1 minute read
crónica | Unha viaxe polos viños e queixos avalados por Galicia Calidade
from Revista Pincha 24
Unha viaxe polos viños e queixos avalados por Galicia Calidade
Nas últimas semanas tivemos a sorte de asistir ás catas que organizou Galicia Calidade en Compostela. A primeira tivo lugar na Aula do Mercado de Abastos de Santiago o pasado 29 de xuño. Luis
Advertisement
Paadín dirixiu unha sesión na que, baixo o título de ‘Os viños de Galicia Calidade: unha paisaxe en cada botella’, puidemos probar as propostas da Adega A Coroa,
Adegas Quinta do Buble, Bodegas Nairoa, Bodegas Regina Viarum, Paco & Lola e Bodegas Valtea.
O divulgador comezou a súa exposición explicando a historia vitivinícola galega, que se remonta a máis de 2000 anos. Así mesmo, destacou a gran diversidade de viños coa que contamos, debido ás características propias dos noso clima e solos, realizando un auténtico percorrido visual, olfactivo e gustativo polas DOs da nosa terra.
A continuación, chegou o momento de Salomé Beiroa, que fi xo unha análise sensorial e divulgativa dos queixos avalados por Galicia Calidade e explicou todos os pasos que hai que dar á hora de catar un alimento sólido. A experta repetiu experiencia en dúas ocasións máis, o 30 de xuño e o 9 de xullo, na Bodeguilla de Santa Marta.
Nestas sesións puidemos realizar unha viaxe polas catro DOP galegas (San Simón da Costa, Arzúa-Ulloa, O Cebreiro e Queixo de Tetilla) probando os queixos de varias empresas que contan na actualidade co selo de garantía Galicia Calidade: Quesería Daniberto, Queixería Cas Leiras, Pazo de Anzuxao, Quesos Feijoo, Santo André, Ruta Jacobea e Ferrado Verde.
Gozamos das súas diferentes texturas, olores e sabores, ao mesmo tempo que descubrimos algúns dos seus segredos. Sabías, por exemplo, que comer queixo fainos máis felices? E non o dicimos polo noso estómago. É cousa de ciencia! Xa que os queixos axudan a producir serotonina, a coñecida como hormona da felicidade.
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura