de Gastronomía & Cultura Revista de Revista Gastronomía & Cultura Nº 6 | marzo-abril 2018
Namórense do teatro! O Centro Dramático Galego e Talía Teatro traénnos espectáculos para non perder
Oliver Laxe, a enerxía de crear
isto_196x259.pdf
1
30/10/17
10:18
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
i sétoe e l
cr
Es #ocio, it is #leisure, il est #loisirs, é #lazer, es ist #freizeit …
Dise case igual en todo o mundo, pero é unha forma de gozar moi de Galicia.
SON SERVIZOS TURÍSTICOS CERTIFICADOS POR GALICIA CALIDADE
RESTAURANTE A PONTE RIBEIRA • A CARBALLEIRA RESTAURANTE • A TABERNA RESTAURANTE • ASADOR VACAVELLA • BAR BERBERECHO • BAR TAMARINDO • BODEGUILLA DE SAN LÁZARO • BODEGUILLA DE SANTA MARTA CORAL RESTAURANTE MARISQUERÍA • EIRADO DA LEÑA • LA POSTRERÍA • MESÓN A CEPA • O BARAZAL • O CURRO DA PARRA • RESTAURANTE A MIRANDILLA DE RINLO • RESTAURANTE BIDO • RESTAURANTE CANTINA RÍO COVÉS RESTAURANTE CARMEN • RESTAURANTE EL COTO RESTAURANTE CASA DE LOS PECES • RESTAURANTE CHICOLINO • RESTAURANTE EL REFUGIO • RESTAURANTE ESPAÑA • RESTAURANTE FINISTERRAE LA TORRE RESTAURANTE MARDIVINO ASADOR • RESTAURANTE O GRELO • RESTAURANTE YAYO DAPORTA • HOTEL ALFONSO IX • HOTEL BOSQUE MAR • HOTEL CAMPOMAR • HOTEL EGO / RESTAURANTE NITO • HOTEL PAZO DE ALTAMIRA HOTEL ROTILIO • HOTEL SPA NANÍN PLAYA • TALASO HOTEL LOUXO - LA TOJA • HOTEL AUGUSTA SPA RESORT **** SUPERIOR • HOTEL BLUE CORUÑA • HOTEL MONUMENTO PAZO DO RÍO • A PARADA DAS BESTAS • CASA DAS XACIAS CASA DE CACHEIRO • CASA RURAL ABADÍA EIRAS • CASA VIXIDE • O RINCÓN DA BAIUCA www.galiciacalidade.gal
galiciacalidadelecer.gal
Gastronomía & Cultura
ÍNDICE
EDITORIAL
Desde a butaca
C
ompostela é unha cidade que, por historia, Por Rebeca Munín ama o teatro. Grandes autores naceron e produciron na nosa cidade. Grandes obras se teñen representado nos nosos escenarios. Grandes actores e actrices santiaguesas aceptan unha vida chea de incertezas, inestabilidade laboral e traballo duro, a cambio de poder gozar dunha profesión fermosa. Son moitos os espectáculos que podemos ver cada ano na nosa urbe. Pero vivimos tempos mellores. A Sala Nasa, a Sala Yago, a Galán… hai tempo que deixaron de funcionar, aínda que xamais desapareceron da nosa memoria. Moitos todavía esperamos que algún día volvan a levantar o pano. A pesar das perdas, temos tamén motivos para alegrarnos. Neste número analizamos a situación con Fefa Noia, directora do Centro Dramático Galego, que en abril estrea o Divinas Palabras de Valle-Inclán (por primeira vez en galego!) con Chévere no Salón Teatro. Unha aposta que promete ser arriscada, pero que sería do teatro sen un chisco de risco? Tamén falamos cunha compañía compostelá, Talía Teatro, que cumpre 30 anos! Todo un logro que ben merece unha celebración. O número 6 de Pincha festexa tamén o quinto aniversario de Vide, Vide!, o espazo enocultural a onde acoden os nosos ‘catadores oficiais’ José Crusat e Lorena Costas. Parabéns! Ademais, entrevistamos a un dos directores máis exitosos do ‘Novo Cinema Galego’, Oliver Laxe; achegámosvos á cociña de O Ferro; e recomendámosvos boa música e algúns lugares para almorzar. E por primeira vez, escribimos sobre moda. Facémolo na nova sección Arte&Deseño na que queremos dar cabida a moitas expresións culturais que faltaban nas nosas páxinas. Sendo este o mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, non podíamos facelo doutro xeito que falando de prendas con mensaxes feministas. Esperamos que vos guste! #somospincha
Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal Deseño e maquetación: Alberto Seoane RSM Comunicación | rsmcomunicacion.com
Publicidade: Jéssica Pintor e Ruth Ríos publicidade@revistapincha.gal Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com Colaboran neste número: @JuanEAT_o, Ruth Ríos, César Varela, Jéssica Pintor, José Crusat e Lorena Costas
4 Benvidos ao teatro! #apapa r 10 Restaurante O Ferro d e cine 14 Oliver Laxe 666 rpm 17 Malraio d e ba res con jessi 1 8 E de almorzo, Compostela! a rte & d eseno 22 Camisetas MissRock Crusat & Costas 24 Quinto aniversario de Vide, Vide! 28 Axenda Compostelá 32 Directorios 35 Paga a pena reportaxe
Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017 www.revistapincha.gal Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha
Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.
3|
Xa comezaron os primeiros ensaios do ‘Divinas palabras’, dirixido por Xesús Ron. Foto: Xunta de Galicia.
reportaxe
|4
Seducidos polo teatro Por Rebeca Munín
Talía Teatro, de trinta aniversario, e o Centro Dramático Galego, a piques de estrear a adaptación de Chévere do ‘Divinas palabras’ de Valle-Inclán, traballan para atraer e consolidar ao público de hoxe en día. Listos para ocupar as butacas? 5|
Pincha | Revista 6
reportaxe Escena de ‘O servidor de dous amos’ de Talía Teatro.
Foto: Iván Barreiro.
S
ube o pano e diante de nós, un, dous, dez… - non importa o número – de actrices ou actores sobre un escenario contándonos unha historia. O que alí suceda non se volverá repetir. Ese momento, por moitas representacións que haxa, está vivo. É único. Paga a pena sentilo, non si? Pois o certo é que o teatro non seduce a tanta xente como quixera. Detrás de cada obra hai moito traballo, pero non sempre é o suficientemente recoñecido. Pequenas compañías, como a compostelá Talía Teatro, ou incluso as que contan co sustento da Administración Pública, como o Centro Dramático Galego (CDG), deben esforzarse diariamente por consolidar e atraer novos públicos. E iso que, tal e como retrata Fefa Noia, directora deste último, se como espectador tes unha boa experiencia, “é algo que marca de por vida. É unha experiencia vital. E iso é un bombonciño! Un tesouro!”. |6
“Si que hai compañías que teñen un público garantizado, como os Chévere, Mofa e Befa... A outros cústanos máis porque non temos esa marca ou eses premios e recoñecementos que teñen eles. Necesitamos que haxa programacións estables e ter máis presenza. Poder estar máis dun día por espazo, para que exista o boca a boca e que a xente poida dicir: “Ostras, onte fun ver un espectáculo marabilloso. Non o perdas!”, opina Artur Trillo, director de Talía Teatro. De cara a aumentar eses públicos, o CDG ten posto en marcha varias iniciativas. Por un lado, o Salón Teatro, a súa sede, dará comezo ao proceso para converterse nun teatro accesible. Arquitectonicamente xa o é, pero como primeira fase, ofrecerase o servizo de amplificación de son por medio de auriculares para as persoas con capacidade auditiva reducida. Un segundo paso será adaptalo para invidentes. “E máis
Gastronomía & Cultura
adiante iremos vendo máis polo miúdo outro tipo de particularidades”, explica Fefa. Tamén buscan atraer aos máis pequenos programando obras para público infantil e engadindo un novo servizo: os domingos de conciliación. Trátase dun taller de artes escénicas para cativos de entre 5 e 12 anos na Fundación Granell que se densenvolven os domingos mentres os pais e nais gozan coa función. Co mesmo obxectivo de achegarse aos espectadores de hoxe en día, o CDG escolleu a Xesús Ron, de Chévere, como director da súa principal produción neste 2018. “É unha das nosas compañías emblemáticas, Premio Nacional de Teatro, cunha calidade indiscutible. Exploraron diversidade de formatos, teñen unha dimensión social coa que eu estou moi de acordo, e aliméntana ademais na súa actividade. Pero ademais de todo iso souberon entender que hai que coidar moito ao público”, sinala Noia. “Seguramente fagamos unha barbaridade”, apuntou entre risos Ron durante a presentación da programación do CDG a finais de decembro. “Iso para min é un humor típicamente galego!” – asegura Fefa cun sorriso cando lle pregunto se hai medo polo que poidan facer – “O que eu leo das súas palabras é que asumen riscos e iso está moi ben. O teatro sen risco, sería teatro morto”, engade. Coa posta en escena deste clásico revisado, que se estreará en Santiago o vindeiro 12 de abril, saldarase ademais dalgunha maneira unha débeda pendente. E é que no momento da fundación da compañía institucional en 1984, non se puido levar a cabo ao non dispoñer dos dereitos para a súa tradución ao galego. Xunto con Xesús Ron, incorporáronse ás primeiras sesións de traballo os nove integrantes do elenco: Patricia de Lorenzo e Manuel Cortés, nos papeis protagonistas de Mari Gaila e Pedro Gailo, e Antón Coucheiro (como Sétimo Miau), Borja Fernández (Miguelín), Mónica García (Marica del Reino), Tone Martínez (Pedáneo), Victoria Pérez (Tatula), Ánxela Ríos (Simoniña) e Tomé Viéitez (Laureano). Estes sete últimos intérpretes foron elixidos tras superar un proceso público de selección para o que o CDG recibiu 169 solicitudes.
Fefa Noia leva tres anos dirixindo o Centro Dramático Galego. Foto: Iván Barreiro. Ao tempo, o persoal técnico da compañía da Xunta de Galicia traballa xa co resto do equipo artístico de Divinas palabras para comezar a darlle forma a esta “traxicomedia de aldea”, como a subtitulou o propio autor, da que o CDG ofrecerá unha adaptación desinhibida e actual que poderá verse en Santiago ata o 29 de abril.
Fermosa pero moi dura Representando obras en galego, e desde fai xa trinta anos, temos a Talía Teatro. Unha compañía que naceu como afeccionada no 1988 e que no 1996 converteuse en profesional. Desde entón a máxima preocupación
Fefa Noia: “O teatro sen risco, sería teatro morto”
7|
Pincha | Revista 6
Artur Trillo: “Necesitamos que haxa programacións estables para atraer a máis público” O mesmo opina Fefa Noia que, ademais da inestabilidade laboral, apunta a esa sensación de que os que se dedican ás artes escénicas en realidade non traballan. “A pregunta que escoitamos moito os profesionais do sector é: ‘E segues facendo teatro?’. Cando a ninguén lle preguntan: ‘E segues facendo Mediciña?’ ou ‘Segues sendo avogado?’. Facer teatro parece que non é traballar de todo. E non é así. Si é divertido, si é apaixoante, por iso o facemos, pero é moi esixente”.
Artur Trillo é o único membro de Talía Teatro que permanece na compañía desde a súa formación no 1988. Foto: Iván Barreiro.
do seu director, Artur Trillo, foi a de lograr a máxima estabilidade para os seus membros. Por iso contan cun repertorio amplo, que inclúe obras para público infantil, xuvenil, adulto; dramas, comedias; con grandes elencos, proxectos máis pequenos… A maior parte deles, ademais de estar actuando en espectáculos, dan clases de teatro en escolas municipais. Están en vilas como Cee, Vimianzo, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Rois, Ames, Carballo… “Esta é unha profesión de moita vocación, de paixón, da que gozas… Pero tamén é moi dura. Dura por inestable. Dura por imprevisible. Dura porque non hai mecanismos de continuidade, non hai unhas redes de exhibición suficientes para que a actividade sexa permanente”, sinala. |8
Pero máis que por unha cuestión de respecto, ambos coinciden en que falta coñecemento. “Hai xente que se levaría moitas sorpresas se vise o que custan as cousas. Non só a nivel económico, senón a nivel tempo. Unha escena que dura un minuto, poden pensar que se fixo na última media hora e ao mellor levamos unha semana enteira facéndoa. Un deseño de luces ao mellor é un traballo das últimas tres semanas. Un espectáculo de máis ou menos unha hora e media leva ensaiar un mes e medio ou dous meses, todos os días, seis, sete ou oito horas diarias. Son pequenas cousas que cando non coñeces unha profesión por dentro, non podes valoralo”, asegura Trillo. Nese senso, cobra especial relevancia que unha compañía coma a súa permaneza en activo tres décadas. Para celebralo, están a xirar – despois da súa estrea en Santiago no mes de febreiro – cunha nova obra: ‘O Servidor de dous amos’. É unha revisión dun clásico da Comedia da Arte italiana, obra de Carlo Goldini, que dirixe Diego Rey. “Aínda que o texto orixinal fala de relacións amorosas, nós transformámolas en relacións empresariais e coa das José e Tina, cunha súaspunto tortillas recénnon Administración. Sempre desde un de vista Foto: Iván Barreiro. feitas. de denuncia, senón de retrato da realidade en clave de comedia de algo moi actual como é a corrupción”, conta Artur.
Gastronomía & Cultura
Teatro, danza e #posfunción na programación do Concello Ademais, teñen por diante organizar unha boa festa! Pero antes, virá a súa participación na gala dos XXII Premios de Teatro María Casares, o próximo 21 de marzo en A Coruña, e a conmemoración do quince aniversario da estrea de ‘Bicos con lingua’, a súa obra máis exitosa, que se representará o 25 de abril na nosa cidade.
Formación e apoio aos novos autores Como compañía pública galega, o CDG preocúpase tamén de ofrecer unha programación integradora e plural (que podes consultar en detalle na súa páxina web centrodramatico.gal) e de desenvolver diferentes actividades de formación continuada para os profesionais da nosa escena. Por outra banda, ten en marcha un programa de apoio, fomento e promoción da dramaturxia galega contemporánea. A abeiro desta iniciativa, naceu o grupo de traballo DramaturXA, dirixido por Manuel Lourenzo. Foron seleccionados dez autores e autoras coa fin de reflexionar sobre a identidade galega e de escribir candansúa peza teatral. De entre todas elas, elixiranse tres para seren levadas a escena conxuntamente como nova produción propia do ente. “Temos moito talento por explotar e moito ao que hai que dar visibilidade”, conta Fefa. “Por exemplo, cada ano facemos unha colaboración cunha produtora de Madrid para que no Torneo de Dramaturxia que fan anualmente leven a un autor o autora galega. Porque hainos magníficos pero non se coñecen. Eu falo con esta produtora para facerlles as propostas de posibles autores e autoras e a metade dos nomes non lles soan. Eso temos que solventalo tamén”, lamenta. A directora ten claro que se se ten que facer unha exploración escénica da identidade galega, o Centro Dramático Galego ten que levalo a cabo. “Hai determinados tópicos que se converten case en discursos dogmáticos. E, ás veces, paga a pena pararse, revisalos, e ver realmente con que nos identificamos hoxe en día”, afirma. Ese é o principal reto do CDG para esta tempada. De aí o seu lema acompañado da imaxe dun paraugas do revés: ‘Xa non hai que dicir que chove’. O que hai que facer é ir ao teatro. Coñecelo. Respectalo. Pero, sobre todo, amalo. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
A Concellaría de Acción Cultural compostelá programou 18 espectáculos para o primeiro semestre deste ano dentro do seu ciclo de Teatro&Danza. A escolma garda lugar para a comedia e o suspense, a reflexión e a subversión, e combina propostas para público adulto con outras pensadas para toda a familia. Apóstase por unha presenza estable de compañías galegas, moitas delas con varias funcións por espectáculo. Nese sentido, convídase ao público a sumarse a reivindicación do compromiso coa nosa cultura en redes sociais a través do uso da etiqueta #euvexoteatrogalego. Tamén poderemos ver dentro deste ciclo espectáculos potentes da escena española e portuguesa, con obras en moitos casos ligadas a temáticas actuais, nun convite á reflexión sobre realidade social e a aprendizaxe en colectivo. A nova programación outorga un lugar destacado á danza, especialmente nos meses de abril e maio. Precisamente a finais de abril, concretamente o domingo 29, conmemórase o Día Internacional da Danza e nesa fin de semana as salas do Concello súmanse á celebración desta arte. Desde a concellaría de Acción Cultural séguese a traballar no sentido de enriquecer a experiencia do público e ir máis alá da asistencia ao espectáculo. Así, realízanse actividades paralelas e proponse por primeira vez a #posfunción. Trátase de que ao remate de determinadas funcións se celebre unha conversa aberta con creadoras e artistas na que poder coñecer da súa man os pormenores da historia que se nos presenta e descubrir o proceso que conduciu á creación de cada peza. Ademais, convídase ao público a comentalas sempre nas redes sociais coa etiqueta #posfunción. LE AS ENTREVISTAS COMPLETAS DE FEFA NOIA E ARTUR TRILLO EN REVISTAPINCHA.GAL
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
9|
Pincha | Revista 6
#apapa r
CACHUCHA DE PORCO CELTA CON NAVALLAS E VERDURAS EN O FERRO A historia de O Ferro remóntase a máis de 20 anos atrás, cun local no centro de Santiago de Compostela, unha recoñecida xamonería e tapería que no ano 2009 trasladouse a unha zona residencial de nova construción moi próxima ao Hospital Clinico Universitario. Foi no 2011 cando o chef José Antonio Brenlla recuperou o proxecto para convertilo nun restaurante de cociña tradicional con toques de autor.
Foto: Iván Barreiro
Tanto en carta como no seu menú ofrecen sabores atlánticos de produtos de tempada nos que prima sempre a calidade. “En Galicia dispomos da mellor materia prima, simplemente non hai que maltratala...”, comenta Brenlla. Gañador de varios premios no concurso de tapas compostelán Santiago(é) Tapas, o cociñeiro goza tamén mostrando o seu bo facer en formato pequeno. Así, na parte de bar do seu local, podemos degustar algúns dos seus pratos en forma de medias racións ou petiscos. Para o noso colaborado @JuanEAT_o preparou unha das súas propostas propias da época, un prato contundente e moi visual do que nos fala a continuación. | 10
Datos Lugar: O Ferro Rúa de Sempre en Galiza, 1 Santiago Prato: Cachucha de porco celta con navallas e verduras Prezo: 14 € Valoración:
Gastronomía & Cultura
Por @JuanEAT_o
D
esta vez os de Pincha leváronme #apapar a un restaurante alonxado do centro da cidade pero para o que paga a pena desprazarse de cando en vez. En O Ferro atopei un local grande pola súa cociña, nas mans do chef José Antonio Brenlla, que nos últimos anos obtivo diversos premios en concursos gastronómicos composteláns. Gustaríame comezar esta crítica recalcando a visualidade do prato. A verdade, e como podemos comprobar na fotografía que fixo o meu compañeiro Iván Barreiro, chama moito a atención a súa presentación. É unha proposta colorida, cunha coidada colocación de cada un dos elementos. Todo parece estar posto no seu sitio. Aínda que a priori puidera semellar pouca cantidade, asegúrovos que é un prato contundente (Claro está, no meu caso, para tomar despois duns entrantes! hehehe). Pero falemos dos produtos. A protagonista é a cachucha de porco celta, que é unha carne parecida á do porco ibérico. Comín orella, morro e papada. A preparación das pezas con esa confitura penso que é o punto forte desta proposta. Dálle unha consistencia a carne, a cal estaba no seu punto, e a graxa desfacíase na boca, podendo así gozar dun intenso sabor. Todo ía acompañado de navallas, aínda que contou José Antonio que dependendo da tempada, pode facelo con zamburiñas. Leva ademais algunhas verduras, das que destacaría o punto que poñía o mini allo porro e o pak choi, unha verza asiática. O kimchi debaixo das pezas de carne tamén lle daba un toque exótico. Estando en época de cocidos, a verdade é que foi unha grata sorpresa poder gozar dunha maneira diferente dunha comida de sempre. Recomendo que o probedes e vos deixedes levar tanto coma min. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
@JuanEAT_o analizando o prato de O Ferro antes de papalo. Foto: Iván Barreiro
11 |
Pincha | Revista 6
#apapa r JOSÉ A. BRENLLA
“Un prato ten que entrar polos ollos pero o máis importante é o sabor” Por Rebeca Munín
T
ras estudar en Lamas de Abade, traballar no Gran Hotel da Toxa e levar os mandos dos fogóns no Hesperia Bilbao, José Antonio Brenlla decidiu dar forma ao seu propio proxecto no 2011. Escolleu un clásico local de tapas compostelán, O Ferro, ao que transformou nun restaurante no que dar forma á súa cociña, na que o produto fresco de tempada sempre está “Ás veces necesito presente.
desconectar, pero na cociña é onde son máis feliz”
Son sete anos xa á fronte de O Ferro. Que evolución viviu o restaurante neste tempo?
A verdade é que estou supercontento porque foi de menos a máis. Os primeiros anos foron complicados, duros. Non te coñecen. Non cambiei o nome ao local. Viña cun tipo de cociña que quería plasmar e atopeime con que tiña que adaptarme ao sitio onde estamos. Pero todos os anos fun subindo e estou feliz coa evolución. Que tipo de clientela vén ao Ferro? Porque non estades nun lugar turístico nin moi céntrico.
Teño a sorte de que está o Hospital Clínico ao lado. Durante a semana temos unha clientela fixa cun menú executivo de 15 euros, con viño, refresco e café incluído. Pero tamén vén moita xente do centro, doutras zonas de Santiago e incluso de fóra da cidade. Por aquí pasa o Camiño Portugués e sempre cae algún turista. Defines a túa cociña como tradicional con toques de autor…
Si. Ao fin e ao cabo intentas facer un tipo de cociña que che guste pero que tamén guste ao cliente. Hai pratos que podes traballar moito pero ao mellor non teñen unha saída comercial. Que é para ti o máis importante á hora de elaborar un prato?
O sabor. Eso primeiro. Traballo sempre con produto fresco. E despois, que entre tamén pola vista. Dentro das posibilidades que hai, intento coidar bastante o aspecto visual dos pratos. En que te inspiras á hora de crear?
A min gústame moito traballar sobre a marcha. Probar diferentes cousas. E co meu equipo sempre vou sacando
José Antonio Brenlla, no interior de O Ferro. Foto: Iván Barreiro
ideas. Tamén vou probar cousas a outros restaurantes. Canto tempo pasas na cociña?
Buf! Moitas horas! E todos os días. Só pechamos os sábados. Se cociñas con sabor, con mollos, necesitas tempo. A min gústame traballar os produtos desde o principio. E boto horas! Pero tamén é onde es máis feliz?
Ah, si! Iso por descontado. Realmente gústame moito desde que empecei. Ás veces chega a cansar un pouco e necesitas un momento de desconexión, de saír a pasear, achegarme ao mar... É unha profesión dura. Tes plans de futuro?
Non o sei aínda. Quédanme tres anos de contrato neste local e despois xa se verá. Poden pasar moitas cousas. Ideas sempre hai. Ofertas, cousas para facer en conxunto… Levo sete anos ao pé do cañón todos os días e ás veces tes que parar e pensar a onde queres ir, que queres facer. Ou probar cousas novas. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
| 12
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Antía Moure Instalación
GALICIA UNIVERSAL A ARTE GALEGA NAS COLECCIÓNS ABANCA E AFUNDACIÓN ORGANIZA:
FONDO GAIÁS DA EMPRESA GALEGA:
Exposición Museo Centro Gaiás Santiago de Compostela 16 mar—14 out 2018 Entrada de balde cidadedacultura.gal
Pincha | Revista 6
d e cine
| 14
Laxe, na libraría do Numax. Foto: Iván Barreiro
Gastronomía & Cultura
Novo Cinema Galego, a idade de ouro (III)
Por Ruth Ríos
Oliver Laxe, a enerxía de crear Escoitar ao novo Oliver Laxe (París, 1982) é coma escoitar a un mestre oriental reflexionando pausadamente sobre o cinema galego . A través dos recunchos do seu discurso, desciframos o seu pensamento sobre a verdadeira esencia do noso cinema, o seu o estado actual e o seu futuro. Advírtenos do éxito e tamén do perigo de acomodarse. Un autor que coñece o aplauso internacional; alabado en Cannes e polo sacrosanto Newyorker; que non traballa con actores profesionais senón con “persoas”; que descobre aos nenos “a enerxía de crear” e que cre que o cinema galego é máis clásico que nunca grazas á volta ao seu auténtico espírito. De novo o espírito, de novo o mestre oriental. “Mimosas” foi elixida como unha de las películas de 2017 polo Newyorker. Como te sintes? Ben, sobre todo vendo o resto das películas que están na lista, que son todas moi boas. Os críticos do Newyorker son duros. Xa “ Todos vós sodes capitáns” estivo na posición decimosegunda desta revista. Recoñecida en Cannes, logo polo Newyorker… A que cres que se debe o éxito da película? Ao traballo. Había unhas necesidades de facer esta película e iso se nota. Non hai segredos. A vida é moi xusta. Depende do amor e do traballo. Hai algo inmaterial en todos os xestos que facemos e que se acaba sentindo no traballo. “Mimosas” ten un estilo oriental que tamén se aprecia nas túas temáticas: o rural, a natureza…
Sénteste influenciado por algún director en especial ou polo cinema oriental? Oriente é o único espazo onde aínda existen certas inspiracións relacionadas co esotérico. O cinema é unha ferramenta de comunicación puramente esotérica, de transmitir algo sutil a través de proporcións. Hai autores occidentais dos que poderíamos dicir que o seu cinema é oriental, grazas a esta ferramenta esotérica. Por exemplo, Andrei Tarkovsky, Robert Bresson ou Yasujiro Ozu. Tanto en “Mimosas” como na próxima “Aquilo que arde” recorres a actores non profesionais. Que aportan ó teu cinema este tipo de actores? Verdade, algo único. Pero ante todo, traballo con persoas; aínda que traballase con actores profesionais, estaría traballando coa persoa dese actor. Primeiro atopo a unha persoa que me parece fermosa e a partir dese encontro escribo algo para esa persoa. Ou escribo un guión con personaxe e despois busco a unha persoa que teña o mesmo patrón, a mesma cicatriz interior. Nos dous camiños sempre traballo sobre unha análise intuitiva desa persoa e coa cámara intento acoller esa verdade profunda. Ao final encaixa persoa, relato, personaxe. No futuro traballarei con actores profesionais, o que pasa e que agora os proxectos non o requiren. Como ves o panorama audiovisual en Galicia? En xeral ben. Penso que a esencia galega está
"O cinema é unha ferramenta de comunicación puramente esotérica"
15 |
Pincha | Revista 6
d e cine
marcada pola relación coa natureza e que se está recollendo nas nosas películas. Antes había demasiada copia doutros cinemas. Era un cinema intrascendente. Sin embargo, agora xurdiron novas sensibilidades, novos guerrilleiros, que fixeron pelis que tiraron dos festivais (hai moi bos festivais en Galicia), que a súa vez empuxaron aos cineastas; creáronse novos públicos, hai unha nova camada de produtores... Apareceron ademais vasos comunicantes entre cineastas, críticos e programadores, o que foi bastante fértil, e incluso temos distribuidores como Numax. Tamén as administracións seguiron esta sensibilidade. Cada vez somos máis hexemónicos. Pero tamén hai certos perigos. Temos que ver como podemos trascender certo escapismo hacia á natureza, de forma que non se converta nunha zona de confort. Deberíamos trascender a nosa propia mirada e a maneira de producir; ser ambiciosos sen selo; facer películas con máis tempo e fondos para crecer sen perder a identidade. A maior parte dos directores que entrevistamos para esta serie caracterízanse polo cosmopolitismo. Estudaron ou desenvolveron a súa carreira fóra de Galicia, triunfan en festivais internacionais, aínda que seguen vencellados á terra. Cres que hai que marchar para volver? Non me parece imprescindible ter que saír de Galicia (Oliver enlaza aquí cunha reflexión sobre o espectador para facer entender que o cinema galego actual é fiel a sua esencia aínda que os seus autores estean en Madrid, Barcelona ou Nova York). O espectador está moi atrofiado. Se lle ninguneou desde a produción cinematográfica polo que aquí o difícil foi entroncar coa esencia do noso cinema. Agora en realidade o cinema que facemos é clásico. Oliver se define a sí mesmo coma “clásico”. Paradóxicamente, “París “ é o título da última curtametraxe de Oliver antes de “Todos vós sodes capitáns” e á que lle teñe especial cariño. Foi o seu primeiro éxito. De novo, o cosmopolitismo. Fálanos do proxecto de curta en Os Ancares. Como foi a túa experiencia cos nenos? Traballo moito en colexios e institutos. Traballamos en tres | 16
Oliver Laxe triunfa coa súa película “Mimosas” Foto: Iván Barreiro
"Deberiamos facer películas con máis tempo e fondos para crecer sen perder a identidade"
sesións durante un periodo de seis meses. Trátase de divertirnos e de que os nenos entendan o que é un proceso creativo de maneira inocente e lúdica. A idea é que sintan a enerxía de crear. Sentámonos en círculos e dígolles que estamos coa caña de pescar a ver que ideas pican. Eles mesmos acaban creando. É unha viaxe fermosa. E que hai do teu próximo proxecto, “Aquilo que arde”? Queremos recoller certas texturas do rural, silencios, miradas, hábitos… Penso que todos os galegos temos imaxes das nosas casas en xestos cotiáns. Queremos capturar xestos de fraxilidade nun contexto de decadencia, de deriva mecanicista e racionalista na que estamos. Queremos falar desa tensión entre un mundo que está a morrer e outro que é un cadáver. A modernidade é un zombie. Esta loita entre dous mundos contrapostos chegará no 2019. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha 'Novo
Podes ler as entrevistas completas sobre Cinema Galego' en REVISTAPINCHA.GAL
Revista de Gastronomía & Cultura
Gastronomía & Cultura
666 rpm Por César Varela
O s c ompo steláns Mal r ai o d e st ap a n o s e u pr imeir o me n ú take away
C
ociñeiros de melodías protésicas en estado de gravidade. Amantes do mundo visceral latexante e bombeante. Non son primeirizos, e iso nótase só con escoitar os primeiros acordes. Agora viaxan no tempo e sacan pasear ao animal que levan dentro, onde pasado, presente e futuro non son mellores, nin iguais, senón distintos. Cando se atopan mal, o corpo pídelles turismo e saen a enganar ao mecanismo. Compostela e Varsovia non son tan distintos, á vista está o cambio climático. Así son Malraio, catro veteranos da escena compostelá, que levan desde pricipios dos 90 traballando en diferentes proxectos do underground musical da nosa cidade.
exquisito menú que nos teñen preparado en Prótese, o seu primeiro E.P. Chámalle Post Hardcore, Pop Pantanoso, ou coma se os Mission of Burma, Hüsker Dü, Fugazi e os Wire estivesen sentados na mesma mesa saboreando uns pratos que foron cociñados a lume moi lento. Atmosfera, guitarras envolventes, melodías vocais, letras que te farán reflexionar e viaxar no tempo. Se non che entran á primeira volta, dálle dúas máis. Eu cada vez que os poño a xirar de novo, desfruto máis da viaxe. Malraio é coma un boomerang que viaxa no tempo. A primeira rolda está paga, se queres o menú completo, iso corre da túa conta. Ademais, como reparten en pequenas doses, non che dará tempo a empachar e así agardarás con ansia a súa próxima ración de rock. Non é por repetir reposteiro, eles saben perfectamente en mans de quen deixan os seus ingredientes para darlle forma ao seus tremendos pratos. O señor Tomás Ageitos, Gran Chef posuidor de varias Estrelas Michelín, é o encargado de empratalos nos altos fornos de A Ponte, onde desde logo conseguiu darlles o punto exacto para que arrecendan así de ben.
Jaime Pombo, guitarra, pasou por formacións compostelás coma Fulsomes, The Lorchas ou Mato Grosso. Manu Raña, tamén guitarra, tocou nos Gintonics. Jacobo Iglesias, batería que formou parte dos Samesugas e The Lorchas, e Roi Fernández, baixo e voz, anteriormente en Stay Pretty, The Homens, Mato Grosso e Grampoder, levan anos elaborando e perfilando a fórmula segreda. Tipos nos que podes confiar. Sabes que fagan o que fagan, sempre van ofrecer un produto de calidade. Xente que levas vendo desde hai trinta anos degustando cócteles e menús selectos en coñecidos restaurantes e locais de Compostela. Desapercibidos pasan, xa que son músicos honestos, 0% postureo e 100% calidade e elegancia musical. Aparentemente, nunca pensarías que forman parte dunha banda de rock, mais aí os están, e ao igual que eles degustan os teus pratos, ti tamén deberías atreverte a probar o seus. Non teñen desperdicio!
Ao contrario doutras bandas, non son moi de asinar discos, así que, editan o seu primeiro lanzamento nun envoltorio bastante compricado de asinar a todo fan que se precie, mais sempre che buscarán un oco. Despois da súa presentación en xaneiro deste ano na Gentalha do Pichel de Compostela, polo momento non hai máis concertos á vista, aínda que deberías seguilos no Facebook, para estar ao corrente das próximas novas e poder conseguir o seu protésico menú para levar. Coidado que queima! Din que o chocolate é o substituto do sexo. Cambiarás de opinión despois de escoitalos no Bandcamp (malraio.bandcamp.com). Malraio é o novo substituto do sexo. Pincha
Tyskie é o seu primeiro sinxelo, un delicioso entrante que serve para máis tarde degustar o
Revista de Gastronomía & Cultura
Fotos: Malraio
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
17 |
Pincha | Revista 6
d e ba res con jessi Por Jéssica Pintor
O bufete do Pazo de Altamira móntase cando abre o hotel. Se non, está o almorzo ‘exprés’. . Foto: Iván Barreiro.
Almorzando. E de almorzo, Compostela!
O
almorzo non sei se é a máis importante, pero ser é a primeira comida do día, por iso hai que escoller onde e como gozala, ‘como Dios manda!’. E eu, na capital galega, recoméndovos almorzar a cidade. Si, si, de almorzo, Compostela!! Non é ningún poema. E un exercicio meditado, que en Pincha sómosche moi de bares... Hai que percorrer as rúas que estruturan o núcleo vello santiagués, tes que dar pasos firmes, pero ao xeito, pola esencia e efervescencia do pobo e escoller esa mesiña, adornada con flores e lousa de Sargadelos, situada xunto a unha ventá con vistas a un cachiño de ceo... Do
| 18
noso ceo picheleiro! Comezo polo Pazo de Altamira, por si non vos derades conta (chisco, chisco ;) Segundo abres a porta, xa che recibe un dos sorrisos máis pícaros e entrañables de todo Santiago. Si. É Julio! Ademais de facer un café que cura as feridas da alma, faite rir, porque o mereces! Todos merecemos almorzar aquí algunha vez! Con café e pan recen traído (de fariñas diferentes, de masa nai), marmelada que fan eles (de fresa, de laranxa amarga con cravo, de plátano, segundo a tempada), froita fresca (mercada na Praza, claro!), tomates, aceite de oliva da Ribeira Sacra, cereais, iogures galegos, embutidos ibéricos, zumes (laranxa, arándanos),
Gastronomía & Cultura pastelaría e queixos galegos. (Os queixos son cousa fina!! Telos tamén como sobremesa, na carta. Non mo contaron, cominos... Todos!). E as vistas? Para privilexiados: Ao trequele, trequele da Praza de Abastos. Aquí almorzan todos os que nos provén cada mañá de deliciosos manxares no mercado compostelán. De aquí para alí, traen e levan as cuncas e
almorzo, ou ao persoal do Pazo de Altamira que ten un saleiro que mete medo! (Non repito nomes, que todo se sabe... jajaja) Tamén hai que observar á variedade de sementes que teñen para as infusións. Ata teñen unha especial para os catarros, feita con eucalipto, romeiro e regaliz! Está todo estudado e detallado, para que teñas un almorzo especial, artesán, singular e diferente. Non
No Blu serven o café nunha preciosas cuncas de porcelana. Foto: Iván Barreiro.
o peixe e verdura que logo comerás no menú do Pazo. é a cantidade é a calidade, o calorciño do comedor e o Tamén almorzan xuntas familias, veciños, turistas de agarimo de quen cho sirve! todos os recunchos do mundo que poidas imaxinar, No Pazo de Altamira cambiaron os bancos por unhas que segundo se desprenderon das sabas no hotel, están cadeiras azuis e brancas, tamén de Sargadelos, que ata aquí mesturados co burbulleo da actividade matutina de saíron nunha película (“La piel que habito”) e que non as Santiago. A verdade e que o atoparás en ningún outro restaurante do conxunto é delicioso! mundo! O servizo de almorzo comeza ás No Blu tamén teñen o brunch, Ás veces non sabes sete da mañá. O bufete móntase cando a que atender, se aos está aberto o hotel, cando non, tedes que se serve ata máis tarde praceiros, aos curiosos, aos o almorzo ‘exprés’, que consta dunha e leva dende ovos revoltos peregrinos que se contan tosta ou peza de pastelaría ou un cacho ata un cacho de biscoito por ducias, ao colorido de biscoito caseiro, zume de laranxa da mesa, ao cheiro do natural, recén espremido, e café ou 19 |
Pincha | Revista 6
d e ba res con jessi No Altamira almorzan xuntos veciĂąos e turistas. Foto: IvĂĄn Barreiro.
| 20
Gastronomía & Cultura
No Pazo de Altamira podemos escoller marmeladas caseiras, iogures e queixos galegos, embutidos ibéricos...
infusión. Aquí dinnos que almorzas co pulso do mercado e talmente! Porque a visión é tan dinámica que paga a pena deixar o xornal, ver fumear o café e contar as gotas de auga que caen fóra sobre os grelos á venda, os centos de paraugas que entran e saen da Praza, os berros, as risas. Antes dixen que non era ningún poema, pero almorzar así é poesía pura. Estaste almorzando a Compostela! Un pouquiño máis abaixo, nunha rúa paralela á da facultade de Xeografía (que ten unha das bibliotecas máis bonitas que vin), na Caldeirería está o Blu Café. Alí atoparedes as miñas amigas Carmen e Rita. Dá gusto a música que teñen posta, sempre. E as cuncas de porcelana onde che botan o café, o té ou o chocolate con Cointreau, nata e lacasitos (chisco, chisco, só para expertos... jajajaja) son diferentes, en cor azul e rosa con debuxos. O zume de kiwi, tedes que probalo! Ademais de almorzo, teñen o brunch, xa sabedes ese que non é almorzo, pero que tampouco é unha comida (jajajaja mi madriña!). Sérvese ata máis tarde e leva un pouquiño de todo. Dende ovos revoltos, ata salmón afumado, iogur, pastelaría, un cacho dun biscoito riquísimo e fresquiño, ben de laranxa, de xenxibre, canela e cravo ou un chisco de pudin de mazá e pasas ao ron ou unha pouca tarta, segundo o que teñan ese día. Preguntade por el! Senón, podedes probalo todo por separado, en pequenas doses de luns a domingo. Eu son moi fan dos seus emparedados (sandwich lle chaman en estranxeiro), ben para almorzo, ben para merenda, para ‘tente en pé’ ou para porque si... (Jeje). Eu quédome co que leva lacón, herba dos coéngos e cogombros! Pero ollo que as tortitas caseiras con laranxa ou chocolate non teñen desperdicio... Xa o sei oh, son unha lambona! Se tedes sitio e non chove, entrade na terraciña. É un patio interior no que as enredadeiras trepan polas paredes ata as contras das fiestras dos edificios que rodean o Blu café
e o Hotel Real. Distintas macetas coloridas, que na primavera estarán en flor, adornan paredes e chan, ao redor das mesas de madeira. Teñen veliñas alumeando (cando non chove, claro) e unha camelia que che fai compañía ao carón do banco máis grande. É tan romántico sentarse aquí, acomodar o coxín e ler un libro cun almorzo recén feito, con moito esmero e moi variado, ademais! Rita e Carmen son moi simpáticas e fante sentir coma na casa. Aquí almorzando hai multitude de xente que traballa cerca, nas tendas, por exemplo, os que van mercar á praza, comerciais, viaxeiros, turistas e peregrinos, tamén estudantes. Estamos todos! Os de aquí e os que viñemos á festa. Preto hai bancos, un colexio, a universidade, comercios de toda a vida e a dous pasos está a Praza de Galicia, por iso hai tanto bule, bule pola rúa e dentro do local. Gústame admirar aos que almorzan ao meu redor. Cada un é de seu pai e súa nai, evidentemente. Aquí non hai prexuízos. Vimos todos a sorber o café, gozando das vistas cara a fóra e contemplando canta xente diversa pasea por Santiago de mañá! Carpetas, libros, coches de bebé, os carros e bolsas do mercado, uniformes escolares, algunha monxa, as cunchas de vieira cantando contra as mochilas, rúa arriba... Podes almorzar máis rápido cun té e unha tosta con manteiga ou ben tomarte o teu tempo e saborear esta cidade que che ofrece un mar de posibilidades e sabores distintos. Escoitar as distintas linguas que se falan nas mesas... Coñecer as novidades da contorna, que se hai unhas ‘pantis’ novas na mercería, que se un buraco case se traga a unha señora máis arriba, que se vai haber feira medieval... En realidade, era goyesca, e para cando leades isto xa será outra cousa nova! En Santiago tes moitos sitios onde almorzar ao compás do latir matutino dos picheleiros, onde comerte a esencia da cidade... Pero non chos podo enumerar aquí todos, senón quedaríame sen segredos! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
21 |
Pincha | Revista 6
a rte & d eseno
Camisetas moito máis que bonitas As prendas con mensaxes feministas, como as da marca melidense MissRock, triunfan en vendas a través da rede
‘De
camino a casa quiero ser libre, no valiente’, ‘Naciste entera, no te falta ninguna mitad’ ou ‘Si hay amores que matan, a mí no que quieras tanto’ son algunhas das frases que podemos ler nas camisetas de MissRock. A melidense Marissa Sánchez é a creadora desta marca que tamén se apunta á tendencia da roupa con mensaxes feministas. Como ela, deseñadores de todo o mundo levan tempo apoiando a causa, demostrando o influente que pode ser a moda. Desde o ‘We should all be feminists’ (Todos deberiamos ser feministas) de Dior ata o ‘Power to the women of the world’ (Poder para as mulleres do mundo) de xigantes low-cost como Bershka, pasando por moitas liñas de roupa e complementos de artistas independentes. En Galicia, atopamos por exemplo a Animosa, con sede en Vigo, que dá a coñecer a grandes mulleres da historia como Rosalía de Castro ou Marie Curie cos seus deseños. Pero por que lanzar estas mensaxes? Marissa cre que a xente busca trasmitir o que está sentindo tamén coa súa vestimenta. E se hai algo que necesitamos berrar hoxe en día con moita forza é a igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Porque si, o feminismo defende iso, e que a roupa apoie esta doutrina tamén axuda a erradicar falsos mitos que existen sobre ela. “Estamos nun momento no que parece que a violencia é o normal. A todo o mundo lle poden raptar, violar, facer calquera cousa… E como a lei funciona así de ben... Entón o que temos que facer as mulleres, e tamén os homes, é exteriorizar o que sentimos. Estas mensaxes son moi visibles”, afirma a deseñadora.
| 22
Por Rebeca Munín
Case 40.000 seguidores en Facebook A historia de Marissa Sánchez comeza fai 42 anos en Londes, onde nace esta filla de emigrantes galegos. Moi cedo, con tres aniños, marchou para Bilbao, onde se criou, ata que fai unha década decidiu regresar a Galicia. Casou, tivo fillos, separouse e quedou a vivir en Melide, desde onde lanza MissRock. Escaparatista de profesión, sempre lle gustou a moda. Traballou en Custo Barcelona, tivo a súa propia tenda de roupa… E como sabía coser e non atopaba prendas que lle gustaran a prezos asequibles, comezou a confeccionar e customizar os seus propios vestiarios. Amigos, veciños… moita xente empezou a preguntarlle onde podía conseguilas. Así que decidiu probar sorte primeiro cun proxecto de americanas infantís. Pero resultou insostible pola competencia das grandes cadeas. “Estamos acostumados a mercalas por menos de 30 euros cando con iso eu non compraba nin a tela”, recorda. Pero Marissa, que como ela mesma recoñece é unha mente inquieta, non se rendiu e fai dous anos creou MissRock. Fai camisetas, sudaderas, cazadoras… De todos os tamaños e para mulleres, homes, nenos, nenas… “Hai ata avoas MissRock!”, apunta entre risos no Rock Café Santiago onde quedamos para esta entrevista. E é que o éxito da súa marca baséase nun prezo apto para todos os petos (as camisetas, por exemplo, custan todas 29,90 euros) e ao grande apoio que recibe dos seus clientes a través de Internet. Actualmente conta con máis de 4.000 seguidores en Instagram
Gastronomía & Cultura
Marissa reuniuse connosco no Rock Café Santiago.
A que di ‘De camino a casa quiero ser libre, no valiente’ é unha das súas camisetas máis vendidas
Foto: Iván Barreiro
e case 40.000 en Facebook. Moitos deles, os seus “embaixadores”, posan orgullosos coas súas prendas e as comparten nestas redes sociais. Aínda que os seus deseños poden atoparse nalgunhas tendas de Galicia, Asturias e País Vasco, o grande volumen de vendas prodúcese a través da súa páxina web. A roupa MissRock é colorista, optimista, moi divertida e, sobre todo, enxeñosa. Está chea de caveiras, debuxos de Disney, personaxes como Frida Kahlo ou Chaplin, tatuaxes. E frases. Moitas frases que Marissa saca de calquera lado. “Todo me inspira. Teño mil notas. Estou continuamente pensando e logo doulle voltas na casa”, explica. Incluso ten unha dedicada a aquelas mulleres que loitan contra o cancro e que di: ‘Levanta la cabeza princesa, si no la corona se cae’. E outra baseada nunha canción de Bebe: ‘Voy a ser la mujer que me dé la gana de ser’.
Algunhas das camisetas con mensaxes feministas que vende MissRock. Foto: Iván Barreiro
Dentro do seu amplo abano de posibilidades, as camisetas que máis triunfan son as que din: ‘Mátame a besos’, ‘Que corra la tinta’ e ‘Me considero adicta a la gente que me saca una sonrisa’. E tamén as de mensaxes feministas como ‘Estado Civil: Jodidamente guapa’ (“Porque parece que todas as mulleres temos que estar sempre perfectas”, aclara) ou ‘De camino a casa quiero ser libre, no valiente’ (“Porque a todas nos pasou algunha vez o de sentir medo ao ir para casa”, sinala. E canta razón ten!). E así, libre, e tamén valente, é Marissa Sánchez, MissRock, unha muller galega traballadora, creativa e comprometida co mundo que nos tocou vivir. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
23 |
Pincha | Revista 6
Crusat & Costas Lorena e Jose na tenda compostelá Vide, Vide! Foto: Iván Barreiro.
LORENA COSTAS
DisTinto: Ti que queres ser: gato pardo ou ovella negra?
O
s que nos ledes habitualmente xa sabedes que non adoitamos ser moi convencionais nas nosas escollas de viño; máis ben nos gusta facervos pensar, que vexades que nunca que se deben dar por supostas as cousas “porque sempre se fixeron así”. Nin Ribeiro só é terra de brancos, nin Ribeira Sacra só de tintos, nin Rías Baixas a hexemonía do albariño. E velaí temos este tinto que revela a súa intención xa visualmente. Esa etiqueta que reza “DisTinto” non leva a engano, chama a atención nos estantes e deseguida queres ser un dos que probe esas 1.333 botellas da anada 2015; queres saber máis dun tinto de Rías Baixas, crecido en zonas realmente complexas, moi no límite da D.O. no seu punto norte. Adegas Castro Brey, comandadas por Ramón Blanco, arquitecto de profesión e adegueiro por paixón e orgullo, localízase na zona de Camanzo, Vila de Cruces, na Subzona do Ulla. Sabedes que o temos a tan só 20 quilómetros de Compostela, verdade? Adegas Castro Brey existe por unha avoa, por esas tantas avoas que traballan e traballaron na terra desde que o tempo non se recorda. E a avoa de Ramón posúe fincas de cepas moi vellas, na meirande parte dun albariño espectacular que vos recomendo beber e tamén cepas duns 50 anos desta variedade chamada Caíño Tinto, da que xa | 24
FICHA TÉCNICA: Adega: Castro Brey D.O. Rías Baixas (Subzona do Ulla) Variedades: 100% Caíño Tinto Grao: 12º Ano: 2015 Prezo: En torno aos 13 € Onde mercalo? Vide, Vide! (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10)
Gastronomía & Cultura
temos falado nalgunha outra ocasión. Entón: Por que voltar a falar dun viño elaborado con 100% esta variedade? Pois entre outras razóns, para que saibades que nesta zona, na que non imaxinariades que houbese viño, haino, e baixo unhas condicións francamente complicadas, que fan que as cepas se expresen con máis carácter. En parte pola localización da adega, protexida das zonas máis frías, nun xeito de “val térmico”, e en moita más medida se cabe, polo coidado que profesan todos os que a traballan, xa que é unha zona de clima complicado. De feito, ata teñen un muíño de vento con sensores de temperatura para axudar a disipar as néboas que adoitan cubrir os viñedos, algo realmente inédito e innovador que merece a pena destacar. E voltando a este viño, edición especial deste pasado Nadal e primeiro tinto da adega, aínda que as cuestións técnicas llas deixe ao meu compañeiro, diremos que realiza unha crianza de tan só 6 meses en barricas usadas de carballo francés, despois da fermentación en aceiro inoxidable o que doma lixeiramente a variedade sen restarlle o seu carácter bravo que tanto nos gusta. Asoman os aromas de monte atlántico, tamén de froitos negros coma arándanos e especias. En boca resulta moi agradable, frutoso, de paso fácil que invita a beber máis; tamén salino, propiciado, como non, por ese chan granítico e a propia variedade. Supoño que despois do que vos contamos, tamén quereredes ser DisTintos, e abrir axiña unha botella! JOSE CRUSAT
DisTinto: É o nome do viño Tiramos outra vez a un viño tinto da DO Rias Baixas elaborado coa uva caíño 100%. Trátase dun viño da DO aínda que dunha localización de interior, afastada da costa, de onde a xente non pensa que exista viño, e habelo haino. Viños distintos de carácter diferenciado. A uva caíño é dun perfil bravo polo que hai que domala. É uva, coma xa contamos algunha vez, cun carácter agreste, acidez marcada e que non adoita a coller moito grao alcohólico. É na viña onde a de comezar a doma deste teimudo viño, que topou cun viticultor e adegueiro quizais moito máis testán que ela. Decidido Ramón Blanco Lobeto a sacar un gran viño, a partires do que fora decisión da avoa da súa muller que foi quen plantou as viñas desta caste, comezou a estudar o comportamento da uva. Comezou a tirar ao chan a metade da uva en verde, para que a planta soamente dedicase a produción de azucres para una pequena cantidade de uva, esfollados e clareados para mellorar a ventilación e vendimas tardías ben entrado o mes de outubro. Xa na adega se elabora paseniño, fermenta en depósito de aceiro inoxidable para despois pasar a unha crianza de 6 meses en barrica de carballo francés usado, para preservar a froita e que a madeira non a enmascare. Pola súa bravura é necesario que o viño pase polo proceso de fermentación maloláctica onde a acidez suaviza e redondea. Viño cunha capa de cor baixo propio da variedade, cereixa con destellos violáceos. No nariz destacan a notas de froitas vermellas e negras ben maduras, especias e herbas silvestres. Xa na boca é de entrada fina, pero que despois abre enchendo a Segue as historias de José Crusat cavidade, ten un final lixeiro e boa acidez equilibrada que fai que non sexa pesado @choumimx no seu blog e que se deixe beber ata esgotala botella enteira, facédebos con mais dunha. Aparece novamente a froita vermella, pero tamén é cítrico a laranxa sanguina e Del Comercio y del Bebercio | grosellas. http://delcomercioydelbebercio.blogspot.com Para gozar do viño ademais de tomalo sen máis, apostamos por unhas “uñas” de Segue as historias de Lorena Costas porco. Poden ser guisadas con patacas, chourizo e un bo sofrito, ou cocidas con @lorena_costas no seu blog bertóns e patacas. Tamén me valería cun cocido, por que non! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
O CONTO É COMPARTILO
Bake my Day |
http://lorena-bakemyday.blogspot.com
25 |
Pincha | Revista 6
Crusat & Costas
CINCO ANOS POÑENDO EN VALOR O VIÑO GALEGO
E
ntrar en Vide, Vide!, na Fonte de Santo Antonio, é descubrir unha inesgotable variedade de viños galegos. Sen esquecer os produtos gourmet da terra cos que facer unha boa maridaxe. Pero o local, rexentado por Martiño Santos e Xosé Gondá, non é só unha tenda. É un espazo enocultural onde teñen cabida cursos, catas, exposicións… un lugar xa imprescindible para os composteláns que en 2018 cumpre o seu primeiro lustro.
Por Rebeca Munín
“Nos tintos galegos había bastantes prexuízos instalados”
Foto: Iván Barreiro
| 26
Gastronomía & Cultura
Como ides celebrar este quinto aniversario? Martiño: Faremos unha programación para todo o ano de distintas actividades nas que, sobre todo, queremos darlle moito protagonismo aos produtores, elaboradores, viticultores, enólogos… Á xente que está detrás do viño, as caras, as persoas, os nomes propios, as historias familiares… Empezamos xa cunha iniciativa que chamamos ‘Sábado de doce a dúas’, pola que os que pasan pola tenda os sábados poden dialogar, de xeito informal, cos responsables de distintas adegas. Pero faremos máis cousas das que iremos informando. A apertura foi o 26 de xuño, entón arredor desta data intensificaremos un pouco as actividades. Haberá algunha que outra festiña! (Sorrí).
Martiño e Xosé, en Vide, Vide! Foto: Iván Barreiro.
Que balance facedes deste lustro? M.: Un balance moi positivo. A verdade é que o proxecto tivo moi boa acollida. Notábase que faltaba unha maior oferta de moitos dos viños galegos. Estamos nun país con sobre 450 produtores de viño, con varios miles Que é o que está chamando máis a atención agora de marcas, e a maioría son pequenos produtores, con mesmo entre a vosa clientela? producións limitadas que non están nas grandes cadeas de alimentación e que podías atopar con certa dificultade. M.: Inicialmente foron os tintos do Ribeiro. Últimamente son os tintos de Rías Baixas. O que é máis descoñecido son os viños tintos, porque nos brancos galegos si que Cantas referencias tendes? hai unha normalización de consumo. Nos tintos galegos Xosé: Rondamos as 200, incluso ás veces máis, depende había bastantes prexuízos instalados. Hoxe en día están un pouco do periodo do ano. Adegas son menos sendo viños cunhas puntuacións a nivel internacional porque cada unha ten varias referencias. Con todo, nós impresionantes. E tamén chaman a atención todos os temos trato directo con máis de 50. Temos todas as denominacións de orixe, todas as indicacións xeográficas que son un pouco especiais ou produtos derivados como protexidas e tamén produtoras que non están incluídas en os espumosos galegos. ningún deses epígrafes. Na vosa última campaña dicides que co viño “o conto é compartilo”. Por que? Eses pequenos produtores son capaces de competir cos X.: Porque o viño é unha bebida social. Quizais a máis grandes? social que existe. É un produto que invita a estar en M.: É difícil porque o volume é moi determinante nos contacto con outra xente que comparte contigo moitas negocios. De todas maneiras, si que se pode sobrevivir cousas. O realmente importante é o ben que o pasas con pequenas producións sempre e cando apostes pola cando tomas un viño. Pincha calidade. Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
27 |
Pincha | Revista 61
axend a musicadas nas que se integran outros axentes da cultura da cidade, como a Banda de Música de Santiago de Compostela. Podes consultar o programa en festivalatlantica.com
EMILIA. MUJERES QUE SE ATREVEN (I) TEATRO PRINCIPAL 10 DE MARZO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 12 €
Espectáculo que amosa a loita dunha muller, Emilia Pardo Bazán que, cara a fin do século XIX, porfía en ser ela mesma, conducirse de acordo cos seus desexos e vontade de escribir e participar na vida pública.
APARTAMENTOS ACAPULCO + LINDA GUILALA 16 DE MARZO ÁS 22:00 H SALA SÓNAR | PREZO: 8 € (6 € ANTICIPADA)
CONCERTO DO CICLO DE PIANO “ÁNGEL BRAGE” 15 DE MARZO ÁS 20:3O H AUDITORIO DE GALICIA | PREZO: 12 € Con Rosa Torres Pardo ao piano e a cantaora Rocío Márquez.
‘IMPROVISAO’ DE FARRUQUITO PAZO DE CONGRESOS
17 DE MARZO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DESDE 12 €
II CICLO “NOVOS TALENTOS MUSICAIS” PARANINFO DA UNIVERSIDADE
FESTA DA UÑA
5, 12 E 21 DE MARZO ÁS 20:30 HORAS E 10 E 24 DE MARZO ÁS 12:00 HORAS | PREZO: GRATUÍTO
Volven os novos talentos musicais ao Paraninfo da Universidade. Ata finais de marzo desenvolverase o segundo ciclo de concertos Novos Talentos Musicais, coorganizado con Compostela Sound.
CONCERTO DE BULE + KLÜTE 6 DE MARZO ÁS 22:15 H A REIXA | GRATUÍTO
SAN LÁZARO E OUTROS BARRIOS DO 16 AO 19 DE MARZO |
RAFA PONS, EN CONCERTO SALA SÓNAR 10 DE MARZO ÁS 22:30 HORAS | PREZO: 12 €
Rafa Pons comenzou a súa carreira no grupo Mil Dudas. Pouco tempo despois, o cantautor, compositor e músico español, comezou a súa carreira en solitario. Chega a Santiago coa súa xira ‘Cantando l@s 40’.
Unha vintena de restaurantes de San Lázaro e doutros barrios da cidade servirán o tradicional prato de uñas, composto de uñas, bertóns, patacas e chourizo, durante esta festa gastronómica, unha das máis antigas de Galicia.
EXPOSICIÓN GALICIA UNIVERSAL MUSEO CENTRO GAIÁS
TERBUTALINA EN DIRECTO SALA CAPITOL 10 DE MARZO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: 12 €
Se vostede quere entrar na Casa da Tolemia,non dubide en seguir as aventuras e desventuras da Terbutalina. Tocarán tamén na Sala Capitol Boyanka Kostova e Copa Turbo.
CONCERTO DE GANSOS ROSAS 10 DE MARZO ÁS 23:00 H SALA MOON | PREZO: 10 € Concerto tributo a Guns N´Roses.
| 28 2
A PARTIR DO 16 DE MARZO DE 10:00 A 20:00 HORAS | PREZO: DE BALDE
FESTIVAL ATLÁNTICA DE NARRACIÓN ORAL DO 13 AO 18 DE MARZO
A sexta edición de Atlántica reúne a artistas da fala galegos con voces de Brasil, Portugal, e Camerún contadores e contadoras de Zamora, Madrid, Tenerife, Úbeda e Salamanca. Entre as narradoras e narradores do país que participan na sexta edición, están figuras ben coñecidas polo público como Quico Cadaval, Paula Carballeira, Avelino González e Cándido Pazó. As actividades programadas en Compostela inclúen itinerarios, obradoiros, e narracións
Farruquito reflicte a verdade e as raíces do flamenco no seu máis alto nivel. ‘Improvisao’, en palabras do propio artista, “é unha volta ás miñas orixes e unha mostra do que aprendín nesta profesión”.
‘Galicia Universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación’ supón a maior exposición de pezas das coleccións privadas de ABANCA e Afundación reunidas ata o momento. Pintura, escultura, fotografías e instalacións compoñen este percorrido por dous séculos de arte galega. Nela pode contemplarse unha escolma de 194 pezas que abarcan desde o primeiro terzo do XIX ata a actualidade, o que sitúa a ‘Galicia universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación’ como a mostra recente máis ambiciosa sobre a arte galega.
CONCERTO DE LA FUGA SALA CAPITOL
17 DE MARZO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 18 € (15 € ANTICIPADA)
La Fuga son Pedro (voz e guitarra), Nando (guitarra) e máis Edu (batería): un grupo de Reinosa (Cantabria) con máis de 900 concertos ás súas costas nunha decena de xiras, 10 discos publicados e unha historia de constancia e rock and roll.
CICLO PLACERES OCULTOS: GLORIA 21 DE MARZO ÁS 21:00 H SALA SÓNAR | PREZO: 10 €
Gloria visítanos cando están a punto de editar un segundo traballo, o miniLP “Oîdophon Echorama”, no que profundizan nalgunas das claves que fixeron que o seu disco sexa un dos vinilos máis desexados.
Gastronomía & Cultura
must
TEATRO E DANZA EN COMPOSTELA
N
Aquí tendes a programación en Santiago para as próximas semanas.
estes dous meses que temos por diante celebraremos dúas datas culturais moi importantes: o Día Mundial do Teatro, o 27 de marzo; e o Día Internacional da Danza, o 29 de abril. Pero como podemos celebralo en Compostela? Unha boa opción é acudir aos diferentes espectáculos de ambas disciplinas que promove a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) e da Rede Galega de Salas (RGS). Con financiamento da Xunta, estes dous circuítos de distribución achéganlle á poboación galega un amplo abano de oferta escénica e musical, poñendo especial atención no público infantil e familiar.
2 e 3 de marzo ás 20:30 h | Teatro Principal ‘Resaca’ de Ilmaquinario Teatro ‘Resaca’ é o resultado da investigación documental dos vestixios deixados por Álex, un xeito de falar dunha xeración a través dunha persoa común. 6 e 7 de abril ás 20:30 h | Teatro Principal ‘Casa O´Rei’ de Ibuprofeno Teatro Xogo escénico e dramatúrxico a partir do “Rei Lear” de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega. 28 de abril ás 20:30 h Teatro Principal | Público Infantil ‘Gaia’ de Entremans Un proxecto no que a idea fundamental é achegar coñecementos sobre o noso planeta desde unha óptica visual e imaxinativa. 29 de abril ás 19:00 h | Auditorio de Galicia ‘Son’ de Nova Galega de Danza Fusión de danza tradicional galega con contemporánea e flamenco, nunha montaxe protagonizada exclusivamente por bailaríns.
10 de marzo ás 18:00 h e 11 e 12 de marzo ás 12:00 h Fundación SGAE | Público Infantil ‘Alicia en el país de las maravillas’ de Hilando Títeres A través desta versión do clásico de Lewis Carrol, a nosa entrañable protagonista levará os espectadores cara a unha viaxe de fantasía chea de humor. 14 de abril ás 18:00 h e 15 de abril ás 12:30 h Fundación SGAE | Público Infantil ‘Cincenta’ de Danthea Teatro Montaxe baseada no conto clásico dos irmáns Grimm, que mestura o teatro de actor e os monicreques. 21 de abril ás 18:00 h, 22 de abril ás 12:30 h e 23 de abril ás 11:00 h Fundación SGAE | Público Infantil ‘O Cinematomago’ de A Illa dos nenos O mago Paco presenta os clásicos do cinema por medio da maxia, nun espectáculo para nenos desde 3 anos. 28 de abril ás 18:00 h e 29 de abril ás 12:30 h Fundación SGAE | Público Infantil ‘Soliluna’ de Hilando Títeres Espectáculo de monicreques que arranca cando sobre a Terra non había nada de nada e, de súpeto, xorde unha montaña.
2 e 3 de marzo | Teatro Principal ‘Resaca’ de Ilmaquinario Teatro
21, 22 e 23 de abril | Fundación SGAE ‘O Cinematomago’ de A Illa dos nenos
29 de abril | Auditorio de Galicia ‘Son’ de Nova Galega de Danza 6 e 7 de abril | Teatro Principal ‘Casa O´Rei’ de Ibuprofeno Teatro
29 |
Pincha | Revista& 6Cultura Gastronomía
axend a
axend a CONCERTO DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA
5 DE ABRIL ÁS 20:3O H AUDITORIO DE GALICIA | PREZO: 18 €
Dirixida por Dima Slobodeniouk e co violonchelo de Nicolas Altstaedt.
CONCERTO DE PISTONES XUNTO CON LIMONES
SANTIAGO PAIXÓN DOCE
SALA CAPITOL
13 DE ABRIL ÁS 21:00 HORAS | PREZO: DESDE 15 €
DO 23 DE MARZO AO 2 DE ABRIL
Volve un referente do pop-rock nacional dos 80, cunha xira especial presentando o seu álbum “Directo 35Aniversario”. O artista invitado será Limones.
Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela poñen en marcha unha nova edición desta ruta, na que diferentes locais de hostalaría da cidade servirán merendas cun toque relativo á tradición larpeira compostelá na Semana Santa.
FAEMINO & CANSADO AUDITORIO ABANCA
19 DE ABRIL ÁS 20:00 HORAS | PREZO: DESDE 18 €
POLVORONES AUDITORIO ABANCA
Moitas risas neste novo espectáculo dos xeniais comediantes Faemino & Cansado, titulado ‘¡Quien tuvo retuvo!’.
6 DE ABRIL ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DESDE 14 €
NEXOS
CIDADE DA CULTURA
24 DE MARZO E 14 DE ABRIL DE 12:00 A 14:00 HORAS | PREZO: 3 € POR SESIÓN
A sesión de marzo deste ciclo de cultura contemporánea, cun relatorio de Felipe Criado-Boado e un monólogo do cómico Carlos Meixide, titúlase ‘Confín dos verdes castros... O patrimonio e a identidade de nós’. Mentres que a sesión de abril, ‘Encrucilladas no mundo árabe e musulmán’, terá como relatora á socióloga Gema Martín e presentará o espectáculo sonoro e visual ‘Nenoscuro’.
‘VOOYEUR’, DE LA TROPA PRODUCE AUDITORIO ABANCA
24 DE MARZO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: A PARTIR DE 16 €
Comedia sexual guiada por Lilith, a súa mestra de cerimonias, que xira en torno a varias escenas eróticas tratadas con moito humor. O espectador convertirase en voyeur.
| 30
Marta é un pouco lixeira de cascos, Mónica é unha muller centrada e con carácter, Jazmín cre que a resposta está no universo e Paqui… ben, Paqui é moita Paqui. Pero, que ocorre cando a amizade depende tanto do que se di como do que se cala?
PANTOMIMA FULL AUDITORIO ABANCA
13 DE ABRIL ÁS 21:00 HORAS | PREZO: DESDE 12 €
Sucesión de sketches de entre cinco e dez minutos, nos que se presentan situacións absurdas levadas a cabo con normalidade e conectados polas pequenas diferencias que manteñen entre eles os seus autores. Risas aseguradas neste espectáculo de Alberto Casado e Rober Bodegas.
EL ÚLTIMO BUFÓN
LECHAZO A FEIRA AUDITORIO DE GALICIA 6 DE ABRIL ÁS 21:00 HORAS | PREZO: 17 €
Dous dos comediantes máis representativos de Galicia, como Touriñán e David Amor, únense a dous dos comediantes máis representativos de Valladolid, como JJ Vaquero e Álex Clavero xuntos e revoltos para case dúas horas dos mellores monólogos galaicovallisoletanos.
SERGIO DALMA, EN DIRECTO PAZO DE CONGRESOS
14 DE ABRIL ÁS 21:00 HORAS | PREZO: DESDE 30 €
Sergio Dalma regresa ao universo italiano cun novo episodio da súa exitosa colección Vía Dalma. Son cancións de varias décadas, varios autores, varios estilos pero todas co selo propio do coñecido cantante catalán.
TEATRO PRINCIPAL 19 DE ABRIL ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 14 €
O cómico de orixe italiana Leo Bassi revisa os seus 40 anos de traxectoria teatral a partir duns filmes que a súa irmá atopa na Fundación Lumière en Lyon. Imaxes que os irmáns Lumière tomaran dos antepasados de Bassi no Circo Rancy e que constitúen, posiblemente, as primeiras de pallasos en movemento ao longo ha historia.
3|
Pincha | Revista 1 Gastronomía & Cultura
axend a
déixate caer
CONCERTO DE MERCHE OLEANNA
AUDITORIO ABANCA
TEATRO PRINCIPAL
27 DE ABRIL ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DESDE 18 €
21 DE ABRIL ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 14 €
Carol, é unha estudante universitaria que chega ao despacho do seu profesor a pedir que lle suban a nota dunha materia. Desta sinxela premisa parte unha das obras máis turbadoras de David Mamet.
Chega o novo da artista gaditana, ‘De otra manera’, o seu octavo álbum de estudo, que xa triunfa con temas como Pasajeros, Noche de San Juan e Puentes.
Michael’s Legacy AUDITORIO ABANCA 28 DE ABRIL ÁS 21:00 H | PREZO: 15 €
Concerto tributo a Michael Jackson.
Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a: redaccion@revistapincha.gal
Axenda suxeita a posibles modificacións.
SI PUDIERA HABLAR DE ESTO NO HARÍA ESTO
Consulta novidades en revistapincha.gal
TEATRO PRINCIPAL
27 DE ABRIL ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 10 €
Un espectáculo coproducido por: Festival de Otoño en Primavera de la Comunidad de Madrid, Teatro Pradillo, Escenas do Cambio e Festival BAD Bilbao. Co apoio de: Graner Centro de Creació, Paso a 2 e Conde Duque, Centro de Danza Canal e Coreógrafos en Comunidad. Interprétao a súa creadora Janet Novás.
|4
THE LAST BATAMANTA AUDITORIO ABANCA 29 DE ABRIL ÁS 18:30 HORAS | PREZO: DESDE 12 €
Loulogio leva anos vivindo da bobada. Agora, presenta o último show da súa carreira. O que non espera é que terá que enfrontarse ao seu pasado e ao seu futuro?
e goza de toda a liga Prz. Matadoiro 3 @mataderosantiago
31 |
Pincha | Revista 6
directo rio Bares/Cafeterías Restaurantes Outros
Casas Reais 25 Santiago de Compostela
Praza do Matadoiro 3 Santiago de Compostela
L e M: 12:00 a 00:30 Me e X: 12:00 a 1:30 V e S: 12:00 a 02:30 Domingos Pechado
De L a S de 9:00 a peche Domingos pechado
T. 981 556 344 - quedamosenlaflor.com
T. 881 031 403
Rúa da Caldeirería, 42 Santiago de Compostela
Caldeirería 49 baixo Santiago de Compostela
L a S de 7:30 a 23:00 (V e S a 1:00) D de 9:30 a 22:00
De L a Me e D de 8:00 a 23:00 X a S de 8:00 a 1:00
@Cafe_Serendipia
T. 981 569 290
Rúa de San Pedro 16 Santiago de Compostela
Rúa Sempre en Galiza 1 Santiago de Compostela
De L a S de 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 00:00
De M a D de 10:00 a 00:00
L a V: 06:00 a 00:00 Sáb., Dom. e festivos: 06:00 a 15:00
T. 981 592 399 www.restauranteferro.com
T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com
T. 981 577 633 - www.dezaseis.com
Rúa Nova 36 Santiago de Compostela T. 981 566 980
Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela
Rúa Cardeal Payá 8 Santiago de Compostela
| 32
vinotapeta@gmail.com
Avda. da Liberdade 11 Santiago de Compostela
Rúa do Franco 41 Santiago de Compostela
De L a V de 9:00 a 00:30 S de 10:30 a 00:30 e D de 10:30 a 16:30
L a D de 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:30. Xoves Pechado
T. 981 813 520 - www.bodeguilladesanroque.com
T. 881 031 025 - www.acdcrestaurant.com
De L a D de 9:00 a 00:00
Gastronomía & Cultura
Avda. Benito Vigo 70 A Estrada M a X de 9:30 a 00:00 V e S de 9:30 a 1:30 D de 9:30 a 00:00 T. 981 571 226 - argentinosburguer.com
Virxe da Cerca 7 - Baixo Santiago de Compostela
Rúa da Raiña 4 Santiago de Compostela
De Me a S de 13:00 a 16:00 e de 20:30 a 23:30 Ma e D só mediodía
De 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 1:00
T. 981 562 314 - www.restauranteatafona.es
T. 981 572 257 www.restaurantesanjaime.com
ALBERGUE HOSTEL
CASTRO Rúa de San Pedro 120 Santiago de Compostela T. 981 589 600 www.amaceta.com
Preguntoiro 35 Santiago de Compostela www.riquela.com
Rúa da Muiña 2 Baixo Santiago de Compostela De luns a venres de 9:30 a 00:00 Sábados e Do. de 11:30 a 00:00 T. 981 577 742 info@omuineirorestaurante.com
Rúa de Tras Salomé 3 Santiago de Compostela De L a D a partir das 20:00
Av. Ourense, 24 Palas de Rei Luns a Domingo de 12:00 a 23:00 T. 982 380 321 - alberguecastro.com
Avda. Rosalía de Castro 23 Milladoiro - Ames L a V: 9:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 S e D: 10:30 a 13:30 e de 17:30 a 20:30 T. 981 937 515
Grupo
Crta. N-550, s/n Pazos · Padrón T. 981 811 312 - www.hscala.com facebook.com/hotel.scala
Rúa Mazarelos 4-5 Santiago de Compostela Jueves, viernes y sábados: 22:00 a 05:30 T. 696484123 - sonarcompostela.com
Rúa do Cubelo 27 Santiago de Compostela T. 981 552 352 - pandamoa.com obradoiro@pandamoa.com
33 |
Pincha | Revista 6
directo rio tenda s
Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela
T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com Despois de papar, a estas tendas terás que ir mercar
De L a V de 10:30 13:30 e de 17:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00
Rúa do Hórreo 46 Santiago de Compostela De L a S de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30
Camisetas gourmet, enfornadas en Melide!
T. 678 430 636 missrock@missrock.es missrock.es
Rúa das Rodas 13 Santiago de Compostela www.oscatrogatos.com
T. 682 410 689 - info@seispes.com www.seispes.com
motónity.com RECLAMA TU CLÁUSULA SUELO Y GASTOS HIPOTECARIOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA Javier Alvarellos Luisa Pazos - Pablo Vizoso t. 981 570 393 – 608 883 589
| 34
RECLAMA TU CLÁUSULA SUELO Y GASTOS HIPOTECARIOS
paga a pena Por Vicky Morales
Probar...
Canas recheas de crema de augardente
As canas son un clásico da repostería galega, neste caso facémolas aínda máis da nosa terra con este delicioso recheo de crema de augardente.
Ingredientes para a masa 200 gr. de fariña 70 gr. de aceite de oliva suave 70 gr. de leite 3 gr. de sal Ralladura de pel dun limón Azucre para decorar
Ingredientes para a crema 170 gr. de leite 30 gr. de augardente 40 gr. de azucre 2 xemas 30 gr. de maicena 800 gr. de auga.
Preparación: ✓✓ Primeiro preparamos a crema para que se arrefríe: ✓✓ Nun cazo vertemos as xemas, o azucre, a maicena e 50 gr. do leite. Mesturamos ben. ✓✓ Noutro cazo vertemos o resto do leite e o bagazo, levamos a ebulición e vertemos sobre a mestura anterior. ✓✓ Volvemos poñer no lume removendo ata que espese. ✓✓ Retiramos e deixamos que arrefríe na neveira.
✓✓ Para a masa: mesturamos ben todos os ingredientes, estiramos pequenas porcións da masa cun rodete e enrolamos en moldes de canas. ✓✓ Fritimos en abundante aceite quente. ✓✓ Quitamos o exceso de aceite e con coidado retiramos a cana frita do molde, repetimos ata acabar con toda a masa. ✓✓ Unha vez frías, enchemos coa crema, botamos azucre por encima e servimos.
...segue as propostas de Vicky en talle rd eazuca r.e s
seguir... ‘El Camino más dulce’ No mes de abril arranca ‘El Camino más dulce’, un proxecto da bloguera gastronómica e colaboradora de Pincha, Vicky Morales. A cordobesa percorrerá o Camiño Mozárabe que une a súa cidade natal con Compostela. Serán máis de mil quilómetros nos que dará a coñecer os doces tradicionais dos pobos polos que pase. Podes seguir a súa aventura a través da páxina web elcaminomasdulce.es e tamén das redes sociais Facebook e Twitter.
ler...
PROBAr...
‘Bonus Track’ de Rosalía Fernández Rial
Probar… os zumes e batidos de TS A Casa
Ás veces precísase dar todo por perdido para que algo inesperado te sorprenda. 22 relatos con banda sonora incorporada, acompañadas de Fran Pérez Narf, de Billie Holiday ou de Patti Smith...Historias (diversas) de persoas (diversas) colocadas ante un abismo na que xorde un xiro, unha esperanza, unha revolución... Este libro de Rosalía Fernández Rial (Editorial Galaxia, 2018) podes atopalo na Libraría de Mulleres Lila de Lilith, na rúa Travesa.
Son sanísimos e están boísimos! O restaurante vexetariano TS A Casa, na rúa de San Pedro, sorprende pola súa creativa oferta culinaria. Incluso teñen carne picada, sen carne, claro! Feita con soia texturizada. Pero se vas visitalos, non te esquezas de pedir algún dos seus zumes e batidos feitos cen por cen con froita natural e veganos. E se queres algo máis forte, elixe un dos seus cócteles. De chuparse os dedos!