Revista Pincha 24

Page 1

Revista de Gastronomía & Cultura Nº 24 | agosto - setembro 2021

nti o c e Revista de Gastronomía & Cultura Lévam

go

TATUAXES ARTE OU ARTESANÍA?


SANTIAGO DE COMPOSTELA  MERCADO DE ABASTOS

 A REIXA TENDA - MATRIOSKA

Rúa das Ameas, s/n

Rúa do Hórreo, 46

 MOTONITY SANTIAGO

 AGADIC

Avda de Lugo, 185

Cidade da Cultura de Galicia Edificio CEM - Monte Gaiás s/n

 OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO

Rúa do Vilar, 63

 AREA CENTRAL

Rúa de París, 7 - Fontiñas

 ORIXE ULTRAMARINOS

Rúa das Casas Reais, 9

 ASOCIACIÓN HOSTALARÍA COMPOSTELA

Rúa Salvadas, 29

 PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS DE GALICIA

 AUDITORIO DE GALICIA

Rúa de Miguel Ferro Caaveiro, s/n

Av. do Burgo das Nacións, s/n

 PAN DA MOA

 BIBLIOTECA PÚBLICA DE SANTIAGO ÁNXEL CASAL

Rúa do Cubelo, 27 Rúa de Madrid, 15 - Fontiñas Rúa do Tambre, 3 - Cruceiro da Coruña

Av. de Xoán XXIII, s/n  CENTRO SOCIOCULTURAL JOSÉ SARAMAGO EN VITE(1)

Rúa Carlos Maside, 7  CENTRO SOCIOCULTURAL DA TRISCA (1)

Corredoira das Fraguas, 92  CENTRO SOCIOCULTURAL DE FONTIÑAS (1)

Rúa Berlín, 13  CENTRO SOCIOCULTURAL E XUVENIL ‘O ENSANCHE’ (1)

Rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16  CENTRO SOCIOCULTURAL DO CASTIÑEIRIÑO (1)

Virxe de Fátima, s/n  CENTRO SOCIOCULTURAL DE SANTA MARTA (1)

Rúa de Antonio Rama Seoane, 6  FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN (1)

Av. de Castelao, s/n  GALICIA CALIDADE

Complexo Administrativo San Lázaro s/n Edificio IGAPE  HOTEL COSTA VELLA

Rúa da Porta da Pena, 17  LILA DE LILITH

Rúa Travesa, 7  MERCADO GALEGO DA CREATIVIDADE

Rúa da Caldeirería, 36

 PAZO DE RAXOI

Praza do Obradoiro, s/n  RE-READ

Rúa de Santiago de Chile, 2  TRISQUEL ARTESANÍA

Rúa Acibechería, 31 baixo drta  UNITARIA

Calzada De San Pedro, s/n AMES  CASA DA CULTURA DE BERTAMIRÁNS (1)

Praza Chavián, 1  CASA DA CULTURA DE MILLADOIRO (1)

Travesía do Porto, 5  DOSPASOS

Rúa Pesqueiras, 6 Local 10 - Bertamiráns  LA CESTA NATURAL

Avda. da Mahía 84 Local 7 - Bertamiráns PADRÓN  OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO

Av. de Compostela, s/n

..E ADEMAIS, NOS RESTAURANTES, BARES, HOTEIS, TENDAS E OUTRO TIPO DE ESTABLECEMENTOS QUE APARECEN NA NOSA GUÍA DE OCIO E COMPRAS (1)

A PARTIR DE SETEMBRO


Rebeca Munín Por

ÍNDICE @rebecamunin

SI, PERO NON Este está sendo o verán do si, pero non. Si que podemos ir de concerto, pero non podemos estar de pé e bailar como se non houbera un mañá. Si que podemos saír a cear, pero non compartir mesa se somos máis de seis comensais. Si que podemos entrar nun pub ou discoteca (con vacina ou pcr mediante), pero non facelo ata amencer no Galicia. Sempre nos quedarán as terrazas!, como di Jessi nunha das reportaxes que publicamos neste número. Saír desta pandemia estase a converter nun camiño interminable. Difícil, pesado e especialmente desapiadado cos sectores da cultura, hostalaría e comercio. Cada vez que empezamos a ver a luz, a covid-19 ten preparado un novo golpe. E que podemos facer? Ser fortes e seguir loitando. Aguantar e pensar que o peor xa pasou. Aprender. Levantarnos como estou segura de que o fai toda a xente emprendedora que protagoniza esta Pincha: a música e produtora Aitana Cuétara que entrevista Xiana Lastra no regreso da sección Entre Músicas; o artesán Pablo Rodríguez de Artesanía Armaior que descubrimos en Oído, artesanía!; Carlos Suárez, o propietario de La Tita, que visitou @JuanEAT_o en #apapar; a banda Sr. Salvaje da que nos fala César Varela en 666RPM; o adegueiro José Luis Aristegui que nos presentan Crusat&Costas; a hostaleira Almudena López, creadora das Galipapas, e os donos do estudo de tatuaxes Nora Tattoo – cos que analizamos se o que fan é arte ou artesanía. E, sobre todo, non esquecer esa expresión tan galega que sempre nos dá esperanza: nunca choveu que non escampara.

04 09 10 14 17 18 20 23 24 26 28 32 35

reportaxe | crónica |

Cando o lenzo é de pel é óso

Unha viaxe polos viños e queixos avalados por Galicia Calidade

de bares con jessi | entre músicas | pola gorxa |

Aitana Cuétara

Cornete de amorodo

Oído, artesanía! | #apapar | 666rpm |

Sempre nos quedarán as terrazas!

Artesanía Armaior

Tortilla, croquetas e polbo en La Tita Sr. Salvaje

crusat & costas | O Barquiño 2020 reportaxe | Probaches as Galipapas? axenda guía de compras e ocio ultramarinos |

De xurado no Premio Begoña Caamaño

Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal Deseño e maquetación: Alberto Seoane RSM Comunicación | rsmcomunicacion.com Publicidade e Redacción: Jéssica Pintor e Ruth Ríos publicidade@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com Colaboran neste número: Xiana Lastra, @JuanEAT_o, César Varela, Xosé Crusat e Lorena Costas Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017

www.re vistapin ch a . g a l Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

BAVF

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

ONDE ATOPAR PINCHA


reportaxe

No interior do estudo de tatuaxes Nora Tattoo. Foto: Iván Barreiro

| 4 | Pincha |

24


Rebeca Munín Por

CANDO O LENZO É DE CARNE E ÓSO

@rebecamunin

Pincha | N 24

|5|


C

hego a Nora Tattoo Compostela, na Rúa Nova, e

clientela centos de debuxos. Hai quen pide consello e quen

varias persoas están citadas para tatuarse esa

vai coas ideas moi claras. Só din non a tatuar símbolos ou

mañá. Unha rapaza decidiu levar para sempre na

imaxes racistas, homófobas, fascistas...("E hai ese tipo de pe-

súa coxa a cara da súa avoa reflectida nun espello. Impresio-

ticións?"—pregunto sorprendida— "Non é moi habitual, pero

na o parecido coa fotografía que serve como modelo. Nou-

ás veces pasa" —responden).

tra sala, cumprindo todas as medidas hixiénicas propias da pandemia da covid-19 -ademais das que xa se utilizan desde

Como calquera outro sector relacionado coa estética, hai

sempre neste tipo de estudos- un rapaz estase a tatuar no

tamén quen segue as distintas modas e tendencias. “Por

peito as figuras dun dos cadros máis famosos de Salvador

exemplo, aos guiris gústalles facerse unha cuncha ao rematar

Dalí: ‘Los Elefantes’. E penso: que ben traído para o tema que

o Camiño”, apunta. Mike lamenta que nos últimos anos haxa

nos ocupa! Estou alí para entrevistar a Mike, un dos seus pro-

quen tatúe “en busca dun ‘like’ en Instagram”, coa idea de au-

pietarios, e saber a súa opinión sobre unha cuestión que leva

mentar os seus seguidores... “Antes aos tatuadores só lles ob-

debaténdose moitos anos: as tatuaxes poden ser considera-

sesionaba unha idea: que fosen traballos duradeiros. Que o

das arte?

tattoo funcione hoxe e dentro de quince anos. Para iso, había que mellorar cada vez máis o material, simplificar os deseños,

Antes de entrar en materia, descubramos un pouco máis des-

mellorar a técnica... Agora todo é máis volátil: que sexa máis

te local compostelán. Nora Tattoo abriu as súas portas fai tres

cómodo para traballar, que sexa máis efectivo para a foto,

anos da man de Mike e Diego -que se coñecían de traballar

que cumpra os patróns de moda do momento...”.

xuntos noutras tendas- e Rubén, que viña doutro estudo co mesmo nome pero na Coruña. “Facemos tatuaxes de todos

As tatuaxes non son baratas. Iso é algo que todo o mundo

os estilos: realismo, tradicional, xaponés... un pouco de todo.

sabe. Pero valorámolas como se merece? Entendemos canto

Non nos gusta que se nos defina por ningún en concreto”,

debemos pagar por elas? “Non”, opina Mike. “Coa populari-

explica. Sendo o negocio aínda moi noviño, recibiron -coma

dade dos tattoos, están aparecendo moitos estudos franqui-

todos- o inesperado golpe da pandemia. Ao principio leváro-

cias que funcionan con ofertas. Entramos entón no debate:

no con medo, temendo por un peche demasiado longo que acabase co seu soño. Pero tiveron sorte. Como están incluídos dentro do sector dos salóns de peiteado, foron dos primeiros en volver ao traballo. “O último ano

baixamos o prezo e que non se valore o noso traballo? É caro, si, pero tampouco é exclusivo, non é da élite. Normalmente en calquera cidade os estudos profesionais teñen sempre os mesmos prezos. E mira que somos moi compe-

non foi tan bo como

titivos. En Santiago e

outros, tivemos cer-

en Galicia hai moi bo

tos altibaixos, pero

nivel. Somos gremio.

en

comparación

Eu teño moitos ami-

con outros sectores

gos tatuadores, que

tradicionais,

sigo, respecto e ad-

como

a hostalaría e o co-

miro”, engade.

mercio, a verdade é que non nos pode-

Arte ou artesanía?

mos queixar”, sinala. Volvamos á pregunta Neste

tempo,

teñen

plasmados na pel da súa

que lanzaba ao principio desta reportaxe: as Entrevista con Mike.

| 6 | Pincha |

24

Foto: Iván Barreiro


tatuaxes son arte? “Eu creo que son cousas distintas, que ás veces conflúen e outras veces non. E iso non é algo nin positivo nin negativo. Tatuar é como calquera outro traballo. Tes moitas limitacións técnicas. Dentro do mundo do tattoo hai tatuadores especialmente creativos? Si. Con capacidades especialmente artísticas? Si. Pero o tattoo é unha forma de arte? Bueno, é relativo. É un tema complexo porque que é a arte? Hai que entender que hai xente que vén a tatuarse unha firma e dá por feito que iso é artístico”, afirma Mike. O certo é que, tal e como apunta, a determinación de que é o que pode ser incluído dentro do campo artístico atopa desde hai xa varias décadas unha difícil delimitación. É arte o graffiti? É arte a moda? É arte a cociña? No seu caso, Mike relaciona máis a tatuaxe co mundo da artesanía: “Creo que é algo máis artesanal porque non depende unicamente de min. Eu podo ser totalmente creativo nun papel en casa debuxando, pero aquí é un xogo de dous. Hai toda unha serie de limitacións técnicas. Ti tes unha idea

“A tatuaxe cumpre moitos dos requisitos do debuxo, da pintura ou da escultura”

e eu teño unha técnica e iso ten que confluír nalgún punto. A idade, o peso, o ton e tipo de pel... todo inflúe. Iso son cousas nas que a xente non adoita pensar, pero que realmente son moi importantes”. Tampouco considera que as tatuaxes podan ser obras exclusivas. “Iso é moi relativo. Todo está inventado. Único, único... que é único? O tattoo, tradicionalmente falando, empeza sendo algo moito máis artesanal, moito máis repetitivo. E iso non o fai peor. Non hai cen mil formas de facer un tigre, ni mil millóns de formas de facer un león...”, asegura. Si que recoñece que para dedicarse a isto saber de debuxo é algo “imprescindible” pero “non é necesario estudar Belas Artes”. “Nin eu nin moitos compañeiros procedemos de estudos artísticos expresamente”, sostén. Unha visión diferente teñen os responsables do espazo para a arte Os Catro Gatos, tamén en Compostela. “Desde o noso punto de vista, a tatuaxe é arte xa que emprega tódalas premisas propias das artes plásticas como o uso dun soporte (pel), dunha técnica debuxística (tinta), facendo uso da liña, do sombreado e de ambas, na procura do volume, uso de composición, textura, ton, escala... e a manifestación dun estilo característico de cada tatuador/a”, explican Inés SilvalFoto: Iván Barreiro

Pincha | N 24

|7|


de e Delio Sánchez. Tamén consideran que hai unha tradición de estilos, podendo catalogarse e diferenciarse. “Hai un proxecto que comeza cun proceso creativo de bosquexos e ideas que, en consenso co cliente, rematan nunha obra final. É dicir, cumpre moitos dos requisitos do debuxo, da pintura

“Creo que é algo máis artesanal porque non

ou da escultura”, agregan.

depende unicamente

En resumo, como sucede cando observamos calquera obra,

de min. Eu podo ser

que cada un ou unha saque as súas propias conclusións. Pode que a tatuaxe sexa arte, sexa artesanía ou non sexa ningunha das dúas, pero forma parte da cultura da humani-

totalmente creativo

dade desde hai milleiros de anos.

nun papel en casa

Para rematar, unha advertencia: pode provocar adicción.

debuxando, pero aquí

“Moita xente non fai tattoos por prexuízos -cada vez menosou medo. Pero cando rompes esa barreira, é coma beber cervexa. Se che senta ben, segues”. Palabra de Mike. Dito queda.

é un xogo de dous”

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

| 8 | Pincha |

24

Mike (de laranxa) con algúns dos seus compañeiros en Nora Tattoo. Foto: Iván Barreiro


crónica

Unha viaxe polos viños e queixos avalados por Galicia Calidade

N

as últimas semanas tivemos a sorte de asistir ás catas que organizou Galicia Calidade en Compostela. A primeira tivo lugar na Aula do Mercado de Abastos de Santiago o pasado 29 de xuño. Luis

Paadín dirixiu unha sesión na que, baixo o título de ‘Os viños de Galicia Calidade: unha paisaxe en cada botella’, puidemos probar as propostas da Adega A Coroa, Adegas Quinta do Buble, Bodegas Nairoa, Bodegas Regina Viarum, Paco & Lola e Bodegas Valtea. O divulgador comezou a súa exposición explicando a historia vitivinícola galega, que se remonta a máis de 2000 anos. Así mesmo, destacou a gran diversidade de viños coa que contamos, debido ás características propias dos noso clima e solos, realizando un auténtico percorrido visual, olfactivo e gustativo polas DOs da nosa terra. A continuación, chegou o momento de Salomé Beiroa, que fixo unha análise sensorial e divulgativa dos queixos avalados por Galicia Calidade e explicou todos os pasos que hai que dar á hora de catar un alimento sólido. A experta repetiu experiencia en dúas ocasións máis, o 30 de xuño e o 9 de xullo, na Bodeguilla de Santa Marta. Nestas sesións puidemos realizar unha viaxe polas catro DOP galegas (San Simón da Costa, Arzúa-Ulloa, O Cebreiro e Queixo de Tetilla) probando os queixos de varias empresas que contan na actualidade co selo de garantía Galicia Calidade: Quesería Daniberto, Queixería Cas Leiras, Pazo de Anzuxao, Quesos Feijoo, Santo André, Ruta Jacobea e Ferrado Verde. Gozamos das súas diferentes texturas, olores e sabores, ao mesmo tempo que descubrimos algúns dos seus segredos. Sabías, por exemplo, que comer queixo fainos máis felices? E non o dicimos polo noso estómago. É cousa de ciencia! Xa que os queixos axudan a producir serotonina, a coñecida como hormona da felicidade.

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha | N 24

|9|


de bares con Jessi

Sempre nos quedarán as terrazas! Xa sei que aquí chove... Xa sei que non se poden -nin nos deixan- facer plans a longo prazo… Pero sempre nos quedarán as terrazas! Si. En Santiago e na redonda, tamén. Que llo pregunten aos fumadores, cando prohibiron fumar dentro… ;)

A terraza do Momo ten unhas marabillosas vistas ao parque de Belvís. Foto: Iván Barreiro

| 10 | Pincha |

24

E

imos falar de terrazas cun encanto particular. Hai para escoller e, en Santiago, coñecemos unhas cantas. Por exemplo, quen non gozou algunha vez do marabilloso xardín do Hotel Costa Vella? Despois dun tempo pechados para mellorar a accesibilidade da entrada, este espazo máxico na rúa da Porta da Pena loce esplendoroso neste tempo de verán. Desde primeira hora do día para almorzar ata como opción de despedida da tarde, tomar algo neste lugar do casco histórico sempre é un acerto.


Outra terraza con moito encanto en Compostela é a do Pub Momo, na Virxe da Cerca. Javier Rivera chegou á cidade fai 38 anos. Foi grazas a un amigo que, deixando Madrid, decidiu emprender a viaxe ata aquí e a aventura no mundo da hostalaría. “Montamos un bar!” foi a frase da que partiu o proxecto do Momo. No 1995 empezou a funcionar a terraza deste pub.

“A parte do xardín foi despois e o nome vén do libro que me regalou o meu amigo, polo tempo e pola amizade. Precisamente no local hai tartarugas en honor á Casiopea, do ‘Momo’ de Michael Ende, e reloxos! En honor ao tempo e o resto pois... A tanta amizade que xera e que xurde nun bar! A terraza era unha horta a monte, que conseguimos alugarlle á propiedade, con esas marabillosas vistas a Belvís... Un xardín agochado de 600 metros, que se sumaban aos outros 100 do local”, explica Javier. Que ten de especial a terraza do Momo, logo? “Xa tiñamos unha terraza interior e tendo unha exterior, neste tempo que permanecemos pechados pensamos: Hai que potenciala! Investimos de cara o futuro, para sacarlle maior partido a un sitio único. A parte dunha distribución do espazo diferente, para que colla máis xente, respectando as distancias, puxémoslle unhas estruturas de forxa cuns policarbonatos pintados, como se foran galerías, facendo arcos, e que ademais están serigrafiados con pinturas de Miquel Barceló, nas que interpreta á ‘Divina comedia’ de Dante Alighieri. Gústalle moito á xente! É un espazo aberto ao principio, ao final e nalgúns espazos intermedios, para poder gozar da terraza, en calquera momento, sen mollarte! Porque estás protexido, na zona exterior! Tes ventilación, que hoxe temos os nosos medos aos interiores... Aquí podes gozar da terraza, sen pasar

Jéssica Pintor Por

En Compostela destacan lugares especiais como os xardíns do Hotel Costa Vella ou o Pub Momo

@jpintorybarran

frío, coas vistas ás hortas de Belvís, ao Seminario Menor. Todo verde, todo moi integrado. Deste xeito, en lugar dun mes de verán nada máis, temos seis ou sete meses para aproveitar unha zona totalmente integrada coa vexetación e coa paisaxe. É o mesmo local, cunha nova particularidade!”.

Chega a pregunta do millón: Ides ou estades facendo algunha actividade no Momo? Javier suspira. “Pretendemos facer algunha no festival Feito a Man, se se pode. Pero non che podo dicir se chegaremos a ese momento. Ao longo destes anos, fixemos miles de actuacións de música, xa só o cantautor Ricardo Parada leva tocando 25 anos, todos os martes... Maxia, contacontos, presentacións de libros, conferencias internacionais de literatura, a maiores de festas de aniversario, vodas, etc”. Javier non pode deixar quedar sen dicir que a hostalaría está sendo o sector máis castigado de todos: “Temos que esixir probas de antíxenos, PCR... Pero só os pubs, o resto non... parécenos un erro! Haberá que facelas todo o día ou é que o virus se organiza mellor a partir da 1 da mañá? Ten que haber medidas, pero non só para a hostalaría nocturna. Porque só temos unhas poucas horas e non nos deixan traballar. Gustaríanos que a Policía tamén controlara máis, para que ninguén se exceda do seu horario e que nós tendo este xardín único, poidamos traballalo e aguantar, como estamos facendo... Porque encántame o que fago e quero que a xente poida seguir gozando da terraza e do pub Momo!”. Quédanos invocar a Dante e a Virgilio, coma se dunha viaxe polo inferno se tratara... “Volve a túa vista no xardín divino/ e que voe acendida e sen retardo/ ata alcanzar o esplendor xenuíno”... Xa

Pincha | N 24

| 11 |


Brenlla, preparando un prato. Foto: Iván Barreiro O xardín do Hotel Costa Vella reabriu recentemente tras mellorar a súa accesibilidade. Foto: Iván Barreiro

logo parece que vivimos dentro da ‘Divina Comedia’, agardando acadar de novo o paraíso, a liberdade... Os bares!

Ideal para familias Imos ata Teo agora. En As Brasas, Cristina Freiría dirá que o seu home Oliverio Pereiro “xa che fala todo, que ten corda para rato!”. Aparte das galiñas, das figueiras, do parque homologado para os rapaces, da carpa para facer aniversarios, comuñóns e demais festas de gardar, tivo un porquiño que dixo que posaría para a foto encantado! E as ovellas, non as esquezamos. Que eu fun veciña deste bar ata hai nada. “Aquí vén todo o mundo, a todos lles gustan As Brasas. Dende os pequenos aos seus pais, cuadrillas de amigos, aos veciños do Milladoiro, á xente de Santiago, do propio Teo... Porque aquí hai moito espazo. Aquí vén ata o alcalde cos seus fillos! (Rimos) Si,

| 12 | Pincha |

24

si, sobre todo familias! Porque facemos eventos con monicreques ou contacontos, ademais de traer algún grupo musical e facer algún concerto con artistas de por aquí”, comenta Cristina. De especial, a maiores dos 4.000 metros que ten de finca, os xogos infantís, a zona de xardín, as actividades enfocadas para as familias e en especial para os máis pequechos, aquí podes comer rico ou tomar algo relaxadamente, gozando do campo, do espazo e do ambiente, coma se non estiveras en plena cidade! Oliverio leva 11 anos aquí. Ten 54 anos e comezou na hostalaría con 15, na rúa do Vilar. Ten tres fillos e viu isto como un seguro de vida. “Para asegurarme un futuro. Cando a miña muller quedou do terceiro, que é unha nena, tiven que poñerme as pilas, eh! –Di todo serio- Si, si. E montamos o negocio. Foi o mellor que puiden facer!”. Chega Cristina e Oliverio dille que espere que o están entrevistando. A gargallada limpa


todos! Que paciencia que ten ela, porque tiña razón ten pila para nós e para todo o barrio! As mesas en As Brasas están a 3-4 metros, unhas das outras... “E voulles facer uns apartados, destes de pérgolas. Poñerei luceciñas, a estrutura do solo vai ser de madeira e cortinas de abanico, non sabes? Para comer”. -Para as unidades familiares?, pregunto rindo. E contesta: Si. Dígolle que non somos ninguén!… Rimos. “É para grupos de amigos, para estar cómodos”, explica. Vai poñer máis iluminación polas árbores... A min xa me gusta así. Eu aínda estiven aquí o domingo, o meu amigo Alberto enviou a localización, dicindo que estaba “onde as galiñas!”. As Brasas abre das 9 da mañá ás 12 da noite, todos os días. Aquí estase moi moi agustiño!

No verán parará a axenda. “Teño pensado facer máis cousas en setembro, á volta das vacacións. Porque no verán a xente baixa á praia. Despois cando esteamos máis metidos no inverno, pararemos un pouquichiño. E na primavera de volta outra vez, maio e xuño, os dous meses, porque para os eventos ao aire libre necesitamos bo tempo… E a música hai que facela, porque hai que divertirse, desafogarse! Fai falta. Todo coas separacións, sentados, a xente encantada, respectan, porque nos respectan a nós! En As Brasas temos moi boa clientela. A verdade é que en todo o que fixemos todos encantados, xa parecía que desaparecera o COVID”.

Costa Vella

Hotel Terraza

Parecía... Pero sempre, sempre nos quedarán as terrazas!. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

En As Brasas contan cunhas amplas zonas verdes. Foto: Iván Barreiro

costavella.com 981 569 530 Porta da Pena, 17

Santiago Pincha | N 24

| 13 |


Xiana Lastra

entre músicas

Por

Aitana Cuétara @xiana_lastra

“A música tradicional condensa todo o que somos como pobo”

“Teño a sensación de que na Galiza todas as programacións son como unha especie de festival itinerante cos catro mesmos grupos”

N

Aitana é música, mestra, produtora e manager. Foto: Rocío Cibes esta ocasión, en ‘Entre músicas’, cambiamos

invisibles e desde sempre me sentín moi atraída polo tra-

un chisco as tornas e entrevistamos unha per-

ballo desta muller emprendedora e de personalidade for-

soa cun perfil un pouco diferente ao que vos

te e reivindicativa. Música, mestra, produtora, manager...

temos afeitos/as. O destino quixo que Aitana

Está a traballar nun proxecto interesantísimo ao redor da

Cuétara, capitá de Luneda Producións, mais eu, nos coñe-

música tradicional galega, no que está acompañada polo

césemos en terras compostelás, mais temos unha orixe

prestixioso produtor catalán Raül Refree. Falamos con ela

compartida, pois as dúas nos criamos en Ferrol. Semella

para coñecela mellor e que nos conte un pouco máis sobre

un detalle irrelevante, pero as orixes é certo que tecen fíos

o que ten entre mans.

| 14 | Pincha |

24


sidencia artística respaldada polo Concello da Coruña, na que

Sempre estiveches moi relacionada coa nosa cultura tradicional. Es profesora de pandeireta na Gentalha do Pichel e incluso a túa actividade en Luneda Producións está moi vencellada ao noso patrimonio. Como comezou esa relación entre ti e a nosa música?

Raül tivo ocasión de coñecer algúns artistas, mestres e compi-

Sempre escoitei moita música, desde pequeniña, pero nunca

Mariñán, nunha segunda residencia apoiada pola Deputación

me interesara pola música tradicional até os 13 ou 14 anos. Eu

da Coruña. Aquí rematamos de conceptualizar o futuro disco e

creo que antes nin sabía que existía.

probamos todo o repertorio coa axuda da voz de Aida Tarrío.

Apunteime a clases de gaita co mestre Lolete, en Ferrol, e a par-

A experiencia en Mariñán rematámola cunha foliada, na que

tir de aí foi todo o demais. Cando me mudei a Compostela, con

estiveron Oîma, Caldo, Tanxugueiras, Caamaño & Ameixeiras,

vinte e poucos, comecei a facer algunha recolla, a interesarme

Antonio Prado, Guitarricadelafuente e, por suposto, Raül Re-

polos arquivos... e até hoxe. E cada día que pasa paréceme máis

free. Pronto a Deputación da Coruña lanzará nas redes uns

flipante todo isto.

pequenos vídeos sobre este encontro.

Desde hai un tempo estás desenvolvendo diferentes iniciativas vencelladas ao estudo das nosas orixes, mais tamén da evolución que está tendo a música tradicional nos últimos tempos. Fixéchelo por exemplo nas xornadas ‘O que non se escribe’, que se celebraron en Compostela en marzo, e continúas a facelo no teu último proxecto do que despois falaremos máis polo miúdo. Que é o que te empurra a afondar nesta temática? Cres que aínda a día de hoxe non sabemos ben de onde vimos?

Que foi o que máis lle sorprendeu a Refree do que atopou en Galicia?

Eu sinto que a música tradicional condensa todo o que somos

ros e agora estamos vendo pouco a pouco que instrumentos,

como pobo. Como pobos, calquera deles. Cada vez a música

que voces e que músicos precisamos para completar o tra-

está menos presente dun xeito natural, refírome a que xa non

ballo de Raül. Deste disco sairá despois un espectáculo. Ade-

se canta espontaneamente para traballar, camiñar ou calquera

mais todo o proceso está sendo documentado polo cineasta

actividade da vida cotiá, como si que ocorría antes. Pero esa

Fon Cortizo, pero sen unha idea clara aínda do que imos facer

tradición está aí e é a base de todo. Supoño que se conseguí-

con ese material audiovisual. A verdade é que estamos traba-

semos normalizar isto, toda a creación artística do país, ao final,

llando con bastante liberdade, deixando tamén que as expe-

sen pretendelo, estaría un pouco condicionada por estas orixes

riencias nestas residencias creativas nos marquen o camiño.

ladores, como Quique Peón, Xurxo Fernandes, Pedro Lamas, FAIA ou as Bouba, entre outras. Con toda esta información preciosa que levamos esa semana fomos construíndo un novo plan de traballo que se materializou o pasado xuño no Pazo de

Pois sobre todo a enorme base que hai, a cantidade infinita de xente que vai a clases de pandeireta, de gaita ou de baile.

E cal é a finalidade do proxecto? Falabas dun “futuro disco”. Podes contarnos un pouco máis? Imos facer un disco. Temos o concepto e o repertorio xa cla-

e sería marabillosamente identitaria.

E cara a onde imos? Esa é probablemente unha pregunta máis interesante a día de hoxe, no que hai moitas artistas facendo cousas moi diferentes baseándose na nosa música de raíz.

Tiveron todas estas iniciativas que fuches configurando nos últimos tempos algo que ver coa pandemia? Fíxoche mirar máis cara a dentro ou cuestionar certas cousas? Non estou moi segura, pero o que si é certo é que tivemos

Creo que se están deixando de lado moitos complexos e que

moito máis tempo para sentar a pensar. O confinamento non

cada vez máis artistas se atreven a facer o que lles peta coa mú-

foi moi produtivo para min, porque ademais coincidiume coa

sica tradicional. A min evidentemente non todo o que se fai me

convalecencia dunha operación e recoñezo que o único que

gusta, pero sempre me alegra ver que saen cousas novas. Máis

me apetecía facer era ver series (vinas todas). Pero todo o res-

acertados ou menos, hai moitos proxectos abrindo camiños e

to de 2020 no que non tiña moito que facer, aproveitei para

iso hai que celebralo.

darlles voltas ás ideas, escribir e centrarme no que realmente me interesa, que é isto.

Nos últimos tempos andas metida nun experimento ben interesante, acompañada polo prestixioso produtor catalán Raül Refree, que afonda precisamente no presente da nosa cultura tradicional. En que consiste? Raül e mais eu coñecémonos o ano pasado, conectamos moi

E que me dis do panorama da música tradicional en Galicia? Parece máis de moda ca nunca, pero moitas veces fusionada con outros estilos que hoxe están moi de moda. Como ves a polémica que isto xera entre as persoas máis puristas?

ben e pensamos que sería interesante facer algo xuntos. Des-

Eu creo que cada quen ten que facer o que lle apeteza, sem-

pois de meses intercambiando ideas, fixemos unha primeira re-

pre con cariño, con respecto e sen mancar a ninguén. Hai mil Pincha | N 24

| 15 |


xeitos de sentir a música e non se pode pensar que un é me-

ces compensa. Nos últimos tempos, afortunadamente están

llor que outro. Pero pasa, todos critican o veciño, os dun lado

chegando as músicas tradicionais a outros públicos e outras

e os do outro. É aburridísimo este debate.

programacións, en parte grazas a varios dos proxectos que levou a cabo Raül Refree. Aí si pode haber un mercado máis

Como produtora tamén estás moi especializada no management de grupos relacionados coa música de raíz. Como ves o mercado musical neste momento? Antes a música tradicional ou de raíz era a que máis posibilidades tiña de ser exportada internacionalmente e saír de Galicia. Segue a ser igual?

profesional que ao final repercuta tamén na mellora das con-

Agora mesmo teño a sensación de que na Galiza todas as programacións son como unha especie de festival itinerante cos

Que dirías que fai falta para conseguir unha verdadeira industria musical en Galicia?

catro mesmos grupos. Entendo que estamos nunha situación

O primeiro profesionalizar o sector. Non sei como se soluciona

anormal, pero isto é tremendamente frustrante para os gru-

isto, pero está claro que falta moita formación específica, sobre

pos, para as axencias e tamén para o público, que non pode

todo entre os traballadores e traballadoras da administración

ver o mesmo concerto tantas veces seguidas. O noso mercado

pública. Tamén nos falta formación a nós, que a maioría come-

é pequeno, sobre todo agora que as programacións privadas

zamos por casualidade e imos aprendendo cos erros do día a

o teñen moi difícil, e se dependemos das públicas, aí hai cero

día. Tampouco estaría de máis unha estratexia clara por parte

risco artístico.

da Xunta de Galicia, que van todo o tempo dando paus de cego.

Para saír fóra é verdade que hai certo interese pola música

E conseguir un sector unido, pero a min isto xa me parece cien-

tradicional, por esa diferenciación identitaria da que falaba-

cia ficción.

mos, pero en xeral son mercados moi precarios e poucas ve-

tratacións na Galiza, pero eu creo que aquí aínda non temos ningún proxecto que poida entrar de verdade con forza neste circuíto. Imos un chisco atrás, pero pouco a pouco.

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Nos últimos tempos, Aitana está inmersa nun proxecto co prestixioso produtor catalán Raül Refree. Foto: Rocío Cibes

| 16 | Pincha |

24


Gargantua, a litografía de Honoré Daumier

pola gorxa

Para comelo... pero en galego!

CORNETE DE AMORODO Curiosidades

A

petéceche tomar un xeado para combater a calor? Se o queres sobre un barquillo non pidas un ‘cucurucho’. En galego dicimos cornete, un substantivo masculino co que, segundo a Real Academia Galega, tamén designamos o papel enrolado en forma de cono que serve para envasar caramelos, doces, froitos, castañas ou calquera outra cousa que se venda a granel. E que pasaría se pides na xeadaría un cornete de fresa? Pois que terían que meter no seu interior unha ferramenta de aceiro que serve para puír ou furar! Se te refires á froita e pretendes falar correctamente na nosa lingua, tes que dicir amorodo. Tamén son válidas as palabras morote ou morodo (aínda que esta última forma é menos recomendable). Sabes ademais o que é un careixón? Un amorodo silvestre.

ONDE PROBALO? Buscas xeados en Compostela? Telos non só de amorodo senón dunha infinidade de sabores en Xearte Briggite, unha xeadaría artesanal e que emprega produtos cento por cento naturais que conta cun local na Rúa de San Pedro. Entre a súa oferta, destacan os de sabores autóctonos como o de torta de Santiago, licor café ou peregrino.

❖ A orixe dos xeados é incerta, pero parece que todo empezou hai miles de anos cando os chineses mesturaban a neve das montañas con mel e froitas. ❖ O cornete non se utilizaba como recipiente desde os comezos de consumo de xeado. O primeiro cono produciuse en 1896, obra do inmigrante italiano Italo Marchiony, na cidade de Nova York, e foi patentado en 1903. Unha creación similar foi presentada de maneira independente na Feira Mundial de St. Louis de 1904. O creador foi o sirio Ernest Hamwi cando, tratando de axudar ao vendedor de xeados Charles Mences que quedara sen pratos, utilizou unha das súas obleas como recipiente. E foi todo un éxito! ❖ O xeado é máis doce quente que cando está frío, xa que nosas papilas gustativas son moi sensibles á temperatura. Cando máis quente está un alimento, máis intenso é o sinal que lle envía ao cerebro e máis intensidade de sabor percibimos.

E un clásico en Santiago é o carriño La Imperial que sempre atoparás na Porta Faxeira, nunha das entradas da Alameda, co xeadeiro Manolo Prieto á súa fronte. Sen saír da provincia da Coruña, recomendámosche tamén que probes as propostas da cooperativa láctea Bico de Xeado, que recibiu recentemente o selo Galicia Calidade e foi elixida polos usuarios da Guía Repsol como unha das cinco mellores xeaderías de toda España.

Pincha | N 24

| 17 |


Oído, artesanía!

Pablo Rodríguez, Artesanía Armaior: “Unha vez que co

Foto cortesía da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Pablo Rodríguez é o fundador da marca de artesanía Armaior , que xestiona xunto coa súa muller, Anabel Couto. Dedícase á fabricación de utensilios de cociña en madeira de oliveira, moi apreciada polo difícil que resulta de traballar. Tamén fan obxectos de decoración.

moi resistente e aguanta a calor. Ademais non hai moitos artesáns que a traballen porque é difícil de secar. Hai que mimala moito, pero unha vez que consegues dominala, tes éxito.

De onde vén? Como chegastes a elaborar utensilios de cociña? Vimos dunha familia de carpinteiros. Empezamos co moble tradicional galego no 1999. No 2008 coa crise era difícil captar clientes que souberan apreciar o moble artesanal por encargo e tivemos que reiventarnos.

Que teñen de especial os vosos obxectos? O espectacular da madeira da oliveira. É a idónea porque é moi dura e antibacteriana. É

| 18 | Pincha |

24

Nun 20% vén don Val de Quiroga. O resto, do Val do Ebro (Logroño, Castellón, Tarragona, Teruel). É madeira de poda, madeira “farga”, as famosas ‘Oliveiras milenarias’. Son troncos inmensos.

Canto tempo tardades en facer as pezas? É un proceso laborioso. Unha vez que se poda o tronco e escolles o que queres, o ideal é que estea un ano ou dos ‘estabilizando’, é dicir, que estea á sombra para perder a humidade. Tamén unha vez feitas as pezas, hai que deixalas secar.


Ruth Ríos Por

onsegues dominar a oliveira, tes éxito”

@ruthriosfernandez

Unha táboa de cortar pode tardar ata 3 anos desde que se poda a árbore ata que chega ao cliente.

que sexa dura. En Galicia temos que explicar un pouco máis as calidades.

Cales son os obxectos con máis éxito?

Que supón para ti contar coa marca de Artesanía de Galicia?

Táboas de cortar, que custan 20 ou 30 euros, porque nos adaptamos a un poder adquisitivo medio. Valen para calquera casa. Tamén teñen moito éxito os crebanoces de panca, cuncas para ensaladas, de pan, xogos de cubertos...

Penso que están facendo as cousas moi ben. Danche prestixio. Organizan feiras e tes que estar aí. Se queres tirar cara a calidade, tes que estar en Artesanía de Galicia. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Facedes pezas tamén para Estrelas Michelin. Que é o que máis lles gustan aos cociñeiros dos vosos utensilios? Sobre todo coñecen a calidade da madeira da oliveira os cociñeiros do Sur de España. Aprecian

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Onde podemos atoparvos?

Temos tenda física no Lugar de A Toca (preto de Quiroga) e na web artesaniaarmaior.com

Pincha | N 24

| 19 |


#apapar

TORTILLA, CROQUETAS E POLBO EN LA TITA

Foto: Iván Barreiro

Era o ano 1959 cando o Bar La Tita abría por primeira vez as súas portas. Ao principio o polbo era o seu prato estrela, pero despois de pasar por varias mans, acabou converténdose nun referente gastronómico pola súa tortilla, contando entre a súa clientela con veciños e estudantes, pero tamén moitísimos turistas que non queren deixar a cidade sen probala. Carlos Suárez fíxose co local no 2015, mantendo a súa esencia “porque o que funciona non se debe cambiar”. Foi tal o éxito que no 2019, e xa que o espazo resultaba bastante pequeno, decidiu ampliar o negocio poñendo en marcha a escasos metros La Otra Tita. Na parte superior de La Tita con-

| 20 | Pincha |

24

ta cun hostal, que permanece pechado debido á pandemia pero que pensan abrir pronto despois de realizar algunhas melloras. En total, antes da covid-19, traballaban nestes tres establecementos 36 persoas. Agora son a metade. “O equipo que me acompañou ata agora é fantástico. E iso gustaríame recoñecelo”, sinala o hostaleiro. La Tita abre desde as 8:30 horas da mañá ata a noite. Coa cociña sempre lista, podes pedir para comer a calquera hora do día. A súa carta é pequena pero elaborada con produtos galegos de calidade. Ademais da tortilla, o que máis saen son as croquetas e o caldo, así como as súas sobremesas que son sempre caseiras.


@JuanEAT_o, listo para atacar ás propostas de La Tita. Foto: Iván Barreiro

Este verán tiña moitas ganas de probar a oferta gastronómica de La Tita, un local cunha longa traxectoria na hostalaría compostelá. Desde hai uns anos o seu máximo reclamo é que con cada consumición obsequian cun pincho de tortilla. A idea para este número era probar esa tapa pero para a miña sorpresa o seu dono, Carlos, tiña preparado a maiores unhas racións de croquetas e polbo. Gustaríame empezar falándovos deste manxar do mar, aínda que pouco se pode dicir deste produto, un máximo referente da gastronomía galega, que non se saiba. Penso que a que dan en La Tita é unha boa ración para compartir e teño que dicir que o polbo estaba moi bo, no seu punto de cocción e ben aderezado xa que tiña, polo menos para o meu gusto, a cantidade perfecta de aceite, sal e pemento.

Continúo escribindo sobre as croquetas de chourizo que presentan nunha tixola. Quero recalcar que ademais da súa fritura que era espectacular, é destacable que a carne non está en anacos enteiros senón que forma parte da masa. Como resultado, obtemos un sabor a chourizo suave, pouco picante. E deixo para o final á raíña da súa carta: a tortilla. Hai miles de formas de preparala, pero en La Tita apostan por servila pouco feita, o que non gusta a todo o mundo pero que é un auténtica delicia para quen sabe apreciala. En cada tortilla empregan 30 ovos, 2,5 quilos de patacas e aceite de oliva virxe extra. 36 centímetros de diámetro dun clásico da nosa cociña -sen cebola- que se aínda non probaches, non deberías perder nin un minuto máis. E como maridaxe neste período estival no que estamos, recoméndovos como non podía ser doutro xeito un par de cervexas ben fresquiñas! Apetece, non si? Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Datos

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Lugar: Rúa Nova, 46

Santiago de Compostela

Pratos e prezos: Ración de Tortilla: 4 e

Ración de croquetas: 7,5 e Ración de polbo: 14 e

Valoración: 

Por @JuanEAT_o @JuanEAT_o Pincha | N 24

| 21 |


Rebeca Munín Por

Carlos Suárez, propietario

@rebecamunin

“O segredo da tortilla de La Tita está nun bo ovo, unha boa pataca e un bo aceite” Carlos Suárez non vén dunha familia hostaleira nin tiña relación co sector mais aló dunha incursión no mundo da noite uns anos atrás. Por que aventurarse entón cun bar en plena zona vella compostelá como La Tita? “Teño unha empresa que ten que ver co turismo, co envío de paquetería. Os peregrinos sempre preguntaban onde podían comer, onde podían durmir... Entón a idea xurdiu por aí. Foi un pouco por intentar darlles o servizo completo”, explica. Un proxecto que ampliou no 2019 coa súa ‘irmá’ La Otra Tita porque “me daba reparo ver a tal cantidade de xente esperando para entrar sentados ao longo dos soportais da Rúa Nova”. Cal é o segredo da tortilla de La Tita que tanto triunfa? Un produto de primeira, que leve un bo ovo, unha boa pataca e un bo aceite. E despois, a man de quen a fai, claro! Desde que collín eu o local sempre usamos aceite de oliva virxe extra. Fixemos probas entre o equipo con outros aceites, mesturando... pero non era o mesmo! Era unha diferencia abismal! Os ovos, igual. Son de catro granxas galegas. Apostamos polo produto galego. A vosa é sempre unha tortilla pouco feita. Non é un pouco arriscado tendo en conta que hai xente que a ama pero tamén hai quen a odia? Si, ou che gusta ou non che gusta! Pero aquí é así. Non a cambiamos. Somos unha referencia. Tortilla sen máis, sen cebola... só cos ingredientes básicos. A xente coñécenos polo pincho de tortilla que se pon en cada consumición. É unha tortilla feita no momento, iso gaña moito porque quente non é o mesmo que fría. É ademais un pincho xeneroso. Moitos clientes, de feito, toman tres cañas e cos pinchos van servidos! Que iso é contraproducente... tamén (risos), pero o importante é que a xente vén, gústalle.

Carlos, con parte do seu equipo en La Tita. Foto: Iván Barreiro

Que plans tes para os próximos meses? Xa hai dous anos que quero sacar máis tipos de tortillas, pero por motivos varios -abrimos La Otra Tita, chegou a pandemia...- aínda non puidemos. A idea é facer unha tortillaría. Baseándonos en que o que funciona non se pode cambiar, queremos seguir ofrecendo tortilla con eses produtos de calidade pero que tamén teñamos a tortilla con cebola, con chourizo... Só estou esperando a que a situación pandémica se estabilice para lanzalo. Agardo que sexa pronto. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

| 22 | Pincha |

24


Por

César Varela

666 rpm @ImitoAquenSon

Sr. Salvaje

Miss Fortuna! A canción do verán 2021! E por fin chegou o verán! Andamos cos xeonllos untados de Mercromina, o cu branco de non petarlle o sol, o helicóptero de Tulipán por riba das nosas gorras! Mercamos unha cesta en Abastos e imos coller amoras nas silveiras para que Mamá faga marmelada! Mamá prepara unha tortilla e uns bistés rebozados e Papá unha ensalada rusa, a máis rica que probei na miña vida. E ímolos xantar ao pinar de Cabío, onde te atopas aos seareiros da Selección Española, perseguindo a Tomás Reñones para que lles asine un autógrafo no balón de Nivea. Imos no bus da excursión do catecismo co radio casete a toda mecha escoitando Siniestro, Ilegales, Loquillo & Sabino e Gabinete. Pillamos unha pedaleta para xogar no mar, o frotador de patiño e ala! A nadar! E de súpeto! O Mera desaparece e a rapazada a buscalo. Cando por fin aparece, co tetra brik baixo o brazo (O viño ben conmijo!), desaparece Willy, e o bus quere arrancar sen el. Mamá cabréase e todos nos rebotamos! Historias daquel verán, cando eras un rapaz, escoitabas a radio e chamabas para votar pola canción do verán…

músicos de probada experiencia e cunha gran bagaxe, dentro da escena galega do rock & roll. Guillermo Vistoso (guitarra e voz), Antón Torroncho (baixo e voz) e o batería mexicano Emilio Iniesta, afincado en Galicia desde hai máis de quince anos.

Tras editar un E.P. no 2020, que xa prometía, este verán chega o primeiro adianto do que será o seu próximo traballo discográfico. Falamos de ‘Miss Fortuna’, unha canción coa sorte como tema principal, que se acaba de converter no primeiro Single dun novo disco (xa dispoñible nas plataformas musicais), que irá vendo a luz ao longo do próximo ano, en formato dixital, para acabar culminando no primeiro LP da banda, en formato físico. E como non podía ser doutro xeito, vén acompañado dun caralludo VideoClip, dirixido, gravado e editado por Tamboura Films e Pixelecer, baixo a dirección artística de Olalla Tesouro. A canción foi maxistralmente gravada, mesturada e masterizada por Iago Pico en Pouland Recording Studios, e estou seguro de que este será o E agora, trinta e pico anos máis primeiro de outros moitos tarde, volve a canción do verán! grandes éxitos. Si! Para min ‘Miss Fortuna’, Levo anos xogando a La o novo sinxelo de Sr. Salvaje, Primitiva e continúo aquí, cos lémbrame a iso… Unha canción petos baleiros! Pero ben se que che entra á primeira de sabe que o que non aposta cambio! Si! É desas! Das que non gaña! E Guille soubo che entra á primeira, e non ten apostar! Espero que o Sr. nada que ver coas amizades Salvaje e os seus secuaces, perigosas. Ou si?! Sen dúbida, teñan máis sorte e esta FOTO: Luis Neira unha gran composición do Sr. vida lles depare un futuro Vistoso! A primeira vez que o escoitei cantar, sabía que este prometedor. Merecido o teñen! Próximo bolo: 5 de agosto no rapaz ía voar alto, moi alto! E dáme que así vai ser! Ciclo Sons da Vila (A Pobra do Caramiñal). Pero deixémonos de historias e vaiamos ao gran! Se o bicho nolo permite! Moita merda! No verán de 2019 nacía Sr. Salvaje. Banda formada por tres Ides suar! Así que, levade Fa! Frescor Salvaje! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha | N 24

| 23 |


crusat & costas

O BARQUIÑO 2020

Detalle na Viñoteca do Mercado. Foto: Iván Barreiro

LORENA COSTAS

Cara adiante mirando atrás

X

a estamos de volta, desta vez cun dos nosos labregos ‘fetiche’: José Luis Aristegui. Ben é certo que xa temos falado del en Pincha, pero é que nos gusta moito o que fai, e sobre todo, gústannos os seus viños! Non imos repetir o que xa dixemos no seu día, pero, se algo caracteriza a este viticultor (labrego como a el lle gusta que o chamen) é o seu inconformismo, a inquedanza e as ganas de pasalo ben facendo viños: Aristegui é un elaborador minucioso e, por riba de todo iso, observador. A intervención na viña debe ser o máis mínima posible, e só

| 24 | Pincha |

24

froito da observación pola súa parte se consegue obter o viño cando as uvas están no seu momento óptimo. E a isto converterase nalgo clave na elaboración da que nos toca falar desta vez: O Barquiño 2020. E por que? Pois diso falaravos Crusat, que como elaborador de viño, sabe máis ca min desas cousas. Despois deste ano e medio de pandemia, na que moitos de nós seguramente nos sentimos estancados, atrapados na monotonía de días iguais, segue habendo xente coa mente inqueda. É o caso de Aristegui, que sempre anda pensando en novas ‘trastadas’ en forma de viño: un labrego que goza


Por

Jose Crusat

Lorena Costas Por

@lorena_costas

do seu traballo, que fai viños que transmitan un sentimento, porque como el di: “os viños necesitan unha historia que contar”. E a historia deste viño fala da tradición, que moitas veces se transforma nunha forma de innovación e tamén de aproveitamento de recursos. Hai moitos anos, a castaña en Galicia era un recurso vital; de feito o castiñeiro era chamado ‘a árbore do pan’: coa castaña elaborábase fariña, facíase pan, comíase (e hoxe tamén!) crúa, cocida, asada. Os soutos de castiñeiros eran predominantes sobre todo na parte oriental da Galiza. Entón... cal sería a madeira máis empregada daquela? Efectivamente, a madeira de castiñeiro, a máis tradicional da tonelería vinícola galega. Esa madeira será a que utilice Aristegui para elaborar O Barquiño 2020, un godello 100% de cepas moi vellas. Mágoa que na actualidade apenas queden toneleiros en Galiza que traballen a madeira de castiñeiro para facer barricas de calidade! O Barquiño é un viño de cor pálida, con acidez ben marcada e aromas herbais e de froitas brancas, con notas retronasais de hidrocarburo, que sorprende pola súa frescura e elegancia, moi longo en boca, e ao que os anos de garda lle sentarán marabillosamente.

