Xeografía e Historia 4º ESO
CURSO 2014-2014 IES “POETA DÍAZ CASTRO”. GUITIRIZ
1-. OBXECTIVOS
Identificar os procesos e mecanismos que rexen a realidade social e as interrelacións entre os feitos políticos, económicos e culturais, utilizando este coñecemento para comprender o pasado e as sociedades actuais; asumir que estas son o resultado de longos procesos de cambio e dunha pluralidade de causas, e, o papel que xogan nelas os homes e as mulleres e, así mesmo, analizar os problemas máis relevantes que se deducen dese estudo Identificar e localizar no tempo e no espazo os procesos históricos e os acontecementos relevantes, co fin de adquirir unha perspectiva global da Idade Contemporánea, dentro dun marco cronolóxico preciso e dun esquema de datas clave. Comprender que o territorio e a súa ordenación son o resultado da interacción das sociedades, ao longo da historia, sobre o medio no que se desenvolven e organizan Valorar a diversidade cultural manifestando actitudes de respecto e tolerancia cara a outras culturas e cara a opinións que non coinciden coas propias, sempre que non sexan atentatorias contra a dignidade humana, sen renunciar por iso a un xuízo sobre elas Comprender o concepto de Antigo Réxime como o conxunto de elementos que caracterizan a estrutura política e socioeconómica existente nos reinos europeos nos século XVIII. Identificar os trazos básicos dunha economía de base agraria. Caracterizar os trazos da sociedade estamental. Definir as características do réxime demográfico Antigo. Valorar a intolerancia relixiosa e o analfabetismo como trazos do comportamento maioritario da sociedade do Antigo Réxime. Coñecer os trazos básicos da monarquía absoluta. Comprender e valorar os cambios que a Ilustración introduciu na mentalidade da época. Identificar os trazos que caracterizan o sistema do despotismo ilustrado. Coñecer a liñas básicas da organización e explotación de América no século XVIII. Comprender e valorar os principios que inspiraron as bases do cambio do Antigo Réxime ao liberalismo. Valorar o proceso de independencia dos EE UU como expresión da primeira revolución liberal. Explicar as causas da Revolución francesa e coñecer os trazos máis significativos das súas fases. Coñecer os principios da restauración absolutista. Comprender e valorar o proceso xeral da emancipación das colonias españolas de América. Identificar os trazos do nacionalismo. Coñecer o proceso de formación de novos estados en Europa. Coñecer as características do Estado burgués. Analizar os cambios introducidos pola revolución industrial, valorando o impacto das transformacións. Definir os trazos do capitalismo. Identificar avances científicos, técnicos e organizativos da segunda revolución industrial. Entender as diferencias entre a primeira e a segunda revolución industrial Analizar as principais causas e consecuencias da revolución demográfica. Coñecer e comprender as causas e consecuencias do imperialismo colonialista Describir e analizar a nova sociedade de clases. Comprender as causa que levan o nacemento do movemento obreiro. Coñecer e diferenciar as primeiras formas de protesta obreira.
Coñecer os trazos básicos das ideoloxías marxista e anarquista, valorando a súa incidencia no movemento obreiro. Comprender e valorar as principais causas e consecuencias máis destacadas das dúas guerras mundiais. Coñecer os puntos máis salientables das condicións da paz. Cambios nos mapa europeo Identificar os puntos clave do proceso revolucionario ruso de 1917. Coñecer os aspectos máis destacados da organización do Estado soviético Coñecer e valorar os postulados básicos dos sistemas fascistas. Analizar as actuacións máis destacadas dos réximes de Mussolini e Hitler. Comprender os trazos básicos da crise da Bolsa de 1929 e as consecuencias que dela se derivaron. Comprender e valorar as diferenzas entre o sistema democrático e ditatorial, identificando os seus trazos básicos. Diferenciar as etapas da Segunda República, as súas realizacións e dificultades. Coñecer o contexto no que se iniciou e desenvolveu a Guerra Civil . Coñecer os rasgos característicos da ditadura franquista . Comprender a división do mundo en bloques tras a fin da Segunda Guerra Mundial. Coñecer as características da Guerra Fría e coñecer os conflitos máis salientables. Coñecer e valorar o proceso de descolonización. Caracterizar o Terceiro mundo. Coñecer os trazos básicos da nova orde internacional tras a fin da Guerra Fría. Coñecer o proceso de integración da Europa unida e valorar o seu proceso. Analizar e valorar os trazos actuais do mundo islámico. Coñecer e valorar os feitos básicos da transición democrática en España. Analizar e valorar as correntes e movementos artísticos máis significativos do XIX e do XX. Analizar e diferenciar os trazos dos movementos artísticos do romanticismo e do realismo. Identificar as características e valorar as obras dos máis destacados artistas impresionistas e postimpresionistas. Analizar e valorar a arte das vangardas históricas. Identificación e distinción entre cambios estruturais e conxunturais na análise dos procesos de cambio. Determinación dalgúns aspectos de continuidade e cambio histórico e comparación da súa duración e ritmos respectivos. Distinción entre causas de longa e curta duración e consecuencias a curto e longo prazo. Distinción e clasificación de fontes históricas e o seu diferente uso e valor para o coñecemento do pasado. Análise das fontes históricas e obtención de información explícita e implícita a partir delas. Selección e utilización de recursos gráficos para a representación do tempo histórico, e elaboración de secuencias temporais utilizando as unidades e convencións cronolóxicas. Analizar e comentar textos, mapas e imaxes. Adquirir e empregar o vocabulario específico que achegan as ciencias sociais para que a súa incorporación ao vocabulario habitual aumente a precisión no uso da linguaxe e mellore a comunicación Elaboración de notas, resumos ou esquemas a partir de información escrita e oral. Análise do tempo histórico na evolución dunha sociedade. Identificación e distinción entre as circunstancias causais e os motivos persoais que interveñen nun feito ou situación histórica concretos. Análise e comparación de dúas interpretacións historiográficas sobre uns mesmos feitos, distinguindo os seus puntos de acordo e de desacordo.
Desenvolver actitudes positivas con respecto á conservación do patrimonio artístico e cultural. Comprender a singularidade do patrimonio natural, histórico, cultural e lingüístico galego, participando activamente na súa conservación e mellora. Coñecer o funcionamento das sociedades democráticas, apreciando os seus valores e principios fundamentais, asi como os dereitos e liberdades como un logro irrenunciable que hai que defender e condición necesaria para a paz, denunciando actitudes e situacións discriminatorias e inxustas e mostrándose solidario cos pobos, grupos sociais e persoas privados dos seus dereitos ou dos recursos económicos necesarios Utilizar fontes diversas para obter, relacionar e procesar información sobre feitos sociais e comunicar as conclusións de forma organizada e intelixible, empregando para isto as posibilidades que ofrecen as TIC.
2-. SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN Para a materia de Ciencias Sociais de Cuarto Curso de ESO, están contempladas tres horas semanais, polo que a distribución temporal da materia prevista para este curso é a seguinte:
Primeiro trimestre Segundo trimestre Terceiro trimestre
Unidades didácticas 1, 2, 3, 4 e 5 Unidades didácticas 6, 7, 8 e 9 Unidades didácticas 10, 11, 12 e 13
3-. CRITERIOS DE AVALIACIÓN Asumindo os criterios establecidos polo curriculo se desglosan os criterios mínimos para unha avaliación positiva do curso 1. Situar no tempo e no espazo períodos, feitos e pro cesos históricos relevantes aplicando as convencións habituais no estudo da historia. Trátase de avaliar se as alumnas e os alumnos coñe cen as principais etapas e períodos cronolóxicos e se son capaces de comprender as nociónsde simultaneidade e cambio, e os momentos e procesos que carac terizan o tránsito dunhas etapas a outras, aplicando estas nocións á evolución histórica desde o século XVIII ao momento actual. 2. Identificar as causas e consecuencias de feitos e procesos históricos significativos, establecendo cone xións entre elas e recoñecendo a causalidade múltiple que comportan os feitos sociais. Trátase de comprobar que se é capaz de explicar os factores que inflúen nun feito ou proceso histórico significativo, recoñecendo a natureza, xerarquización e interrelación das causas, así como as súas consecuen cias a curto e longo prazo. Distinguir causas de longa e curta duración e consecuencias a curto e longo prazo. Identificación e distinción entre cambios estruturais e conxunturais na análise dos procesos de cambio. Identificación e distinción entre as circunstancias causais e os motivos persoais que interveñen nun feito ou situación histórica concretos. Elaborar mapas conceptuais. Describir as principais causas e consecuencias das ondas revolucionarias liberais Explicar as causas da Revolución Rusa
Explicar as causas e consecuencias da formación dos imperios coloniais. Explicar as causas e consecuencias da Primeira e a Segunda Guerra Mundia Explicar as causas e consecuencias do proceso de descolonización Explicar as causas e consecuencias da Guerra Fría
3. Expoñer as características sociais, económicas e políticas do Antigo Réxime derivando delas as trans formacións que se producen en Europa no século XVIII e explicando os trazos significativos do refor mismo borbónico en España e en Galicia. Trátase de comprobar, partindo do coñecemento dos trazos xerais dasociedade no Antigo Réxime, que se recoñecen os cambios producidos no século XVIII, describindo o carácter centralizador e reformista do despotismoilustrado en España e Galicia, destacando neste caso os esforzos de mellora económica e a reivin dicación dunha cultura propia. Describir os trazos básicos que caracterizan ao Antigo Réxime: monarquía absoluta, réxime señorial, sociedade estamental e réxime demográfico antigo Caracterizar os trazos básicos do despotismo ilustrado. Enunciar as liñas básicas da organización e explotación de América no século XVIII. Analizar as propostas de cambio político e socioeconómico elaboradas por pensadores do século XVIII. 4. Identificar os trazos fundamentais das revolucións industriais e liberal-burguesas, valorando os grandes procesos de transformación que experimentou o mun do occidental, e analizando as particularidades destes procesos en España e Galicia en comparación con outros exemplos representativos. Búscase comprobar que se recoñecen os cambios que a revolución industrial introduciu na produción e os diferentes ritmos de implantación do proceso en Europa e en Galicia, así como as transformacións que dela se derivan coa aparición de grupos sociais que planean reivindicacións desde posicións sindicais, socialistas ou anarquistas. Tamén, comprobar se identifican e se saben explicar as bases políticas, sociais, ideolóxicas e administrativas do liberalismo e do nacionalismo e o xeito particular de implantación do Estado liberal en España e en Galicia, coa signifi cación que ten o proceso desamortizador e o sistema caciquil. Describir os trazos básicos que caracterizan o liberalismo. Describir as principais causas e consecuencias das ondas revolucionarias liberais Explicar o proceso de independencia dos EE UU e a formación da nova nación. Expoñer as causas e os principais acontecementos das fases da Revolución francesa. Analizar a Guerra de Independencia española e o triunfo da revolución liberal, valorando a obra das Cortes de Cádiz. Explicar en que consistiu a revolución agrícola e industrial. Diferenciar caractrerísitcas da Primeira e da segunda fase da Revolución Industrial. Analizar os trazos básicos da nova sociedade de clases. Recoñecer os principios da restauración absolutista e os cambios políticos dela derivados. Describir as características do Estado burgués. Identificar os trazos básicos do socialismo marxista e anarquismo. Describir as orixes do movemento obreiro e as primeiras formas de protesta organizada. Identificar os rasgos máis destacados avances técnicos, científicos e organizativos da segunda revolución industrial.
Explicar os trazos básicos da revolución demográfica
5. Explicar as razóns da hexemonía política e económica dos países europeos desde a segunda metade do século XIX, identificando os conflitos e problemas que caracterizan estes anos, tanto entre como dentro dos estados, especialmente os relacionados coa expansión colonial e coas tensións sociais e políticas. Trátase de avaliar que se coñecen os acontecemen tos máis relevantes que explican o protagonismo de Europa durante a época do imperialismo e as conse cuencias desta expansión colonial no ámbito das relacións internacionais e dos propios países. Explicar as causas e consecuencias da formación dos imperios coloniais. 6. Caracterizar e situar cronolóxica e xeográficamen te as grandes transformacións e conflitos mundiais que tiveron lugar na primeira metade do século XX. Preténdese valorar se se identifican os principais acontecementos e procesos e as súas interaccións no panorama internacional desta época como son a revolución rusa, as guerras mundiais, a gran depresión e os trazos básicos dos totalitarismos contrapoñéndoos cos réximes democráticos. Expoñer as causas e consecuencias das guerras mundiais. Describir a evolución dos grandes conflitos bélicos do século XX. Definir os obxectivos da Sociedade de Nacións e da ONU. Sintetizar as causas e os aspectos máis relevantes do proceso revolucionario ruso. Identificar as realizacións máis destacadas da URSS de Lenin e Stalin Identificar as causas da crise de 1929. Caracterizar os sistemas fascistas. Identificar as realizacións máis destacadas da Italia de Mussolini e da Alemaña de Hitler. Expoñer as principais reformas da Segunda República, así como as dificultades para levalas á práctica. Contextualizar no tempo as diversas formas artísticas e analizar como se relacionan co desenvolvemento de novas formas culturais e novos medios de comunicación Comparar obras dos estilos artísticos estudados. 7. Analizar os procesos de cambio desde a segunda metade do século XX, e aplicar este coñecemento á comprensión dalgúns dos problemas internacionais máis destacados da actualidade. Trátase de comprobar que o alumnado é quen de analizar os procesos de de descolonización, a división do mundo en bloques, a súa crise e a problemática conformación dunha nova orde mundial, co fin de comprender mellor a realidade presente. Será de inte rese comprobar a capacidade e analizar algúns pro blemas internacionais actuais á luz dos acontecementos citados. Expoñer os trazos definitorios da Guerra Fría. Caracterizar os bloques occidental e oriental. Describir o proceso da descolonización, as etapas e as principais vías seguidas polos países para alcanzar a independencia. Caracterizar o Terceiro mundo e describir a formación do bloque dos países Non aliñados. Caracterizar o proceso de formación da Unión Europea. Describir os trazos básicos do fundamentalismo islámico e das súas consecuencias. Contextualizar no tempo as diversas formas artísticas e analizar como se relacionan co desenvolvemento de novas formas culturais e novos medios de comunicación Comparar obras dos estilos artísticos estudados.
8. Identificar e caracterizar as distintas etapas da evolución política, social e económica de España e de Galicia durante o século XX e os avances e retrocesos no camiño cara á modernización económica, á consolidación do sistema democrático, e á pertenza á Unión Europea. Trátase de avaliar se o alumnado recoñece as causas da crise da monarquía parlamentaria, as políticas reformistas emprendidas durante a Segunda Repúbli ca, a quebra que supón a guerra civil, a caracteriza ción e evolución do franquismo -desenvolvemento económico e cambios sociaise a transición política ata a Constitución de 1978, e a consolidación do Estado democrático e autonómico no marco da pertenza de España e de Galicia á Unión Europea. Describir as causas, desenvolvemento e consecuencias da Guerra Civil Expoñer os trazos básicos da ditadura franquista na súa evolución política, cultural e socioeconómica. Expoñer os principais pasos dados durante a transición democrática para sentar as bases do novo sistema da monarquía parlamentaria. 9. Realizar traballos individuais e en grupo sobre algún foco de tensión política ou social no mundo actual, indagando os seus antecedentes históricos, analizando as causas e previndo posibles desenlaces, utilizando para iso diversas fontes de información, incluídas as que permitan obter interpretacións dife rentes ou complementarias dun mesmo feito. Trátase de avaliar a capacidade do alumnado para abordar, asesorado polo profesor, o estudo dunha situación do mundo en que vive, buscando os antece dentes e causas que a orixinan, aplicando os seus coñecementos para prever, desde a lóxica, as súas posibles consecuencias. Tamén de comprobar se ten iniciativa para planificar o traballo, acceder con certa autonomía a diversas fontes de información, analizar e organizar esta e presentar as conclusións de maneira clara utilizando, de ser o caso, as posibilidades que ofrecen as TIC. Analizar e comentar textos, mapas, gráficos e imaxes Analizar fontes históricas e obter de información explícita e implícita a partir delas. Análise e comparación de dúas interpretacións historiográficas sobre uns mesmos feitos, distinguindo os seus puntos de acordo e de desacordo. Empregar correctamente o vocabulario específico. Elaboración de notas, resumos ou esquemas a partir de información escrita e oral. Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar. Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado Utilizar fontes diversas para obter, relacionar e procesar información sobre feitos sociais e comunicar as conclusións de forma organizada e intelixible, empregando para isto as posibilidades que ofrecen as TIC.Avalíase o manexo correcto dos instrumentos gráficos e cartográficos. Trátase de comprobar se se utilizan as posibilidades que proporcionan as ferramentas informáticas básicas. 10. Realizar en pequeno grupo unha investigación no contorno sobre algún aspecto da historia recente, utilizando fontes orais que permitan traballar aspectos de vida cotiá e memoria histórica, e procurar conectalos a contextos máis amplos, sendo capaz de expoñer e defender as súas conclusións. Trátase de comprobar a capacidade do alumnado para valorar o papel que xogan as persoas anónimas nos procesos históricos, que se inicie nun método de investigación e que sexa capaz de elaborar conclu sións a partir de distintos datos que debe saber interpretar.
4-. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN Procuramos buscar uns instrumentos de avaliación adecuados a metodoloxía empregada na aula, ós diferentes tipos de contidos (actitudinais, conceptuais e procedimentais) e que ó mesmo tempo aporten unha información significativa para ó alumno e para ó profesor. Isto fai necesario recorrer a instrumentos variados e abertos entre os que destacamos:
Probas escritas. Axeitadas sobre todo para avaliar contidos conceptuais e procedimentais. Este tipo de probas debe ser moi variada, en función do tipo de contidos que se quer avaliar. Débense buscar probas adecuadas a metodoloxía usada na aula e que non busquen tanto unha repetición dos contidos asimilados como a resolución de problemas e conflictos mediante o uso deses conceptos e procedementos. Sen embargo para certos contidos propios da asinatura isto resulta bastante difícil. Nas probas escritaspoderá presentaranse ao alumnado: Textos e mapas históricos para analizar e comentar. Imaxes que proporcionan información de carácter histórico e artístico relacionadas con aspectos tratados na unidade. Feitos e conceptos para relacionar correctamente. Termos para ser definidos. Preguntas que o alumnado debe contestar a partir da información obtida na aula e n os materiais (libro, presentacións etc) Nas valoración das probas escritas ademais dos conyodos terase en conta tamén Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar. Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado. Ortografía correcta
Observación sistemática do traballo do alumno na aula (traballo en equipo, intervencións en clase, participación, actitude cos compañeiros, debates, etc). É un instrumento básico, sobre todo a hora de avaliar contidos actitudinais (respecto ós dereitos dos demais, constancia e tenacidade no traballo, atención, observación e participación na clase, traballo en grupo) e procedimentais (elaboración de estratexias para resolver problemas, etc). A recollida da información pódese realizar de diferentes formas empregando unhas ou outras segundo os contidos que se traballen: diario de clase, rexistro anecdótico, etc.Terase especialmente en conta as intervencións do alumnado na aula atendendo a: Nivel e calidade das intervencións. Mensaxe estruturado. Comportamento. Esforzo. Interese.
Análise das produccións dos alumnos: pequenas investigacións, tarefas, traballos en equipo, etc. permite avaliar principalmente contidos procedimentais (estratexias para resolver problemas, elaboración de esquemas, ortografía, redacción, etc). Consideramos que o caderno de clase e o instrumento básico de traballo do alumno e polo tanto un bo instrumento de avaliación. Permite obter información sobre aspectos moi variados: contidos conceptuais (vocabulario), procedimentais (ortografía, redacción, orde, limpeza, gráficos, esquemas, mapas,
resumos, etc), actitudinais (constancia no traballo, corrección de erros, etc). Na valoración dos traballos dos alumnos valorarase: Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar. Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado. Utilización de esquemas. Revisión do traballo antes de dalo por finalizado. Creatividade. Uso adecuado e guiado do ordenador e dalgunha ferramenta telemática. Uso adecuado dos manuais de consulta (enciclopedia, dicionario...) e de Internet. Utilización de Internet, de forma responsable e coa axuda, para buscar información sinxela ou resolver unha actividade. Correcta selección, interpretación e síntese da información.
Entrevista individual e probas orais.
5-. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN A nota da avaliación calcularase como sigue de: A) PROBAS ESCRITAS: Relizaranse un mínimo de dous exames escritos por avaliación. Os exames valoraranse sobre 7 puntos. A proba estará superada cunha nota igual ou superior a 3,5. Os exames farán media sempre e teñan unha nota superior a 2,25 . De non ser así a avaliación estaría suspensa ata a recuperación do exame. As probas escritas supoñen o 70% da nota de avaliación (7 puntos de 10) B) TRABALLO. A este apartado corresponde o 30 % da nota (3 puntos). Neste apartado valórase a correcta realización das tarefas na casa, as lecturas, as exposicións orais, o traballo na aula, a actitude e o comportamento. Traballos específcos 20%: Pequenas tarefas, investigacións guiadas ou lecturas, etc. O valor concreto de cada traballo pode variar de avaliación en avaliación, pois non se fan no mesmo número en cada unha delas. Pola correcta realización destes traballos pódese obter un máximo de 2 puntos Os alumnos deben realizar unha lectura obrigatoria á longo do curso, que acompañada da realización dun traballo sobre o libro será valorada cun máximo dun punto na avalición correspondente. Exposicóns orais: 5%. Observación do traballo na aula: realización das tarefas, intervencións e participación: 5% (ata 0,5 puntos) Para aprobar a avaliación será necesario obter neste apartado unha nota non inferior a 1 punto dos 3 que corresponden este apartado C) Traballos voluntarios: O alumnos poderán abter ata un máximo de 1 punto mediante a realización de traballos voluntarios: lecturas comentadas de libros, visionados de películas, exposicións orais sobre algún aspecto do temario, etc. A puntuación deste apartado sumarase a obtida nos dous anteriores Para aprobar a avaliación terá que obterse unha puntuación entre os tres apartados igual ou superior a 5 puntos A nota final será a media das tres avaliacións tendo en conta que: Cando todas as avaliacións teñan unha nota igual ou superior a 5 a materia estará superada e a nota final será media das tres avaliacións Cunha avaliación suspensa cunha nota non inferior a 4 e unha media das tres avaliacións igual ou superior a 5 a materia considérase aprobada
En caso de ter unha avaliación suspensa cunha nota inferior a 4 a materia está suspensa En caso de ter dúas ou máis avaliacións suspensas a materia estará suspensa e a nota final será inferior a 5
En setembro realizarase unha proba escrita .Ademais de dita proba poderán esixirse para aprobar a realización de actividades complementarias que se entregarán o día do exame. A nota da avaliación de setembro non será superior a 5.
6-. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO a-. Recuperación durante o curso Ademais dos exames xa indicados poderanse facer probas escritas de recuperación ó longo do curso co fin de facilitar o aproveitamento dos alumnos con maiores dificultades. Os alumnos deberán repetir aquelas probas escritas cunha puntuación inferior a 4 e presentar tamén aqueles traballos obrigatorios non presentados ou valrados negativamente no seu momento. b-.Avaliación de alumnos coa materia pendente do curso anterior. Realizaranse ó longo de curso tres probas de acordo cos criterios de avaliación e os criteros mínimos que se establecen para o curso na presente programación. Para a preparación de ditas probas o alumno deberá realizar unha serie de actividades e entregalas antes de cada proba. Para poderse presentar as probas parciais é necesario entregar antes as actividades. Nesta caso a valoración desta tarefas poderá supoñer o 30% da nota, correspondendo o 70 % restante á proba escrita. Esta deberá corresponderse cos criterio mínimos establecidos nesta programación. De non presentar as actividades o alumno presentarase directamente á proba final no mes de maio. Ó longo do curso o profesor atenderá ós alumnos na súa hora de titoría para aclarar dúbidas ou corrixir actividades. Aqueles alumnos que non superen as ditas probas terán unha proba extraordinaria no mes de maio. c-. Probas extraordinarias En setembro realizarase unha proba escrita. Ademais poderse pedir os alumnos coa materia pendente a realización dunha serie de tarefas para a preparación do exame. Esta deberá corresponderse cos criterio mínimos.