Bac historia 2º

Page 1

HISTORIA DE ESPAÑA

CONTIDOS MINIMOS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN


1-. CONTIDOS MÍNIMOS • Identificación da multicausalidade dos feitos históricos, distinguindo os factores de índole económica, política, social, ideolóxica, cultural etc. • Estudo dos procesos históricos a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. A crise do Antigo Réxime (1788-1833) • Os inicios da crise: o reinado de Carlos IV (1788-1808). O impacto da Revolución Francesa. A intervención de Napoleón nos asuntos españois. • A Guerra da Independencia (1808-1914). Os inicios da guerra: do motín de Aranxuez ao Dous de maio. Organización da resistencia: as Xuntas. O reinado de Xosé Bonaparte. O desenvolvemento do conflito. A guerra conta os franceses en Galicia. • As Cortes de Cádiz: unha revolución liberal. As tendencias políticas. O proxecto liberal. A Constitución de 1812. • Cara á fin do Antigo Réxime: o reinado de Fernando VII (1814-1833). A Restauración absolutista (1814-1820). O trienio liberal (1820-1823). Independencia das colonias americanas (1810-1824). A década ominosa (1823-1833). A construción do Estado liberal (1833-1874) • Os novos intentos de creación dun Estado liberal (1833-1843). A rexencia de María Cristina (1833-1840). O carlismo. A rexencia de Espartero (1840-1843). • O reinado de Isabel II: as bases do Estado liberal (1843-1868). • Os partidos políticos. • A constitución do 45 • A década moderada (1844-1854). • O bienio progresista (1854-1856). A volta dos moderados (1856-1858). • O goberno da Unión Liberal (1858-1868). • O sexenio democrático (1868-1874). • A Constitución do 69 • O reinado de Amadeo I. • A Primeira República • Os inicios do réxime liberal en Galicia. Os pronunciamentos, O provincialismo. O republicanismo. A Restauración borbónica (1875-1898) • O sistema da Restauración. • As bases do sistema. • Bipartidismo e fraude electoral. • A dinámica política. O reinado de Afonso XII (1875-1885). A rexencia de María Cristina (1885--1902). • A oposición política. O carlismo. O republicanismo. Do rexionalismo ao nacionalismo. O movemento obreiro. • A crise de 1898. As guerras coloniais. A intervención de Estados Unidos. As repercusións do conflito. Industrialización e transformacións sociais no século XIX • Trazos da economía española no século XIX. • Pervivencia dunha economía agraria. A política agraria do Estado liberal. A situación da agricultura española no século XIX. A desamortización en Galicia. • O proceso de industrialización. As dificultades do proceso. A industria téxtil. O ferrocarril. A minaría e a industria siderúrxica. O desenvolvemento do sector financeiro.


• As transformacións demográficas e sociais. A evolución demográfica. A sociedade de clases. A condición social da muller. • O movemento obreiro. Os inicios do movemento obreiro: ludismo e asociacionismo. O movemento obreiro internacional. Marxismo e anarquismo en España. Partidos obreiros e axitación social. Sociedade, cultura e arte no século XIX • Sociedade estamental e sociedade de clases. A nova sensibilidade burguesa. As formas de vida do campesiñado. A incipiente clase obreira. • A Igrexa e a nova realidade social. • Pensamento e literatura. Conservadores, liberais e socialistas. A literatura romántica. A nova conciencia crítica: a novela realista. Os renacementos culturais nacionalistas. • A ciencia e a investigación. • A difusión da cultura. • As correntes artísticas. Goya. Neoclasicismo, Romanticismo, Realismo e Impresionismo. • Arquitectura e urbanismo. A crise da Restauración (1898-1931) • Os intentos de rexeneración do sistema da Restauración. A crise do 98 e o rexeneracionismo. As reformas institucionais. As propostas da oposición. A crise de 1909: a fin do rexeneracionismo. • A crise xeral de 1917. Antecedentes socioeconómicos e políticos. A crise militar, política e social. • A creba da monarquía parlamentaria (1917-1923). Os gobernos de concentración. Crise económica e violencia social. A guerra de Marrocos. Os comezos do nacionalismo galego. • A ditadura de Primo de Rivera (1923-1930). O directorio militar (1923-1925). O directorio civil (1925-1930). A oposición ao réxime e a fin da ditadura. A Segunda República (1931-1936) • A proclamación da Segunda República. A caída da monarquía e a instauración do goberno provisional. A conxuntura internacional. Diversidade de ideoloxías e partidos políticos. • O bienio progresista (1931-1933). A Constitución de 1931. As reformas progresistas. A oposición e a fin do goberno de Azaña. • O bienio conservador (1933-1936). A revisión das reformas progresistas. A radicalización sociopolítica: a revolución de outubro de 1934. A crise do goberno radical-cedista. • A vitoria nas eleccións da Fronte Popular. A continuación do reformismo. Problemas internos, oposición e radicalización social. • O nacionalismo galego na II República. Os partidos nacionalistas. O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. Unidade 12. Economía e transformacións sociais (1900-1936) • A evolución da economía e a política económica. Da perda colonial á Primeira Guerra Mundial (1898-1914). A conxuntura económica da Primeira Guerra Mundial (1914-1923). A ditadura de Primo de Rivera (1923-1929). A Segunda República e a crise económica mundial (1931-1936). • O problema agrario. A situación da agricultura. Estrutura da propiedade da terra: problemas e solucións. A evolución da agricultura. • A consolidación industrial. Os sectores industriais. • Os cambios demográficos e sociais. O crecemento da poboación. A mobilidade da poboación e a transformación urbana. A evolución da poboación activa. A sociedade: desequilibrios e tensións.


• O agrarismo. • A condición social das mulleres. • O movemento obreiro. Sindicatos e partidos obreiros Unidade 13. A Guerra Civil española (1936-1939) • Os inicios do conflito: da sublevación militar á Guerra Civil. A sublevación militar. O alzamento en Galicia. España dividida. • A dimensión internacional do conflito. O Comité de Non-Intervención. A axuda dos fascismos ao bando sublevado. A axuda soviética e as Brigadas Internacionais. • A evolución do conflito. Os primeiros combates e a batalla de Madrid (agosto 1936marzo 1937). A guerra no norte (abril-novembro 1937). O avance cara ao Mediterráneo (decembro 1937-novembro 1938). O final da guerra (decembro 1938-abril 1939). • Entre a guerra e a revolución: a evolución política na zona republicana. Revolución e desintegración do poder republicano. Os intentos de reorganización do poder. A reconstrución do Estado republicano. • A consolidación do bloque sublevado. Alzamento e organización do poder político. O réxime franquista: a consolidación do novo Estado. Sociedade, cultura e arte (1898-1939) • A sociedade no primeiro terzo do século XX. O impacto das innovacións tecnolóxicas. As novas formas de vida. • O papel social da Igrexa. • O mundo intelectual e literario. Modernismo e Xeración do 98. Novecentismo ou Xeración de 1914. As vangardas e a Xeración do 27. A Xeración Nós. • A arte: pintura e escultura. Continuidades e rupturas. A escola española de París. A irrupción das vangardas. • A arte: arquitectura. O Modernismo. O rexionalismo. O racionalismo. • A cultura e a propaganda durante a Guerra Civil. A España republicana. A España «nacional». • Actividade 12, páx. 298. As migracións na España contemporánea • España, país de emigrantes. • Os movementos migratorios de 1800 a 1950. As migracións transoceánicas: Alxeria e América Latina. A reorientación dos fluxos migratorios a partir de 1914. A emigración galega. • O boom migratorio (1950-1980). O éxodo rural e a explosión urbana. A emigración cara á Europa desenvolvida. A emigración galega cara a Europa e cara a outras comunidades. • As novas tendencias migratorias (a partir de 1980). As migracións internas: o retorno. A inmigración desde o Terceiro Mundo. • Tolerancia fronte ao racismo e á xenofobia: o reto do futuro. A ditadura franquista: a longa posguerra (1939-1950) • A posguerra inmediata: exaltación e represión. A exaltación de Franco como caudillo. O apoio da España tradicional. A anulación da oposición. • Os anos azuis do franquismo. Familias políticas e principios ideolóxicos. A institucionalización do Estado autoritario. • A adaptación oportunista á conxuntura internacional. Franco e a Segunda Guerra Mundial (1939-1945). O bloqueo internacional. • Autarquía e recesión económica. O impacto da Guerra Civil. A política económica: intervencionismo e autarquía. • Os primeiros opositores ao réxime. A oposición en Galicia.


A ditadura franquista: o desenvolvementismo (1950-1973) . • A rehabilitación internacional do franquismo. • O esgotamento do modelo autárquico (1950-1959). Primeiros reaxustes e fin do racionamento. Crise e oposición dos anos cincuenta. • Entre o aperturismo e o inmobilismo político (1959-1973). As novas elites. O reformismo franquista. O fortalecemento da oposición. O ocaso do réxime. • Os anos do «milagre» económico español (1959-1973). O Plan de Estabilización de 1959. Os factores do desenvolvemento económico. O boom da industria e do turismo. A fin da agricultura tradicional. • O impacto demográfico e social do desenvolvemento. Unidade 18. O final do franquismo e a transición (1973-1982) .

• O final da ditadura (1973-1975). O goberno de Arias Navarro. A reorganización da oposición. O final do desenvolvemento: a crise económica. A desaparición do ditador. • A transición á democracia: reforma ou ruptura? (1975-1977). A opción reformista de Xoán Carlos I. O desmantelamento legal do franquismo. A legalización da oposición. As eleccións ás Cortes constituíntes. • O período constituínte: unha etapa de consenso (1977-1979). A necesidade de consenso económico: os Pactos da Moncloa. O consenso sobre o marco político: a Constitución de 1978. A organización do novo Estado autonómico. • A democracia ameazada (1979-1982). A escalada terrorista. O descrédito do goberno de UCD. As presións golpistas: o 23-F. Calvo-Sotelo e a fin da UCD. • O proceso autonómico de Galicia. O Estatuto de Autonomía de Galicia. Organización política e territorial de Galicia.

Unidade 19. A España democrática (1982-2008) • A década socialista (1982-1992). O éxito electoral socialista. A evolución económica: do axuste á expansión. A política interior. A política exterior: a CEE e a OTAN. • Os cambios no poder (1992-2008). A nova recesión económica. Os escándalos de corrupción. A reorganización da oposición. A chegada do PP ao poder. A segunda lexislatura do PP e a convulsión política. A segunda etapa socialista. • A dinámica demográfica e social. A evolución da poboación. Un novo marco laboral. Os cambios sociais e culturais. • Galicia no marco español e no europeo. Os gobernos autonómicos (1982-2009). Galicia no marco español. Galicia na Unión Europea. Unidade 21. Os dereitos humanos no constitucionalismo español • Dereitos humanos e constitucións. Concepto de dereitos humanos. • O constitucionalismo do século XIX: os dereitos individuais. Os inicios do constitucionalismo español. As constitucións liberais: entre moderados e progresistas. • O constitucionalismo do século XX: os dereitos sociais. A Constitución de 1931. A lexislación franquista. A Constitución de 1978.


3-.AVALIACIÓN 3.1-. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Obter e analizar información sobre o pasado procedente de diversas fontes, valorar a súa relevancia e establecer relacións cos coñecementos adquiridos neste tema. Situar no tempo e no espazo períodos, feitos e procesos históricos relevantes aplicando as convencións habituais no estudo da historia. Trátase de avaliar se as alumnas e os alumnos coñecen as principais etapas e períodos cronolóxicos e se son capaces de comprender as nocións de simultaneidade e cambio, e os momentos e procesos que caracterizan o tránsito dunhas etapas a outras, aplicando estas nocións á evolución histórica desde o século XVIII ao momento actual. 2. Identificar as causas e consecuencias de feitos e procesos históricos significativos, establecendo conexións entre elas e recoñecendo a causalidade múltiple que comportan os feitos sociais. Trátase de comprobar que se é capaz de explicar os factores que inflúen nun feito ou proceso histórico significativo, recoñecendo a natureza, xerarquización e interrelación das causas, así como as súas consecuencias a curto e longo prazo. 3. Analizar e comentar textos, mapas, gráficos e imaxes 4. Identificación e distinción entre cambios estruturais e conxunturais na análise dos procesos de cambio. 5. Distinguir causas de longa e curta duración e consecuencias a curto e longo prazo. 6. Analizar fontes históricas e obter de información explícita e implícita a partir delas. 7. Identificación e distinción entre as circunstancias causais e os motivos persoais que interveñen nun feito ou situación histórica concretos. 8. Análise e comparación de dúas interpretacións historiográficas sobre uns mesmos feitos, distinguindo os seus puntos de acordo e de desacordo. 9. Empregar correctamente o vocabulario específico. 10. Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar. 11. Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado 12. Utilizar fontes diversas para obter, relacionar e procesar información sobre feitos sociais e comunicar as conclusións de forma organizada e intelixible, empregando para isto as posibilidades que ofrecen as TIC.Avalíase o manexo correcto dos instrumentos gráficos e cartográficos. Trátase de comprobar se se utilizan as posibilidades que proporcionan as ferramentas informáticas básicas. 13. 14. Recoñecer o funcionamento e as características do modelo absolutista de Estado implantado polos Borbóns. 15. Valorar as contradicións políticas e sociais que subxacen nos intentos de reforma emprendidos neste século. 16. Identificar as características da economía española nesta centuria. 17. Coñecer os trazos principais de Galicia no século XVIII. 18. Identificar e caracterizar os trazos básicos que definían a situación política na España de Carlos IV. 19. Analizar e caracterizar a crise do Antigo Réxime en España, resaltando tanto a súa particularidade como a súa relación co contexto internacional. 20. Capacidade para recoñecer o alcance e as limitacións do proceso revolucionario producido durante a guerra da independencia. 21. Recoñecer as características liberais da obra das Cortes de Cadiz e da Constitución de 1812 22. Identificar as causas do proceso emancipador da América española, avaliando as súas repercusións tanto para América como para España.


23. Explicar a dialéctica entre absolutismo e liberalismo durante o reinado de Fernando VII, sinalando as etapas desa confrontación, que é a orixe das loitas civís do século XIX español. 24. Coñecer as características principais da crise do Antigo Réxime en Galicia. 25. Explicar a complexidade do proceso de construción do Estado liberal. 26. Identificar o papel ideoloxías políticas, a súa formación e carácter no reinado de Isabel II. 27. Sinalar a influencia da personalidade da raíña na evolución do seu reinado, así como a súa relación cos personaxes da Corte. 28. Coñecer o papel do exército e os pronunciamento nos cambios políticos da época 29. Coñecer o impacto que o proceso desamortizador produciu na na implantación do estado liberal, así como que fins dos propostos cumpríronse e cales non. 30. Explicar os principais características das constitución de 1837 e 1845 e identificalas coas correntes moderadas ou progresistas 31. Identificar o papel dos partidos políticos, a súa formación e carácter no período do Sexenio Democrático. 32. Elaborar explicacións coherentes sobre o significado histórico do Sexenio Democrático, explicando a súa evolución política e valorando o esforzo democratizador que representou. 33. Avaliar as causas que levaron ao fracaso das experiencias republicanas e da nova monarquía de Amadeo I, destacando que papel xogaron os factores internos e os externos. 34. Recoñecer as características da Restauración borbónica en España, explicando os fundamentos xurídico-políticos e as prácticas corruptas que desvirtúan o sistema parlamentario. 35. Identificar e caracterizar o papel dos principais protagonistas deste proceso e dos movementos á marxe do bipartidismo: os incipientes nacionalismos periféricos e o movemento obreiro. 36. Coñecer as características do caciquismo, dos movementos de oposición ao réxime e do galeguismo 37. Identificar os sectores que serviron de motor no proceso industrializador español. 38. Analizar os efectos económicos das desamortizacións. 39. Explicar os principais problemas da industrialización española do século XIX 40. Analizar documentos de todo tipo (textuais, iconográficos, estatísticos) sobre a evolución económica de España durante o século XIX. Facer especial fincapé no tratamento das fontes estatísticas (cadros, gráficos, mapas económicos) e o seu comentario ou análise. 41. Identificar cada un dos elementos que contribuíron á evolución demográfica da España do século XIX e os seus factores ou causas. 42. Comprender a estrutura social da nova sociedade de clases xurdida da revolución liberal e os seus criterios de división ou estratificación social. 43. Analizar e situar cronoloxicamente os diferentes movementos sociais xurdidos na España do século XIX. 44. Coñecer e comprender as bases ideolóxicas dos diversos movementos sociais: socialismo, anarquismo, sindicalismo, así como as súas formas de organización. 45. Elaborar explicacións coherentes sobre o contido, dimensións e evolución dos cambios sociais e culturais na España de século XIX. 46. Entender os cambios sociais na Galicia da época, como o fenómeno migratorio, a vella sociedade rural e a nova estrutura social. 47. Coñecer e comprender as bases ideolóxicas e sociais do republicanismo, dos nacionalismos periféricos e do movemento obreiro no primeiro terzo do século XX. 48. Identificar e analizar os problemas políticos e sociais máis relevantes da Restauracióna inicios do século XX 49. Recoñecer as peculiaridades da Ditadura de Primo de Rivera e explicar as causas do fracaso da súa política. 50. Identificar e caracterizar o papel dos principais protagonistas deste período. 51. Coñecer o movemento obreiro galego, o agrarismo e o nacionalismo galego.


52. Situar cronoloxicamente os acontecementos máis relevantes e as etapas da Segunda República. 53. Identificar as figuras principais que interveñen neste proceso histórico de gran transcendencia. 54. Avaliar o papel dos partidos políticos e organizacións sociais na traxectoria da Segunda República. 55. Elaborar unha explicación coherente e obxectiva das causas da crise da Segunda República. 56. Analizar a transcendencia histórica da Segunda República. 57. Coñecer as diferentes formas da represión nos dous bandos 58. Explicar os apoios internacionais, así como os aspectos máis significativos da evolución das dúas zonas. 59. Identificar ás figuras máis relevantes que interveñen neste proceso histórico. 60. Avaliar o papel dos partidos políticos e organizacións sociais durante a guerra civil. 61. Recoñecer as principais características do réxime de Franco 62. Establecer o proceso da construción do novo Estado franquista e as súas consecuencias. 63. Relacionar a política franquista coa política internacional e establecer as afinidades e diferenzas existentes. 64. Recoñecer e comprender o control sociopolítico do réxime como medio de perdurabilidade. 65. Establecer as causas da política económica, as súas consecuencias sociais e cambios na España de posguerra. 66. Coñecer o desenvolvemento económico e as súas consecuencias socio-políticas. 67. Avaliar as transformacións sociais nos anos sesenta e as súas causas. 68. Comprender e explicar a represión do réxime, 69. Avaliar os límites do franquismo, as súas dificultades para sobrevivir á morte de Franco e a situación internacional. 70. Explicar o proceso electoral, a redacción e a aprobación da constitución e a consolidación do Estado das autonomías. 71. Explicar as principais características da constitución de 1978. 72. Identificar as bases que permiten afianzar a democracia. 73. Analizar o poder, a influencia e o control dos inmobilistas do franquismo para oporse a calquera cambio. 74. Comprender a evolución e os cambios da sociedade española e a súa adaptación ás novas realidades: globalización, inmigración, confrontación política. 75. Explicar a importancia da integración de España na Comunidade Económica Europea e as súas consecuencias.

3.2-. PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN O curso constará de tres avaliacións. En cada avaliación realizaranse un ou máis exámes Para aprobar a avaliación será necesario obter unha nota igual ou superior a 5 puntos. No caso de non ter superado algún dos exames realizaranse probas de recuperación. A nota nota da avaliación e a suma de: • Probas escritas. Procurarase realizar dous exames escritos por avaliación que farán media. sempre e cando ningún deles teña unha puntuación inferior a 3´5, pois neste caso a avaliación estaría suspensa ata a recuperación desa proba. Supoñen o 90% da nota de avaliación • 10% Realización das tarefas e traballos específicos. (Esquemas, presentacións, lecturas obrigatorias, etc) Traballo na aula (Atención, participación, realización das tarefas habituais, etc)


Nas probas escritas poderán presentarse presentaranse ao alumnado: • • • • •

Composicións de texto segundo o medelo da selectividade Textos e mapas históricos para analizar e comentar. Imaxes que proporcionan información de carácter histórico e artístico relacionadas con aspectos tratados na unidade. Termos para ser definidos. Preguntas que o alumnado debe contestar a partir da información aportada polo profesors na aula, obtida de libros, etc

Para aprobar o curso e necesario ter aprobadas todas as avaliacións. No caso de ter unha soa avaliación suspensa cunha nota non inferior a 4 (unha vez realizadas as probas de recuperación) fará media coas outras e se esta media resultase igual ou superior a 5 o a materia estará aprobada.

4-. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO a-. Recuperación durante o curso Ademais dos exames xa indicados poderanse facer probas escritas de recuperación ó longo do curso co fin de facilitar o aproveitamento dos alumnos con maiores dificultades. Os alumnos deberán repetir aquelas probas escritas cunha puntuación inferior a 3,5 e presentar tamén aqueles traballos obrigatorios non presentados ou valorados negativamente no seu momento. b-.Avaliación de alumnos coa materia pendente do curso anterior. Realizaranse ó longo de curso tres probas de acordo cos criterios de avaliación e os criteros mínimos que se establecen para o curso na presente programación. Para a preparación de ditas probas o alumno deberá realizar unha serie de actividades e entregalas antes de cada proba.. Esta deberá corresponderse cos criterio mínimos establecidos nesta programación. De non presentar as actividades o alumno presentarase directamente á proba final no mes de maio. Ó longo do curso o profesor atenderá ós alumnos na súa hora de titoría para aclarar dúbidas ou corrixir actividades. Aqueles alumnos que non superen as ditas probas terán unha proba extraordinaria no mes de maio. c-. Probas extraordinarias En setembro realizarase unha proba escrita. Ademais poderse pedir os alumnos coa materia pendente a realización dunha serie de tarefas para a preparación do exame. Este deberá corresponderse cos criterio mínimos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.