Revista Pincha 2

Page 1

Nº 2 | xullo-agosto 2017

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Verán por todo o alto!

A Santiago non lle falta de nada para gozar destes meses de calor

Veganos, aquí tendes o voso sitio


¿QUÉ LE DIRÍAS AL QUE TE PREGUNTE QUÉ ES LO QUE TIENE ESTE VINO? “QUE SE VAYA SENTANDO, QUE EL ATLÁNTICO TIENE MUCHAS COSAS QUE CONTAR.” IVÁN DOMÍNGUEZ, COCINERO.

RÍAS BAIXAS, DENOMINACIÓN DE ORIGEN.

ALBARIÑO

FILLO DO ATLÁNTICO


Gastronomía & Cultura

ÍNDICE

EDITORIAL

R

Staycation

ecordo que este ano nunha das Por Rebeca Munín miñas clases de inglés (si, aínda sigo con iso! A min non me pillou o trilingüismo na escola) falamos do fenómeno Staycation. Este consiste en pasar as vacacións no mesmo lugar no que un vive, aproveitando para facer todo o que non se pode durante o resto do ano: coñecer lugares novos, ir ao teatro, escoitar algún concerto… Santiago é unha cidade perfecta para iso. Como podedes ver nas páxinas do especial que publicamos neste número, contamos cunha ampla oferta de actividades culturais. Ademais, se o tempo acompaña, temos moitas zonas verdes e terrazas onde pasar o día e praias moi cercanas. E non esquezamos que en xullo estamos en festas! Chega o Apóstolo! Así que, se es dos que non pode viaxar en verán, non desesperes! Compostela mola! Neste #pincha2 falamos tamén do veganismo. Moda para algúns. Case unha relixión para outros. Existen en Santiago locais especializados? Si. E nós sabemos onde. Pero como non todo ía ser verde, tamén vos recomendamos outros restaurantes nunha sección coa que se estrea un novo colaborador, El Zampón de Compostela. Benvido! A parte cultural completámola cunha entrevista á nova cantante de Luar na Lubre, Belén Tajes, e unha reportaxe sobre o novo circo. Que non se diga que en Santiago non vivimos este verán por todo o alto! Gozade coa calor! Bailade, enchede o bandullo… pero, sobre todo, ride! Todo é mellor se vai acompañado dun sorriso. Aínda que toque un staycation ;)

Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal Deseño e maquetación: Alberto Seoane RSM Comunicación | rsmcomunicacion.com

Publicidade: Jéssica Pintor e Ruth Ríos publicidade@revistapincha.gal Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com Colaboran neste número: Lorena Costas, José Crusat, Jéssica Pintor, Zampón de Compostela, Xiana Lastra e @JuanEAT_o

especial Crusat & Costas d e ba res con jessi

reportaxe

entre musicas

#apapa r

4 10 12 16 20 22 26 28 32 34

Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017 www.revistapincha.gal Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

Verán en Compostela Pé de Perdiz A micro revolución vegana e vexetariana en Santiago Compostela ten moito circo

palabra d e zampo’ n Belén Tajes La Bodeguilla de San Lázaro Axenda Compostelá Directorios Paga a pena

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

3|


Pincha | Revista 2

especial

Vacaciรณns

-

En Santiago contamos cunha inmensa oferta gastronรณmica e cultural para pasar este verรกn. Foto: Ivรกn Barreiro.

|4


s

GastronomĂ­a & Cultura

en

Santiago...

agora que? Repasamos a oferta cultural e gastronĂłmica para pasar estes meses de verĂĄn en Compostela

5|


Pincha | Revista 2

especial

E

s dos que van pasar este verán sen saír de Compostela? Estás de vacacións na cidade e queres facer algo máis que visitar a Catedral e pasear pola Zona Vella? Nesta reportaxe especial imos darvos multitude de ideas para gozar dos meses de xullo e agosto en Santiago ou moi preto dela. Que non se diga que aquí non sabemos como pasárnolo ben!

Que non falte a música Os composteláns temos a sorte de contar cunha ampla oferta musical nestes meses de verán. Un dos ciclos máis interesantes é o de TerraZeando, que organiza o colectivo Desconcierto Cultural neste mes de xullo e que utiliza lugares especiais da nosa cidade como escenarios dos concertos. E todos eles son gratuítos! Así, este mércores día 5, a banda norteamericana Zebra Hunt tocará no Bar Olvido. O 12 de xullo o ciclo trasladarase ao hotel NH Collection coa actuación dos portugueses Stone Dead. Unha semana máis tarde, o 19 de xullo, será a vez do trío madrileño CVEEC, que estará na terraza do Hotel Costa Vella. O último dos concertos será o 27 de xullo no xardín do Pazo de Amarante, cos composteláns Montelouro e The Wheels, unha banda chegada dende Palma de Mallorca.

A Cidade da Cultura conta tamén unha atractiva programación para o período estival. ‘Verán no Gaiás’ arrancará oficialmente o 6 de xullo coa primeira das actuacións de ‘Atardecer no Gaiás’, ciclo de concertos gratuitos ao aire libre que terán lugar os xoves, venres e sábados na Praza Central do complexo ata o 26 de agosto. Esta sétima edición contará cun bo número de bandas galegas: desde Malandrómeda, que abrirá o ciclo, a Triángulo de Amor Bizarro, encargado de pechalo, pasando por Familia Caamagno, Terbutalina ou Boyanka Kostova. O cartel complétase cun abanico de artistas nacionais e internacionais entre os que destacan nomes como Manel, C. Tangana, Carla Morrison ou Hidrogenesse. E sen ir moi lonxe de Compostela, tamén temos a oportunidade de escoitar moi boa música en directo. Por exemplo, Martín Códax organiza na terraza da adega en Cambados ‘Os Xoves de Códax’, un ciclo A terraza da Adega Martín Códax acollerá os concertos de ‘Os Xoves de Códax’

|6


Gastronomía & Cultura

Costa Vella

Triángulo de Amor Bizarro pechará en agosto o ciclo Atardecer no Gaiás. Foto: Óscar Corral

de concertos estival que xa vai pola súa sexta edición e que reúne a algúns dos mellores artistas galegos, moitos deles en fusión con grandes do panorama nacional. Comezará o 6 de xullo e rematará o 31 de agosto. Poderemos escoitar a artistas como Cristina Pato e Woyza, Nastasia Zürcher, Lin Cortés ou Alba Molina, entre outros. Os asistentes, ademais, poderán gozar tamén dunha degustación de viños. Outra das propostas que cremos non vos podedes perder este verán é o Festival Portamérica. Leiva, The Horrors, Xoel López, Iván Ferreiro, Niños Mutantes ou Novedades Carminha son algúns dos artistas que tocarán na carballeira de Caldas de Reis entre o 13 e o 15 de xullo. Pero é que ademais, e de xeito paralelo, celébrase alí o ShowRocking, un evento comisariado pola Estrela Michelin Pepe Solla. Bautizado nesta ocasión especial como ‘Cocinando na Fin do Mundo’, participarán nel un nutrido grupo de chefs internacionais procedentes de Latinoamérica e contará ademais con grandes promesas da gastronomía galega, representantes da cociña que se fai en Compostela, como son Alberto Lareo, do Manso, e Jorge Gago, de A Maceta. [Podes consultar todos os concertos nas páxinas de axenda deste mesmo número]

Grandes nomes da música galega, nacional e internacional participarán en ciclos como ‘Os Xoves de Códax’ ou ‘Atardecer no Gaiás’

Hotel Terraza

costavella.com 981 569 530 Porta da Pena, 17

Santiago

7|


Pincha | Revista 2

especial

De celebración en celebración Non. Non nos referimos ás bodas, bautizos e comunións que enchen as fins de semana en verán – que tamén – senón a todas as festas populares que se celebran nestes meses. En Santiago celebraremos as Festas do Apóstolo do 14 ao 31 de xullo. Haberá concertos, actuacións de rúa, obradoiros, actividades tradicionais… e o famoso espectáculo dos |8

Fogos do Apóstolo (ao peche desta edición todavía non se presentara o programa. Pero podes consultalo na axenda da nosa web revistapincha.gal) E a quen non lle gusta unha boa festa gastronómica? Algunhas nestas datas e que se celebran na provincia de


Gastronomía & Cultura

Chévere representará en xullo na cidade tres das súas obras máis míticas

A Coruña son: a do percebe en Corme do 1 ao 15 de xullo; a do polbo en Mugardos o 8 de xullo; a do percebe de Cedeira e Aguiño a finais de xullo; a do pemento de Herbón o 5 de agosto; ou a do galo Piñeiro en O Pino o 5 e 6 de agosto.

Chévere celebra o seu 30 aniversario con actuacións en Compostela durante o mes de xullo.

Pero se hai un aniversario especial en xullo é o da compañía de teatro Chévere, que volve a Compostela para celebrar os seus trinta anos. Como? Ofrecendo a posibilidade de revivir a experiencia de asistir a tres das súas obras máis míticas. Por unha banda, ‘Río Bravo’, que se estreou no Teatro Principal en 1990, volverá ao mesmo escenario do 4 ao 9 de xullo. ‘Annus Horribilis’, a “pequena ópera portátil” creada e estreada en 1994, estará no Auditorio de Galicia entre os días 12 e 14. Será unha representación especial, porque Chévere terá no recordo a Fran Pérez - Narf, o músico recentemente falecido que lle puxera música á obra. Por último, o chamado Chévere 3.0 completarase coa posta en escena, na praza da Quintana e con entrada de balde, da ‘Ultranoite no País dos Ananos’ o vindeiro 19 de xullo.

Gozar da natureza Parques, rutas peonís, xardíns… Santiago está cheo de paisaxes por descubrir. En pleno centro, son varios os pulmóns verdes que paga a pena visitar: a Alameda, o parque de Belvís, o de Bonaval… Percorrer o río Sar polas recentemente estreadas rutas peonís é tamén unha boa opción para desconectar do asfalto sen ir moi lonxe. E, quen sabe, quizais facer unha paradiña nas piscinas do Multiusos Fontes do Sar. Outros lugares para gozar da natureza son a praia fluvial de Tapia, a tan só 15 quilómetros, ou Monte do Gozo, que acaba de ser rehabilitado e conta cunha gran piscina ao aire libre, ou o monte Gaiás. O Bosque de Galicia, situado nas súas ladeiras, conta cunha rede de sendas peonís de tres quilómetros. No Parque do Lago, ademais do lago de 4.783 metros cadrados, existe unha carballeira convertida en espazo de lecer con mesas, bancos e elementos deportivos propios dun circuíto de running. E na cima do monte está a Cidade da Cultura, que ofrece este verán a oportunidade de descubrir o complexo deseñado por Peter Eisenman nunhas visitas arquitectónicas de balde que terán lugar de martes a domingo nos meses de xullo e agosto. Para pasar o tempo cos máis pequechos son recomendables as actividades organizadas pola rede de centros socioculturais da cidade, que inclúen excursións e obradoiros como un de circo que se desenvolverá en agosto. Pero se a pesar de toda esta oferta de ocio, hai quen sigue preferindo aproveitar os días de calor xunto ao mar, en Santiago temos moi boas praias a moi pouco camiño. As máis cercanas son as da ría de Muros e Noia. Se queres compartir espazo co teu veciño, visita as de Ornanda, coñecida como ‘As Gaviotas’, ou Aguieira, en Porto do Son. Sempre están ateigadas de composteláns! A 45 km, e con chegada directa do tren para os que non queiran coller o coche, está a Praia de Compostela- A Concha, en Vilagarcía. E un pouquechiño máis lonxe, pero tamén moi ‘queridas’ polos picheleiros, están as praias de Boiro e Ribeira. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha 9| Revista de Gastronomía & Cultura


Pincha | Revista 2

Crusat & Costas Lorena e Jose na tenda compostelá Vide, Vide! Foto: Iván Barreiro.

LORENA COSTAS

Pé de Perdiz: o soño dunha noite de verán

D

ise que cando non existían aparellos para medir o grao alcohólico da uva, a xente colleitaba o viño cando a cor das vides era dese ton vermello similar aos pés das perdices (ou paspallás). Curioso e fermoso nome para este viño branco procedente da D.O. Ribeiro do que hoxe falamos. Esta pequena adega familiar situada en Berán (Leiro), comeza hai aproximadamente setenta anos a súa andadura vendendo os viños da súa colleita, e non é ata 1995 cando se rexistra xa como adega na D.O. Os comezos foron vendendo viño a granel, pero no 2014 deciden dar o paso de sacar ao mercado as súas elaboracións embotelladas, con gran acerto, penso eu, xa que na súa corta traxectoria, ademais de colleitar viño, tamén colleitan bastantes premios, tanto en brancos coma en tintos. Cal é o segredo? Probablemente a elaboración honesta, sen máis pretensións que plasmar o recollido na viña, axudados por unha fantástica ubicación dentro do Ribeiro, boas orientacións das parcelas, pouca pluviosidade e tempo cálido e seco, que conseguen que o viño non precise demasiada intervención humana. De feito, o

| 10

FICHA TÉCNICA: Viño: Pé de Perdiz Branco 2014 Adega: Pé de Perdiz - D.O. Ribeiro Variedades: Albariño, Treixadura e Loureira Grao: 13 Prezo: 8€ Onde mercalo? Vide, Vide! (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10)


Gastronomía & Cultura

PANTONE DE VIÑOS DO PAÍS

seu obxectivo é que o viño se produza en ecolóxico en pouco tempo. As cepas teñen unha idade aproximada de 30 anos e apostan fundamentalmente polas variedades autóctonas e pola recuperación dalgunhas outras: Brancellao, Ferrol, Sousón, Treixadura, Albariño, Loureira, Caiño… forman parte das elaboracións desta adega. Esa honestidade e sinxeleza vese plasmada sen dúbida neste Pé de Perdiz Branco 2014: trasládame de súpeto a eses momentos da infancia, na vila, coas derradeiras horas do sol do verán; aromas a herba e flores secas, a froita branca madura, almíbares e meles, froito dunha cálida estación. Pero tamén despuntan os toques balsámicos e mentolados sobre todo ao principio, onde o que máis resalta é a Albariño, para logo deixar paso á Loureira e xa na copa parada a Treixadura madura e floral, non sen certos matices de hidrocarburos nos últimos achegos do nariz. En boca é persistente, asombrosamente salino e con boa acidez punzante ao principio, ben marcado o chan arenoso. En definitiva, un viño para beber sosegado, gozando do solpor e das noites cálidas, e tal vez unhas boas sardiñas como na noite de San Xoán?

As mellores cores escollidas das mellores colleitas. Todos os luns ás 19h cata en inglés de viños galegos na Rúa Fonte de Santo Antonio, 10

MO ND

JOSE CRUSAT

Chegou o verán

I

mos falar dun viño do Ribeiro sinxelo pero honesto, un viño para gozar agora que chegan as calores do verán. Onde aparece reflectida a súa orixe, un viño que ademais nos leva a recordos da nenez, de familia, de praia. Un viño de mestura de castes, que volvo a repetir para min é a característica principal do Ribeiro. Onde cada unha das uvas aporta o seu anaco para crear un viño completo. Temos albariño, loureira e treixadura. A treixadura é unha uva complexa no seu cultivo que pode quedar falta de acidez se madura en exceso, pero que coa mestura con outras variedades compénsanse e confiren unha complexidade que non podería lograrse en solitario. E aí están a albariño conferindo corpo e a loureiro aportando a lixeireza e acidez necesarias. Todo elo con cepas de boa idade dunha media de 30 anos, e en chans graníticos e areosos que nos dan viños mais frescos. Con orientación do nacente ao poñente aportando unha orientación óptima para a maduración das uvas. Terreos secos de baixa humidade que permiten un traballo en viña reducindo produtos ao estritamente necesario. O viño presenta unha cor amarela con lixeiros dourados indicándonos que é un viño maduro, que non é xove sen mais. Nos aromas amosa intensidade sendo complexo, froitas de pepita, cítrico, cunha mazá ben madura do albariño, toques balsámicos de mimosa, e fiúncho que aporta a loureira e no fondo notas ameladas dunha treixadura madura. Na boca se nos presenta cun grao alcohólico compensado coa acidez, boca media, doces e lixeiro amargor final. Como maridaxe deste viño, venme a mente a praia, sexa río ou mar, baixo a sombra dos piñeiros, co viño ben fresco e gozando daquelo que non se debe de perder, a fiambreira, cunha tortilla de patacas ou incluso un filete de porco empanado, cunha sandía fresca como sobremesa. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

AY WI NE Segue as historias de José Crusat @choumimx no seu blog Del Comercio y del Bebercio | http://delcomercioydelbebercio.blogspot.com Segue as historias de Lorena Costas @lorena_costas no seu blog Bake my Day |

http://lorena-bakemyday.blogspot.com

11 |


Pincha | Revista 2

d e ba res con jessi Por Jéssica Pintor

A micro revolución vegana e vexetariana en Santiago No Xardín dos Soños un 95% dos produtos son veganos. Foto: Iván Barreiro.

S

er vexetariano e vegano non é unha moda, é unha actitude, unha filosofía de vida. Os que aquí falan deixaron de comer carne voluntariamente, porque cren firmemente que debemos evitar as mortes e o sufrimento animal. E deixaron de facelo recoñecendo que non sería cousa doada, non só porque a algúns lles gustaba comela, senón polo que iso suporía no seu entorno. Ata hai catro anos, se me apuras, ninguén falaba de veganismo e é verdade que nalgúns sitios xa empezan a incluír algún prato para as persoas vexetarianas e veganas, máis aló das ensaladas (sen atún, lembrade que non é unha planta!), pero vegano como tal só hai un restaurante en Compostela: o Entre Pedras! | 12

Propiedade de Lucía Eiras e de Laura Maletta, elaboran elas mesmas os produtos que venden. Son un referente para os veganos e vexetarianos de Santiago. Pasan longas horas na cociña durante a mañá, preparando dende as súas hamburguesas, o falafel, ata o seitán, porque ofrecen unha cociña caseira, coa menor cantidade de produtos industriais posible e, ademais, accesible a calquera e en calquera momento. “Normalmente os produtos veganos son moi caros, pero nós o que queremos é dicirlle a xente que podes facelo todo, levarache máis traballo, pero é máis rendible. O seitán, por exemplo, facémolo con glute de trigo, que o mercamos, pero podes lavar a fariña e sacarlle o glute. Logo engádeslle especias e con auga fas unha masa. O difícil é atopar o punto da textura, pero así


Gastronomía & Cultura

“Ser vegano non significa comer unha folla de leituga e unha cenoria, soamente" falo á túa maneira. A diferencia entre compralo e facelo é considerable”. E por que ser vegano?, pregúntolles. “A nosa é unha forma de vida, unha decisión mesmo política. Vanse engadindo motivos polo camiño, a parte ética, ecolóxica, a da saúde, é unha maneira distinta de vivir no mundo. Nos últimos anos houbo un crecemento, maioritariamente por saúde, está de moda si, pero, quizais, estanlle quitando parte do valor que ten todo o movemento, por chamarlle dalgunha maneira, non é tan san tampouco como cho venden, o falafel vai fritido! (Rimos) Pero canto máis medre a tendencia mellor, menos animais sufrirán. Porque está claro que o universo está nun momento insostible, hai unha resistencia de grandes empresas, ás que xa empeza a preocuparlles o veganismo e iso é bo!”. No Entre Pedras teñen unha pequena carta que amplían e cambian sobre a marcha, en base á demanda. Ofrecen quesadillas con queixos vexetais, pan de lévedo con dobre fermentación, “non temos pan industrial, seguindo con esa filosofía de axustar calidade e prezo, e de que a comida sexa o máis caseira posible”. Aquí tamén podes comer un bocata de verduras á prancha con tofu, de setas, de tofu con patés ou tostas de patés. “Os legumes son bos substitutivos da carne, cunhas fabas brancas podes facer un paté rico, queremos transmitir iso á xente, porque ser vegano non significa comer unha folla de leituga e unha cenoria, soamente”. Tamén teñen sobremesas, catro delas sen glute, dúas de chocolate, que prepara un alquimista (Ooooh!!), unha de mazá, un pastel de pistacho con fresas... Fainos con panela no canto do azucre, son artesáns e non levan nada químico! Porque veganos e vexetarianos si, pero de lixeiros ou cativos na cantidade non necesariamente, máis ben ao contrario!! “Se estás a dieta non veñas, gústanos a chicha!!”, confesa Marco Medeiros (Morro coa risa!!).

Foto: Iván Barreiro

Xunto con Santiago Abal, rexentan o vexetariano da cidade: TS A Casa, na rúa de San Pedro. Non é un restaurante ao uso, defínense como unha coctelería, na que ademais podes probar diferentes petiscos, combinados con batidos contundentes, rechamantes e veganos! A súa é unha tapería moi vistosa, na que intentan coidar o mimo non só nos pratos, senón na atención. A mestura da personalidade e da identidade dun galego, dun brasileiro e dun venezolano (o cociñeiro)

No vexetariano TS A Casa todo é colorido. Foto: Iván Barreiro.

marca a diferencia de sabores! “Investimos tempo en explicar ao cliente o que facemos. Non temos carta, hai unhas suxestións (nunha parede que é unha pizarra con moita cor), que cambia todas as semanas ou segundo nos apeteza! (Espétano a gargallada limpa!) O local é do cliente, pero o estilo é noso. Cando chegamos dicimos a hora, que tempo fai, poñemos música, acendemos un 13 |


Pincha | Revista 2

d e ba res con jessi incenso e empezamos o día”. Dende as camisetas que levan postas ata as opcións de lectura son sinal da súa identidade colorida: “Aquí dentro nada é gris. Por iso non hai prensa, porque é gris! (río que mexo, porque son moi fan). Temos revistas e libros, pero nada lúgubre ou que nos recorde a realidade escura de fóra!”. Ademais dos seus zumes e batidos son cen por cen froita natural e veganos, teñen diferentes produtos como chourizos e carne picada, sen carne, claro! Feita con soia texturizada. E polo vegano! Feito a base dunha froita que en Brasil se chama jaca. “Para un vegano purista este tipo de produtos non lle gustan demasiado. A nós gústanos enganar, chanceamos coa comida, pero entendemos que hai persoas ás non lles gusta recordar ao animal. Nós non lle pechamos a porta a ninguén. Aquí hai un público moi mesturado”. Entre o que suxiren, sempre hai croquetas e patacas e diferentes de cada vez! Teñen seis viños que venden por copas. “Gústanos que a xente coma cos nosos cócteles, que experimente a mestura de sabores, porque non vas a atreverte cun prato que leva cítricos e beber unha margarita, se despois no estómago vai todo revolto... Proba!!! A cociña vegana e vexetariana ten que ser creativa. En TS A Casa temos patés con verduras para os que teñen intolerancias, alerxias ou que son celíacos. Porque nós consumimos hostalería e xa pasamos por iso de non poder comer ningunha tapa. Ofrecemos aquí un lugar libre de prexuízos, sexuais, de relixión, de tipo de alimentación, etc. Non queremos ningún tipo de discriminación aquí dentro”. E onde mercar produtos veganos? Hai diversos establecementos pola cidade, pero vouvos falar dunha “tenda con intención”. Propiedade de Isabel Calabria e atendida por Rosalía Bermúdez, no Xardín dos Soños un 95% dos produtos son veganos. É un espazo que tenta transmitir sensacións e compartir experiencias. Aquí poden entrar os animais de compañía, teñen un espazo reservado e moi coqueto onde podes probar repostería vegana e sorber un té ou un café, ecolóxicos, e acompañalos con ‘leite’ de avena, arroz e soia, tamén ecolóxicas. “Dentro da nosa carta de tés, atopas: matcha, bancha, cuquicha, están moi de moda en Europa e non habitual atopalos por aquí. Tamén podes probar viños e cervexas ecolóxicas”. A súa é unha “clientela de proximidade ou xente que non é vegana, pero que ven especificamente por cousas concretas, como por | 14

sementes eco ou por todo tipo de plantas medicinais, como cúrcuma ou hibisco, xenial para o verán, déixala macerar toda a noite en auga na neveira e tómalo pola mañá cunha gotiña de limón”. Pero aínda hai xente que se segue sorprendendo cando pasa por diante e que se van sumando a lista de curiosos que se achegan de cando en vez, coma min! Venden embutidos, comida preparada vegana e sen glute, galletas, cereais, legumes, aceite, fariñas, algas e batidos! A dona ten formación en macrobiótica, por iso aquí tamén podes atopar fermentados moi coñecidos na cociña xaponesa, moi saudables, que alcalinizan o


Gastronomía & Cultura

sangue, como a sopa de miso, o umeboshi e o kuzu. Pero a maiores, teñen á venda minerais e cosmética vegana da que teñen dúas marcas galegas: Naturavia, de Ribadavia, e Cosmética Valentina, duns rapaces de Santiago. Ningunha experimenta con animais. Como vedes, a micro revolución destes pequenos empresarios empezou cando cambiaron non só o que comían senón a súa forma de consumir! Ningún deles come animais e procuran non utilizar produtos que experimentan con eles. E todos promoven un consumo local, ecolóxico e sostible, tamén instan a documentarse sobre de onde veñen os produtos e a

tomar consciencia do custe social e ambiental de cada decisión que tomamos, de cada compra que facemos a diario... Non soa tan radical como cho vendían, non? Porque a súa radicalidade vai dirixida á raíz, a esencia persoal de cada un! Eu poido dicir misa, pero para coñecelos tes que probar, tes que decidirte a ir aos seus locais, tes que cuestionarte moitas cousas... E cambiarás, -cambiaremos-, ou non, pero xa che digo que se vas a un vegano ou a un vexetariano, repetirás e removerán algo en ti para mellor, sempre! Dedicado á vexetariana da miña vida, a miña irmá Estefanía. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Detalle do Entre Pedras, referente vegano en Compostela. Foto: Iván Barreiro.

Os restaurantes Entre Pedras! e TS A Casa e a tenda Xardín dos Soños son algúns dos establecementos composteláns que apostan por estes produtos

15 |


Neste salón do CSOA Escarnio & Maldizer danse clases de teatro. Foto: Iván Barreiro. Pincha | Revista 2

reportaxe A compañía Pista Catro celebra o seu décimo aniversario co espectáculo ‘Outono’

Un dos personaxes que protagoniza ‘Outono’ . Foto: Afonse G. Sestelo

| 16


Gastronomía & Cultura

Compostela ten moito CIRCO

Circonove é un espazo onde adestrar, producir e aprender todo tipo de técnicas circenses único en Galicia

N

o barrio compostelán das Cancelas érguese unha nave chea de talento. Nela ensaian cada día centos de composteláns, profesionais ou amateurs, do novo circo. Circonove é a asociación que xestiona este centro de formación, creación e adestramento circense, único en toda Galicia. Alí podemos atopar pallasos, acróbatas, equilibristas, malabaristas…

Situada pola parte de atrás do campo de fútbol, o primeiro que sorprende cando un chega a esta nave é o trapecio volante que hai na súa entrada, no exterior, sobre o asfalto. “Que perigo!”, coméntolle a José Expósito cando chego. Pero está aí precisamente para protexer aos artistas. “Dentro non podemos facelo. Nin por altura nin por seguridade, porque un peso de 60 quilos movéndose pode chegar aos 250 quilos de forza”, explica. “No circo clásico si que o risco é un componente relevante pero para nós é bastante máis importante o traballo estético. Os nosos trapecistas non é que non se caían. Pode pasar. Pero raras veces teñen accidentes mortais porque van agarrados por unha liña”, engade. El é xerente de Pista Catro, a compañía que produce os espectáculos de moitos dos artistas que pasan por Circonove. Dentro da nave hai colchóns inchables, telas, aros, trapecios, un mastro chinés, unha barra de pole dance… Polas mañás adestran os profesionais e polas tardes é o turno das clases. E calquera pode aprender! Incluso os máis pequenos. Así os sábados contan con grupos de nenos e nenas desde os tres anos de idade en adiante. “Unha característica fundamental do circo é que sempre fumos bastante integradores. Desde o máis clásico que sempre reuniu a persoas de todo tipo e condición, ata o novo circo no que temos unha forte inclinación polo social. Por iso os nosos prezos son populares”, asegura Expo –que é como lle gusta que lle chamen.

Por Rebeca Munín

Sobrevivindo Coas ensinanzas que reciben en Circonove, moitos comezan a traballar nas artes escénicas. A outros sírvelles de trampolín para acceder a algunha das dúas escolas de formación profesional que hai en España: Carampa, en Madrid, e Rogelio Rivel, en Barcelona. Ou, incluso, á Circus Space de Londres, coa que conseguirán un título universitario. “Iso aquí non existe. Aínda que este ano a Carlos III vai a sacar o primeiro curso de experto universitario de circo”, apunta José. Para eles é imposible ofertar unha formación profesional por falta de apoio institucional. Hai anos contaban coa financiación da Agadic, do Ministerio de Cultura e da Deputación de A Coruña. Tiñan ademais dous convenios, un co Concello de Santiago e outro co de Ames. “Neses momentos eramos un dos proxectos punteiros de circo en España”, recorda. Pero pouco a pouco foron perdendo eses soportes – a excepción da Deputación –, algo que achacan á crise económica e ao cambio nas políticas culturais. “Eu creo que á cultura en xeral e ás artes escénicas en particular non se lles respecta nin se lles valora o suficiente. Pero ademais dentro das artes escénicas, o circo non ten a consideración que teñen outras. Por exemplo, as subvencións sempre son ao teatro e á danza. E nós?”, lamenta. 17 |


Pincha | Revista 2

reportaxe Dez anos producindo soños Vivir do novo circo vólvese cada día máis complicado. Actuar en teatros é difícil porque, entre outras cousas, non todos están preparados para acoller este tipo de espectáculos. A rúa é o escenario escollido entón para poder seguir exercendo a súa profesión. Os meses de verán son os mellores. A asociación organiza unha programación na que, ao finalizar os seus espectáculos, os artistas pasan a gorra. “Para eles é fundamental para sobrevivir o resto do ano”, afirma Expo. Iso sempre que a estación sexa boa. “Se chove, aínda que sexa pouco, suspendemos porque ante todo miramos a seguridade. Se un artista ten un escorregón e ten unha lesión, pode suporlle perder toda unha tempada”, indica.

| 18

Pista Catro naceu no 2006 co obxectivo de crear e producir os espectáculos individuais ou como compañía dun grupo de actores de teatro, músicos, malabaristas, acróbatas e clowns de Compostela. Ademais de Expo como admistrador e xerente, son socios desta produtora de soños Belém Brandido, Pablo Reboleiro, Manu Lago e Aitor Garuz. Neste tempo teñen impulsado numerosos shows de pequeno, mediano e gran formato. Incluíndo as súas propias creacións. A última é ‘Outono’, coa que renden unha homenaxe ao pallaso clásico. “Reflicte ese momento no que chegamos aos 40 anos e empezan as lesións, o corpo xa non responde coma antes… ten que ver


Gastronomía & Cultura

moito co circo clásico porque cando o artista non podía acceder as acrobacias ou a números de exixencia física, pasaba a facer de pallaso”, explica Expo. Así, ‘Outono’ é un espectáculo de teatro-circo con música en directo, que nos conta a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado, unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha mirada poética ao antigo oficio dos pallasos. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor que levarán en xira despois do verán. Ademais, con esta obra buscan quitarse as máscaras. Esas que todos levamos para ocultar a parte escura que temos. E é que, tal e como din nunha parte do show, “o verdadeiro pallaso lévase por dentro… así que, quitádevos todo!”. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

Moitos dos artistas do novo circo viven todo o ano dos espectáculos de gorra que fan en verán

Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Algúns dos usuarios da nave de Circonove practicando as súas disciplinas artísticas. Foto: Iván Barreiro.

Rúa de San Pedro 120 Santiago de Compostela 981589600 ola@amaceta.com www.amaceta.com 19 |


Pincha | Revista 2

palabra de zampo’ n

Recomendacións feitas por El Zampón de Compostela

elzampondecompostela.blogspot.com

Fotos: El Zampón de Compostela

Restaurante España

Rúa Teatro, 10 (Lugo) Restaurante España é un restaurante de gama media-alta situado no centro de Lugo que destaca pola crianza dos seus propios bois, o que lle outorga un privilexiado plus de exclusividade. Acolledor, cálido, cunha oferta sólida baseada en produto de tempada e proximidade. As sobremesas están un chanzo por baixo do resto da súa cociña (polo menos polo degustado). Un sitio para quedar moi ben levando a alguén por primeira vez.

O Pote

Piloño (PO – 260, Vila de Cruces) O Pote traballa calidade e o máis importante, sabe facelo. Local especializado en carnes, sobre todo chuletón e outras delicias que preparan cun ferro directamente en mesa. Quizais a mellor idea para visitar este restaurante sexa aproveitar a tarde pola zona xa que leva un tempo achegarse (se non coñeces “A fervenza do Toxa” podería ser boa opción).

