Fixemos de xurado no Premio Begoña Caamaño
A
directora de Pincha, Rebeca Munín, formou parte do xurado da última edición do Premio Begoña Caamaño de acción cultural pola igualdade que outorga a Deputación da Coruña, xunto ás xornalistas Carmen Merelas Rico, María Obelleiro Hermida e Fernanda Tabarés; o deputado de Cultura, Xurxo Couto, que exerceu como presidente; e a xefa de Servizo de Cultura, Mercedes Fernández-Albalat, que foi a secretaria. A elixida foi a Asociación Ambar pola “labor que desenvolve desde hai 40 anos para rachar coa dupla discriminación que representa ser muller e ter diversidade funcional, desde un ámbito comarcal e con ferramentas innovadoras afastadas do paternalismo e promovendo a autonomía e a igualdade desde o asociacionismo de base”.
N
Debate sobre novos medios galegos do Consello da Cultura Galega
o mes de xuño tivemos ademais a oportunidade de participar na mesa virtual ‘Novos medios galegos. A especialización importa’ que organizou o Consello da Cultura Galega, moderado por Carlos Pereiro, director da revista Morcego, e no que participaron
Rebeca Munín (Revista Pincha), Guillermo Rodicio (A que cheira papá?), María Yáñez (Vinte), Roque Sanfiz (Mazarelos) e Raquel C. Pico (Disquecool). Se queres ver o debate, telo no seguinte QR >>>
O LIBRO DE LILA DE LILITH Sibila Se queredes unha lectura que enganche, na que haxa distopía, moi achegada no tempo e no espazo, e moita intriga, podedes achegarvos a ‘Sibila’, novela que vén de publicar Rosa Aneiros na editorial Xerais.
Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.