1 minute read

ultramarinos | Lanzamos a segunda Guía de Compras de Nadal

Lanzamos a segunda Guía de Compras de Nadal da Revista Pincha

GUÍA DE COMPRAS

Advertisement

Neste Nadal, gastronomía e cultura local

2021 Tralo éxito da primeira Guía de Compras de Nadal que publicamos en decembro do 2020, neste 2021 Pincha lanza unha segunda edición con diferentes ideas para agasallar nestas Festas. Pezas de artesanía galega, tendas de comercio local, produtos gastronómicos de proximidade...

Porque non hai nada mellor que unha atención personalizada, coñecer ás persoas polo seu nome e mercar coa confianza de saber que vas acertar seguro. Neste Nadal, gastronomía, cultura e #agasallolocal

Busca a túa Guía de Compras de Nadal nos establecementos participantes e nos puntos de reparto habituais da Revista Pincha. Tamén podes consultar a versión online no seguinte enlace:

ONDE ATOPAR PINCHA

A revista Pincha de gastronomía e cultura publícase cada dous meses e repártese de xeito gratuíto en bares, restaurantes, centros socioculturais, tendas e outros puntos de interese de Santiago e a súa comarca. Podes consultar aquí todos os puntos de reparto: Ademais, se queres recibir Pincha en pdf no teu correo electrónico, así como outras das noticias que publicamos en revistapincha.gal, podes subscribirte ao noso newsletter Só tes que cubrir o formulario que atoparás neste código QR:

NADAL

2021

This article is from: