14 minute read

axenda

CAMIÑO BRANCO DE ROSALÍA PADRÓN

MÉRCORES E VENRES DE AGOSTO ÁS 12:00 HORAS | PREZO: GRATIS O grupo teatral Os Quinquilláns realizarán visitas guiadas polo casco histórico de Padrón protagonizadas por Rosalía de Castro e Modesto Brocos, único pintor que a retratou en vida e ten varios debuxos da vila de Padrón realizados arredor do ano 1880. Saída: praza de Fondo de Vila. Prazas limitadas. Reservas en turismo@ padron.gal ou no teléfono 646 593 319.

Advertisement

FEITO A MAN SANTIAGO DE COMPOSTELA

AGOSTO A Asociación Cultural Cidade Vella organiza un ano máis o ciclo de concertos e actuacións ao vivo Feito a Man durante o mes de agosto. Cidade Vella está formada polos locais Camalea, Modus Vivendi, Atlántico, Chocolate, O Pozo, Casa das Crechas, Literarios, A Gramola, Kapital, Borriquita de Belém, Xuntanza, Paraiso Perdido, A Reixa, Embora e Momo... A Rúa.

Podes consultar a programación completa en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural

AMESON O MILLADOIRO E BERTAMIRÁNS

DO 4 DE AGOSTO AO 3 DE SETEMBRO Un total de 13 actuacións musicais compoñen o programa AmesON co que, a Concellaría de Promoción Económica xunto coa de Cultura, xuntan forzas este verán para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. As seguintes actuacións en agosto serán:

MÉRCORES 4 - NEREA & CHOCOLATE

XOVES 5 - FASE FESTA CON PEPO SUEVOS, FÁTIMA PEGO E JOSEP RUIZ DOMINGO 8 - AIRES DE ORINOCO SÁBADO 28 - VIRTUAL PROJET

O AmesOn rematará o 3 de setembro coa actuación da Orquestra París de Noia. Participarán como teleneiros os gañadores da primeira edición do concurso de karaoke Canta con Ames. RUXE RUXE 1996 – 2021: 25 ANOS DE UNIVERSO GRÁFICO ZONA C

DO 4 DE AGOSTO AO 30 DE SETEMBRO | PREZO: DE BALDE Ruxe Ruxe levan 25 anos sen baixar dos escenarios, un cuarto de século facendo rock en galego ininterrompidamente. Son a banda máis lonxeva de Compostela, un dos grupos galegos con máis traxectoria e todo un referente para ducias e ducias de músicos que chegaron despois. Dende a estrea do seu recoñecido logo nos inicios do grupo en 1996 ate os últimos deseños do disco “O estraño falar dun monstro da aldea” (2020), Ruxe Ruxe sempre coidou a imaxe gráfi ca do seu traballo coa complicidade de deseñadores, fotógrafos ou debuxantes que souberon entender á perfección as súas inquedanzas, dotando todo o seu universo dunha riqueza gráfi ca de grande valor. A arte dos seus case 20 traballos discográfi cos, cartelería de infi nidade de concertos, as súas icónicas camisolas, ilustracións, deseños web, videoclips animados, chapas, revistas, esculturas, artesanía, pegatinas e ata tatuaxes recompilados ao longo de 25 anos, forman unha colección que convén revisar e reivindicar pola singularidade artística e o valor contracultural de todo este universo xerado arredor dunha banda.

ATARDECER NO GAIÁS CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

DO 5 AO 27 DE AGOSTO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: 3 € Boa música ao vivo, ao aire libre e ao solpor! Esta é a receita infalible de Atardecer no Gaiás, ciclo que que lle pon banda sonora os solpores dos xoves e venres de xullo e agosto con pop, indie, música de raíz, urbana, trap, rap, reggae, funky, jazz,R&B...

Concertos agosto:

XOVES 5 - SARA ZOZAYA

VERNES 6 - DANIEL LUMBRERAS

XOVES 12 - BABYKATZE

VERNES 13 - FIRMADO, CARLOTA XOVES 19 - ESPIÑO

VERNES 20 - VALDIVIA

XOVES 26 - PEDRO MAFAMA

VERNES 27 - BLANCO PALAMERA

A IDEA PRIMARIA É ESNAQUIZALO A CABEZADAS SALÓN TEATRO

6 DE AGOSTO ÁS 20:00 HORAS Co proxecto A idea primaria é esnaquizalo a cabezadas, a artista María Llanderas tece unha proposta que abraza o espírito inconforme da poeta Xela Arias e o seu pulo por facer da súa obra escrita unha arma viva, trasladando ao corpo e ás artes vivas toda esa linguaxe emocional. O proxecto bebe da vontade de comunicación entre as distintas disciplinas artísticas pola que sempre apostou a autora que este ano recibiu a homenaxe das Letras Galegas.

must

SETEMBRO ARRANCA NO

SALÓN TEATRO CO ESPECTÁCULO ‘SERVA ME, SERVABO TE’

O Cento Dramático Galego sitúa o corpo como elemento central da escena

O9 de setembro chegará ao Salón Teatro Serva me, servabo te, a nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), que visita Compostela despois da súa estrea no Festival de Teatro Galego (Fetega) do Carballiño. Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez son os creadores deste espectáculo que sitúa o corpo como elemento central da escena para falar dos afectos e do colectivo, así como para reivindicalo como materia que nos iguala sen distincións.

Sorprenderá moito o seu escenario, no que se fantasía co derrubamento dun edificio de vinte alturas, e que se presenta como un corpo nu ante a inmensidade. Serva me, servabo te (axúdame e axudareiche, en latín) resalta o corpo, a voz e o espazo como elementos básicos e primixenios da expresión teatral para camiñar cara ao futuro a través dunha catarse escénica que conecta os corpos coa comunidade, coa natureza e coa loita pola supervivencia, explica o director do CDG, Fran Núñez.

Equipo

A peza combina experiencia e xuventude tanto no seu equipo de interpretación coma no artístico. Así, conforman o elenco, no que cómpre sinalar a elevada presenza de actrices e actores formados na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, Belén Bouzas, Olga Cameselle, Bal Castro, Raquel Crespo, María Llanderas, Diego M. Buceta, Fran Martínez e Cris Vilariño. Canto á parte artística, a creadora escénica Avelina Pérez é a asistente de dirección. Pola súa banda, Carmen Triñanes asume a iluminación e a videocreación, así como a escenografía de xeito compartido con Laura Iturralde. O vestiario asínao o actor e deseñador Xoel Álvarez e o espazo sonoro, Xabier Bértolo. Finalmente, Roberta Ferrara e Xandre Vázquez fanse cargo da asistencia de coreografía e de produción, respectivamente.

Ademais deste proxecto, o CDG, unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, xa avanzou as que serán as novas producións para a vindeira temporada. Trátase dunha adaptación teatral de A peste, de Albert Camus, dirixida por Cándido Pazó, e de Ás 8 da tarde cando morren as nais, baixo a dirección de Marta Pazos a partir da dramaturxia de AveLina Pérez.

ONDE? Salón Teatro CANDO? Do 9 ao 26 de setembro

Haberá sesións ás 20:00 horas os xoves, venres e sábados, e ás 18:00 os domingos

ENTRADAS

10 €, con descontos do 40% para diversos colectivos e os domingos, Día do espectador. Á venda en ataquilla.com ou no despacho de billetes dúas horas antes de cada representación.

Esta mostra aberta ao público no Salón Teatro celebrarase despois das tres semanas en residencia combinada que tivo lugar entre a Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego.

LEIRA, DE NOVA GALEGA DE DANZA BERTAMIRÁNS (AMES)

6 DE AGOSTO ÁS 22:O0 HORAS O parque do Ameneiral será o escenario que acolla o espectáculo Leira ás 22:00 horas. O novo traballo de Nova Galega de Danza mestura a danza coa música en directo de Rosa Cedrón para transportarnos á dura beleza dos labores do campo. O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo. A celebración dunha Galicia intemporal e máxica.

O SON DO CAMIÑO. PERSEIDAS MONTE DO GOZO

7 E 8 DE AGOSTO O Son Do Camiño regresa este ano ao Monte do Gozo en forma de ciclo de concertos que sen dúbida servirán para quentar motores para O Son do Camiño 2022.

O ciclo Perseidas despídese cos concertos de Loquillo e Carolina Rubirosa (o 7 de agosto) e Melendi e Luis Fercán (o 8 de agosto).

VERÁN NO GAIÁS CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

ATA O 18 DE AGOSTO | PREZO: DE BALDE A Xunta de Galicia organiza este verán un novo ciclo de actividades para gozar en familia na Cidade da Cultura. A compañía La Fiesta Escénica chegará ao Gaiás o mércores 4 de agosto para nos presentar A formiga Icía e convidar a rapazada a tomar parte nun mundo diminuto de abellóns, arañas, formiguiñas e vagalumes no que aprender sobre a amizado, a lealdade, a tolerancia e a responsabilidade cara aos dereitos das outras persoas. A peza, para meniñas e meniños a partir de tres anos desenvolverase na Planta -1 do Museo Centro Gaiás ás 19:00 horas.

O mércores 11 de agosto o Gaiás vira en parque de xogos tradicionais da man de A eira do Paporrubio. Javier Iglesias Rodríguez proporanos un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria co que coñecermos un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantareiros da nosa fauna. Das 18:00 ás 20:00 horas, desenvolveranse catro quendas de xogos cun aforamento máximo de 25 persoas por quenda. É unha actividade recomendada para nenas e nenos de máis de dous anos de idade.

O Mago Teto pechará o Verán no Gaiás o mércores 18 de agosto con O Camiño do Afi ador, un espectáculo de maxia que xira ao redor dunha roda de afi ar dos anos 30, herdada polo Mago Teto dos seus ancestros. Tras séculos de viaxes, a roda trae canda si milleiros de historias e aventuras doutros tempos que chegan á escena envoltas do bo facer deste grande ilusionista. Esta última función, ideada para un público a partir de sete anos, comezará ás 19:00 horas. COMICAMENTE CIDADE DA CULTURA

29 DE AGOSTO Comicamente é un ciclo de humor impulsado polas empresas Con de tres pés, Etiqueta Negra e Ainé Producións co apoio da Xunta de Galicia para levar o humor a 12 concellos da comunidade desde fi nais de xullo a comezos de setembro. O proxecto está enmarcado na programación do Xacobeo 21-22. O Carballiño, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, Ourense, Mondoñedo, Pontevedra, A Coruña, Santiago, Lugo e Lalín son os concellos que van acoller as actuacións. En Santiago o espectáculo contará cos humoristas David Amor, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán, aos que poderemos ver na Cidade da Cultura.

A TRASLATIO PADRÓN

VENRES DE SETEMBRO ÁS 20:00 HORAS | PREZO: DE BALDE Suso Martínez interpreta a Atanasio, discípolo do apóstolo Santiago, que amosará mediante estas visitas os lugares xacobeos da vila de Padrón. Saída da praza da Fondo de Vila. Prazas limitadas. Inscrición previa en turismo@padron.gal ou no teléfono 646 593 319. PAKOLAS: ROCKEANDO CON RAMONA CALO AMENEIRO (TEO)

9 DE SETEMBRO ÁS 20:30 HORAS “Pakolas”, rockeiro e guitarreiro, é o nome co que Paco Cerdeira se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria. Neste concerto, Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e a guitarra, nun espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción e participación coas nenas e nenos, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público.

CONCERTO DE PABLO MILANÉS AUDITORIO DE GALICIA

18 DE SETEMBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: DESDE 24 € Pablo Milanés, un dos principais expoñentes da canción de autor en español seguirá presentando a súa xira Esencia, un proxecto que tivo unha excelente acollida e deulle grandes satisfaccións en escenarios de Europa e América. En palabras do propio músico: “Un resumo da esencia da miña obra nun recital”, onde se retoman cancións

emblemáticas da súa obra (O breve espazo, Para vivir, Yolanda, Xa ves, etc.), xunto con outras non tan populares pero que son exemplos da natureza e singularidade deste trobador que se sobe aos escenarios coas mesmas emocións e enigmas que a música lle proporcionou en máis de seis décadas.

FESTIVAL ALGUÉN QUE RESPIRA! TEATRO PRINCIPAL

21 DE SETEMBRO O festival ‘Alguén que respira’ readaptou o seu calendario ás circuntancias da pandemia e esténdese ao longo do 2021 en catro xornadas que se celebrarán cada día 21 de solsticio e equinoccio. A próxima xornada terá lugar o 21 de setembro, a unas horas do equinoccio de outono, e o festival rematará o 21 de decembro, no solsticio de inverno. En cada xornada haberá eixes temáticos que articularán os ciclos de recitais e desde a organización xa anuncian que haberá propostas inesperadas.

MELONAFEST SANTIAGO DE COMPOSTELA

DO 22 AO 26 DE SETEMBRO O festival Melonafest celebrará a súa quinta edición neste ano Xacobeo 2021 entre o 22 e o 26 de setembro. As primeiras confi rmacións do seu cartel para este ano son Adiós Amores, Chico Blanco, Paco Moreno, Elba e Rusowsky. Adiós Amores e Chico Blanco eran dous dos pratos fortes da edición 2020, que quixo pero non puido ser pola pandemia e que tivo que foi cancelada a escasos días da súa celebración. Pola gran demanda expresada por parte do público, a organización decide manter estas dúas propostas para a edición 2021, á vez que incorpora na súa programación a Paco Moreno, quen se encargará de traer a auténtica rumba de agora a Compostela, a Elba e a Rusowsky.

FAEMINO Y CANSADO: 17 VECES AUDITORIO ABANCA

23 DE SETEMBRO ÁS 20:00 HORAS | PREZO: DESDE 20 €

Segundo a tradición, Kaon Lin, da bimilineraria cultura chinesa, o deus Kuan Lon, a única deidade que vive nunha cantimplora, permite a un ser humano gozar de clarividencia catorce veces nunha vida. Faemino e Canso pásanse polo forro a tradición Kaon Lin, como outras moitas, e sosteñen que catorce son poucas e que eles xa van por dezasete. Este novo espectáculo é, sen dúbida, o máis rupturista da traxectoria destes famosos humoristas. Abandonan a sensatez que sempre lles acompañou na súa carreira e se lanzan sen paracaídas a unha piscina medio chea, como diría un optimista. TIGRES COMA CABALOS MUSEO DO POBO GALEGO

ATA O 26 DE SETEMBRO A mostra recupera, 31 anos despois e en formato de exposición, unha das obras máis emblemáticas e vangardistas de Xela Arias, realizada en colaboración co fotógrafo Xulio Gil. Está estruturada en 48 paneis que recollen outras tantas fotografías de Xulio Gil e textos de Xela Arias. O traballo dos autores partiu de 24 obras individuais iniciais (24 poesías de Xela Arias e 24 fotografías de Xulio Xil). Cada un dos artistas traballou a proposta do outro ata acadar as outras dúas ducias de creacións que completan o proxecto. Xa cando se presentou en formato libro en 1990 os autores sinalaron a independencia dos traballos fotográfi co e poético na súa orixe e o proceso de intercambio creativo posterior.

CAMIÑO DA VIDA TOLA CARBALLEIRA DE SANTA MINIA (BRIÓN)

26 DE SETEMBRO ÁS 20:30 HORAS Camiño da Vida Tola pretende poñer en valor e difundir moitas das músicas que soaron outrora nalgún dos camiños que levan a Compostela. Este patrimonio cultural inmaterial foi conservado durante anos na memoria das persoas informantes e sobre todo das mulleres, que sempre son unha fonte inesgotable de sabedoría popular. Como nos espectáculos anteriores, a base melódica das pezas de Carapaus ten un forte carácter tradicional, pero sen deixar de lado pezas de nova composición, sempre con sabor a terra e a país. DAVID LAMELAS. LONXE, AMÉRICA CGAC

ATA O 3 DE OUTUBRO | PREZO: DE BALDE O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolle ‘David Lamelas. Lonxe’, América, a primeira retrospectiva do artista arxentino en España. Trátase dunha selección de obras que abrangue desde 1962 ata 2021 e que conta con préstamos de 12 museos europeos e norteamericanos, así como de coleccionistas particulares. A exposición permite coñecer a evolución da obra de David Lamelas desde os inicios ata a actualidade. A mostra documenta os vínculos con Galicia do artista, fi llo de emigrantes galegos, e incide nun aspecto pouco explorado da súa práctica, como é a importancia do debuxo e do proxecto ao longo da súa carreira. Ademais, a exposición presenta varias intervencións que entran en diálogo coa arquitectura deste museo que as acolle, deseñado por Álvaro Siza.

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:

This article is from: