu que son orixinario do barrio e coñecía o local de antes, podo dicirvos que a reforma é incrible. Con dúas plantas, a cociña á vista nada máis entrar e unha coidada decoración, paga a pena pasar a visitalo. Pero imos ao lío. Desta volta tiven a sorte de probar dous pratos. Dúas delicias para o padal que non deixarán a ninguén que os tome indiferente.
Comecei pola tosta de arroz ao curry con berberechos, mango e iogur. A verdade é que estaba exquisita. A tosta estaba crocante e a combinación destes ingredientes facían unha mestura na boca moi saborosa. Doce e salgado nun só bocado. Como entrante é máis que recomendable. E falemos do segundo: hummus de garavanzos con polbo, papeira e encurtidos. Lendo o seu nome pensaredes que non casa o tema, pois dígovos que si. E ademais, moi ben. Estaba de vicio! A textura do hummus estaba no seu punto, fantástica, e o resultado da mestura de todos estes produtos ademais de sorprender, pareceravos que non pola imaxe, pero enche! Incluso diría que se pode pedir para compartir. Se aínda non o fixestes anímosvos a coñecer este proxecto gastronómico de Carlos Insua e Jordi López no Barrio de San Pedro. E facédeo con máscara e coidándovos moito. Non vaia ser que pechen á hostalaría outra vez!
Datos
Lugar: Praza do Matadoiro, 1
Santiago de Compostela Prato: Tosta de arroz ao curry con berberechos, mango e iogur e hummus de garavanzos con polbo, papeira e encurtidos Prezo: 3,50 € e 13 €
Valoración:
Por @JuanEAT_o @JuanEAT_o Pincha | N 20
| 23 |
“Non importa só o que comes, senón onde e como”
H
@rebecamunin
que estudar non sabía moi ben que facer e ao final optei polo que me gustaba facer na casa. Estudando no Centro Superior de Hostelería de Galicia foi onde coñecín a Jordi. J.: Eu estudiei tamén Empresariais. Cando me preguntan por que acabei na hostalaría conto que a min encantaríame facer figuriñas de plastilina coas miñas mans pero como ninguén vai comprarmas, busquei un oficio no que poder traballar coas miñas mans e que o puidera vender moi fácilmente.
ai pouco máis dun ano, o galego Carlos Insua e o cata-
lán Jordi López decidiron abrir un restaurante en Compostela. Un local no que fusionan os sabores das súas terras de orixe e ao que quixeron dar o nome das súas respectivas avoas: Benedita e Elisa.
Ademais do que probou @JuanEAT_o, que outros pratos recomendariades para coñecer o Benedita Elisa? Jordi: O steak tartar de solombo é o prato estrela para moitos clientes. Din que é dos mellores que probaron. E o canelón de carrilleira de porco con bechamel de coco, mango e cogomelos é un dos máis representativos tamén.
Rebeca Munín
Carlos e Jordi de Benedita Elisa:
Por
#apapar
Jordi e Carlos no Benedita Elisa. Foto: Iván Barreiro
En que vos inspirastes para elaborar a carta? J.: Primeiro miramos todos os produtos que tiñamos ao alcance, xa foran atlánticos ou mediterráneos, e intentamos facer combinacións das dúas zonas, creando pratos que tiveran elementos compartidos.
Por que quixestes homenaxear ás vosas avoas no nome do local? Carlos: Porque os sabores de cociña tradicionais, o que nos gusta realmente e co que desfrutabamos de nenos era coas cociñas das nosas avoas.
Aprendestes a cociñar con elas? C.: A min sempre me gustou cociñar. Pasaba os veráns en casa da miña avoa e cando me aburría de ir á praia, quedaba con ela e cociñabamos. Cando tiña que decidir
En que se nota a influencia das vosas avoas?
J.: En que a maioría dos pratos que facemos teñen base tradicional, con produtos que comemos de nenos: cordeiro, bacoriño, rabo de touro, canelóns... pero elaborados e presentados dunha forma máis moderna.
A presentación do prato é algo ao que lle dades moita importancia, non si? J.: Sí, é moi importante. Na decoración do local tamén coidamos moito os detalles. C.: Quixemos coidar moito a atmosfera. Non é só o que comes, senón onde comes, en que prato... Con menos mesas pero cunha atención personalizada. J: Tes que entrar, escoitar a música, ver as luces, tocar a madeira, o mármore... C.: Tamén quixemos poñer a cociña á vista, que se vexa pola ventá. Así transmitimos confianza. O cliente chega e Pincha é o primeiro que ve. Non hai nada que esconder. Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
| 24 | Pincha | N 20
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
a gorida do artista
Vicente Prego “A pintura é unha amante esixente que espera todo de un”
@oscatrogatos
Por Inés Silvalde e Marisa Calderón
“É unha adicción, é un proceso custoso, ás veces doloroso”
Hoxe
imos visitar a un gran pintor, Vicente
recoñecida en España.
Prego, que nos recibe na súa gorida
Os estudos de pintura Prego non rematan na Mestre Mateo.
de Os Tilos en Compostela.
Licénciase en BBAA en Pontevedra e segue con éxito a súa
Xa empeza a anoitecer, e con esa luz do crepúsculo este
traxectoria pictórica.
lugar parece máxico. Repleto de aparellos de pintura,
Para Vicente a arte é un nutrinte de vida, como el di, “unha
aprecio unha orde-desorde que pouco a pouco, e mentres
cuestión de tripas”, ligada á súa existencia como respirar ou
conversamos con el, vaise asemellando á súa personalidade.
comer.
Sen un ápice de divismo, cun falar fluído e próximo, cóntanos
Gústame moito cando define a arte como unha amante moi
a súa experiencia plástica, que é extensa e de todo xeito
esixente, que reclama atención e dedicación constante.
interesante.
Traballa
Confésanos que é un pintor tardío, as súas primeiras obras
permítelle facer esas texturas tan elaboradas, esas
dátanse nos oitenta, cando Vicente andaba por Madrid,
atmosferas tan súas, con eses ocres, terras, azuis e grises
traballando e vivindo a “movida” madrileña en todo o seu
con todos os matices imaxinables.
esplendor. Non cabe dúbida que aqueles anos de explosión
O proceso creativo é para el un proceso senón doloroso, si
cultural engaiolou a este rapaz e espertou nel a súa vea
custoso. Traballa buscando no azar aquelo que transmite o
artística.
que quere expresar.
Daquela xa tiña estudado na Escola Mestre Máteo, onde
Nas obra de Prego atopamos una amizade íntima entre
cursou o grao de Decoración, o que hoxe chamamos Deseño
a figuración e a mancha, neses paisaxes únicos e sempre
de Interiores, e aprendeu sobre debuxo e pintura.
recoñecibles como seus.
Trasladouse á capital nun momento de necesidade vital
Adentrarse no mundo de Vicente precisa introspección,
por descubrir cousas e lugares novos que ampliaran o seu
unha contemplación delicada para oír o son do tempo, a
horizonte. E así comezou a historia da pintura de Prego.
pegada do seu transcurso sobre todo o que nos rodea.
Cando regresou a Santiago, expuxo a obra no “Modus
Moitísimas grazas a este artista galego que nos recibiu na
Vivendi”, mítico pub de Compostela, e máis adiante na
súa gorida e ocupou o seu tempo en atendernos.
prestixiosa Galería Trinta, coa que participou en varias
Vicente Prego, gran artista plástico cunha sensibilidade
edicións de ARCO, a feira de Arte Contemporánea máis
exquisita.
habitualmente
sobre
madeira.
Este
soporte
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 20
| 25 |
crusat & costas
Foto: Iván Barreiro
LORENA COSTAS
O ANO QUE PERDEMOS O SORRISO
Vaia
co 2020, non si??? Creo que ninguén de nós, que nos consideramos “medianamente novos” acordará un ano máis raro ca este e, sobre todo, tan malo en tantos aspectos vitais. Deixando a un lado as cuestións más graves asociadas a esta pandemia como a saúde, existen outros danos colaterais que dificilmente superaremos en anos, e que condicionarán o noso modo de ver o mundo no que vivimos. E entre eles está o xeito de gozar do noso tempo libre e os nosos hábitos de consumo. E, como non, a nós tócanos falar do viño; eu persoalmente falarei do meu punto de vista como consumidora de viño e meu colega Crusat falará desde
| 26 | Pincha | N 20
o punto de vista de aquel que fai viño (e que tamén o consume, claro está). O sector do viño sufriu coma nunca este ano: pecharon bares e restaurantes, principal fonte de ingresos para as adegas. As viñotecas, aínda que abertas por ser consideradas actividade esencial, viron diminuída a súa capacidade de venta por non ter clientes (restauración pechada, xente confinada na casa) e moitas optaron por pechar igualmente. Outras optaron pola venta por internet con servizo de entrega a domicilio. Os supermercados transformáronse nos principais subministradores de viño para a poboación en xeral, que tal vez non valora tanto a calidade do viño coma a súa accesibilidade. E aquí é onde xoga un factor tremendamente importante a co-
municación e posta en valor do produto artesán, do elaborador de viño que fai do seu traballo a súa paixón, dos viños únicos e irrepetibles de cada zona, coa súa climatoloxía e chan que os fan diferentes. Esa labor que, pechada a restauración, se perde en grande medida. Mais non todo está perdido! Nos momentos máis duros do confinamento, raro era o día no que non había máis de cinco ou seis Directos en Instagram de adegueiros e persoas do mundo do viño falando das súas elaboracións, tratando de que non perderamos nunca ese fío vermello que nos une aos que gozamos tanto dunha copa de viño. Tocounos tamén pedir o viño por Internet e deixar de pousar a copa na barra... é duro perder esa sensación de manter unha conversa agradable ao redor desa copa, pero non quedou outra que adaptarse. E ao sector do viño, inevitablemente, vaille tocar adaptarse, facer emprego das redes sociais para darse a coñecer, facer catas virtuais, usar internet para vender os seus viños... O que nunca debemos permitir ningún de nós é que este 2020 nos borre definitivamente o sorriso, aínda que levemos cubrebocas! Brindemos sempre, polos anos mellores que virán, polo bo viño e a boa xente e, como non, polos bares!! Na miña copa hoxe, un Treixadura Baixo Velo do mestre José Luís Mateo, un viño de Norte, con alma de Sur, por aquelo de unir todo o que me toca o corazón. Saúde!
JOSÉ CRUSAT
MALO SERÁ
Este
2020 non é que sexa malo, de momento é peor. E se hai un gremio fundamentalmente afectado é o hostaleiro, que tivo que facer un grande sacrificio para controlar a situación que temos. Non falo da primeira das “clausuras” porque nesa vímonos metidos todos, senón nesta segunda na que foi sinalado non sei se coma culpable pero mínimo coma prescindible.
Por
Jose Crusat
Lorena Costas Por
“Brindemos sempre, polos anos mellores que virán, polo bo viño e a boa xente e, como non, polos bares”
@lorena_costas
@choumimx
Pero tralos bares e restaurantes, tamén outros sectores relacionados están a sufrir as consecuencias do peche. Co peche da hostalaría, péchase tamén o principal canal de venda dos distribuidores de viño, eses que fan de intermediarios necesarios entre os bares e as adegas. E as adegas tamén perden a principal saída do seu produto, e hai que reinventarse a través do almacenaxe, novos canles de comercialización, venda directa o cliente final, venda online, saír ao estranxeiro, aínda que seica por aí fóra tamén o están a pasar mal. Incluso houbo quen tivo que baixar prezos aínda que isto sexa un lastre de cara o futuro porque para baixar non hai fallo, pero despois para subires... Finalmente tamén esta o viticultor. As adegas que non venden, non poden librar (baleirar) os depósitos e facer sitio para a próxima colleita. E entón, a quen se lle vende a uva? Como vedes a cousa foi ben mala costa abaixo nesta cadea dende o viticultor ata o cliente final, vós, os consumidores. E aí foi onde xurdiu a maxia, e a partir de onde volverá a hostalaría e a vida ás nosas cidades. Vós non vos esqueciches, mercastes nesas novas canles, fixestes que as tendas puideran sobrevivir, que os distribuidores aínda estean aí, que as adegas puideran mercar a uva do viticultor. E agora para rematar soamente vos pido que cando os restaurantes e bares volvan a abrir, que pidamos unha garrafiña de viño e pensemos que con ela estaremos a axudar a moita xentiña que vive disto. E volveremos a partillar cos amigos e veciños, e a dar vida ás nosas rúas. Que malo será! E se hai que pedir unha garrafa de viño, veña bótalle tamén un “chuletón” de vaca do país, para acompañar a ese Traste de Adegas Aristegui de A Rúa. Pincha
“Incluso houbo quen tivo que baixar prezos aínda que isto sexa un lastre de cara o futuro”
Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 20
| 27 |
axenda
A MALFALADA CASA DAS CRECHAS 17 DE DECEMBRO ÁS 21:00 HORAS
Concerto de rock-country a cargo de Pauliña. A Malfalada basease en temas do seu novo traballo. Enrriba das táboas, acompañando a Pauliña, catro músicos cunha longa traxectoria e moitos quilómetros percorridos ao longo de máis de 20 anos de tocar por todo o mundo. Pauliña demostra nos seus concertos ao vivo que ten carisma, foza, carraxe, e moitas, moitas ganas de que o público desfrute cas suas cancións tanto como ela mesma.
NOITES ALTERNAS 17 E 18 DE DECEMBRO
Noites Alternas é unha iniciativa de lecer nocturno alternativo da Concellería de Mocidade destinada á mocidade que ten como obxectivos establecer relacións persoais saudables e construtivas, apoiar a prevención de hábitos de consumo de alcol e drogas e xerar dinámicas críticas, participativas e creativas que poidan reverte en beneficios da xuventude e da sociedade en xeral. Inscricións en itaca.gal TEATRO - 17 DE DECEMBRO ÁS 21:00H NO CENTRO XOVE DA ALMÁCIGA ”De cando o destino e os fados nos deixaron mal encamiñados”, con Medievándalos. Facer o camiño de Santiago sempre tivo as súas cousas. Agora vénsenos enriba outro ano santo. Menos mal que estamos nós aquí para ensinar ás vosas mercedes os mellores trucos. Medievándalos: aconsellando peregrinos dende 1275.
CONCERTOS EN LIÑA DE EMILIO RÚA E UGIA PEDREIRA 17 E 18 DE DECEMBRO ÁS 20:00 HORAS
Os concertos, que se celebrarán no Teatro Colón de A Coruña para un público reducido polas restricións da Covid-19, poderanse seguir a través da canle de youtube da Deputación da Coruña. O día 17 Emilio Rúa amosará dun xeito intimista con guitarra e piano parte das lendas que compilou durante 20 anos converténdoas en cancións e que se plasmarán nun disco no 2021. E o 18, Ugia Pedreira presentará ‘A Pedreira’, un espectáculo no que, guitarra en man, pasa por múltiples mesturas sonoras, desde unha dama vintage do blues da galeguidade á cantautora de numen folk americano, ou latinoamericano, unha rapeira trad ou unha sofisticada pandereiteira galega con reminiscencias africanas.
OBRADOIRO DE CREACIÓN FEMINISTA - 17 DE DECEMBRO DESDE AS 20:30H EN ITACA ”Fiandeiras”, con 7H Cooperativa. A través da transferencia de fotografía en tea e o seu bordado creativo, aproveitaremos o poder dos círculos de creación e a unión do fío para reflexionar sobre a sororidade, a autoestima, a igualdade entre homes e mulleres e a creación de conciencia feminista. OBRADOIRO DE COCIÑA CROMÁTICA - 18 DE DECEMBRO ÁS 20:30H NAS BRAÑAS DE ANDRÉS ”Negro”, con Tareixa Martínez. Só vale negro! Unha exquisita negrura cociñeira para a que botaremos man de ingredientes como as olivas negras, a tinta de calamar, os feixóns negros, o cacao, o allo negro ou o café. GRANDE XOGO - 18 DE DECEMBRO ÁS 20:30H EN ITACA “A herdanza da tía Itaca”, coa Asociación Itaca. Celebrarase unha gran velada na casa da tía Itaca: son moitas as riquezas que leva acumulando durante anos de éxito e quere convidar as súas persoas máis queridas a unha cea de Nadal de infarto. Nesta cea anunciará algo moi importante: a persoa que herdará a súa fortuna. Non dubides en asistir, pois podes ser ti a persoa elixida!
OUTONO CÓDAX FESTIVAL DON BOSCO, RESTAURANTE PIMPAN E A REIXA-MATRIOSKA ATA O 18 DE DECEMBRO
O Outono Códax Festival despídese coas últimas datas para visitar a exposición da ilustradora Rebeca Losada en A Reixa-Matrioska e unha cata de viño comentada con maridaxe o xoves 17 de decembro ás 20:00 horas no restaurante Pimpan. A última cita con música en directo do festival galego de música negra será o 18 de decembro co espectacular trío de voces negras The Sey Sisters, que actuarán no marco do IX Mercado da Estrela na pista cuberta do Centro Don Bosco desde as 19:00 horas. As reivindicativas irmás de ascendencia ghanesa nacidas en Cataluña, ofrecerán ritmos que van do góspel á música africana, pasando polo soul. Os seus cantos están impregnados de emoción e inspirados pola loita contra as inxustizas, a defensa dos dereitos humanos e a esperanza no futuro. O concerto estará dispoñible en liña despois de celebrarse.
OBRADOIROS DE COCIÑA DOSPASOS
18 E 20 DE DECEMBRO
A sala Dospasos, en Bertamiráns, organiza varios obradoiros en Nadal. O venres 18 de decembro terán un taller de cociña saúdable cun obradoiro moi interesante de iniciación á comida macrobiótica. No Obradoiro Xuntos do domingo día 20 de decembro darán forma e decorarán unhas divertidas árbores de Nadal con galletas de manteiga. Máis info en dospasos.org
MERCADO DA ESTRELA MOSTEIRO E IGREXA DE SAN MARTIÑO PINARIO DO 18 AO 20 DE DECEMBRO
UXÍA CON SÉRGIO TANNUS TEATRO PRINCIPAL 18 DE DECEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 10 €
O lume é símbolo de renovación, e Uxía e Sérgio Tannus queren acendelo no seu espectáculo ‘Lume novo de Nadal’ a través dos seus cantos tradicionais de Nadal para que nos axuden a coller novos folgos e revivir a alegría coa que se vivía este tempo antigamente nas nosas aldeas.
