Ría e Terras de Pontevedra

Page 1

Ría e Terras de

Fotografía: Rita Fontaíña Canda

Pontevedra

16 Concellos en 1 Xeodestno


Ría e Terras de Pontevedra

13 C

Os xeodestinos turísticos son "as áreas xeográficas limítrofes que comparten unha homoxeneidade territorial baseada nos seus recursos turísticos naturais, patrimoniais e culturais con capacidade para xerar fluxos turísticos e que, xunto á súa poboación, conforman unha identidade turística diferenciada e singular"

16 Concellos en 1 Xeodestino Ría e Terras de Pontevedra é un dos 14 Xeodestinos que existen en Galica, mar e monte conviven en perfecta sintonía, os cantís suavízanse en praias de augas cristalinas e areas brancas. Na Ría de Pontevedra chega o Río Lerez despois de percorrer polo seu cauce as vellas montañas gastadas xa por tódolos procesos de erosión. Os pobos de mar como Combarro, e os de interior como Caldas de Reis. O pasado, con pretroglifos, vive en armonía con outras modernas cosntruccións como a Ponte dos Tirantes na cidade de Pontevedra. Qué non terán estas fermosas terras que dende hai miles de anos, como así testemuñan os petroglifos de Campo Lameiro, o home elixíu esta terra para formar unha estirpe de homes e mulleres que século tras século continúa neste anaco de terra. Mela Álamo Eiras Nuria Búa Cochón


Índice Furanchos................................6 Mares Verdes.........................11 Aventura.................................16 Pontevedra Praza a Praza.....19 ¡En pé de Festa!....................24 Gastronomía..........................27 6 Mini Rutas Enigmáticas......31 Souvenirs...............................34 Mapa......................................36

Temos un segredo... ven e descúbreo


A LAMA

BARRO

BUEU

CAMPO LAMEIRO

CANGAS

COTOBADE

CALDAS DE REIS

CUNTIS


MARÍN

PONTE CALDELAS

MOAÑA

PONTEVEDRA

MORAÑA

POIO

PORTAS

VILABOA


¡Shhh...! Shhh.....!

En Cangas un segredo ¡Gangasdo doMorrazo Morrazoteñen ten un segredo!

FURANCHOS

FURANCHOS ¿Serás capaz de gardarlles o segredo? ¿Serás capaz de gardalo? Page 31 6


¿Quén dixo que a cultura era aburrida?, o caso é que hai cultura e cultura. Aquí en Galicia somos da cultura do bo comer, así que lles convidamos a coñecer Cangas do Morrazo a golpe de Furancho. Os furanchos, tamén coñecidos coma “loureiros”, son casas de agricultores coa adega preparada para degustar o viño da colleita acompañado de tapas caseiras e viño da casa; son locais de tempada que están abertos de marzo a xuño; non teñen perda porque están señalizados cunha rama de loureiro (de ahí o seu nome loureiros, en galego) e son moi comúns nas Rías Baixas. Iso sí, non busque por guías porque non os vai encontrar, faille falta ter un bo amigo ou coñecer a alguén que lle mostre ónde se atopan. Como ven, aquí seguimos ao pé da letra o consello de Turgalicia de gardarlle o segredo, é un segredo a voces, sabemos que existen pero só nós sabemos ónde.

O Concello de Cangas do Morrazo está situado no extremo suroeste da Península do mesmo nome, no corazón das Rías Baixas, entre a Ría de Vigo e Pontevedra e flanqueado polas Illas Cíes.Para descubrir este concello por completo recomendámoslle dar unha volta polas 5 parroquias: Aldán, Darbo, Hío, Coiro e Cangas.

7

Vista de Cangas do Morrazo


Non pensaría que este paseo sería fácil. Ímoslle indicar uns furanchos aos cales pode ir, gozar da súa comida e dunha charla cos seus paisanos, e non se esqueza de sonsacarlle información sobre o seguinte furancho. Mentres busca estes locais aproveite e goce dos recursos turísticos que lle ofrece Cangas do Morrazo. Vaia á Taberna Rural, O Pichirico, O Furancho do Cunchido, Furancho A Mariquiña, O Furancho de Juan...e moitos máis.

Viños caseiros, empanadas de pan de millo, tortillas de pataca, chourizos e algo máis estanlle a esperar.

8


As casas mariñeiras

Casa de P atín

A casa de patín é o modelo arquitectónico das casas mariñeiras, sendo este patín empregado polos mariñeiros para colgar as redes ou poñer o peixe a secar. Baixo as escaleiras gardábanse as artes de pesca ou criábase algún animal.

A xenealidade do Mestre Cerviño O Cruceiro de Hío está tallado na súa maior parte nun único bloque de pedra. O mestre Cerviño deixou nesta obra pegada a súa xenialidade; é do ano 1872 e aínda segue a ser un dos nosos cruceiros máis chamativos e fermosos. Crucei ro de H ío

9


Rozando o ceo cos dedos. O Monte do Facho está na "Costa da Vela". Estivo habitado por distintas civilizacións como o demostran os restos do Castro de Beróbriga. Ten un dos templos de peregrinación máis antigos da península adicado a Bero Breus. No Mirador Monte do Facho veremos Cabo Silleiro, a bocana da Ría de Vigo, as Illas Cíes, a Ría de Pontevedra coas illas deOns, toda a Costa da Vela, Finisterre e a inmensidade do Océano Atlántico. Caracola de Cabo Home. Recomendámoslle que disfrute dun dos seus espectaculares atardeceres.

Castro Beróbriga

Descubra a maxia segreda do Frendoal A Finca do Frendoal, pertence ós Condes de Canalejas. Era empregada como lugar de descanso pola familia. Construíron un fermoso "Xardín Histórico"; "O Acueducto elevado do Frendoal" que, levaba a auga dende a mina ata o pazo e por último "O Castelo de Frendoal". Todas estas construccións transpórtanos a antigos tempos encantados.

"Arco do Acueducto" "Xardín Histórico"

10

"O Castelo de Frendoal"


MARES VERDES Natureza Mรกxica e Sensorial

O Susurro Segredo da Natureza 11


Illa de Cortegada Natureza Viva Esta illa cargada de historias e lendas coma nigunha outra, foi habitada ata o ano 1970. Trátase dunha fermosa illa verde onde os máis fieles amantes da natureza poderán gozar de ata 5 bosques distintos polo sendeiro que a marca. Unha das características da illa é que está unida ao litoral do pobo de Carril por un banco de area onde se cría a popular “Ameixa de Carril” e que se pode coñecer co paso da ruta en kayak, chegando á illa dun xeito moi especial, en calma e disfrutando do contacto coa auga á vez que poderán ver aos mariscadores traballando nos seus viveiros. É sen dúbida, unha maneira diferente de disfrutar e descubrir un dos lugares máis importantes da xeografía galega.

12


Illa do Covo Paraíso de Sensacións

Para ti, para min e para todos

As persoas con algún tipo dediscapacidade tamén poderán disfrutar dun recorrido que subliña tanto a natureza circundante como as pezas de arte que a habitan e a convirten nun museo ao aire libre. É unha ruta adaptada para públicos con capacidades diversas na que se aproveita todo o potencial sensorial. A Illa do Covo é unha paraxe singular dun gran valor pola súa riqueza natural, paisaxística e cultural, permitindo á poboación disfrutar das súas áreas recreativas, culturais, deportivas e de esparcemento. Está encravada na zona periurbana da cidade de Pontevedra. Posúe accesos directos a través de pontes e pasarelas que a comunican co entorno urbano. Esta situación de privilexio a converten nun lugar de recreo, paseo e descanso de incalculable valor, a escasos cinco minutos dende o centro da cidade. 13


Lago de Castiñeiras Relaxación mental e corporal

Mámoa que se poderá visitar preto do Lago de Castiñiras

Ascendendo un pouco a montaña chegarán ao mirador de Cotorredondo, onde poderán gozar dunhas vistas privilexiadas, vendo prácticamente toda a Ría de Vigo e hacia o outro lado as Rías De Pontevedra e Arousa e incluso máis alá.

O Lago de Castiñeiras é un espazo singular no que coexisten especies autóctonas con árbores de moi distintas procedencias. Como área de recreo conta con sendeiros perfectamente definidos, numerosas fontes, parques infantís, mesas e barbacoas en gran cantidade, etc., polo que é un lugar ideal onde facer un picnic, descansar e gozar da inmensidade natural. 14


Río de Barosa Arte Natural

15

Este é un dos lugares de Galicia que todos deberían coñecer. Combina natureza con arquitectura popular e convírtense en arte. Auga, vexetación e pedra únense para formar un conxunto excepcional creado pola natureza e polo home. O lugar conta cunha deslumbrante cascada e unha serie de catorce muíños dispostos ao longo das fervenzas ao que se une unha fermosa e pequena ruta de ascenso e descenso pola outra ribeira. A zona está acodicionada como zona recreativa con fontes, mesas e incluso un restaurante dentro dun dos muíños.


Non llo contes, pero... se veĂąen non quererĂĄn marchar

Aventura 16


Multiaventura Marín Aventura Natural

Neste maravioso ecoparque os máis pequenos poderán disfrutar de estupendas actividades que non os deixarán indiferentes como lanzamentos de árbore a árbore mediante tirolinas, cordas colgantes, pasarelas, pontes tibetanos... Admáis poderán facer escalada e outras fascinantes actividades. Os máis tranquilos poderán gozar dun fermoso paseo a cabalo e moito máis.

Centro de ocio ao aire libre que non deixará indiferente a ninguén. Neste parque os nenos poderán realizar actividades como paintball ou, para os máis arriscados, descensos de vértigo polo río en kayak. Vivan experiencias inolvidábeis.

17

Multiaventura Atalaia Adrenalina Pura


Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Unha cita co Pasado Patrimonio cultural e paisaxe danse a man e permiten disfrutar a maxia escondida nalgúns dos petroglifos máis belos e significativos de Galicia no contexto ambiental que lle dá sentido. Neste parque poderán realizar actividades en familia como transformar o barro en vivendas da idade de bronce, cazar coma na prehistoria, etc., pero sobre todo terán a posibilidade de sentir de primeira man a forma de vida daqueles homes que fixeron garabatos nas pedras.

Ruta Mariñeira Cultura e Tradición

18

Será unha experiencia que lles aportará moita satisfación aos máis pequenos. Nesta ruta, que se realiza na Ría de Pontevedra, os nenos poderán participar activamente nas actividades de pesca e recollida de mariscos e, desta maneira, ademáis de aprender técnicas de pesca, achegaranse e coñecerán máis en profudidade a nosa cultura e tradición, xa que nas Terras de Pontevedra a vida no medio marítimo ten moita importancia.


PONTEVEDRA

PRAZA A PRAZA 19


A cidade, recoñecida como capital das Rías Baixas, está situada na marxe esquerda do río Lérez, nun estuario, na desembocadura do Río Lérez na Ría de Pontevedra, tamén é coñecida como a Cidade do Lérez e a "Boa Vila".

HOSPITALIDADE

Queremos ofrecerlle unha ruta distinta pola cidade. Pasearemos polas prazas máis emblemáticas de Pontevedra e poderá ver que están rodeadas dun rico patrimonio.

A Ponte do Burgo.

Moito que ver, ¿quere acompañarnos? Comezamos na Praza de Alfonso Fonseca coa Basílica de Santa María a Maior, de estilo plateresco coa curiosa figura de San Xerónimo, que é a imaxe dun santo representado con antellos.

A nosa primeira parada é na Praza do Teucro, con casas señoriais. Destaca o escudo da casa de Gago e Montenegro polo seu gran tamaño. É unha verdadeira xoia do barroco galego realizado no S. XVII.

20


Pontevedra, praza a praza, paso a paso Imos agora a Praza de Curros Enríquez, así chamada en honra ó escritor ourensán. Destaca unha fonte de ferro fundido que conta con outras 4 irmáns. A Praza de Méndez Núñez, hai anos era a Praza das Galiñas. Aquí celebrábase un mercado destas aves. Na casa que está actualmente pintada de cor morado vivíu o Almirante Méndez Núñez; trala súa morte foi unha casa onde pensadores e escritores tiñan as súas tertulias, entre eles Valle­Inclán. Na praza álzase unha estatua que honra a este escritor.

