Pincha de Gastronomía & Cultura Revista de Revista Gastronomía & Cultura Nº 3 | setembro-outubro 2017
Cociñeiros viaxeiros Así son as aventuras dos chefs Manu Núñez e Lucía Freitas en Barcelona e Nova York
tur ul
ro
C
t ou a d as 1-2
ub
a d e G a li c i
Xo rn
a
o
I
A
anĂ a s e n rt
a d e 2 01 7 Cidad
Gastronomía & Cultura
ÍNDICE
EDITORIAL
D
Respecto
esde que escribo sobre gastronomía todos os cociñeiros aos que entrevisto Por Rebeca Munín opinan o mesmo: hai que viaxar, coñecer outros países, aprender… Oxalá moitos tiveran o mesmo respecto que eles por outras culturas. E igual que estes se empapan das propostas culinarias doutros lugares para crecer como profesionais, tamén hai quen leva a nosa arte entre fogóns máis aló das nosas fronteiras. Nesta revista falamos de todos ese cociñeiros viaxeiros que están a cambiar a opinión que tiñan no exterior sobre a gastronomía galega. Os chefs Manu Núñez, do restaurante Arume en Barcelona, e Lucía Freitas, de A Tafona en Santiago e Tomiño en Nova York, cóntannos as súas experiencias. E, de novo, chega o respecto. O que din ter pola nosa forma de entender a cociña, polos nosos produtos… Innovan, si. Pero en ningún momento perden as súas raíces. Tradición e vangarda van con eles da man. Respecto polo espectador é que teñen tamén no festival internacional de cine Curtocircuíto 2017, que celebrará en outubro en Santiago a súa edición número catorce. Os seus programadores buscan filmes que nos fagan pensar, actuar, que deixen unha pegada. Cos que medremos. Non é esa outra viaxe do máis apetecible? Abrir as nosas mentes é, así mesmo, o obxectivo de galerías e espazos de arte. Algunha vez visitaches as de Compostela? Non fai falla mercar nada! Pero se o que queres é abrir o teu apetito, non perdas os artigos sobre a nova carta do Argentinos Burguer e os mellores lugares para saír a merendar na cidade. Vimos completos! Comezamos a viaxe?
Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal Deseño e maquetación: Alberto Seoane RSM Comunicación | rsmcomunicacion.com
Publicidade: Jéssica Pintor e Ruth Ríos publicidade@revistapincha.gal Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com Colaboran neste número: Jéssica Pintor, Lorena Costas, José Crusat, Ruth Ríos e @JuanEAT_o
reportaxe
reportaxe
Crusat & Costas a merenda r d e cine
#apapa r
4 Cociña galega fóra da terra 12 Portas compostelás á arte 16 D’Pieiga ‘A Marcada’ 18 Un paseo polas merendas de Compostela 22 Curtocircuíto 2017 24 Argentinos Burguer 28 Axenda Compostelá 32 Directorios 34 Paga a pena
Agradecementos: Museo Etnográfico Sotelo Blanco, onde realizamos a entrevista ao chef Manu Núñez e que cedeu a maleta que sae en portada. Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017 www.revistapincha.gal
Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.
3|
Pincha | Revista 3
reportaxe
Cociña galega fóra
moito máis que un bo p
M
áis aló das nosas fronteiras, Galicia xa non é só coñecida polos nosos bos produtos. Pouco a pouco os cociñeiros galegos están sendo quen de facerse un oco entre os grandes profesionais culinarios. Ademais do traballo feito aquí, cada vez son máis os chefs da terra que viaxan polo mundo para ensinar a nosa cultura gastronómica. Algúns de xeito esporádico para participar en feiras, show cookings e concursos. Outros combinando restaurantes na nosa comunidade con proxectos no exterior. E tamén facendo vida completamente lonxe do fogar de Breogán.
|4
Todos eles están conseguindo cambiar ese concepto de marisquería con prezos altos cos que ata o de agora se nos relacionaba. A nova cociña galega, ademais de produto de calidade, ofrece vangarda, imaxinación, estilo. Respectando a tradición, pero sofisticándoa. Entre os nomes de chefs galegos que triunfan no exterior podemos destacar a Pepe Solla, posuidor dunha Estrela Michelín no seu restaurante Casa Solla, en Poio (Pontevedra), é tamén un empresario de éxito en Madrid. Alí rexenta dous proxectos: ‘Atlántico, Casa de Comidas’ en pleno barrio de Salamanca e ‘Atlántico, Casa de Petiscos’, xunto ao Parque do Retiro.
Gastronomía & Cultura
da terra:
produto
Por Rebeca Munín
Na mesma cidade ten o seu local o ourensán Manuel Domínguez. ‘Lúa’ é o único establecemento galego fóra de Galicia recoñecido cunha Estrela. E non podía faltar a representación compostelá. Os rapaces do Abastos 2.0, Iago Pazos e Marcos Cerqueiro, puxeron en marcha hai un tempo en Chueca ‘Barra Atlántica’, un local que se define como unha marisquería moderna. En Barcelona todos falan do Arume, no barrio do Raval, un restaurante galego que busca romper os tópicos e organiza eventos tan divertidos como as súas ‘pulpadas electrónicas’. Á fronte da súa cociña está o coruñés Manu Núñez, exconcursante da última edición de Top Chef e quen acaba tamén de tomar as rendas do espazo gastronómico do Centro Galego da cidade.
Lucía Freitas visitará a miúdo Estados Unidos. Foto: Iván Barreiro
Ata moito máis lonxe, ao continente asiático, marchou hai anos o brionés Daniel Negreira. Hoxe en día conta con negocios en Taiwán, Hong Kong ou Rusia. E a cabalo entre Santiago e Nova York, está a compostelá Lucía Freitas. A chef acaba de reabrir A Tafona, na Virxe da Cerca, despois duns meses de reforma e agora, en setembro, atópase en Nova York na apertura de Tomiño, un restaurante impulsado por tres irmáns con orixe no concello pontevedrés e do que Lucía é a responsable da carta e do equipo de traballo. Con dous destes cociñeiros viaxeiros, Manu Núñez e Lucía Freitas, falamos a continuación moito máis polo miúdo.
5|
Pincha | Revista 3
reportaxe
“A tele ten uns valores que eu non comparto. Se tivese que seguir o meu corazón cen por cen, non volvería a Top Chef”
Fomento do turismo gastronómico Desde un tempo a esta parte, a Administración parece ser consciente do potencial non só da gastronomía senón dos nosos cociñeiros como atractivo turístico. E así o explota na procura de un maior número de visitantes. En Galicia sucédense as festas, eventos e concursos gastronómicos, que en moitos casos non sairían adiante sen o apoio institucional. E ao igual que a marca de Galicia Calidade – que certifica a calidade dos produtos e servizos de cerca de 90 empresas - xa se ten convertido nunha referencia de confianza para os consumidores, saber que é un chef galego o que está entre os fogóns empeza a suscitar moito interese no estranxeiro. De aí o convenio asinado este verán entre Turismo de Galicia e o Grupo Nove, formado por 22 cociñeiros e 17 restaurantes galegos con 8 estrelas Michelín. En virtude deste texto se establecerán accións de promoción conxuntas de Galicia como destino turístico asociado á alta gastronomía e se apoiará a innovación turística. Así, entre outras cousas, anunciouse a creación dunha plataforma promocional dixital e multilingüe do Grupo e tamén a edición de material promocional para favorecer a comercialización e xestión mediante ferramentas TIC. Como explicou a directora de Turismo, Nava Castro, a gastronomía é unha das mellores cartas de presentación de Galicia como destino e o segundo motivo polo que os turistas deciden visitar a nosa comunidade. E é tamén un dos elementos que mellor permiten desestacionalizar o turismo. |6
Manu Núñez no Museo Etnográfico Sotelo Blanco. Foto: Iván Barreiro
Gastronomía & Cultura
O MANU
NÚÑEZ,
RESTAURANTE ARUME EN BARCELONA: “Viaxar aumenta a túa biblioteca de sabores e cando queres crear es moito máis versátil”
noso primeiro cociñeiro viaxeiro é Manu Núñez, un coruñés que leva desde os 19 anos facendo maletas - aínda que quizais non tan bonitas como a que nos deixaron no Museo Etnográfico Sotelo Blanco para a foto de portada. Na última década viviu en Londres, en Alemania, en Luxemburgo, en Madrid, en Santiago – da que se confesa namorado - e en Barcelona. Na cidade condal é copropietario e chef do Arume, no barrio do Raval. Un restaurante coñecido, entre outras cousas, polas súas ‘pulpadas electrónicas’. A súa cociña galega pero innovadora levouno tamén a participar este ano no concurso de televisión Top Chef, do que foi o sexto expulsado. De onde vén o teu gusto por viaxar? Eu veño dunha familia de xente que emigrou. E antes de ser cociñeiro sempre tiven esas ganas de viaxar. Con 14 anos xa estiven un verán enteiro en Londres. É un valor que existe na miña familia. Aprender e nutrirse doutras culturas. Iso axuda ademais moito a unha profesión como a túa… Totalmente. Viaxar fai que teñas máis referencias gustativas. E a cociña baséase nese tipo de cousas. Digamos que se a túa biblioteca de sabores aumenta, cando queres crear tes moita máis información e es moito máis versátil. Falamos de viaxar pero o teu amor pola cociña… onde naceu? En parte foi pola miña nai, que aínda que non é cociñeira profesional, sempre cociñou moi ben na miña casa. Ademais teño un curmán que é cociñeiro e era como o meu primo favorito. Cando eu estaba rematando o instituto, el falábame desta profesión con paixón. E eu creo que influíron as dúas cousas. Como é a túa cociña? Case todo o que fago ten unha liña parecida. É produto galego, ou o recordo dun sabor ou un olor da miña infancia e adolescencia, e iso vai crecendo e vanse incorporando diferentes sabores ou técnicas. E así é Arume, un restaurante galego pero non ao uso, no que reinterpretades todos os pratos. Si, a min como cociñeiro o que máis me interesa é o sabor. Non vou antepoñer o discurso ao sabor. Entón, eu penso na miña infancia en Noia, de onde é miña nai, en comerme uns berberechos e… pum! De aí parto o prato. Pero ao mellor a iso incorpórolle unha salsa xaponesa… E ao mellor un vermú…. E remato cun aceite de laurel porque tamén me recorda á infancia… Unha forma de cociñar que gusta moito aos cataláns, non? Si, o restaurante funciona moi ben porque nunha cidade tan cosmopolita a xente está aberta a probar moitas cousas. Tamén é certo que ao irte ben, tes máis confianza e podes arriscar máis. Eu ao principio quizais facía unha cociña máis diplomática. Pero cada vez vou collendo máis identidade e vou intentando facer pratos máis arriscados. 7|
Pincha | Revista 3
reportaxe E cres que a túa clientela ten unha idea moi formada da cociña galega e se sorprende co que fas? Si que pasa ás veces que vén xente ao restaurante buscando un restaurante galego e atopa algo diferente. O que pasa é que fóra de Galicia a evolución da nosa cociña foi moi pequena. Por exemplo, quitando Arume e algún máis, a cociña que se fai en Barcelona galega é unha cociña dos anos 70. Unhas marisquerías clásicas. Moita xente descoñece a evolución da nosa cociña, que en Galicia si existe. Fóra das nosas fronteiras fálase moito do ben que se come aquí, dos nosos produtos. Pero cres que falta coñecer máis o traballo dos nosos cociñeiros? Eu creo que iso está cambiando agora mesmo. Hai un montón de restaurantes onde podes comer máis moderno. A xente ás veces tende a xerar como unha contraposición entre o tradicional e o moderno, pero eu non o vexo. Poden coexistir perfectamente. Temos que ser máis tolerantes coa liberdade creativa. E desa liberdade creativa que defendes, xurden supoño as ‘pulpadas electrónicas’ que vos inventastes en Barcelona. Cóntanos en que consiste. Eu podería definilo como neo-folclore (rimos). Ten unha raíz moi popular, festiva, rústica… pero trasladamos algo que podería celebrarse nunha carballeira a unha cidade enorme. E dalgún xeito modernizámolo traendo un dj ou alguén a cantar… Pero o que engancha de verdade é a enerxía festiva. As ‘pulpadas electrónicas’ empezamos a facelas no local pero por un problema de aforo agora organizámolas de maneira máis puntual. Atopar espazos non é tan sinxelo. Ademais acabades de tomar as rendas do restaurante do Centro Galego en Barcelona. Que ides ofrecer nel? O que queremos é darlle un cambio a nivel estético. Modernizalo. Pero a nivel culinario queremos facer algo tradicional. Porque quizais ás veces o salto é demasiado alto e esquecémonos de facelo intermedio. Creo que en Galicia pasou iso cando comezou a nova cociña. Houbo unha ruptura demasiado forte. E por iso a xente tardou tanto en aceptalo. Entón, no Centro Galego, se falamos de facer un pulpo á feira, faremos un pulpo á prancha, porque iso xa é moderno para alí. Pero non vou meter exotismos. |8
Os produtos cos que traballas en Barcelona, compralos en Galicia? Si, compro moito aquí. Agora estou comprando en lonxa directamente aquí e mo mandan. Merco algas, queixos, marisco… de todo. Cambiando de tema, como foi participar no concurso de televisión Top Chef? Obviamente saír pola televisión supón un impulso comercial moi forte. Arume xa era un restaurante que funcionaba ben pero viu moita máis xente. Non é que fora un punto de inflexión. Non. Pasamos de encher a encher moito (risos). Ten algo negativo? Eu creo que a tele o que fai é que os focos te alumbren. E aí é onde se vai ver se es un profesional ou non. Danche a oportunidade e logo ti aproveitala ou non. Meu pai dicía: “Os trens sempre pasan. O importante é estar preparados para collelos”. Pero tamén hai quen critica estes concursos, dicindo que non son reais, que a cociña non é así… Claro que non é a realidade da cociña. Ten unha parte de reality pero cando participas nalgo así, tes que saber a onde vas. Non podes pensar que te van valorar só polas túas cualidades profesionais. Pasada xa a experiencia, repetirías? (pénsao moito) Por un lado, quedoume a espiña de non ter chegado máis lonxe. E estame axudando. Esa é a parte boa. Pero creo que a tele hoxe en día ten uns valores que eu non comparto. Se tivese que seguir o meu corazón cen por cen, non volvería. E ti que pareces non parar nunca, tes algún plan máis na túa cabeciña? Ata finais de ano non. Despois hai un par de cousas que me apetece facer. Unha é montar un restaurante máis gastronómico en Barcelona. E outra idea é montar algo en Menorca. Buscas no futuro unha Estrela? De momento non o penso pero tampouco o descarto. Non é o meu presente, pero quizais algún día si. Manu Núñez Foto: Iván Barreiro
Gastronomía & Cultura
LUCÍA FREITAS,
A TAFONA EN SANTIAGO E TOMIÑO EN NOVA YORK:
“É de envexar a cantidade de vexetais e produtos ecolóxicos que teñen os americanos. É un paraíso”
O novo aspecto do restaurante A Tafona. Foto: Iván Barreiro
A
nosa segunda cociñeira viaxeira é Lucía Freitas. A recoñecida e premiada compostelá admite estar no mellor momento da súa carreira. Con A Tafona, na Virxe da Cerca, recentemente renovada, afronta ademais o reto de poñer en marcha un restaurante galego en Nova York. Tomiño é o proxecto de tres irmáns americanos con orixes en Galicia que confiaron na nosa chef para levar o mellor da nosa cociña ao outro lado do Atlántico.
Acabas de reabrir A Tafona, agora si que totalmente ao teu gusto. Soño cumprido? Si. Eu abrín A Tafona fai oito anos cunha man diante e outra detrás e collimos sona porque tiñamos un menú do día espectacular. Pero o meu soño sempre foi ter un espazo coma este. Chegar cada mañá e ver a miña cociña, que está á vista e é tres veces máis grande que a que tiña… Ter un comedor que vai coa comida, co servizo que damos… O espazo sempre foi espectacular porque estamos dentro dunha casa de pedra do
9|
Pincha | Revista 3
reportaxe Lucía Freitas na súa cociña en A Tafona. Foto: Iván Barreiro
“Quero que a xente veña á Tafona nun día especial. É para vir, deixarse levar, gozar e vivir unha experiencia”
| 10
Gastronomía & Cultura
casco histórico, co teito acristalado, ten moitísima luz… pero quizais non estaba aproveitado da mellor maneira. Agora cada mesa ten o seu ambiente. Tratamos que sexa unha experiencia global. É moito máis acolledor, agradable e vai xusto coa miña cociña. Que cambia e que se mantén nesta nova etapa? Seguimos a liña un pouquiño máis gastronómica. Temos un menú gastronómico longo, outro máis curto e unha pequena carta de produtos de tempada. Son só cinco mesas e é un concepto máis exclusivo. Quero que a xente veña nun día especial. Non todos os días. É para vir, deixarse levar, gozar e vivir unha experiencia. E como é que acabas levando o restaurante Tomiño en Nova York? Eu coñecín o proxecto hai anos xa, cenando un día en Casa Marcelo, da man de Tono Mugico de Mr Turismo. El foi o que moveu os fíos e fixo de nexo de unión entre a xente do Tomiño e eu. A miña función alí é plasmar en varias cartas o seus recordos de nenez na terra - e de non tan nenos porque veñen todos os anos en agosto aquí. É un proxecto que me ilusiona moito porque é xente moi comprometida con Galicia, que sabe o que é a cociña galega e quere respectala ao máximo. Os primeiros dez días de setembro pechamos A Tafona porque eu vou a facer a apertura alí. Como combinarás ambos proxectos? En A Tafona teño un equipo formado que coñece moi ben a miña cociña pero é un proxecto moi persoal e teño que estar aquí. En Nova York teño a dúas persoas que son galegas que son as que se van encargar de levar as rendas do restaurante. Gustaríame manter un pouco a liña que eu teño de produto fresco, produto da horta, pequenos agricultores… Seleccionar o produto con moito mimo. Eu penso que esa é a base. E quero que nos diferencie alí tamén. Non só que sexamos cociña galega. Senón que sexamos cociña galega de temporada, moito verde… Pero é doado alí atopar ese tipo de produtos? Si, alí é un paraíso. Desde aquí vemos que hai moita ‘comida basura’. É certo. Pero a verdade é que é de envexar a cantidade de vexetais que teñen, a cultura que teñen polo ecolóxico… Hai supermercados enteiros de produtos ecolóxicas, que teñen unha variedade de vexetais que eu na miña vida vira… Carnes, peixes… Evidentemente todos temos unha etiqueta, igual que os galegos a temos, os americanos tamén. E polo seu estilo de vida de ir tan de présa, tenden bastante a ir a esa ‘comida basura’. E cal é a idea que teñen da cociña galega nos EEUU? Eu penso que a nosa cociña é un sector que está por escribirse de novo. Porque é certo que os sitios galegos que visitei alí perderon un pouco a súa raíz, a súa esencia. Resulta que como o americano come todo con salsa, poñen X prato galego con moita salsa ou con manteiga… Creo que tamén
“Moitos restaurantes galegos en Nova York perderon a súa esencia, a súa raíz”
é porque o americano non sabe onde está Galicia. Pensa en España. Entón hai moitas cousas adheridas á cociña galega que realmente non son cociña galega. Alí falta ese restaurante galego puro, que é un pouco o que eu pretendo. Aínda que evidentemente cunha cociña actualizada. Tradicional pero con innovación? Eu penso que temos que conxugar as dúas cousas. Por un lado, temos que ter un moi bo pulpo á galega. Por outro lado, unha pescada, que non vai ser de Celeiro, pero vai ser unha moi boa pescada feita dunha forma máis actualizada. Que foi o máis raro que viches na túa visita pola cidade? A min chegaron a poñerme unha tortilla de pataca feita no forno. Enton… uff! Evidentemente no meu favor xoga que teño dous cociñeiros galegos, que ademais xa traballaron antes comigo e coñecen a miña esencia, saben como cociño, que busco nun prato… Iso dáme moita tranquilidade. Aínda que eu puntualmente vaia alí para matizar carta, para facer cambios e demais… penso que temos moita sorte de ter sangue galego cociñando. Porque eles saben como teñen que saber as cousas. Falamos moito da ‘túa’ cociña pero como dirías que é? Penso que é unha cociña moi divertida, que respecta moitísimo o produto e as coccións, pero realmente non teño medo a arriscar. Teño moita seguridade no que fago. E son moi feliz co que fago. Teño a gran sorte de ter moita facilidade para combinar, para crear, teño un padal psicolóxico moi ben estruturado… É o sabor o máis importante? O sabor, a textura, o aroma e o empratado. Os sentidos son unha parte moi imporante. A min gústame que cando un prato chega a túa mesa trasmita só con ulilo. E coidalo visualmente é moi importante. Para min son pequenas obras de arte. Cada prato ten que ser único. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
11 |
Pincha | Revista 3
reportaxe Por Jéssica Pintor
Portas compostelás á arte
O taller de Os Catro Gatos. Foto: Iván Barreiro
C
ruzar unha porta nova, diferente e mesmo estraña é unha oportunidade! Ás veces, mesmo ocorre maxia e descobres un mundo descoñecido que non imaxinabas. Algunha vez entraches nun espazo ou nunha galería de arte? Unha vez que traspasas unha porta á arte, entras nun colorido universo, onde podes aprender do artista, coñecer os seus segredos, podes falar ou calar, mirar, reflexionar e ata tomar un café! Esas portas agardan por nós en Compostela. Crucei escéptica a de Os Catro Gatos, un espazo de arte, aberto dende febreiro deste ano, na rúa das Rodas, 13. De repente atopeime nunha pequena sala, compartindo café con Delio Sánchez e Inés Silvalde. Na mesiña | 12
que tiña diante, mentres xogaba coa cunca, anotaba na miña libreta... Se levantaba a vista, podía axexar entre o collage con madeira de Sebas Rozas. “Algunhas pezas son escultóricas, outras bidimensionais, un xogo entre a escultura e a pintura”, escoitaba sen perder detalle. “Pintar é un medio de expresión”, respondeu Inés. Porque antes de falar do seu espazo, quixen coñecer a quen me recibía nel. Criouse nos Tilos (Teo), con 16 anos marchou para Noia. Estudou na Escola Mestre Mateo e fixo tamén Belas Artes e Deseño de Interiores. Nacho Costa foi o pintor que lle aprendeu a pintar. E dando clases de pintura, deuse conta que ela non lle estaba dedicando moito tempo a pintar e que tampouco tiña sitio para elo. “Coñecín a Delio e atopamos este espazo, un taller onde
Gastronomía & Cultura
Delio Sánchez, Os Catro Gatos: “Hai falta de costume de ir aos espazos artísticos, por iso ofrecemos un recuncho máis informal, onde interactuar coa arte e cos artistas"
traballar. Pareceunos que podía ser unha plataforma para que outros puideran expoñer os seus traballos, axudándonos a enriquecernos como artistas”. Delio Sánchez é un pintor autodidacta e Técnico superior en artes plásticas aplicadas a escultura pola Escola Mestre Mateo, é de Noia. Para el a pintura “é mesmo un xeito de vivir. A arte é o noso oficio. Pintar non é tan doado, se queres vivir disto!”. Ás veces, esquecemos que os pintores tamén comen e pagan a luz! Os Catro Gatos é un espazo para compartir, xunto con el, naceu a Asociación cultural Maxenta, coa que pretenden xestionar, neste recuncho, todo tipo de actividades en torno á arte e con multitude de artistas e profesionais: presentar poemarios ou libros, facer monólogos, charlas de acuarela, exposicións, obradoiros de gravado ou de fotografía, proxección de curtas, etc. “O noso é un espazo vivo, habitado, non é a típica sala de exposicións. As galerías son frías, asépticas. Nós non temos o traballo de buscar clientes, nin temos coma función principal vender arte, isto é coma un restaurante, mesturamos o traballo na cociña (rimos, porque é realmente unha cociña, con cafeteira e todo!), co que vemos na sala. Cremos que hai que humanizar os museos e as salas de exposicións, dinamizalas, para achegar máis á arte á xente. Hai falta de costume de ir aos espazos artísticos, por iso ofrecemos un recuncho máis informal, onde interactuar coa arte e cos artistas. Ensinámoslle ao visitante o que estamos facendo na cociña! Non nos importa que vexan o noso traballo, ao contrario!”. Ademais de contemplar abraiada un nu do alto dunha parede, no que traballaba Inés, e de topar cunhas fotografías de carnes espidas entre as rochas, lucindo perrucas loiras, de Delio. Quedoume gravada unha frase: “Se ti es franco e honesto coa túa obra, seguramente funcione. A arte deixará entón de ser algo máis que decorativo, porque non ten porque selo! É importante que comunique, que transgrida!”
Inés Silvalde e Delio Sánchez en Os Catro Gatos. Foto: Iván Barreiro
13 |
Pincha | Revista 3
reportaxe Os Catro Gatos ten aberta, ata o 31 de outubro, unha convocatoria internacional de arte, para expoñer en 2018. Eu marcho, pensando que teño que volver máis axiña!... E pecho unha porta para abrir outra. Porque se de arte falamos, non podemos deixar de atravesar a da Galería Trinta. Todo un referente en Compostela! Xurdiu en 1985. Asunta Rodríguez comezou a traballar nela no 1988 e acabou sendo a súa directora e posteriormente a súa propietaria... “E ata aquí!”, suspira. A miña anfitrioa é de Amandi, con dous anos a súa familia foi para Vigo e veu estudar Historia da Arte a Santiago, tamén é membro da Academia Galega das Belas Artes, e di que sempre conta que a galería escolleuna a ela! Coincide comigo en que existe unha especie de prevención ou de temor á entrada nunha galería. “Parece que só é un lugar onde se vende arte e onde só poden entrar aqueles que teñen unha capacidade económica
para mercar arte, cousa que non é certa! Temos exposicións abertas ao público, para que se visiten de forma gratuíta, todo o ano. Traballamos co arte do noso tempo, con artistas vivos, vinculados á miña xeración ou posteriores, porque contan unha historia que vivimos nós tamén”. Na Galería Trinta tropezaremos con exposicións temporais dos artistas vinculados á mesma, como Carla Andrade, Berta Cáccamo, Mar Vicente, Antonio Murado, Gilbert Garcin e Carlos Pazos. Neste momento e ata mediados de setembro, poderemos deleitarnos coa de “El humo de Walter”, de Edu López (teño que dicir que quedei mirando un acrílico titulado “Una casa de catorce millones de dólares”) e de “El mueble permanece” de Teresa Moro. Nunha galería seleccionan, -conta-, a aqueles artistas que teñen unha linguaxe máis interesante e danlles a oportunidade de entrar no mundo do mercado,
Asunta Rodríguez, Galería Trinta: “Esquecemos a esencia, o auténtico, a obra... Estamos nun momento que suporá volver a empezar, dar un xiro ao noso traballo"
A Galería Trinta está aberta desde 1985. Foto: Iván Barreiro
| 14
Gastronomía & Cultura
ensinando a súa obra que é o máis importante, ademais de vender o seu traballo. Falando de vender e de prezos, Asunta reflexiona: “Intentouse demonizar o mercado da arte, pero o artista ten que profesionalizar a súa actividade e comerciar, para poder pagar os seus recibos! Hai traballos que se axustan á razón e outros que son desmesurados. A arte converteuse nun valor financeiro para moita xente e danounos”. Como se abren as portas dunha galería ao mundo, nun momento crítico?, pregunto. A resposta sorpréndeme. “A arte sempre estivo nas trincheiras, os galeristas non somos heroes. Nos últimos 20 anos encheuse todo de centros de arte contemporáneo e o resultado foi unha oferta tan desmesurada que nada interesaba. Esquecemos a esencia, o auténtico, esquecemos a obra e o noso entorno máis próximo! Estamos nun momento que suporá volver a empezar, dar un xiro ao noso traballo. Como facelo?... Estou niso”, rimos. Aínda diante da crise, Asunta é galerista convencida, non o dubida. “Todo cambia a unha velocidade pasmosa, xa non é importante ter unha galería, pero é máis importante que nunca. É tan importante ensinar obra, coma vendela!”. Emocióname e emociónase explicando o mellor Asunta Rodríguez é a directora da Galería Trinta. Foto: Iván Barreiro do seu traballo: “Tratar co artista o absolutamente alucinante!... Recibir Auditorio de Galicia ou a Casa da Parra, ata a Igrexa San un paquete coas súas imaxes ou coas súas pezas, por Domingos de Bonaval. No listado de espazos culturais primeira vez... Non hai nada parecido a iso, iso é o e artísticos a lista é moito máis longa, dende Os Catro mellor! Case ao final desta entrevista, interrompeu a Gatos, A Nave de Vidán, A Regadeira de Adela, ás conversa un mensaxeiro. “Austria!?”, exclamou Asunta. distintas bibliotecas e centros socioculturais da cidade, O home confirmouno e ela miroume, nun anaco íase sumando máis de 50 nomes. Así que escollede unha, producir a maxia. están todas abertas! Mesmo se non entendedes o que hai Cando vos decidades a cruzar unha porta á arte, en dentro, aínda que non merquedes ou se non volvedes Santiago hai unhas cantas! Ademais de Trinta, temos a cruzala, levaredes un pouco de arte e vivirá de portas 16 galerías, como a de Sargadelos, Espacio 48, ou para dentro convosco! Pincha Gálica. Hai 14 salas de exposicións diferentes, dende o Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
15 |
Pincha | Revista 3
Crusat & Costas Lorena e Jose na tenda compostelá Vide, Vide! Foto: Iván Barreiro.
LORENA COSTAS
D’PIEIGA “A MARCADA”: O viño do confín dos vales
A
gora que se acercan as vendimas, seguramente moitos de nós teñamos na mente imaxes de adegueiros da Ribeira Sacra, Rias Baixas, Ribeiro, etc. recollendo a uva… Pero seguramente a ninguén se lle pase pola mente a imaxe da comarca que durme aos pés do Val do río Navia: Negueira de Muñiz. Un municipio que o encoro de Salime dividiu en dous, asolagando parte das aldeas e terreos do redor, e no que o tempo semella pasar doutro xeito diferente; fermosos vales e ladeiras dun paraíso que se funde coa irmá Asturias nesta zona nororiental da nosa terra. É alí onde Paco Sanromán decidiu un día que se os seus pais xa non podían ocuparse das viñas, el non ía deixar que aquelo se perdese. Porque en Negueira hai viño, e viño de calidade, lonxe das modas e dos influxos da industria, que aposta por manter a tradición e tamén profesionalizarse, que ten como mellor reclamo as castes autóctonas (Blanco Lexítimo, Verdello Tinto, Tinto Serodo), os | 16
FICHA TÉCNICA: Adega: Adega Sidrón Variedades: Verdello Tinto, Tinto Serodo, Mencía Grao: 13,5 Ano: 2016 Prezo: En torno aos 16€ Onde mercalo? Vide, Vide! (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10)
Gastronomía & Cultura
PANTONE DE VIÑOS DO PAÍS
viñedos dotados de singularidade, cepas vellas de raíces tan vellas como a historia de aqueles que hai anos comezaron a facer viño en Negueira. Baixo estas premisas, nunha zona sen amparo de ningunha D.O. nen IXP, elabora os seus viños Adega Sidrón, con Paco e Rosa (irmá) á fronte, e axudados por Roberto Regal nas labores de enoloxía; Roberto peza fundamental para axudar a dar o salto definitivo a Paco, defensor incansable das variedades autóctonas, do respecto pola terra e a mínima intervención nos viños. Xurde así, entre outros, D’Pieiga “A Marcada”, que leva o nome da finca da que sae o viño e máis da vila na que nace Paco. Elaborado coas variedades tintas típicas da zona, Verdello Tinto (55%), Tinto Serodo (40%) e Mencía (5%), é un viño desde logo único na súa frutosidade: moras, froitos silvestres, baixo monte, incluso un toque a guindas licorosas e especias, bonita capa media de cores granates e rubí, limpo, como a súa entrada na boca, onde se percibe a sapidez deste viño, cunha sorprendente acidez ben contrarrestada e equilibrada, persistente e fresco. Só 140 botellas desta peza singular da nosa terra… A que esperas para facerte cunha?
As mellores cores escollidas das mellores colleitas. Todos os luns ás 19h cata en inglés de viños galegos na Rúa Fonte de Santo Antonio, 10
MO ND
JOSE CRUSAT
D’PIEIGA “A MARCADA”: Entre montañas e lousas
AY
I
mos falar dun viño fronteirizo, fóra das zonas máis coñecidas de produción de viño de Galicia, os viñedos e adega se atopan na montaña luguesa, no concello de Negueira de Muñíz a carón do embalse de Salime no linde con Asturias. Xa falaramos noutra ocasión desta zona cos viños brancos a partires da variedade Branco Lexitimo, pero desta volta ímos falar dun viño tinto. Trátase pois dun viño produto da mestura de uvas tintas onde a Merenzao aporta a estrutura principal, pero onde o carácter é cousa do Tinto Serodio e ca presenza da mimética Mencia nunha pequena porcentaxe. A combinación é moi interesante xa que se traballan con dúas uvas asentadas na zona, pero ben diferentes, sendo a Merenzao (ou Trouseau en Francia) unha uva de ciclo curto e maduración temperá, mentres o Tinto Serodio (ou Afrouxeiro en Portugal) é de ciclo longo e maduración tardía. O milagre ven da man do terreo e da ubicación; a altura freando á Merenzao, e os chans de lousa e xisto aportando a quentura necesaria para a maduración do Serodio. A partires de aquí a cousa xa é o bo facer dos adegueiros Francisco e Rosa Sanromán, e a colaboración co enólogo Roberto Regal no proxecto. No nariz resalta a froita vermella, fatóns e moras, lixeiramente licoroso e que despois dun tempo na copa nos deixa apreciar toques de terra húmida e pementa negra. De cor é un viño que presenta unha capa media, vibrante limpo e con tonalidade granate. A boca é fresca, longa, persistente, astrixencia medida, áspera suavidade, froita madura vermella e negra. Como acompañamento podemos optar por uns chipiróns á prancha e unha raia con allada, sinxelo pero saboroso, que nos acompaña nestas noites de fin de verán nas que xa se comezan a notar frescos do vindeiro outono, noites de rebequiña. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
WI NE Segue as historias de José Crusat @choumimx no seu blog Del Comercio y del Bebercio |
http://delcomercioydelbebercio.blogspot.com
Segue as historias de Lorena Costas @lorena_costas no seu blog Bake my Day |
http://lorena-bakemyday.blogspot.com
17 |
Pincha | Revista 3
a merend a r Por Ruth Ríos
Un paseo polas merendas de Compostela
A torta de fresa do Airas Nunes Foto: Iván Barreiro.
PODES LER TODAS AS MERENDAS DE RUTH EN REVISTAPINCHA.GAL
| 18
S
etembro! Momento de reencontros na escola, na oficina e nas nosas cafeterías favoritas de Compostela. Para o máis cru do cru inverno que mellor plan que o de refuxiarse en locais con encanto, para gozar dun anaco de torta e dunha boa cunca de café mentres lemos un libro ou permanecemos á calor dunha conversa con quen cada un prefira. Vexamos a nosa selección de sitios da cidade para pasar esas longas e chuviosas tardes que están por chegar. Un paseo por diferentes zonas xa que, como todo nesta vida, isto das merendas tamén vai por barrios. Aquí tedes a vosa propia ruta do pracer. There we go!:
Gastronomía & Cultura
ENSANCHE
C
omezamos na rúa Frei Rosendo Salvado, nun dos locais que ilustran este artigo: A Mora. Desde 1924 é un sitio frecuentado por estudantes e non tan estudantes para tomarse un café á primeira hora da mañá ou polas tardes. O seu autoservizo tipo americano fomenta o dinamismo do lugar. Tomámonos un café, miramos os apuntamentos de clase e continuamos coa nosa xornada. Destaca a súa torta de Santiago entre a infinidade de doces que podedes atopar. Ten un local irmán na Rúa do Vilar. De camiño ao Campus Sur, atoparemos o Tosta e Tostiña (Avda. da Coruña, 3), “local docemente ambientado”, tal como eles mesmos definen este establecemento con gran variedade de tortas, tamén por encargo. Moi preto de alí, na rúa Rosalía de Castro, abriu en 2013 Tartitis. É unha pequena cafetería en tons pastel e mensaxes amables onde atoparemos tortas, cupcakes e galletas caseiras. Tamén ofrece mesas doces que animarán calquera evento. La Cibeles (Montero Ríos, 37), un local dotado de cores luminosas desde a súa recente reapertura, e Smart Bar (San Pedro de Mezonzo, 5) cunha gran oferta de zumes naturais e iPads, son mostras da nova vida do Ensanche, con propostas interesantes que hai que coñecer. En Doutor Teixeiro destaca o Reno, co seu inconfundible neón na porta. É un lugar con xente dende pola mañá ata pola noite xa que aquí reúnense tanto executivos para o café de media mañá ou o afterwork coma familias con nenos. Decoración que nos leva a unha biblioteca particular, mobiliario moi cómodo e unha boa selección de revistas para ler mentres tomamos café e torta. Un local perfecto para días fríos, quizais pola súa luz tenue e a sensación de intimidade que regala ao visitante.
Que mellor plan que o de refuxiarse en locais con encanto, para gozar dun anaco de torta e dunha boa cunca de café A torta de Santiago é unha das especialidades de A Mora Foto: Iván Barreiro.
SAN CLEMENTEGALERAS
A
policía é máis doce que nunca desde que ten en fronte o Madia Leva (Rodrigo de Padrón, 2). É un sitio tranquilo de madeira suave e luminosa onde gozaremos dun café ou dun bo viño con tapa se a tarde se alonga. Paseando por San Clemente cara a Galeras, visitaremos o Lusco & Fusco (Campo de San Clemente, 11), que xa protagonizou a nosa sección A Merendar! en revistapincha.gal A súa dona é Jessica, unha intrépida americana namorada de Compostela e que quixo traer o mellor das merendas do seu país. Lusco & Fusco é unha viaxe pola ruta 66 con parada en Twin Peaks. Deliciosa a súa torta de arandos e cereixa e os seus scones, caseiros como o resto da repostaría da casa. Ademais, no inverno acolle reunións para charlar en inglés ou perderse nun dos libros que nos presta á calor da cheminea. Un pouco máis abaixo de Lusco & Fusco, temos o Café Tertulia (Pombal, 2), imprescindible para composteláns e visitantes. Un sitio atendido polo sempre amable John e o seu equipo, onde nos atoparemos como na casa, coas súas mesas de mantel azul e encantadores recunchos de pedra, perfectos para acomodarse no inverno. John confesa que o café “é a especialidade da casa. Poñemos moito corazón e orgullo e gústanos pensar que é un agarimo e unha arte que só se consegue conxugando moitos detalles. Tamén destacan os biscoitos de laranxa, chocolate, cenoria con noces e agora de té matcha”.
