A Hixiene en Al-Andalus

Page 1

A hixiene en Al-Andalus As ablucións rituais que todo musulmán debe facer antes de cada unha das cinco oracións cotiás, así como o costume de lavar as mans ou ata de enxaugar a boca antes e despois de cada comida, eran prácticas que en Al-Andalus databan dos máis remotos tempos. As roupas e as fundas dos mobles eran así mesmo con frecuencia lavadas ou levadas ao quitamanchas. Nas casas correntes, as xentes lavábanse valéndose dun xerro e un recipiente; pero nas acomodadas podía haber verdadeiras bañeiras, que levaban o nome de abzan, ou ben se empregaban con este fin antigos sarcófagos de mármor. Algunha casa «rica» tiña baños de vapor, pero este luxo quedaba reservado para os palacios dos magnates da aristocracia. A clase media e a xente baixa ían aos baños públicos ou hammams. O hammam, ou baño mouro, era moi frecuente na España musulmá. Non había cidade, por pouco importante que fose, que non tivese varios. En Córdoba, segundo os cronistas, había trescentos, ou incluso seiscentos, a fins do século X. O seu funcionamento era o mesmo ca no resto do Occidente musulmán. Adoitaba ser propiedade do tesouro estatal, que llo arrendaba a un empresario, o cal dispoñía dun persoal de masaxistas e mozos de baño vestidos cun simple pano, así como dun encargado do gardarroupa que respondía da custodia das pezas de vestir dos bañistas, vendía a estes a pedra xabonosa con que limpaban o cabelo, e alugáballes toallas e albornoces. Pola tarde, cando o hammam estaba prohibido para a clientela masculina, un persoalfeminino substituía ao de pola mañá e pola noite, e prestaba idénticos servizos ás bañistas. A disposición do hammam era en todos sitios a mesma. Por un vestíbulo chegábase a unha primeira sala en que os bañistas se desvestían, decorada a miúdo con estatuas antigas e provista de ringleiras de perchas. Dela pasábase á sala tépeda, e desta á estufa, no centro da cal estaba a caldeira de fábrica, na que a auga se mantiña en ebulición mediante un forno disposto no soto e alimentado por feixes de ramaxe e palmeira anana. Estaba esta estufa sollada de mármore ou pedra, e sucada de regos para evacuar a auga. Nos seus muros había uns poios de fábrica sobre os cales os clientes se facían dar masaxe e enxaboar polos mozos de baño, que enchían na pía cantos caldeiros de auga fervendo eran necesarios. A iluminación e a ventilación facíanse por unha serie de fachinelos practicables, colocados en alto, en torno da cúpula que adoitaba cubrir o caldario. Unha roda de caldeiriños sacaba dun pozo ou dun alxibe a auga necesaria para manter na caldeira o nivel apetecido. A estancia no baño, que se prolongaba varias horas, era un motivo de diversión, sobre todo para as mulleres, quen, coma nun salón, se reunían coas súas amigas, merendaban incluso, e procuraban abraiar ás demais pola beleza e finura da súa roupa branca. Peiteadoras –as mesmas que acicalaban ás noivas o día da voda– prestaban os seus servizos ás bañistas; depilábanas, poñíanlles alheña, dábanlles pomadas, unxíanlles o pelo con perfumados aceites, sobre todo co de galiya (en galego, almiscre; en castelán, algalia, que era o máis estimado), e vendíanlles toda clase de ungüentos para o cuidado da da pel e de saquiños de pos aromáticos para os vestidos.


COMPRENSIÓN LECTORA NOME

2º ESO

outubro 2012 GRUPO

1) Pon outro título ó texto

2) Por que a xente de clase media e baixa acudía o Hammam?

3) Que persoal había no Hammam?

5) Que era a “estufa”? Que se facía nela? Como se quentaba?


5) Para que acudían as mulleres o hammam? A que hora o facían? Por que?

6) Escribe un texto similar a este, describindo a mesma situación pero se repetir os verbos, os sustantivos e os adxetivos

A estancia no baño, que se prolongaba varias horas, era un motivo de diversión, sobre todo para as mulleres, quen, coma nun salón, se reunían coas súas amigas, merendaban incluso, e procuraban abraiar ás demais pola beleza e finura da súa roupa branca.

7-. Suliña o texto e fai un esquema seguindo as indicación dadas na clase


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.