Bac 1º historia

Page 1

HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEA

CRITERIOS DE AVALIACIÓN


1-. CRITERIOS DE AVALIACIÓN Criterios mínimos para unha avaliación positiva do curso 1. Obter e analizar información sobre o pasado procedente de diversas fontes, valorar a súa relevancia e establecer relacións cos coñecementos adquiridos 2. Situar no tempo e no espazo períodos, feitos e procesos históricos relevantes aplicando as convencións habituais no estudo da historia. Trátase de avaliar se as alumnas e os alumnos coñecen as principais etapas e períodos cronolóxicos e se son capaces de comprender as nocións de simultaneidade e cambio, e os momentos e procesos que caracterizan o tránsito dunhas etapas a outras, aplicando estas nocións á evolución histórica desde o século XVIII ao momento actual. 3. Identificar as causas e consecuencias de feitos e procesos históricos significativos, establecendo conexións entre elas e recoñecendo a causalidade múltiple que comportan os feitos sociais. Trátase de comprobar que se é capaz de explicar os factores que inflúen nun feito ou proceso histórico significativo, recoñecendo a natureza, xerarquización e interrelación das causas, así como as súas consecuencias a curto e longo prazo. 4. Analizar e comentar textos, mapas, gráficos e imaxes 5. Identificación e distinción entre cambios estruturais e conxunturais na análise dos procesos de cambio. 6. Distinguir causas de longa e curta duración e consecuencias a curto e longo prazo. 7. Analizar fontes históricas e obter de información explícita e implícita a partir delas. 8. Identificación e distinción entre as circunstancias causais e os motivos persoais que interveñen nun feito ou situación histórica concretos. 9. Análise e comparación de dúas interpretacións historiográficas sobre uns mesmos feitos, distinguindo os seus puntos de acordo e de desacordo. 10. Empregar correctamente o vocabulario específico. 11. Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar. 12. Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado 13. Utilizar fontes diversas para obter, relacionar e procesar información sobre feitos sociais e comunicar as conclusións de forma organizada e intelixible, empregando para isto as posibilidades que ofrecen as TIC.Avalíase o manexo correcto dos instrumentos gráficos e cartográficos. Trátase de comprobar se se utilizan as posibilidades que proporcionan as ferramentas informáticas básicas. 14. Identificar e caracterizar os trazos básicos do capitalismo do século XIX. 15. Identificar as principais características da revolución agraria, industrial e demográfica.. 16. Identificar os elementos característicos dos sistemas liberais. 17. Recoñecer nos acontecementos revolucionarios de finais do século XVIII e primeira metade do XIX as bases dos sistemas democráticos. 18. Coñecer a orixe e o desenvolvemento do proletariado. 19. Recoñecer as principais correntes de pensamento dos movementos sociais. 20. Expoñer a evolución dos métodos de loita do proletariado e valorar o proceso de internacionalización das organizacións obreiras. 21. Analizar e comentar textos e mapas históricos relacionados cos movementos nacionalistas europeos do século XIX. 22. Identificar os trazos do Estado burgués. 23. Describir os trazos das potencias burguesas europeas no XIX 24. Expoñer as causas e o desenvolvemento do proceso de formación de Italia e Alemaña. 25. Analizar os obxectivos do movemento sufraxista. 26. Identificar os elementos característicos do colonialismo. 27. Diferenciar as consecuencias do colonialismo para os países colonizadores e para os territorios colonizados. 28. Relacionar as causas da expansión imperialista coa situación económica, política, social e


29. 30. 31. 32. 33. 34. 35. 36. 37. 38. 39. 40. 41. 42. 43. 44. 45. 46. 47. 48. 49. 50. 51. 52. 53. 54. 55. 56. 57. 58. 59.

demográfica dos países europeos, EE UU e Xapón. Identificar as causas que provocaron o estalido da Primeira Guerra Mundial. Valorar as consecuencias da Primeira Guerra Mundial. Identificar os cambios territoriais que se produciron en Europa tras a finalización do conflito. Describir os trazos da Rusia tsarista. Sintetizar as causas e os aspectos máis relevantes do proceso revolucionario ruso. Identificar os elementos característicos do Estado soviético. Caracterizar a organización rusa durante a época de Lenin e a de Stalin. Caracterizar as consecuencias da crise de 1929 e a súa repercusión mundial. Identificar as principais propostas de solución á Gran Depresión. Sintetizar os postulados ideolóxicos dos sistemas fascistas. Describir as características do fascismo italiano e do nazismo alemán. Describir as relacións internacionais dos anos trinta. Explicr as causas da Segunda Guerra Mundia Sintetizar as fases da Segunda Guerra Mundial. Expoñer o proceso de organización da paz e da formación da ONU. Describir as características da Guerra Fría e da organización do mundo en bloques. Sintetizar os trazos dos dous bloques enfrontados durante a Guerra Fría. Caracterizar as principais etapas da Guerra Fría e as súas crises máis destacadas. dentificar as razóns que acabaron por provocar a crise do socialismo real e a desaparición da URSS. Describir as características das democracias liberais na segunda metade do século XX. Identificar e valorar os movementos sociais e de protesta do mundo do benestar. Describir os trazos das democracias populares. Caracterizar os principais problemas do bloque socialista. Sintetizar o proceso das revolucións democráticas da Europa do Leste e Central.. Identificar os principais factores da descolonización e das principais vías utilizadas para conseguir a independencia. Describir as características do capitalismo actual. Analizar e valorar os movementos contrarios e alternativos á globalización. Caracterizar os trazos do subdesenvolvemento nun mundo globalizado. Analizar e valorar o papel de EE UU no contexto mundial. Describir as características da configuración xeopolítica do mundo actual. Localizar e analizar as principais zonas de conflito bélico na actualidade.

6. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN: A nota nota da avaliación calcurase como segue: a) Probas escritas. 8 puntos (80% da nota da avaliación). Procurarase realizar dous exames escritos por avaliación que farán media. sempre e cando ningún deles teña unha puntuación inferior a 2,5, pois neste caso a avaliación estaría suspensa ata a recuperación desa proba. Os exames valoranse sobre 8 puntos. Nas probas escritas poderan constar de: 1. Textos, gráficas, imaxes e mapas históricos para analizar e comentar: 2. Preguntas que o alumnado debe contestar a partir da información que figura no seu libro e termos para ser definidos. b) Traballo: 2 puntos (20% da nota da avaliación) Realización das tarefas e traballos específicos: esquemas, presentacións, lecturas obrigatorias, etc; traballo na aula (atención, participación, realización das tarefas habituais, etc). Valorarase o rigor científico,o emprego de fontes variadas de información (bibliografía impresa, medios de comunicación, tecnoloxías da información) e a correcta e ordenada presentación.Valorarase tamén para completar a nota o traballo diario así como a actitude e o comportamento na aula. Ao longo do curso establecerase un libro de lectura


obrigatoria, sobro o cal o alumno deberá realizar un traballo, valorado con ata 1 punto nese trimestre. c) Traballos voluntarios: O alumnos poderán obter ata un máximo de 1 punto mediante a realización de traballos voluntarios: lecturas comentadas de libros, visionados de películas, exposicións orais sobre algún aspecto do temario, etc. A puntuación deste apartado sumarase a obtida nos dous anteriores

Para aprobar a avaliación será necesario ter unha nota igual ou superior a 5. No caso de ter suspensa algunha avaliación realizaranse probas de recuperación, para aprobar o curso será necesario ter aprobadas tódalas partes. No caso de ter unha soa parte suspensa con nota non inferior a 4, unha vez feitas as recuperacións farase media coas outras partes e si o resultado fose igual ou superior a 5 o curso estará aprobado.

7-. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO a-. Recuperación durante o curso Ademais dos exames xa indicados poderanse facer probas escritas de recuperación ó longo do curso co fin de facilitar o aproveitamento dos alumnos con maiores dificultades. Os alumnos deberán repetir aquelas probas escritas cunha puntuación inferior a 2,5 e presentar tamén aqueles traballos obrigatorios non presentados ou valorados negativamente no seu momento. c-. Probas extraordinarias En setembro realizarase unha proba escrita. Ademais poderse pedir os alumnos coa materia pendente a realización dunha serie de tarefas para a preparación do exame. Este deberá corresponderse cos criterio mínimos


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.