A Casa da Viña

San Lázaro, 54 (Santiago de Compostela) A Casa da Viña conxuga cociña asiática con cociña local. Aínda que a entrada presaxia un restaurante de reducidas dimensións engana bastante. É amplo, con terraza interior moi acolledora. Gústame este sitio, paréceme un espazo bastante cálido e cómodo e son orixinais. Ademais aparcar nos arredores non resulta moi complicado, polo menos en fin de semana (senón sempre podedes probar preto do Pazo de Congresos ou nos arredores do estadio de fútbol). | 20



Pincha | Revista 2

entre musica s Por Xiana Lastra

Belén Tajes “Cantar e compartir emocións no escenario é unha das cousas que máis feliz me fai, son unha privilexiada”

M

iúda, loura de fermoso cabelo crecho e cun sorriso que non lle colle na cara. Belén Tajes transmite paz, coherencia, personalidade e seguridade desde o primeiro cruce de palabras (e de miradas). É a ‘muller de moda’ da música galega: cantante, compositora, instrumentista... unha MÚSICA (así, en maiúsculas), que desde hai ben pouco é a nova voz do grupo galego Luar na Lubre e que ademais vén de gañar o Premio Martín Códax da Música con outro proxecto no que anda embarcada, Voodoo. O 2017 foi, sen dúbida, o ano desta mulleraza nacida en Bos Aires e afincada en Perillo (Oleiros), polo que é incluso unha obriga que vos deamos a coñecer máis cousas sobre ela e de como vive este marabilloso momento profesional e persoal. Volviches de Bos Aires con 6 anos. Como lembras esa etapa e a túa chegada a Galicia? Pois teño pequenos recordos de ver a toda a familia que nos veu recoller ao aeroporto, coñecer a meus primos, empezar a escola... De Bos Aires, fomos vivir directamente á aldea. Medrar alí naquela liberdade foi unha das cousas que máis me marcou, así como tamén o cambio de país; creo que ese cambio fixo de min unha nena máis introvertida e tímida.

| 22

Es unha persoa moi versátil. Como foron os teus inicios na música e cales son as túas influencias? De pequena tiña moitas aptitudes musicais, tiña moi bo oído, tocaba o piano e incluso inventaba instrumentos. Máis tarde meu irmán e eu empezamos a tocar a gaita, (o noso avó materno fora gaiteiro), tamén entramos no conservatorio, el estudaba percusión e eu violoncello. Cos anos comprendín que non era o meu sitio, cando lle chegaba á profesora con cancións que inventaba eu ou algunhas adaptacións doutras que escoitara, dicíame que me deixara de parvadas. Eu adoraba cantar e tocar, e tiña moitísima ilusión por aprender a cantar como miñas avoas. Fun unha adolescente “folqui” e vivín a época dourada do folk galego. Toda esa música marcoume moito. Mais nótase que bebes doutras augas ademais das da música tradicional. Dei aulas de voz e comecei a coñecer outros estilos, como o jazz, o soul, a bossanova... Teño moitas influencias e son unha apaixonada da década dos 70 en tódolos estilos musicais (jazz, rock, soul...), pero se tivese que escoller só unha influencia, diría os Beatles. Como te sentes e como asumiches ser a nova cantante dun grupo de tanta sona como Luar na Lubre?

Aínda o estou asumindo. Luar na Lubre é a banda con maior proxección de Galiza, teñen un nivel alto de concertos e un repertorio moi esixente. Hai cancións que eu cantaba dunha forma na miña casa e agora tiven que reformularme cómo levalas ao directo. Incluso hai outras ás que aínda lles falta o meu selo persoal, ese traballo é o que leva máis tempo. É o que che aconteceu con Camariñas? Se non me equivoco, antes de vivires na Coruña viviches alí e agora cántala dentro do repertorio de Luar na Lubre. Que significa para ti? Vivín nunha aldea pequena do concello de Camariñas, Arou. Eu coñecía a versión máis mariñeira do tema desde que era un bebé en Bos Aires. O arranxo de Luar na Lubre é realmente fermoso e a canción medrou moito en emocións. Cantala é trasladarse a aquel tempo no que lla escoitaba cantar á miña avoa e a aquelas xuntanzas de galegxs na Arxentina.

“Aínda estou asumindo ser a nova cantante de Luar na Lubre. É a banda con maior proxección de Galiza e ten un repertorio moi esixente”


GastronomĂ­a & Cultura -

BelĂŠn, cantando para Luar na Lubre. Foto: Guido Alvarez

23 |


Pincha | Revista 2

entre musica s Tedes moitas datas por diante este verán. Que fai Belén Tajes para afrontar o que vén por diante tanto a nivel físico como emocional? Si, o verán vai ser intenso, toda unha aventura, e é así como me estou formulando esta nova etapa. Cantar e compartir emocións no escenario é unha das cousas que máis feliz me fai, así que son unha privilexiada. Intento manter unhas rutinas de estudio coa voz, facer exercicios de quecemento e beber moitas infusións. Pero case que o máis importante para manter a voz ben é non facer excesos, durmir ben e intentar estar equilibrada emocionalmente; cantar é tamén un gran esforzo mental ás veces. Ademais de Luar na Lubre estás tendo un gran éxito co teu outro proxecto, Voodoo, no que te acompaña Maritxinha Gómez co baixo e co que acabades de gañar o Martín Códax da Música na categoría de blues, funk e soul. Como definirías o que facedes?

Voodoo é un dúo feminino que facemos soul con perspectiva folqui. Soa un pouco raro, pero se escoitades as letras e a música enténdese perfectamente. É un concepto difícil porque non é un dúo típico e esta música está feita para ser vivida en directo, non como música de fondo. Voodoo é onde eu intento expresar e ser. Falando de expresar... ademais de cantante es compositora. Como vives o proceso de creación? Custa moito falar e espirse en cancións. Moito. Paréceme unha das cousas máis difíciles para un artista, require valor, xestión das emocións, reflexión, autocrítica... Ás veces penso que facer cancións é o que máis se debe parecer a un parto. Estás aí traballando na música, na letra e tarda o seu tempo en saír, pero cando sae é marabilloso. Fixécheste coñecida xa antes da túa entrada en Luar na Lubre por saíres nos medios tras denunciar a un centro no que

dabas clase de música por non deixarche empregar o galego. Como ves a situación da nosa lingua na música? Estou pasando unha época un tanto pesimista co tema do galego. Vexo que as persoas que usamos o galego na música somos unha minoría, unha minúscula parte da sociedade que consome música. Moitas veces, dáse a situación de que a música en galego vive dentro dun gueto e duns circuítos pechados que non benefician a ninguén. Ás veces, vense obrigados a crear estes guetos para sobreviviren. Despois están o resto de circuítos musicais onde a música en galego ten unha presenza mínima ou irrisoria. Dá vergonza que concellos importantes que promoven festivais non conten con música en galego. Non é suficientemente boa a música en galego? Non está suficientemente de moda? Non consegue mover masas suficientemente? Temos referencias musicais en Galiza que están á altura sobradamente. Creo que sinxelamente temos un complexo que superar, non se

Maritxinha Gómez e Belén forman o dúo Voodoo. Foto: Nelson Corsino

| 24


Gastronomía & Cultura

“Dá vergonza que concellos importantes que promoven festivais non conten con música en galego”

trata de tendencias políticas, trátase de poñer en valor o noso, que xa vai sendo hora. Moita xente pensa que pecha portas. Ti que cres? Eu creo que o galego só pode abrir portas. O que pasa é que hai que moverse por outros camiños: poñermos en valor a lingua, movérmonos cara a destinos de linguas irmás, facermos e compartirmos

músicas sen complexos. Eu tamén fixen música en inglés e parecíame unha boa forma de esconderme detrás de letras que ninguén entendía, pero despois empecei a reformular o que facía. Onde toco eu habitualmente en Wisconsin ou na Coruña? Quen escoita o que eu quero dicir? Por que poñer trabas á comunicación se a música é unha linguaxe expresiva? E a pregunta obrigada, que fago en case tódalas entrevistas... Como ves a industria musical galega? Existe? Hai multitude de visións diferentes ao respecto. Claro que existe pero funciona de forma desigual. Debería ser un bloque fortemente apoiado pola Xunta, a quen lle tería que interesar a promoción da música e da cultura no exterior. Na actualidade, a industria musical galega ten dúas facetas:

a autoxestión ou a pequena produtora. Estamos no proceso de construír esa industria no día a día. Creo que desde Músicos ao Vivo se está a facer un traballo extraordinario por darlle visibilidade e valor á industria musical galega, pero queda moito por andar en organización e dereitos. E non nos esquezamos do público, o consumidor último de música, o público ten tamén a responsabilidade de ser crítico co que consome. Xa para rematar... cóntanos cales son as metas de Belén Tajes a medio-longo prazo? A min gústame vivir o presente, a longo prazo non teño plans porque é como facer as contas da leiteira. Prefiro centrarme en gozar desta nova etapa e seguir traballando para mellorar. O camiño hai que facelo andando a diario. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Belén Tajes é cantante, compositora e instrumentista. Foto: Iván Mouronte

25 |


Pincha | Revista 2

#apapa r

PORCO IBE’RICO E ENSALADA TEMPERADA NA BODEGUILLA DE SAN LA’ZARO

Foto: Iván Barreiro

Foi no 1986 cando Javier Míguez abriu La Bodeguilla de San Roque, un local que se convertiría co tempo en todo un referente da restauración compostelá. A ela seguíronlle La Bodeguilla de San Lázaro (aberta desde 2005) e La Bodeguilla de Santa Marta (desde 2012). Dous establecementos ‘irmáns’ pero con personalidades propias. O noso comechón @JuanEAT_o visitou desta vez a segunda delas para probar dous dos pratos clásicos da carta: a grellada de porco ibérico e a ensalada temperada con rulo de cabra. “Tamén funcionan moi ben as diferentes tixolas que temos, de polbo, de setas con algas… o xamón con tomate, as táboas de queixos...”, comenta Carlos, o encargado. Tamén teñen suxestións do día. “Traballamos con moito produto da Praza de Abastos: carnes, peixes, verduras… Todo fresco”, apunta. Ademais de comer ou cear, La Bodeguilla de San Lázaro é un lugar habitual para tomar unhas tapas ao saír do traballo. “Os martes poñemos unha de ovo fritido con patacas que volve tola á xente!”, conta Carlos entre risos. O local dispón dunha sala de catas na parte de abaixo que xa ten eventos programados para todos os xoves do ano. E é que o viño é outro dos produtos que máis coidan na Bodeguilla. “Temos todas as DO de Galicia, e outras variedades. Tocamos case todas as rexións vinícolas de España”, explica. | 26

Datos Lugar: La Bodeguilla de San Lázaro Rúa de San Lázaro, 104 (Santiago de Compostela) Prato: Grellada de porco ibérico e ensalada temperada con rulo de cabra Prezo: 18 e e 9,50 e Valoración: 


Gastronomía & Cultura

Por @JuanEAT_o

A

s Bodeguillas son un vello coñecido para todos aqueles composteláns aos que nos gusta saír a comer fóra. A de San Roque quizais sexa á que máis veces visitei. Por iso fun con ganas a coñecer as propostas da de San Lázaro. Por primeira vez, sorprendéronme cun conxunto de dous pratos. Por un lado, servíronme unha ensalada de rulo de cabra, cebola caramelizada, noces, cogollos de leituga, maíz, olivas negras e tomate. Os diferentes ingredientes facían un bo contraste e ben valía para catro comensais, se a queredes para acompañar con carne ou peixe. Eu tomeina sen aliñar aproveitando os sabores intensos da cebola e do queixo. Ás veces aconsello non empregar aceite nin vinagre nin ningún outro tipo de salsa para non tapar o sabor real dos alimentos. Anímovos a probalo de cando en vez! Por outro lado, puiden probar un prato contundente, que tamén valería para compartir entre dúas persoas. Tratábase dunha grellada con dúas pezas de presa, pluma e secreto, con patacas fritidas e pementos. A presentación era sinxela pero iso é o de menos. O importante é que a carne estaba no seu punto, especialmente a pluma. Destácoa xa que é unha parte do porco da que máis gozo últimamente. Pero o segredo e a presa tamén estaban ben feitas. En conclusión, a da Bodeguilla é unha aposta segura se queredes invitar a alguén a cear e que vos saia ben a cousa! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

@JuanEAT_o gozou desta vez de dous pratos na Bodeguilla de San Lázaro. Revista de Gastronomía & Cultura

Foto: Iván Barreiro

27 |


Pincha | Revista 2

axend a

30 ANIVERSARIO DE CHÉVERE GALA BENÉFICA ‘LA CENICIENTA’ La Cenicienta AUDITORIO DE GALICIA

Dossier educativo

3 DE XULLO ÁS 20:00 HORAS

Gran gala benéfica a favor da Fundación Josep Carreras cun espectáculo clássico e para todos os públicos: ‘La Cenicienta’. A Fundación Josep Carreras contra a Leucemia traballa para colaborar con todo tipo de proxectos en beneficio dos pacientes e da ciencia.

CICLO DE CINE AO AIRE LIBRE TEATRO PRINCIPAL A PARTIR DAS 22:00 HORAS

Actividade da concellería de Mocidade froito dunha proposta presentada polo grupo Scout Chan 292 no proceso de Orzamentos Participativos de 2017. O ciclo comezou o pasado 27 de xuño coa proxección de ‘Los mundos de Coraline’ e continuará o martes 4 de xullo no Paseo Central da Alameda, o martes 11 de xullo na Praza de Praterías, o día 18 no Parque de Belvís e o 26 no de Bonaval. Para o caso do Parque de Belvís non haberá cadeiras así que se recomenda traer unha manta ou toalla para sentarse no chan.

GALA SHOWCOOKING ‘DE TAPAS POR GALICIA’ CIDADE DA CULTURA 4 DE XULLO ÁS 19:00 HORAS A Cidade da Cultura acolle a Gala Show Cooking De Tapas por Galicia, organizada por Turismo de Galicia, onde os representantes das sete cidades galegas prepararán os seus pratos en directo, ante os espectadores e o xurado que decidirán os premios Especial do Público e Mellor Cociñeiro.

| 28

DESDE O 4 DE XULLO

Para celebrar o seu 30 aniversario, Chévere quere facelo agasallando ao público. Por iso vai ofrecer a posibilidade de revivir a experiencia de asistir a 3 obras míticas do repertorio da compañía en 3 espazos distintos da cidade só durante o mes de xullo.

Río Bravo 21:00 HORAS | TEATRO PRINCIPAL DO 4 AO 9 DE XULLO | PREZO: 15 

Río Bravo, un lugar do (nor)Oeste, á saída dalgunha revolta, onde os homes son homes e as mulleres tamén. Un musical trepidante que esgota por fin os estereotipos do western ríndose de todos eles. O lugar onde Chévere se atopou consigo mesmo e iniciou a marcha lenta e implacable cara á busca da súa identidade.

TERRA ZEANDO FÓRA DE CONTEXTO. CICLO DE CINE TURISTA 22:30 HORAS. EXTERIOR CGAC DO 5 AO 20 DE XULLO | PREZO: GRATUÍTO

Promovido polo Centro Galego de Arte Contemporánea e o Cineclube Compostela, este ciclo presenta filmes en versión orixinal subtitulada que teñen como fío condutor unha particular mirada sobre a figura do turista e a viaxe. As sesións serán as noites dos mércores e dos xoves. En caso de chuvia, proxectaranse no auditorio do CGAC.

CONCERTO DE PAULO SILVA TRÍO 22:00 H SALA RIQUELA | 5 DE XULLO Lanzamento oficial de ‘Mae’, primeiro disco deste trío de jazz.

DO 12 AO 14 DE XULLO | PREZO: 15 

22:30 HORAS | PRAZA DA QUINTANA

DO 12 AO 14 DE XULLO | PREZO: DE BALDE PREVIA RECOLLIDA DE

INVITACIÓNS NO TEATRO PRINCIPAL Visión moi crítica da Galicia oficial a través dun humor corrosivo e unhas cancións que non deixan lugar á esperanza, pero que teñen un lirismo, unha beleza e unha contundencia expresiva unanimemente aclamadas polo público e a crítica.

21:00 H BAR OLVIDO | 5 DE XULLO Como é posible conectar a Tenorio, unha pequena parroquia do concello pontevedrés de Cotobade, con Jack Endino, celebridade do grunge, que tivo un destacado papel nos primeiros traballos de Nirvana, Soundgarden ou Mudhoney? A resposta é Zebra Hunt, banda de Seattle na que as influencias atópanse na Velvet Underground e sobre todo nas bandas que coincidiron na orixe do selo neozelandés Flying Nun Records, como foron The Clean ou The Chills.

21:00 HORAS HOTEL NH COLLECTION | 12 DE XULLO A banda de Alcobaça (Portugal) acaba de editar ‘Good Boys’. Para este primeiro longo afástanse do stoner rock presente no EP co que se deron a coñecer, e propoñen unha viaxe conceptual a través dun personaxe chamado Tony Blue, un neno que crece da man da música.

21:00 HORAS | AUDITORIO DE GALICIA

Ultranoite no país dos ananos

Zebra Hunt

Stone Dead

Annus Horribilis

Lucas Tamara, príncipe herdeiro do trono de Galicia, sae de incógnito do pazo á busca da autenticidade do mundo real. Nesa busca atopa a Obdulia, rapaza traballadora con delirios de grandeza, coa que namora. O romance ilexítimo é utilizado por unha loxia masónica para tentar derrocar á casa real e reinstaurar a unha antiga liña dinástica na persoa dun descendente insospeitado. Cinco cantantes, un pianista e un presentador. Acaso unha ópera precisa algo máis?

PREZO: Gratuíto Ciclo de concertos ao fresco organizado polo colectivo Desconcierto Cultural que pretende aproveitar lugares especiais que raramente son empregados na música en directo.

Cómo vivir en el campo MARTES DE CARNAVAL SALÓN TEATRO

DO 5 AO 8 DE XULLO E DO 12 AO 15 DE XULLO ÁS 21:00 HORAS - O 9 E O 16 DE XULLO ÁS 19:30 HORAS PREZO: 10  (6  con descontos)

O Centro Dramático Galego contribúe á incorporación de Ramón María del Valle-Inclán ao repertorio teatral en galego, no ano en que quedaron liberados os dereitos da súa obra, coa posta en escena de dúas pezas da triloxía Martes de Carnaval: ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’. Dirixe Marta Pazos. Martes de Carnaval é historia de España. O noso autor ataca directamente aos poderes militares, políticos, monárquicos e eclesiásticos, para facer un retrato escuro, tráxico e lúcido dun país. E, ademais, por fin podemos gozar de Valle en galego.

21:00 H HOTEL COSTA VELLA | 19 DE XULLO O ecléctico trío madrileño composto por Carlos Barros, Miguel Breñas e Pedro Arranz regresaba a finais del 2016 cun tercer álbum “CVVEC 3” (El Genio Equivocado), traballo no que manteñen a excelencia dos discos previos e que debería catapultalos ás altas esferas de panorama musical independiente estatal.

Montelouro e The Wheels 20:00 H PAZO DE AMARANTE | 27 DE XULLO Cun pé na sicodelia contemporánea e outro no esaxerademente denostado britpop, The Wheels saen airosos, e victoriosos, co seu novo disco ‘The Year of the Monkey’. Tocarán tamén neste concerto os composteláns Montelouro.


Gastronomía & Cultura

axend a Familia Caagmano

Músculo!

Terbutalina

21:00 H | 28 DE XULLO

21:00 H | 12 DE AGOSTO

Dj + Proxección

Dj + Proxección

21:00 H | 3 DE AGOSTO

21:00 H | 17 DE AGOSTO

Manel

Kikagaku Moyo

ATARDECER NO GAIÁS PRAZA CENTRAL DA CIDADE DA CULTURA PREZO: De balde! Ciclo de concertos ao aire libre que os xoves, venres e sábados de xullo e agosto nos trae á praza central da Cidade da Cultura as mellores bandas do momento.

21:00 H | 15 DE XULLO

Bareto

Malandrómeda

21:00 H | 6 DE XULLO

21:00 H | 20 DE XULLO

Fasenouva

C. Tangana

21:00 H | 4 DE AGOSTO

Espanto 21:00 H | 24 DE AGOSTO

Nudozurdo

21:00 H | 7 DE XULLO

Carla Morrison

21:00 H | 21 DE XULLO

Gustavo Almeida

21:00 H | 5 DE AGOSTO

Boyanka Kostova

21:00 H | 25 DE AGOSTO

Triángulo de Amor Bizarro 21:00 H | 8 DE XULLO

Dj + Proxección 21:00 H | 13 DE XULLO

21:00 H | 10 DE AGOSTO 21:00 H | 22 DE XULLO

Hidrogenesse

Víctor Prieto

Boogarins

21:00 H | 14 DE XULLO

21:00 H | 27 DE XULLO

21:00 H | 11 DE AGOSTO

21:00 H | 26 DE AGOSTO

29 |


Pincha | Revista 2

axend a XOVES DE CÓDAX TERRAZA DAS BODEGAS MARTÍN CÓDAX

XOVES DE XULLO E AGOSTO ÁS 20:30 HORAS PREZO: 10 

BAÑISTAS. FOTOGRAFÍAS ATOPADAS 1880-1963

Ciclo de concertos estival que reúne en Cambados a algúns dos mellores artistas galegos, moitos deles en fusión con grandes do panorama nacional. Os asistentes, ademais, poderán gozar tamén dunha degustación dos viños de Adegas Martín Códax. Os beneficios obtidos pola venda de entradas destinaranse a diferentes asociacións sen ánimo de lucro.

CGAC

TODO O VERÁN PREZO: Gratuíto

Amplo conxunto de fotografías anónimas de mozos seminús, cubertos apenas cun traxe de baño, retratados en contacto coa natureza. Este proxecto expositivo de Xosé Manuel Buxán Bran enmárcase nesa vía de traballo na que ese material fotográfico democrático, anónimo, abandonado, pobre e vulgar pasa a se converter, por mor do gusto, o coñecemento e o sentido estético dos creadores e coleccionistas, nunha produción artística.

Sílvia Pérez Cruz e Uxia

Nastasia Zürcher

Os amigos dos músicos

20:30 H | 17 DE AGOSTO 20:30 H | 6 DE XULLO

20:30 H | 27 DE XULLO

Cristina Pato e Woyza

A Banda de Balbina

Alba Molina e Marcos Teira

20:30 H | 24 DE AGOSTO

DUDAMEL

20:30 H | 13 DE XULLO

20:30 H | 3 DE AGOSTO

Miguel Lamas e Lin Cortés

Rosario la Tremendita e Abe Rábade

20:30 H | 20 DE XULLO

20:30 H | 10 DE AGOSTO

PRAZA DO OBRADOIRO

Budiño, Javier Limón e Luiz Caracol

7 DE XULLO PREZO: ENTRADAS ESGOTADAS

O director venezolano visitará a cidade no marco do programa Palabras para Galicia de ABANCA. No concerto participará a Orquestra Sinfónica de Galicia, o Orfeón Donostiarra, a soprano Marta Matheu, a mezzo-soprano Lida Vinyes Curtis, o tenor Marc Salga e o barítono Joan Martín-Royo, coa colaboración da Real Filharmonía.

| 30

20:30 H | 31 DE AGOSTO


Gastronomía & Cultura

axend a TACÓN GITANO + ARTISTA INVITADO: MIGUEL FLORES SALA RIQUELA 12 DE XULLO | 5 EUROS

CIDADE IMAXINARIA PRAZA CENTRAL DE CIDADE DA CULTURA 19 DE AGOSTO PREZO: De balde

CICLO ACTÚA CON JAMILA PUROFILIN CENTRO SOCIOCULTURAL DE SANTA MARTA 8 DE XULLO ÁS 20:00 HORAS PREZO: Gratuíto

Jamila Purofilin é unha cantante cubana, nacida na Habana, que reside en Compostela. O seu repertorio está próximo ao world jazz, e ten percorridos numerosos escenarios de todo o Estado cos seus boleros. En Santa Marta presentará ‘Julio Cortázar Songs’, un traballo resultado de poñerlles música aos poemas do escritor arxentino. O concerto enmárcase no Ciclo Actúa, organizado polo Concello e a SGAE.

FESTAS DO APÓSTOLO DO 14 AO 31 DE XULLO

Santiago vivirá na segunda quincena de xullo as súas festas grandes con música, obradoiros, actividades tradicionais... Así, os xigantes de cabezudos volverán a percorrer as nosas rúas, celebrarase unha nova edición do Día do Traxe Galego e sorprenderémonos de novo co espectáculo dos Fogos do Apóstolo. O Concello apostará de novo ademais polo programa ‘Artellando’, levando numerosas actividades aos barrios e parroquias entre o 17 e o 23 de xullo. Podes consultar o programa completo das Festas do Apóstolo na sección de axenda de revistapincha.gal

A Cidade da Cultura convídanos a viaxar un ano máis a mundos soñados, personaxes incribles e formas imposibles nunha nova edición do festival Cidade Imaxinaria, todo un día cheo de espectáculos, xogos e obradoiros ao aire libre para toda a familia. O Gaiás volverá ao mundo da maxia, o teatro e o xogo nun ambiente cheo de cor, humor e música no que gozarán grandes e pequenos.

goza da nosa terraza

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a: redaccion@revistapincha.gal Axenda suxeita a posibles modificacións.

ABERTO O MUSEO CASA DE LA TROYA

Consulta novidades en revistapincha.gal

RÚA DA TROIA TODO O VERÁN

O Museo Casa de la Troya pode visitarse todos os venres e sábados ata mediados de xullo, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (os venres prolóngase ata as 22:00 horas), acompañados das explicacións das guías do museo. E dende mediados de xullo ata principios de setembro abrirá no seu horario habitual de verán, durante toda a semana e pechando os domingos e os luns. Trátase dun museo romántico. Recrea a pensión de estudantes e a vida universitaria de Santiago a finais do século XIX que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa novela ‘La Casa de la Troya’.

Prz. Matadoiro 3 @mataderosantiago

CAMIÑO DE SHIKOKU MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS E DE SANTIAGO DO 21 XULLO AO 24 SETEMBRO

A peregrinación no Camino de Shikoku (Shikoku Henro) é unha viaxe por unha ruta espectacular, ao longo de mil catrocentos quilómetros trazados nas catro prefecturas de Shikoku: Tokushima, Kochi, Ehime e Kagawa. A exposición amosa a historia e espiritualidade deste Camiño, a través dunha colección de pezas históricas e imaxes da peregrinación na actualidade.

31 |


Pincha | Revista 2

directo rio Bares/Cafeterías Restaurantes Outros

Casas Reais 25 Santiago de Compostela

Praza do Matadoiro 3 Santiago de Compostela

L e M: 11:30 a 00:30 Me e X: 11:30 a 1:30 V e S: 11:30 a 02:30 Domingos Pechado

De L a S de 9:00 a peche Domingos pechado

T. 981 556 344 - quedamosenlaflor.com

T. 881 031 403

Rúa da Caldeirería, 42 Santiago de Compostela

Caldeirería 49 baixo Santiago de Compostela

L a S de 7:30 a 23:00 (V e S a 1:00) D de 9:30 a 22:00

De L a Me e D de 8:00 a 23:00 X a S de 8:00 a 1:00

@Cafe_Serendipia

T. 981 569 290

Rúa Nova 36 Santiago de Compostela T. 981 566 980

agarimo

CAFÉ-PUB Rúa de San Pedro 16 Santiago de Compostela

Rúa Sempre en Galiza 1 Santiago de Compostela

De L a S de 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 00:00

De M a D de 10:00 a 00:00

T. 981 577 633 - www.dezaseis.com

Rúa da da Muiña 2 Baixo Santiago de Compostela De luns a venres de 9:30 a 00:00 Sábados e Do. de 11:30 a 00:00 T. 981 577 742 info@omuineirorestaurante.com

| 32

T. 981 592 399 www.restauranteferro.com

Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela

Rúa do Preguntoiro 2 Santiago de Compostela T. 981 573 094 agarimocafepub@gmail.com

Rúa da Raiña 4 Santiago de Compostela

L a V: 06:00 a 00:00 Sáb., Dom. e festivos: 06:00 a 15:00

De 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 1:00

T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com

T. 981 572 257 www.restaurantesanjaime.com


Gastronomía & Cultura

mamá peixe taberna mariñeira

Avda. Benito Vigo 70 A Estrada M a X de 9:30 a 00:00 V e S de 9:30 a 1:30 D de 9:30 a 00:00

Costa de San Domingos 2 Santiago de Compostela

Rúa da Algalia de Arriba 45 Santiago de Compostela

De Luns a Sábado de 13:30 a 15:45 e de 20:30 a 23:30

De M a S de 12:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:00 D de 13:00 a 16:00

T. 981 571 226 - argentinosburguer.com

T. 981 573 958 - markesaizakaya.com

T. 981 070 526 - tabernamamapeixe@gmail.com

Grupo Rúa Cardeal Payá 8 Santiago de Compostela

vinotapeta@gmail.com

Crta. N-550, s/n Pazos · Padrón De L a D de 9:00 a 00:00

T. 981 811 312 - www.hscala.com facebook.com/hotel.scala

Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela

T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com Rúa Fonte de Santo Antonio 10-Baixo Santiago de Compostela T. 981 582 911 - info@videvide.net

F: VIDE, VIDE T: @vide_vide

Rúa Porta da Pena 17 Santiago de Compostela T. 981 569 530 hotelcostavella@costavella.com www.costavella.com

Rúa do Cubelo 27 Santiago de Compostela T. 981 552 352 - pandamoa.com obradoiro@pandamoa.com

ALBERGUE HOSTEL

CASTRO Av. Ourense, 24 Palas de Rei

De L a V de 10:30 13:30 e de 17:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00

Luns a Domingo de 12:00 a 23:00 T. 982 380 321 - alberguecastro.com

Rúa Mazarelos 4-5 Santiago de Compostela Jueves, viernes y sábados: 22:00 a 05:30 T. 696484123 - sonarcompostela.com

T. 981 586 437 info@bodegaslodeiros.com www.bodegaslodeiros.com

33 |


Pincha | Revista 2

paga a pena Probar...

SORBETE DE COCO E LIMÓN [SEN

LÁCTEOS]

Por Vicky Morales

Ingredientes [para facer 1 litro aproximadamente]: 100 g zume de limón 300 g leite de coco 300 g auga pel relada de 2 limóns 110 g azucre *opcional= un benxamín de cava. Preparación: Mestura todos os ingredientes coa batidora. Proba e rectifica de zume ou azucre se che apetece máis ou menos doce. Arrefría na neveira ou conxelador. Serve moi moi frío ou con xeo picado. Nota: é importante que o leite de coco teña unha alta porcentaxe de coco (sen mesturas) a min gústame moito a de lata, co frío solidifica, así que temos que poñela uns minutos ao baño maría, pero merece a pena polo seu sabor máis intenso..

...sigue as propostas de Vicky en talle rd eazuca r.e s

Ler... ‘A Vida da Horta Ecolóxica’, de Azahar L. Giner e Miguel Martínez Comeza o día co canto do galo, e a horta ecolóxica agárdanos para ser sementada e coidada. Canta actividade, cantas dúbidas ata que chegue o momento da colleita! Iranse resolvendo con imaxinación, ledicia e tempo para compartir, nunha horta moi viva. Pero onde podemos atopar esta obra? En Santiago, por exemplo, na libraría de mulleres Lila de Lilith, na rúa Travesa.

| 34

Comer en...

Mercar...

Café Casino

unhas ‘NakeFit’

Si! Porque ademais de ser unha das cafeterías con máis historia da nosa cidade, o Café Casino –na rúa do Vilar, 35 - ten unha moi interesante carta para comer ou cear. Carnes, peixes… e agora tamén pratos de cociña asiática! Maki, niguiri, sushi, tempuras, woks… Todo saborísimo para compartir ou gozar un só nun salón único do século XIX. E se fai bo tempo, escolle a súa terraza para mergullarte de cheo na vida do casco vello!

Son unhas soletas antiescorregadizas, impermeables e resistentes á calor e aos cortes, que permiten ir descalzo a calquera lado cos pés ben protexidos. Hainas dispoñibles en diferentes tallas e cores. Son perfectas para camiñar polas rocas na praia, sobre a area ou nas piscinas. A que queres unhas para este verán? ;) Podes atopar máis información sobre elas en nakefit.com


Es #ocio, it is #leisure, il est #loisirs, é #lazer, es ist #freizeit … Dise case igual en todo o mundo, pero é unha forma de gozar moi de Galicia.

SON SERVIZOS TURÍSTICOS

RESTAURANTES, HOTEIS E CASAS RURAIS

CERTIFICADOS WWW.GALICIACALIDADE.GAL WWW.GALICIACALIDADELECER.COM


A cidadanía de Compostela decide en que empregar 1.500.000 € do orzamento municipal para investimentos, para actividades da mocidade e para as Festas do Apóstolo

Deseñamos desde abaixo Un proceso autorregulado

Propoñemos

Facemos propostas de investimentos e de actividades

Apoiamos

Priorizamos as máis necesarias

Avaliación técnica

O persoal técnico do Concello analizará as propostas que reciban máis apoios e calculará o seu custo

Decidimos

Votación final das propostas que se incorporarán ao Orzamento de 2018

decide.santiagodecompostela.gal


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.