11 minute read

axenda

MEMORIAS DO CAFÉ DERBY (1929-2020) CASA DO CABIDO

ATA O 30 DE DECEMBRO Esta mostra percorre os 90 anos de historia do emblemático Café Derby, referente cultural en Compostela. Amosa documentación e imaxes inéditas do Café e unha recreación do espazo orixinal, con algúns dos elementos mobles como as cadeiras, mesas ou lámpadas. Nas súas cadeiras sentáronse intelectuais ilustres como Valle-Inclán, Seoane, Maside, Carvalho Calero, Torrente Ballester, Colmeiro, García Sabell, Casares, Manuel María ou Castelao.

Advertisement

CICLO MÚSICA EN SALAS CASA DAS CRECHAS / BORRIQUITA DE BELÉM / MOON MUSIC CLUB

ATA O 19 DE DECEMBRO A Xunta de Galicia puxo en marcha en novembro un novo ciclo que, baixo o título Música en salas, ofrecerá durante dous meses 135 concertos de 115 artistas e bandas galegas en 19 locais das catro provincias. Esta iniciativa, á que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade destina un orzamento de 200.000 euros, é froito do convenio asinado coa Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo Clubtura para impulsar tradicional na igrexa de San Fiz de Solovio. Máis de 200 fi guras de barro e lenzo pintado, todas feitas a man, compoñen este nacemento que inclúe diferentes escenas, pezas en movemento e tamén iluminación e son. A pista de xeo que se instala no centro comercial Área Central poderá visitarse ata o 9 de xaneiro.

Podes consultar outras actividades para estas Festas en Compostela en revistapincha.gal

a recuperación da actividade musical en directo neste tipo de espazos, ademais de contar coa complicidade de Músicas ao Vivo como entidade que representa os intereses dos intérpretes. Os concertos programados en Santiago de Compostela no mes de decembro son os seguintes: - David Regueiro Trío. 1 de decembro ás 21:30 horas na Borriquita de Belém - Pablo Sanmamed Trío. 3 de decembro ás 21:00 horas na Casa das Crechas

- Filo. 8 de decembro ás 21:30 horas na Borriquita de Belém

- Belém Tajes & Banda. 9 de decembro ás 21:00 horas na Casa das Crechas

- Adrián Costa. 11 de decembro ás 21:00 horas na Casa das Crechas

- Aló Django QT. 14 de decembro ás 21:30 horas na Borriquita de Belém - Habitación Vudú. 18 de decembro ás 21:00 horas no Moon Music Club

Podes consultar a programación noutras localidades galegas en agadic.gal/Axenda

NADAL EN COMPOSTELA

DO 2 DE DECEMBRO AO 6 DE XANEIRO As festas de Nadal comezarán en Santiago o 2 de decembro co acendido do alumeado nas zonas tradicionais da cidade ampliándoo tamén aos principais barrios e vías de entrada da zona urbana. O 3 de decembro inaugurarase o Belén MERCADO DE NADAL CARREIRA DO CONDE / ÁREA CENTRAL

DO 3 DE DECEMBRO AO 5 DE XANEIRO O Mercado de Nadal de Santiago celebrarase do 3 de decembro ao 5 de xaneiro na rúa da Carreira do Conde e, como xa se fi xo o ano pasado, do 26 de decembro ao 5 de xaneiro tamén no centro comercial Área Central. O Mercado de Nadal contará con 30 postos de venda: 15 postos estarán instalados en casetas montadas especifi camente para esta fi nalidade na rúa Carreira do Conde; a maiores habilitaranse 15 postos de venda en Área Central con mesas e mobiliario no interior. Estará aberto de 12:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:30 h, agás o día 31, con apertura só de mañá. Estará pechado os días 24 e 25 de decembro e o 1 de xaneiro. FERNANDOCOSTA AO VIVO SALA CAPITOL

3 E 4 DE DECEMBRO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 15 € Fernando Costa, aka Fernandocosta, ibicenco de nacemento e criado entre a mesma Eivissa e Granada a partes iguais, é un dos protagonistas da nova xeración do hip hop español xurdida á calor das redes sociais e Youtube.

CONCERTO DE COMBO PARADISO SALA CAPITOL

5 DE DECEMBRO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 12€ Da unión de catro dos grandes músicos nacionais de raíces americanas como

son Adrián Costa, Julián Maeso, Alberto Anaut e Juan Zelada nace Combo Paradiso. O cuarteto ofrecerá un concerto en Compostela para presentar o disco ‘Loco Vaivén’ que gravaron nos estudos do Náutico de San Vicente. Nel buscan nos seus ecos internos para, sen perder todo o orgánico e xenuíno das súas traxectorias individuais, buscar unha nova linguaxe que conecte con novos públicos e afi ance aos seus seguidores de sempre a través dunha música veraz e de calidade innegable.

BONNIE TYLER, EN CONCERTO MULTIUSOS FONTES DE SAR

7 DE DECEMBRO ÁS 20:00 H | PREZO: DESDE 15 €

No seu afán por expandir as súas programacións, o festival Vilablues, que nas 6 edicións que leva realizadas, ten recalado en Vilagarcía de Arousa e Noia, fai agora escala en Santiago de Compostela para presentar na súa edición ‘Vilablues no Barrio’ a unha lenda do rock internacional como é Bonnie Tyler.

Ás 20.45 h subirán ao escenario Blues do País, dúo formado por Bieitta James e Pepe King, que ofrecen un repertorio de reinterpretacións de clásicos do blues adaptadas á idiosincrasia galega.

O concerto de Bonnie Tyler dará comezo ás 22.15 h. Tanto a actuación de Blues do País como a de Bonnie

Tyler estarán precedidas por sendas sesións de Duendeneta Dilleis. (Navarra). Caracterízanse por un punk ortodoxo, gran velocidade, temas moi curtos, coros continuos e letras irónicas que combinan humor e crítica para tratar temas sociais e políticos de Euskadi, Navarra e do resto de España. No 2020 anuncian a súa volta aos escenarios e a publicación dun novo LP, ‘Spainkiller’, que poderemos escoitar agora en directo en Compostela.

CASTILLO, ESCULTOR MUSEO CENTRO GAIÁS - CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

ATA O 20 DE FEBREIRO DE 2022 A través dunha escolma de 120 obras –na súa meirande parte esculturas, pero tamén relevos, augafortes, acrílicos ou gravados–, a mostra percorre a extensa traxectoria, con máis de seis décadas en activo, de Jorge Castillo Casalderrey e as súas diferentes etapas creativas, incluíndo recentes obras de grande formato e arxilas datadas nos últimos cinco anos.

REGRESO DE LENDAKARIS MUERTOS SALA CAPITOL

11 DE DECEMBRO ÁS 21:30 H | PREZO: DESDE 15€ Lendakaris Muertos é unha banda de punk procedente de Pamplona GALA FINAL DO XIII SANTIAGO(É)TAPAS CGAC

13 DE DECEMBRO ÁS 20:00 H O CGAC acolle o acto de entrega de premios do XIII Santiago(é)Tapas, concurso de tapas da cidade organizado pola Asociación Hostalaría Compostela e promovido por Turismo de Santiago. Nesta edición participaron 38 locais con 59 petiscos. Ademais, nesta gala tamén se entregarán os galardóns do II Santiago(é)Cóctel, concurso de cócteles organizado pola Asociación Hostalaría Compostela. X MERCADO DA ESTRELA SAN MARTÍN PINARIO / PRAZA 8 DE MARZO / CENTRO SOCIAL ABANCA / CENTRO DON BOSCO

DO 16 AO 19 DE DECEMBRO Case un centenar de expositores de artesanía, moda, ilustración, xoguetes, fotografía, deseño, decoración, viños, produtos gastronómicos, últimas tendencias e moito máis nun mercado contemporáneo que chega á súa décima edición e que inclúe un atractivo programa de concertos de pop-rock, indie, música tradicional, electrónica, sesións picadiscos e obradoiros. Consulta o programa completo en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural

LOS ENEMIGOS, EN DIRECTO SALA CAPITOL

18 DE DECEMBRO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 20 € Los Enemigos -grupo esencial do rock en castelán con máis de tres décadas

de traxectoria e un cancioneiro clásico de principio a fi n– chegan a Compostela para presentar ‘Bestieza’, o décimo álbum en estudo do cuarteto formado por Josele Santiago, Fino Oyonarte, Chema “Animal” Pérez e David Krahe.

MERCADO DE ARTE DE NADAL E ‘MIRAREI’, DE MANUEL NIETTO OS CATRO GATOS

MERCADO: DO 18 AO 30 DE DECEMBRO EXPOSICIÓN: DO 8 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO | PREZO: DE BALDE O espazo para a arte Os Catro Gatos remata o 2021 cunha exposición colectiva e Mercado de Arte de Nadal ‘Os Catro Gatos En Rede’, que se celebrará do 18 ao 30 de decembro.

O 2022 comezará coa exposición ‘Mirarei’, de Manuel Nietto. Nietto é un creador de imaxes oníricas, de mundos alternativos elaborados a partir dunha realidade combinada con elementos da memoria. A súa é unha obra intuitiva e persoal pero tremendamente refl exiva, que pretende conectar a realidade cos nosos soños e medos. Pinturas resplandecientes, con múltiples alusións a motivos extraídos das correntes expresionista, fauvista e abstracta. CONCERTO DE XABIER DÍAZ SALA CAPITOL

26 DE DECEMBRO ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 18€ O músico coruñés Xabier Díaz conclúe unha triloxía personalísima en compañía de As Adufeiras de Salitre co seu álbum ‘As Catedrais Silenciadas’, que presentará neste concerto en Santiago.

Este traballo culmina un proceso que comezou no ano 2015 e do que o elemento diferencial son o conxunto de mulleres vocalistas e percusionistas.

EXPOSICIÓNS NO CGAC CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA

ATA O 20 DE FEBREIRO | PREZO: DE BALDE O Centro Galego de Arte Contemporánea acoller varias exposicións: - CAMIÑOS II. Ata o 23 de xaneiro. Camiños é un proxecto que aborda o feito de camiñar, andar, pasear e a vivencia do camiño, do vagar, do itinerario e da peregrinación como fenómenos e experiencias artísticas. - FSWD/IDENTIDADE E TERRITORIO. Ata o 30 de xaneiro. From Spain With Design (FSWD) é un proxecto de READ, Red Española de Asociaciones de Diseño, concibido de forma colaborativa como unha ferramenta para a proxección do deseño español a nivel nacional e internacional.

- CLARA CARVAJAL. POR UNHA BIOLOXÍA DA IMAXE. Ata o 23 de xaneiro. A exposición Por unha bioloxía da imaxe presenta dúas series sucesivas de Clara Carvajal: Dioses de la frontera e Argucia. - HAMISH FULTON. WALKING EAST. Ata o 20 de febreiro. Hamish Fulton (Londres, Reino Unido, 1946) é un artista cuxa obra é o resultado do encontro entre a arte e o camiñar.

CAMIÑO PORTUGUÉS. LEMBRANZAS DE MAR E PEDRA MUSEO CENTRO GAIÁS - CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

ATA O 17 DE ABRIL DE 2022 Proxecto expositivo e editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués e tece un diálogo entre a fotografía do pasado e as olladas do presente. De Porto a Santiago de Compostela, as paisaxes, a vida nas prazas das aldeas, os monumentos e as escenas cotiás que foron inmortalizadas en séculos pasados volven ser motivo de inspiración baixo unha nova ollada. En 120 fotografías e a través da ollada de 42 fotógrafos e fotógrafas, a mostra aproxímase á riqueza paisaxística e monumental deste itinerario histórico para facernos novamente conscientes do seu valor patrimonial e convidarnos a redescubrilo cos ollos de quen o mira por primeira vez. Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:

redaccion@revistapincha.gal

RECTA FINAL DO OUTONO CÓDAX FESTIVAL 2021

Ofestival galego de música negra, que este ano pon a súa ollada na cidade de Nova Orleans, comezou o pasado 11 de novembro en Compostela e continuará en decembro con catro concertos e varias actividades paralelas. O Outono Códax Festival está impulsado por Raíña Productions e A Reixa e conta co patrocinio de Bodegas Martín Códax e coa colaboración de Pousadas de Compostela e Gadis.

Venres 3 decembro – 20:30 horas - Riquela Club

Concerto de Theo Lawrence, músico, cantante e compositor franco-canadense.

A súa música enterra as súas raíces nas cancións country dos anos 50 e 60, tomando prestados elementos do soul, o pop e o rock and roll daquela época.

Xoves 9 decembro – 20:30 horas -Riquela Club

Chega Néstor Pardo ao Outono Códax 2021 para presentar a, quen sabe se última, reinvención do seu proxecto persoal.

O 2 de outubro, da man de Carajillo Records, viu a luz o seu primeiro vinilo en 7’’ en solitario, titulado ‘Con la muerte di’.

Venres 10 decembro – 20:30 horas - Sala Capitol

Concerto do bluesman Big Daddy Wilson e de The Royal

Roses, formación liderada por unha das saxofonistas máis aclamadas da escena musical de Nova Orleans, Aurora Nealand, e o seu convidado: o clarinetista e escritor Tom Sancton.

Sábado 11 decembro – 19:00 horas - Riquela Club

The Allnight Workers reúnense para esta ocasión, nove anos despois da súa disolución, para facer un repertorio que mesturará os seus éxitos con temas escollidos especialmente para esta edición do Outono Códax Festival.

ACTIVIDADES PARALELAS

Xornadas gastronómicas «Con NOLA ata na sopa» Achegarán a cociña cajún a tres locais da cidade (A Carrilana, Flamingo e Riquela) dende o xoves 9 ao sábado 11 de decembro.

Cata de viño «Xoves en branco» Xoves 2 de decembro ás 19:30 horas no restaurante Flamingo.

Presentación do libro ‘Maneras de Vivir’ de Fernando Navarro Venres 10 de decembro ás 18:00 horas no Riquela Club.

Charla «Walking to New Orleans» Sábado 11 de decembro ás 11:30 horas no Riquela Club, con Aurora Nealand, Carlos Childe, o xornalista Jacobo Rivero –que presentará o seu libro ‘Bulbancha: música, calle y resistencia desde Nueva Orleans’- e o escritor e músico Tom Sancton.

This article is from: