1 minute read

ultramarinos | De xurado no Premio Begoña Caamaño

Fixemos de xurado no Premio Begoña Caamaño

Adirectora de Pincha, Rebeca Munín, formou parte do xurado da última edición do Premio Begoña Caamaño de acción cultural pola igualdade que outorga a Deputación da Coruña, xunto ás xornalistas Carmen Merelas Rico, María Obelleiro Hermida e Fernanda Tabarés; o deputado de Cultura, Xurxo Couto, que exerceu como presidente; e a xefa de Servizo de Cultura, Mercedes Fernández-Albalat, que foi a secretaria.

Advertisement

A elixida foi a Asociación Ambar pola “labor que desenvolve desde hai 40 anos para rachar coa dupla discriminación que representa ser muller e ter diversidade funcional, desde un ámbito comarcal e con ferramentas innovadoras afastadas do paternalismo e promovendo a autonomía e a igualdade desde o asociacionismo de base”.

Debate sobre novos medios galegos do Consello da Cultura Galega

No mes de xuño tivemos ademais a oportunidade de participar na mesa virtual ‘Novos medios galegos. A especialización importa’ que organizou o Consello da Cultura Galega, moderado por Carlos Pereiro, director da revista Morcego, e no que participaron Rebeca Munín (Revista Pincha), Guillermo Rodicio (A que cheira papá?), María Yáñez (Vinte), Roque Sanfiz (Mazarelos) e Raquel C. Pico (Disquecool).

Se queres ver o debate, telo no seguinte QR >>>

O LIBRO DE LILA DE LILITH

Sibila

Se queredes unha lectura que enganche, na que haxa distopía, moi achegada no tempo e no espazo, e moita intriga, podedes achegarvos a ‘Sibila’, novela que vén de publicar Rosa Aneiros na editorial Xerais.

This article is from: