4 minute read

Recomendacións para celebrar o Día do Libro 2023

Como cada ano o 23 de abril celebrarase o Día Internacional do Libro. Aquí tes as recomendacións das nosas librarías de referencia en Compostela para conmemoralo cunha boa lectura ou facendo o mellor dos agasallos :

Así fala Penélope (Unha antoloxía de xénero)

Advertisement

Marta Dacosta escolma poesía de autoras galegas desde finais do século XX até a actualidade. Panorama histórico e actual dunha multiplicidade de voces e da potencia da poesía galega. Publica Chan da Pólvora.

RE-READ Libraría Lowcost (Santiago de Chile, 2)

As crónicas do Sochantre Álvaro Cunqueiro é un dos clásicos imprescindibles das nosas letras e esta obra, fantástica, humorística e chea de crítica social, parécenos a súa mellor novela, de lectura fácil e con esa linguaxe peculiar que caracteriza a Cunqueiro. Un libro que tería que estar en todas as casas.

(h)amor 8 gordo

Coordinado por Tatiana Romero. VVAA.

Marabilla de libro colectivo que sacude, conmove e ilumina. Trae, politiza e socializa as experiencias que xorden da/s gorduras e a gordofobia sufrida, a ritmo de manifestos, poesía, narrativa e experiencias. Un grande libro de tamaño pequeno.

Escarlatina, a cociñeira defunta

Esta novela acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2015, pero ademais de gozar dunha entretidísima historia de aventuras da man de Ledicia Costas, o libro ten unha morea de receitas para facer en familia, polo que amais de entreter os pequenos, pode desfrutarse en familia.

Carcoma

De Layla Martínez

Novela curta onde escoitamos as voces dunha aboa e unha neta e a presencia omnipresente da casa e dos espíritos que alí habitan. Xenealoxía de mulleres e coidado da vida.

A mí este siglo se me está haciendo largo

Da man dun dos humoristas galegos máis afamados, poremos risas a este século XXI tan cheo de sobresaltos, porque o humor, as risas, son una terapia infalible para os tempos de incerteza. Entretemento e evasión é o que atoparemos nesta proposta de Luis Piedrahita

PARA GOZAR NO RIQUELA...

ABRIL E MAIO

Nos próximos días poderemos gozar na Sala Riquela de:

- Pinchadas e Djs. Os venres e sábados a partir das 23.30h. Entrada libre.

- Tacón Gitano. Xoves 6 de abril ás 21.00 h. Entradas: 5€ (+gastos)

- Banda residente: The Fabulous Resaca Brothers. 14 de abril e 5 e 26 de maio. Entradas: 6€ (+gastos)

- Banda residente: Sabela king & The Hearbreakers. Mércores 12 de abril ás 21.00 h. Entradas: 5€ (+gastos)

- ‘Probando, Gravando’, de David Amor. Xoves 27 de abril ás 21.00 h. Entradas: 14€ (+ gastos)

ESTREA DE ‘THE GREAT GRETA’

TEATRO PRINCIPAL

14 DE ABRIL ÁS 20.30 H | PREZO: 10 €

‘The Great Greta’ é un espectáculo multidisciplinar que combina danza, humor e circo para levar á escena unha oda á xente rara, que sae dos estereotipos existentes na sociedade actual. As situacións absurdas, a música, os obxectos especialmente coidados da escenografía e unha protagonista peculiar, farán que as aventuras de ‘The Great Greta’ sorprendan a toda clase de público.

Directos Na Sala S Nar

ABRIL E MAIO

Nos próximos días escoitaremos na Sala Sónar a:

- Dani Flaco. Sábado 15 de abril ás 22.00 h. Entradas: 15,60 €

- Vera Fauna. Venres 21 de abril ás 22.00 h. Entradas: 8 €

- Confeti de Odio. Venres 12 de maio ás 22.00 h. Entradas:

7,21€

- Guiu Cortes. Sábado 13 de maio ás 22.00 h. Entradas: Desde

10 €

ÁNGEL MARTÍN: ‘PUNTO PARA LOS LOCOS’

AUDITORIO ABANCA

20 DE ABRIL ÁS 20.30 H |

PREZO: DESDE 16 €

Con ‘Punto para los locos”, Ángel Martín tentará que entendas que o único que nos diferencia non é se estás ou non estás tolo, senón a que volume están na túa cabeza a voz da vergoña, o medo, os abafos, a impaciencia... e tentará que, a próxima vez que unha desas voces volva, non poidas evitar burlarte dela e poñer no marcador outro “punto para os tolos”.

Gala Enregu Ifateregueifesta

AUDITORIO DE GALICIA

14 DE ABRIL ÁS 11.15 H

Un milleiro de persoas, entre escolares e alumnado improvisador chegado de diferentes puntos de Galicia e de centros educativos de Euskadi e Cataluña, xuntaranse na gala de entrega de premios do certame Enreguéifate, o proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír por medio dela á promoción do uso da lingua galega.

CARMINHO PRESENTA ‘PORTUGUESA’ AUDITORIO DE GALICIA

15 DE ABRIL ÁS 20.30 H | PREZO: 14 €

A gran voz do fado e unha das artistas portuguesas con maior proxección internacional, Carminho, chega a Santiago para presentar o seu novo álbum ‘Portuguesa’. Nunha busca pola profundidade do seu pensamento sobre o fado, Carminho explota varias combinacións dentro dos canons, repensando a forma e movéndose como peixe nunha auga que é a súa.

GRAN GALA DO CIRCO DE

Compostela

AUDITORIO DE GALICIA

16 DE ABRIL ÁS 18.30 H | PREZO: 3 € Espectáculo multidisciplinar e variado, organizado polo Concello de Santiago en colaboración con Pistacatro, a cargo dun determinado número de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas de cinco ou dez minutos. Todo isto conducido por un mestre de cerimonias, que se encargará de fomentar a participación do público, de aportar o ton cómico e de administrar as pequenas doses de arte concentrado.

Concerto De Luis Ferc N

TEATRO PRINCIPAL

20 DE ABRIL ÁS 20.30 H | PREZO: 10 € Luis Eduardo Fernández Cano ou “Luis Fercán”, como é coñecido, é unha das voces máis persoais e recoñecibles do panorama musical actual. Tras pasar por varias bandas, no 2016 comeza o seu camiño en solitario como un dos cantautores emerxentes máis recoñecidos. En novembro de 2021 presenta o seu novo disco ‘Canciones completas desde una casa vacía’, producido por Nacho Mur, e gravado nunha casa abandonada da súa familia, na súa Galicia natal.

This article is from: