PROGRAMACIÓN
1º BACHARELATO Historia do Mundo Contemporáneo
CURSO 2014-2015 IES “POETA DÍAZ CASTRO”. GUITIRIZ
1-. METODOLOXÍA 1.1-. TRATAMENTO DE FOMENTO DAS TIC
2. UNIDADES DIDÁCTICAS DA PROPOSTA CURRICULAR 3-. CARGA E DISTRIBUCIÓN HORARIA 5-. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 6. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN: 7-. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO 8-. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS: 9. PLAN LECTOR 10-. ENSINANZAS TRANVERSAIS 11-. CONTRIBUCIÓN Ó PLAN DE CONVIVENCIA. 12-. SISTEMA PARA A ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PREVIOS 13-. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN. 14-. INFORMACIÓN O ALUMNADO
15-.ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
1-. METODOLOXÍA Débese enfocar a ensinanza-aprendizaxe da Historia superando definitivamente a tradición escolar positivista que reducía a materia a unha apretada síntese de acontecementos, apoiándose exclusivamente nunha metodoloxía de transmisión-recepción e na que os documentos eran meras ilustracións dun discurso pechado. No momento actual estase a establecer un consenso emerxente entre expertos en educación sobre a importancia que teñen os valores e actitudes (tanto da persoa que aprende como da que ensina) no proceso de construcción de coñecementos novos, porque condicionan o seu resultado. De aí que no deseño de actividades para concretar os contidos da programación e no traballo diario, o profesor debe intentar que o alumno experimente avances constatables no interese polo coñecemento histórico e o seu rigor dunha banda, e na asunción de valores socialmente positivos pola outra. Neste sentido o traballo con textos históricos, o seu comentario e a realización de exercicios de sentrse considerensa fundamentais. O comentario de textos e outros documentos de carácter histórico (mapas, gráficas, taboas estatísticas...) segue sendo un procedemento fundamental. A razón non consiste unicamente no feito de que as Probas de Acceso á Universidade teñan ó comentario como algo esencial na avaliación dos alumnos, senón tamén na utilidade que o traballo directo nas aulas con documentos históricos ten no proceso de formación. En efecto, moitos dos obxectivos que como docentes nos marcamos na formación dos alumnos, en canto a coñecementos, capacidades e actitudes, poden ser acadados con maior efectividade na medida en que os situemos en contacto directo coas propias testemuñas que o pasado nos lega. Dito doutro xeito, o comentario non debe servir unicamente para avaliar, senón tamén para transmitir coñecementos, fomentar capacidades e promover actitudes; é dicir, para ensinar. A aprendizaxïe conceptos non se pode confundir coa simple memorización de datos e definicións, xa que se trata de construccións mentais, progresivmente complexas, que facilitan a comprensión da evolución histórica. A consolidación dos conceptos de causalidade; os relacionados co tempo histórico (cambio, continuidade, desenvolvemento, progresión, regresión...); os relacionados con fontes do coñecemento histórico (por exemplo o concepto de evidencia); ou os de semellanza e diferencia, xogan un papel esencial neste proceso. Pero o desenvolvemento de conceptos históricos está indisolublemente unido á adquisición de determinadas destrezas cognitivas ou de procedementos (indagación, construcción de explicacións causais, traballo con informacións variadas...).
1.1-. TRATAMENTO DE FOMENTO DAS TIC O recurso as novas tecnoloxías terá unha presenza constante no que a recursos didácticos se refire coa utilización do canón para proxectar material de apoio . Así mesmo sempre que se considere oportuno estarán presentes cando se trate de buscar, obter e seleccionar información do ámbito, de fontes escritas, iconográficas e audiovisuais. Todas estas actividades han de ter como marco de referencia o Plan para fomento das TIC aprobado no curso 2008-2009. Para incorporar as TIC na aula poderanse utilizar unha serie de recursos integrados cos contidos e actividades de Ciencias Sociais para cuarto curso, que complementan e amplían.
Busca de información
Utilización de bibliotecas, xa sexan físicas ou virtuais; uso de Internet: busca guiada de información mediante buscadores e consulta de enderezos web específicos; utilización de dicionarios, tradutores dixitais e enciclopedias virtuais; consulta de diarios e revistas en formato dixital... Selección de información Exposición ao alumno/a de cales son os criterios de selección de información: que páxinas web son as máis adecuadas e fiables, como se debe ordenar a información obtida... Tratamento da información e Proposta de redacción de traballos e de textos de carácter propio, produción de textos relacionados cos distintos aspectos da materia, mediante procesadores de texto, e o uso de correctores ortográficos para a revisión final. Cazas do tesouro Proposta de busca de información por medio da web. Formulación dunha serie de preguntas e unha gran pregunta (actividade máis elaborada). Para respondelas, o alumno/a debe buscar información por Internet nas páxinas webs indicadas ou noutras. Animacións Explicación de contidos de índole moi diversa (conceptos, procedementos...) por medio de imaxes animadas e textos. Actividades interactivas O alumno/a responde seleccionando a opción adecuada, clasificando elementos de diferentes grupos ou situándoos na súa posición correcta… Ao finalizar, o programa informa dos acertos e erros, e dáse a oportunidade de corrixilos (aplicables no encerado dixital Interactivo). Presentacións Traballos multimedia, presentacións creativas de textos, esquemas, realización de diapositivas... Proxectos Proposta de: • Unha busca de información mediante a web. Formulación dunha serie de actividades de investigación orientadas a un produto final. Para realizalas, o alumno/a debe buscar información por Internet nas páxinas webs indicadas (aprendizaxe por investigación). • Utilización de procesadores de texto para redactar, organizar, almacenar, imprimir e presentar documentos diversos, aproveitando todas as súas ferramentas: tipos de formato, inserción de imaxes e gráficos, correctores ortográficos e gramaticais... • Uso de programas que lle permiten ao alumno/a realizar exposicións e presentacións (Power Point, ou similares), como traballos multimedia, presentacións creativas de textos, esquemas, ou realización de diapositivas, facilitando a creatividade e a interactividade do alumno/a.
2. UNIDADES DIDÁCTICAS DA PROPOSTA CURRICULAR 1. CAPITALISMO E REVOLUCIÓN INDUSTRIAL Obxectivos . Coñecer e valorar os elementos básicos do capitalismo como sistema económico. . Identificar os trazos que caracterizan a revolución agraria inglesa. . Valorar os cambios orixinados na agricultura europea e comparar coas características do Antigo Réxime.
. Diferenciar o concepto de revolución industrial, que se produce nun tempo curto e nun marco espacial determinado, do proceso de industrialización que ocorre nun período de tempo máis longo e de maneira desigual nos diferentes países. . Valorar os condicionantes obxectivos que explican que Inglaterra fose pioneira darevolución industrial. . Coñecer os trazos característicos da primeira e segunda fase da revolución industrial. . Identificar as principais consecuencias da revolución industrial. . Valorar criticamente a importancia do cambio tecnolóxico no proceso histórico. . Coñecer e valorar os cambios que configuraron a revolución demográfica. . Analizar e comentar textos, mapas, gráficas e imaxes. ¦ Elaborar resumos, esquemas e sínteses. . Definir termos e conceptos relacionados coa unidade. Contidos Específicos • O capitalismo: formación, desenvolvemento e características xerais. • enovación das estruturas agrarias. • A revolución industrial. • A revolución demográfica. Comúns • Análise e comentario de textos, gráficas, estatísticas, mapas temáticos e imaxes. • Elaboración de esquemas, resumos e breves informes empregando diversas fontes de información. • Mostrar interese polo rigor e pola obxectividade na busca e na interpretación da información histórica referida aos procesos de cambio orixinados en Europa occidental a finais do século XVIII e principios do XIX. • Valoración crítica dos procesos de cambio, analizando as consecuencias para os diferentes grupos sociais. • Comparación de situacións diverxentes. • Localización no espazo e no tempo dos principais procesos do cambio agrario, demográfico e industrial que puxeron as bases do mundo contemporáneo. Criterios de avaliación . Analizar e comentar textos, gráficas, estatísticas e imaxes relacionados co tema traballado. . Identificar e caracterizar os trazos básicos do capitalismo do século XIX. . Identificar as principais características da revolución agraria, industrial e demográfica. . Situar no tempo e no espazo os principais acontecementos e procesos relacionados coa unidade. . Coñecer algúns dos aspectos e acontecementos máis relevantes desta etapa histórica relacionados co contorno máis inmediato do alumnado. . Empregar a terminoloxía específica desta unidade. . Elaborar sínteses e mapas conceptuais. . Relacionar fontes de información diversa como explicativas de procesos históricos complexos. . Demostrar a capacidade de relacionar novos conceptos con outros xa traballados e adquiridos anteriormente.
2. AS REVOLUCIÓNS LIBERAIS Obxectivos . Valorar as ideas dos precursores do liberalismo na configuración dos novos sistemas políticos representativos, así como a actuación da burguesía para levalas á práctica. . Valorar o proceso de independencia dos EE UU como expresión da primeira revolución liberal. . Explicar as causas da Revolución francesa e coñecer os trazos máis significativos das súas fases. . Comprender que a Revolución francesa constitúe un modelo a seguir polos liberais europeos para implantar o novo réxime. . Identificar os trazos da política exterior e interior do Imperio napoleónico. . Explicar os principios da Restauración absolutista. . Identificar os principais acontecementos das vagas revolucionarias liberais de 1820, 1830 e 1848. . Analizar e comentar textos, mapas, gráficas e imaxes. . Elaborar resumos, esquemas e sínteses. . Definir termos e conceptos relacionados coa unidade. Contidos Específicos • Absolutismo, liberalismo e nacionalismo: fundamentos teóricos. • A revolución liberal. 1776-1814. • Restauración absolutista e vagas revolucionarias liberais. 1815-1848. Comúns • Lectura de textos seleccionados para identificar os fundamentos teóricos da ideoloxía absolutista, liberal e nacionalista. • Identificación e análise das distintas causas que dan lugar a cambios revolucionarios coa axuda de fontes primarias e secundarias. • Realización dun organigrama ou dun mapa conceptual, sinalando os elementos básicos dos novos sistemas políticos representativos. • Análise, coa documentación adecuada, das distintas etapas do proceso revolucionario francés, identificando as causas que deron lugar ás mesmas. • Localización no espazo e no tempo a revolución liberal e as vagas revolucionarias liberais europeas. • Interese por coñecer os antecedentes políticos máis directamente relacionados co mundo contemporáneo. • Preocupación polo rigor e pola obxectividade na busca e na interpretación da información histórica referida á etapa das revolucións liberais. Criterios da avaliación . Identificar os elementos característicos dos sistemas liberais. . Empregar correctamente a terminoloxía especifica desta unidade. . Elaborar sínteses e mapas conceptuais. . Relacionar novos conceptos con outros adquiridos con anterioridade. . Recoñecer nos acontecementos revolucionarios de finais do século XVIII e primeira metade do XIX as bases dos sistemas democráticos.
3. AS TRANSFORMACIÓNS SOCIAIS Obxectivos . Distinguir entre sociedade estamental e sociedade de clases. . Comprender que os cambios sociais están intimamente relacionados coas transformacións económicas, políticas e ideolóxicas. . Coñecer as ideoloxías que tiveron maior influencia no movemento obreiro e relacionar as súas loitas coas enormes desigualdades existentes dentro da nova sociedade, valorando os esforzos cara a conseguir unha maior xustiza social. . Analizar e comentar textos. . Elaborar resumos, esquemas e sínteses. . Definir termos e conceptos relacionados coa unidade. Contidos Específicos • A nova sociedade de clases. • O desenvolvemento do proletariado como clase. • O pensamento socialista e anarquista. • O internacionalismo proletario. Comúns · Manexo de cadros cronolóxicos que permitan a análise da sincronía dos cambios políticos e socioeconómicos. · Confección de diagramas de fluxos para relacionar aspectos relevantes das transformacións sociais. · Comentario crítico, coa documentación axeitada, da ideoloxía marxista e anarquista e da súa repercusión nosmovementos sociais. · Aprecio polo rigor na busca de información, procedente de distintas fontes. · Toma de conciencia de que as desigualdades constitúen fontes de tensión social. · Conciencia da necesidade dunha formación histórica para adoptar unha posición socialcrítica propia. · Interese por coñecer os problemas do contorno e solidariedade crítica na defensa de proxectos que intenten solucionalos. · Análise e utilización critica de fontes e de material histórico diverso que reflicta algún conflito social, relacionándoo coa actualidade e tomando en consideración aqueles antecedentes históricos relevantes para a súa comprensión. Criterios de avaliación . Analizar e comentar textos históricos relacionados co tema traballado. . Coñecer a orixe e o desenvolvemento do proletariado. . Situar no tempo e no espazo os principais acontecementos e procesos relacionados coa unidade. . Recoñecer as principais correntes de pensamento dos movementos sociais. . Expoñer a evolución dos métodos de loita do proletariado e valorar o proceso de internacionalización das organizacións obreiras. . Empregar correctamente a terminoloxía específica deste tema. . Coñecer algúns dos aspectos e acontecementos máis relevantes desta etapa histórica, relacionados co contorno do alumnado. . Relacionar os novos conceptos con outros adquiridos con anterioridade.
4. POTENCIAS BURGUESAS E NOVOS ESTADOS Obxectivos . Identificar os trazos do Estado burgués. . Coñecer as características das potencias burguesas do século XIX: Francia e Gran Bretaña. . Valorar os inicios do movemento sufraxista e os seus obxectivos. . Coñecer o proceso de formación de novos Estados en Europa. . Utilizar e confeccionar mapas históricos para percibir os cambios de fronteiras que se producen neste período e analizar, mediante o uso doutras informacións, as causas e os intereses que os orixinaron. . Localizar nos mapas as zonas con problemas nacionalistas, analizando cal é a súa situación actual. . Valoración dos dereitos humanos como unha importante conquista histórica e defensa ante calquera forma de violación. . Aceptación de dereito dos pobos, das nacións e dos Estados a exercer a súa soberanía e a desenvolver a súa cultura. . Analizar e comentar textos e mapas. . Elaborar resumos, esquemas e sínteses. . Definir termos e conceptos relacionados coa unidade. Contidos Específicos • O Estado burgués. • As potencias burguesas. Gran Bretaña e Francia. • Os novos Estados. Italia e Alemaña. • A Europa danubiana e balcánica. Comúns • Localización no tempo e no espazo dos máis destacados procesos nacionalistas europeos do século XIX. • Identificación das relacións entre os factores económicos, políticos, sociais e culturais nos procesos nacionalistas europeos. • Busca, selección e tratamento de información procedente de diversas fontes de información relacionada cos movementos nacionalistas europeos do século XIX. • Manexo de mapas históricos que permitan a análise dos cambios producidos como consecuencia dos procesos nacionalistas. • Confección de diagramas de fluxos para relacionar as causas e as fases dos procesos nacionalistas. • Situar no tempo e no espazo os principais acontecementos e procesos relacionados coa unidade. • Aprecio polo rigor na busca de información, procedente de distintas fontes. • Valoración da significación do movemento sufraxista. • Análise e utilización critica de fontes e de material histórico diverso que reflicta algún conflito nacionalista, relacionándoo coa actualidade e tomando en consideración aqueles antecedentes históricos relevantes para a súa comprensión . Criterios de avaliación . Analizar e comentar textos e mapas históricos relacionados cos movementos nacionalistas europeos do século XIX.
. Identificar os trazos do Estado burgués. . Describir os trazos das potencias burguesas europeas. . Expoñer as causas e o desenvolvemento do proceso de formación de Italia e Alemaña. . Analizar os obxectivos do movemento sufraxista. . Empregar correctamente a terminoloxía específica deste tema. . Coñecer algúns dos aspectos e acontecementos máis relevantes desta etapa histórica, relacionados co contorno do alumnado. . Relacionar os novos conceptos con outros adquiridos con anterioridade. . Mostrar capacidade crítica á hora de analizar distintas interpretacións históricas. 5. EXPANSIÓN COLONIAL E IMPERIALISMO Obxectivos . Manexar diversos mapas históricos para percibir que as fronteiras responden a convencionalismos que ás veces resultan arbitrarios. . Comprender que as tensións que se crean no reparto do mundo constitúen a antesala dos grandes conflitos bélicos do século XX. . Reflexionar sobre as causas que levan a Inglaterra e Francia primeiro, e a Alemaña, Italia, Xapón e EE UU despois, a ser os principais protagonistas da expansión imperialista. . Valorar o labor científico de determinados científicos e institucións que exploraron territorios descoñecidos ata eses momentos, contribuíndo así a que a humanidade tivese unha descrición máis completa e real do planeta en que vive. . Analizar e comentar textos e mapas históricos. . Elaborar resumos, esquemas e sínteses. . Definir termos e conceptos relacionados coa unidade. Contidos Específicos • A expansión territorial, colonialismo e imperialismo. • Imperialismo e desenvolvemento capitalista. • O reparto do mundo. • A política imperialista dos EE UU e Xapón. • Rivalidades imperialistas e tensións prebélicas. Comúns • Localización nun mapa histórico dos antigos imperios coloniais, identificando os países actuais que formaron parte deles. • Realización dun debate, con documentación adecuada, sobre os argumentos que esgrimían defensores e detractores do imperialismo. • Mostrar unha actitude crítica ante a loita polo control de recursos, de espazos e de sociedades por parte doutros Estados. • Asunción do dereito dos pobos, das nacións e dos Estados a exercer a súa soberanía e a desenvolver a súa cultura, sen prexuízo dos dereitos e das liberdades dos demais. • Conciencia das situacións de desigualdade en que se asentan determinados poderes políticos. • Superación do eurocentrismo que mantén que a nosa cultura occidental é superior ás outras.
Criterios de avaliación . Analizar e comentar mapas e textos históricos. . Identificar os elementos característicos do colonialismo. . Diferenciar as consecuencias do colonialismo para os países colonizadores e para os territorios colonizados. . Relacionar as causas da expansión imperialista coa situación económica, política, social e demográfica dos países europeos, EE UU e Xapón. . Describir o proceso de formación de EE UU e da revolución Meihí xaponesa. . Explicar as rivalidades imperialistas e a súa relación co inicio da Gran Guerra. . Empregar correctamente a terminoloxía específica do tema. . Elaborar sínteses, resumes e diagramas de fluxos. 6. A GRAN GUERRA Obxectivos . Identificar as principais causas da Gran Guerra. . Describir as fases da Gran Guerra e a organización da paz. . Reflexionar sobre as consecuencias desta guerra que supuxo a fin da hexemonía de Europa no mundo. . Comprender que o concepto de tempo histórico pode non coincidir co tempo cronolóxico para chegar a entender que a Gran Guerra supuxo a fin do século XIX histórico. . Analizar e comentar textos, mapas e imaxes. . Elaborar resumos, esquemas e sínteses. . Definir termos e conceptos relacionados coa unidade. Contidos Específicos • O camiño cara á guerra. • As magnitudes do conflito. • A organización da paz e a Sociedade de Nacións. • As consecuencias da guerra. Comúns • Identificación da interconexión das causas que provocaron a explosión da Gran Guerra. • Utilización de mapas históricos e de textos que axuden a comprender a conflitividade dos anos 1914-1918 e a reestruturación xeopolítica de Europa tras a finalización do conflito. • Comentario crítico sobre as condicións que o Tratado de Versalles impuxo a Alemaña. • Valoración da Sociedade de Nacións como organismo para velar pola paz mundial. Criterios de avaliación . Analizar e comentar imaxes, textos e mapas históricos. . Identificar as causas que provocaron o estalido da Primeira Guerra Mundial. . Valorar as consecuencias da Primeira Guerra Mundial.
. Identificar os cambios territoriais que se produciron en Europa tras a finalización do conflito. . Situar no tempo e no espazo os principais acontecementos e procesos relacionados coa unidade. . Elaborar sínteses e mapas conceptuais. . Empregar correctamente a terminoloxía específica deste tema. 7. A REVOLUCIÓN RUSA E O ESTADO SOVIÉTICO Obxectivos . Analizar a situación da Rusia prerrevolucionaria. . Caracterizar a Rusia tsarista como caso particular no proceso de modernización industrial. . Valorar as achegas individuais dos líderes no proceso revolucionario. . Reflexionar sobre os cambios que impuxeron os sucesores de Lenin na constitución da URSS e as súas repercusións posteriores. . Analizar e comentar textos, mapas, gráficas e imaxes. . Elaborar resumos, esquemas e sínteses. . Definir termos e conceptos relacionados coa unidade. Contidos Específicos • A crise do tsarismo e os precedentes da Revolución bolxevique. • 1917: da caída do tsarismo ao poder dos soviets. • O nacemento do réxime soviético. A época de Lenin. • A consolidación do Estado soviético. A era de Stalin. Comúns • Análise e comentario da situación da Rusia tsarista a través de diversas fontes de información. • Toma de conciencia da necesidade de coñecer os antecedentes históricos dun proceso complexo para poder comprender a súa resolución e consecuencias. • Comprensión de que o autoritarismo político, sexa do signo que sexa, leva a manifestacións de intolerancia e á perda de dereitos fundamentais das persoas. • Localización nun mapa dos países que integraron a URSS e a análise, coa axuda da prensa, da súa situación actual. Criterios de avaliación . Analizar e comentar textos e mapas históricos. . Describir os trazos da Rusia tsarista. . Sintetizar as causas e os aspectos máis relevantes do proceso revolucionario ruso. . Identificar os elementos característicos do Estado soviético. . Caracterizar a organización rusa durante a época de Lenin e a de Stalin. . Situar no tempo e no espazo os principais acontecementos e procesos relacionados coa unidade. . Elaborar sínteses e mapas conceptuais. . Empregar correctamente a terminoloxía específica deste tema.
8. RECONSTRUCIÓN, PROSPERIDADE E CRISE Obxectivos . Analizar os factores económicos, políticos e ideolóxicos que determinaron as relacións internacionais do período comprendido entre as dúas guerras mundiais. . Analizar as consecuencias do crac de 1929 e da depresión dos anos trinta. . Valorar os esforzos da comunidade internacional para resolver os problemas dunha maneira pacífica, así como a incidencia dos problemas económicos e sociais de cada país na ruptura do espírito de colaboración e solidariedade. . Comprender que as medidas tomadas para solucionar a crise supuxeron a fin do liberalismo clásico e o inicio dun intenso intervencionismo estatal nas economías capitalistas. . Analizar e comentar textos, mapas, gráficas e imaxes. . Elaborar resumos, esquemas e sínteses. . Definir termos e conceptos relacionados coa unidade. Contidos Específicos • Reconstrución e prosperidade nos anos vinte. • A crise económica de 1929. • A Gran Depresión dos anos trinta. Comúns • Análise e interpretación de gráficas, mapas, imaxes e textos históricos. • Ordenación cronolóxica, con apoio da documentación necesaria, de feitos e de procesos significativos deste período, identificando os personaxes que foron relevantes e establecendo relacións entre a acción individual e as mentalidades e comportamentos colectivos. • Distinguir entre causas de longa e curta duración, así como das consecuencias a curto e longo prazo. • Tomar conciencia da complexidade dos problemas sociais. • Mostrar unha actitude crítica ante as circunstancias que xeran problemas e desigualdades sociais. Criterios de avaliación . Analizar e comentar táboas estatísticas, gráficas, imaxes e textos históricos. . Describir os condicionantes das relacións internacionais dos anos vinte. . Sintetizar as causas da crise da Bolsa neoiorquina de 1929. . Caracterizar as consecuencias da crise de 1929 e a súa repercusión mundial. . Identificar as principais propostas de solución á Gran Depresión. . Elaborar sínteses e mapas conceptuais. . Empregar correctamente a terminoloxía específica deste tema.
9. DEMOCRACIAS E FASCISMOS Obxectivos . Analizar as causas que poden levar ao establecemento de réximes políticos de tipo autoritario e/ou ditatorial, concretando o estudo ao período de entreguerras en Europa. . Coñecer os fundamentos ideolóxicos dos fascismos. . Diferenciar a existencia de matices ideolóxicos entre os distintos réximes considerados como fascistas, destacando o modelo italiano e alemán. . Analizar a actitude que os ditadores teñen con respecto aos valores básicos da tradición liberal occidental. . Reflexionar sobre a importancia de adoptar uns ou outros modelos de organización dos grupos humanos e sobre as consecuencias de intentar levar á práctica certas ideas. . Analizar e comentar textos, gráficas e imaxes. . Elaborar resumos, esquemas e sínteses. . Definir termos e conceptos relacionados coa unidade. Contidos Específicos • A crise da democracia en Europa. • Os sistemas fascistas. • A Italia fascista. • A Alemaña nazi. Comúns • Análise e comentario de textos, gráficas e imaxes relacionados co tema. • Identificación dos trazos que caracterizaron a crise dos sistemas democráticos en Europa nos anos vinte. • Caracterización dos postulados ideolóxicos dos sistemas fascistas e da súa práctica na Italia de Mussolini e na Alemaña de Hitler. • Valoración e defensa da democracia ante calquera forma de violación da mesma, rexeitando calquera tipo de discriminación en razón de raza, sexo, nacionalidade, crenzas ou ideoloxía. • Solidariedade cos pobos que atravesan situacións de autoritarismo político e privacións de dereitos e de liberdades. Criterios de avaliación . Analizar e comentar gráficas, imaxes e textos históricos. . Sintetizar os trazos da crise da democracia na Europa dos anos vinte. . Sintetizar os postulados ideolóxicos dos sistemas fascistas. . Describir as características do fascismo italiano e do nazismo alemán. . Situar no tempo e no espazo os principais acontecementos e procesos relacionados coa unidade. . Elaborar sínteses, esquemas e resumes. . Empregar correctamente a terminoloxía específica deste tema. . Relacionar fontes de información diversa como explicativas de procesos históricos complexos. . Relacionar novos conceptos con outros xa traballados e adquiridos con anterioridade.
10. A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL Obxectivos . Reflexionar sobre as grandes crises que se produciron desde a Primeira Guerra Mundial e que desembocaron no estalido da Segunda Guerra Mundial. . Identificar os países que integraron os distintos bloques belixerantes e analizar os feitos militares e políticos máis relevantes que se deron nesta contenda. . Recoñecer os avances da ciencia e da tecnoloxía pensados para o beneficio da humanidade e identificar os abusos que deles se fixeron con fins bélicos. . Coñecer os acordos que os Aliados tomaron ao finalizar a guerra, valorando criticamente o reparto e o deseño dunha nova orde mundial. . Comprender que a fin da Guerra Mundial deu paso a unha nova etapa, distinta á anterior, en que se poden detectar aspectos de continuidade e de cambio. . Analizar e comentar textos, mapas, gráficas e imaxes. . Elaborar resumos, esquemas e sínteses. . Definir termos e conceptos relacionados coa unidade. Contidos Específicos • As relacións internacionais nos anos trinta • A Segunda Guerra Mundial. • A organización de paz e as Nacións Unidas. Comúns • Análise e comentario de textos, gráficas, mapas e imaxes relacionados co tema. • Identificación dos trazos que caracterizaron as relacións internacionais nos anos trinta, así como da interconexión das causas que provocaron a explosión da Segunda Guerra Mundial. • Utilización de mapas e de textos que axuden a comprender a evolución do conflito bélico. • Comentario crítico do deseño da nova orde mundial que se fixo en Ialta e en Potsdam. • Valoración da Organización das Nacións Unidas como organismo encargado de velar pola paz mundial. • Rexeitamento do emprego da violencia e a guerra como medio para conseguir o control de recursos económicos e espaciais. • Recusación do abuso que se fixo de determinados inventos científicos e tecnolóxicos. Criterios de avaliación . Analizar e comentar textos, gráficas, mapas e imaxes relacionados co tema. . Describir as relacións internacionais dos anos trinta. . Sintetizar as fases da Segunda Guerra Mundial. . Caracterizar as consecuencias da perda da guerra por parte dos Estados fascistas. . Expoñer o proceso de organización da paz e da formación da ONU. . Elaborar sínteses e mapas conceptuais. . Empregar correctamente a terminoloxía específica deste tema. . Situar correctamente no tempo e no espazo personaxes e feitos históricos relacionados co tema estudado.
11. GUERRA FRÍA E POLÍTICA DE BLOQUES Obxectivos . Comprender que a fin da Segunda Guerra Mundial deu paso a unha nova etapa en que se reestruturaron as alianzas entre Estados. . Comprender o significado da Guerra Fría e coñecer as principais crises da época. . Analizar as causas que provocaron a desaparición dun dos bloques e, deste modo, a finalización dun mundo organizado e enfrontado en dous bloques. . Adquirir unha bagaxe conceptual propia da disciplina que axude a comprender mellor a realidade actual. . Analizar e comentar textos, mapas, gráficas e imaxes. . Elaborar resumos, esquemas e sínteses. . Definir termos e conceptos relacionados coa unidade. Contidos Específicos • Guerra Fría e bipolarización. • A formación dos bloques. • Fase álxida da Guerra Fría. • Coexistencia pacífica e distensión. • Fin da Guerra Fría e desaparición da URSS. Comúns • Análise e comentario de textos, gráficas, mapas e imaxes relacionados co tema. • Localización espacial dos países que formaron parte dos dous bloques. • Identificación das características ideolóxicas, políticas e militares dos bloques. • Descrición das principais crises da Guerra Fría que se sucederon nas diferentes fases. • Caracterización dos problemas do bloque socialista e da fin da Guerra Fría. • Sensibilidade e preocupación polo rigor e obxectividade na busca e interpretación de fontes históricas e actitude de rexeitamento ante as explicacións esquemáticas e simplistas. • Predisposición a buscar unha parte da explicación de situacións e acontecementos actuais nos seus antecedentes históricos.
Criterios de avaliación . Analizar e comentar táboas estatísticas, gráficas, imaxes e textos históricos. . Describir as características da Guerra Fría e da organización do mundo en bloques. . Sintetizar os trazos dos dous bloques enfrontados durante a Guerra Fría. . Caracterizar as principais etapas da Guerra Fría e as súas crises máis destacadas. . Identificar as razóns que acabaron por provocar a crise do socialismo real e a desaparición da URSS. . Situar no tempo e no espazo os principais acontecementos e procesos relacionados coa unidade. . Elaborar sínteses e mapas conceptuais. . Empregar correctamente a terminoloxía específica deste tema. . Situar correctamente no tempo e no espazo feitos e personaxes históricos. . Relacionar os novos conceptos con outros xa traballados e adquiridos anteriormente.
12. DEMOCRACIAS LIBERAIS E MUNDO DE BENESTAR
Obxectivos . Analizar a evolución da democracia e o capitalismo desde a fin da Segunda Guerra Mundial no bloque occidental. . Caracterizar as innovacións da terceira revolución industrial. . Analizar a evolución da economía capitalista durante a Guerra Fría. . Identificar e caracterizar os novos movementos sociais e de protesta que tiveron lugar en países do bloque capitalista. . Analizar e comentar textos, mapas, gráficas e imaxes. . Elaborar resumos, esquemas e sínteses. . Definir termos e conceptos relacionados coa unidade. Contidos Específicos • A consolidación da democracia liberal. • Desenvolvemento capitalista e terceira revolución industrial. • Os novos movementos sociais e de protesta no mundo do benestar. Comúns • Análise e comentario de textos, gráficas e imaxes relacionados co tema. • Identificación dos trazos das democracias liberais. • Caracterización dos elementos constitutivos destacados da terceira revolución industrial, así como das fases do desenvolvemento capitalista durante a segunda metade do século XX. • Descrición e valoración dos movementos sociais e de protesta máis destacados que tiveron lugar nos países capitalistas durante a época da Guerra Fría. • Toma de conciencia da necesidade de ter un coñecemento histórico axeitado para poder comprender mellor os distintos problemas que nos afectan na actualidade. • Actitude crítica ante as necesidades de consumo que suscita a sociedade actual. • Sensibilidade ante os problemas sociais derivados de situacións de desigualdade. Criterios de avaliación . Analizar e comentar textos, series estatísticas e mapas históricos. . Describir as características das democracias liberais na segunda metade do século XX. . Caracterizar os trazos da terceira revolución industrial e a evolución da economía capitalista. . Identificar e valorar os movementos sociais e de protesta do mundo do benestar. . Situar no tempo e no espazo os principais acontecementos e procesos relacionados coa unidade. . Elaborar sínteses e mapas conceptuais. . Empregar correctamente a terminoloxía específica deste tema. . Situar correctamente no tempo e no espazo acontecementos e personaxes históricos. . Mostrar a capacidade de relacionar os novos conceptos con outros xa traballados e adquiridos anteriormente.
