de Gastronomía & Cultura Revista de Revista Gastronomía & Cultura Nº 5 | xaneiro-febreiro 2018
Revista de Gastronomía & Cultura
MISTERIOS RESOLTOS! Revista de Gastronomía & Cultura Descubrimos o segredo do éxito do pan de Pan da Moa, a tortilla de Moha Rúa Nova, o peixe de Mamá Peixe e o chocolate do Metate
Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción 1—10 feb 2018 Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia Santiago de Compostela escenasdocambio.org cidadedacultura.gal Director artístico: Pablo Fidalgo Lareo
ORGANIZA:
COLABORAN:
Tiago Rodrigues Estela Lloves Mithkal Alzghair Maria Arnal e Marcel Bagés Miguel Pereira Mursego Mohamed El Khatib Voadora Edurne Rubio Xavier Le Roy Daria Deflorian e Antonio Tagliarini Félix Fernández Israel Galván, Pedro G. Romero e Filiep Tacq Melania Cruz e Tito Asorey Sofia Dias e Vitor Roriz FONDO GAIÁS DA EMPRESA GALEGA:
Gastronomía & Cultura
ÍNDICE
EDITORIAL
Máxico
D
i Guillermo Moscoso, protagonista da Por Rebeca Munín nosa portada, que o pan é o produto máis máxico que hai e que os panadeiros, coma el, son alquimistas. Concordo. E sumo aos cociñeiros, músicos, actores, escritores… Crear é pura maxia. Poder contalo, un soño. En Pincha levamos xa cinco números falándovos de todos eses magos que hai en Compostela. E os que nos quedan! Pero non hai que esquecer que se podemos facelo é grazas ao apoio de moita xente. 2017 foi o ano do noso nacemento. A maioría dos que formamos parte deste equipo comezámolo noutro proxecto. E o que nun principio parecía un punto e final transformouse nun punto e seguido. Como? Co traballo, esforzo e ilusión de todos e cada un dos que fan posible Pincha. Non vou a nomealos porque sería longo, pero eles ben saben quen son. Grazas!
4 O segredo de catro delicias compostelás d e cine 14 ‘Novo Cinema Galego’ II: Eloy Domínguez 666 rpm 17 Ukestra do Medio Crusat & Costas 18 Quinta Toucedo d e ba res con jessi 2 0 Milladoiro tamén existe entre musicas 24 Entrevista a Antía Ameixeiras 28 Axenda Compostelá 32 Directorios 34 Paga a pena reportaxe
Fundamental é tamén o apoio publicitario. Estas páxinas que tes entre as túas mans chegan a ti de xeito gratuíto polo sostén económico que supoñen os anunciantes. Grazas a todos eles porque non só permiten que este soño siga adiante, tamén axudan a que a cultura e a gastronomía compostelá namoren cada día a máis público. E remato co terceiro e máis vital punto: ti. O lector. Porque sen ninguén que nos lese, Pincha só sería un conxunto de letras e fotografías sen razón de ser. Porque ler é unha das afeccións máis bonitas que hai. Porque o papel non pode morrer. Porque Compostela ten miles de historias que merecen ser contadas. Pola maxia. Porque todos xuntos #somospincha
Feliz 2018! Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal Deseño e maquetación: Alberto Seoane RSM Comunicación | rsmcomunicacion.com
Publicidade: Jéssica Pintor e Ruth Ríos publicidade@revistapincha.gal Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com Colaboran neste número: Ruth Ríos , César Varela, José Crusat, Lorena Costas, Jéssica Pintor e Xiana Lastra
Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017 www.revistapincha.gal Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha
Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.
3|
Pincha | Revista 3
SEN SEG
reportaxe
Por que están tan bos e triunfan tanto o pan de Pan da Moa, a tortilla de Moha Rúa Nova, o peixe de Mamá Peixe e o chocolate do Metate?
Santiago é a segunda cidade onde mellor se come de España, segundo os usuarios de Skyscanner
|4
Gastronomía & Cultura
GREDOS!
Por Rebeca Munín
Q
ue en Santiago temos unha moi boa cociña é algo que xa non ten discusión. Recentemente os usuarios do buscador de voos online Skyscanner escollían os dez lugares onde mellor se come de España. Compostela ocupaba o segundo lugar, só por detrás de San Sabastián. O portal definía a nosa cidade como un destino culinario único, facendo fincapé na calidade dos nosos produtos e sinalando a gran variedade de bares e restaurantes cos que contamos. Ben listos que son estes internautas! ;)
temos a toda unha experta. Tina Pose leva dúas décadas cociñándoa. De maneira máis intensa, nos últimos sete, ao lado do hostaleiro Mohamed Azibou el Heman ‘Moha’, antes propietario de La Tita e agora do restaurante Rúa Nova. Como prato principal decanteime por un peixe e por un novo talento da nosa cociña. En apenas tres anos, Mamá Peixe tense convertido en todo un referente na nosa cidade. Especialmente recoñecido é o seu menú mariñeiro. Pero que é o que fai Guillermo Pérez para que os seus pescados saiban tan ben?
Por este motivo, escribir unha reportaxe sobre o segredo dos nosos mellores pratos non é nada doado. Habería tantos! Pero postos a escoller, decidín confeccionar unha especie de menú. Comezamos polo pan, porque como boa panceira que son non entendo ningunha comida sen el! O elexido? Pan da Moa, a panadería compostelá da que falan en todo o país e que puidemos ver hai uns meses como unha das dez favoritas para o programa de La Sexta ‘El comidista TV’.
E para rematar, non podía faltar a sobremesa. De novo, elexín un clásico: o chocolate. E aínda que podería ser máis un almorzo ou unha merenda, a quen non lle apetece unha boa taza quente con churros nesta época na que estamos? Moitos cren que o mellor de Santiago faise no Metate, un local que antes era un ultramarinos e que segue fabricando e vendendo as súas tabletas artesanais.
Seguimos cun entrante: a tortilla de patacas. Un dos clásicos do noso tapeo. Hai que ter moi boa man para facela e en Santiago
Queres coñecer os segredos destas catro delicias compostelás? Continúa lendo!
cumprimos
1
ano! Tropical Bar Cóctel Zumes Tapeo Vexetariano San Pedro, 113 666 148 105 5|
Pincha | Revista 5
reportaxe
Guillermo Moscoso, no seu obrador. Foto: Ivรกn Barreiro. |6
Gastronomía & Cultura
O PAN DE PAN DA MOA:
GRAN MATERIA PRIMA E RESPECTO POLO PROCESO Foto: Iván Barreiro.
E
Molete, bola, cornechos e rosca son os pans típicos de Compostela
stamos tan acostumados a comer pan, a mercalo en todas as súas múltiples variedades, a velo en panaderías, supermercados ou incluso gasolineiras que é difícil valoralo como se merece. Por iso en Pan da Moa organizan de xeito habitual cursos nos que os alumnos descobren marabillados a súa maxia. “Os panadeiros somos como alquimistas. Dun pó e auga sacamos un ser vivo. Porque o pan é materia viva. Fermenta, medra e despois cócese e morre ese lévedo. Así que hai poucos produtos máis máxicos”, asegura Guillermo Moscoso. El pertence á cuarta xeración dunha familia dedicada ao pan. Con Chus e Manolo, seus pais, aprendeu a tradición. E viaxando, lendo, estudando, incorporou ao negocio as últimas tecnoloxías. O resultado é un produto que traspasa as nosas fronteiras. O segredo? Guillermo afirma que son varios puntos: “Intentamos comprar as mellores materias primas, tanto fariñas de fóra como galegas, que estean moídas á pedra na medida do posible. E os procesos teñen que ser supercorrectos: fermentacións longas, hidratacións altas, coccións en fornos cunha base de pedra…”. O panadeiro ten claro que un bo pan non é posible facelo con présa. “Podes pagar por unha fariña desde 30 céntimos ata un euro. Aí hai 70 céntimos de diferencia. Pero necesitas esas fariñas de calidade para que aguanten eses procesos dos que falabamos”, explica.
En Pan da Moa venden todo tipo de pans, desde os máis habituais como unha barra artesá ata os especiais como o pan de pistacho ou o pan de río. Sen esquecer os de Compostela: molete, bola, cornechos e rosca. Guillermo cóntanos a súa historia: “Nacen aproximadamente hai cen anos, sobre todo coa chegada das fariñas blancas, as de Castilla. En Galicia había trigo do país, millo e centeo. Entón o que se facía era broa. Por que se deixaron de utilizar aquí as fariñas galegas? Porque é unha zona de sacerdotes, de cultura, de funcionarios… xente que adquisitivamente tiña poder. E quería o pan branco”. Aínda que poida parecer que falamos dun produto que non falta en ningunha mesa, Guillermo afirma que estamos nun dos momentos no que menos se consome. “Non é como fai cincuenta anos cando se vendía só”, sinala. Por iso cre que os artesáns como el teñen a obriga de atraer á clientela explicando todas as súas virtudes. E que non se decidan por eses pans ‘baratos’ que se elaboran exclusivamente con maquinaria para facer moito en pouco tempo. “Un pan tendo seis horas de fermentación, a nivel nutricional, é moito mellor que un que ten só unha hora. Non son só aspectos económicos ou gustativos. Ten que ver coa saúde”, opina. E é que ninguén dixo que facer maxia fora doado. 7|
Pincha | Revista 5
reportaxe
José e Tina, cunha das súas tortillas recén feitas. Foto: Iván Barreiro.
|8
Gastronomía & Cultura
A TORTILLA DE MOHA RÚA NOVA: BO PRODUTO E MOITA PACIENCIA
Foto: Iván Barreiro.
V
Cada día elaboran unha media de 80 tortillas, cada unha delas con 30 ovos!
ai facer tres anos que o coñecido hostaleiro Mohamed Azibou el Heman – para todos, Moha – arrancou un novo proxecto no restaurante Rúa Nova. Sitúase só a uns metros de distancia de La Tita, o local que rexentou nunha etapa anterior e que fixo famoso pola súa tortilla. Hoxe son outros os que están detrás del, aínda que manteñen o nome. Quizais por iso aínda hai quen pensa que seguen sendo os mesmos. Pero non. Todo o equipo, incluída Tina Pose, a cociñeira, marchou con el á nova ubicación.
Son as mans expertas de Tina as que sacan adiante cada día – coa axuda dos seus compañeiros – todas as comandas e unha media de entre 70 e 80 tortillas de cinco quilos de peso! Cada unha leva 30 ovos e catro quilos de patacas, que eles mesmos cortan e pelan. En Moha Rúa Nova non hai nada envasado. “O segredo é ter bo produto. O noso é todo galego. E despois é facela con moita paciencia”, conta antes de dar algún que outro truco. “O aceite ten que estar un pouquiño quente. Sen moito lume porque queima a pataca. Nin pouco porque se encharca”.
E a tortilla segue sendo o seu prato estrela! Sérvese como tapa na parte do bar, véndese enteira para tomar na casa (por 25 euros) e tamén darase como cortesía aos que vaian comer ou cear. Esta é unha novidade que porán en marcha en canto regresen das vacacións o vindeiro 15 de xaneiro. Durante estes quince días aproveitarán ademais para cambiar a zona do restaurante e a carta. “Reduciremos o número de mesas no comedor para facelas máis amplas e que a xente estea máis cómoda. E introduciremos máis produtos; peixe fresco, algunha outra ensalada…”, explica José Blanco, o encargado. Todas elas sumaranse á unha lista de propostas nas que destacan as croquetas e sobremesas caseiras, o solombo, o rabo de tenreira ao ron, as faceiras… e o bizcoito que dan polas mañás co café.
O resultado é unha tortilla grosa, pero non seca. Todo o contrario. “Pero sen que corra o ovo por todos lados. Unha cousa intermedia”, apunta a cociñeira. Un prato que nada ten que envexar á recoñecida tortilla de Betanzos. “Moita xente dinos que lle gusta moito máis a nosa”, di Tina con orgullo. De feito, son numerosos os turistas que se achegan a este local en busca dunha ración. E que hai da dificultade de dar a volta a semellante tortilla? “O truco é aguantar ben a man na asa da tapadeira”, afirma. “Pero algunha vez caerá, non?”, pregúntolle eu que son unha torpe para iso. “Home, unha vez ou dúas na vida non vou a dicir que non!”, responde. “Pero en todas as que levo feitas, non chegarán a catro as que caeron!”. Boa cifra, si señor. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
9|
Pincha | Revista 5
Guillermo amosando algúns dos peixes que ía cociñar. Foto: Iván Barreiro.
| 10
Gastronomía & Cultura
O PEIXE DE MAMÁ PEIXE: FRESCURA E POUCOS ARTIFICIOS
Foto: Iván Barreiro.
O seu menú mariñeiro, un degustación por 12 euros, colleu rápidamente moita sona
O
próximo 1 de marzo Mamá Peixe cumprirá tres anos na Algalia de Arriba. Neste escaso trienio de existencia, o restaurante de Guillermo Pérez soubo facerse un nome dentro da oferta hostaleira compostelá. Como? Cubrindo un oco que ata entón estaba vacío. O da especialización no mundo do mar. O peixe é o produto estrela deste local e o segredo do seu éxito é moi sinxelo: a frescura. “Chéganos diariamente”, sinala o chef. De feito, aínda que na carta hai outras opcións, se non hai pescado, non abren. “Non tería sentido”, sentencia con rotundidade. Guillermo traballa con dous provedores. Un que compra en lonxas grandes, A Coruña e Vigo, e outro en lonxas pequenas, Muros e Ribeira. Exactamente non sabe dicir que cantidade serve aos seus clientes pero calcula que rondan as 60 ou 80 pezas á semana, dependendo de se trata do verán ou do inverno. “Ao estranxeiro gústalle a robaliza. O de aquí prefire o curuxo, o martiño e o sargo”, conta. Grazas a apostar por pezas moi frescas, obtén uns pratos nos que “cada bocado sabe a mar”. Guillermo defende unha cociña sen moitos artificios. “Pásanos moitas veces que a xente di: “O peixe está moi bo, coma sempre, pero as patacas están mellor”. E só levan sal, aceite de oliva e unha pouquiña auga. Nada máis. O que si é verdade é que nós marcamos o peixe na prancha e terminámolo no forno sobre as patacas. Entón esas xelatinas van ás patacas e cobran outro sabor. Por último, todos os peixes que facemos de forma sinxela rematámolos cun aceite de herbas, que tamén facemos nós”, explica. Guille estudou cociña no CIFP Compostela. Ao pouco marchou a Mallorca e comezou unha etapa de grande
aprendizaxe, traballando nalgúns dos mellores restaurantes da illa. Descubriu novas técnicas, alimentos, propostas… Coma a do home que máis Estrelas Michelin ten no mundo, o francés Joël Robuchon, consistente nun peixe en masa de sal. Un dos seus ex xefes facíao con robaliza. El preparouno para nós con sargo. O aspecto resulta espectacular! Pregúntolle se está na carta, pero non. “Fíxeno tantas veces no pasado que sería como voltar atrás”, asegura. Nas Baleares Guillermo estaba moi contento pero tiña morriña. Así que voltou á terra, comprou unha casa e formou parte dos inicios do restaurante compostelán A Casa da Viña. Pero de novo Mallorca chamou á súa porta. Déronlle a oportunidade de ser xefe de cociña nun local moi respectado. A súa idea era marchar por tres anos para facer cartos e regresar a Galicia a montar o seu propio negocio. Finalmente foi só un porque a súa muller quedou embarazada do seu segundo fillo. Así que adiantaron os plans e abriron Mamá Peixe. “Somos unha taberna mariñeira. Unha taberna desenfadada. Aquí quero barullo, ruído”, comenta. Nos inicios buscaban só “asomar a cabeza”. E ben que o fixeron! O seu menú mariñeiro, un degustación por 12 euros que serven aos mediodías e por mesas completas, pronto colleu moita sona. “Cando abres non es ninguén. En Santiago, na nosa liga, hai xente moi boa. Así que decidimos facer un menú gancho. E funcionou moi ben porque a relación calidade-prezo é vantaxosa para o cliente”, sinala. O seu seguinte paso será a expansión. Guillermo xa ten un novo proxecto en mente pero prefire ser cauto e non adiantar nada. Iso si, promete contárnolo en canto poida. Tranquilos! Manterémosvos informados! ;) 11 |
Pincha | Revista 5
Carlos Vรกzquez, no parte baixa do Metate, cun dos seus chocolates con nata. Foto: Ivรกn Barreiro.
| 12
Gastronomía & Cultura
O CHOCOLATE DO METATE: ESPESOR, COR E MAN DE MULLER
Foto: Iván Barreiro.
Contan cunha exposición de máquinas coas que se facía o chocolate antigamente
S
e Carlos Vázquez tivera que escoller unha das propostas que teñen no Metate, quedaría co chocolate con nata. “Son bastante larpeiro!”, admite entre risos. Foi a súa dona, Madó, a que preparou – coma sempre – o que sae na foto. Pero ela, pudorosa, prefire manterse ‘tralas cámaras’. “Espesor, cor e man de muller. Ese é o segredo”, conta o propietario desta mítica chocolatería compostelá. Foi o seu avó o que, aló polos anos 20, abriu un ultramarinos na rúa do Preguntoiro. Daquela era moi común que estes locais tiveran unha pequena fábrica de café e chocolate, que nutría a outras tendas máis pequenas. Seu pai continuou despois co negocio e cando chegou ás súas mans, fai trinta anos, transformouse nun pub. As grandes multinacionais do cacao comíanlle terreo e había que reinventarse. “Naqueles momentos comezaba a moverse moito a noite na Zona Vella”, conta. Pero a clientela seguía demandando chocolate. Así que o Metate decidiu non perder a súa esencia e traballar tamén como chocolatería Hoxe en día atraen a moitos turistas polas mañás para probar o seu chocolate con churros por 4 euros. As tardes e noites son máis para os estudantes e composteláns. Ofrecen multitude de posibilidades para tomar este manxar: combinados, frappés, xeados… “Gusta moito porque ten un sabor intenso, polo ben que baixa e supoño que aos peregrinos pola enerxía que lles dá!”, apunta Carlos. Tanto, que os seus clientes sempre destacan que este é o mellor da cidade.
A materia prima chega desde México. “En España non se produce porque ten que ter unhas condicións climatolóxicas moi especiais”, sinala. A receita base non cambiou desde que comezou a facelo o seu avó. Si que se foron modificando elementos como o espesor, por exemplo. “Confeccionar todo de xeito artesanal leva máis tempo pero facer as cousas ben elaboradas, compensa”, asegura Carlos. Tamén continúan fabricando tabletas co nome de Chocolate de Compostela, á venda no Metate e nalgunhas tendas da cidade. Úsase sobre todo para facer na casa á taza. Aínda que o hostaleiro recorda o san que poden ser tomar unha onza cada día. E é que tal e como explican nas cartas da cafetería, este alimento, ademais de ser moi enerxético, é moi rico en catequinas, vitaminas e potentes antioxidantes que evitan o colesterol, previndo posibles problemas cardiovasculares. Pero se todavía queres saber máis sobre o chocolate, o propio local é coma un museo! Nas súas paredes hai fotografías da árbore do cacao e do seu froito e unha vitrina con moldes e outros aparellos. Tamén conservan as máquinas da antiga fábrica (todas menos unhas cantas que doaron ao Museo do Pobo Galego). E ata teñen un metate, un morteiro de pedra tallada de forma rectangular que provén de Latinoamérica e que todavía hoxe séguese usando para tratar as sémolas. E, por suposto, non deixes de escoitar a Carlos. Sabe moitas historias de Santiago e cóntaas con moito agarimo. Un consello: fíxate nas escaleiras e nas dúas mulleres que saen na grande fotografía que as decora. É outro relato sobre Compostela que eu non me perdería… Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
13 |
Pincha | Revista 5
d e cine
"O cinema galego non é un boom. Está aquí para permanecer"
Reunímonos con Eloy Domínguez no restaurante La Flor. Foto: Iván Barreiro
| 14
Gastronomía & Cultura
Novo Cinema Galego, a idade de ouro (II) Eloy Domínguez, a viaxe emocional Eloy Domínguez (Simes, 1985) fala sosegadamente, como ordeando os pensamentos e saboreando as palabras. A emoción é una constante na súa vida e no seu cinema. Marchou a Suecia por amor e por amor a Compostela regresou á cidade. Fálanos da súa relación cos seus colegas do ‘Novo Cinema Galego’, cos que asemella ter un vínculo case de familia que se apoia nos momentos duros de todo traballo creativo. Acabas de regresar a Galicia. Como ves o panorama audiovisual galego? Está sendo moi bo a nivel de producción. Segue sendo difícil á hora de relacionarnos coa administración para o financiamento, aínda que temos a fortuna de contar coas axudas ó talento. Agora mesmo hai dúas escalas de produción en Galicia; unha é moi pequeniña, que é na que nos movemos nós, e logo hai producións moi grandes de ficción. Faltaría por cubrir as producións intermedias nas que se moven algúns cineastas, de ficción máis independente. Afortunadamente levamos desde 2011 producindo tódolos anos traballos que están acadando moito éxito a nivel internacional. Hai películas galegas nos principais festivais europeos. Ademáis, nos últimos dous ou tres anos están aparecendo mulleres cineastas que tamén están facendo un traballo fantástico. O resultado do cinema galego nos últimos anos contribuiu a que esas axudas se establezan e se siga producindo. O cinema galego no é un boom. Está aquí para permanecer.
Por Ruth Ríos
Hai algo que cres que una aos directores do ‘Novo Cinema Galego’? O cinema galego é un grupo de amigos e amigas que se axudan a nivel psicolóxico máis que de produción. Quedan para cear na casa de Ángel Santos; ven traballos inacabados do outro e danlle apoio emocional. Somos unha comunidade de cineastas e cinéfilos que teñen en común o empeño, a ilusión, o entusiasmo e unha certa cabezonería. Se hai algo que nos une é unha conexión emocional, unha certa afinidade persoal, unha actitude de cara a un xeito de facer cinema. É o que vexo en común entre todos nós porque logo a nivel creativo cada un é diferente. En 2012 emigraste a Suecia. “Pettring” (2012) é una especie de diario autobiográfico da túa chegada. Por que elixiste ese país? Por amor (unha resposta que non sorprende tendo en conta a personalidade de Eloy). Chamábannos os “refuxiados románticos”. Tamén marchei porque en Barcelona (onde desenvolveu os seus estudos universitarios) non atopei perspectivas laborais (sen dúbida un motivo máis prosaico pero non menos importante para emigrar ao norte de Europa). Que aporta Suecia ao teu cinema? É onde fixen a miña primeira curta (“Pettring”) e a miña primeira longa (“No cow on the ice”). Foron uns anos moi produtivos, de continuar aprendendo como cineasta e incluso aprendizaxe interior. A miña carreira cinematográfica naceu en Suecia, coa fortuna de que se desenvolveu alí, ata o punto de que agora vivo en Santiago de Compostela pero sigo traballando cunha produtora sueca.
981 558 592 Rúa Ameas, 9
15 |
Pincha | Revista 5
d e cine
Eloy sigue producindo coa produtora sueca coa que empezou. Foto: Iván Barreiro
Os directores do ‘Novo Cinema Galego’ caracterizádevos por formaros e desenvolver a vosa carreira fóra de Galicia. A túa obra parece moi marcada pola emigración, dis incluso que é un reflexo da túa xeración, da necesidade de saír fóra de Galicia… A emigración é algo intrínseco á cultura galega. É verdade que moitos cineastas galegos se formaron fóra de Galicia, en Cataluña, de feito hai unha relación moi forte con Cataluña.
"Estou namorado de Compostela. Sigo sorprendéndome da súa beleza e da actividade cultural"
Cres que hai que saír de Galicia para triunfar no cinema? Non o sei. Creo que todos os directores do ‘Novo Cinema Galego’, por un motivo máis vital que laboral, nalgún momento consideramos que era necesario saír. De feito, moitas das producións dos novos creadores españois rodáronse fóra. Por que volves a Galicia? Unha vez máis, a decisión vital vai por diante da decisión laboral. Eu sigo producindo cunha produtora sueca. Estou traballando en dúas películas, unha no Sahara e outra no Ártico. A flexibilidade do noso traballo e a fase na que están os proxectos permite escoller onde vivir. Sentín unha chamada para regresar, foi algo impulsivo. Por que Compostela? Estou namorado de Compostela. Sigo sorprendéndome da beleza da cidade, da actividade cultural, e teño un círculo de amigos, moitos deles colegas, cos que sinto pertenza e comunidade. Os seus próximos proxectos son documentais no Sáhara (nos campamentos de refuxiados de Tinduf, Arxelia, onde ademáis é profesor nunha escola de cinema) e no Ártico (Noruega). “Lugares antagónicos”, recoñece Eloy. “Sitios moi distintos, pero teñen en común que son lugares moi illados, inhóspitos, condicións non idóneas para os seres humanos. Vou establecendo conexión e enfrentándome á inmensidade da paisaxe, á soidade, son retratos de comunidades illadas”. En 2018 de novo veremos ese cinema onde Eloy Domínguez reflexa ó mais emocional da súa visión das cousas. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
| 16
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Noemí Chantada, Felipe Lage e Eloy Enciso, na nosa web
K
Noemí Chantada, Felipe Lage e Eloy Enciso na nosa web A serie sobre ‘Novo Cinema Galego’ que comezamos no anterior número en papel de Pincha continúa na nosa páxina web coas entrevistas aos cineastas Eloy Enciso e Noemí Chantada, ademais do produtor Felipe Lage. Tamén podes ler a conversa con Lois Patiño e Alberto Gracia que publicamos en #pincha4. Así que se estás interesado no noso cinema, entra en revistapincha.gal
Gastronomía & Cultura
666 rpm Por César Varela
UK E ST R A D O MED I O A marabillosa orquestra compostelá de ukeleles, preséntanos o seu primeiro traballo discográfico
A
Ukestra do Medio, tal e como o seu propio nome indica, é unha orquestra de ukeleles que nace a finais de 2013 nas Aulas de Ukelele da Escola do Medio de Compostela, baixo a batuta do mestre Bernardo Martínez (compoñente da banda durante os primeiros anos). Logo dun ano de duros ensaios, conseguen crear un repertorio do máis ecléctico que presentan por bares, salas, centros sociais e festivais de todo o país, acadando grande aceptación por parte do público. Tras diversos cambios na formación, a Ukestra son actualmente Sara Piñeiro (Ukelele soprano e voces), Kátia Mera (Ukelele soprano e voces), Yolanda Porto (Caixón e voces), Alfonso Collazo (Ukelele tenor e voces), César Parcero (Ukelele barítono, resonador e voces) e Alberte Leis (Baixo acústico, ukelele soprano, banjolele e voces). Tamén se atreven con pequenos instrumentos como palitos, shakers, kazoo ou harmónica. Nos concertos levan ao seu terreo pezas dos máis diversos estilos (desde clásicos do rock and roll, country, swing ou pop, a músicas tradicionais galegas e portuguesas, tangos, bossanovas e ata son jarocho mexicano). Neil Young, Lou Reed, Tom Waits, Roberto Carlos, Andrés do Barro, The Cure, Carlos Gardel, Johnny Cash ou Shocking Blue, están moi presentes no seu repertorio, consistente únicamente en versións. O pasado mes de decembro saíu á rúa o seu primeiro artefacto musical, un CD Digipack gravado e mesturadoo por Tomás Ageitos nos estudios A Ponte de Compostela e masterizado por José Martínez “Bonham” en Bonham Studios de A Coruña. “em princípio...”, expresión utilizada bastante a miúdo por varios membros do grupo, dá título ao seu primeiro traballo discográfico, editado pola propia banda, que contén no seu interior catro excelentes cortes: “Friday I’m in Love” de The Cure, “Sembrando Flores” de Los Cojolites, “Ain’t no Thang” de Katzenjammer e “Don’t you want me” de The Human League, esta última, cunha simpática letra adaptada ao galego pola Ukestra do Medio. O pasado mes de Nadal voaron ata Cambridge para presentar o seu novo disco, onde actuaron no Blue Moon, no Market Street e no Lower Marsh Market de Londres, con moi boa asistencia e grande acollida por parte do público, entre eles a comunidade de galegos en Londres e os residentes e turistas da célebre cidade universitaria de Cambridge. A Ukestra non para de crear e colaborar en diferentes proxectos, así ata o momento dispoñen de varios videoclips de excelente elaboración, que podes visualizar na súa canle de Youtube, gravados por Yolanda Ataraxia, que no seu momento tamén formou parte da banda ao igual que Ramón Orencio (Mr. Cool) e Arantza Villar
Ukestra do Medio (Chévere). Tamén lles sobrou tempo para colaborar o pasado ano co grupo compostelán Os Novos na gravación do seu single “Assalto Acústico” editado por Lixo Urbano. Ao longo deste novo ano, continuarán presentando o seu repertorio en directo (iso si, estes meses terán que cambiar as súas camisas hawaianas por roupa de abrigo) e fabricando novos videoclips e composicións, que tanto emocionan aos máis maiores da casa, como poñen a bailar aos máis cativos. A Ukestra do Medio son aptos para tódolos públicos. Non deberías perderte as súas próximas actuacións, así que non agardes máis e ségueos nas súas redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram) para poder estar ao tanto, e pégalle unha escoita ao seu disco no Bandcamp, onde podes descargalo de xeito gratuíto e tamén mercalo en formato físico.
A desfrutalos Familia! Vémonos no próximo concerto! 17 |
Pincha | Revista 5
Crusat & Costas Lorena e Jose na tenda compostelá Vide, Vide! Foto: Iván Barreiro.
LORENA COSTAS
Quinta Toucedo – Albariño 2015 –A Contracorrente
P
robablemente a estas alturas a ninguén de nós nos sorprenda que se fagan viños atrevidos, diferentes e arriscados, non si? Diso se trata a vida, de poñerlle un pouco de emoción para que as satisfaccións nos saiban mellor, esa chispiña tan necesaria. Con todo, seguro que a historia de Ana Gadín e Javier Mendoza vos sorprenderá un pouquiño, porque aínda que están entre eses adegueiros que fan viños arriscados e sobre todo moi persoais, neste caso engádese un factor que a fai máis entrañable quizais. A adega de Ana e Javier, Atrium Vitis, está enclavada en Quiroga, a zona máis oriental da D.O. Ribeira Sacra, así que o máis seguro é que cada un de vós o primeiro que pensedes é que esta adega vive de vender viño tinto, preferentemente da variedade Mencía, verdade? Pois non. A día e hoxe si que venden viños tintos, de diferentes varietais e vinificacións parcelarias, etc., pero o primeiro que fixeron para darse a coñecer é elaborar un viño a base de albariño na Ribeira Sacra. Arriscado e bravo, sen dúbida. É que o avó de Javier xa foi pioneiro niso de ir ao contraxeito, e facía uns viños espectaculares a base de Albariño, e tamén tintos, pero sobre todo o seu viño favorito era aquel branco dourado e diferente. Tras anos de estudio, Ana e Javier decidiron seguir os pasos do avó e pór en marcha o
| 18
FICHA TÉCNICA: Adega:Atrium Vitis D.O. Ribeira Sacra Variedades:Albariño Grao: 14,5º Ano: 2015 Prezo: En torno aos 12 € Onde mercalo? Vide, Vide! (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10)
Gastronomía & Cultura
proxecto, recuperando esas viñas de albariño e plantando máis. Sempre respectaron o xeito de facer o viño do avó, fermentado en barricas e non en depósitos de aceiro. E así comezou esta aventura, con xente mirando raro cando lle falaban de “albariño da Ribeira Sacra” e incluso con viños fóra da D.O. por circunstancias das que xa temos falado noutras ocasións. Procuraron, sobre todo, que o potencial da Albariño non se perdese por mor da madeira das barricas, estudiando os diferentes tostados das barricas máis axeitadas, procurando que a uva sempre tivese esa exuberancia e nariz frugal, pero aportándolle singularidade. E tanto que o fixeron! Quinta Toucedo Albariño 2015 é un viño que deixará descolocado a moitos nunha cata a cegas: De fermosa cor dourada, os seus aromas non nos levan a unha uva albariño das Rías Baixas; conserva os aromas varietais de mazá nos primeiros intres, pasando logo a mazá asada, toques de hidrocarburo, caucho, froitos secos e especiados. Tamén aparecen os aromas balsámicos que a madeira se encargou de moldear ben. En boca destacan os sabores herbáceos e especiados, tipo pementa ou cardamomo, unha acidez ben conservada e boa persistencia na boca, axudada tamén pola frescura que aporta o chan arxiloso. Quen diría que este viño ten 14´5 graos! Marabilloso quedaría nestas festas acompañando un bo ollomol no forno, a que si? JOSE CRUSAT
Oes, forasteiro!
I
mos cun viño elaborado cunha uva “forasteira”, o albariño. E non falo de que se vén de Alemaña, ou como realmente é a uva marcha de Galicia para Alemaña. Falo de “forasteiro” así entre comiñas porque é unha uva non moi asociada a Quiroga, o interior da Galicia, no linde entre as provincias de Lugo e Ourense. É pois un exemplo da universalidade das variedades. Estas non son exclusivas dun único territorio, senón que son capaces de expresar as diferenzas entre eles, de marcar os climas e os chans dos lugares onde medran as videiras. Estamos ante un viño de clima cálido no verán, chans típicos de ribeira, arxilas ferruginosas e cantos rodados. Onde a acidez característica da costa queda suavizada e domada, facendo del un viño mais amable, pero o tempo aportando un moi bo grao de madurez. No canto da elaboración, trátase dun traballo clásico, sen intervencións, sen florituras nin revirichos enolóxicos. Fermenta cos seus propios lévedos en depósitos de aceiro, a partir de uva despalillada e mosto desfangado. Realiza tamén unha fermentación malo-láctica de maneira espontánea. Esta é unha segunda fervedura na que certas bacterias transforman o ácido málico (o da mazá) que é máis agresivo en ácido láctico (o do iogur) que é mais suave e agradable. Pasa despois un tempo coas súas lías antes da trasega final e un lixeiro filtrado no momento en pasa a botella. Viño de cor amarelo dourado, intenso. No nariz aparecen a mazá típica da variedade de uva, pero tamén aromas complexos e característicos como fiúncho, herbáceos. É un viño denso, potente, lixeiramente cálido na boca, maduro, de amplitude media, sabores a mazá golden madura, acidez media e final amargo. Nas datas de festas nas que andamos o tema da maridaxe é medianamente sinxela. Apostaría por un marisco pero que teña sabor, como é unha boa centola na que a forza do cacho do animal conxuga perfectamente co corpo deste albariño “forasteiro”. Unha maridaxe que une o interior coa costa; chámalle mar e montaña. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha
Segue as historias de José Crusat @choumimx no seu blog Del Comercio y del Bebercio |
http://delcomercioydelbebercio.blogspot.com
Segue as historias de Lorena Costas @lorena_costas no seu blog Bake my Day |
http://lorena-bakemyday.blogspot.com
Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
19 |
Pincha | Revista 5
d e ba res con jessi Por Jéssica Pintor
No Milladoiro tamén hai bares! En A Barbería xúntase xente de toda a vida cos que están de paso. Foto: Iván Barreiro.
A
índa que non o creades, hai vida máis aló de Santiago... E bares!! Malia que lle chamasen cidade dormitorio durante anos, os que durmimos no Milladoiro, tamén mercamos aquí, visitamos a peiteadora, coñecemos bos cociñeiros e reposteiros, comemos, imos de bares e ata ao karaoke!! No Milladoiro contas máis de 50 establecementos onde tomar un viño, café, comer, probar un pastel, coller comida para levar e mesmo cantar alzando un “guai lai”! Escribir de todos levaríame oito revistas, así que escollo dous. Comecemos por A Barbería. Manuel Segade, quen rexenta o local, prepárache o mellor e máis rico capuchino | 20
que podes atopar en quilómetros á redonda, incluíndo Santiago... (Síntoo, picheleiros. Éche o que hai!!) Neste bar, tivo o pai, hai 40 anos, unha barbería. Daquela no Milladoiro había catro casas e a xeral a Pontevedra, dende hai tres anos e medio, atopamos un local que semella unha barbería industrial con estilo dos anos 50, con louzas dunha cor azul turquesa ou verde auga que chaman moito a atención. De teito alto e lámpadas longas. Ao final do establecemento atopas un tocador que garda o material da barbería: navallas, caixas orixinais, rizador, tesoiras, brochas, un par de pedras para asentar o fío da navalla... “A maioría das pezas son de meu pai. Conservounas nunha especie de carteira, coa que acudía a afeitar ou cortarlle o pelo, á casa, a algún antigo clientes
Gastronomía & Cultura maior que xa non se podía mover”. Xa non me pode gustar máis A Barbería! “Para ter algo un pouco diferente tes que botarlle moita imaxinación. Preocúpanos que o café sexa bo, estea ben cremado. Tentamos facer un ambiente diferente, que chamase atención. Non temos a televisión moi alta, poñemos jazz, bossa nova, música que te convida a baixar o ton de voz e gozar máis do silencio, da lectura, dunha conversa. A Barbería é un espazo tranquilo”. Cando atravesas a porta de cristal –a min non me abre ás veces, porque non teño ialma supoño...- á man dereita hai unha pequena biblioteca. “Aquí hai libros meus, algúns xa non están, porque a xente levounos deixando outros no sitio... E paréceme xenial! Hai dende un de Mao Tse-Tung ata “Diario dun skin”, poesía e a revista Pincha”... Sorrío orgullosa! E o café que ten? Sorrí. “Temos diversos orixes cada mes, temos café para vender para cata en gran, moído, en paquetiños de 250 gramos, para a cafeteira que teñas. Un Kenya e un Colombia, podes pedilo e nun día ou dous teralo aquí. Iso si, como en
Hai máis 50 establecementos onde tomar un viño, café, comer, probar un pastel, coller comida para levar e mesmo cantar
Manuel Segade rexenta o local no que antes seu pai tivera unha barbería. Foto: Iván Barreiro.
A Barbería non che vai saber!!” Home e logo! Rimos. Fai un capuchino en copa de cristal... “É moi vistoso, leva azucre moreno, canela, cacao, leite moi cremada para que faga nata, aderezo de chocolate por enriba e café, claro! O Affogatto leva café solo, xeado de vainilla e galleta por enriba. O Eiskaffee con dúas bolas de xeado, cacao, nata e o Coffeetonic, que é café máis tónica. Está moi bo, aínda que non cho pareza! (Debín poñer mala cara... Gargalladas!!). É dixestivo, despois dunha comida contundente. Fai unha mestura potente!” Dareille unha oportunidade. Tamén teñen batidos de leite e de froita (smoothies), favoritos dos máis novos, xa que non os hai noutro bar do Milladoiro. Un par de pasteis, un biscoito tremendo, que lles trae unha panadería de Lestedo, xunto co pan para os almorzos, dese que rincha na boca. (Boísimo!!) “Facemos tostas de pan sinxelas con manteiga, marmelada ou aceite e tomate, porque a cociña é pequena”. A clientela de Manuel é moi variada, porque “o Milladoiro segue sendo unha aldea e moitos veñen
O capuchino de A Barbería é unha das súas especialidades. Foto: Iván Barreiro.
RECLAMA TU CLÁUSULA SUELO Y GASTOS HIPOTECARIOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
RECLAMA TU CLÁUSULA SUELO Y GASTOS HIPOTECARIOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA Javier Alvarellos
Javier Alvarellos Luisa Pazos - Pablo Vizoso t. 981 570 393 – 608 883 589
21 |
Pincha | Revista 5
d e ba res con jessi MariCruz Bugallo abriu Dulce Victoria no 2016. Foto: Iván Barreiro.
porque coñecen a meu pai, a miña nai, eu son o fillo do barbeiro... Temos clientela moi boa, que se adapta a todo! A Barbería transmite bo rollo, aínda que sexa un chisco diferente, este bar ao final tamén é unha taberna, coa xente de toda vida que se xunta coa mocidade, cos que están de paso... Aquí fálase das novidades no Milladoiro, cóntanse historias, porque isto ten historia. Algo moi galego!”. Nada que engadir. Agora retrocedemos uns metros cara Santiago, ata Dulce Victoria. Pode parecer unha cafetería, pero non é tal! É | 22
un obradoiro, un espazo onde podes degustar diferentes pasteis e doces, onde podes encargalos, aprender a facelos e mesmo celebrar con eles cun café!! Aténdenos MariCruz Bugallo. Abriu en xuño de 2016. Ser é economista e traballaba nunha asesoría, pero a súa paixón verdadeira era a repostería. E agora aquí está, no Milladoiro! Facendo uns doces deliciosos, dende galletas, turrón, polvoróns, biscoitos, tartaletas, ata pasteis con forma de unicornio, de reno ou do que che pida o corpo, personalizadas ao gusto! “Combinamos
Gastronomía & Cultura a pastelería tradicional coa creativa. Tentamos modernizar os pasteis de toda a vida e facémolo dando a probar, incitando a xente a arriscarse, tendo produtos diferentes á vista! Porque aínda somos moi remisos a cambiar, a saír da Milfollas, do pastel de San Marcos ou da Selva Negra. Eu négome, por exemplo, a facer o Pastel da Avoa. (Rimos) Gústame innovar, sorprender, traballar con sabores novos. Pouco a pouco”... Os apetitosos doces que prepara MariCruz non teñen lactosa, porque ela é alérxica á proteína láctea e a súa filla, Victoria, é intolerante á lactosa. Pregúntolle cal foi a cousa máis peculiar que lle encargaron. Pénsao un rato e conta que unha cegoña suspendida no aire que era todo pastel!! Vaia! E que máis fas? “Moitos babaluás, (güat?!) que é como unha escuma (mousse), pero sen ovo. Unha pastelería é moito máis rica se non utiliza conservantes, colorantes, estabilizantes, sen meterlle tanta porcallada, coma nos conxelados! Por iso non os temos. Os produtos artesáns duran, están máis ricos e son máis saudables! Pero, as veces, mércanse os outros porque son máis baratos. Coa crema pasteleira pasa igual, os profiteroles, non é que non gusten, pero temos acostumado o padal ao conxelado, a moito azucre engadido, químicos, mellorantes, aditivos... E cando comemos algo natural dicimos que non nos sabe! O exemplo claro é o chocolate, cando é puro é amargo, non ten azucre, é
moi forte... Pero tamén hai xente á que lle encanta probar. Por iso eu non quero facer o de sempre, para diferenciarme teño que facer un produto diferente, que aínda que custe vender, non o atopes en moitos sitios. A min encantaríame que a xente me pedira semifríos con froitas exóticas. (Marchando un para Jessi!) Eu traballo por encargo e quero conseguir que a xente probe. Como? Insistindo! Tendo cousas novas expostas. Queda moito por ensinar ao noso padal!” No medio da entrevista detivémonos a observar como MariCruz cortaba e servía un pastel feito e dedicado para un aniversario que se celebraba na intimidade dunha mesa de catro máis un can. Un pouquiño despois despachou unha caixiña ben preparada cunhas madalenas decoradas con nata... Asegura que neste negocio a xente é moi agradecida. Ela tamén ofrece servizo de subministro profesional (cátering) para eventos e hostalería, doce claro! Fai sobremesas individuais ou que lle pidan. Neste local ofrece obradoiros, aniversarios, para nenos e maiores, merendas e cursos enfocados a pastelería tradicional con toques modernos. O seu soño é ter no mesmo local unha pastelería con despacho de pan, unha sección de confeitaría e complementos. Agardo que eu o vexa e que sexa no Milladoiro! Porque aquí non só durmimos, comemos as delicias máis deliciosas e imos de bares! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
En Dulce Victoria podes probar pasteis e aprender a facelos. Foto: Iván Barreiro.
Os doces que prepara MariCruz non teñen lactosa. Foto: Iván Barreiro.
23 |
Pincha | Revista 5
entre musica s Por Xiana Lastra
Antía Ameixeiras “O violín é o diaño”
O
rixinal coma poucas, fermosa por dentro e por fóra, polifacética, carismática e intelixente. Así é a miña amiga Antía Ameixeiras. Desde hai un tempo é a violinista do coñecido grupo folk Luar na Lubre e con só 24 anos pode presumir de ter unha carreira que vai vento en popa a toda vela! Di que non se lle dá ben falar, así que quedamos fronte a uns viños para poñela en antecedentes do que será esta entrevista e que vaia “mentalizándose”. Por suposto, rematamos falando de todo menos do que lle vou preguntar. É o que ten a confianza e verse menos do convinte! Con preparación ou sen ela, conversamos sobre o violín, pero tamén sobre as súas experiencias, o seu proxecto Oîma e as súas metas. A miña amiga falou, e falou ben. Que tocases o violín parece cousa do destino, porque dalgún xeito completouse un círculo, non é? Pois si que é unha curiosidade ben fermosa. Cando tiña ao redor de 5 anos estaba con meus pais en Cee nun concerto de Luar na Lubre e quedei prendidísima do violín, que daquela tocaba Javier Cedrón, tanto que lle fun preguntar se mo regalaba. Non tiven | 24
sorte pero fun tan pesada co violín que ese Nadal os reis magos trouxéronme un de plástico vermello, e cando tiven xa a idade comecei no conservatorio. Entón, cando me chamaron para tocar en Luar na Lubre, foi algo moi emocionante. Como leva unha rapaza tan nova ser a violinista dun grupo que fai xiras internacionais e estar tocando nun nivel tan profesional? O calendario supoño que será abondo esixente. Pois foi unha alegría enorme cando me chamou LNL e, a nivel de realización persoal, un salto de experiencia moi grande. Estou aprendendo moitísimo. O certo é que temos un calendario bastante intenso. Cando tocas nun grupo con tanta proxección como Luar na Lubre o nivel de esixencia é alto, xaora. Penso que é importante que tomemos conciencia de que a música tamén é un traballo e, como tal, precisa dunhas condicións dignas para desempeñalo. Hoxe en día, co desprestixio ao que está sometida a música por parte das institucións, faise moi difícil que a xente poida dedicarse a isto. E a música galega está aínda en peor situación, porque conta con moi poucos apoios e recoñecemento por parte da Xunta. Vese a condición de LNL como unha condición de privilexio,
cando realmente o que ocorre é que nos acostumamos á precarización das músicas e músicos. Ademais escolliches un instrumento complicado... Que é o que máis che custou durante a túa formación? Si, é certo, é un instrumento terrible e complicadísimo. Non só tecnicamente, senón que hai algo de vontade e de emocións ao lidar co violín. Na cultura xitana, por exemplo, dise que o violín é o diaño. Eu estou totalmente convencida diso. Será o diaño pero estache dando moitas alegrías! Desde que te presentaches ao concurso para acompañar a Carlos Núñez na súa xira por EEUU, que ademais gañaches, todo foi costa arriba. Cóntanos como o viviches e que te levou a presentarte. Foi no ano 2015 cando Carlos presentou unha beca para xoves intérpretes galegos para ir de xira con el aos EEUU. Xusto eses días un ensamble de música chilena, que coñecera cando eu estaba de Erasmus en Praga, veu tocar a Santiago e convidáronme a tocar con eles. Carlos viunos e animounos a presentarnos. Así o fixen, e seleccionáronme. Foi unha experiencia marabillosa e non podo
Gastronomía & Cultura
Antía é violinista de Luar na Lubre. Foto: Juan Luis Rúa
25 |
Pincha | Revista 5
entre musica s
estar máis agradecida de todo o que me ensinaron, porque foron moitas horas as que se dedicaron a traballar comigo, ata que conseguín sacar adiante todo o repertorio. Para min foi unha oportunidade única e un verdadeiro pracer ir aos EEUU e ver como se emociona a xente alí coa música galega. Sei que ese Erasmus en Praga foi algo que te marcou moito. Que experiencias das vividas cres que te enriqueceron máis musicalmente? Pois si, para min foi un gran descubrimento nos planos musical e intelectual. Ao pouco de chegar vin unha violinista tocando nun bar, tiña o seu proxecto ela soa, co seu violín e a súa voz, Kate Young. Pareceume impresionante, entón rompinlle a cabeza ata que accedeu a darme clase e fixémonos amigas. Para min foi marabillosa, levábame con ela ás foliadas de Praga, e ao ser unha cidade tan cosmopolita e estar no corazón de Europa, alí confluían músicos e músicas espectaculares de todo o mundo. Tamén me levou tocar a un festival a Suecia cunha orquestra de músicas do mundo que dirixía ela. Sen dúbida foi unha muller que me marcou moitísimo, tanto no musical coma no persoal. Era unha persoa moi chea de vida e cores; de feito unha curiosidade é que cando ía as súas clases nunca me deixaba levar cores tristes e, se ía de negro, colgábame panos de cores para crear un ambiente máis feliz.
| 26
“A música tamén é un traballo e precisa dunhas condicións dignas para desempeñalo” E aquí en Galicia como foi a túa formación? Comecei no conservatorio de Carballo e, cando cheguei a Santiago, metinme na Central Folque, onde daba clase Gutier Álvarez, mestre do que aprendín e sigo aprendendo moitísimo. Tamén tiven clases con Quim Farinha, figura clave do violín galego. Pero eu, se quero falar da miña formación, creo que tería que falar das foliadas do Gramola. Cando comecei a ir, o certo é que case non era capaz de tocar unha peza enteira. Ata ese momento o violín vinculábao con algo máis académico. Ao ir as foliadas comecei a ver o violín como algo máis relativo ao divertimento e á camaradería musical. Sempre me sentín moi cómoda grazas a músicas como María Blanco, Xacobe Varela, Xabier Agra ou Gom Goas, que me animaron e ir e me ensinaron o repertorio. E coma min moita outra xente coa que hoxe comparto espazo nestas foliadas e que son unha parte moi
“As foliadas no Gramola son moi importantes na miña aprendizaxe e na miña vida musical”
importante na miña aprendizaxe e na miña vida musical. Grazas á filosofía desta foliada podo compartir música e amizade con outros músicos extraordinarios como Pedro Pascual, Cibrán Seixo, Quim Farinha, Lar Legido, Gumer Freire... Non podo mencionar a todas. Como muller que es, sobre todo como instrumentista, cres que estamos igual de valoradas cós homes? Por desgracia esta sociedade ten moitos comportamentos machistas; na música, entón, tamén. A muller, para ser tida en conta, necesita destacar o dobre. Esíxeselle moita máis excelencia. Ademais, tamén hai que sufrir moitos, moitísimos comentarios cousificadores que nada teñen que ver co estritamente musical. Oîma é outro proxecto que tes en marcha. Trátase dun grupo cunha sonoridade e unha estética moi especial. En que vos inspirades? OÎMA é un trío de clarinete, acordeón e violín. Somos tres moi boas amigas que entendemos a música de xeito moi similar. É un proxecto moi feliz e pasámolo moi ben tocando xuntas. Dende un principio puxemos empeño en facer algo orixinal, cun traballo sonoro, visual e estético moi coidado. Estamos un chisco inspirados nos balfolk europeos, pero cun marcado carácter de tradición galega. Pouco a pouco vannos
Gastronomía & Cultura
O seu trío OÎMA gravará pronto os seus primeiros temas. Foto: Karoliina Kreintaal
saíndo cousas e en breve entraremos en estudo a gravar. Que referentes tes como violinista á hora de tocar? No espello de quen te miras? Pois gústanme moito as músicas do mundo e, en concreto, o violín tradicional, o galego e o de por aí adiante. Violinistas que me gustan moito podería dicir Sofia Hostadious, Michalis Kouloumis, Annbjørg Lien, Baltazar Montanaro, Ricardo Herz, Diego Galaz, Jacky Molard, Gheorghe Anghel... E como música? Quen te inspira? Que grupos escoitas? Dende que estiven en Praga comecei a facer viaxes musicais con máis músicos que coñecín alí. Estes dous últimos anos fun a Bulgaria e aprendín moitas
músicas búlgaras e tamén de outras diversas culturas que me ían ensinando as compañeiras. Estas vivencias son moi inspiradoras para min, e de aí sempre saen cousas. Se teño que falar de grupos podería dicirche Zlabya, Les fleuves, Väsen, Fetén Fetén, Silvia Pérez Cruz, Lila Downs, Taraf de Haidouks, Kate in the Kettle, Duo Artense, Songs of Separation, Sopa de Pedra… E tamén moita música galega Talabarte, Xabier Díaz, Marful, Davide Salvado, Berrogüetto, Radio Cos, Guadi Galego… Que metas ten Antía Ameixeiras no horizonte? Nestes tempos tan feroces, o único que podemos facer é vivir o día o máis coherentemente que podemos. A miña meta é ser feliz, toda unha carreira de vida. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
678 43 06 36 missrock@missrock.es www.missrock.es
27 |
Pincha | Revista 51
axend a
GALA IMPLÍCATE 2018 TEATRO PRINCIPAL
ANIMAIS DE COMPAÑÍA SALÓN TEATRO
3 E 4 DE XANEIRO ÁS 19:00 HORAS | PREZO: 8 € (BONO DE TRES ENTRADAS: 18 €)
Comedia musical de Teatro do Noroeste que presenta unha fábula moderna sobre as relacións humanas. Como nas fábulas clásicas, dous animais toman características humanas para construír un proceso de aprendizaxe e toma de valores éticos. Neste caso os animais son dous: unha vella cadela e unha gata nova. Tratando en clave de comedia unha situación cotiá nunha casa dunha moza nova amante dos animais, establece un paralelismo entre o que lle acontece as súas mascotas e o que acontece na sociedade actual.
14 DE XANEIRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO:12 € (8 € COS
MENÚ DA NOITE AUDITORIO DE GALICIA 6 DE XANEIRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: 12 €
Luis Davila e Carlos Blanco deixan (momentaneamente) a saia escocesa e póñense smóking para sachar como é debido. E ata cociñan caldo en directo. Literalmente. O debuxante de Bueu e o actor arousán combinan novamente inxenios e artes para atopar o cóctel perfecto. Desta volta viaxan a Broadway. Cos sachos, claro. E bailan (?) claqué e todo. Con música de Budiño e Kepa Junquera. Risas aseguradas (e debuxadas).
CONCERTO DE CLAP YOUR HANDS SAY YEAH SALA CAPITOL 12 DE XANEIRO ÁS 20:45 HORAS | PREZO: 18 €
Actuación enmarcada dentro do ciclo ‘SON Estrella Galicia’ desta banda, orixinaria de Brooklyn (Nova York) e Filadelfia ( Pennsylvania). Veñen presentar o seu último álbum ‘The Tourist’. Con varios discos xa ás súas costas, Clap Your Hands Say Yeah conseguiron alcanzar un son propio, fresco e orixinal dentro do panorama independente.
CABALGATA DE REIS DA ESTACIÓN DO TREN AO OBRADOIRO 6 DE XANEIRO ÁS 17:30 HORAS |
Case 400 persoas -a metade delas voluntariasparticiparán nesta cabalgata, que desta vez terá como temática a maxia das lendas. Ademais das tres carrozas dos Reis Magos, acompañados por candaseu séquito, estará a carroza da Maruxaina, a da natureza máxica e a do carbón, para quen non teña sido bo ou boa durante o ano. Xunto ás carrozas participarán 14 agrupacións artísticas da cidade, do mundo do teatro, do circo ou da danza, como Ultreia, Alehop Teatro ou Os Quinquilláns. Outro aspecto a destacar da cabalgata é o seu carácter inclusivo, contando coa participación de integrantes da Fundación Down Compostela.
| 28 2
ALABAMA GOSPEL CHOIR AUDITORIO ABANCA
11 DE XANEIRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DESDE 23 €
Hallelujah! propón un percorrido intenso desde as cancións espirituais do século XIX, de profundas raíces relixiosas, ata unha homenaxe ás cancións de protesta e marchas pola liberdade, onde non faltan temas tan coñecidos como ‘Oh Happy Day!’. Vinte grandes voces da música negra farán vibrar ao público coa súa mestura de vitalidade e espiritualidade aderezada cos ritmos do funk e blues.
INAUGURACIÓN DE GLOBAL COMPLEXITY DE AMINE ASSELMAN
DESCONTOS HABITUAIS) Implicadas no Desenvolvemento celebra unha nova edición do IMPLÍCATE, o festival de música e palabra solidaria que serve para recadar fondos para os seus proxetos que desenvolven na India. Este ano teñen novas artistas solidarias de música, literatura, danza e teatro: MÚSICA: Mounqup e Atrás Tigre. LITERATURA: Alicia Fernández, Verónica Martínez Delgado, Ismael Ramos e Suso de Toro. TEATRO: ISI e Marta Iglesias DANZA: Xacarandaina Todo presentado por Yolanda Castaño e Mon Santiso. Tamén teñen fila cero para as persoas que non poidan asistir pero queiran colaborar.
170 ANIVERSARIO DA BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA
ZONA C
SALA SÓNAR
Amine Asselman indaga nesta nova intervención na Zona C na globalización e as fronteiras. ‘Global complexity’ é unha evolución de ‘Connected’ unha peza que Amine fixo en 2016 para o MULAFEST Madrid e que mostra a contradición da conectividade e a globalización fronte ás barreiras e as fronteiras. Entrada libre de martes a sábado de 16:00 a 20:00 horas e os domingos de 14:00 a 19:00 horas. O luns está pechado.
Ao longo desde 2018, a Banda Municipal de Música ofrecerá varios concertos especiais. Un deles será o 14 de xaneiro no que contarán coa colaboración do director da Banda Municipal de Barcelona e da Banda Municipal de Bilbao, José Rafael PascualVillaplana. Máis alá dos concertos, haberá outras actividades para conmemorar os 170 anos da Banda. Así, está prevista a gravación dun disco conmemorativo do aniversario, que
12 DE XANEIRO ÁS 20:00 HORAS | PREZO: GRATUÍTO
14 DE XANEIRO
Gastronomía & Cultura
must
ESCENAS DO CAMBIO 2018 DO 1 AO 10 DE FEBREIRO MUSEO CENTRO GAIÁS, BIBLIOTECA DE GALICIA, TEATRO PRINCIPAL, SALÓN TEATRO, SALA AGUSTÍN MAGÁN, CGAC A cuarta edición do Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción ‘Escenas do Cambio’, organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, traerá á nosa cidade un total de 13 espectáculos de cinco países diferentes (España, Portugal, Marrocos, Siria, Francia e Italia). A danza e a arte en movemento volverán a ter un papel destacado, non só pola cantidade, senón pola calidade dos espectáculos. Ademais, o teatro galego será tamén protagonista coa presenza de Estela Lloves, Félix Fernández, IlMaquinario e Voadora; que presentará neste certame a estrea en España de ‘Garage’, unha obra protagonizada por traballadoras de PSA Peugeot Citroën de Vigo. PROGRAMA: 1 FEBREIRO 20.30 Antonio e Cleopatra. Tiago Rodrigues. 2 FEBREIRO 10.00 Obradoiro de Sofia Días & Vitor Roriz. De balde, previa inscrición. 15.00 Espazo de encontro sobre teatro biográfico con Melania Cruz & Tito Asorey. FOGAR#1. Sesión 1. De balde, previa inscrición.
19.00 Una tirada de dados. Israel Galván, Pedro G. Romero e Filiep Tacq. 20.30 50 minutos de simulación programada. Félix Fernández. 3 FEBREIRO 15.00 FOGAR#1. Sesión 2. De balde, previa inscrición. 20.30 Garage. Voadora. 22.30 100% Oion. Concerto de Mursego (Maite Arroitajauregui). 4 FEBREIRO 15.00 FOGAR#1. Sesión 3. De balde, previa inscrición. 19.00 Finir en beauté. Mohamed El Khatib. 20.30 Reality. Daria Deflorian & Antonio Tagliarini. 8 FEBREIRO 15.00 FOGAR#1. Sesión 4. De balde, previa inscrición. 19.00 Miguel meets Karima. Miguel Pereira. 20.30 Light years away. Edurne Rubio. 9 FEBREIRO 15.00 FOGAR#1. Sesión 5. De balde, previa inscrición. 19.00 O tempo como dobrado un corpo. Estela Lloves. 20.30 Self Unfinished. Xavier Le Roy. 10 FEBREIRO 15.00 FOGAR#1.Sesión 6. De balde, previa inscrición. 19.00 Displacement. Mithkal Alzghair. 20.30 Concerto de Maria Arnal e Marcel Bagés.
1 FEBREIRO 20.30 Antonio e Cleopatra
3 FEBREIRO | 20.30 Garage. Voadora
10 FEBREIRO | 19.00 Displacement. Mithkal Alzghair
10 FEBREIRO 20.30 Concerto de Maria Arnal e Marcel Bagés
MÁIS INFO E VENDA DE ENTRADAS EN WWW.ESCENASDOCAMBIO.ORG
29 |
Pincha | Revista& 5Cultura Gastronomía
axend a se centrará na música galega, e tamén a organización dunha exposición sobre a historia da formación, en colaboración co Consorcio e que terá lugar na Casa do Cabido.
axend a proxeccións, votacións, premios do público e obradoiros cos que dar resposta á demanda dun público pequeno en tamaño pero grande en esixencias. O Museo Gaiás ofrecerá unha emocionante e amplísima escolma de curtas, moitas delas premiadas e seleccionadas nos festivais de cinema infantil, xuvenil e de animación máis importantes do mundo. Nesta segunda edición, ás seccións Miñocas (dirixida a rapaces de entre 4 e 8 anos) e Fanecas (de entre 9 e 12) engádeselle como unha categoría fóra de concurso, Vagalumes, orientada ao público de entre 0 e 3 anos, completando así unha oferta integral, que abarca todas as etapas da infancia.
CORO, BALLET E ORQUESTRA DO EXÉRCITO RUSO
Compostela, 1979), doutora en Antropoloxía social e cultural.
V FEIRA DE ANTIGÜIDADES, COLECCIONISMO E VINTAGE PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS DE GALICIA 26, 27 E 28 DE XANEIRO| PREZO: 3 €
AUDITORIO ABANCA
Quinta edición desta feira que trae as pezas antigas máis orixinais, traidas de recunchos exquisitos de todo o estado. Máis de 30 expositores de mobles, lámpadas, cobres, cristal, pintura, xoias, estilos vintage e retro, coleccionismo… mesturando tendencias, onde as pezas antigas cobran especial relevancia combinadas co máis moderno. Unha oportunidade de venda directa ao público, cun total de 25.000 pezas neste gran faiado. O domingo sortearase 1 peza entre os asistentes.
18 DE XANEIRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DESDE 27 €
Espectáculo trepidante no que máis de 100 artistas pasean polo escenario coas súas voces, os seus bailes e a súa música. O Coro, ballet e Orquestra do Exército de Ruso de San Petersburgo interpretan os temas máis coñecidos do folclore ruso, acompañados de espectaculares coreografías e cegadores vestiarios. Enerxía e harmonía danse a man neste espectáculo capaz de conmover a asistentes de calquera idade, por iso xa o gozaron máis de 30 millóns de espectadores.
CONCERTO DE NASTASIA ZÜRCHER 26 DE XANEIRO ÁS 21:30 HORAS | PREZO: 12 € (10 € ANTICIPADA)
PEQUEFILMES 2018 MUSEO CENTRO GAIÁS 20 E 21 DE XANEIRO |
Volve ao Gaiás o festival de cinema que a cativada da casa levaba un ano agardando: Pequefilmes. Toda unha fin de semana de
| 30
SALA CAPITOL 7 DE FEBREIRO ÁS 21:30 HORAS | PREZO: 18 € The Fleshtones son unha das mellores bandas de Garage de todos os tempos. Liderados polo carismático Peter Zaremba, en activo desde hai máis de 30 anos e en plena forma, aseguran sempre diversión e Rock& Roll nos seus frenéticos concertos. Presentarán o seu último disco ‘Wheel Of Talent’.
CONCERTO TRIBUTO A LED ZEPPELIN
SALA CAPITOL
a cantante e compositora galego-suiza presenta en directo o seu segundo álbum de estudo, ‘beat’. Tras dous anos de xira e lanzamento da súa aclamada ópera prima, o seu álbum debut titulado ‘my flight’ co que obtivo gran recoñecemento e acollida, Nastasia presenta o seu novo traballo musical composto integramente por obras propias e baixo a mirada do produtor e músico-compositor galego Adrián Saavedra. Temas de onda moderna e groove descarado con aires de neo-soul, r& b contemporáneo, afro-pop-folk e músicas do mundo, nunha produción elegante, grande e coidada sobre a que repousa a xa inconfundible voz de Zürcher.
CONCERTO DE THE FLESHTONES
SALA MALATESTA 10 DE FEBREIRO ÁS 22:00 HORAS | PREZO: 23 €
FILOCAFÉ CAFETERÍA DO CGAC 4 DE FEBREIRO ÁS 18:30 HORAS | PREZO: DE
BALDE Os filocafés son conversas públicas enfocadas desde un punto de vista filosófico nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde calquera área ou nivel de coñecemento. Esta sesión estará dirixida por Beatriz Bustos Miramontes (Santiago de
Letz Zep son considerados hoxe en día como o mellor grupo tributo a Led Zeppelin, dentro e fóra do Reino Unido. Non son un exercicio de nostalxia, senón da rebelión contra o tempo; un berro de representación do corazón contra a mediocridade e o esquecemento. Unha banda formada por 4 músicos ingleses de enorme talento, experimentados e con todo o necesario para levar a cabo a tarefa de achegar a música de Led Zeppelin ás novas xeracións. Serán dúas horas de puro Hard Rock, interpretando as cancións máis emblemáticas do seu repertorio.
3|
Pincha | Revista 1 Gastronomía & Cultura
axend a a mentira e a confusión serán a base do xogo, onde os distintos espazos mudarán á vista do espectador, onde riremos de todo e de todos, ata de nós mesmos.
DIRECTO DE LOS REYES DEL K.O. SALA CAPITOL
máis brillantes da canteira de Vic, Núria Graham empezou a chamar a atención con ‘Bird Eyes’, un espléndido debut de folk e rock a pan seco que a levou a virar por Portugal, Holanda e Inglaterra e a compartir escenarios con St. Vincent e Unknown Mortal Orchestra. Un ano despois daquelo, a cantante e compositora catalá reapareceu o ano pasado con ‘In The Cave’, un EP que apostaba por un son máis contundente e directo para achegarse a nomes como Come ou PJ Harvey. Agora presenta ‘Does it Ring a Bell?’, o seu traballo máis persoal.
déixate caer
10 DE FEBREIRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: 18 €
A lendaria banda de blues, unha das máis potentes a nivel estatal e prestixio e premios internacionais reúnese sete anos despois do seu último concerto. Adrián Costa e Marcos Coll estarán acompañados de grandes músicos, como Christian Rannemberg, considerado como un dos mellores pianistas do mundo; Julian Vaugh, batería que acompañou a mitos como Albert King e B. B. King desde EEUU e o respetadísimo baixista de blues David Salvador.
II FERIA GOYESCA ZONA VELLA COMPOSTELÁ 16, 17 E 18 DE FEBREIRO
A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental organiza a II Feira Napoleónica Goyesca. O obxectivo que persegue este evento é dinamizar a zona monumental en datas de baixa intensidade para o comercio e a hostalería, así como facilitar aos veciños do barrio unhas xornadas festivas e cheas de actividades para todos os públicos. Durante os tres días que durará a feira, recrearase a histórica Batalla do Campo de La Estrella, onde a División do Miño, capitaneada por Martín da Carreira, enfrontouse na capital de Galicia ás tropas do Xeneral francés Maucune, derrotándoas e creando unha situación propicia para a expulsión de Galicia do exército de Napoleón Bonaparte. Ademais das actuacións programadas, desenvolveranse talleres e actividades para os máis novos ao longo de toda o casco histórico.
Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a: redaccion@revistapincha.gal
Axenda suxeita a posibles modificacións.
O SERVIDOR DE DOUS AMOS
Consulta novidades en revistapincha.gal
TEATRO PRINCIPAL 14 DE FEBREIRO ÁS 20:30 HORAS
Talía Teatro presenta unha revisión do clásico O servidor de dous amos, un dos textos inmortais da historia do teatro. Convertido no referente por excelencia da Commedia dell’Arte, atoparedes aquí unha reinvención da obra de Goldini que respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal, pero que busca tamén incorporar novas formas de teatralidade. Oito intérpretes desenvolverán en escena un espectáculo de gran formato onde todo será posible, onde
|4
NÚRIA GRAHAM EN CONCERTO SALA SÓNAR 23 DE FEBREIRO ÁS 22:30 HORAS | PREZO: 7,35 € Talento precoz da escena catalá e unha das perlas
e goza de toda a liga Prz. Matadoiro 3 @mataderosantiago
31 |
Pincha | Revista 5
directo rio Bares/Cafeterías Restaurantes Outros
Praza do Matadoiro 3 Santiago de Compostela
L e M: 12:00 a 00:30 Me e X: 12:00 a 1:30 V e S: 12:00 a 02:30 Domingos Pechado
De L a S de 9:00 a peche Domingos pechado
T. 981 556 344 - quedamosenlaflor.com
T. 881 031 403
Rúa da Caldeirería, 42 Santiago de Compostela
Caldeirería 49 baixo Santiago de Compostela
L a S de 7:30 a 23:00 (V e S a 1:00) D de 9:30 a 22:00
De L a Me e D de 8:00 a 23:00 X a S de 8:00 a 1:00
@Cafe_Serendipia
T. 981 569 290
T. 981 566 980
Rúa de San Pedro 16 Santiago de Compostela
Rúa Sempre en Galiza 1 Santiago de Compostela
Cantón de San Bieito 5 Santiago de Compostela
De L a S de 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 00:00
De M a D de 10:00 a 00:00
Todos os días de 10:00 a 00:00
T. 981 592 399 www.restauranteferro.com
T. 628 177 128 www.vinotecacasapepe.com
T. 981 577 633 - www.dezaseis.com
| 32
Casas Reais 25 Santiago de Compostela
Av. Rosalía de Castro 60 Milladoiro (Ames)
Rúa de San Roque 13 Santiago de Compostela
De L a X de 8:00 a 23:00 V de 8:00 a 1:30 D de 9:00 a 23:30
De L a V de 9:00 a 00:30 S e D de 10:30 a 16:00 - 19:00 a 00:30
Instagram: @abarberiacafe
T. 981 564 379 - bodeguilladesanroque.com
Rúa Nova 36 Santiago de Compostela
Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela L a V: 06:00 a 00:00 Sáb., Dom. e festivos: 06:00 a 15:00 T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com
Gastronomía & Cultura
Avda. Benito Vigo 70 A Estrada M a X de 9:30 a 00:00 V e S de 9:30 a 1:30 D de 9:30 a 00:00 T. 981 571 226 - argentinosburguer.com
Virxe da Cerca 7 - Baixo Santiago de Compostela
Rúa da Raiña 4 Santiago de Compostela
De Me a S de 13:00 a 16:00 e de 20:30 a 23:30 Ma e D só mediodía
De 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 1:00
T. 981 562 314 - www.restauranteatafona.es
T. 981 572 257 www.restaurantesanjaime.com
ALBERGUE HOSTEL
CASTRO Rúa de San Pedro 120 Santiago de Compostela T. 981 589 600 www.amaceta.com
Rúa Fonte de Santo Antonio 10-Baixo Santiago de Compostela T. 981 582 911 - info@videvide.net
F: VIDE, VIDE T: @vide_vide
Av. Ourense, 24 Palas de Rei Luns a Domingo de 12:00 a 23:00 T. 982 380 321 - alberguecastro.com
Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela
T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com Preguntoiro 35 Santiago de Compostela www.riquela.com
Avda. Rosalía de Castro 23 Milladoiro - Ames De L a V de 10:30 13:30 e de 17:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00
L a V: 9:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 S: 10:30 a 13:30 Domingos Pechado T. 981 937 515
Grupo
Crta. N-550, s/n Pazos · Padrón T. 981 811 312 - www.hscala.com facebook.com/hotel.scala
Rúa Mazarelos 4-5 Santiago de Compostela Jueves, viernes y sábados: 22:00 a 05:30 T. 696484123 - sonarcompostela.com
Rúa do Cubelo 27 Santiago de Compostela T. 981 552 352 - pandamoa.com obradoiro@pandamoa.com
33 |
Pincha | Revista 5
paga a pena Probar...
Por Vicky Morales
Muffins de Rosca con Froitos Vermellos
Esta é unha receita de aproveitamento, despois dos excesos destas datas, van quedando na casa restos de doces e moitas veces non sabemos ben que facer con eles. Coa máxima de “aquí non se tira nada” aproveitamos os restos da rosca ou roscón para facer estes deliciosos pasteis cos que imos triunfar en casa.
Ingredientes para 4 muffins 8 rebanadas grosas da rosca cortada en cadrados 2 ovos 100 gr. de leite 2 culleres de azucre moreno ¼ de culler de canela
A pel relada de 1 limón Amorodos, arandos ou a froita que teñamos por casa 80 gr. de azucre branco 800 gr. de auga.
Preparación: ✓✓ Prequenta o forno a 220º. ✓✓ Nun cazo verte o azucre branco e a auga, engade 4 amorodos cortados en anacos e leva a ebulición durante 8-10 m. Reserva. ✓✓ Nun bol mestura o ovo batido, o leite, o azucre moreno, a canela e a raiadura de limón. ✓✓ Dispón nunha fonte as rebanadas da rosca e verte por enriba a mestura empapando todo moi ben. Deixa repousar 3-5 minutos.
✓✓ Engrasa e enfariña unhas flaneras e coloca nelas as rebanadas de rosca, con coidado de que non rompan e sen esmagalas. ✓✓ Enforna durante 15 minutos, deben quedar douradas. ✓✓ Deixa arrefriar uns minutos e desmolda aínda tépedas. ✓✓ Serve tépedo ou a temperatura ambiente cos amorodos ou coa froita que máis che guste, mesmo podes acompañalos de nata ou xeado
...segue as propostas de Vicky en talle rd eazuca r.e s
VISITAR...
| 34
ler...
PROBAr...
a pista de xeo da Alameda
o libro ‘Comezar desde cero’
os pratos de A Sucursal
Xa é un clásico do Nadal compostelán! A pista de xeo permanecerá instalada no paseo central da Alameda ata o 28 de xaneiro. O horario de luns a venres é de 16:30 a 22:00 horas para o público en xeral. As fins de semana está dispoñible de 11:00 a 22:00 horas de maneira interrompida. Tamén hai sesións nocturnas os venres, sábados e vésperas de festivos, con horario de 22:00 a 2:00 horas. A entrada xeral é de 8 euros para unha sesión de 50 minutos.
‘Comezar desde cero. Voces de mulleres recuperando as súas vidas’, da educadora social Tania Merelas, inaugura unha nova colección na editorial Embora: Feminismo ou Barbarie á que lle desexamos longa vida. Libro totalmente recomendable que aborda a recuperación de mulleres vítimas de violencia machista desde un paradigma diferente ao habitual. Podes atopalo na Libraría de Mulleres Lila de Lilith, na rúa Travesa.
Ocupan o mesmo espazo que durante moitos anos foi unha sucursal bancaria, de aí o seu nome. Son especialistas en carnes, peixes, arroces e tamén tapas! Teñen un menú do día de 15 euros que inclúe dous pratos, agua, pan, sobremesa e café. Están moi preto do Mercado de Abastos e ofrecen tamén a posibilidade de levar os mariscos recén comprados na Praza e que os seus cociñeiros os preparen á prancha ou cocidos por tan só 5 euros!
www.ivanbarreiro.com