Composición 6

Page 1

09

COMPOSICIÓN DE TEXTO (tema de tipo histórico) OPCION 1 Baseándote nos seguintes documentos debes compoñer un texto sobre a crise da Restauración. Aberta coa perda das colonias ultramariñas en 1898, ao longo das primeiras décadas do século XX a crise vaise acentuando e manifestando en diferentes ámbitos: a disposición do Exército a tutelar a vida política (Doc.1), a crecente conflitividade social (Doc.2), os problemas bélicos en Marrocos (Doc. 3) e a exasperación da inestabilidade gubernamental (Doc.4) son algúns dos seus máis importantes síntomas. O pronunciamento de Primo de Rivera (Doc.5) supón o final do réxime constitucional. Doc. 1.-Artigo publicado na revista El Ejército Español en 1905: “Aos separatistas cataláns dilles que xa rematou a época das contemplacións; que de hoxe en adiante non se poderá berrar ‘¡Morra España!’ sen que quen o berre saiba que é perigosísimo o berralo. Aos gobernos dilles que tamén pasou a época en que poidan amosarse débiles; que é preciso arrincar de raíz a semente separatista custe o que custe. E ás Cortes dilles así mesmo que se por imprevisión dos lexisladores non hai leis contra o separatismo, as fagan axiña, porque entrementres o Exército aplicará a lei suprema, a que dita o seu inquebrantable amor a España unha e intanxible”. Doc. 2.-A UGT e a CNT convocan unitariamente a folga xeral en agosto de 1917: “Pedimos a constitución dun Goberno Provisional que asuma os poderes executivo e moderador, e prepare, previas as modificacións imprescindibles nunha lexislación viciada, a celebración de eleccións sinceras, dunhas Cortes Constituíntes que aborden en plena liberdade os problemas fundamentais da constitución política do país. Mentres non se acade ese obxectivo, a organización obreira está absolutamente decidida a manter a súa actitude de folga. Cidadáns: non somos instrumentos de desorde, como na súa impudicia nos chaman con frecuencia os gobernantes que padecemos. Aceptamos unha misión de sacrificio polo ben de todos, pola salvación do pobo español, e solicitamos o voso concurso. ¡Viva España!”. Doc. 3.-Viñeta alusiva ao desastre de Annual (1921):

Doc. 4.-A inestabilidade dos gobernos entre 1917 e 1922: ANO 1917 1917 1917 1918 1918 1918 1919 1919 1919 1920 1921

TOMA POSESIÓN 19 abril 11 xuño 3 novembro 22 marzo 9 novembro 5 decembro 15 abril 20 xullo 12 decembro 5 maio 8 marzo

CARÁCTER POLÍTICO Concentración liberal Conservador Concentración liberal Concentración nacional Concentración liberal Liberal Conservador Conservador Concentración Conservador Interino

Doc. 5,-En setembro de 1923, o xeneral Primo de Rivera xustifica así o seu golpe de Estado, aprobado pola Coroa: “Españois: Chegou para nós o momento máis temido que esperado (...) de atender o clamoroso requirimento de cantos amando á Patria non ven para ela outra salvación que liberala dos profesionais da política, dos homes que por unha ou outra razón nos ofrecen o cadro de desventuras e inmoralidades que comezaron o ano 98 e ameazan a España cun próximo fin tráxico e deshonroso. A mesta rede da política de concupiscencias colleu nas súas mallas, secuestrándoa, ata a vontade real (...). Pois ben, agora irnos recabar tódalas responsabilidades e gobernar nós ou homes civís da nosa moral e doutrina. Non temos que xustificar o noso acto, que o pobo san demanda e impón. Asasinatos (...), atracos, depreciación da moeda (...), rastreiras intrigas políticas tomando por pretexto a traxedia de Marrocos (...), precaria e ruinosa a producción agrícola e industrial, impune propaganda comunista, impiedade e incultura, xustiza influída pola política, descarada propaganda separatista (...). Non vimos chorar mágoas e vergoñas, senón poñerlles pronto radical remedio, para o que requirimos o concurso de tódolos bos cidadáns”.