13. DEMOCRACIAS POPULARES E PAÍSES NON ALIÑADOS Obxectivos . Identificar as características básicas dos países do bloque socialista desde o punto de vista político e económico. . Coñecer e analizar os elementos que explican a crise de socialismo real e a nova orde mundial xurdida tras a desaparición da URSS e a caída dos réxime socialista de Europa do Leste. . Describir as liñas básicas do proceso de descolonización, destacando as principais vías seguidas para alcanzar a independencia. . Describir e analizar os trazos do Terceiro Mundo, así como comprender as dificultades que lle impiden saír do subdesenvolvemento a moitos destes países. . Caracterizar as realizacións e dificultades de América Latina durante a segunda metade do século XX. . Analizar e comentar textos, mapas, gráficas e imaxes. . Elaborar resumos, esquemas e sínteses. . Definir termos e conceptos relacionados coa unidade. Contidos • Identificación dos trazos das democracias populares, destacando o papel do socialismo soviético e da disidencia chinesa e iugoslava. • Caracterización dos principais problemas do bloque socialista. • Descrición do proceso das revolucións democráticas en Europa oriental e central. • Análise e valoración dos factores da descolonización e das principais vías utilizadas para conseguir a independencia. • Análise crítica dos desequilibrios existentes entre países e das dificultades polas que atravesa omundo do subdesenvolvemento. • Caracterización da evolución política, económica e social de América Latina no século XX. • Toma de conciencia da necesidade de ter un coñecemento histórico axeitado para poder comprender mellor os distintos problemas que nos afectan na actualidade. • Sensibilidade ante os problemas sociais derivados das situacións de desigualdade e de discriminación. • Valoración do labor que realizan institucións e asociacións que perseguen a mellora das situacións de desigualdade e desequilibrio sociais. • Preocupación pola violación de dereitos humanos que, con maior intensidade, se producen en países do Terceiro Mundo. Criterios de avaliación . Analizar e comentar táboas estatísticas, gráficas, imaxes e textos históricos. .. . Describir os trazos das democracias populares. . Caracterizar os principais problemas do bloque socialista. . Sintetizar o proceso das revolucións democráticas da Europa do Leste e Central. . Identificar os principais factores da descolonización e das principais vías utilizadas para conseguir a independencia. . Analizar os desequilibrios existentes entre países e das dificultades polas que atravesa o mundo do subdesenvolvemento. . Caracterizar a evolución política, económica e social de América Latina no século XX. . Elaborar sínteses e mapas conceptuais. . Empregar correctamente a terminoloxía específica deste tema.
14. GLOBALIZACIÓN E DIVERSIDADE CULTURAL Obxectivos . Identificar as características básicas do triunfo mundial do capitalismo, así como os movementos contrarios e alternativos á globalización. . Caracterizar os trazos do subdesenvolvemento nun mundo globalizado. . Analizar e valorar o papel de EE UU no contexto mundial. . Identificar e describir as características da configuración xeopolítica do mundo actual, destacando o papel das vellas e as novas potencias. . Localizar e analizar as principais zonas de conflito bélico no mundo actual. . Coñecer e valorar o proceso de integración europea e o papel das súas institucións. . Comprender que os proxectos colectivos como os da UE poden verse afectados por distintos intereses políticos ou económicos que os atrasen e incluso os anulen. . Expoñer as características do mundo islámico, destacando a súa incidencia na tensión e conflitividade mundial. . Analizar e comentar textos, mapas, gráficas e imaxes. . Elaborar resumos, esquemas e sínteses. . Definir termos e conceptos relacionados coa unidade. Contidos
• Análise e comentario de textos, gráficas e imaxes relacionados co tema. • Descrición das características do capitalismo actual. • Análise e valoración dos movementos contrarios e alternativos á globalización. • Caracterización dos trazos do subdesenvolvemento nun mundo globalizado. • Análise e valoración do papel de EE UU no contexto mundial. • Descrición das características da configuración xeopolítica do mundo actual, destacando o papel das vellas e as novas potencias. • Localización e análise das principais zonas de conflito bélico no mundo actual. • Descrición e valoración do proceso de integración europea e do papel das súas institucións. • Busca de información sobre a situación actual da UE e os problemas que deben resolver as organizacións políticas e as institucións comunitarias. • Descrición das características do mundo islámico na actualidade. Criterios de avaliación . Analizar e comentar táboas estatísticas, gráficas, imaxes e textos históricos. . Describir as características do capitalismo actual. . Analizar e valorar os movementos contrarios e alternativos á globalización. . Caracterizar os trazos do subdesenvolvemento nun mundo globalizado. . Analizar e valorar o papel de EE UU no contexto mundial. . Describir as características da configuración xeopolítica do mundo actual. . Localizar e analizar as principais zonas de conflito bélico na actualidade. . Describir e valorar o proceso de integración europea e do papel das súas institucións. . Caracterizar o mundo islámico na actualidade. . Elaborar sínteses e mapas conceptuais. . Empregar correctamente a terminoloxía específica deste tema.
3-. CARGA E DISTRIBUCIÓN HORARIA Unidades didácticas 1. Capitalismo e revoluciónindustrial 2. As revolucións liberais 3. As transformacións sociais 4. Potencias burguesas e novos Estados 5. Expansión colonial e imperialismo 6. A Gran Guerra 7. Revolución rusa e Estado soviético 8. Reconstrución, prosperidade e crise 9. Democracias e fascismos 10. A Segunda Guerra Mundial 11. Guerra Fría e política de bloques 12. Democracias liberais e mundo de benestar 13. Democracias populares e países non aliñados 14. Globalización e diversidade cultural
Nº de sesións 8 8 10 8 8 6 10 8 10 8 12 12 12 12
Esta temporalización é orientativa e podería variar según a marcha do curso.
5-. CRITERIOS DE AVALIACIÓN Criterios mínimos para unha avaliación positiva do curso 1. Obter e analizar información sobre o pasado procedente de diversas fontes, valorar a súa relevancia e establecer relacións cos coñecementos adquiridos 2. Situar no tempo e no espazo períodos, feitos e procesos históricos relevantes aplicando as convencións habituais no estudo da historia. Trátase de avaliar se as alumnas e os alumnos coñecen as principais etapas e períodos cronolóxicos e se son capaces de comprender as nocións de simultaneidade e cambio, e os momentos e procesos que caracterizan o tránsito dunhas etapas a outras, aplicando estas nocións á evolución histórica desde o século XVIII ao momento actual. 3. Identificar as causas e consecuencias de feitos e procesos históricos significativos, establecendo conexións entre elas e recoñecendo a causalidade múltiple que comportan os feitos sociais. Trátase de comprobar que se é capaz de explicar os factores que inflúen nun feito ou proceso histórico significativo, recoñecendo a natureza, xerarquización e interrelación das causas, así como as súas consecuencias a curto e longo prazo. 4. Analizar e comentar textos, mapas, gráficos e imaxes 5. Identificación e distinción entre cambios estruturais e conxunturais na análise dos procesos de cambio. 6. Distinguir causas de longa e curta duración e consecuencias a curto e longo prazo. 7. Analizar fontes históricas e obter de información explícita e implícita a partir delas.
8. Identificación e distinción entre as circunstancias causais e os motivos persoais que interveñen nun feito ou situación histórica concretos. 9. Análise e comparación de dúas interpretacións historiográficas sobre uns mesmos feitos, distinguindo os seus puntos de acordo e de desacordo. 10. Empregar correctamente o vocabulario específico. 11. Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar. 12. Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado 13. Utilizar fontes diversas para obter, relacionar e procesar información sobre feitos sociais e comunicar as conclusións de forma organizada e intelixible, empregando para isto as posibilidades que ofrecen as TIC.Avalíase o manexo correcto dos instrumentos gráficos e cartográficos. Trátase de comprobar se se utilizan as posibilidades que proporcionan as ferramentas informáticas básicas. 14. Identificar e caracterizar os trazos básicos do capitalismo do século XIX. 15. Identificar as principais características da revolución agraria, industrial e demográfica.. 16. Identificar os elementos característicos dos sistemas liberais. 17. Recoñecer nos acontecementos revolucionarios de finais do século XVIII e primeira metade do XIX as bases dos sistemas democráticos. 18. Coñecer a orixe e o desenvolvemento do proletariado. 19. Recoñecer as principais correntes de pensamento dos movementos sociais. 20. Expoñer a evolución dos métodos de loita do proletariado e valorar o proceso de internacionalización das organizacións obreiras. 21. Analizar e comentar textos e mapas históricos relacionados cos movementos nacionalistas europeos do século XIX. 22. Identificar os trazos do Estado burgués. 23. Describir os trazos das potencias burguesas europeas no XIX 24. Expoñer as causas e o desenvolvemento do proceso de formación de Italia e Alemaña. 25. Analizar os obxectivos do movemento sufraxista. 26. Identificar os elementos característicos do colonialismo. 27. Diferenciar as consecuencias do colonialismo para os países colonizadores e para os territorios colonizados. 28. Relacionar as causas da expansión imperialista coa situación económica, política, social e demográfica dos países europeos, EE UU e Xapón. 29. Identificar as causas que provocaron o estalido da Primeira Guerra Mundial. 30. Valorar as consecuencias da Primeira Guerra Mundial. 31. Identificar os cambios territoriais que se produciron en Europa tras a finalización do conflito. 32. Describir os trazos da Rusia tsarista. 33. Sintetizar as causas e os aspectos máis relevantes do proceso revolucionario ruso. 34. Identificar os elementos característicos do Estado soviético. 35. Caracterizar a organización rusa durante a época de Lenin e a de Stalin. 36. Caracterizar as consecuencias da crise de 1929 e a súa repercusión mundial. 37. Identificar as principais propostas de solución á Gran Depresión. 38. Sintetizar os postulados ideolóxicos dos sistemas fascistas. 39. Describir as características do fascismo italiano e do nazismo alemán. 40. Describir as relacións internacionais dos anos trinta. 41. Explicr as causas da Segunda Guerra Mundia 42. Sintetizar as fases da Segunda Guerra Mundial. 43. Expoñer o proceso de organización da paz e da formación da ONU.
44. Describir as características da Guerra Fría e da organización do mundo en bloques. 45. Sintetizar os trazos dos dous bloques enfrontados durante a Guerra Fría. 46. Caracterizar as principais etapas da Guerra Fría e as súas crises máis destacadas. 47. dentificar as razóns que acabaron por provocar a crise do socialismo real e a desaparición da URSS. 48. Describir as características das democracias liberais na segunda metade do século XX. 49. Identificar e valorar os movementos sociais e de protesta do mundo do benestar. 50. Describir os trazos das democracias populares. 51. Caracterizar os principais problemas do bloque socialista. 52. Sintetizar o proceso das revolucións democráticas da Europa do Leste e Central.. 53. Identificar os principais factores da descolonización e das principais vías utilizadas para conseguir a independencia. 54. Describir as características do capitalismo actual. 55. Analizar e valorar os movementos contrarios e alternativos á globalización. 56. Caracterizar os trazos do subdesenvolvemento nun mundo globalizado. 57. Analizar e valorar o papel de EE UU no contexto mundial. 58. Describir as características da configuración xeopolítica do mundo actual. 59. Localizar e analizar as principais zonas de conflito bélico na actualidade.
6. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN: A nota nota da avaliación calcurase como segue: a) Probas escritas. 8 puntos (80% da nota da avaliación). Procurarase realizar dous exames escritos por avaliación que farán media. sempre e cando ningún deles teña unha puntuación inferior a 2,5, pois neste caso a avaliación estaría suspensa ata a recuperación desa proba. Os exames valoranse sobre 8 puntos. Nas probas escritas poderan constar de: 1. Textos, gráficas, imaxes e mapas históricos para analizar e comentar: 2. Preguntas que o alumnado debe contestar a partir da información que figura no seu libro e termos para ser definidos. b) Traballo: 2 puntos (20% da nota da avaliación) Realización das tarefas e traballos específicos: esquemas, presentacións, lecturas obrigatorias, etc; traballo na aula (atención, participación, realización das tarefas habituais, etc). Valorarase o rigor científico,o emprego de fontes variadas de información (bibliografía impresa, medios de comunicación, tecnoloxías da información) e a correcta e ordenada presentación.Valorarase tamén para completar a nota o traballo diario así como a actitude e o comportamento na aula. Ao longo do curso establecerase un libro de lectura obrigatoria, sobro o cal o alumno deberá realizar un traballo, valorado con ata 1 punto nese trimestre. c) Traballos voluntarios: O alumnos poderán obter ata un máximo de 1 punto mediante a realización de traballos voluntarios: lecturas comentadas de libros, visionados de películas, exposicións orais sobre algún aspecto do temario, etc. A puntuación deste apartado sumarase a obtida nos dous anteriores
Para aprobar a avaliación será necesario ter unha nota igual ou superior a 5. No caso de ter suspensa algunha avaliación realizaranse probas de recuperación, para aprobar o curso será necesario ter aprobadas tódalas partes. No caso de ter unha soa parte suspensa con nota non inferior a 4, unha vez feitas as recuperacións farase media coas outras partes e si o resultado fose igual ou superior a 5 o curso estará aprobado.
