6 minute read

reportaxe | 2021: O ano do si, pero non

En 2021 recuperamos a asistencia presencial a concertos e festivais como o de Cineuropa. Foto: Iván Barreiro

Rebeca Munín

Advertisement

Por

@rebecamunin

2021: O ANO DO SI, PERO NON

Compostela recuperou nestes meses boa parte da súa actividade cultural e as restricións nos locais de hostalaría foron reducíndose pouco a pouco, mais o camiño cara a nosa vella normalidade aínda semella ser longo

Rematamos o 2021 e, como sempre que termina algo, toca facer balance. Se botamos a vista atrás, este estaba chamado a ser un moi bo ano para Compostela. Despois de máis dunha década, celebrábase un novo Ano Santo, co que iso supón de atracción turística para a cidade e, en consecuencia, de beneficio económico para bares, restaurantes e hoteis, así como dunha máis prolífica actividade cultural. Pero a covid-19 mudouno todo e, a pesar de que nestes meses si que podemos dicir que recuperamos parte da nosa vella normalidade, o camiño ata chegar a onde estabamos no 2019 semella aínda longo.

O primeiro semestre foi moi complicado para a nosa hostalaría e agora que os locais comezaran a recuperar certa normalidade, a posibilidade de que haxa novas restricións preocupa moito. “2021 foi un ano cheo de incerteza, cheo de cambios... Cada semana dependías dunhas novas normas. Na maioría dos negocios non se empezou a ver unha recuperación ata mediados de xullo. Estamos aínda no inicio desa recuperación e non sabemos que vai pasar con nós agora que están subindo os contaxios”, sinala o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez. “Hai medo a volver atrás porque nós somos o sector que pagamos todas as consecuencias da pandemia, xunto coa cultura e o comercio, e xa sabemos que en canto os políticos necesitan facer que fan, o primeiro que fan é atacarnos a nós”, denuncia a presidenta da Bares, pubs e discotecas de Santiago, Lucía Vázquez.

En Hostalaría Compostela decidiron recuperar neste novembro o popular concurso de tapas Santiago(é)Tapas. Despois de doce edicións con-

Guillermo Moscoso, coas empanadas para rematar na casa que ideou neste ano pandémico como un produto máis que ofertar aos seus clientes. Foto: Iván Barreiro

☛ Á dereita, outra innovación deste 2021 que está a gustar moito: os Moscositos.

secutivas, a número trece tivo que suspenderse no 2020. “Tiñamos medo porque cando comezamos a traballar no certame, as barras dos locais non estaban dispoñibles. Isto fixo que algúns non se animasen a presentar as súas propostas. Sen embargo, a participación do público foi moi boa. Estamos moi contentos”, asegura Thor.

Mais como neste 2021 recibimos constantemente unha de cal e outra de area, ao peche desta edición de Pincha, debatíanse novas restricións e a opción de volver a exixir o certificado covid para entrar a bares e restaurantes. “Evidentemente sería un fastío para todos, pero ante a posibilidade de ter que reducir os aforos ou os horarios, calquera solución que se propoña será mellor. Necesitamos poder traballar porque foron 18 meses de perdas”, apunta Rodríguez. Para Lucía este feito resulta “absurdo” pola porcentaxe de poboación vacinada que temos. “Non é o mesmo problema que hai en Alemaña ou Francia, onde gran parte da poboación non se quixo vacinar. Se a Xunta de Galicia se queda tranquila facéndonos pedir o certificado covid, pedirémolo. O que pasa que tamén pedimos que se nos dea un instrumento para poder facelo legalmente e con facilidade”, sostén.

Eramos poucos... e subiu a luz

Como se fora pouco levar máis de ano e medio de dificultades por mor da pandemia, a hostalaría e o comercio estanse enfrontando nesta recta final do 2021 a dous serios problemas: o encarecemento da electricidade e a falta de abastecementos. “O mes pasado paguei o dobre de luz que no mesmo mes de fai dous anos. Estamos fa-

lando dun local de 40 metros cadrados que paga 700 euros. Iso é insostible. Ao final a luz estase convertendo case noutro alugueiro”, afirma Lucía.

Máis cultura,

Sobe a luz, o gas, o combustible, certas materias primas... “É o marco incomparable para ter unha pequena empresa!”, ironiza Guillermo Moscoso, da panadería compostelá Pan da Moa. A situación é tan complicada que, despois de cinco anos sen facelo, en xaneiro terá que subir os prezos dos seus produtos.

“Estamos nun momento pero con cautela

para ser o máis 2021 será recordado tamén polo ano no que imaxinativos posible. O puidemos volver estar de pé nun concerto; no que que antes se adapte a festivais como Cineuro pa recuperaron a pre todas as circunstancias sencialidade total ou no que volvemos a acudir a que vaian chegando é o eventos e presentacións. que vai poder continuar Se a hostalaría foi un dos sectores máis aberto e traballando” prexudicados pola crise sanitaria, a cultura non se quedou atrás. Demasiados meses de perdas para unha gran maioría de artistas que xa tiña moitas dificultades para vivir do seu traballo antes da aparición da covid-19. Dicíao a presidenta de O panadeiro considera que no 2022 as circunstan- Músicas ao Vivo, Xiana Lastra, no seu discurso na cias seguirán sendo cambiantes. “Non se poden fa- entrega dos 8º Premios Martín Códax da Música: “A cer previsións. Estamos nun momento para ser o superación desta pandemia ten que ser a oportunimáis imaxinativos posible. O que antes se adapte a dade definitiva para dignificar a nosa profesión. Hai todas as circunstancias que vaian chegando é o que que aproveitar que se resetearon moitos asuntos vai poder continuar aberto e traballando”, asegura. profundos na sociedade e que se puxeron sobre El lévao facéndoo así desde os inicios da pandemia, a mesa outros tantos que se daban por conquistacon promocións, poñendo en marcha unha tenda dos, non só a nivel social, tamén na economía ou online e inventando novos produtos. “Creamos as na cultura. É o momento de reivindicar dereitos empanadas 2.00º para poder rematar na casa. Van básicos para nós que parecían inamovibles: remaprecociñadas e en minutos pódelas ter terminadas, tar coa precariedade, conseguir a consideración de o que che permite comprala o luns e deixala para o traballadoras, poder rematar a nosa vida laboral sábado, por exemplo. Está pensada para eses clien- coas mesmas prestacións merecidas que as doutes que non poden vir á panadería todos os días. tros sectores produtivos, poñer no foco o talento Temos tamén pizzas”, explica. Outra idea que está galego, crear industria e unha rede de espazos nos triunfando moito son os chamados ‘Moscositos’, un que actuar”. biscoito recheo cunha crema de manteiga tradicional e glaseado de chocolate intenso. “Recordan aos 2022 pode ser o ano no que inxustizas coma esas ‘Phoskitos’ pero con materia prima de moitísima empecen a cambiar. Está nas nosas mans. Seremáis calidade e con chocolate de verdade”, apunta. mos quen?

Terraza de A Lareira.

Novos locais: A Lareira e DeLito

Apandemia da covid-19 levouse por diante a vida de milleiros de persoas en todo o mundo. E a enorme crise económica que trouxo con ela acabou con moitísimos negocios, especialmente nun sector tan castigado como o da hostalaría. Pero neste 2021 tamén houbo moitos emprendedores que se animaron a abrir novos locais.

En outubro arrancou A Lareira, un negocio familiar situado na Rúa de San Clemente, 2. Capitaneado por un dos chefs máis famosos da televisión brasileira, Arturo Salano, e o seu fillo, na súa web defínense como a “unión de dous culturas e cociñas diferentes. O onte e o hoxe reunidos nun só lugar”.

Na súa carta atopamos croquetas artesás, conservas galegas, opcións para picar... A súa especialidade son as carnes de corte gourmet: costeletas, picaña, entrecosto... e un espectacular tomahawk de tenreira galega.

A principios de novembro púxose tamén en funcionamento o espazo gastronómico DeLito, na Rúa de San Pedro, 26. Entre as propostas deste negocio levado adiante por catro socios (Carlos Delgado, Sergio Rama, Rubén Rama e Aurelio Vázquez) destacan os peixes e mariscos seleccionados a diario nas principais lonxas galegas e as carnes de vacún das súas propias ganderías en Ávila e Galicia.

This article is from: