Actividades Movemento Obreiro

Page 1

MOVEMENTO OBREIRO

1-. Le o documento e contesta. a) Por que protestan os traballadores da fábrica?. b) Por que rompen as máquinas? Como se chama este tipo de protesta? c) Onde se produciron este tipo de protestas por primeira vez? por que?

Foi quemada a fábrica de tecidos e fundición de ferro dos señores bonaplata e Cía en Barcelona. As autoridades (…) enviaron toda a forza da que se podía dispor, co fin de atallar o incendio; máis foi inutil, xa que estaban determinados a facelo, conencidos de que os teares movidos por máquinas diminuían a producción do traballo manual. (…) resultaron da refriega varios mortos e feridos. 2-. Le o documento e contesta a) Fíxate na situación que se expón no primeiro párrafo: era isto o habitual na ápoca? por que? b) Expón a situación na que vivía a clase obreira na época. c) Por que cres que se prohibiron as asociacións obreiras? quen podía beneficiar estas asociacións? por que isto era tan importante para os obreiros? d) Que é un sindicato? cando nacen? que obxectivos tiñan? e) Que é unha folga?.

Señores deputados das Cortes Constituíntes: Hai anos que a nosa clase vai camiñando a súa ruína. Os salarios diminúen. O prezo dos comestibles e das habitacións e máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que reducir cada día o círculo das nosas necesidades, mandar ó taller ás nosas esposas (…), sacrificar (…) ós nosos fillos a un traballo prematuro. O mal é gravísimo, urxe remedio, e esperámolo de vos. (…) Pedímosvos unicamente o libre exercicio dun dereito: o deereito a asociarnos. Hoxe só o temos para favorecernos nos casos de enfermidade ou de falta de traballo; concédasenos en diante para poder opoñernos ás desmedidas exisencias dos donos dos tallers, establecer, de acordo con eles, tarifas de salarios (…). Petición presentada por 33.000 obreiros nas Cortes (1855) 3-. Le o documento e contesta: a) Que quere dicir “traballadores das clases de vapor”? b) Por que protestan? Cantas horas traballan as mulleres de Valls? Era habitual esta situación na época? c) Que é a A.I.T? cando chega a España? por que nesa época? Quen participou nesta asociación?

Falan os distintos delegados no Congreso da Asociación Internacional de Traballadores AIT en Barcelona.: “Os traballadores das clases de vapor de Cataluña estamos escravizados dende as cinco da mañá ata horas avanzadas da noite (…). En Reus, onde hai fábricas de primeiro orden, os traballadores sofren atrozmente, obrigados a traballar moitas horas por un escaso xornal (…). En Valls traballan as mulleres catorce ou quince hora por oito ou dez miserables pesetas (…)”.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.