Case un centenar de expositores de artesanía, moda, ilustración, xoguetes, fotografía, deseño, decoración, viños, produtos gastronómicos, últimas tendencias e moito máis nun mercado contemporáneo que amplía a súa oferta cun atractivo programa de concertos de pop-rock, indie, música tradicional, electrónica, sesións picadiscos e obradoiros, deseñado para gozar cumprindo con todos os protocolos de prevención, hixiene, seguridade e aforos. Consulta o programa completo en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural
continúa na páxina 30 |2
Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural
| 28 | Pincha | N 19
must
Gran estrea de ‘3Caminos’ o 22 de xaneiro en Amazon Prime Video A serie difundirá os valores culturais xacobeos co apoio da Xunta de Galicia
A
serie ‘3Caminos’, que relata a vida de cinco amigos unidos polo Camiño de Santiago, estrearase en exclusiva en Amazon Prime Video o próximo 22 de xaneiro. Esta produción é a grande aposta audiovisual da Xunta de Galicia para a promoción do Xacobeo 2021 e dos valores do Camiño de Santiago entre unha audiencia global. Trátase, tamén, da primeira serie transmedia sobre esta temática, promovida pola empresa compostelá Ficción Producciones e que conta cunha subvención de 1.500.000 euros a través dunha convocatoria extraordinaria lanzada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
O Camiño actúa de catalizador e escusa para reunilos en cada unha das épocas nas que nos asomamos ás súas vidas. Acompáñanlles historias cheas de emocións, amizades, coraxe, pero tamén decepcións, medo e perdón. Reflexións sobre a existencia, abordando temas tan complexos como o paso do tempo, o final do amor cando se desgasta e morren os soños, e o medo a envellecer. Dirixida por Norberto López Amado e Iñaki Mercero e protagonizada por Álex González, Verónica Echegui, Cecilia Suárez, Anna Schimrigk, Andrea Bosca e Alberto Jo Le, ‘3 Caminos’ é unha produción de Ficción Producións en colaboración coa Xunta de Galicia, Televisión de Galicia, RTP, Cinemate e Beta Films, que contará con 8 episodios.
‘3Caminos’ é un drama con tinturas de comedia que explora a relación entre cinco amigos de cinco nacionalidades distintas en tres momentos puntuais das súas vidas. O paso do tempo vai desmontando os seus soños, tecendo e destecendo parellas e amizades e transformando a personalidade dos cinco. 2000, 2006 e 2021, tres camiños, tres etapas da vida, moitos problemas, tensións e conflitos do mundo ordinario que se xogan no taboleiro espiritual e material do Camiño de Santiago.
Pincha | N 20
| 29 |
axenda vén da páxina 28
FESTIVAL DO APEGO LAR (LA CASA, EL HOGAR)
DO 18 DE DECEMBRO AO 6 DE XANEIRO
A Cidade da Cultura de Galicia acolle varias actividades para celebrar este Nadal:
27 DE DECEMBRO ÁS 18:00 HORAS | PREZO: DE BALDE
Fuliada na Vila preséntase cunha banda de 11 músicos dirixidos por Richi Casás cun arranxos preciosistas de jazzband sobre as músicas galegas de tradición oral. Con influencias do mundo do jazz e a música de baile Fuliada na Vila achégase o máis valioso que temos: un enorme e rico patrimonio inmaterial musical. E non se esquece da letra. Tomadas da poesía tradicional tráennos a matizada delicadeza do pensar dun pobo; a escoita atenta que fixo a nosa cultura da natureza, os ciclos vitais, o amor e a morte.
CONCERTO DE FEMININOPLURAL
DOUS NO CAMIÑO
OBRA MIÚDA DE ISAAC DÍAZ PARDO
MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS E DE SANTIAGO
26 DE DECEMBRO ÁS 18:00 HORAS
19 DE DECEMBRO ÁS 18:30 HORAS | PREZO: 4 €
CIDADE DA CULTURA DE GALICIA
TEATRO PRINCIPAL
AUDITORIO DE GALICIA A xa tradicional Festa do Apego convértese desta volta en Festival, cun elenco de artistas recoñecidos polo público miúdo que conformarán un espectáculo inédito que amosa a riqueza das creacións en lingua galega para as crianzas. Magín Blanco, Xarope Tulú, Mamá Cabra, Fantoches Baj, Golfiños, Pablísimo, Pakolas, Aldaolado e Pablo Díaz conducidos por Iria Pinheiro e coa presenza ineludible do Apalpador. O espectáculo requerirá de retirada de entrada na semana previa na páxina web compostelacultura. gal para a asistencia presencial, aínda que tamén poderá seguirse ao vivo nas canles de Youtube do Concello e do Departamento de Lingua Galega.
TEATRO PRINCIPAL
NADAL NO GAIÁS
FULIADA NA VILA
Neste espectáculo de danza queren falar da protección e o amor que o noso fogar nos inspira, pero... E se a nosa casa desaparece? Se a destrúen? Se temos que abandonala sen ter outra casa onde ir? Retrasmisión en liña a través da canle de YouTube Compostela Cultura.
GRANDE ÁRBORE DE NADAL INTERACTIVA ‘STELLAE’.
20 DE DECEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 10 €
Poderá visitarse do 18 de decembro ao 6 de xaneiro. Intervención deseñada pola prestixiosa artista visual Marta Verde que consegue que coa lanterna dos vosos móbiles que se prendan luces de cores diferentes e soen notas musicais, segundo o enfoque do voso dispositivo. Deste xeito, ides compor a vosa propia melodía en tempo real! CANTOS DE NADAL. Actuación de Vaamonde e Romero. Museo Centro Gaiás (Andar -1) o 26 de decembro ás 18:00 horas. De balde con retirada de convite en ataquilla.com a mesma semana da actuación. AXÓUXERES E PANXOLIÑAS DE NADAL | Sole Felloza & Ensemble ConcertArt. Museo Centro Gaiás (Andar -1) o 28 de decembro ás 18:00 horas. De balde con retirada de convite en ataquilla.com unha semana antes da actuación. CONCERTO DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONAMuseo Centro Gaiás (Andar -1 ) o 4 de xaneiro ás 18:00 horas. De balde con retirada de convite en ataquilla.com unha semana antes da actuación.
19 DE DECEMBRO ÁS 19:00 HORAS
Concerto dentro do ciclo Museo en familia que o Museo das Peregrinacións e de Santiago propón no último trimestre do ano. O dúo Femininoplural está formado por Silvia Penide (voz) e Carla López (voz e teclado). Mesturan música, poesía e relatos “contados e cantados”. As actividades teñen un aforo limitado, polo que é preciso realizar unha reserva no correo reservas. mdperegrinacions@xunta.gal
MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS E DE SANTIAGO Espectáculo para todos os públicos dentro do ciclo Museo en familia. Dirixida por Avelino González, a partir de textos de Roi Vidal e Xurxo Barcala, e cos cómicos Fran Rei e Isabel Risco á fronte, en ‘Dous no Camiño’ revísanse tres das lendas xacobeas máis populares: a de Roldán, o cabaleiro francés, a da barca de pedra de Muxía e a traslatio do Apóstolo Santiago a Compostela. As actividades teñen un aforo limitado, polo que é preciso realizar unha reserva no correo reservas.mdperegrinacions@xunta.gal.
MUSEO DO POBO GALEGO ATA O 3 DE XANEIRO
Pequena mostra sobre a obra miúda do artista Isaac Díaz Pardo, como homenaxe na conmemoración do seu centenario. A mostra, centrada sobre todo na parte gráfica do artista, inclúe dúas litografías orixinais, así como tamén debuxos e felicitacións de Nadal, folletos de cerámicas do Castro (anos 50) e carteis deseñados para Sargadelos (anos 2000) ou carteis de cego como a historia de “Paco Pixiñas” (1970) ou “O crime de Londres” e “Castelao”, contadas polo cego Zago.
3| | 30 | Pincha | N 20
Pincha | Revista 1
MERCADO DE NADAL CARREIRA DO CONDE E AREA CENTRAL
ATA O 5 DE XANEIRO DE 12:00 A 14:00 E DE 17:00 A 21:30 HORAS
axenda un proxecto con ilustradoras co obxectivo de poñer en valor o papel da muller no mundo da arte. Nesta cuarta edición, a artista seleccionada foi a asturiana Catalina Rodríguez, coa finalidade de levar a cabo un ambicioso proxecto que a levaría a percorrer e debuxar o Kumano Kodo e o Camiño de Inverno. A exposición inclúe as máis de 50 ilustracións que Catalina realizou durante o seu percorrido tanto por Kumano Kodo como polo Camiño de Inverno, xunto a fotografías de Caroline White, pezas de cerámica de Covadonga do Campo e un documental de 12 minutos que resume a esencia do proxecto.
Composteláns/ás e visitantes terán a posibilidade de coñecer as creacións de 70 expositores de decoración propia da época, alimentación gourmet e artesanía (xoias, madeira, cerámica, vidro, coiro, xoguetes, téxtil, regalo orixinal, deseño…). O Mercado estará situado na Carreira do Conde e, desde o día 26 de decembro, poderá visitarse tamén no centro comercial Area Central. O Mercado de Nadal leva aparellada unha completa programación musical que podes consultar en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural
CONCERTO DE REIS DA BANDA MUNICIPAL
O CHARCO DE ULISES
- DÍA DA ILUSTRACIÓN. 30 de xaneiro. Charla e conversa con Siro López, Anabel Colazo, Andrés Magán, Carlos Arrojo e Bea Lema.
ANTÓN PATIÑO. CAOSMOS CGAC ATA O 17 DE XANEIRO
Caosmos é unha aproximación á traxectoria do artista galego Antón Patiño (Monforte de Lemos, Lugo, 1957), centrada nunha escolma de pezas que abrangue distintas etapas do seu labor no eido das artes plásticas, desde a súa participación na fundación de Atlántica (referencia central para a arte galega nas últimas décadas) até a actualidade, pero tamén no ámbito da literatura e o pensamento, como autor de diversos libros de ensaio artístico e teoría da imaxe.
SALÓN TEATRO DO 14 AO 31 DE XANEIRO
O Centro Dramático Galego estrea a produción propia ‘O charco de Ulises’, recreación libre da Odisea de Homero traspasada a un contexto atlántico. Drixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, conta en escena con Fran Paredes, Óscar Allo, Paulo Serantes, Manuel Millán, Santi Prego, Inés Salvado, Mónica Caamaño, Rosalía Castro, Chusa Pérez e Raquel Espada
CARVALHO CALERO. A VOZ PRESENTE AUDITORIO DE GALICIA ATA MARZO | PREZO: DE BALDE
‘Carvalho Calero. A voz presente’ é a nova exposición que podemos ver na sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia. A mostra, producida por Ouvirmos para a Associaçom Galega da Língua (AGAL) e a Xunta de Galicia, percorre a dimensión artística, humana e lingüística do autor e pon en valor a súa figura e o seu legado.
CROMÁTICA
AUDITORIO DE GALICIA
Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:
CENTRO CULTURAL AFUNDACIÓN
6 DE XANEIRO ÁS 12:00 HORAS | PREZO: DE BALDE
ATA MARZO | PREZO: DE BALDE
Casiano Mouriño Maquieira dirixe á Banda Municipal de Música neste concerto especial de Reis no que tocarán pezas de Alfred Reed, Arr. Johan de Meij, Johann Strauss e Johannes Brahms.
MiiC, ou Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, é unha exposición colectiva que reúne un total de 19 proxectos ilustrados a través dos que compoñer unha fotografía do panorama actual na ilustración a nivel mundial. Con gran presenza de mulleres como a galega LaraLars, ou a andaluza María Hesse, ata artistas de talla internacional como Christoph Niemann.
Entrada libre previa retirada de convites a partir do 4 de xaneiro ás 10:00 h na web compostelacultura. gal e no despacho de billetes do Teatro Principal
ACTIVIDADES PARALELAS
CONCERTO DE PABLO MILANÉS AUDITORIO DE GALICIA 16 DE XANEIRO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 24 €
DOUS CAMIÑOS. SANTIAGO - KUMANO MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS E DE SANTIAGO ATA O 10 DE XANEIRO | PREZO: DE BALDE
No marco do Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, cada ano se deseña
|4
Pablo Milanés, un dos principais expoñentes da canción de autor en español chega a Santiago coa súa xira Esencia, un proxecto que, en palabras do propio músico, é un “resumo da esencia da miña obra nun recital”. Milanés ofrecerá cancións emblemáticas da súa obra (O breve espazo, Para vivir, Yolanda, Xa ves, etc.), xunto con outras non tan populares pero que son exemplos da natureza e singularidade deste coñecido trobador.
- OPEN MIIC. 25, 26 e 27 de xaneiro. Encontros informais de público e artistas, onde as e os autores explicarán as pezas que expoñen na MiiC2. Estarán: María Hesse, Helena Pérez García, Luisa Rivera, Malota, Bestiola.
redaccion@revistapincha.gal
- FëLiiC FEIRA DE EDICIÓN E LIBRO ILUSTRADO. 26 de xaneiro de 11.00 a 14.00 e 16.00 a 21.00 horas. Durante o transcurso da xornada haberá charlas e mesas de debate para achegarnos ao traballo de artistas e editoriais, facer unha radiografía da situación actual do sector e indagar nas novas tendencias en canto a contidos. Ademais, poderás mercar as publicacións das autoras e editoriais convidadas.
Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural Pincha | N 20
| 31 |
guía de ocio e compras
SERVIZO A DOMICILIO E TAKE AWAY
Rúa de San Paio de Antealtares, 16 Santiago de Compostela De 10:00 a 22:30 - Luns pechado T. 669 852 768 acarrilana.com
BAR - CAFÉ - RESTAURANTE SALA DE REUNIÓNS
Comida para levar(recollida no local) Rúa de San Pedro, 120 Santiago de Compostela De Me a D de 12:30 a 17:00 e de 19:30 a 22:30 T. 981 589 600 - amaceta.com
COMIDA PARA LEVAR
Avda. de Mestra Victoria Míguez, 44 Vidán - Santiago de Compostela L a V 7:00 a 22:45 | S e D 9:00 a 22:45
T. 981 522 110 - anavedevidan.com info@anavedevidan.com
CAFÉ BAR
MANOLO
ENTREGA A DOMICILIO Avda. Benito Vigo, 70 A Estrada Me a D de 12:30 a 17:00 e de 20:00 a 23:00 T. 981 571 226 - argentinosburguer.com
Praza do Matadoiro, 1 Santiago de Compostela De 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 22:30 Martes e Mércores pechado T. 635 677 229 - beneditaelisa.com instagram.com/benedita_elisa
COMIDA PARA LEVAR Rúa Lugo, 48 Arzúa T. 981 500 214 pensionbarmanolo@gmail.com facebook.com/pensionbarmanolo
RESTAURANTE
CASTRO Cantón de San Bieito 5 Santiago de Compostela
Cafetería - Restaurante - Pastelería Vexetariano - opcións veganas e Sen Glute
De 12:00 a 16:00 e de 19:00 a 23:00
Rúa de San Pedro, 118 Santiago de Compostela
T. 628 177 128 www.vinotecacasapepe.com
T. 981 073 386 instagram.com/clem_cafe
Av. Ourense, 24 Palas de Rei T. 982 380 321 alberguecastro.com
Grupo
Alejandro Pérez Lugín, 11 Santiago de Compostela Me a S de 12:00 - 16:30 e 20:00 - 22:45 D de 12:00 a 16:30 | L e M pechado
T. 881 944 686 -
| 32 | Pincha | N 20
@flamingocompostela
PEDIDOS ONLINE PARA RECOLLER Crta. N-550, s/n Pazos · Padrón T. 981 811 312 - hscala.com facebook.com/hotel.scala
Rúa de San Roque, 13 Santiago de Compostela L a V de 9:00 a 23:00 S e D de 10:30 a 23:00 T. 981 564 379 - labodeguilla.gal
mamá peixe
taberna mariñeira COMIDA PARA RECOLLER Casas Reais, 25 Santiago de Compostela De 10:30 a 22:30
T. 981 573 807 cafeterialasso.gal facebook.com/cafeterialasso
T. 981 556 344
Rúa da Algalia de Arriba 45 Santiago de Compostela De 13:30 a 15:45 e de 20:30 a 22:45 Me e D só mediodía. Luns pechado T. 981 070 526 - mamapeixe.webnode.es
J.A.Brenlla R E S TA U R A N T E O F E R RO
Rúa do Valiño, 2 (San Lázaro) Santiago de Compostela
Comida para levar (recollida en local)
De L a D de 13:15 a 15:45 e de 20:15 a 23:00
Rúa de San Pedro, 16 Santiago de Compostela De L a X de 13:30 a 16:00 V e S: 13:30 a 16:00 - 20:30 a 22:30
T. 981 573 789 - oafiador.com
T. 981 577 633 - dezaseis.com
Rúa da Virxe da Cerca, 20 Santiago de Compostela
Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela
De 13:00 a 22:00
L a V: 05:45 a 22:00 S: 05:45 a 14:00 - D: pechado
T. 626 004 591 info@oxardindejulia.com
T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com
Rúa de Sempre en Galiza, 1 Santiago de Compostela De 11:00 a 00:00 - Sábados pechado T. 981 592 399 restauranteferro@gmail.com restauranteferro.com
Preguntoiro, 35 Santiago de Compostela riquela.com
Rúa da Raíña, 4 - Santiago De 11:00 a 15:30 e de 19:00 a 23:00 T. 981 572 257 restaurantesanjaime.com info@restaurantesanjaime.com
instagram.com/restaurante_san_jaime Pincha | N 20
| 33 |
guía de ocio e compras
Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela
Asesoría Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable Javier Alvarellos Mª del Mar Rodríguez - Pablo Vizoso t. 981 570 393 – 608 883 589
Rúa das Casas Reais, 9 Santiago de Compostela T. 981 115 092 orixegastronomiagalega.com
T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com
De L a V de 10:30 13:30 e de 17:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00
Despois de papar, a estas tendas terás que ir mercar
Rúa do Hórreo, 46 Santiago de Compostela De L a S de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
NOVO SERVIZO ONLINE pandamoa.com/tenda
Rúa das Rodas, 13 Santiago de Compostela
Rúa do Cubelo, 27 Santiago de Compostela
oscatrogatos.com
T. 981 552 352
Revista de Gastronomía & Cultura
Únete a nós!!! publicidade@revistapincha.gal Revista de Gastronomía & Cultura
rsmcomunicacion.com T. 682 410 689 - info@seispes.com www.seispes.com
Revista de Gastronomía & Cultura
| 34 | Pincha | N 20
O
PINCHA PUBLICA UNHA GUÍA DE COMPRAS PARA ESTE NADAL
pasado 1 de decembro saíu á luz unha Guía de Compras da nosa revista. Elaborada nun cómodo formato ‘libriño’, nela atoparás agasallos para estas Festas de Nadal diferentes, únicos, con calidade… Pezas de artesanía galega, tendas de comercio local e produtos gastronómicos de proximidade. O traballo dos nosos veciños e veciñas. Porque non hai nada mellor que unha atención personalizada, coñecer ás persoas polo seu nome e mercar coa confianza de saber que vas acertar seguro. Nestes tempos tan complicados que nos tocou vivir, apoiémonos uns aos outros. Neste Nadal, gastronomía, cultura e #agasallolocal
Podes ver a súa versión online, aquí:
O LIBRO DE LILA DE LILITH Entre donas
P
ublicado por Baía Edicións e con imaxe de portada de Verónica Ramilo, ‘Entre donas’ inclúe relatos
de dez autoras galegas de diferentes xeracións. Libro moi ecléctico e representativo da panorámica actual literaria.
Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.
Pincha | N 20
| 35 |