BOA VILA Acompáñenos agora a coñecer a Praza da Ferrería. O seu nome é debido ás forxas que existían nos seus soportais, feitos así para protexernos da auga.; está pegada á pequena Praza da Estrela, onde destaca a Casa das Caras, así chamada pola cantidade de caras da súa fachada, e aos Xardíns de Casto Sampedro , no medio deles está a afamada fonte da cantiga do S. XVI, o impresionante Convento de San Francisco iniciou a súa construción no S. XIII e contén no seu interior dous fermosos sepulcros medievais e pinturas murais. 21

A fonte da cantiga.


Achénguense agora á Praza da Verdura. Celebrábase un mercadillo onde se vendían verduras, castañas e froitas. No S. XIX instalouse nesta praza a Fábrica da Luz, sendo Pontevedra unha das primeiras cidades españolas en contar con este servizo. A Praza da Leña así chamada porque era onde se vendía a leña para as cociñas. Destacan nun lateral os edificios do Museo Provincial, primeiro o de Fernández López, daquela o de Castro Monteagudo e unido por unha pequena ponte ó de García Flórez. A Praza da Peregrina, co Santuario da Virxe que lle dá o nome. É unha construción tardo barroca, o que máis chama a atención é a sua planta con forma de vieira e a fachada curva. A Praza de San Xosé, está presidida polo conxunto escultórico da Tertulia con algúns dos máis ilustres que aquí viviron.Tamén atopamos aquí o Centro Sociocultural Caixanova e o Café Moderno, sede da Fundación Caixa Galicia. Rematamos esta pequena ruta na Praza de España, presidida pola Casa do Concello, fronte a ela o monumento aos Heroes de Pontesampaio,as Ruínas da Igrexa de Santo Domingos e o espacio verde da Alameda. 22


PONTEVEDRA, PRAZA A PRAZA

Alfonso Fonseca

Praza do Teucro

HOSPITALIDADE

Méndez Núñez Curros Enríquez

TRANQUILIDADE

Praza da Leña

Praza da Verdura

AMIZADE

Praza de España

A Ferrería

San Xosé 23


Todas as festas que queiras e máis

¡EN PÉ DE FESTA! ¿Quere saber cómo son? iNon llo penso dicir!, pero convídoo a descubrilas 24


Imos aló. Hai en Vilaboa, sobre todo nas parroquias de Cobres, un entroido moi especial e celébrase dunha maneira peculiar con danzas seculares. Os traxes son tamén unha tradición, vemos na foto a unha madama e un galán cos seus traxes. Non se perda "A corrida do galo"

O día 1 de maio celébrase a 'Festa dosMaios' nos municipios de Marín, Poio, Pontevedra e Vilaboa; que abarrota de cores os distintos municipios. Celébrase a chegada da primaveira, creándose verdadeiras obras de arte con flores, froitas, herbas, ovos, etc. A festa de San Miguel constitúe á súa vez un evento tradicional e unha festa xuvenil. Na antiquísima "Danza das espadas" na que mozas da vila percorren as rúas marcando os ancestrais pasos ao son da guitarra mentres se desprazan unidos polas espadas. "San Migheleiro", no que os novos marinenses, agrupados en diferentes peñas de amigos, percorren os locais de marcha sen que falte a cervexa.,

Suma e segue.... 25


Festa, festa, festa e máis festa. A Festa de San Xoán celébrase en todo o territorio de Terras de Pontevedra a noite do 23 de xuño, coa peculiaridade de ser a noite máis longa do ano. Comer sardiñas asadas e saltar a fogueira é unha tradición ancestral. As festas da Virxe da Peregrina, ten lugar tódolos anos na segunda semana de agosto. Mozas e mozos cos seus traxes levan flores á virxe. A cidade acolle a todo tipo de visitantes que se achegan á capital para gozar dos múltiples espectáculos.

Tódolos anos a finais do mes de agosto celébrase no Monte da Escusa (Castrove, San Xoán de Poio) "A Rapa das Bestas", co cabalo como protagonista.

O esplendor medieval de Pontevedra revívese na festa da Feira Franca, que ten lugar tódolos anos no primeiro fin de semana de setembro. Artesáns, espectáculos, xustas, música...

Seguimos?, hai máis das que vostede cre. 26


Temos un gran tesouro

GastronomĂ­a

se queres descubrilo...

ven desenterralo 27


Sería un pecado marchar de Terras de Pontevedra sen ter probado o famoso marisco e peixe fresco das Rías Baixas, un manxar para tódolos paladares.

Tamén no interior se pode gozar doutros pratos típicos en toda Galicia como son o Cocido Galego e o Lacón con Grelos, nos que o produto estrela é o porco, sen olvidarnos da famosa tenreira galega acompañados de verduras e legumes e, en ocasións galiña, que completan a receita. Por suposto, outro dos pratos imprescindíbeis se visita calquera punta de Galicia será o famoso Polbo á Feira. Un dos pratos con maior relevancia é o mexilón, que ademáis de ter distintas elaboracións, destacan sobre todo polo seu gran tamaño. 28


¿Verdade que non hai sabor coma o que ten a comida das avoas? Non hai Estrela Michelín que poida superar ese sabor único, polo que unha das maraviosas avoas de Galicia lles amosa unha tradicional receita galega.

Empanada de Millo con Zamburiñas Iingredietes: Masa: Fariña de Millo Recheo: Fariña de Centeo Aceite Fermento* Cebola Auga e Sal Zamburiñas

bal A n ó och C a r i ca") u r Elv i V oa " v a A (

*Gárdase un anaco de masa que serve de fermento para outras empanadas Elabórase unha masa coa fariña de millo, de centeo, o fermento, auga fervida e sal ao gusto. Amásase e cando estén tódolos ingredientes mezclados uniformemente, déixase reposar ata que esté léveda. Para elaborar faise un rustido con aceite, cebola e as zamburiñas. Móllase a bandexa do forno, na que se colocará a empanada, cun pouco do aciete do rustido e vaise montando a tapa de abaixo. Cando esté montada, esténdese ben o recheo e móntase a tapa de arriba, facéndolle un pequeno burato no medio para que respire. Unha vez lista, a chupalos dedos.


Por suposto, non hai festa sen comida nin comida sen festa... Espétalle un Pincho Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña é unha festa gastronómica de Interese Turístico Galego que se celebra no robledal de Santa Lucía (Moraña) o último domingo do mes de Xullo. O principal protagonista desta festa é o carneiro. A forma da súa preparación remóntase aos anos 20.

Slow Food Exaltación do Millo Corvo. Esta festa non só se centra na venta dos produtos feitos co millo negro, senón que engloba moito máis. Trátse dunha festa na que se poden degustar as elaboracións que se realizan con este peculiar alimento. Declarada de Interese Turístico Galego, non falte a esta festa celebrada a finais de Marzo.

O Mar na boca

Festa da Cigala de Marín. Nesta Festa que se celebra a finais de Xullo, poderán degustar un dos manxares das Rías Baixas, a cigala. Unha vez o probe, este delicioso produto marítimo quedará grabado no seu paladar. 30


6 mini rutas

enigmรกticas 31


Observatorio astronómico de Cotobade. Atópanse en Cotobade ao pé do Monte Coirego, ten unha cúpula de 4 mts. Realizan actividades didácticas e de divulgación da astronomía. Aproveite a noite das "Bágoas de San Lourenzo", vaia abrigado, leve un termo de chocolate e verá como queda máis abraido que os seus fillos.

A Calzada. Praia fluvial de Ponte Caldelas. A Calzada é a primeira praia fluvial de Galicia con bandeira azul. Atópase xunto a un precioso bosque de ribeira de bidueiros, castiñeiros e carballos. Trátase dunha zona de baño ideal, formada por unha presa de pedra habilitada para un cómodo e refrescante baño. Perfecto para as tardes de verán.

Illa de Ons. O Caribe?, sí, pero en Galicia. Ons Pertence ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.Está na Ría de Pontevedra; areas claras e augas transparentes coa cor das turquesas; o oeste, golpeado polo mar, contrasta enormemente co leste, formado por cantís e grutas de agreste beleza. Existen varias rutas de sendeirismo

32


Presa do Pontillón do Castro. Verducido.

Ideal para un día de campo e ir cos nenos. Celébranse campionatos de piragüismo e conta con tres Rutas de Sendeirismo, a do Castro, a do Outerio e a da Presa.

Combarro. Combarro pertence ao Concello de Poio. O máis destacable é a súa zona vella, onde se acha unha gran cantidade de hórreos e cruceiros, ademáis da igrexa parroquial. Está declarado Ben de Interese Cultural, Conxunto Histórico e Sitio Histórico.

Mosterio da Armenteira. Ao abrigo do Monte Castrove atopamos o cenobio de Santa María da Armenteira. Do S. XII de estilo románico alberga o único exemplo de arte mudéxar de Galicia. Actualmente está habitado por monxas cistercienses que elaboran produtos a base de camelias. Sepa que se lle gusta o lugar e quere contraer matrimonio hai lista de espera. 33


¡Non te esquezas! ¡Tráeme algo da túa viaxe! Esta frase é a típica que oímos así que poñemos un pé fóra da casa para comezar a nosa viaxe. Qué marabilla, xa estou no meu destino, pero qué levo de recordo? chaveiros, camisetas, uns pequenos zocos para colgar do espello retrovisor do coche..., por certo, non é por desilusinalo pero nunca se colgan. Non se preocupe porque temos a solución.

ARTESANÍA

SOUVENIRS GALEGA

Gustaríanos ofrecerlle distintos produtos de artesanía elaborados aquí en Galicia. Todos eles están feitos polos mellores artesáns co maior agarimo e a maior dedicación a cada peza. Así, se quere llevarlle a algún ser querido algo especial ímoslle deixar unha pequena mostra da artesanía de Galicia. 34


Sargadelo é unha das cerámicas máis coñecidas de Galicia, as súas cores branco, azul e vermello entre outros chaman a atención. (1)

(2)

Cerámica de Buño; cada peza está feita a man con moito mimo e delicadeza. Teña por seguro de que non hay unha peza igual a outra. (2).

(1)

(3)

Niñodaguía; chama a atención pola súa cor amarela; hoxe en día grazas á "gastronomía quilómetro cero", que se basa en que os ingredientes que se utilicen viaxen o menos posible, o barro convertíuse no seu aliado natural. (3) Gundivós; Lugo é a única provincia na que perviven dous centros oleiros, o que a converte en única, ademáis da cor negra das súas pezas e a gran sobriedade (5) (4) ornamental.(5) O acibeche é a pedra máxica do Camiño, os artesáns combinan de maneira excepcional esta pedra cos metais preciosos, conseguindo pezas de xoiería inmellorables.(4)

Encaixe de Camariñas; dende a Idade Media as mulleres desta vila mariñeira dedícanse ó arte de "palillar"; estes encaixes pode atopalos no axuar doméstico ou en pezas do mundo da moda.(6)

(6)

35


Ría e Terras de Pontevedra

­­­­­­­­­­­Cuntis Caldas de Reis­­­­­­­­­ ­­­­­­­­­Moraña Portas­­­­­­­­­­­­­­­­­­

­­­­­­­­­­Campo Lameiro

Barro­­­­

­­­­­­­­­Cotobade

Pontevedra­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­ Poio­

­­­­­­­­­A Lama

Marín­­ Bueu­­­­­­­­­ Cangas­­­­­

­­­­­­Vilaboa Ponte Caldelas ­­­­­­­Moaña

36


Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas. Corvos, pintigas e meigas, feitizos das menciñeiras. Podres cañotas furadas fogar dos vermes e alimañas. Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios. Oubeo do can, pregón da morte; fuciño do sátiro e pé de coello. Pecadora lingua da mala muller casada con home vello. Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernais cús, muxido da mar embravescida. Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira, guedella porca da cabra mal parida. Con este fol levantarei as chamas de este lume que asemella ao do inferno, fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, índose bañar na praia das areas gordas. ¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse na augardente, quedando así purificadas. E cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento. Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si é verdade que tendes máis poder que a humana xente, eiquí e agora, facede cos espritos dos amigos que están fora, participen con nós de esta queimada.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.