@choumimx

foi vendimado sobre o 25 de agosto para obter un viño contundente e ao meso tempo fresco. E como elaborar este godello antigo? Pois en barrica de castiñeiro que era o que había antigamente antes da influencia do carballo pola parte francesa. O problema é que non quedan toneleiros en Galicia que elaboren barricas de calidade, polo que houbo que recorrer aos veciños de Asturias, para volver a facer un godello antigo dos de antes. Na vista é un viño limpo de cor amarela clara con notas lixeiramente verdosas. No nariz, cítrico, herbas, fiúncho, a madeira está presente pero moi lixeiramente. En boca, acidez, novamente cítricos, largura e persistencia que aporta a madeira de castiñeiro. E imos papar agora, estamos en tempo da costeira do bonito de Burela, e polo tanto imos cun par de pratos que teñen coma produto principal este peixe peláxico. Por unha banda o marmitaco de bonito tradicional para coller forza e quentar nos días frío de verán, se é que toca algún. E por outra banda, imos cun lombo de bonito curado en azucre e sal, cortado fino e aliñado cun aceite aromatizado con sisho verde. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

JOSÉ CRUSAT

A cabeciña dun labrego dos de sempre

V

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

oltamos a un dos elaboradores que máis me gustan, José Luis Arístegui, un labrego en Valdeorras. Desa cabeciña de labrego inquedo, da observación e gañas de aprender nace este novo viño. Ten o ‘rapaz’ unha finca plantada de ‘godello antigo’ que se comporta de xeito diferente ás novas plantacións. Trátase de cepas vellas de porta-enxertos pouco vigorosos enxertadas hai máis de 50 anos. Este pouco vigor ten como consecuencia que a cepa teña poucos acios con bagos máis pequenos, pero onde se concentra a esencia do godello. Iso si, hai que estar moi vixiantes á súa maduración e collelo no momento xusto, xa que se non, pode pasarse de grao e dar viños excesivamente alcohólicos. No caso deste viño

FICHA DO VIÑO: Adegueiro: José Luis Aristegui D.O.: Valdeorras Variedades: Godello Grao: 13,5º Colleita: 2020 Prezo: En torno aos 18€

Pincha | N 24

| 25 |


reportaxe

Podes atopar as Galipapas na Rúa Bautizados, 10. Foto: Iván Barreiro

| 26 | Pincha | N2420


Rebeca Munín Por

PROBACHES AS GALIPAPAS?

@rebecamunin

Descubrimos estas patacas asadas recheas cos mellores ingredientes da nosa terra

S

abías que en Compostela temos a fortuna de ser

En crecemento

o único lugar -por agora- no que podemos comer

Almudena, que xa leva moitos anos no mundo da hostalaría,

unhas saborosas patacas asadas recheas cos

rexenta actualmente tamén o Restaurante Abrasador Gaia

mellores ingredientes da nosa terra? O pasado mes de no-

Medieval, en Galeras. Foi durante o confinamento, e co local

vembro abría as súas portas na Rúa dos Bautizados (entre

pechado, cando se decidiu a lanzar por fin un proxecto que

Porta Faxeira e a Praza do Toural) o Galipapas, un proxec-

desde había tempo daba voltas na súa cabeza. Uns meses

to ideado por Almudena López. “Trátase da versión galega

despois, en novembro do 2020, abría o Galipapas. “Ao prin-

das ‘baked potatoes’ que levan coméndose tantos anos en

cipio traballábamos moitísimo. Era imposible atender todos

Inglaterra. Tamén se fan moito pola zona de Andalucía e Ca-

os pedidos porque eramos moi poucos establecementos

narias, pero aquí é algo novidoso. O que facemos é utilizar

co servizo para levar. Dentro de todo o problema que su-

produtos típicos de Galicia”, explica.

puxo a pandemia, somos uns privilexiados”, recorda. Entre

A nosa terra está moi presente non só no sabor, senón

a súa clientela atópanse estudantes e traballadores que

tamén nos nomes das distintas Galipapas. Así, entre a ofer-

necesitan comer algo rápido para volver á oficina. Nestes

ta actual, podemos atopar a Galipapa Arzúa, con rixóns e

últimos tempos, tamén son un bo reclamo para os turistas.

queixo de Arzúa; a Galipapa Lalín, con lacón con grelos,

“A idea de negocio é facer algún tipo de franquiciado e ter

chourizo, aceite e pemento en po; ou a de Padrón, con se-

locais de Galipapas, polo menos, nas catro capitais de pro-

creto ibérico e pementos con mollo teriyaki. Non podía fal-

vincia”, apunta Almudena. A hostaleira continúa innovando

tar tampouco a de Compostela. Con que? “Pois aínda que a

e xa está preparando a posta en marcha dos Galibollos, que

pataca admite calquera tipo de ingrediente, non iamos usar

levarán os mesmos ingredientes pero con pan campero en

tarta de Santiago, claro!” (Rimos) A ‘nosa’ leva vitela, cebo-

lugar de patacas. En Pincha témolo claro. Haberá que ir pro-

la, pementos e mollo de pementos navarros. Completan a

balos pronto! ;P .

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

lista de poboacións galegas as Galipapas de Lugo, con zor-

Pincha

za; Ourense, con verduras asadas e queixo cheddar; Pon-

Pincha

Revista de Gastronomía & Cultura

Revista de Gastronomía & Cultura

tevedra, con polbo, pemento en po e aceite; Coruña, con caranguexo, xamón, cenoria, millo, atún, queixo e mollo de cóctel; e Laxe, con touciño crocante. Ademais, tamén podes formar a túa propia Galipapa mesturando os ingredientes coma queiras. Con prezos que oscilan entre os 3,50 e os 8,50 euros. “Utilizamos produtos frescos e de tempada e somos tamén unha boa opción para as persoas celíacas e vexetarianas”, sinala a propietaria. As patacas ásanse nun forno -que tiveron que importar porque non había ningunha empresa que o fabricara por aquí-, ábrense e énchense coa salsa e o resto de ingredientes. E voilá! Galipapas listas para levar ou para entrega a domicilio.

As Galipapas están compostas por patacas asadas recheas de diferentes produtos típicos galegos. Foto: Iván Barreiro Pincha | N 24

| 27 |


axenda que lle pon banda sonora os solpores dos xoves e venres de xullo e agosto con pop, indie, música de raíz, urbana, trap, rap, reggae, funky, jazz,R&B...

actuacións ao vivo Feito a Man durante o mes de agosto. Cidade Vella está formada polos locais Camalea, Modus Vivendi, Atlántico, Chocolate, O Pozo, Casa das Crechas, Literarios, A Gramola, Kapital, Borriquita de Belém, Xuntanza, Paraiso Perdido, A Reixa, Embora e Momo... A Rúa. Podes consultar a programación completa en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural

Concertos agosto: XOVES 5 - SARA ZOZAYA

RUXE RUXE 1996 – 2021: 25 ANOS DE UNIVERSO GRÁFICO ZONA C DO 4 DE AGOSTO AO 30 DE SETEMBRO | PREZO: DE BALDE

CAMIÑO BRANCO DE ROSALÍA PADRÓN MÉRCORES E VENRES DE AGOSTO ÁS 12:00 HORAS | PREZO: GRATIS

O grupo teatral Os Quinquilláns realizarán visitas guiadas polo casco histórico de Padrón protagonizadas por Rosalía de Castro e Modesto Brocos, único pintor que a retratou en vida e ten varios debuxos da vila de Padrón realizados arredor do ano 1880. Saída: praza de Fondo de Vila. Prazas limitadas. Reservas en turismo@ padron.gal ou no teléfono 646 593 319.

AMESON O MILLADOIRO E BERTAMIRÁNS DO 4 DE AGOSTO AO 3 DE SETEMBRO

Un total de 13 actuacións musicais compoñen o programa AmesON co que, a Concellaría de Promoción Económica xunto coa de Cultura, xuntan forzas este verán para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. As seguintes actuacións en agosto serán:

Ruxe Ruxe levan 25 anos sen baixar dos escenarios, un cuarto de século facendo rock en galego ininterrompidamente. Son a banda máis lonxeva de Compostela, un dos grupos galegos con máis traxectoria e todo un referente para ducias e ducias de músicos que chegaron despois. Dende a estrea do seu recoñecido logo nos inicios do grupo en 1996 ate os últimos deseños do disco “O estraño falar dun monstro da aldea” (2020), Ruxe Ruxe sempre coidou a imaxe gráfica do seu traballo coa complicidade de deseñadores, fotógrafos ou debuxantes que souberon entender á perfección as súas inquedanzas, dotando todo o seu universo dunha riqueza gráfica de grande valor. A arte dos seus case 20 traballos discográficos, cartelería de infinidade de concertos, as súas icónicas camisolas, ilustracións, deseños web, videoclips animados, chapas, revistas, esculturas, artesanía, pegatinas e ata tatuaxes recompilados ao longo de 25 anos, forman unha colección que convén revisar e reivindicar pola singularidade artística e o valor contracultural de todo este universo xerado arredor dunha banda.

A Asociación Cultural Cidade Vella organiza un ano máis o ciclo de concertos e

|2

XOVES 19 - ESPIÑO VERNES 20 - VALDIVIA XOVES 26 - PEDRO MAFAMA VERNES 27 - BLANCO PALAMERA

SALÓN TEATRO

XOVES 5 - FASE FESTA CON PEPO

Co proxecto A idea primaria é esnaquizalo a cabezadas, a artista María Llanderas tece unha proposta que abraza o espírito inconforme da poeta Xela Arias e o seu pulo por facer da súa obra escrita unha arma viva, trasladando ao corpo e ás artes vivas toda esa linguaxe emocional. O proxecto bebe da vontade de comunicación entre as distintas disciplinas artísticas pola que sempre apostou a autora que este ano recibiu a homenaxe das Letras Galegas.