19 |
Pincha | Revista 3
Algunhas das propostas do Tertulia. Foto: Iván Barreiro.
Deixamos o Café Tertulia e continuamos o noso paseo na Rúa das Galeras. No número 22 chegaremos á porta branca de El Romero, do que me confeso namorada dende que o descubrín un pouco por casualidade. A súa decoración victoriana e sobria seducen a calquera amante da elegancia e do repouso. Gozaremos da súa repostaría de elaboración propia en vaixelas de flores, sentados en sofás de veludo ou, en días de sol, na súa terraza. Un lugar perfecto para esconderse xa que é unha terraza de pequeno tamaño con 3 ou 4 mesas que convidan ao descanso mirando a través do enreixado ao xardín privado que se abre ante nós. Ás veces pasa un gato, ás veces escóitanse as campás da Catedral. É, simplemente, delicioso. E se tedes ganas de sentirvos transportados aos clubs ingleses do século XIX, nada mellor que a cafetería do hotel Palacio da Carmen (Oblatas, s/n). Silencio e distinción.
CASCO VELLO
E
ntramos no espírito puramente compostelán mergullándonos no Casco Vello. Poucas cousas hai máis románticas que pasear polas pedras milenarias, tomándose un descanso á calor de calquera das preciosas cafeterías que se presentan no noso camiño. A nosa primeira parada será en Airas Nunes (Vilar, 17),
un deses sitios míticos que todo compostelán debería visitar pola súa torta de fresa (esta redactora certifica o impresionante sabor e aspecto das fresas naturais que se agochan na suave masa rosa), que ademais vos quedará monísima en Instagram, e os seus sofás baixo o lucernario. Unha quedaría alí tardes enteiras simplemente sen facer nada, cunha fumarenta infusión e unha porción de pastel. En Caldeireiría 42 entraremos no Serendipia Café, un local de dous pisos e moi espazoso perfecto para grupos de amigos con ganas dun café, unha infusión ou unha Red Velvet. No número 49 está o Blu Café, un refuxio exquisitamente decorado cunha preciosa terraza interior. Outra terraza interior que tamén fará as delicias de calquera fan das merendas é a do Recantos (San Miguel Dos Agros, 2). Para os larpeiros do chocolate temos a chocolataría Metate (Preguntoiro, 12), un clásico en Compostela. E se o que vos gusta son as novas experiencias, pasádevos por La Flor (Casas Reais, 25), máis coñecida como restaurante pero que tamén vos sorprenderá á hora da merenda. Ata aquí a nosa viaxe pola Compostela máis doce. Espéranos un gran outono así que a gozar dun café lembrando o que dicía Sherlock Holmes sobre esta beberaxe: “Non hai nada como unha cunca de café para estimular as células do cerebro”. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
| 20
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | Revista 3
d e cine
LE A CONVERSA COMPLETA EN REVISTAPINCHA.GAL
Pela del Álamo e Xoán Xil
“Este será un Curtocircuíto máis entregado ao pensamento que ao divertimento” Por Rebeca Munín
E
ra agosto, pasado xa o San Roque, e o equipo de Curtocircuíto traballaba sen descanso na súa nova sede no edificio de Abanca, en Cervantes. Ultimaban os detalles da edición número catorce do Festival Internacional de Cine de Santiago que se celebrará do 1 ao 8 de outubro. Alí quedara co seu director, Pela del Álamo, e co musicólogo e artista sonoro Xoán Xil. O programa completo presentarase en setembro pero antes había tempo para falar de ‘Arredor do son’, algo así como un ‘subfestival dentro do festival’ para afondar neste vehículo de expresión e linguaxe cinematográfica que tan pouco valoramos. Xoán Xil e Pela del Álamo. Foto: Iván Barreiro
| 22
E é que o son sempre estivo supeditado á imaxe. “Moitas veces non somos conscientes da importancia que ten. Falamos do cine como algo visual, ou audiovisual, pero aínda que o audio está primeiro, non se lle presta a mesma atención”, comenta Xil. Para tratar de poñelo en valor haberá obradoiros, conferencias, algunhas máis teóricas e outras máis prácticas, proxeccións de obras cinematográficas onde o audio é o suxeto… E tamén instalacións de artistas sonoros. Ademais os máis pequechos poderán asistir a un curioso taller con cintas de casetes dos anos 80. “En Curtocircuíto as actividades formativas teñen todos os anos un peso importante. Un festival público non pode deixar de lado ese aspecto”, apunta o director. De feito, Pela asegura que
“Un filme non ten por que contar todo. Aí está o cinema que nos interesa. O que suxire”
Gastronomía & Cultura
esta será unha edición “máis entregado ao pensamento que ao divertimento”. E non por iso, claro está, menos entretida. Entre outras actividades, poderemos asistir a un concerto de Francisco López cos ollos tapados. “El sempre traballa moito coa idea de inmersión. E iso nos parecía moi interesante. A pantalla é algo que nós percibimos en 180º mentras que o son, aínda que non sexa un equipo surround, se propaga por toda a sala e nos fai dalgún xeito entrar nese espazo”, explica Xoán. Sonsoles Hernández introduciranos no mundo da sinestesia na arte. Na súa conferencia tamén estará Blanca Rego, que é unha artista audiovisual que vai comisariar unha sección de visionado titulada ‘Cando o son é imaxe’. Por outro lado, virán a Santiago dous dos deseñadores de son máis importantes do país: Ricardo Steinberg e Juan Carlos Blancas. E aprenderemos sobre etnografía sonora coa participación de expertos como Kookachii, Miguel Alonso Cambrón e Xabier Erkizia. Espectador activo Pregunto a Pela cal sería un bo exemplo de película ou escena na que cambiando o son mudemos o que nos conta e a resposta é clara: en todas. “Eu descubrín o importante que é o son hai anos estando na Berlinale. Había unha actividade onde collían a catro deseñadores de son novos, dábanlles unha peza dun anuncio e cada un tiña que facer un deseño propio pero coas mesmas imaxes. O caso é que proxectaron os catro resultados, un pegado a outro, e eu quedei alucinado porque cada un deles contaba unha historia completamente diferente. O tratamento do son é determinante. Vai levar a unha película cara un lado ou cara outro”, sostén. E que pasa co silencio? Como de determinante é? No cinema o mutismo en ningún caso representa o vacío. Ten unha carga narrativa e unha forza expresiva absoluta. “De feito, cando chegan os silencios é cando o espectador empeza a traballar máis. No cinema que podemos consumir nos cines comerciais estamos moi acostumados a que as cousas que se escoitan son as que vemos. Pero dentro do cinema experimental ti podes ver ou escoitar cousas que están disociadas. Un filme non ten por que contar todo. Aí está o cine que nos interesa. O que suxire”, afirma del Álamo. E precisamente iso é o que busca Curtocircuíto. Dar a coñecer outras linguaxes posibles no cinema. Sacarnos do habitual. Facernos espectadores activos. E deixar unha pegada. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha
“O tratamento do son é determinante. Vai levar a unha película cara un lado ou cara outro”
Con F.J.Ossang e Teddy Williams Curtocircuíto volverá a ser un punto de encontro para profesionais, creadores e amantes da sétima arte, cunha sección oficial competitiva e diversas seccións fóra de concurso. Este ano afondarase na fusión entre varias disciplinas artísticas e realizarase un completo programa de sesións multidisciplinares con proxeccións, actividades formativas, unha exposición e diversas performances. Esta edición contará como convidados con, entre outros, F. J. Ossang e Teddy Williams, aos que se lles dedicarán cadansúas retrospectivas. O programa dedicado ao director francés F.J Ossang descubrirá un artista underground, cun estilo que combina punk, situacionismo, film noir e ficción post-apocalíptica. Será a sección Pulsar, que cada edición recoñece o traballo de cineastas emerxentes, a que acolla a retrospectiva do director arxentino Teddy Williams, considerado un dos novos referentes do cinema latinoamericano actual. Se queres consultar o programa completo poderás facelo proximamente en revistapincha.gal
Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
23 |
Pincha | Revista 3
#apapa r
Foto: Iván Barreiro
NOVA CARTA EN ARGENTINOS BURGER Sindo Pose e Marta Ventura abriron Argentinos Burguer no 1980, converténdoa na primeira hamburguesería de A Estrada e unha das pioneiras en Galicia. Case corenta anos despois, o local continúa ofrecendo unha variada carta con propostas da cociña norteamericana, italiana e mexicana. E unhas sobremesas que, como o tiramisú ou o flan de doce de leite, teñen moita sona en toda a comarca. Así nolo contou o seu fillo, Gonzalo ‘BigMou’, agora á fronte da nave e ao que entrevistamos nesta mesma reportaxe. A menos de media hora en coche desde Santiago, son moitos os composteláns que visitan Argentinos Burguer. En parte, grazas ao cariño que espertaron entre os nosos veciños e veciñas tras varios anos rexentando o restaurante La Trattoria, no Ensanche. Ata á localidade pontevedresa achegouse tamén o noso colaborador @JuanEAT_o, ao que sorprenderon cunha mostra da nova carta que acaban de estrear. Nunca tanto comera o noso comechón! Pero el pode con todo! ;) Se ti tamén queres probar os seus pratos, faino a partir de outubro, xa que en setembro estarán pechados para gozar dunhas merecidas vacacións. | 24
Por @JuanEAT_o
Datos Lugar: Argentinos Burger Avenida Benito Vigo, 70 A Estrada Prato: Hamburguesa Oh Brother [9,90 €], Sandwich de Pastrami [7 €], Pizza de Salmón [11,50 €] e Panini de Polpette [7 €]. Valoración:
Gastronomía & Cultura @JuanEAT_o, co seu look de verán, no Argentinos Burguer.
C
ando cheguei ao Argentinos Burguer o seu xerente, BigMou, fíxome unha pregunta: “Ves con fame?”. “Si, claro! Dálle lume”, respondín. Cando vin entrar os catro pratos representativos da carta deste local da Estrada, pensei: Coitadiño de min! Foi unha enchenta! Coas propostas enriba da mesa e o fotógrafo tirándolle fotos, o primeiro que chamou a miña atención foi a Hamburguesa Oh Brother. Estaba no seu punto, como a min me gusta, ben xugosa. E cun pan artesán que estaba boísimo. O único apunte é que o preparado da salsa caseira pode resultar algo picante. Pero para os que gocen cos sabores fortes é todo un manxar. O segundo bocado foi para o bocadillo de albóndegas (Panini de Polpette). Mi madriña que boas estaban! Aínda que eu quitaríalle un pouco de salsa, pero iso é porque non me levo moi ben cos tomates ☺ Ademais, ao tardar un pouquechiño en probalo, o pan estaba enchoupado na salsa e rompía. Penso que non puiden gozar del como debería. Terei que voltar… En terceiro lugar, fun a polo sándwich de pastrami. Para min, o noso xamón asado polaco. Un prato rotundo, no que se combinan moi ben os pepinillos, a mostaza e a rúcula, nun pan de molde feito a medida para aguantar con todo. Despois boteime á pizza. Tratábase dunha base fina, con bordes non pronunciados e unha cocción no seu punto. Enriba, salmón e queixo ricotta. Salmón quente en láminas? Non! A sorpresa e orixinalidade deste prato está en que os dous produtos están fríos, botados enriba da masa despois de cociñala. E o resultado é moi bo. Neste caso o salmón estaba pouco salgado e combinado co ricotta, que é como o requeixo pero máis doce, resultaba delicioso. O único problema desta pizza é o de sempre: que o salmón gusta ou non gusta. Se non es deste peixe, non o pidas.
Foto: Iván Barreiro
Por último, aínda que non o vedes nas fotos, esta comida remateina cun flan de doce de leite con nata que tiña o caramelo máis rico que probei na miña vida. E así, cheo como un petouco e máis feliz cunha perdiz, volvín para casa. Moitas grazas a Argentinos Burguer polo tempo e a dedicación! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
25 |
Pincha | Revista 3
GONZALO POSE VENTURA ‘BIGMOU’: “Gu’STANOS MOITO QUE A XENTE SE MANCHE AS MANS COMENDO”
#apapa r
G
onzalo ten pinta de ser un bo tipo. Simpático, moi amable coa clientela… contesta ás miñas preguntas sen descoidar nin un segundo o que pasa en Argentinos Burguer. El é agora o encargado desta hamburguesería estrandense que abriron seus pais no 1980, converténdoa nunha das primeiras de toda Galicia. Mentres falamos non podo evitar mirar ao seu brazo. Que é o que asoma pola manga da camiseta? É unha porción de pizza? “Si”, confírmame entre risos. “Como me dixo o tatuador, non podía facer outra cousa. A paixón e o amor que teño pola pizza vén desde pequeno!”. E é que ‘o fillo do xefe’ - que é como se define a si mesmo no Facebook - leva toda a vida entre fogóns. O seu é ser un perfecto anfitrión. E abofé que o consigue. | 26
Por Rebeca Munín
Gonzalo amosa a súa tatuaxe de pizza. Foto: Iván Barreiro
E logo… de onde vén o de ‘BigMou’?
Vén de cando tiña eu sobre 15 anos e sempre estaba a broma entre os rapaces do instituto de que eu tiña unha hamburguesía e era gordito. A un ocorréuselle chamarme Mozzarela. De aí saíu Mozzarelo, Mochi… e ao final quedou en Mou. E o de ‘big’ é porque son gordocho e grande (volven os risos).
Gastronomía & Cultura
LE A ENTREVISTA COMPLETA EN revistapincha.gal
Cousas de rapaces entón. Pero non foi nada traumático, non si?
de Aquiles e tiven que deixalo e vir para aquí. Agora meu pai xa está retirado e son eu o que se ocupa do negocio.
Non, para nada! (gargallada). É un alcume que me din cariñosamente.
Que é o que ten de bo a hostalería?
Como vemos, a cociña de Argentinos Burguer é moi internacional…
Si, evidentemente o noso non é a cociña tradicional galega (ri). Aínda que nos gusta moito, eh! Ás veces intentamos utilizala. Por exemplo, hai un tempo fixemos un sándwich de xarrete, cun guiso tradicional. Pero no lugar de servilo nun prato, servímolo nun bocadillo. Gústanos moito que a xente se manche as mans comendo. E iso plasmámolo na nosa carta. Digamos que non somos de morro fino (sorrí). Ademais da cociña norteamericana e italiana que vemos representada nesta reportaxe, que outras cociñas hai na vosa carta?
Temos unha parte de cociña non mexicana pura pero si un tex-mex. Porque eu desde pequeno son un amante do picante. Aos meus pais sempre lles chamaba a atención como un rapaz de cinco anos quixera botarlle picante a todo o que comera (risos). Tamén intentamos saír do noso guión cando se dá a ocasión. Temos feito xornadas de cociña asiática, que funcionou ben pero non nos manexabamos tan cómodos e entón non a incorporamos. Algunha vez si que facemos algo de ramen, cociña chinoamericana… Sempre soubeches hostelería?
que
acabarías
dedicándote
á
Non. Tiven unha época de estar perdido no deserto (ri de novo). Estiven traballando tres anos nun casino de cuprier, na Illa da Toxa. Pero a miña nai rompeu o tendón
Eu creo que tenche que gustar e telo que levar no sangue. Fai pouco lin unha entrevista a David de Jorge na que dicía que sabía desde pequeno que sería cociñeiro porque lle gustaba ser anfitrión dos amigos dos seus pais. E iso é un pouco o que me pasa. Se hai unha comidas cos colegas, encárgome eu de organizalo todo. E iso meu pai tamén mo inculcou moito. A el gústalle moito o servizo clásico, da hostelería clásica, de ser servizal, trinchar na mesa… Cales son os vindeiros obxectivos no Argentinos Burguer?
O máis inminente é o cambio de carta. Levamos moitos anos metendo propostas que non había. Por exemplo, fumos os primeiros en facer kebab. Fumos sumando, sumando… e tiñamos unha carta demasiado extensa. Entón agora recortamos pratos, centrándonos máis no que nos gusta, que é a comida de rúa, as hamburguesas, pizzas o mexicano… E temos a idea de facela máis dinámica, cunhas suxerencias semanais ou mensuais. Incluso tocando un pouco a cociña tradicional pero ao noso estilo. En setembro imos pechar 20 días e voltaremos en outubro, que será cando empecemos cos pratos tamén de tempada. Tendes idea de abrir outros negocios?
(Sorrí) Proxectos sempre hai. Estivemos nunha etapa que nos quixemos centrar no Argentinos Burguer, asentalo ben e enfocalo cara o que queriamos. Ese obxectivo está xa medio cumplido e agora teño ideas pero non con este mesmo concepto, senón algo diferente. Aínda é pronto para anuncialo. Se vai para adiante, avisareite! (E eu prometo contárvolo a vós ☺) Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
27 |
Pincha | Revista 31
axend a HERDANZA. II FESTIVAL DE DANZA CONTEMPORÁNEA EN ESPAZOS HERDADOS DO 11 AO 16 DE SETEMBRO
II SAR EN CINEMA BARRIO DE SAR A Asociación Espazo Veciñal de Sar organiza este ciclo de cinema que ademais inclúe no seu programa a actuación de contadores para os máis pequechos. XOVES 7 DE SETEMBRO
WOS FESTIVAL SANTIAGO DE COMPOSTELA DO 6 AO 10 DE SETEMBRO | PREZO: DESDE 15 Música, artes visuais, cine, artes escénicas, coloquios e conferencias daranse cita en diversos espazos emblemáticos da nosa cidade durante a cuarta edición do WOS, un festival de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Podes consultar o programa completo en revistapincha.gal
Contacontos con Marta Ortiz ‘Cores’ 18:00 H | PRAZA DO CSC DE SAR
DANZA: VOOS AUDITORIO DE GALICIA 9 DE SETEMBRO ÁS 18:30 HORAS | PREZO: 10 Inspirada polo xenio creativo e revolucionario de Leonardo Da Vinci, a prestixiosa compañía Aracaladanza leva ao escenario do Auditorio unha fermosa proposta onírica que convida ao público a abrir as ás e voar. VOOS é un espectáculo de danza contemporánea para público infantil e familiar que pretende deleitar os sentidos e convertilos, ao tempo, en ferramentas subversivas coas que cambiar o mundo.
Dende este festival búscase a dinamización e promoción da danza contemporánea, ofrecendo durante unha semana diversas actividades en torno á danza: Talleres formativos, conversas con profesionais da danza e espectáculos de pequeno e mediano formato en Claustros e Espazos Abertos de Compostela. A formación desenvolverase do 11 ao 15. Os espectáculos, que serán de acceso gratuíto, son os seguintes: XOVES 14 DE SETEMBRO
Cía. Glovo – “MAPA”. Esther Latorre e Hugo Pereira 20:00 H | IGREXA DAS ÁNIMAS
Ciclo de proxeccións
21:30 H | CASA DO MATADOIRO VENRES 15 DE SETEMBRO
Cía. Traspediante – “ANALEPSIS”. Paula Quintas 18:30 H | CEMITERIO DE BONAVAL
Cía. Emesis Colectiva – “ALTERIDAD”. Ángel Zotes e Ruth Oblanca 20:00 H | PRAZA SAN MARTÍN PINARIO
Cía. Prácido Domingo– “NON HAI QUE SER UNHA CASA PARA TER PANTASMAS”. Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta
‘Carol’ (Todd Haynes, 2015) 21:30 H | PRAZA DO CSC DE SAR XOVES 14 DE SETEMBRO
21:30 H | PRAZA DA INMACULADA SÁBADO 16 DE SETEMBRO
‘Animais fantásticos e onde atopalos’ (David Yates, 2016) FLOR NOVONEYRA
18:00 H | CIAC
MUSEO CENTRO GAIÁS ATA O 17 DE SETEMBRO | PREZO: GRATUÍTO
Exposoción con máis de cen pezas inéditas realizadas por Antón Lamazares nos dous últimos anos entre Berlín e Madrid, nas que o autor fusiona a súa pintura cunha selección de versos de Uxío Novoneyra traducidos ao Alfabeto Delfín, un código inspirado no abecedario occidental creado por Lamazares en homenaxe ao seu pai e utilizado en todas as facetas da súa vida e obra desde o ano 2012.
| 28 2
‘Encallados’ (Alfonso Zarauza, 2014) 21:30 H | PARQUE DE BELVÍS
LUIS GORDILLO. CONFESIÓN XERAL CGAC ATA O 17 DE SETEMBRO
Confesión xeral é unha retrospectiva de Luis Gordillo, comisariada por Juan Antonio Álvarez Reyes, director do Centro Andaluz de Arte Contemporánea de Sevilla e Santiago Olmo, director do CGAC. A exposición é a primeira mostra do artista sevillano en Galicia e permite realizar un percorrido polo seu traballo desde as series de debuxos de raíz informalista de finais dos anos cincuenta ata as obras fotográficas e pictóricas nas que emprega as lonas como soporte e as infografías como ferramentas.
Creación Colectiva–. Residencia a cargo de Leodan Rodríguez 13:30 H | IGREXA DE SAN AGUSTÍN
Cía. Ligazón– “APNEA”. Lucas Chao e Néstor Rubio 18:30 H | MUSEO DO POBO GALEGO
Cía. María Move– “TODA A BELEZA DO MUNDO”. María Move 20:00 H | ARCOS DE BONAVAL
IMPREVISIBLES– “Danza Improvisada e Música en Directo” 21:30 H | PRAZA DE SALVADOR PARGA
Gastronomía & Cultura
must
ARTESANÍA NO PRATO NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA 1 E 2 DE OUTUBRO A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño, organiza os días 1 e 2 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia as primeiras Xornadas Profesionais de Artesanía no Prato. Co obxectivo de evidenciar o valor da artesanía no ámbito da hostalería e a restauración, estas Xornadas ofrecerán o escenario perfecto para revisitar elementos tradicionais da nosa artesanía, que se porán agora ao servizo da gastronomía incentivando novos proxectos de colaboración no ámbito do deseño de produto. Durante as Xornadas levaranse a cabo diferentes actividades coa finalidade de explorar o potencial que ofrece a cooperacion mutua entre estes sectores. Diferentes artesáns e artesás exporán varios dos seus produtos, focalizando a atención na experimentación con novos materiais. Haberá showcookings e networkings que permitirán estreitar lazos profesionais, crear novos contactos e servir como xermolo de proxectos futuros. Ademais, están previstas unha serie de conferencias e presentacións de proxectos de boas prácticas. FOTOS:
Eduardo Armada e César Martínez
29 |
Pincha Gastronomía | Revista& Cultura 3
axend a
A CANCIÓN DO ELEFANTE TEATRO PRINCIPAL
DO 13 AO 16 DE SETEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 10
Unha produción de Redrum Teatro inspirada na obra orixinal The Elephant song, do canadense Nicholas Billon. Álex Sampayo dirixe unha obra desacougante e precisa, cunha traballada construción das personaxes ás que poñen corpo e voz Ernesto Chao, Gullermo Carbajo e Patricia Vázquez. A canción do Elefante é unha peza de suspense de corte psicolóxico, que consegue reternos na cadeira á espreita de que o misterio se resolva.
axend a
CONCERTO DE MALUMA
coas charlas de Rubén Aramburu, crego rural e galeguista, o 19 de setembro e Lidia Senra, destacada sindicalista do agro galego, o 19 de outubro. As intervencións de ‘Teño unha peza’ son de especialistas de diferentes ámbitos que falan arredor dunha das pezas do museo. Trátase de dar unha visión persoal, de maneira que a peza pode ser un motivo para a divagación, para falar do museo ou do seus intereses, pois non se trata dunha interpretación técnica senón dun achegamento dende a persoa e a súa área vital.
A PEQUENA GRANDE ORQUESTRA
MULTIUSOS FONTES DO SAR 15 DE SETEMBRO ÁS 22:30 HORAS | PREZO: DESDE 32
AUDITORIO DE GALICIA
Maluma é unha das últimas sensacións da música latinoamericana e un dos artistas colombianos máis populares. Expoñente da nova xeración de cantantes de reguetón, o cantante de Medellín é toda unha institución no seu país de orixe.
‘MÁS DIFÍCIL TODAVÍA’, CON GOYO JIMÉNEZ AUDITORIO DE GALICIA
22 DE SETEMBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: 19
FINAL IX CONCURSO FRAN PÉREZ ‘NARF’
O humorista Goyo Jiménez presenta o seu último show, ‘Más difícil todavía’; un espectáculo onde trata de dar ao seu público unha experiencia onde se supera a si mesmo, demostrando a súa versatilidade enriba dun escenario.
24 de setembro ás 18:30 horas PREZO: 3 A verbena da xente miúda chega cun fermoso espectáculo sonoro que garda lugar para os fitos musicais da música infantil de todos os lugares e tempos e presta especial atención á música galega. O seu repertorio mestura sons tradicionais, cos grandes éxitos que acompañaron nos 90 a toda a xeración Xabarín e as achegas dos grupos musicais que agromaron no país nos últimos quince anos. Unha chea de sons e de cantigas para facer bailar e cantar ás xentes grandes e pequenas.
SALA MALATESTA 15 DE SETEMBRO (HORARIO POR CONFIRMAR)
Cintadhesiva, Igmig, Mounqup, Pardo e Samarúas son as cinco bandas finalistas que optan á novena edición do concurso musical da Deputación da Coruña que leva por vez primeira o nome do músico Fran Pérez ‘Narf’. Neste concerto decidirase o gañador.
A REAL FILHARMONÍA NOS BARRIOS
CURTOCIRCUÍTO 2017 DO 1 AO 8 DE OUTUBRO
DO 13 AO 15 DE SETEMBRO PREZO: DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO
A Real Filharmonía de Galicia abre a temporada 2017-2018 con catro concertos abertos ao público que terán lugar nos centros socioculturais e na praza de abastos da cidade. Paul Daniel dirixe a orquestra nun programa que inclúe pezas de L.v. Beethoven e G.F. Haendel. O mércores 13 estarán ás 20:00 horas no Centro Sociocultural de Santa Marta. O xoves 14 será no Centro Sociocultural de Vite tamén ás 20:00 horas. Á mesma hora pero o venres 15 será o turno do Centro Sociocultural de Fontiñas. Tamén o 15 pero ás 13:00 horas tocarán na Praza de Abastos.
| 30
BONECA DE PORCELANA AUDITORIO DE GALICIA
23 DE SETEMBRO ÁS 20:30 HORAS PREZO: 16
TEÑO UNHA PEZA MUSEO DO POBO GALEGO 19 de setembro e 19 de outubro ás 19:00 horas PREZO: GRATUÍTO O programa co que se está a festexar o 40 aniversario do Museo do Pobo Galego continúa
Primeira produción a nivel internacional do texto China Doll, de David Mamet, logo da súa estrea absoluta en Broadway en decembro de 2015. O director Juan Carlos Rubio e o produtor Bernabé Rico fan súa esta ollada ás miserias do poder, que conta con José Sacristán e Javier Godino como protagonistas.
O Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela constitúe un punto de encontro para profesionais, creadores e amantes da sétima arte, cunha sección oficial competitiva e diversas seccións fóra de concurso. Na súa décimo cuarta edición, Curtocircuíto afondará na fusión entre diferentes disciplinas artísticas e realizará un completo programa de sesións multidisciplinares arredor do cinema, o son, a música e o pensamento, con proxeccións, actividades formativas, unha exposición e diversas performances que terán lugar en diferentes espazos da cidade. Consulta toda a programación en revistapincha.gal
3|
Pincha | Revista& Cultura 1 Gastronomía
axend a
axend a asocian coa figura de Guillermo Tell. A partir da adaptación e redución realizada pola Compañía de Comediants A Baldufa, poderán descubrir a lenda deste heroe medieval protagonista dunha ópera escrita por Gioacchino Rossini. Guillermo Tell é unha produción do Gran Teatro do Liceo.
50 ANIVERSARIO DO C.I.F.P. COMPOSTELA 10, 17, 24 E 31 DE OUTUBRO
O centro integrado de formación profesional Compostela (CIFP Compostela) celebra este ano o seu 50 aniversario, unha data que a escola está conmemorando con diversas actividades. O 10 de outubro, de 10:00 a 12:00 horas, terá lugar a conferencia ‘Tecnoloxía e Cociña’, con José Ramón Tramoyeres, David López Gamero e Francesc Saldaña. Jesús Melero ofrecerá un show cooking o día 17. ‘Conciencia na restauración’ será o título da conferencia do día 24, de 10:00 a 12:00 horas, na que participarán Carmen Martínez, Carlos Spuch e Begoña Alfaro. A chef Lucía Freitas cociñará en directo o 31 de outubro.
GALICREQUES 2017 DO 14 AO 22 DE OUTUBRO | PREZO: DESDE 4
Titiriteiros de varios países mostrarán as súas singulares producións no XXII Festival Internacional Galicreques. Espectáculos infantís, representacións ao aire libre e pases en horario nocturno. E tamén mesas redondas, exposicións e obradoiros... todo un mundo arredor dos monicreques. Organízao a Asociación Cultural Barriga Verde.
déixate caer
ALÉN DOS XÉNEROS AUDITORIO DE GALICIA ATA O 12 DE NOVEMBRO PREZO: GRATUÍTO
Alén dos xéneros, permite contextualizar o traballo artístico que aborda as cuestións de xénero, poñendo en relación o ámbito galego co estatal e internacional, ofrecendo unha revisión das prácticas feministas e tendendo pontes con movementos activistas feministas e LGTBQI. O Auditorio acolle este proxecto que foi realizado en coprodución co MARCO de Vigo, e comisariado por Anxela Caramés.
SALA MONTIEL ATA O 7 DE NOVEMBRO Unha antiga fontanería de 117 anos no corazón de Compostela, convertida en espazo InPermanente de exhibición, encontro e creación, que acolle programación de danza, teatro, e unha editorial teatral. Proxecto xestionado por Matarile Teatro, que utilizará a súa experiencia na creación de espazos de exhibición. A Sala Montiel é espazo desligado de soportes institucionais, cunha duración limitada a tres meses: do 7 de agosto ao 7 de novembro 2017, con opción de amplialo a decembro. Máis información en revistapincha.gal
CONCERTO DE !!! (Chk Chk Chk) SALA CAPITOL
27 DE OUTUBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: DESDE 16
Alá por 1995 xurdía un novo fenómeno chamado dance-punk e con el apareceron novas bandas como !!! (Chk Chk Chk). O grupo americano é dos poucos que continúa en activo aínda que o seu estilo foi abandonando o punk e quedándose soamente co dance. Agora chegan a Santiago da man de SON Estrella Galicia co seu sétimo disco: ‘Shake the Shudder’, producido por Warp Records.
Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a: redaccion@revistapincha.gal Axenda suxeita a posibles modificacións.
CONCERTO DE SILVIA PÉREZ CRUZ
Consulta novidades en revistapincha.gal
AUDITORIO DE GALICIA 21 DE OUTUBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: ENTRADAS ESGOTADAS
Tras tres anos tocando xuntos en directo buscando sen prexuízos e con alegría unha sonoridade propia, Sílvia Pérez Cruz decide gravar e virar este espectáculo acompañada e acompañando a cinco cómplices de luxo baixo o nome da canción que escribiron os seus pais fai máis de trinta anos, “Vestida de nit”.
|4
GUILLERMO TELL AUDITORIO DE GALICIA 30 E 31 DE OUTUBRO ÁS 10:00 E ÁS 12:00 HORAS | PREZO: DE BALDE! Unha frecha, unha mazá, unha criatura, a aventura dun valente ballestero... son as imaxes máis próximas que os pequenos
Prz. Matadoiro 3 @mataderosantiago Café - Pub
31 |
Pincha | Revista 3
directo rio Bares/Cafeterías Restaurantes Outros
Casas Reais 25 Santiago de Compostela
Praza do Matadoiro 3 Santiago de Compostela
L e M: 11:30 a 00:30 Me e X: 11:30 a 1:30 V e S: 11:30 a 02:30 Domingos Pechado
De L a S de 9:00 a peche Domingos pechado
T. 981 556 344 - quedamosenlaflor.com
T. 881 031 403
Rúa da Caldeirería, 42 Santiago de Compostela
Caldeirería 49 baixo Santiago de Compostela
L a S de 7:30 a 23:00 (V e S a 1:00) D de 9:30 a 22:00
De L a Me e D de 8:00 a 23:00 X a S de 8:00 a 1:00
@Cafe_Serendipia
T. 981 569 290
T. 981 566 980
Rúa de San Pedro 16 Santiago de Compostela
Rúa Sempre en Galiza 1 Santiago de Compostela
Cantón de San Bieito 5 Santiago de Compostela
De L a S de 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 00:00
De M a D de 10:00 a 00:00
Todos os días de 10:00 a 00:00
T. 981 592 399 www.restauranteferro.com
T. 628 177 128 www.vinotecacasapepe.com
T. 981 577 633 - www.dezaseis.com
Rúa Nova 36 Santiago de Compostela
Rúa San Pedro 113 Santiago de Compostela
T. 666 148 105 @ts.a.casa
M e Me de 13:00 a 00:30 X a S de 13:00 a 02:00
| 32
Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela L a V: 06:00 a 00:00 Sáb., Dom. e festivos: 06:00 a 15:00 T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com
Rúa San Lázaro 104 Santiago de Compostela De L a S de de 9:00 a 00:30 Domingos pechado T. 981 566 607 www.bodeguilladesanroque.com
Gastronomía & Cultura
Avda. Benito Vigo 70 A Estrada M a X de 9:30 a 00:00 V e S de 9:30 a 1:30 D de 9:30 a 00:00 T. 981 571 226 - argentinosburguer.com
Virxe da Cerca 7 - Baixo Santiago de Compostela
Rúa da Raiña 4 Santiago de Compostela
De M a S de 13:00 a 16:00 e de 20:30 a 23:30 Domingos mediodía
De 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 1:00
T. 981 562 314 - www.restauranteatafona.es
T. 981 572 257 www.restaurantesanjaime.com
Grupo
Preguntoiro 35 Santiago de Compostela
Crta. N-550, s/n Pazos · Padrón
www.riquela.com
T. 981 811 312 - www.hscala.com facebook.com/hotel.scala
Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela
T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com Rúa Fonte de Santo Antonio 10-Baixo Santiago de Compostela T. 981 582 911 - info@videvide.net
F: VIDE, VIDE T: @vide_vide
Rúa do Cubelo 27 Santiago de Compostela T. 981 552 352 - pandamoa.com obradoiro@pandamoa.com
ALBERGUE HOSTEL
CASTRO Av. Ourense, 24 Palas de Rei
De L a V de 10:30 13:30 e de 17:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00
Luns a Domingo de 12:00 a 23:00 T. 982 380 321 - alberguecastro.com
Pin
Revista de
Rúa Mazarelos 4-5 Santiago de Compostela T. 682 410 689 - info@seispes.com www.seispes.com
Jueves, viernes y sábados: 22:00 a 05:30 T. 696484123 - sonarcompostela.com
Únete a nós! #somospincha
publicidade@revistapincha.gal 33 |
Pincha | Revista 3
paga a pena Probar...
Por Vicky Morales
Vasiños de Chocolate e Améndoa
Ingredientes para 6 cuncas ou 4 mini –moldes: 200 gr. chocolate negro picado. 100 gr. de manteiga sen sal. 2 ovos. 2 xemas. 50 gr. de azucre. 45 gr. de améndoa moída. Preparación: Prequenta o forno a 180º. Derrite o chocolate uns segundos no micro. Derrete noutro bol a manteiga e mestura co chocolate ata que se integren. Bate os ovos, as xemas e o azucre ata que dobren o seu volume e branqueen. Verte o chocolate sobre os ovos montados e mestura con coidado. Engade a améndoa e mestura. Engraxa os moldes con manteiga e améndoa moída, refugando o exceso desta. Verte a mestura nos moldes, enchendo 3/4 partes. Enforna 10 m. a 180º Decora cuns froitos vermellos, unhas follas de menta ou con crocante de améndoa. Sirve morno. Nota: Para aforrar tempo, podes preparar a mestura con antelación e enfornar a última hora. Ou ata cocer no microondas (só 3-4 minutos).
...sigue as propostas de Vicky en talle rd eazuca r.e s
Mercar... a capa de Xogo de Tronos A deseñadora de vestiario da coñecida serie de televisión, Michele Clapton, desvelou hai uns días que as capas que levan algúns personaxes son en realidade alfombras de IKEA. O que fan é cortalas e afeitalas e logo engádenlles tiras de coiro e desgástanas para conseguir o efecto desexado. A compañía sueca aproveitou o tirón para publicar as instruccións para crear a túa propia capa e estar ben quentiño agora que o inverno está chegando.
| 34
ler...
probar...
o libro ilustrado ‘Ruar’
o pan de Pan da Moa
Unha aventura londinense de Virginia Woolf traducido ao galego e publicado pola fantástica editora compostelá Irmás Cartoné no ano 2015. Describe un paseo pola cidade de Londres e ven acompañado de ilustracións para colorear e un mapa despregable onde se recolle o percorrido. Un libro para gozar da boa literatura e do bo facer editorial. Podes atopalo na libraría de mulleres Lila de Lilith, na rúa Travesa.
O traballo do compostelán Guillermo Moscoso Moure apareceu no programa de La Sexta ‘El Comidista TV’, que dirixe Mikel López Iturriaga, como sexto mellor pan de toda España. A razón? O seu acerto ao mesturar as fórmulas tradicionais coa innovación. Nas súas elaboracións empregan masa nai natural e tempos de fermentación prolongados. O resultado é un pan san, rico e do que non quererás deixar nin unha miga!
Es #ocio, it is #leisure, il est #loisirs, é #lazer, es ist #freizeit … Dise case igual en todo o mundo, pero é unha forma de gozar moi de Galicia.
SON SERVIZOS TURÍSTICOS
RESTAURANTES, HOTEIS E CASAS RURAIS
CERTIFICADOS WWW.GALICIACALIDADE.GAL WWW.GALICIACALIDADELECER.COM