Prog his 2º bac

Page 1

HISTORIA DE ESPAร A 2ยบ BAC

2013-2014 1


Dentro das ciencias humanas, a historia ocupa un lugar particularmente vertebrador que a converte no eixe ordenador do pensamento e, xa que logo, a fai especialmente útil para proporcionar uns sólidos alicerces sobre os que edifica-la comprensión do conxunto das disciplinas vinculadas á actividade humana. Este alto valor formativo esixe que a presencia desta materia nos plans de estudio dos novos Bacharelatos estea suficientemente garantida nuns intres nos que os fondos cambios que experimentan as modernas sociedades, acelerados polas novas tecnoloxías, puidesen ir en detrimento da formación integral dos alumnos. O ensino da historia resulta esencial para a conservación da nosa mentalidade colectiva, polo que tamén debe proporciona-los coñecementos sobre o pasado que axuden á comprensión crítica do presente, ó tempo que fomenta o desenvolvemento dunha serie de capacidades e técnicas intelectuais propias do pensamento abstracto e formal, como a observación, a análise, a interpretación, a capacidade de comprensión empática, o exercicio da memoria comprensiva e o sentido crítico, aspectos que deben ser desenvolvidos cos procedementos axeitados. O currículo da materia de Historia de segundo curso de Bacharelato, en coherencia co disposto polo RD 3474/2000 no relativo ós seus contidos mínimos, inclúe a totalidade das etapas históricas desde a Antigüidade ata os nosos tempos, aínda que cun protagonismo meirande das sociedades contemporánea e actual. Por outra banda, tendo en conta que unha das funcións dos centros educativos é a de transmiti-la cultura propia da sociedade na que se insertan, trátase de garanti-la presencia neste currículo dos aspectos máis salientables do pasado histórico de Galicia, non como un catálogo pechado senón como elementos orientativos a desenvolver polo profesorado de acordo coa súa propia programación. Deste xeito, preténdese que tódolos estudiantes teñan ocasión de coñece-la historia de España e de Galicia tratada de xeito continuo e global e atendendo tanto ós elementos comúns como ós diversos.

1-. METODOLOXÍA Débese enfocar a ensinanza-aprendizaxe da Historia superando definitivamente a tradición escolar positivista que reducía a materia a unha apretada síntese de acontecementos, apoiándose exclusivamente nunha metodoloxía de transmisión-recepción e na que os documentos eran meras ilustracións dun discurso pechado. No momento actual estase a establecer un consenso emerxente entre expertos en educación sobre a importancia que teñen os valores e actitudes (tanto da persoa que aprende como da que ensina) no proceso de construcción de coñecementos novos, porque condicionan o seu resultado. De aí que no deseño de actividades para concretar os contidos da programación e no traballo diario, o profesor debe intentar que o alumno experimente avances constatables no interese polo coñecemento histórico e o seu rigor dunha banda, e na asunción de valores socialmente positivos pola outra. Neste sentido o traballo con textos históricos, o seu comentario e a realización de exercicios de sentrse considerensa fundamentais. O comentario de textos e outros documentos de carácter histórico (mapas, gráficas, taboas estatísticas...) segue sendo un procedemento fundamental. A razón non consiste unicamente no feito de que as Probas de Acceso á Universidade teñan ó comentario como algo esencial na avaliación dos alumnos, senón tamén na utilidade que o traballo directo nas aulas con documentos históricos ten no proceso de formación. En efecto, moitos dos obxectivos que como docentes nos marcamos na formación dos alumnos, en canto a coñecementos, capacidades e actitudes, poden ser acadados con maior efectividade na medida en que os situemos en contacto directo coas propias testemuñas que o pasado nos lega. Dito doutro xeito, o comentario non debe servir unicamente para avaliar, senón tamén para transmitir coñecementos, fomentar capacidades e promover actitudes; é dicir, para ensinar. A aprendizaxïe conceptos non se pode confundir coa simple memorización de datos e definicións, xa que se trata de construccións mentais, progresivmente complexas, que facilitan a comprensión da evolución histórica. A consolidación dos conceptos de causalidade; os relacionados co tempo histórico (cambio, continuidade, desenvolvemento, progresión,

2


regresión...); os relacionados con fontes do coñecemento histórico (por exemplo o concepto de evidencia); ou os de semellanza e diferencia, xogan un papel esencial neste proceso. Pero o desenvolvemento de conceptos históricos está indisolublemente unido á adquisición de determinadas destrezas cognitivas ou de procedementos (indagación, construcción de explicacións causais, traballo con informacións variadas...). 1.1-. TRATAMENTO DE FOMENTO DAS TIC O recurso as novas tecnoloxías terá unha presenza constante no que a recursos didácticos se refire coa utilización do canón para proxectar material de apoio . Así mesmo sempre que se considere oportuno estarán presentes cando se trate de buscar, obter e seleccionar información do ámbito, de fontes escritas, iconográficas e audiovisuais. Todas estas actividades han de ter como marco de referencia o Plan para fomento das TIC aprobado no curso 2008-2009. Para incorporar as TIC na aula poderanse utilizar unha serie de recursos integrados cos contidos e actividades de Ciencias Sociais para cuarto curso, que complementan e amplían. Busca de información

Selección de información

Tratamento da información produción de textos Cazas do tesouro

Animacións Actividades interactivas

Presentacións Proxectos

Utilización de bibliotecas, xa sexan físicas ou virtuais; uso de Internet: busca guiada de información mediante buscadores e consulta de enderezos web específicos; utilización de dicionarios, tradutores dixitais e enciclopedias virtuais; consulta de diarios e revistas en formato dixital... Exposición ao alumno/a de cales son os criterios de selección de información: que páxinas web son as máis adecuadas e fiables, como se debe ordenar a información obtida... e Proposta de redacción de traballos e de textos de carácter propio, relacionados cos distintos aspectos da materia, mediante procesadores de texto, e o uso de correctores ortográficos para a revisión final. Proposta de busca de información por medio da web. Formulación dunha serie de preguntas e unha gran pregunta (actividade máis elaborada). Para respondelas, o alumno/a debe buscar información por Internet nas páxinas webs indicadas ou noutras. Explicación de contidos de índole moi diversa (conceptos, procedementos...) por medio de imaxes animadas e textos. O alumno/a responde seleccionando a opción adecuada, clasificando elementos de diferentes grupos ou situándoos na súa posición correcta… Ao finalizar, o programa informa dos acertos e erros, e dáse a oportunidade de corrixilos (aplicables no encerado dixital Interactivo). Traballos multimedia, presentacións creativas de textos, esquemas, realización de diapositivas... Proposta de: • Unha busca de información mediante a web. Formulación dunha serie de actividades de investigación orientadas a un produto final. Para realizalas, o alumno/a debe buscar información por Internet nas páxinas webs indicadas (aprendizaxe por investigación). • Utilización de procesadores de texto para redactar, organizar, almacenar, imprimir e presentar documentos diversos, aproveitando todas as súas ferramentas: tipos de formato, inserción de imaxes e gráficos, correctores ortográficos e gramaticais... • Uso de programas que lle permiten ao alumno/a realizar exposicións e presentacións (Power Point, ou similares), como traballos multimedia, presentacións creativas de textos, esquemas, ou realización de diapositivas, facilitando a creatividade e a interactividade do alumno/a.

3


2-. OBXECTIVOS • Identificar os procesos e mecanismos que rexen a realidade social e as interrelacións entre os feitos políticos, económicos e culturais, utilizando este coñecemento para comprender o pasado e as sociedades actuais; asumir que estas son o resultado de longos procesos de cambio e dunha pluralidade de causas, e, o papel que xogan nelas os homes e as mulleres e, así mesmo, analizar os problemas máis relevantes que se deducen dese estudo • Identificar e localizar no tempo e no espazo os procesos históricos e os acontecementos relevantes, co fin de adquirir unha perspectiva global da Idade Contemporánea, dentro dun marco cronolóxico preciso e dun esquema de datas clave. • Comprender que o territorio e a súa ordenación son o resultado da interacción das sociedades, ao longo da historia, sobre o medio no que se desenvolven e organizan • Valorar a diversidade cultural manifestando actitudes de respecto e tolerancia cara a outras culturas e cara a opinións que non coinciden coas propias, sempre que non sexan atentatorias contra a dignidade humana, sen renunciar por iso a un xuízo sobre elas • Identificación e distinción entre cambios estruturais e conxunturais na análise dos procesos de cambio. • Determinación dalgúns aspectos de continuidade e cambio histórico e comparación da súa duración e ritmos respectivos. • Distinción entre causas de longa e curta duración e consecuencias a curto e longo prazo. • Distinción e clasificación de fontes históricas e o seu diferente uso e valor para o coñecemento do pasado. • Análise das fontes históricas e obtención de información explícita e implícita a partir delas. • Selección e utilización de recursos gráficos para a representación do tempo histórico, e elaboración de secuencias temporais utilizando as unidades e convencións cronolóxicas. • Analizar e comentar textos, mapas e imaxes. • Adquirir e empregar o vocabulario específico que achegan as ciencias sociais para que a súa incorporación ao vocabulario habitual aumente a precisión no uso da linguaxe e mellore a comunicación • Elaboración de notas, resumos ou esquemas a partir de información escrita e oral. • Identificación e distinción entre as circunstancias causais e os motivos persoais que interveñen nun feito ou situación histórica concretos. • Análise e comparación de dúas interpretacións historiográficas sobre uns mesmos feitos, distinguindo os seus puntos de acordo e de desacordo. • Coñecer o funcionamento das sociedades democráticas, apreciando os seus valores e principios fundamentais, asi como os dereitos e liberdades como un logro irrenunciable que hai que defender e condición necesaria para a paz, denunciando actitudes e situacións discriminatorias e inxustas e mostrándose solidario cos pobos, grupos sociais e persoas privados dos seus dereitos ou dos recursos económicos necesarios • Comprender a lenta transición do Antigo Réxime ao Estado liberal en España durante o primeiro terzo do século XIX, e recoñecer niso a influencia da Revolución Francesa e da invasión napoleónica. • Coñecer a lexislación liberal elaborada polas Cortes de Cádiz, especialmente a Constitución de 1812, e valorala no seu contexto. • Coñecer o reinado de Fernando VII e identificar os elementos de pervivencia do Antigo Réxime e os cambios liberais, base da formación do futuro Estado liberal. • Estudar os principais acontecementos políticos e as transformacións na organización do Estado producidas entre 1833 (morte de Fernando VII, último monarca absolutista) e 1874 (restauración da monarquía borbónica na figura de Afonso XII). • Analizar as fases e os aspectos máis relevantes do proceso de construción dun Estado liberal en España entre 1833 e 1874, así como as figuras políticas máis significativas.

4


• Diferenciar as características específicas do lento proceso de imposición do liberalismo en España: a fraude electoral, a intervención do exército e as dificultades para romper coas estruturas do Antigo Réxime. • Valorar criticamente a actuación das figuras políticas do século XIX e a transcendencia dos cambios operados na organización do Estado. • Comprender as características do novo sistema político da Restauración borbónica: restablecemento da monarquía, pacificación militar, estabilidade política e bipartidismo, e coñecer os seus principais protagonistas. • Analizar as bases do sistema da Restauración (fraude electoral, quenda pacífica e caciquismo) e valoralas como factores que contribuíron á crise do sistema. • Coñecer o papel dos movementos situados á marxe da Restauración (carlismo, republicanismo, movemento obreiro e nacionalismo) e valorar a súa exclusión do sistema. • Comprender as causas da crise de 1898, así como as súas repercusións económicas, políticas e culturais. • Coñecer as transformacións económicas, demográficas e sociais que se produciron en España ao longo do século XIX, e como estas repercutiron na construción dun Estado liberal e dun sistema económico liberal-capitalista. • Comprender por que o proceso de industrialización foi parcial e insuficiente, co que se mantivo a hexemonía da economía agraria na maior parte do territorio español. • Comprender como eses cambios favoreceron a aparición dunha nova sociedade de clases e condicionaron a conformación do movemento obreiro en España. • Analizar e comprender a influencia social da Igrexa a través da educación e da cultura. • Recoñecer a escasa relevancia científica de España, como reflexo do seu atraso industrial. • Coñecer os factores políticos, sociais e económicos que provocaron a desintegración do réxime da Restauración. • Identificar as causas que provocaron a ditadura de Primo de Rivera. Coñecer as súas características e como o seu fracaso supuxo a fin da monarquía e do sistema da Restauración. • Coñecer os factores que causaron a proclamación da Segunda República. • Situar cronoloxicamente as distintas fases da Segunda República, os acontecementos máis relevantes, así como as diferentes forzas políticas e sindicais que participaron no seu desenvolvemento. • Valorar a vontade democratizadora e modernizadora do proxecto republicano, plasmada na Constitución de 1931 e na lexislación reformista, e coñecer as dificultades que se deron para a súa culminación. • Comprender e analizar como a crecente polarización da sociedade española entre dereitas e esquerdas foi condicionando toda a acción política e culminou co golpe de Estado que daría lugar á Guerra Civil. • Coñecer os principais trazos da evolución da economía española durante o período 1898-1936. • Comprender a magnitude dos problemas económicos e sociais, así como as políticas deseñadas desde o Estado para afrontalos. • Comprender a relación entre os profundos desequilibrios e desigualdades sociais e as tensións sociais. • Coñecer os cambios demográficos que experimentou a sociedade española (as súas causas, a emigración e as transformacións urbanas que propiciou), así como a condición social das mulleres. • Coñecer as intencións da sublevación militar e como esta derivou nunha Guerra Civil. • Valorar a transcendencia da axuda internacional aos distintos bandos e coñecer a evolución da guerra ata o seu desenlace. • Analizar a evolución política interna das dúas zonas e comprender como iso foi decisivo para a caracterización da futura ditadura de Franco.

5


• Valorar os custos humanos da guerra e comprender as consecuencias que ha ter este enfrontamento na realidade contemporánea de España. • Coñecer as diferentes tendencias culturais e artísticas do período, así como os principais intelectuais e artistas e o seu legado na cultura española. • Comprender a importancia da propaganda na Guerra Civil como medio transmisor de ideoloxía, así como o papel asumido polos intelectuais na contenda. • Coñecer os factores desencadenantes das migracións experimentadas na España contemporánea e os diferentes tipos de migracións segundo os períodos e os destinos. • Comprender as consecuencias dos desprazamentos na economía, na política e na cultura de España. • Analizar e comprender os motivos de que España sexa actualmente un país receptor de emigrantes. • Valorar os distintos tipos de problemas que ha ter que afrontar a poboación inmigrante e os que lle xorden á sociedade española. • Rexeitar as actitudes xenófobas e racistas, así como fomentar o respecto e a tolerancia valorando as achegas da inmigración. • Coñecer as bases sociais, ideolóxicas e políticas sobre as que se fundamentou a ditadura franquista e como Franco utilizou os primeiros anos da súa ditadura para reafirmar o seu poder persoal. • Analizar a política exterior e a política económica levadas a cabo nos primeiros anos do franquismo e coñecer realidades como a da fame que sufriu a maioría dos españois. • Valorar como o exilio de centenares de miles de españois e a feroz represión e a censura durante a posguerra supuxeron a humillación para os vencidos e agudizaron a división entre as dúas Españas. • Coñecer como, a pesar das dificultades, xurdiron os primeiros actos de oposición á ditadura. • Estudar a evolución da España franquista desde principios da década dos anos cincuenta, cando comezou a fin do illamento internacional do réxime, ata 1973, cando se agravaron as dificultades internas do franquismo. • Analizar as fases e os principais aspectos da evolución política e económica de España entre 1950 e 1973. • Coñecer a singular evolución política da ditadura, que, á vez que propiciaba a apertura económica, defendía o inmobilismo político. • Valorar o papel da oposición na recuperación da democracia • Estudar a situación de España nos últimos anos do franquismo (1973-1975), os inicios do proceso de transición (1975-1977), o período constituínte (1977-1979) e a crise por causa do desgaste do goberno e das ameazas de involución (1979-1982). • Coñecer a evolución da situación política que levou á transición democrática e os problemas desta, como a crise económica, as ameazas involucionistas e as accións terroristas. • Valorar os factores que levaron ao éxito da transición e o papel que desempeñaron as principais figuras políticas do momento. • Valorar a consolidación da democracia ao longo do período e a normalidade con que se produciron os cambios políticos no poder. • Analizar as causas das respectivas vitorias electorais do PSOE e do PP e os logros dos seus gobernos, así como as razóns do seu declive. • Coñecer as reformas producidas en España desde 1982, e valorar como iso contribuíu ao maior período de progreso e estabilidade da súa historia. • Comprender no seu contexto histórico os principais cambios demográficos, laborais, sociais e culturais desde 1982 ata hoxe.

6


3-. CONTIDOS 3.1-. Unidades Didácticas Unidade 1. A historia e o coñecemento histórico Obxectivos • Estudar o concepto de historia, así como a evolución da visión e das formas de construír e reconstruír a historia. • Coñecer as principais tendencias e correntes historiográficas da historia contemporánea de España durante os séculos XIX e XX. • Diferenciar as formas literarias, narrativas e pouco científicas de construír a historia na primeira metade do século XIX; a do positivismo, de finais do XIX e principios do XX; e a evolución historiográfica do século XX. • Coñecer as fontes históricas das que se serve o historiador/a para obter a información e construír as sínteses explicativas. • Valorar o complexo traballo do historiador/a: a selección de fontes e o procesamento de datos, a formulación de hipóteses de traballo, os distintos métodos utilizados no proceso de investigación e a elaboración de interpretacións integradoras. Contidos Conceptos • O concepto de historia. Historia tradicional e nova historia. • A historiografía española contemporánea. A historiografía española no século XIX. A historiografía liberal e a historiografía positivista. A historiografía española no século XX. A historiografía desde a posguerra. • As fontes historiográficas. Clasificación e tipoloxía das fontes. A crítica das fontes. • A investigación histórica. O método científico. O método comparativo. Procedementos • Identificación dos tipos de fontes históricas, primarias e secundarias, sexan de índole textual, gráfica, cartográfica, material etc. • Análise crítica das fontes e establecemento de relacións entre os feitos e as súas posibles interpretacións, así como identificación da multicausalidade dos feitos históricos. • Preparación e realización dun debate sobre o uso e a manipulación da historia. Valores • Interese pola comprensión do presente a través do estudo do pasado e predisposición a buscar as causas dos feitos e das situacións actuais nos antecedentes históricos. • Importancia da historia e do historiador/a na actualidade como analista do pasado e do presente da sociedade. • Valoración crítica da obxectividade e da subxectividade do historiador/a na análise da información e o rigor na selección das fontes. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes e tomar apuntamentos. • Ler os puntos clave e o esquema da unidade. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen.

7


Unidade 2. A Península Ibérica na Prehistoria e na Historia Antiga Obxectivos • Coñecer os trazos fundamentais da Península Ibérica e de Galicia na Prehistoria e situar os principais enclaves arqueolóxicos. • Identificar as principais áreas culturais da Iberia prerromana, ibérica e celta, configuradas a partir do substrato autóctono e das achegas de pobos como os fenicios, os gregos e os cartaxineses. • Coñecer o proceso de conquista da Península Ibérica e de Galicia por Roma e as dificultades para someter os pobos de Hispania, así como os factores que favoreceron a romanización. • Comprender como os cambios que se produciron no Baixo Imperio romano facilitaron a penetración de pobos xermánicos e a organización dun Estado visigodo. Contidos Conceptos • A Península Ibérica na Prehistoria. Os primeiros poboadores. Cronoloxías, achados e trazos principais do Paleolítico Inferior, Medio e Superior, e do Epipaleolítico. A revolución agraria e metalúrxica. O Neolítico. A Idade dos Metais. • A Iberia prerromana (1000-218 a. C.). As migracións indoeuropeas. As colonizacións mediterráneas: fenicios, gregos e cartaxineses. O impacto das colonizacións. O xurdimento da cultura ibérica. A cultura castrexa. • A Iberia prerromana (1000-218 a. C.). As migracións de pobos de orixe indoeuropea. As colonizacións de pobos mediterráneos: fenicios, gregos e cartaxineses. O impacto das colonizacións. • A Hispania romana. A conquista romana (218-19 a. C.). Os trazos da romanización: a economía e a organización política e administrativa. Conquista e romanización da Gallaecia. • A caída do Imperio e a Hispania visigoda. A Hispania baxoimperial: crise económica e ruralización. A fin do Imperio romano de Occidente. O reino suevo de Galicia. O reino hispanovisigodo de Toledo (554-711). A inestabilidade do reino visigodo. Procedementos • Aplicación de categorías temporais para a análise do tempo histórico e a localización xeográfica dos feitos históricos. • Elaboración de pequenos traballos de síntese. Valores • Interese por coñecer os antecedentes históricos máis afastados que configuraron o pasado histórico común da Península Ibérica. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes e tomar apuntamentos. • Ler os puntos clave e o esquema da unidade. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen. • Debater sobre os temas propostos.

8


Unidade 3. A Península Ibérica na Idade Media Obxectivos • Analizar a ruptura que supuxo a invasión musulmá con respecto á tradición hispanovisigoda. • Comparar a solidez das estruturas políticas, económicas e sociais de Al-Andalus co marco rural e a marxinalidade dos pequenos Estados cristiáns que se organizaron nas montañas cántabro-pirenaicas. • Coñecer o proceso de formación dos Estados cristiáns e a súa expansión cara a terras andalusís. Comparar como se orixinaron a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón. • Analizar a crise da Baixa Idade Media e o seu desenvolvemento nos dous reinos máis importantes, a Coroa de Aragón e a Coroa castelá. • Coñecer as características políticas, económicas e sociais de Galicia durante a Idade Media. Contidos Conceptos • Al-Andalus: do emirato ao califato de Córdoba. A rápida conquista. O emirato de Córdoba (711-929). O califato de Córdoba (929-1031). Os reinos cristiáns do norte peninsular. O desigual mundo peninsular. • A expansión dos reinos hispano-cristiáns: reconquista e repoboación (séculos XI, XII e XIII). Factores da expansión cristiá. A consolidación dos reinos cristiáns. • A crise da Baixa Idade Media (séculos XIV e XV). Crise e decadencia na Coroa de Aragón. A crise na Coroa de Castela. • A Galicia feudal. O reino de Galicia. O camiño de Santiago. Economía e sociedade feudal. A crise en Galicia. Procedementos • Estudo dos procesos históricos a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. • Elaboración de pequenos traballos de síntese. • Análise e interpretación de fontes cartográficas. • Preparación e realización dun debate sobre o carácter da Reconquista. Valores • Valoración da importancia do período medieval para a configuración da actual diversidade e unidade política, humana, lingüística e cultural de España. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes e tomar apuntamentos. • Ler os puntos clave e o esquema da unidade. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen. • Debater sobre os temas propostos. • Actividades TIC: • Actividade 6, páx. 64. • Actividade 7, páx. 64.

9


Unidade 4. España na Idade Moderna Obxectivos • Analizar a orixe, a hexemonía e a decadencia do Imperio Español, así como identificar a base política e económica de devandito proceso histórico, e coñecer os recursos burocráticos, militares e financeiros que catapultaron o liderado da monarquía hispánica en materia de política internacional durante o século XVI. • Identificar e analizar os factores políticos, ideolóxicos, económicos, demográficos e relixiosos que provocaron a decadencia do Imperio Español no século XVII. • Coñecer a realidade política de España no século XVIII, marcada polo absolutismo de Felipe V, o movemento ilustrado e o reformismo de Carlos III, así como analizar as relacións internacionais, determinadas polo Tratado de Utrecht e polos conflitos europeos, e comprender a diversidade socioeconómica e demográfica dos territorios da Península Ibérica. • Reflexionar sobre a transcendencia histórica do contexto político, económico e social de España na Idade Moderna. • Coñecer as características políticas, económicas, demográficas e sociais de Galicia no Antigo Réxime. Contidos Conceptos • A formación do Imperio Español. A orixe do Estado moderno. Os Reis Católicos. A hexemonía española (século XVI). A decadencia do imperio (século XVII). • A España borbónica. Crise dinástica e guerra de Sucesión. As bases do Antigo Réxime. A evolución demográfica, económica e social (século XVIII). • Galicia no Antigo Réxime. A estrutura política. A estrutura social. Poboación e economía. Procedementos • Estudo dos procesos históricos a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. • Elaboración de pequenos traballos de investigación. • Análise e interpretación de fontes cartográficas. Valores • Interese por coñecer as causas da hexemonía e a decadencia do Imperio Español, así como os cambios na organización política e social do país que se produciron no século XVIII. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes e tomar apuntamentos. • Ler os puntos clave e o esquema da unidade. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen. • Debater sobre os temas propostos.

10


Unidade 5. A crise do Antigo Réxime (1788-1833) Obxectivos • Comprender a lenta transición do Antigo Réxime ao Estado liberal en España durante o primeiro terzo do século XIX, e recoñecer niso a influencia da Revolución Francesa e da invasión napoleónica. • Coñecer a lexislación liberal elaborada polas Cortes de Cádiz, especialmente a Constitución de 1812, e valorala no seu contexto. • Coñecer o reinado de Fernando VII e identificar os elementos de pervivencia do Antigo Réxime e os cambios liberais, base da formación do futuro Estado liberal. Contidos Conceptos • Os inicios da crise: o reinado de Carlos IV (1788-1808). O impacto da Revolución Francesa. A intervención de Napoleón nos asuntos españois. • A Guerra da Independencia (1808-1914). Os inicios da guerra: do motín de Aranxuez ao Dous de maio. Organización da resistencia: as Xuntas. O reinado de Xosé Bonaparte. O desenvolvemento do conflito. A guerra conta os franceses en Galicia. • As Cortes de Cádiz: unha revolución liberal. As tendencias políticas. O proxecto liberal. A Constitución de 1812. • Cara á fin do Antigo Réxime: o reinado de Fernando VII (1814-1833). A Restauración absolutista (1814-1820). O trienio liberal (1820-1823). Independencia das colonias americanas (1810-1824). A década ominosa (1823-1833). Procedementos • Identificación da multicausalidade dos feitos históricos, distinguindo os factores de índole económica, política, social, ideolóxica, cultural etc. • Estudo dos procesos históricos a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. • Elaboración de pequenos traballos de síntese. • Discriminación das actitudes persoais que inflúen nos acontecementos históricos. Valores • Valoración das causas que provocan as crises do Antigo Réxime e das achegas políticas do primeiro terzo do século XIX, en especial a Constitución liberal de 1812, como antecedentes do actual sistema democrático. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes e tomar apuntamentos. • Ler os puntos clave e o esquema da unidade. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen. • Debater sobre os temas propostos.

11


Unidade 6. A construción do Estado liberal (1833-1874) Obxectivos • Estudar os principais acontecementos políticos e as transformacións na organización do Estado producidas entre 1833 (morte de Fernando VII, último monarca absolutista) e 1874 (restauración da monarquía borbónica na figura de Afonso XII). • Analizar as fases e os aspectos máis relevantes do proceso de construción dun Estado liberal en España entre 1833 e 1874, así como as figuras políticas máis significativas. • Diferenciar as características específicas do lento proceso de imposición do liberalismo en España: a fraude electoral, a intervención do exército e as dificultades para romper coas estruturas do Antigo Réxime. • Valorar criticamente a actuación das figuras políticas do século XIX e a transcendencia dos cambios operados na organización do Estado. Contidos Conceptos • Os novos intentos de creación dun Estado liberal (1833-1843). A rexencia de María Cristina (1833-1840). O carlismo. A rexencia de Espartero (1840-1843). • O reinado de Isabel II: as bases do Estado liberal (1843-1868). Os partidos políticos. A década moderada (1844-1854). O bienio progresista (1854-1856). A volta dos moderados (1856-1858). O goberno da Unión Liberal (1858-1868). • O sexenio democrático (1868-1874). O reinado de Amadeo I. A Primeira República (1873-1874). • Os inicios do réxime liberal en Galicia. Os pronunciamentos, O provincialismo. O republicanismo. Procedementos • Estudo dos procesos históricos a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. • Elaboración de pequenos traballos de síntese. • Discriminación das actitudes persoais e a súa influencia no desenvolvemento dos feitos históricos. Valores • Valoración do coñecemento e da análise dos feitos políticos do século XIX e a construción do Estado liberal como aspectos necesarios para unha mellor comprensión do presente da nosa sociedade. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes e tomar apuntamentos. • Ler os puntos clave e o esquema da unidade. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen. • Debater sobre os temas propostos. • Actividades TIC: • Actividade 7, páx. 130. • Actividade 8, páx. 130.

12


Unidade 7. A Restauración borbónica (1875-1898) Obxectivos • Comprender as características do novo sistema político da Restauración borbónica: restablecemento da monarquía, pacificación militar, estabilidade política e bipartidismo, e coñecer os seus principais protagonistas. • Analizar as bases do sistema da Restauración (fraude electoral, quenda pacífica e caciquismo) e valoralas como factores que contribuíron á crise do sistema. • Coñecer o papel dos movementos situados á marxe da Restauración (carlismo, republicanismo, movemento obreiro e nacionalismo) e valorar a súa exclusión do sistema. • Comprender as causas da crise de 1898, así como as súas repercusións económicas, políticas e culturais. Contidos Conceptos • O sistema da Restauración. A Restauración borbónica. As bases do sistema. Bipartidismo e fraude electoral. • A dinámica política. O reinado de Afonso XII (1875-1885). A rexencia de María Cristina (1885--1902). • A oposición política. O carlismo. O republicanismo. Do rexionalismo ao nacionalismo. O movemento obreiro. • A crise de 1898. As guerras coloniais. A intervención de Estados Unidos. As repercusións do conflito. Procedementos • Estudo dos procesos históricos a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. • Elaboración de pequenos traballos de síntese. • Uso da empatía histórica. • Discriminación das actitudes persoais e a súa influencia no desenvolvemento dos feitos históricos. Valores • Adopción dunha actitude crítica respecto dos mecanismos do sistema político da Restauración e comparación cos propios dun sistema plenamente democrático. • Interese e respecto por manifestacións culturais e políticas distintas das propias, así como valoración da diversidade de identidades culturais e sociais que formaban o Estado español no século XIX. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes e tomar apuntamentos. • Ler os puntos clave e o esquema da unidade. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen. • Debater sobre os temas propostos. • Actividades TIC: • Actividade 11, páx. 150.

13


Unidade 8. Industrialización e transformacións sociais no século XIX Obxectivos • Coñecer as transformacións económicas, demográficas e sociais que se produciron en España ao longo do século XIX, e como estas repercutiron na construción dun Estado liberal e dun sistema económico liberal-capitalista. • Comprender por que o proceso de industrialización foi parcial e insuficiente, co que se mantivo a hexemonía da economía agraria na maior parte do territorio español. • Comprender como eses cambios favoreceron a aparición dunha nova sociedade de clases e condicionaron a conformación do movemento obreiro en España. Contidos Conceptos • Trazos da economía española no século XIX. • Pervivencia dunha economía agraria. A política agraria do Estado liberal. A situación da agricultura española no século XIX. A desamortización en Galicia. • O proceso de industrialización. As dificultades do proceso. A industria téxtil. O ferrocarril. A minaría e a industria siderúrxica. O desenvolvemento do sector financeiro. • As transformacións demográficas e sociais. A evolución demográfica. A sociedade de clases. A condición social da muller. • O movemento obreiro. Os inicios do movemento obreiro: ludismo e asociacionismo. O movemento obreiro internacional. Partidos obreiros e axitación social. Procedementos • Estudo dos procesos históricos a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. • Elaboración de pequenos traballos de síntese. • Análise e interpretación de fontes cartográficas. Valores • Interese polas condicións de vida da clase obreira e da campesiña durante o século XIX, con especial atención ao papel das mulleres, valoración da súa situación no marco laboral, familiar e social, e rexeitamento de prexuízos e actitudes discriminatorias. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes e tomar apuntamentos. • Ler os puntos clave e o esquema da unidade. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen. • Debater sobre os temas propostos. • Actividades TIC: • Actividade 10, páx. 170.

14


Unidade 9. Sociedade, cultura e arte no século XIX Obxectivos • Coñecer as características da sociedade, da cultura e da arte da España do século XIX, e valorar o papel da burguesía na configuración das novas formas de vida e dos novos gustos, así como a súa influencia na cultura e da arte. • Coñecer as distintas correntes do pensamento, da arte e da cultura que se manifestaron durante o século XIX, e relacionalas coa nova sociedade de clases. • Analizar e comprender a influencia social da Igrexa a través da educación e da cultura. • Recoñecer a escasa relevancia científica de España, como reflexo do seu atraso industrial. Contidos Conceptos • Sociedade estamental e sociedade de clases. A nova sensibilidade burguesa. As formas de vida do campesiñado. A incipiente clase obreira. • A Igrexa e a nova realidade social. • Pensamento e literatura. Conservadores, liberais e socialistas. A literatura romántica. A nova conciencia crítica: a novela realista. Os renacementos culturais nacionalistas. • A ciencia e a investigación. • A difusión da cultura. • As correntes artísticas. Goya. Neoclasicismo, Romanticismo, Realismo e Impresionismo. • Arquitectura e urbanismo. Procedementos • Establecemento de relacións entre as obras artísticas e as manifestacións culturais coa sociedade que as produce. • Estudo dos procesos históricos a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. • Elaboración de pequenos traballos de síntese. Valores • Interese por coñecer as condicións e as formas de vida da sociedade española no século XX. • Valoración das manifestacións artísticas e culturais que se produciron no século XX en España e das transformacións que supuxeron. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes e tomar apuntamentos. • Ler os puntos clave e o esquema da unidade. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen. • Debater sobre os temas propostos. • Actividades TIC: • Actividade 3, páx. 189. • Actividade 12, páx. 190.