31


Introducción: Referencia a funcionamento do Sistema da Restauración e a inicio reinado Alfonso XIII. Resalta que o sistema entra nunha longa crise que rematara nunha nova intervención militar e unha dictadura. 1-. Explicar os factores xerais que marcan esa longa crise citando os textos cando sexa necesario. (Moi breve, on extenderse demasiado pois aínda quedará centrarase algo maís na crise do 17 (doc 2) e nas circustancias dos ano anteriores a 1923 que levan ó golpe) • Inestabilidade plítica ◦ Fraude electoral e caciquismo. ◦ Crise dos partidos dinásticos. Indicar desaparición líderes • O problema militar. Explica causa malestar militar e a crecente inxerencia militares (doc 1) e dependencia do sistema dos militares para reprimir protestas (podes citar lei de xurisdiccións, semana tráxica, Folga 17...e ó final o golpe) Podes facer xa referencia ó tema de Marrocos ou deixalo para logo. Mellor facer agora breve mención. (Podes tratar isto despois, cando fales do desastre de Annual e facer aquí unha breve referencia) • Incremento da conflictividade social.Podes explicalo xa ó falar da folga 17 (doc 2) • Crecente inxerencia do rei en cuestións políticas e militares (citar) 2-. Explica a crise 17 como exemplo da situación e momento no que se manifestan de xeito claro e conxunto todos os problemas anteriores • Breve referencia a incidencia e consecuencias da 1º Guerra Mundial en España • Explicar crise política, militar e folga. Explica como se soluciona e destaca a maior dependencia dos militares e o relativo fracaso do mov obreiro 3-. Explica as circustancias que levan ó golpe de Primo de Rivera (docs 3 e 4) • Inestabilidade política ◦ Gobernos débiles e inestables (cita doc) • Auxe do nacionalismo vasco e catalán (destaca malestar militar xa manifestado anos antes: doc 1 lei de xurisdiccións) • Conflictividade social e crecemento do movemento obreiro: Barcelona, folgas pistolerismo...) ◦ Explica factores que provocan este crecemeto ▪ Non se lograon melloras nos anos anteriores ▪ Crise despois da Guerra ▪ Exemplo Rev Rusa ▪ Crecemento da afiliación sindical e experiencia anos anteriores ◦ Aumento dos conflictos: referencia a trienio bolxevique en andalucia, folgas en Barcelos (Canadiense...) ◦ Resposta patronal e represión resposta sindical: aumento violencia


A cuestión de Marrocos (documento 3): ◦ Explica orixe conflicto marrocos ◦ Explica por que crece o malestar entre oexército. Se non o fixeches antes podes indicar a crecente intervención dos militares na vida política: lei de xurisdiccións, Semana Tráxica, crise 17 ata culminar co golpe do 23

4-. Explica os obxectivos e apoios que fan triunfar o golpe (O documento 5)é a xustificación do golpe: ti debes explicar que circustancia o impusan quen o apoia e que obxectivos ten • Obxectivos do golpe (cita doc 5) ◦ Acabar co “desorde político”. ▪ Establecer un goberno estable e forte ◦ Frenar a “subversión social”. ▪ Acabar co movemento obreiro ◦ Poñer coto a “ameaza do separatismo” ▪ Reprimir o nacionalismo catalán ◦ Solucionar a cuestión de Marrocos ▪ Recuperar o prestixio militar • Apoios ó golpe ◦ Monarca ◦ Oligarquía. ▪ Ve na dictadura a mellor opción para manter a súa posición de dominio. ◦ Clases medias ▪ Medo á revolución. ▪ Garantizar a orde pública. ◦ Igrexa. ▪ Poñer fin o crecente anticlericalismo ▪ Medo á revolución ◦ Actitude pasiva de republicanos e socialistas. 5-. Conclusións • Fin sistema Restauración e Const 1876 • Dictadura ata 1930 • Exitos iniciais da dictadura • Problemas non resoltos volven e fin monarquía


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.