CIENCIAS SOCIAIS 2ยบ ESO
CONTIDOS MINIMOS
CRITERIOS DE AVALIACIร N
1-. CONTIDOS 1ª avaliación
2ª avalición
3ª avaliación
O inicio da idade media O nacemento de europa A consolidación dos reinos europeos A época do románico A época do gótico
Al-andalus Os reinos cristiáns hispánicos A orixe do mundo moderno O cambio cultural: renacemento e reforma O apoxeo do imperio español A crise do imperio español A europa do barroco
A poboación do mundo Unha poboación diversa Poboación e sociedade na ue, españa e galicia Cara a un mundo de cidades As cidades en europa, españa e galicia
Esta temporalización é orientativa e poderá cambiar en función da evolución do curso
2-. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN Procuramos buscar uns instrumentos de avaliación adecuados a metodoloxía empregada na aula, ós diferentes tipos de contidos (actitudinais, conceptuais e procedimentais) e que ó mesmo tempo aporten unha información significativa para ó alumno e para ó profesor. Isto fai necesario recorrer a instrumentos variados e abertos entre os que destacamos: Probas escritas. Axeitadas sobre todo para avaliar contidos conceptuais e procedimentais. Este tipo de probas debe ser moi variada, en función do tipo de contidos que se quer avaliar. Débense buscar probas adecuadas a metodoloxía usada na aula e que non busquen tanto unha repetición dos contidos asimilados como a resolución de problemas e conflictos mediante o uso deses conceptos e procedementos. Sen embargo para certos contidos propios da asinatura isto resulta bastante difícil. Nas probas escritaspoderá presentaranse ao alumnado: Textos e mapas históricos para analizar e comentar. Imaxes que proporcionan información de carácter histórico e artístico relacionadas con aspectos tratados na unidade. Feitos e conceptos para relacionar correctamente. Termos para ser definidos. Preguntas que o alumnado debe contestar a partir da información obtida na aula e n os materiais (libro, presentacións etc) Nas valoración das probas escritas ademais dos conyodos terase en conta tamén Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar. Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado. Ortografía correcta Observación sistemática do traballo do alumno na aula (traballo en equipo, intervencións en clase, participación, actitude cos compañeiros, debates, etc). É un instrumento básico, sobre todo a hora de avaliar contidos actitudinais (respecto ós dereitos dos demais, constancia e tenacidade no traballo, atención, observación e participación na clase, traballo en grupo) e procedimentais (elaboración de estratexias para resolver problemas, etc). A recollida da información pódese realizar de diferentes formas empregando unhas ou outras
segundo os contidos que se traballen: diario de clase, rexistro anecdótico, etc.Terase especialmente en conta as intervencións do alumnado na aula atendendo a: Nivel e calidade das intervencións. Mensaxe estruturado. Comportamento. Esforzo. Interese. Análise das produccións dos alumnos: pequenas investigacións, tarefas, traballos en equipo, etc. permite avaliar principalmente contidos procedimentais (estratexias para resolver problemas, elaboración de esquemas, ortografía, redacción, etc). Consideramos que o caderno de clase e o instrumento básico de traballo do alumno e polo tanto un bo instrumento de avaliación. Permite obter información sobre aspectos moi variados: contidos conceptuais (vocabulario), procedimentais (ortografía, redacción, orde, limpeza, gráficos, esquemas, mapas, resumos, etc), actitudinais (constancia no traballo, corrección de erros, etc). Na valoración dos traballos dos alumnos valorarase: Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar. Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado. Utilización de esquemas. Revisión do traballo antes de dalo por finalizado. Creatividade. Uso adecuado e guiado do ordenador e dalgunha ferramenta telemática. Uso adecuado dos manuais de consulta (enciclopedia, dicionario...) e de Internet. Utilización de Internet, de forma responsable e coa axuda, para buscar información sinxela ou resolver unha actividade. Correcta selección, interpretación e síntese da información. Entrevista individual e probas orais.
3-. CRITERIOS DE AVALIACIÓN Criterios mínimos para unha avaliación positiva do curso 1. Describir os trazos sociais, económicos, políticos, culturais e artísticos que caracterizan a Europa medieval a partir das funcións desempeñadas pola nobreza, o clero e o campesiñado e recoñecer a súa evolución ata a aparición do Estado moderno. Trátase de comprobar se os alumnos e alumnas reco ñecen os elementos básicos que caracterizan a economía feudal, o papel social dos distintos estamentos coas súas relacións, identificando os cambios sociais, culturais e artísticos que introduce o renacemento das cidades e o fortalecemento progresivo da autoridade monárquica ata a aparición do Estado moderno.
Distinguir entre as circunstancias causais e os motivos persoais que interveñen nun feito ou situación histórica concretos Recoñecer a causalidade múltiple que comportan os feitos sociais. Trátase de comprobar que se é capaz de explicar os factores que inflúen nun feito ou proceso histórico significativo, recoñecendo a xerarquización e interrelación das causas. Expoñer as principais características da organización política do Imperio Bizantino. Comprender o seu papel económico entre oriente e occidente Explicar a orixe do islam e as consecuencias do seu xurdimento na época.
Describir os diferentes frupos socis da sociedssde islámica medieval, especialmente en Al-andalus Explicar o concepto de feudalismo e situar o seu desenvolvemento durante a Idade Media. Describir a estructura e funcionamento dun feudo Explicar as características da sociedade feudal para describir as condicións de vida dos nobres, os clérigos e os campesiños. Valorar a importancia política e social da Igrexa na época medieval Coñecer os cambios económicos e políticos que ocorreron en Europa a partir do século XIII Explicar as causas e as consecuencias da expansión agraria. Describir as causas por que renaceron as cidades e explicar como vivían e traballaban os seus habitantes Expoñer as causas da crise do século XIV
2. Situar no tempo e no espazo as diversas unidades políticas que coexistiron na Península Ibérica durante a Idade Media, distinguindo as súas peculiaridades e recoñecendo na España actual exemplos da pervivencia do seu legado cultural e artístico, particularmente no mundo urbano. Pretende coñecer como se identifican as distintas etapas na formación e consolidación dos reinos cristiáns e de Al-Andalus, as características políticas, económicas, sociais e culturais fundamentais e se se recoñece a súa contribución cultural e artística a partir da análise dalgunhas obras relevantes e, en particular, a pervivencia destas contribucións nas cidades de orixe cristiá e musulmá. Coñecer o ámbito espacial de Al-Andalus. Identificar as etapas da historia de AlAndalus. Coñecer os grupos sociais que formaban a sociedade andalusí e a súas formas de vida. Valorar a importancia das cidades en Al-Andalus. Identificar as principais manifestacións da arte andalusí e valoralas como parte do noso patrimonio. Localizar os reinos cristiáns que se formaron no norte da península Ibérica tras a conquista musulmá. Valorar a presenza simultánea das culturas cristiá, islámica e xudía na Península e Baleares. 3. Valorar a identidade do período medieval galego nos seus momentos fundamentais, destacando o papel hexemónico que exerce a Igrexa na economía, na cul tura ou na articulación do poboamento e establecendo unha relación entre as súas crises sociais e a xeral do feudalismo. Trátase de saber se o alumnado é quen de situar no tempo e valorar o momento de auxe do Reino de Gali cia e as súas manifestacións culturais e sociais. Tamén, se sabe interpretar a significación particular do movemento irmandiño. Coñecer os principais trazos da organización política, a economía a sociedade e a cultura de Galicia na Idade Media 4. Distinguir os principais momentos na formación e evolución do Estado moderno destacando as caracte rísticas máis relevantes da monarquía hispánica e do imperio colonial español.Trátase de comprobar se identifican as distintas etapas da monarquía hispánica e as súas características políticas, así como o seu relevo na hexemonía europea, recoñecendo a importancia económica e política, para España e para América, do descubrimento e a formación do imperio colonial español. Así mesmo, destacar a posición dependente de Galicia neste contexto temporal e a particular forma de relación socio-económica que se establece no mundo rural galego.
Comprender como influíron os avances científicos e tecnolóxicos nas grandes exploracións da época.
Localizar as principais exploracións realizadas por portugueses e casteláns. Explicar as causas da procura de novas rutas por parte dos monarcas europeos. Recoñecer a importancia do descubrimento de novas terras na configuración do mundo na Idade Moderna. Enumerar os trazos das monarquías autoritarias. Analizar a unión dinástica das Coroas de Aragón e de Castela grazas ao matrimonio dos Reis Católicos. Explicar o fenómeno da Reforma protestante. Coñecer as dimensións do imperio español no século XVI, durante os reinados de Carlos V e Filipe II. Analizar os principais conflitos aos que fixo fronte a monarquía durante o século XVI. Coñecer os principais instrumentos de conquista do territorio americano. Describir os principais mecanismos que se utilizaron para a explotación económica das colonias americanas. Analizar os diferentes estratos da sociedade americana e a importancia do factor racial. Explicar os factores desencadeantes da crise política, social e económica española.
5. Identificar e localizar os principais estilos artísticos do Medievo e da Idade Moderna, e aplicar ese coñecemento á análise dalgunhas obras e autores representativos destes estilos. Trátase de comprobar se as alumnas e os alumnos diferencian os elementos básicos dos estilos artísticos medievais e da Idade moderna, contextualizándoos e subliñando a importancia dos estilos Románico e Barroco en Galicia.
Describir as características principais da arquitectura islámica Describir as características principais da arquitectura, a escultura e a pintura románicas e góticas Describir as características principais do estilo artístico renacentista e enumerar os seus principais representantes Identificar as características máis importantes da arquitectura, a pintura e a escultura barrocas Comparar obras dos estilos artísticos estudados. Contextualizar no tempo as diversas formas artísticas e analizar como se relacionan co desenvolvemento de novas formas culturais e novos medios de comunicación
6. Describir os factores que condicionan os compor tamentos e movementos demográficos, utilizando os conceptos e indicadores básicos, caracterizando as tendencias predominantes e aplicando este coñecemento á análise do actual réxime demográfico de Galicia e España. Preténdese avaliar se o alumnado coñece e se as alumnas e os alumnos son capaz de explicar, co voca bulario axeitado, as tendencias demográficas e as súas causas, utilizando estes coñecementos para analizar os contrastes, problemas e perspectivas que actualmente existen en Galicia, en España e no mundo. Do mesmo xeito, terán que analizarse as etapas da emigración galega e as súas consecuencias.
Coñecer a desigual distribución da poboación mundial e identificar os principais focos de concentración demográfica e os baleiros máis importantes. Describir a evolución da poboación mundial ao longo da historia. Calcular a densidade de poboación por continentes. Calcular taxas de natalidade, mortalidade e crecemento natural. Comprender o gráfico explicativo da teoría da transición demográfica. Obtér información de gráficos estatísticos de poboación. Analizar os principais factores responsables das diferenzas que existen entre os índices de natalidade e de fecundidade de distintas zonas do mundo.
Sinalar as principais características da poboación mundial, diferenciando entre países desenvolvidos e países subdesenvolvidos Analizar os trazos principais da poboación española: índices de natalidade, mortalidade, esperanza de vida e distribución da poboación
7. Identificar os trazos que caracterizan as sociedades actuais distinguindoa diversidade de grupos sociais que as configuran, e expoñendo algunha situa ción que relita a desigualdade social.Trátase de avaliar se se coñecen os trazos da organi zación social, identificando os cambios que se produciron nos últimos tempos na familia, na mobilidade social, nos valores, etc., analizando os contrastes que se producen en diferentes áreas do mundo. Adoptara-se unha actitude crítica fronte a manifestacións sexistas, racistas.... Comprender que os seres humanos teñen distintos niveis de desenvolvemento económico e que este feito dá lugar a diferentes formas de vida. Comprender como as relixións condicionan a forma de vida das sociedades. Explicar como as sociedades se organizan xerarquicamente en estratos sociais que varían dunha sociedade a outra e que evolucionan co paso do tempo. Describir os principais problemas aos que se enfronta a sociedade na actualidade: a desigualdade social e a discriminación, o crime e a delincuencia, a marxinación e a imposibilidade de cubrir as necesidades básicas. 8. Analizar o crecemento das áreas urbanas e as súas novas modalidades, a diferenciación social e funcional do espazo urbano e algúns dos seus problemas, apli cando este coñecemento a exemplos de cidades españolas e galegas. Con este criterio trátase de coñecer se o alumnado é consciente das causas que provocan o aumento da poboación urbana. Tamén se trata de avaliar, a través dalgún exemplo galego, se se identifican os sectores e funcións do espazo urbano e se se analizan os seus problemas e impactos, propoñendo medidas que con tribúan a melloralo.
Describir as principais caracteristicas dos dous tipos de hábitat do ser humano: hábitat rural e hábitat urbano. Identificar os distintos elementos que conforman a paisaxe urbana e extraer información deles para caracterizar unha cidade. Recoñecer as diferenzas que existen entre as cidades dos países subdesenvolvidos e as dos países desenvolvidos e identificar os principais problemas que afectan a cada unha delas. Analizar as principais características da poboación rural e urbana en España e Galicia, e establecer os problemas máis importantes a que se enfrontan
9. Realizar de forma individual e tamén en grupo, coa axuda do profesor, un traballo sinxelo de carácter descritivo sobre algún pazo ou mosteiro da comarca, utilizando fontes diversas (prensa, bibliografía, páxi nas web, etc.), seleccionando a información máis rele vante, integrándoa nun esquema ou guión e comunicando os resultados do estudo de forma intelixible. Trátase de avaliar en que medida o alumnado é capaz de planificar e realizar un pequeno traballo de síntese ou indagación, se selecciona información per tinente en función do obxectivo proposto e a organiza adecuadamente. Por outra parte, permite comprobar se asume con responsabilidade as tarefas que lle corresponden como membro dun grupo
Analizar e comentar textos, mapas, gráficos e imaxes Obter de información explícita e implícita a partir de fontes históricas Análise e comparación de dúas interpretacións historiográficas sobre uns mesmos feitos, distinguindo os seus puntos de acordo e de desacordo. Empregar correctamente o vocabulario específico. Elaboración, resumos ou esquemas a partir de información escrita e oral.
Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar. Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado Utilizar fontes diversas para obter, relacionar e procesar información sobre feitos sociais e comunicar as conclusións de forma organizada e intelixible, empregando para isto as posibilidades que ofrecen as TIC.Avalíase o manexo correcto dos instrumentos gráficos e cartográficos. Trátase de comprobar se se utilizan as posibilidades que proporcionan as ferramentas informáticas básicas. Realizar breves exposicións orais con correción e orden Participar en debates e discusións, empregando argumentacións razoadas con actitude crítica e tolerante.
4-. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN A nota da avaliación calcularase como sigue de: A) PROBAS ESCRITAS: Relizaranse un mínimo de dous exames escritos por avaliación. Os exames valoraranse sobre 7 puntos. A proba estará superada cunha nota igual ou superior a 3,5. Os exames farán media sempre e teñan unha nota superior a 2,25 . De non ser así a avaliación estaría suspensa ata a recuperación do exame. As probas escritas supoñen o 70% da nota de avaliación (7 puntos de 10) B) TRABALLO. A este apartado corresponde o 30 % da nota (3 puntos). Neste apartado valórase a correcta realización das tarefas na casa, as lecturas, as exposicións orais, o traballo na aula, a actitude e o comportamento. Traballos específcos 20%: Pequenas tarefas, investigacións guiadas ou lecturas, etc. O valor concreto de cada traballo pode variar de avaliación en avaliación, pois non se fan no mesmo número en cada unha delas. Pola correcta realización destes traballos pódese obter un máximo de 2 puntos Os alumnos deben realizar dúas lecturas obrigatoria á longo do curso, que acompañada da realización dun traballo sobre o libro será valorada cun máximo dun punto na avalición correspondente. Exposicóns orais: 5%. Observación do traballo na aula: realización das tarefas, intervencións e participación: 5% (ata 0,5 puntos) Para aprobar a avaliación será necesario obter neste apartado unha nota non inferior a 1 punto dos 3 que corresponden este apartado C) Traballos voluntarios: O alumnos poderán abter ata un máximo de 1 punto mediante a realización de traballos voluntarios: lecturas comentadas de libros, visionados de películas, exposicións orais sobre algún aspecto do temario, etc. A puntuación deste apartado sumarase a obtida nos dous anteriores Para aprobar a avaliación terá que obterse unha puntuación entre os tres apartados igual ou superior a 5 puntos A nota final será a media das tres avaliacións tendo en conta que: Cando todas as avaliacións teñan unha nota igual ou superior a 5 a materia estará superada e a nota final será media das tres avaliacións Cunha avaliación suspensa cunha nota non inferior a 4 e unha media das tres avaliacións igual ou superior a 5 a materia considérase aprobada En caso de ter unha avaliación suspensa cunha nota inferior a 4 a materia está suspensa En caso de ter dúas ou máis avaliacións suspensas a materia estará suspensa e a nota final será inferior a 5
En setembro realizarase unha proba escrita .Ademais de dita proba poderán esixirse para aprobar a realización de actividades complementarias que se entregarán o día do exame. A nota da avaliación de setembro non será superior a 5.
5-. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO a-. Recuperación durante o curso Ademais dos exames xa indicados poderanse facer probas escritas de recuperación ó longo do curso co fin de facilitar o aproveitamento dos alumnos con maiores dificultades. Os alumnos deberán repetir aquelas probas escritas cunha puntuación inferior a 4 e presentar tamén aqueles traballos obrigatorios non presentados ou valrados negativamente no seu momento. b-.Avaliación de alumnos coa materia pendente do curso anterior. Realizaranse ó longo de curso tres probas de acordo cos criterios de avaliación e os criteros mínimos que se establecen para o curso na presente programación. Para a preparación de ditas probas o alumno deberá realizar unha serie de actividades e entregalas antes de cada proba. Para poderse presentar as probas parciais é necesario entregar antes as actividades. Nesta caso a valoración desta tarefas poderá supoñer o 30% da nota, correspondendo o 70 % restante á proba escrita. Esta deberá corresponderse cos criterio mínimos establecidos nesta programación. De non presentar as actividades o alumno presentarase directamente á proba final no mes de maio. Ó longo do curso o profesor atenderá ós alumnos na súa hora de titoría para aclarar dúbidas ou corrixir actividades. Aqueles alumnos que non superen as ditas probas terán unha proba extraordinaria no mes de maio. c-. Probas extraordinarias En setembro realizarase unha proba escrita. Ademais poderse pedir os alumnos coa materia pendente a realización dunha serie de tarefas para a preparación do exame. Esta deberá corresponderse cos criterio mínimos.