15


Unidade 10. A crise da Restauración (1898-1931) Obxectivos • Comprender o pensamento rexeneracionista, que xurdiu como un intento de modernizar España, e as súas distintas plasmacións, así como as causas do seu fracaso. • Coñecer os factores políticos, sociais e económicos que provocaron a desintegración do réxime da Restauración. • Identificar as causas que provocaron a ditadura de Primo de Rivera. Coñecer as súas características e como o seu fracaso supuxo a fin da monarquía e do sistema da Restauración. Conceptos • Os intentos de rexeneración do sistema da Restauración. A crise do 98 e o rexeneracionismo. As reformas institucionais. As propostas da oposición. A crise de 1909: a fin do rexeneracionismo. • A crise xeral de 1917. Antecedentes socioeconómicos e políticos. A crise militar, política e social. • A creba da monarquía parlamentaria (1917-1923). Os gobernos de concentración. Crise económica e violencia social. A guerra de Marrocos. Os comezos do nacionalismo galego. • A ditadura de Primo de Rivera (1923-1930). O directorio militar (1923-1925). O directorio civil (1925-1930). A oposición ao réxime e a fin da ditadura. Procedementos • Estudo dos procesos históricos a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. • Elaboración de pequenos traballos de síntese. • Elaboración dun informe sobre o problema de Marrocos a partir da procura de información necesaria sobre o tema. Valores • Actitude crítica respecto de posicións políticas contrarias aos principios democráticos e ao recoñecemento dos dereitos e das liberdades individuais. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes e tomar apuntamentos. • Ler os puntos clave e o esquema da unidade. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen. • Debater sobre os temas propostos. • Actividades TIC: • Actividade 14, páx. 214.

16


Unidade 11. A Segunda República (1931-1936) Tempo aproximado: 2 semanas. Interdisciplinariedade: Lingua e literatura II, Economía da empresa. Obxectivos • Coñecer os factores que causaron a proclamación da Segunda República. • Situar cronoloxicamente as distintas fases da Segunda República, os acontecementos máis relevantes, así como as diferentes forzas políticas e sindicais que participaron no seu desenvolvemento. • Valorar a vontade democratizadora e modernizadora do proxecto republicano, plasmada na Constitución de 1931 e na lexislación reformista, e coñecer as dificultades que se deron para a súa culminación. • Comprender e analizar como a crecente polarización da sociedade española entre dereitas e esquerdas foi condicionando toda a acción política e culminou co golpe de Estado que daría lugar á Guerra Civil. • Contidos Conceptos • A proclamación da Segunda República. A caída da monarquía e a instauración do goberno provisional. A conxuntura internacional. Diversidade de ideoloxías e partidos políticos. • O bienio progresista (1931-1933). A Constitución de 1931. As reformas progresistas. A oposición e a fin do goberno de Azaña. • O bienio conservador (1933-1936). A revisión das reformas progresistas. A radicalización sociopolítica: a revolución de outubro de 1934. A crise do goberno radical-cedista. • A vitoria nas eleccións da Fronte Popular. A continuación do reformismo. Problemas internos, oposición e radicalización social. • O nacionalismo galego na II República. Os partidos nacionalistas. O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. Procedementos • Estudo dos procesos históricos a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. • Elaboración de pequenos traballos de síntese. • Elaboración dun informe sobre as forzas políticas republicanas e os principais conflitos sociais a partir da procura de información necesaria sobre o tema. Valores • Valoración crítica da situación de enfrontamento que conduciu á Guerra Civil, rexeitamento de actitudes intolerantes e da guerra como mecanismos de solución dos conflitos, e recoñecemento do valor do diálogo e da tolerancia. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes e tomar apuntamentos. • Ler os puntos clave e o esquema da unidade. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen. • Debater sobre os temas propostos. • Actividades TIC: • Actividade 12, páx. 236.

17


Unidade 12. Economía e transformacións sociais (1900-1936) Obxectivos • Coñecer os principais trazos da evolución da economía española durante o período 1898-1936. • Comprender a magnitude dos problemas económicos e sociais, así como as políticas deseñadas desde o Estado para afrontalos. • Comprender a relación entre os profundos desequilibrios e desigualdades sociais e as tensións sociais. • Coñecer os cambios demográficos que experimentou a sociedade española (as súas causas, a emigración e as transformacións urbanas que propiciou), así como a condición social das mulleres. Contidos Conceptos • A evolución da economía e a política económica. Da perda colonial á Primeira Guerra Mundial (1898-1914). A conxuntura económica da Primeira Guerra Mundial (1914-1923). A ditadura de Primo de Rivera (1923-1929). A Segunda República e a crise económica mundial (1931-1936). • O problema agrario. A situación da agricultura. Estrutura da propiedade da terra: problemas e solucións. A evolución da agricultura. • A consolidación industrial. Os sectores industriais. • Os cambios demográficos e sociais. O crecemento da poboación. A mobilidade da poboación e a transformación urbana. A evolución da poboación activa. A sociedade: desequilibrios e tensións. • O agrarismo. • A condición social das mulleres. • O movemento obreiro. Procedementos • Estudo dos procesos históricos a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. • Elaboración de pequenos traballos de síntese. • Preparación e realización dun debate sobre a consideración feminina de dúas agrupacións ideoloxicamente opostas. Valores • Toma de conciencia respecto das desigualdades existentes na España de principios de século, así como da situación social e económica como factor causante das crecentes tensións sociais e políticas. • Valoración crítica do papel da muller e rexeitamento de actitudes e medidas discriminatorias e de prexuízos sexistas. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes e tomar apuntamentos. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen. • Actividades TIC: • Actividade 2, páx. 257. • Actividade 7, páx. 258.

18


Unidade 13. A Guerra Civil española (1936-1939) Obxectivos • Coñecer as intencións da sublevación militar e como esta derivou nunha Guerra Civil. • Valorar a transcendencia da axuda internacional aos distintos bandos e coñecer a evolución da guerra ata o seu desenlace. • Analizar a evolución política interna das dúas zonas e comprender como iso foi decisivo para a caracterización da futura ditadura de Franco. • Valorar os custos humanos da guerra e comprender as consecuencias que ha ter este enfrontamento na realidade contemporánea de España. Contidos Conceptos • Os inicios do conflito: da sublevación militar á Guerra Civil. A sublevación militar. O alzamento en Galicia. España dividida. • A dimensión internacional do conflito. O Comité de Non-Intervención. A axuda dos fascismos ao bando sublevado. A axuda soviética e as Brigadas Internacionais. • A evolución do conflito. Os primeiros combates e a batalla de Madrid (agosto 1936-marzo 1937). A guerra no norte (abril-novembro 1937). O avance cara ao Mediterráneo (decembro 1937-novembro 1938). O final da guerra (decembro 1938-abril 1939). • Entre a guerra e a revolución: a evolución política na zona republicana. Revolución e desintegración do poder republicano. Os intentos de reorganización do poder. A reconstrución do Estado republicano. • A consolidación do bloque sublevado. Alzamento e organización do poder político. O réxime franquista: a consolidación do novo Estado. Procedementos • Estudo dos procesos históricos a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. • Elaboración de pequenos traballos de síntese. • Preparación e realización dun debate sobre o recurso da guerra como vía de resolución de conflitos. Valores • Rexeitamento das solucións bélicas aos conflitos e valoración das repercusións da guerra na sociedade española da posguerra e na actual. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes e tomar apuntamentos. • Ler os puntos clave e o esquema da unidade. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen. • Debater sobre os temas propostos. • Actividades TIC: • Actividade 5, páx. 278. • Actividade 8, páx. 278.

19


Unidade 14. Sociedade, cultura e arte (1898-1939) Obxectivos • Comprender e valorar o efecto que produciron na sociedade española as innovacións tecnolóxicas na primeira metade do século XX, especialmente no ámbito dos medios de comunicación de masas. • Coñecer as diferentes tendencias culturais e artísticas do período, así como os principais intelectuais e artistas e o seu legado na cultura española. • Comprender a importancia da propaganda na Guerra Civil como medio transmisor de ideoloxía, así como o papel asumido polos intelectuais na contenda. Contidos Conceptos • A sociedade no primeiro terzo do século XX. O impacto das innovacións tecnolóxicas. As novas formas de vida. • O papel social da Igrexa. • O mundo intelectual e literario. Modernismo e Xeración do 98. Novecentismo ou Xeración de 1914. As vangardas e a Xeración do 27. A Xeración Nós. • A arte: pintura e escultura. Continuidades e rupturas. A escola española de París. A irrupción das vangardas. • A arte: arquitectura. O Modernismo. O rexionalismo. O racionalismo. • A cultura e a propaganda durante a Guerra Civil. A España republicana. A España «nacional». Procedementos • Estudo dos procesos históricos a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. • Elaboración de pequenos traballos de síntese. Valores • Valoración e respecto polas manifestacións artísticas e culturais da España contemporánea, así como valoración das obras no seu contexto histórico. • Valoración das transformacións experimentadas pola sociedade en xeral, as formas de vida e a muller e a familia, así como o papel exercido pola Igrexa. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes e tomar apuntamentos. • Ler os puntos clave e o esquema da unidade. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen. • Debater sobre os temas propostos. • Actividades TIC: • Actividade 10, páx. 298. • Actividade 11, páx. 298. • Actividade 12, páx. 298.

20


Unidade 15. As migracións na España contemporánea Obxectivos • Coñecer os factores desencadenantes das migracións experimentadas na España contemporánea e os diferentes tipos de migracións segundo os períodos e os destinos. • Comprender as consecuencias dos desprazamentos na economía, na política e na cultura de España. • Analizar e comprender os motivos de que España sexa actualmente un país receptor de emigrantes. • Valorar os distintos tipos de problemas que ha ter que afrontar a poboación inmigrante e os que lle xorden á sociedade española. • Rexeitar as actitudes xenófobas e racistas, así como fomentar o respecto e a tolerancia valorando as achegas da inmigración. Contidos Conceptos • España, país de emigrantes. • Os movementos migratorios de 1800 a 1950. As migracións transoceánicas: Alxeria e América Latina. A reorientación dos fluxos migratorios a partir de 1914. A emigración galega. • O boom migratorio (1950-1980). O éxodo rural e a explosión urbana. A emigración cara á Europa desenvolvida. A emigración galega cara a Europa e cara a outras comunidades. • As novas tendencias migratorias (a partir de 1980). As migracións internas: o retorno. A inmigración desde o Terceiro Mundo. • Tolerancia fronte ao racismo e á xenofobia: o reto do futuro. Procedementos • Uso da empatía histórica. • Estudo dos procesos históricos a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. • Elaboración de pequenos traballos de síntese. Valores • Valoración crítica e rexeitamento de prexuízos de calquera tipo e valoración negativa de comportamentos etnocéntricos, relativizando a propia cultura e apreciando a diversidade cultural e social da sociedade española actual. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes e tomar apuntamentos. • Ler os puntos clave e o esquema da unidade. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen. • Debater sobre os temas propostos. • Actividades TIC: • Actividade 5, páx. 311. • Actividade 6, páx. 311. • Actividade 8, páx. 311.

21


Unidade 16. A ditadura franquista: a longa posguerra (1939-1950) Obxectivos • Coñecer as bases sociais, ideolóxicas e políticas sobre as que se fundamentou a ditadura franquista e como Franco utilizou os primeiros anos da súa ditadura para reafirmar o seu poder persoal. • Analizar a política exterior e a política económica levadas a cabo nos primeiros anos do franquismo e coñecer realidades como a da fame que sufriu a maioría dos españois. • Valorar como o exilio de centenares de miles de españois e a feroz represión e a censura durante a posguerra supuxeron a humillación para os vencidos e agudizaron a división entre as dúas Españas. • Coñecer como, a pesar das dificultades, xurdiron os primeiros actos de oposición á ditadura. Contidos Conceptos • A posguerra inmediata: exaltación e represión. A exaltación de Franco como caudillo. O apoio da España tradicional. A anulación da oposición. • Os anos azuis do franquismo. Familias políticas e principios ideolóxicos. A institucionalización do Estado autoritario. • A adaptación oportunista á conxuntura internacional. Franco e a Segunda Guerra Mundial (1939-1945). O bloqueo internacional. • Autarquía e recesión económica. O impacto da Guerra Civil. A política económica: intervencionismo e autarquía. • Os primeiros opositores ao réxime. A oposición en Galicia. Procedementos • Estudo dos procesos históricos a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. • Elaboración de pequenos traballos de síntese. • Preparación e realización dun debate sobre a lexislación represora franquista. Valores • Toma de conciencia e valoración crítica da represión e da censura exercidas pola ditadura de Franco, da ideoloxía e da traxectoria do réxime e da división de España en dúas. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes e tomar apuntamentos. • Ler os puntos clave e o esquema da unidade. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen. • Debater sobre os temas propostos. • Actividades TIC: • Actividade 4, páx. 334.

22


Unidade 17. A ditadura franquista: o desenvolvementismo (1950-1973) . Obxectivos • Estudar a evolución da España franquista desde principios da década dos anos cincuenta, cando comezou a fin do illamento internacional do réxime, ata 1973, cando se agravaron as dificultades internas do franquismo. • Analizar as fases e os principais aspectos da evolución política e económica de España entre 1950 e 1973. • Coñecer a singular evolución política da ditadura, que, á vez que propiciaba a apertura económica, defendía o inmobilismo político. • Valorar o papel da oposición na recuperación da democracia. Contidos Conceptos • A rehabilitación internacional do franquismo. • O esgotamento do modelo autárquico (1950-1959). Primeiros reaxustes e fin do racionamento. Crise e oposición dos anos cincuenta. • Entre o aperturismo e o inmobilismo político (1959-1973). As novas elites. O reformismo franquista. O fortalecemento da oposición. O ocaso do réxime. • Os anos do «milagre» económico español (1959-1973). O Plan de Estabilización de 1959. Os factores do desenvolvemento económico. O boom da industria e do turismo. A fin da agricultura tradicional. • O impacto demográfico e social do desenvolvemento. Procedementos • Estudo dos procesos históricos a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. • Elaboración de pequenos traballos de síntese. • Preparación e realización dun debate sobre o impacto do crecemento económico do desenvolvementismo. • Obtención de información histórica mediante fontes orais, valoración crítica e elaboración de traballos de síntese. Valores • Interese por comprender os feitos e as circunstancias do pasado máis recente como medio para explicar e entender as situacións e os acontecementos do presente. • Valoración da importancia da memoria individual como fonte de información histórica e de fundamento dunha memoria colectiva. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes e tomar apuntamentos. • Ler os puntos clave e o esquema da unidade. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen. • Debater sobre os temas propostos. • Actividades TIC: • Actividade 6, páx. 354.

23


Unidade 18. O final do franquismo e a transición (1973-1982) . Obxectivos • Estudar a situación de España nos últimos anos do franquismo (1973-1975), os inicios do proceso de transición (1975-1977), o período constituínte (1977-1979) e a crise por causa do desgaste do goberno e das ameazas de involución (1979-1982). • Coñecer a evolución da situación política que levou á transición democrática e os problemas desta, como a crise económica, as ameazas involucionistas e as accións terroristas. • Valorar os factores que levaron ao éxito da transición e o papel que desempeñaron as principais figuras políticas do momento. Contidos Conceptos • O final da ditadura (1973-1975). O goberno de Arias Navarro. A reorganización da oposición. O final do desenvolvemento: a crise económica. A desaparición do ditador. • A transición á democracia: reforma ou ruptura? (1975-1977). A opción reformista de Xoán Carlos I. O desmantelamento legal do franquismo. A legalización da oposición. As eleccións ás Cortes constituíntes. • O período constituínte: unha etapa de consenso (1977-1979). A necesidade de consenso económico: os Pactos da Moncloa. O consenso sobre o marco político: a Constitución de 1978. A organización do novo Estado autonómico. • A democracia ameazada (1979-1982). A escalada terrorista. O descrédito do goberno de UCD. As presións golpistas: o 23-F. Calvo-Sotelo e a fin da UCD. • O proceso autonómico de Galicia. O Estatuto de Autonomía de Galicia. Organización política e territorial de Galicia. Procedementos • Estudo dos procesos históricos a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. • Preparación e realización dun debate sobre se está xustificada a intervención do exército na vida política dun Estado democrático, e comparación das intervencións do século XIX coas do século XX. • Obtención de información histórica a través dunha hemeroteca, valoración crítica e elaboración de traballos de síntese. Valores • Interese por comprender os feitos e as circunstancias do pasado máis recente como medio para explicar e entender as situacións e os acontecementos do presente, e valoración das consecuencias deses feitos na estabilidade política e na garantía de liberdades, bases do noso sistema democrático actual. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes e tomar apuntamentos. • Ler os puntos clave e o esquema da unidade. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen. • Debater sobre os temas propostos.

24


Unidade 19. A España democrática (1982-2008) Obxectivos • Valorar a consolidación da democracia ao longo do período e a normalidade con que se produciron os cambios políticos no poder. • Analizar as causas das respectivas vitorias electorais do PSOE e do PP e os logros dos seus gobernos, así como as razóns do seu declive. • Comprender e valorar a política de integración de España nos diferentes organismos internacionais, como a UE e a OTAN. • Coñecer as reformas producidas en España desde 1982, e valorar como iso contribuíu ao maior período de progreso e estabilidade da súa historia. • Comprender no seu contexto histórico os principais cambios demográficos, laborais, sociais e culturais desde 1982 ata hoxe. Contidos Conceptos • A década socialista (1982-1992). O éxito electoral socialista. A evolución económica: do axuste á expansión. A política interior. A política exterior: a CEE e a OTAN. • Os cambios no poder (1992-2008). A nova recesión económica. Os escándalos de corrupción. A reorganización da oposición. A chegada do PP ao poder. A segunda lexislatura do PP e a convulsión política. A segunda etapa socialista. • A dinámica demográfica e social. A evolución da poboación. Un novo marco laboral. Os cambios sociais e culturais. • Galicia no marco español e no europeo. Os gobernos autonómicos (1982-2009). Galicia no marco español. Galicia na Unión Europea. Procedementos • Estudo dos procesos históricos a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. • Preparación e realización dun debate sobre os valores na sociedade española actual e sobre os límites da liberdade de prensa e as relacións entre os medios de comunicación e o poder político. • Elaboración de pequenos traballos de síntese. Valores • Toma de conciencia das desigualdades no marco do desenvolvemento económico da España actual. • Actitude de respecto e defensa dos principios democráticos. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes e tomar apuntamentos. • Ler os puntos clave e o esquema da unidade. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen. • Debater sobre os temas propostos. • Actividades TIC: • Actividade 4, páx. 400. • Actividade 5, páx. 400.

25


Unidade 20. A cultura e a arte: de 1939 aos nosos días Obxectivos • Coñecer as principais manifestacións culturais e artísticas desde 1939 ata a actualidade, en España e no exilio, identificando os seus autores principais. • Valorar as graves consecuencias da censura, a represión e do exilio sobre a produción cultural, como reflexo e expresión dunha sociedade dividida, en crise e en transformación. • Comprender as novas expresións artísticas e culturais que se produciron coa chegada da democracia e como estas, á vez, impulsaron a recuperación democrática. Contidos Conceptos • A actividade cultural e artística durante a posguerra inmediata e os anos cincuenta. A literatura. As artes plásticas e a arquitectura. • Os cambios culturais nos anos sesenta e setenta. Pensamento e literatura. As artes plásticas e a arquitectura. A cultura de masas. • Cultura e arte no exilio. • Cultura e arte na democracia. Pintura e escultura. A arquitectura. A literatura actual. Lecer e consumo cultural. Procedementos • Estudo dos procesos artísticos e culturais a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. • Elaboración de pequenos traballos de síntese. Valores • Respecto e valoración das manifestacións artísticas e culturais da España contemporánea, así como valoración da obra nos diferentes contextos políticos, xa sexa durante a ditadura ou durante a democracia. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes e tomar apuntamentos. • Ler os puntos clave e o esquema da unidade. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen. • Debater sobre os temas propostos. • Actividades TIC: • Actividade 9, páx. 420. • Actividade 10, páx. 420. Unidade 21. Os dereitos humanos no constitucionalismo español Obxectivos • Coñecer que son e cando comezaron a recoñecerse os dereitos humanos. Analizar e valorar a relación histórica entre estes dereitos e a elaboración de constitucións como garantía para respectalos. • Comprender a evolución do concepto de dereitos humanos no mundo ao longo dos séculos XIX e XX. Analizar as tres xeracións de dereitos: a primeira, garante das liberdades individuais; a segunda, baseada na igualdade social; e a terceira, fundamentada no principio de solidariedade.

26


• Relacionar a evolución dos dereitos humanos co desenvolvemento do constitucionalismo español, desde as constitucións liberais do século XIX ata as máis avanzadas de 1931 e 1978, que incorporaron os dereitos de segunda e terceira xeración, respectivamente. • Valorar criticamente os períodos políticos, como a ditadura franquista, nos que non se recoñeceron dereitos nin liberdades. Contidos Conceptos • Dereitos humanos e constitucións. Concepto de dereitos humanos. • O constitucionalismo do século XIX: os dereitos individuais. Os inicios do constitucionalismo español. As constitucións liberais: entre moderados e progresistas. • O constitucionalismo do século XX: os dereitos sociais. A Constitución de 1931. A lexislación franquista. A Constitución de 1978. Procedementos • Estudo dos procesos históricos a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. • Preparación e realización dun debate sobre o respecto dos dereitos humanos individuais e colectivos na España actual. • Elaboración de pequenos traballos de síntese. • Confección dun cadro comparativo. Valores • Toma de conciencia sobre a importancia do recoñecemento dos dereitos individuais e colectivos en diferentes períodos da historia de España, da súa perda noutros e do valor da actual Constitución como garante dos dereitos e das liberdades dos españois. • Valoración da convivencia ética e social, así como aceptación dos dereitos e dos deberes como cidadán. • Rexeitamento de calquera forma de violación dos dereitos humanos e de discriminación. Actividades • Presentación da unidade: ler a introdución, reflexionar sobre o tema que expón e activar os coñecementos previos. • Ler os distintos apartados da unidade didáctica, extraer as ideas importantes. • Ler os puntos clave e o esquema da unidade. • Resolver as actividades de síntese da unidade. • Analizar e comentar os documentos a partir das cuestións que se propoñen. • Actividades TIC: • Actividade 9, páx. 433. • Actividade 10, páx. 433. • Actividade 11, páx. 433.

3.2- PERIODIZACIÓN PRIMEIRO TRIMESTRE: Unidade 5 a 10 SEGUNDO TRIMESTRE: Temas 10 a 17. TERCEIRO TRIMESTRE: Temas 1 a 5

3.3-. CONTIDOS MÍNIMOS

27


• Identificación da multicausalidade dos feitos históricos, distinguindo os factores de índole económica, política, social, ideolóxica, cultural etc. • Estudo dos procesos históricos a partir da análise de fontes primarias e secundarias de distinto tipo. A crise do Antigo Réxime (1788-1833) • Os inicios da crise: o reinado de Carlos IV (1788-1808). O impacto da Revolución Francesa. A intervención de Napoleón nos asuntos españois. • A Guerra da Independencia (1808-1914). Os inicios da guerra: do motín de Aranxuez ao Dous de maio. Organización da resistencia: as Xuntas. O reinado de Xosé Bonaparte. O desenvolvemento do conflito. A guerra conta os franceses en Galicia. • As Cortes de Cádiz: unha revolución liberal. As tendencias políticas. O proxecto liberal. A Constitución de 1812. • Cara á fin do Antigo Réxime: o reinado de Fernando VII (1814-1833). A Restauración absolutista (1814-1820). O trienio liberal (1820-1823). Independencia das colonias americanas (1810-1824). A década ominosa (1823-1833). A construción do Estado liberal (1833-1874) • Os novos intentos de creación dun Estado liberal (1833-1843). A rexencia de María Cristina (1833-1840). O carlismo. A rexencia de Espartero (1840-1843). • O reinado de Isabel II: as bases do Estado liberal (1843-1868). • Os partidos políticos. • A constitución do 45 • A década moderada (1844-1854). • O bienio progresista (1854-1856). A volta dos moderados (1856-1858). • O goberno da Unión Liberal (1858-1868). • O sexenio democrático (1868-1874). • A Constitución do 69 • O reinado de Amadeo I. • A Primeira República • Os inicios do réxime liberal en Galicia. Os pronunciamentos, O provincialismo. O republicanismo. A Restauración borbónica (1875-1898) • O sistema da Restauración. • As bases do sistema. • Bipartidismo e fraude electoral. • A dinámica política. O reinado de Afonso XII (1875-1885). A rexencia de María Cristina (1885--1902). • A oposición política. O carlismo. O republicanismo. Do rexionalismo ao nacionalismo. O movemento obreiro. • A crise de 1898. As guerras coloniais. A intervención de Estados Unidos. As repercusións do conflito. Industrialización e transformacións sociais no século XIX • Trazos da economía española no século XIX. • Pervivencia dunha economía agraria. A política agraria do Estado liberal. A situación da agricultura española no século XIX. A desamortización en Galicia. • O proceso de industrialización. As dificultades do proceso. A industria téxtil. O ferrocarril. A minaría e a industria siderúrxica. O desenvolvemento do sector financeiro. • As transformacións demográficas e sociais. A evolución demográfica. A sociedade de clases. A condición social da muller.

28


• O movemento obreiro. Os inicios do movemento obreiro: ludismo e asociacionismo. O movemento obreiro internacional. Marxismo e anarquismo en España. Partidos obreiros e axitación social. Sociedade, cultura e arte no século XIX • Sociedade estamental e sociedade de clases. A nova sensibilidade burguesa. As formas de vida do campesiñado. A incipiente clase obreira. • A Igrexa e a nova realidade social. • Pensamento e literatura. Conservadores, liberais e socialistas. A literatura romántica. A nova conciencia crítica: a novela realista. Os renacementos culturais nacionalistas. • A ciencia e a investigación. • A difusión da cultura. • As correntes artísticas. Goya. Neoclasicismo, Romanticismo, Realismo e Impresionismo. • Arquitectura e urbanismo. A crise da Restauración (1898-1931) • Os intentos de rexeneración do sistema da Restauración. A crise do 98 e o rexeneracionismo. As reformas institucionais. As propostas da oposición. A crise de 1909: a fin do rexeneracionismo. • A crise xeral de 1917. Antecedentes socioeconómicos e políticos. A crise militar, política e social. • A creba da monarquía parlamentaria (1917-1923). Os gobernos de concentración. Crise económica e violencia social. A guerra de Marrocos. Os comezos do nacionalismo galego. • A ditadura de Primo de Rivera (1923-1930). O directorio militar (1923-1925). O directorio civil (1925-1930). A oposición ao réxime e a fin da ditadura. A Segunda República (1931-1936) • A proclamación da Segunda República. A caída da monarquía e a instauración do goberno provisional. A conxuntura internacional. Diversidade de ideoloxías e partidos políticos. • O bienio progresista (1931-1933). A Constitución de 1931. As reformas progresistas. A oposición e a fin do goberno de Azaña. • O bienio conservador (1933-1936). A revisión das reformas progresistas. A radicalización sociopolítica: a revolución de outubro de 1934. A crise do goberno radical-cedista. • A vitoria nas eleccións da Fronte Popular. A continuación do reformismo. Problemas internos, oposición e radicalización social. • O nacionalismo galego na II República. Os partidos nacionalistas. O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. Unidade 12. Economía e transformacións sociais (1900-1936) • A evolución da economía e a política económica. Da perda colonial á Primeira Guerra Mundial (1898-1914). A conxuntura económica da Primeira Guerra Mundial (1914-1923). A ditadura de Primo de Rivera (1923-1929). A Segunda República e a crise económica mundial (1931-1936). • O problema agrario. A situación da agricultura. Estrutura da propiedade da terra: problemas e solucións. A evolución da agricultura. • A consolidación industrial. Os sectores industriais. • Os cambios demográficos e sociais. O crecemento da poboación. A mobilidade da poboación e a transformación urbana. A evolución da poboación activa. A sociedade: desequilibrios e tensións. • O agrarismo. • A condición social das mulleres. • O movemento obreiro. Sindicatos e partidos obreiros

29


Unidade 13. A Guerra Civil española (1936-1939) • Os inicios do conflito: da sublevación militar á Guerra Civil. A sublevación militar. O alzamento en Galicia. España dividida. • A dimensión internacional do conflito. O Comité de Non-Intervención. A axuda dos fascismos ao bando sublevado. A axuda soviética e as Brigadas Internacionais. • A evolución do conflito. Os primeiros combates e a batalla de Madrid (agosto 1936-marzo 1937). A guerra no norte (abril-novembro 1937). O avance cara ao Mediterráneo (decembro 1937-novembro 1938). O final da guerra (decembro 1938-abril 1939). • Entre a guerra e a revolución: a evolución política na zona republicana. Revolución e desintegración do poder republicano. Os intentos de reorganización do poder. A reconstrución do Estado republicano. • A consolidación do bloque sublevado. Alzamento e organización do poder político. O réxime franquista: a consolidación do novo Estado. Sociedade, cultura e arte (1898-1939) • A sociedade no primeiro terzo do século XX. O impacto das innovacións tecnolóxicas. As novas formas de vida. • O papel social da Igrexa. • O mundo intelectual e literario. Modernismo e Xeración do 98. Novecentismo ou Xeración de 1914. As vangardas e a Xeración do 27. A Xeración Nós. • A arte: pintura e escultura. Continuidades e rupturas. A escola española de París. A irrupción das vangardas. • A arte: arquitectura. O Modernismo. O rexionalismo. O racionalismo. • A cultura e a propaganda durante a Guerra Civil. A España republicana. A España «nacional». • Actividade 12, páx. 298. As migracións na España contemporánea • España, país de emigrantes. • Os movementos migratorios de 1800 a 1950. As migracións transoceánicas: Alxeria e América Latina. A reorientación dos fluxos migratorios a partir de 1914. A emigración galega. • O boom migratorio (1950-1980). O éxodo rural e a explosión urbana. A emigración cara á Europa desenvolvida. A emigración galega cara a Europa e cara a outras comunidades. • As novas tendencias migratorias (a partir de 1980). As migracións internas: o retorno. A inmigración desde o Terceiro Mundo. • Tolerancia fronte ao racismo e á xenofobia: o reto do futuro. A ditadura franquista: a longa posguerra (1939-1950) • A posguerra inmediata: exaltación e represión. A exaltación de Franco como caudillo. O apoio da España tradicional. A anulación da oposición. • Os anos azuis do franquismo. Familias políticas e principios ideolóxicos. A institucionalización do Estado autoritario. • A adaptación oportunista á conxuntura internacional. Franco e a Segunda Guerra Mundial (1939-1945). O bloqueo internacional. • Autarquía e recesión económica. O impacto da Guerra Civil. A política económica: intervencionismo e autarquía. • Os primeiros opositores ao réxime. A oposición en Galicia. A ditadura franquista: o desenvolvementismo (1950-1973) .

30


• A rehabilitación internacional do franquismo. • O esgotamento do modelo autárquico (1950-1959). Primeiros reaxustes e fin do racionamento. Crise e oposición dos anos cincuenta. • Entre o aperturismo e o inmobilismo político (1959-1973). As novas elites. O reformismo franquista. O fortalecemento da oposición. O ocaso do réxime. • Os anos do «milagre» económico español (1959-1973). O Plan de Estabilización de 1959. Os factores do desenvolvemento económico. O boom da industria e do turismo. A fin da agricultura tradicional. • O impacto demográfico e social do desenvolvemento. Unidade 18. O final do franquismo e a transición (1973-1982) .

• O final da ditadura (1973-1975). O goberno de Arias Navarro. A reorganización da oposición. O final do desenvolvemento: a crise económica. A desaparición do ditador. • A transición á democracia: reforma ou ruptura? (1975-1977). A opción reformista de Xoán Carlos I. O desmantelamento legal do franquismo. A legalización da oposición. As eleccións ás Cortes constituíntes. • O período constituínte: unha etapa de consenso (1977-1979). A necesidade de consenso económico: os Pactos da Moncloa. O consenso sobre o marco político: a Constitución de 1978. A organización do novo Estado autonómico. • A democracia ameazada (1979-1982). A escalada terrorista. O descrédito do goberno de UCD. As presións golpistas: o 23-F. Calvo-Sotelo e a fin da UCD. • O proceso autonómico de Galicia. O Estatuto de Autonomía de Galicia. Organización política e territorial de Galicia.

Unidade 19. A España democrática (1982-2008) • A década socialista (1982-1992). O éxito electoral socialista. A evolución económica: do axuste á expansión. A política interior. A política exterior: a CEE e a OTAN. • Os cambios no poder (1992-2008). A nova recesión económica. Os escándalos de corrupción. A reorganización da oposición. A chegada do PP ao poder. A segunda lexislatura do PP e a convulsión política. A segunda etapa socialista. • A dinámica demográfica e social. A evolución da poboación. Un novo marco laboral. Os cambios sociais e culturais. • Galicia no marco español e no europeo. Os gobernos autonómicos (1982-2009). Galicia no marco español. Galicia na Unión Europea. Unidade 21. Os dereitos humanos no constitucionalismo español • Dereitos humanos e constitucións. Concepto de dereitos humanos. • O constitucionalismo do século XIX: os dereitos individuais. Os inicios do constitucionalismo español. As constitucións liberais: entre moderados e progresistas. • O constitucionalismo do século XX: os dereitos sociais. A Constitución de 1931. A lexislación franquista. A Constitución de 1978.

4-.AVALIACIÓN 4.1-. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Obter e analizar información sobre o pasado procedente de diversas fontes, valorar a súa relevancia e establecer relacións cos coñecementos adquiridos neste tema. Situar no tempo e no espazo períodos, feitos e procesos históricos relevantes aplicando as

31


convencións habituais no estudo da historia. Trátase de avaliar se as alumnas e os alumnos coñecen as principais etapas e períodos cronolóxicos e se son capaces de comprender as nocións de simultaneidade e cambio, e os momentos e procesos que caracterizan o tránsito dunhas etapas a outras, aplicando estas nocións á evolución histórica desde o século XVIII ao momento actual. 2. Identificar as causas e consecuencias de feitos e procesos históricos significativos, establecendo conexións entre elas e recoñecendo a causalidade múltiple que comportan os feitos sociais. Trátase de comprobar que se é capaz de explicar os factores que inflúen nun feito ou proceso histórico significativo, recoñecendo a natureza, xerarquización e interrelación das causas, así como as súas consecuencias a curto e longo prazo. 3. Analizar e comentar textos, mapas, gráficos e imaxes 4. Identificación e distinción entre cambios estruturais e conxunturais na análise dos procesos de cambio. 5. Distinguir causas de longa e curta duración e consecuencias a curto e longo prazo. 6. Analizar fontes históricas e obter de información explícita e implícita a partir delas. 7. Identificación e distinción entre as circunstancias causais e os motivos persoais que interveñen nun feito ou situación histórica concretos. 8. Análise e comparación de dúas interpretacións historiográficas sobre uns mesmos feitos, distinguindo os seus puntos de acordo e de desacordo. 9. Empregar correctamente o vocabulario específico. 10. Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar. 11. Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado 12. Utilizar fontes diversas para obter, relacionar e procesar información sobre feitos sociais e comunicar as conclusións de forma organizada e intelixible, empregando para isto as posibilidades que ofrecen as TIC.Avalíase o manexo correcto dos instrumentos gráficos e cartográficos. Trátase de comprobar se se utilizan as posibilidades que proporcionan as ferramentas informáticas básicas. 13. 14. Recoñecer o funcionamento e as características do modelo absolutista de Estado implantado polos Borbóns. 15. Valorar as contradicións políticas e sociais que subxacen nos intentos de reforma emprendidos neste século. 16. Identificar as características da economía española nesta centuria. 17. Coñecer os trazos principais de Galicia no século XVIII. 18. Identificar e caracterizar os trazos básicos que definían a situación política na España de Carlos IV. 19. Analizar e caracterizar a crise do Antigo Réxime en España, resaltando tanto a súa particularidade como a súa relación co contexto internacional. 20. Capacidade para recoñecer o alcance e as limitacións do proceso revolucionario producido durante a guerra da independencia. 21. Recoñecer as características liberais da obra das Cortes de Cadiz e da Constitución de 1812 22. Identificar as causas do proceso emancipador da América española, avaliando as súas repercusións tanto para América como para España. 23. Explicar a dialéctica entre absolutismo e liberalismo durante o reinado de Fernando VII, sinalando as etapas desa confrontación, que é a orixe das loitas civís do século XIX español. 24. Coñecer as características principais da crise do Antigo Réxime en Galicia. 25. Explicar a complexidade do proceso de construción do Estado liberal. 26. Identificar o papel ideoloxías políticas, a súa formación e carácter no reinado de Isabel II. 27. Sinalar a influencia da personalidade da raíña na evolución do seu reinado, así como a súa relación cos personaxes da Corte. 28. Coñecer o papel do exército e os pronunciamento nos cambios políticos da época

32


29. Coñecer o impacto que o proceso desamortizador produciu na na implantación do estado liberal, así como que fins dos propostos cumpríronse e cales non. 30. Explicar os principais características das constitución de 1837 e 1845 e identificalas coas correntes moderadas ou progresistas 31. Identificar o papel dos partidos políticos, a súa formación e carácter no período do Sexenio Democrático. 32. Elaborar explicacións coherentes sobre o significado histórico do Sexenio Democrático, explicando a súa evolución política e valorando o esforzo democratizador que representou. 33. Avaliar as causas que levaron ao fracaso das experiencias republicanas e da nova monarquía de Amadeo I, destacando que papel xogaron os factores internos e os externos. 34. Recoñecer as características da Restauración borbónica en España, explicando os fundamentos xurídico-políticos e as prácticas corruptas que desvirtúan o sistema parlamentario. 35. Identificar e caracterizar o papel dos principais protagonistas deste proceso e dos movementos á marxe do bipartidismo: os incipientes nacionalismos periféricos e o movemento obreiro. 36. Coñecer as características do caciquismo, dos movementos de oposición ao réxime e do galeguismo 37. Identificar os sectores que serviron de motor no proceso industrializador español. 38. Analizar os efectos económicos das desamortizacións. 39. Explicar os principais problemas da industrialización española do século XIX 40. Analizar documentos de todo tipo (textuais, iconográficos, estatísticos) sobre a evolución económica de España durante o século XIX. Facer especial fincapé no tratamento das fontes estatísticas (cadros, gráficos, mapas económicos) e o seu comentario ou análise. 41. Identificar cada un dos elementos que contribuíron á evolución demográfica da España do século XIX e os seus factores ou causas. 42. Comprender a estrutura social da nova sociedade de clases xurdida da revolución liberal e os seus criterios de división ou estratificación social. 43. Analizar e situar cronoloxicamente os diferentes movementos sociais xurdidos na España do século XIX. 44. Coñecer e comprender as bases ideolóxicas dos diversos movementos sociais: socialismo, anarquismo, sindicalismo, así como as súas formas de organización. 45. Elaborar explicacións coherentes sobre o contido, dimensións e evolución dos cambios sociais e culturais na España de século XIX. 46. Entender os cambios sociais na Galicia da época, como o fenómeno migratorio, a vella sociedade rural e a nova estrutura social. 47. Coñecer e comprender as bases ideolóxicas e sociais do republicanismo, dos nacionalismos periféricos e do movemento obreiro no primeiro terzo do século XX. 48. Identificar e analizar os problemas políticos e sociais máis relevantes da Restauracióna inicios do século XX 49. Recoñecer as peculiaridades da Ditadura de Primo de Rivera e explicar as causas do fracaso da súa política. 50. Identificar e caracterizar o papel dos principais protagonistas deste período. 51. Coñecer o movemento obreiro galego, o agrarismo e o nacionalismo galego. 52. Situar cronoloxicamente os acontecementos máis relevantes e as etapas da Segunda República. 53. Identificar as figuras principais que interveñen neste proceso histórico de gran transcendencia. 54. Avaliar o papel dos partidos políticos e organizacións sociais na traxectoria da Segunda República. 55. Elaborar unha explicación coherente e obxectiva das causas da crise da Segunda República. 56. Coñecer as diferentes formas da represión nos dous bandos 57. Explicar os apoios internacionais, así como os aspectos máis significativos da evolución das dúas zonas.

33


58. Identificar ás figuras máis relevantes que interveñen neste proceso histórico. 59. Avaliar o papel dos partidos políticos e organizacións sociais durante a guerra civil. 60. Recoñecer as principais características do réxime de Franco 61. Establecer o proceso da construción do novo Estado franquista e as súas consecuencias. 62. Relacionar a política franquista coa política internacional e establecer as afinidades e diferenzas existentes. 63. Recoñecer e comprender o control sociopolítico do réxime como medio de perdurabilidade. 64. Establecer as causas da política económica, as súas consecuencias sociais e cambios na España de posguerra. 65. Coñecer o desenvolvemento económico e as súas consecuencias socio-políticas. 66. Avaliar as transformacións sociais nos anos sesenta e as súas causas. 67. Comprender e explicar a represión do réxime, 68. Avaliar os límites do franquismo, as súas dificultades para sobrevivir á morte de Franco e a situación internacional. 69. Explicar o proceso electoral, a redacción e a aprobación da constitución e a consolidación do Estado das autonomías. 70. Explicar as principais características da constitución de 1978. 71. Identificar as bases que permiten afianzar a democracia. 72. Analizar o poder, a influencia e o control dos inmobilistas do franquismo para oporse a calquera cambio. 73. Comprender a evolución e os cambios da sociedade española e a súa adaptación ás novas realidades: globalización, inmigración, confrontación política. 74. Explicar a importancia da integración de España na Comunidade Económica Europea e as súas consecuencias.

4.2-. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN O curso constará de tres avaliacións. En cada avaliación realizaranse un ou máis exámes Para aprobar a avaliación será necesario obter unha nota igual ou superior a 5 puntos. No caso de non ter superado algún dos exames realizaranse probas de recuperación. A nota nota da avaliación calcurase como segue: • Probas escritas. 90%. Procurarase realizar dous exames escritos por avaliación que farán media. sempre e cando ningún deles teña unha puntuación inferior a 3´5, pois neste caso a avaliación estaría suspensa ata a recuperación desa proba. Supoñen o 90% da nota de avaliación • Traballos: 10% Realización das tarefas e traballos específicos. (Esquemas, presentacións, lecturas obrigatorias, etc) Traballo na aula (Atención, participación, realización das tarefas habituais, etc)

Nas probas escritas poderán presentarse presentaranse ao alumnado:. • Composicións de texto segundo o medelo da selectividade • Textos e mapas históricos para analizar e comentar. • Imaxes que proporcionan información de carácter histórico e artístico relacionadas con aspectos tratados na unidade. • Termos para ser definidos. • Preguntas que o alumnado debe contestar a partir da información aportada polo profeos na aula, obtida de libros, etc

Para aprobar o curso e necesario ter aprobadas todas as avaliacións. No caso de ter unha soa avaliación suspensa cunha nota non inferior a 4 (unha vez realizadas as probas de

34


recuperación) fará media coas outras e se esta media resultase igual ou superior a 5 o a materia estará aprobada.

5-. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO a-. Recuperación durante o curso Ademais dos exames xa indicados poderanse facer probas escritas de recuperación ó longo do curso co fin de facilitar o aproveitamento dos alumnos con maiores dificultades. Os alumnos deberán repetir aquelas probas escritas cunha puntuación inferior a 3,5 e presentar tamén aqueles traballos obrigatorios non presentados ou valorados negativamente no seu momento. b-.Avaliación de alumnos coa materia pendente do curso anterior. Realizaranse ó longo de curso tres probas de acordo cos criterios de avaliación e os criteros mínimos que se establecen para o curso na presente programación. Para a preparación de ditas probas o alumno deberá realizar unha serie de actividades e entregalas antes de cada proba.. Esta deberá corresponderse cos criterio mínimos establecidos nesta programación. De non presentar as actividades o alumno presentarase directamente á proba final no mes de maio. Ó longo do curso o profesor atenderá ós alumnos na súa hora de titoría para aclarar dúbidas ou corrixir actividades. Aqueles alumnos que non superen as ditas probas terán unha proba extraordinaria no mes de maio. c-. Probas extraordinarias En setembro realizarase unha proba escrita. Ademais poderse pedir os alumnos coa materia pendente a realización dunha serie de tarefas para a preparación do exame. Este deberá corresponderse cos criterio mínimos.

