1-. CRITERIOS DE AVALIACIÓN Criterios mínimos para unha avaliación positiva do curso 1. Analizar e comentar textos, gráficas, estatísticas e imaxes relacionados co tema traballado. 2. Identificar e caracterizar os trazos básicos do capitalismo do século XIX. 3. Identificar as principais características da revolución agraria, industrial e demográfica. 4. Elaborar sínteses e mapas conceptuais. 5. Relacionar fontes de información diversa como explicativas de procesos históricos complexos. 6. Identificar os elementos característicos dos sistemas liberais. 7. Elaborar sínteses e mapas conceptuais. 8. Recoñecer nos acontecementos revolucionarios de finais do século XVIII e primeira metade do XIX as bases dos sistemas democráticos. 9. Coñecer a orixe e o desenvolvemento do proletariado. 10. Recoñecer as principais correntes de pensamento dos movementos sociais. 11. Expoñer a evolución dos métodos de loita do proletariado e valorar o proceso de internacionalización das organizacións obreiras. 12. Mostrar capacidade crítica á hora de analizar distintas interpretacións históricas. 13. Analizar e comentar textos e mapas históricos relacionados cos movementos nacionalistas europeos do século XIX. 14. Identificar os trazos do Estado burgués. 15. Describir os trazos das potencias burguesas europeas no XIX 16. Expoñer as causas e o desenvolvemento do proceso de formación de Italia e Alemaña. 17. Analizar os obxectivos do movemento sufraxista. 18. Identificar os elementos característicos do colonialismo. 19. Diferenciar as consecuencias do colonialismo para os países colonizadores e para os territorios colonizados. 20. Relacionar as causas da expansión imperialista coa situación económica, política, social e demográfica dos países europeos, EE UU e Xapón. 21. Identificar as causas que provocaron o estalido da Primeira Guerra Mundial. 22. Valorar as consecuencias da Primeira Guerra Mundial. 23. Identificar os cambios territoriais que se produciron en Europa tras a finalización do conflito. 24. Describir os trazos da Rusia tsarista. 25. Sintetizar as causas e os aspectos máis relevantes do proceso revolucionario ruso. 26. Identificar os elementos característicos do Estado soviético. 27. Caracterizar a organización rusa durante a época de Lenin e a de Stalin. 28. Caracterizar as consecuencias da crise de 1929 e a súa repercusión mundial. 29. Identificar as principais propostas de solución á Gran Depresión. 30. Sintetizar os postulados ideolóxicos dos sistemas fascistas. 31. Describir as características do fascismo italiano e do nazismo alemán. 32. Describir as relacións internacionais dos anos trinta. 33. Sintetizar as fases da Segunda Guerra Mundial. 34. Expoñer o proceso de organización da paz e da formación da ONU. 35. Describir as características da Guerra Fría e da organización do mundo en bloques. 36. Sintetizar os trazos dos dous bloques enfrontados durante a Guerra Fría. 37. Caracterizar as principais etapas da Guerra Fría e as súas crises máis destacadas.