1 minute read

Alejandro Roig, de Arobe Cerámica: “No forno prodúcese

Next Article
Sr Salvaje

Sr Salvaje

Arobe vén de xuntar o nome e apelidos do seu creador, Álex Roig Bergantiños. Un xogo de palabras moi axeitado para o que é un proxecto moi persoal. E é que a alma mater desta marca decidiu pórse á fronte do seu taller, tenda e escola despois de traballar noutros eidos, conservando sempre a afección pola cerámica. Unha paixón que lle viña dos seus estudos alá polo 2000 na Escola Pablo Picasso da Coruña.

Como foron os comezos de Arobe?

Advertisement

Aínda que traballaba noutros ámbitos, no 2012, dada a miña paixón pola cerámica, decidinme a comprar un forno para a casa e probar cousas. Foi cinco anos despois cando xa me fixen co local na cidade vella da Coruña e cumprín o meu soño de traballar no que me gusta, tranquilo e gozando. Estou moi contento de poder dedicarme a algo que me divirte. Montei un taller coa idea de que dende a tenda se vexa o que fago e quede moi claro o proceso de creación. Quería dotar ás miñas pezas do escaparate apropiado.

Que tipo de pezas creas no teu taller?

Sobre todo fago moita peza utilitaria: cuncas, pratos, vasos... Gústame xogar cos esmaltes e as cores, polo que raras veces hai na tenda algo branco. No forno prodúcese maxia ao mesturar eses esmaltes e saen creacións moi bonitas. En canto ás formas, eu son moi da natureza e non adoito utilizar liñas rectas, máis ben formas de folla, flores ou peixes. Á parte disto tamén teño algo de decoración e algúns artigos pequenos enfocados no turismo.

Cal é a túa relación co ámbito da restauración?

Os restaurantes son unha parte moi importante da miña clientela. Non sei se é casualidade pero traballo moito con locais de comida asiática. Soen ter claro o que buscan e fago as pezas por encarga. Por exemplo, para un xaponés tiven que facer unhas cuncas grandes especialmente para servir ramen, un prato de fideos.

Que che supón estar baixo o paraugas de Artesanía de Galicia?

Para min é unha axuda porque chegas a sitios onde non chegarías ti só. É un selo de calidade e, de feito, a xente cando ve Artesanía de Galicia nos teus produtos teno moi en conta. Fan moi bo traballo e estou moi contento de pertencer á marca. Pincha

Onde podemos mercar as túas pezas?

Vendo sobre todo na miña tenda física, na Rúa de San Francisco, 2 (A Coruña). Agora mesmo teño algunhas pezas na tenda Merlín e Familia de Santiago, www.merlinefamilia-tienda.com

This article is from: