![](https://assets.isu.pub/document-structure/230404110319-bd9a58cb89087c4fc38ed949026e514a/v1/c3cd307493959c3dfa6ca400244738b1.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
1 minute read
TARTAR DE ATÚN no Mamá Peixe
Cociña de nai atlántica, tradicional, emigrante, contemporánea, de horta, galega, de especies mariñas no corazón da cidade de Santiago. Así se definen na páxina web de Mamá Peixe, un local recomendado na Guía Repsol 2023 e presente na lista Bib Gourmand 2022 da Guía Michelin -pola súa excelente relación calidade-prezo.
Esta taberna mariñeira abriu as súas portas no ano 2015, apostando por verduras frescas, peixes enteiros, técnicas contemporáneas de cocción, produto de proximidade, de pequenas lonxas, de ingredientes de estación... todo elaborado con sabor e reinterpretado á súa maneira.
Advertisement
Na súa carta, que varía con cada estación, podemos atopar sempre tres pratos estrela: o sashimi de sargo (un prato que sae en máis de 60 ocasións á semana en temporada alta), o arroz con lumbrigante e o polbo dourado estilo ¨Mugardesa¨ con alioli de laranxa.
Para a visita do noso @JuanEAT_o, escolleron o seu ‘Tartar de atún’ porque, segundo explica o chef Guillermo Pérez, en Semana Santa estamos en moi boa época de túnidos e representa moi ben a oferta de crus que teñen no Mamá Peixe. Unha proposta ben saborosa da que vos fala o noso comechón a continuación.
@JuanEAT_o , probando o Tartar de atún do Mamá Peixe.
Benvidas e benvidos a un dos paraísos do peixe da nosa cidade onde cada prato é unha delicia!
Nun ambiente case como estar na casa, cheguei a Mamá Peixe disposto a probar o seu tartar de atún. Poderíamos dicir que é uns dos pratos máis de moda e máis versátil dos últimos anos. Aínda que pareza sinxelo, o máis importante desta proposta —e como debería ser en todo o que se come— é apostar por un produto da mellor calidade posible. E neste local compostelán nunca escatiman niso.
Así, na miña nova visita ao Mamá Peixe din cun bocado de mar exquisito que se desfacía na boca. O corte do atún para este prato polo xeral faise en dados. O tamaño depende de como queira cada un,
Lugar:
Algalia de Arriba, 45
Santiago de Compostela
Datos
pero como ben me dixo un dos profesionais que traballan alí: “Isto é como comer gominolas”. Non creo que poida ter unha definición mellor, xa que é verdade que poderías estar coméndoo todo o día sen fartar.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230404110319-bd9a58cb89087c4fc38ed949026e514a/v1/260b603aba1a196aef5075d6b2cfd477.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Do tartar de atún do Mamá Peixe destacaría, ademais do produto principal, os tres acompañamentos que leva: latonesa de amorodos – que segundo explicou o chef Guillermo Pérez é porque estamos en tempada de amorodos e gústalle poñer moito doce con túnidos – olivas negras que aportan sal e un chutney de mazá e remolacha que dá moita cor. En conxunto, unha proposta que nunca defrauda e que vos recomendo pedir sempre que visitedes esta taberna mariñeira en plena Zona Vella de Compostela.
Prato:
Tartar de atún
Prezo: 14 €