6-. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS: Relación dos diversos materiais e recursos didácticos para abordar a materia . • Libro de texto Historia de España, editorial rodeira.. • Recursos dixitais (actividades interactivas, blog de aula, animacións, cazas do tesouro, webquest...) • Dicionarios e outras obras de consulta. • Ordenador e conexión a Internet. • Material funxible. • Guías didácticas do profesorado.

7-. ENSINANZAS TRANVERSAIS O carácter integral do currículo implica que se deben incorporar nas diferentes materias elementos educativos básicos contidos nas ensinanzas transversais. Deseguido, e de forma moi breve, presentamos como se incorporaron as ensinanzas transversais na materia de Ciencias Sociais. Educación moral e cívica Considerar os códigos éticos máis aló dun código normativo social ou relixioso, e advertir da necesidade de elaborar criterios morais propios, razoados, solidarios e non suxeitos a meras esixencias externas.

35


Desenvolver estruturas universais de xuízo moral que permitan a adopción de principios, tales como a xustiza e a solidariedade. Coñecer os sistemas éticos e morais máis relevantes, actuais e do pasado, que teñen unha incidencia na sociedade actual. Recoñecer nos dilemas actuais da humanidade a súa razón ética e moral. Analizar conflitos de valores e elaborar estratexias de solución baseadas no diálogo e no respecto. Discutir dilemas morais utilizando razoamentos non absolutos, abertos ao diálogo e á aceptación doutros puntos de vista. Educación para a paz Revisar o concepto de paz, máis aló da visión occidental herdada da idea de pax romana (ausencia de conflitos bélicos entre Estados), considerándoo non como antítese da guerra senón como un concepto oposto a outro máis amplo, o de violencia, que inclúe a guerra como unha forma de violencia organizada. Revisar o concepto de conflito, máis aló da súa identificación con algo negativo e violento, para consideralo como un proceso natural e consustancial á existencia humana en sociedade. Analizar conflitos sociais, advertindo os seus compoñentes básicos (persoa, proceso, e problema ou diferenzas esenciais), e relacionalos convenientemente co seu contexto temporal e espacial. Desenvolver as capacidades de toma de decisións e de resolución non-violenta dos conflitos para favorecer o desenvolvemento de condutas pro sociais. Comprender a interdependencia mundial entre os países e a mundialización dos problemas sociais para advertir o seu complexidade. Coñecer o contido básico da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a súa historia e a súa razón de ser na sociedade actual. Formar unha identidade universal desde o respecto e a afirmación da diferenza de etnias e culturas. Desenvolver a solidariedade entre os pobos, mediante o estudo e a valoración dos desequilibrios socioculturais e económicos entre os Estados, especialmente na situación do Terceiro Mundo. Coñecer as bases éticas do sistema democrático e as súas características concretas por medio da análise da Constitución vixente. Desenvolver competencias dialogantes que predispoñan ao acordo xusto e á participación democrática. Tomar decisións individuais ante un conflito, tendo en conta os puntos de vista e as necesidades de todos os implicados. Desenvolver na vida cotiá comportamentos coherentes cos principios e normas que se defendan verbalmente. Educación para a igualdade de oportunidades entre os sexos Comprender a diferenza entre sexo e xénero: o primeiro, como categoría biolóxica, e o segundo, como construción sociocultural que define as diferenzas emocionais e intelectuais, os comportamentos e os roles masculinos e femininos que cada sociedade asigna a mulleres e homes. Estudar os fenómenos e procesos sociais, incorporando a economía doméstica e a historia do papel da muller, e incluír o feminismo entre os proxectos éticos contemporáneos. Recoñecer os sesgos sexistas que se atopan nas interpretacións dos feitos sociais e na propia documentación. Incorporar nos traballos unha visión non sexista e adoptar, na vida escolar, familiar e social, actitudes a favor da igualdade entre ambos sexos. Participar nun intercambio de papeis fluído cos compañeiros da aula en situacións de traballo grupal, e favorecer a participación das alumnas nos debates e tomas de decisións para evitar situacións de discriminación sexista. Facilitarase, deste xeito, desde a propia actividade da aula, o establecemento dunhas relacións máis xustas e equilibradas entre as persoas.

36


Educación para a saúde e a calidade de vida Considerar a saúde como estado de benestar (físico, psíquico e social) ao que todo ser humano ten o dereito de aspirar para poder gozar dunha mellor calidade de vida. Coñecer, desde unha perspectiva histórica e xeográfica, a ampla gama de hábitos culturais distintos en relación á alimentación, á hixiene e ás enfermidades, e observar a súa diversidade, así como a súa evolución ao longo da historia da humanidade. Coñecer as consecuencias individuais e colectivas de hábitos alimentarios inadecuados e costumes desfavorables, para conservar un bo estado de saúde, e rexeitar as pautas de comportamento que non conducen á adquisición dun benestar xeral. Reflexionar sobre os propios hábitos e aplicar na vida cotiá, no contorno familiar e no comunitario os hábitos culturais que potencien unha mellor saúde e calidade de vida. Educación para o lecer Comprender o lecer desde unha perspectiva histórica como unha conquista social que se deriva da diminución da carga laboral e da disposición de máis tempo libre. Comprender o lecer como unha realidade actual que se desprende da repartición do traballo e do aumento obrigatorio das horas libres. Potenciar na vida cotiá o acceso aos mundos da información: cine, vídeo, libros, multimedia..., proporciándolle ao individuo unha panorámica máis ampla do mundo no que vive. Recoñecer no lecer as posibilidades de gozo, tanto individual coma colectivo, da natureza, do contorno, da cultura, da ciencia... Reflexionar e actuar no tempo de lecer respectando o medio natural e social no que se vive. Comprender e valorar a necesidade de dispoñer de tempo libre que permita a realización de actividades que supoñan un enriquecemento persoal e unha colaboracióna activa cos membros da comunidadade. Educación do consumidor Adquirir conciencia de consumidor e actuar en consecuencia, sendo consciente dos dereitos e responsabilidades desta figura. Coñecer a existencia e o contido básico da lei para a defensa dos consumidores e usuarios. Desenvolver habilidades e criterios para a toma de decisións e actuar como consumidor responsable, instando á fabricación de produtos cada vez máis duraderos, menos contaminantes e de fácil reciclaxe. Confeccionar orzamentos e elaborar estratexias para favorecer o aforro e a xestión máis adecuada dos recursos nos ámbitos familiar, local, galega e estatal. Educación ambiental Comprender o medio como sistema e advertir a importancia da interrelación e mutua dependencia dos elementos naturais e humanos. Adquirir un dominio das escalas temporais e espaciais suficientemente amplo como para poder tomar conciencia das consecuencias a curto e longo prazo de calquera intervención no medio. Afondar no coñecemento do medio, facendo especial énfase nas nocións de enerxía, equilibrio, crecemento, economía, orde, cooperación... Analizar as manifestacións da intervención humana desde o punto de vista da súa incidencia no medio. Adquirir unha visión histórica da evolución da actividade humana e a súa repercusión ambiental, especialmente ligada á obtención e xestión da enerxía. Analizar os problemas ambientais baixo un esquema multifactorial e contextualizado, evitando interpretacións excesivamente xeneralizadoras e posicións dogmáticas. Abordar problemas referidos ao contorno formulando posibles estratexias de solución. Saber desenvolver estudos ambientais mediante a obtención, selección, tratamento e comunicación adecuada da información. Adoptar na vida cotiá unhas actitudes coherentes coa defensa do medio. Defender a necesidade de cooperación social en relación coa xestión ambiental, a nivel local, galego, nacional e internacional, e adoptar unha actitude de colaboración activa.

37


Educación sexual Considerar a sexualidade tanto na súa dimensión biolóxica como emocional e social, apreciando os papeis feminino e masculino no exercicio da sexualidade como actividade de plena comunicación entre as persoas. Desenvolver o coñecemento do propio corpo e a autonomía persoal como elementos indispensables para adquirir un excelente nivel de saúde e autoestima para exercer con satisfacción o propio rol social. Realizar tarefas en grupo, presentando unha actitude crítica, respectuosa e tolerante coa diversidade de opinións e de opcións, onde se aplique o diálogo como vía necesaria para a solución dos problemas humanos. Educación viaria Comprender a organización do territorio e o espazo urbano en interacción coas redes de comunicación e transporte. Analizar as causas dos accidentes, normas de circulación e problemas ambientais relacionados co uso de todo tipo de vehículos. Desenvolver hábitos de conciencia cidadá en relación coa circulación e os riscos que comporta; valorar a importancia do respecto das normas e sinais de tráfico e interpretar o seu significado. Comportarse de xeito responsable na condución de vehículos, especialmente motocicletas e ciclomotores.

8. CONTRIBUCIÓN Ó PLAN DE CONVIVENCIA. O estudo da materia de Historia de 4º ESO non pode ser entendida sen ter en conta a transmisión de valores democráticos, de igualdade, de respecto aos demais e a outras culturas, idiomas, orixes, etc., de tolerancia, da resolución dos conflitos mediante o diálogo. Deste xeito, a materia contribuirá á fomentar a convivencia no centro, partindo de: • Fomentar o respecto cara outras culturas desenvolvendo a curiosidade polo coñecemento de outros pobos. • Apreciar a diversidade étnica e cultural das persoas e dos estados valorando a convivencia pacífica entre os pobos. • Rexeitar a discriminación racial e fomentar a igualdade das persoas. • Fomentar o respecto ás ideas a desenvolver hábitos de tolerancia, respecto e diálogo para resolver os conflitos. • Desenvolver hábitos e prácticas democráticas e valorar negativamente o recurso á violencia. • Rexeitar a discriminación racial e fomentar a igualdade dos seres humanos. • Contribuír ao labor de concienciación sobre a importancia dunha axeitada convivencia escolar que permita unha mellor relación ensinanza-aprendizaxe. • Detectar o antes posible conflitos que poidan xurdir nas aulas para resolvelos de maneira pacífica. • Motivar ao alumnado para que comece a interiorización da cultura do diálogo e a mediación. • Fomentar o respecto entre todos os membros da comunidade e a integración de todos os alumnos/as no centro. • Fomentar a realización de actividades que potencien o respecto á diversidade

38


9-.

SISTEMA PARA PREVIOS • •

A

ACREDITACIÓN

DE

COÑECEMENTOS

Cuestonario nos primeiros dias de clase con preguntas e actividades sobre contidos básicos da materia Incentivar a participación nos primeiros dias de clase para observar as intervencións dos alumnos sobre cuestións planteadas polo profeor ou polos textos.

10-. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN. Ao finalizar o curso en xuño, o departamento elaborará unha memoria final onde se recollerán os seguintes puntos en relación a esta materia: • Porcentaxe do cumprimento da programación. • Xustificacións da parte da programación non impartida. • Modificacións introducidas durante o curso en relación coa programación didáctica. • Motivos das modificación feitas. • Propostas de melloras para a programación didáctica do próximo curso. • Análise dos resultados das avaliacións do alumnado en relación cos cursos anteriores

11-. INFORMACIÓN O ALUMNADO •

• •

O profesor responsable da materia informará en cada curso dos aspector máis destacados desta programación especialmente dos que atinxen a criterios de avaliación, procedemenos de avalición, criterios de cualificación, actiividades complementarias e actividades de recuperación e reforzo. De igual xeito darase a maior publicidade posible a estes apartados a travéss da páxina web do centro e/ou do blog do profesor A programación completa publicarase na páxina WEB do centro para que toda a comunidade educativa poida acceder a súa consulta.

39


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.