6 DE AGOSTO ÁS 20:00 HORAS

SÁBADO 28 - VIRTUAL PROJET

AGOSTO

VERNES 13 - FIRMADO, CARLOTA

MÉRCORES 4 - NEREA & CHOCOLATE

DOMINGO 8 - AIRES DE ORINOCO

SANTIAGO DE COMPOSTELA

XOVES 12 - BABYKATZE

A IDEA PRIMARIA É ESNAQUIZALO A CABEZADAS

SUEVOS, FÁTIMA PEGO E JOSEP RUIZ

FEITO A MAN

VERNES 6 - DANIEL LUMBRERAS

ATARDECER NO GAIÁS O AmesOn rematará o 3 de setembro coa actuación da Orquestra París de Noia. Participarán como teleneiros os gañadores da primeira edición do concurso de karaoke Canta con Ames.

CIDADE DA CULTURA DE GALICIA DO 5 AO 27 DE AGOSTO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: 3 €

Boa música ao vivo, ao aire libre e ao solpor! Esta é a receita infalible de Atardecer no Gaiás, ciclo que

Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural

| 28 | Pincha |

24


must

SETEMBRO ARRANCA NO

SALÓN TEATRO CO ESPECTÁCULO ‘SERVA ME, SERVABO TE’

O

O Cento Dramático Galego sitúa o corpo como elemento central da escena

9 de setembro chegará ao Salón Teatro Serva me, servabo te, a nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), que visita Compostela despois da súa estrea no Festival de Teatro Galego (Fetega) do Carballiño. Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez son os creadores deste espectáculo que sitúa o corpo como elemento central da escena para falar dos afectos e do colectivo, así como para reivindicalo como materia que nos iguala sen distincións. Sorprenderá moito o seu escenario, no que se fantasía co derrubamento dun edificio de vinte alturas, e que se presenta como un corpo nu ante a inmensidade. Serva me, servabo te (axúdame e axudareiche, en latín) resalta o corpo, a voz e o espazo como elementos básicos e primixenios da expresión teatral para camiñar cara ao futuro a través dunha catarse escénica que conecta os corpos coa comunidade, coa natureza e coa loita pola supervivencia, explica o director do CDG, Fran Núñez.

Equipo A peza combina experiencia e xuventude tanto no seu equipo de interpretación coma no artístico. Así, conforman o elenco, no que cómpre sinalar a elevada presenza de actrices e actores formados na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, Belén Bouzas, Olga Cameselle, Bal Castro, Raquel Crespo, María Llanderas, Diego M. Buceta, Fran Martínez e Cris Vilariño.

Canto á parte artística, a creadora escénica Avelina Pérez é a asistente de dirección. Pola súa banda, Carmen Triñanes asume a iluminación e a videocreación, así como a escenografía de xeito compartido con Laura Iturralde. O vestiario asínao o actor e deseñador Xoel Álvarez e o espazo sonoro, Xabier Bértolo. Finalmente, Roberta Ferrara e Xandre Vázquez fanse cargo da asistencia de coreografía e de produción, respectivamente. Ademais deste proxecto, o CDG, unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, xa avanzou as que serán as novas producións para a vindeira temporada. Trátase dunha adaptación teatral de A peste, de Albert Camus, dirixida por Cándido Pazó, e de Ás 8 da tarde cando morren as nais, baixo a dirección de Marta Pazos a partir da dramaturxia de AveLina Pérez. ONDE? Salón Teatro CANDO? Do 9 ao 26 de setembro Haberá sesións ás 20:00 horas os xoves, venres e sábados, e ás 18:00 os domingos ENTRADAS 10 €, con descontos do 40% para diversos colectivos e os domingos, Día do espectador. Á venda en ataquilla.com ou no despacho de billetes dúas horas antes de cada representación. Pincha | N 24

| 29 |


Esta mostra aberta ao público no Salón Teatro celebrarase despois das tres semanas en residencia combinada que tivo lugar entre a Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego.

dúbida servirán para quentar motores para O Son do Camiño 2022. O ciclo Perseidas despídese cos concertos de Loquillo e Carolina Rubirosa (o 7 de agosto) e Melendi e Luis Fercán (o 8 de agosto).

LEIRA, DE NOVA GALEGA DE DANZA

COMICAMENTE CIDADE DA CULTURA

BERTAMIRÁNS (AMES)

29 DE AGOSTO

6 DE AGOSTO ÁS 22:O0 HORAS

O parque do Ameneiral será o escenario que acolla o espectáculo Leira ás 22:00 horas. O novo traballo de Nova Galega de Danza mestura a danza coa música en directo de Rosa Cedrón para transportarnos á dura beleza dos labores do campo. O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo. A celebración dunha Galicia intemporal e máxica.

O SON DO CAMIÑO. PERSEIDAS MONTE DO GOZO 7 E 8 DE AGOSTO

O Son Do Camiño regresa este ano ao Monte do Gozo en forma de ciclo de concertos que sen

VERÁN NO GAIÁS CIDADE DA CULTURA DE GALICIA ATA O 18 DE AGOSTO | PREZO: DE BALDE

A Xunta de Galicia organiza este verán un novo ciclo de actividades para gozar en familia na Cidade da Cultura. A compañía La Fiesta Escénica chegará ao Gaiás o mércores 4 de agosto para nos presentar A formiga Icía e convidar a rapazada a tomar parte nun mundo diminuto de abellóns, arañas, formiguiñas e vagalumes no que aprender sobre a amizado, a lealdade, a tolerancia e a responsabilidade cara aos dereitos das outras persoas. A peza, para meniñas e meniños a partir de tres anos desenvolverase na Planta -1 do Museo Centro Gaiás ás 19:00 horas.

Comicamente é un ciclo de humor impulsado polas empresas Con de tres pés, Etiqueta Negra e Ainé Producións co apoio da Xunta de Galicia para levar o humor a 12 concellos da comunidade desde finais de xullo a comezos de setembro. O proxecto está enmarcado na programación do Xacobeo 21-22. O Carballiño, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, Ourense, Mondoñedo, Pontevedra, A Coruña, Santiago, Lugo e Lalín son os concellos que van acoller as actuacións. En Santiago o espectáculo contará cos humoristas David Amor, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán, aos que poderemos ver na Cidade da Cultura.

O mércores 11 de agosto o Gaiás vira en parque de xogos tradicionais da man de A eira do Paporrubio. Javier Iglesias Rodríguez proporanos un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria co que coñecermos un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantareiros da nosa fauna. Das 18:00 ás 20:00 horas, desenvolveranse catro quendas de xogos cun aforamento máximo de 25 persoas por quenda. É unha actividade recomendada para nenas e nenos de máis de dous anos de idade. O Mago Teto pechará o Verán no Gaiás o mércores 18 de agosto con O Camiño do Afiador, un espectáculo de maxia que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos 30, herdada polo Mago Teto dos seus ancestros. Tras séculos de viaxes, a roda trae canda si milleiros de historias e aventuras doutros tempos que chegan á escena envoltas do bo facer deste grande ilusionista. Esta última función, ideada para un público a partir de sete anos, comezará ás 19:00 horas.

PAKOLAS: ROCKEANDO CON RAMONA CALO AMENEIRO (TEO)

9 DE SETEMBRO ÁS 20:30 HORAS

“Pakolas”, rockeiro e guitarreiro, é o nome co que Paco Cerdeira se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria. Neste concerto, Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e a guitarra, nun espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción e participación coas nenas e nenos, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público.

CONCERTO DE PABLO MILANÉS A TRASLATIO PADRÓN VENRES DE SETEMBRO ÁS 20:00 HORAS | PREZO: DE BALDE

Suso Martínez interpreta a Atanasio, discípolo do apóstolo Santiago, que amosará mediante estas visitas os lugares xacobeos da vila de Padrón. Saída da praza da Fondo de Vila. Prazas limitadas. Inscrición previa en turismo@padron.gal ou no teléfono 646 593 319.

AUDITORIO DE GALICIA

18 DE SETEMBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: DESDE 24 €

Pablo Milanés, un dos principais expoñentes da canción de autor en español seguirá presentando a súa xira Esencia, un proxecto que tivo unha excelente acollida e deulle grandes satisfaccións en escenarios de Europa e América. En palabras do propio músico: “Un resumo da esencia da miña obra nun recital”, onde se retoman cancións

Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural | 30 | Pincha |

24

3|


emblemáticas da súa obra (O breve espazo, Para vivir, Yolanda, Xa ves, etc.), xunto con outras non tan populares pero que son exemplos da natureza e singularidade deste trobador que se sobe aos escenarios coas mesmas emocións e enigmas que a música lle proporcionou en máis de seis décadas.

entre o 22 e o 26 de setembro. As primeiras confirmacións do seu cartel para este ano son Adiós Amores, Chico Blanco, Paco Moreno, Elba e Rusowsky. Adiós Amores e Chico Blanco eran dous dos pratos fortes da edición 2020, que quixo pero non puido ser pola pandemia e que tivo que foi cancelada a escasos días da súa celebración. Pola gran demanda expresada por parte do público, a organización decide manter estas dúas propostas para a edición 2021, á vez que incorpora na súa programación a Paco Moreno, quen se encargará de traer a auténtica rumba de agora a Compostela, a Elba e a Rusowsky.

TIGRES COMA CABALOS MUSEO DO POBO GALEGO ATA O 26 DE SETEMBRO

A mostra recupera, 31 anos despois e en formato de exposición, unha das obras máis emblemáticas e vangardistas de Xela Arias, realizada en colaboración co fotógrafo Xulio Gil. Está estruturada en 48 paneis que recollen outras tantas fotografías de Xulio Gil e textos de Xela Arias. O traballo dos autores partiu de 24 obras individuais iniciais (24 poesías de Xela Arias e 24 fotografías de Xulio Xil). Cada un dos artistas traballou a proposta do outro ata acadar as outras dúas ducias de creacións que completan o proxecto. Xa cando se presentou en formato libro en 1990 os autores sinalaron a independencia dos traballos fotográfico e poético na súa orixe e o proceso de intercambio creativo posterior.

FESTIVAL ALGUÉN QUE RESPIRA! TEATRO PRINCIPAL 21 DE SETEMBRO

O festival ‘Alguén que respira’ readaptou o seu calendario ás circuntancias da pandemia e esténdese ao longo do 2021 en catro xornadas que se celebrarán cada día 21 de solsticio e equinoccio. A próxima xornada terá lugar o 21 de setembro, a unas horas do equinoccio de outono, e o festival rematará o 21 de decembro, no solsticio de inverno. En cada xornada haberá eixes temáticos que articularán os ciclos de recitais e desde a organización xa anuncian que haberá propostas inesperadas.

FAEMINO Y CANSADO: 17 VECES AUDITORIO ABANCA

23 DE SETEMBRO ÁS 20:00 HORAS | PREZO: DESDE 20 €

MELONAFEST SANTIAGO DE COMPOSTELA DO 22 AO 26 DE SETEMBRO

O festival Melonafest celebrará a súa quinta edición neste ano Xacobeo 2021

Segundo a tradición, Kaon Lin, da bimilineraria cultura chinesa, o deus Kuan Lon, a única deidade que vive nunha cantimplora, permite a un ser humano gozar de clarividencia catorce veces nunha vida. Faemino e Canso pásanse polo forro a tradición Kaon Lin, como outras moitas, e sosteñen que catorce son poucas e que eles xa van por dezasete. Este novo espectáculo é, sen dúbida, o máis rupturista da traxectoria destes famosos humoristas. Abandonan a sensatez que sempre lles acompañou na súa carreira e se lanzan sen paracaídas a unha piscina medio chea, como diría un optimista.

CAMIÑO DA VIDA TOLA CARBALLEIRA DE SANTA MINIA (BRIÓN) 26 DE SETEMBRO ÁS 20:30 HORAS

Camiño da Vida Tola pretende poñer en valor e difundir moitas das músicas que soaron outrora nalgún dos camiños que levan a Compostela. Este patrimonio cultural inmaterial foi conservado durante anos na memoria das persoas informantes e sobre todo das mulleres, que sempre son unha fonte inesgotable de sabedoría popular. Como nos espectáculos anteriores, a base melódica das pezas de Carapaus ten un forte carácter tradicional, pero sen deixar de lado pezas de nova composición, sempre con sabor a terra e a país.

DAVID LAMELAS. LONXE, AMÉRICA CGAC ATA O 3 DE OUTUBRO | PREZO: DE BALDE

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolle ‘David Lamelas. Lonxe’, América, a primeira retrospectiva do artista arxentino en España. Trátase dunha selección de obras que abrangue desde 1962 ata 2021 e que conta con préstamos de 12 museos europeos e norteamericanos, así como de coleccionistas particulares. A exposición permite coñecer a evolución da obra de David Lamelas desde os inicios ata a actualidade. A mostra documenta os vínculos con Galicia do artista, fillo de emigrantes galegos, e incide nun aspecto pouco explorado da súa práctica, como é a importancia do debuxo e do proxecto ao longo da súa carreira. Ademais, a exposición presenta varias intervencións que entran en diálogo coa arquitectura deste museo que as acolle, deseñado por Álvaro Siza.

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:

redaccion@revistapincha.gal

|4 Pincha | N 24

| 31 |


guía de ocio e compras

SERVIZO A DOMICILIO E TAKE AWAY

Rúa de San Paio de Antealtares, 16 Santiago de Compostela De 10:00 a 01:00 Martes pechado

Tamén take away Rúa de San Pedro, 120 Santiago de Compostela

COMIDA PARA RECOLLER Avda. Benito Vigo, 70 - A Estrada De 13:00 a 17:00 e de 20:00 a 00:00 Luns e martes pechado

T. 669 852 768 acarrilana.com

De M a S de 13:00 a 15:45 e de 19:30 a 23:00. Pechado domingos e luns T. 981 589 600 - amaceta.com

Avenida de Ferrol, 9 Santiago de Compostela

Praza do Matadoiro, 1 Santiago de Compostela

L a S de 13:30 a 15:30 e de 19:00 a 23:00

De 13:30 a 17:30 e de 21:00 a 00:30 Pechado Ma e Me e noites de L

Rúa San Lázaro, 104 Santiago de Compostela

artesanagastrobar.com

T. 635 677 229 - beneditaelisa.com instagram.com/benedita_elisa

T. 981 566 607 - labodeguilla.gal

Cafetería - Restaurante - Pastelería Vexetariano - opcións veganas e Sen Glute Rúa de San Pedro, 118 Santiago de Compostela T. 981 073 386 instagram.com/clem_cafe

Alejandro Pérez Lugín, 11 Santiago de Compostela De L a V de 12:00 a 16:30 e 19:30 a 23:30 Pechado por vacacións do 13 ao 23 de agosto

T. 881 944 686 -

@flamingocompostela

T. 981 571 226 - argentinosburguer.com

PEDIDOS ONLINE PARA RECOLLER

PEDIDOS NA WEB E POR TELÉFONO

Rúa Nova, 46 Santiago de Compostela T.981 583 981 - latitacompostela.com info@latitacompostela.com FB e IG @latitacompostela

Pedidos na web e por teléfono Rúa Nova, 39 - Rúa das Orfas, 10 Santiago de Compostela T.981 583 981 - latitacompostela.com info@latitacompostela.com FB e IG @latitacompostela

| 32 | Pincha |

24

– EST 2005 –

T. 981 573 807 cafeterialasso.gal facebook.com/cafeterialasso

milongasparrillada.com FB e IG @milongasparrillada


J.A.Brenlla R E S TA U R A N T E O F E R RO

Rúa de San Pedro, 16 Santiago de Compostela De L a S de 13:30 a 16:00 e de 20:30 a 23:30 T. 981 577 633 - dezaseis.com

RESERVAS NA WEB EN TEMPO REAL

Rúa de Sempre en Galiza, 1 Santiago de Compostela De 10:00 a 23:45 - Sábados pechado T. 981 592 399 restauranteferro@gmail.com restauranteferro.com

A ALMA DE GALICIA

Rúa Olvido, 22 Santiago de Compostela

Rúa das Casas Reais, 21 Santiago de Compostela

981 587 196 info@osendeiro.com osendeiro.com

T. 981 115 092 reservas@grupoorixe.com orixegastronomiagalega.com

SERVIZO A DOMICILIO E PARA LEVAR

Rosalía de Castro, 23 Santiago de Compostela T. 981 590 538 oreidobocadillo.com

Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela L a V: 06:00 a 22:00 S: 06:00 a 14:00 - D: 08:30 a 14:00 T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com

Rúa da Raíña, 4 - Santiago Rúa Nova de Abaixo, 36 Santiago de Compostela T. 981 591 947 raicesgalegas.gal

Preguntoiro, 35 Santiago de Compostela riquela.com

De 11:00 a 15:30 e de 19:00 a 23:00 T. 981 572 257 restaurantesanjaime.com info@restaurantesanjaime.com

instagram.com/restaurante_san_jaime

*Horarios suxeitos a cambios segundo as restricións impostas pola pandemia da COVID-19. Rúa Mazarelos, 4-5 Santiago de Compostela T. 696 484 123 sonarcompostela.com

Consulta novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal

Revista de Gastronomía & Cultura

GUÍA DE OCIO ERevista de Gastronomía & Cultura COMPRAS

 Revista de Gastronomía & Cultura Pincha | N 24

| 33 |


Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela

Asesoría Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable Javier Alvarellos Mª del Mar Rodríguez - Pablo Vizoso t. 981 570 393 – 608 883 589

T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com

Rúa Bautizados, 10 Santiago de Compostela galipapas.com instagram.com/galipapas_

Despois de papar, a estas tendas terás que ir mercar

Rúa do Hórreo, 46 Santiago de Compostela

L a V de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00

NOVO SERVIZO ONLINE pandamoa.com/tenda

Rúa das Rodas, 13 Santiago de Compostela

Rúa do Cubelo, 27 Santiago de Compostela

oscatrogatos.com

T. 981 552 352

*Horarios suxeitos a cambios segundo as restricións impostas pola pandemia da COVID-19.

LIBRARÍA LOWCOST Re-compramos e Re-vendemos libros

Consulta novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na

Santiago de Chile, 2 Santiago de Compostela T. 881 998 420 facebook.com/rereadsantiago instagram.com/rereadsantiago twitter.com/RereadSantiago1

Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal T. 682 410 689 - info@seispes.com www.seispes.com

GUÍA DE OCIO E COMPRAS

 | 34 | Pincha |

24


Fixemos de xurado no Premio Begoña Caamaño

A

directora de Pincha, Rebeca Munín, formou parte do xurado da última edición do Premio Begoña Caamaño de acción cultural pola igualdade que outorga a Deputación da Coruña, xunto ás xornalistas Carmen Merelas Rico, María Obelleiro Hermida e Fernanda Tabarés; o deputado de Cultura, Xurxo Couto, que exerceu como presidente; e a xefa de Servizo de Cultura, Mercedes Fernández-Albalat, que foi a secretaria. A elixida foi a Asociación Ambar pola “labor que desenvolve desde hai 40 anos para rachar coa dupla discriminación que representa ser muller e ter diversidade funcional, desde un ámbito comarcal e con ferramentas innovadoras afastadas do paternalismo e promovendo a autonomía e a igualdade desde o asociacionismo de base”.

N

Debate sobre novos medios galegos do Consello da Cultura Galega

o mes de xuño tivemos ademais a oportunidade de participar na mesa virtual ‘Novos medios galegos. A especialización importa’ que organizou o Consello da Cultura Galega, moderado por Carlos Pereiro, director da revista Morcego, e no que participaron

Rebeca Munín (Revista Pincha), Guillermo Rodicio (A que cheira papá?), María Yáñez (Vinte), Roque Sanfiz (Mazarelos) e Raquel C. Pico (Disquecool). Se queres ver o debate, telo no seguinte QR >>>

O LIBRO DE LILA DE LILITH Sibila Se queredes unha lectura que enganche, na que haxa distopía, moi achegada no tempo e no espazo, e moita intriga, podedes achegarvos a ‘Sibila’, novela que vén de publicar Rosa Aneiros na editorial Xerais.

Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.


Rúa da Senra

Se es intelixente

i

merca aqui

Escanea para ver o vídeo!

Shopping e paseo por Santiago comercio.santiagodecompostela.gal


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.