7-. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO a-. Recuperación durante o curso Ademais dos exames xa indicados poderanse facer probas escritas de recuperación ó longo do curso co fin de facilitar o aproveitamento dos alumnos con maiores dificultades. Os alumnos deberán repetir aquelas probas escritas cunha puntuación inferior a 2,5 e presentar tamén aqueles traballos obrigatorios non presentados ou valorados negativamente no seu momento. c-. Probas extraordinarias En setembro realizarase unha proba escrita. Ademais poderse pedir os alumnos coa materia pendente a realización dunha serie de tarefas para a preparación do exame. Este deberá corresponderse cos criterio mínimos.
8-. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS: Relación dos diversos materiais e recursos didácticos para abordar a materia . Libro de texto Historia do Mundo Contemporáneo da editorial " Consorcio Editorial Galego Recursos dixitais (actividades interactivas, blog de aula, animacións, cazas do tesouro, webquest...) Vídeos, fotogrfias Dicionarios e outras obras de consulta. Ordenador e conexión a Internet. Material funxible. Guías didácticas do profesorado.
9. PLAN LECTOR No curso 2008-2009, aprobouse neste centro o Plan lector.Tendo en conta que integra tódalas intervencións do centro para o fomento da lectura, da escritura e das habilidades informáticas, tódalas actividades encamiñadas a obter a competencia en comunicación lingüística, tratamento da información e a competencia dixital , competencia cultural e artística e a competencia e a competencia para aprender a aprender realizadas dende esta materia pasarían a formar parte de dito Plan. Poderiamos citar tódalas actividades de comprensión lectora que se recollen en cada tema para realizar trala lectura e explicación deste á procura do uso dun vocabulario específico da área e da asimilación dos contidos fundamentais desta, a lectura de todo tipo de textos en calquera tipo de soporte, o uso de Internet para determinadas buscas así como da biblioteca escolar.
Lectura: Lectura de textos continuos: narrativos, descritivos, instrutivos, argumentativos, expositivos, con actividades de prelectura, durante lectura e poslectura (anticipar, predicir, inferir a partir do título do texto, do recurso dixital, das imaxes…). Lectura comprensiva de fontes escritas históricas, tanto primarias como secundarias. Lectura doutros tipos de documento: formulario, anuncio, gráfica, mapa... Textos en soporte dixital (Internet e aplicacións informáticas, lectura en pantalla). Lectura en alto. Utilización do dicionario como instrumento de localización do vocabulario descoñecido. Expresión: Composicións e escritos de tipoloxía diversa seguindo unhas pautas e prestando atención á presentación e á ortografía. Participación oral en actividades grupais e preparación de debates, coloquios, faladoiros... Expresión oral e escrita en razoamentos, actividades e traballos individuais, actividades en grupo... Exposición oral das aprendizaxes, utilizando un vocabulario preciso, acompañada ou non de imaxes. Expresión escrita en soporte papel e en pantalla. Nesta idea de fomento da lectura ademais da lectura obrigatoria presentarase ó alumnado unha selección de libros de lectura voluntaria que serán valorados na nota do alumno.
10-. ENSINANZAS TRANVERSAIS O carácter integral do currículo implica que se deben incorporar nas diferentes materias elementos educativos básicos contidos nas ensinanzas transversais. Deseguido, e de forma moi breve, presentamos como se incorporaron as ensinanzas transversais na materia de Ciencias Sociais. Educación moral e cívica Considerar os códigos éticos máis aló dun código normativo social ou relixioso, e advertir da necesidade de elaborar criterios morais propios, razoados, solidarios e non suxeitos a meras esixencias externas. Desenvolver estruturas universais de xuízo moral que permitan a adopción de principios, tales como a xustiza e a solidariedade. Coñecer os sistemas éticos e morais máis relevantes, actuais e do pasado, que teñen unha incidencia na sociedade actual. Recoñecer nos dilemas actuais da humanidade a súa razón ética e moral. Analizar conflitos de valores e elaborar estratexias de solución baseadas no diálogo e no respecto. Discutir dilemas morais utilizando razoamentos non absolutos, abertos ao diálogo e á aceptación doutros puntos de vista. Educación para a paz Revisar o concepto de paz, máis aló da visión occidental herdada da idea de pax romana (ausencia de conflitos bélicos entre Estados), considerándoo non como
antítese da guerra senón como un concepto oposto a outro máis amplo, o de violencia, que inclúe a guerra como unha forma de violencia organizada. Revisar o concepto de conflito, máis aló da súa identificación con algo negativo e violento, para consideralo como un proceso natural e consustancial á existencia humana en sociedade. Analizar conflitos sociais, advertindo os seus compoñentes básicos (persoa, proceso, e problema ou diferenzas esenciais), e relacionalos convenientemente co seu contexto temporal e espacial. Desenvolver as capacidades de toma de decisións e de resolución non-violenta dos conflitos para favorecer o desenvolvemento de condutas pro sociais. Comprender a interdependencia mundial entre os países e a mundialización dos problemas sociais para advertir o seu complexidade. Coñecer o contido básico da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a súa historia e a súa razón de ser na sociedade actual. Formar unha identidade universal desde o respecto e a afirmación da diferenza de etnias e culturas. Desenvolver a solidariedade entre os pobos, mediante o estudo e a valoración dos desequilibrios socioculturais e económicos entre os Estados, especialmente na situación do Terceiro Mundo. Coñecer as bases éticas do sistema democrático e as súas características concretas por medio da análise da Constitución vixente. Desenvolver competencias dialogantes que predispoñan ao acordo xusto e á participación democrática. Tomar decisións individuais ante un conflito, tendo en conta os puntos de vista e as necesidades de todos os implicados. Desenvolver na vida cotiá comportamentos coherentes cos principios e normas que se defendan verbalmente. Educación para a igualdade de oportunidades entre os sexos Comprender a diferenza entre sexo e xénero: o primeiro, como categoría biolóxica, e o segundo, como construción sociocultural que define as diferenzas emocionais e intelectuais, os comportamentos e os roles masculinos e femininos que cada sociedade asigna a mulleres e homes. Estudar os fenómenos e procesos sociais, incorporando a economía doméstica e a historia do papel da muller, e incluír o feminismo entre os proxectos éticos contemporáneos. Recoñecer os sesgos sexistas que se atopan nas interpretacións dos feitos sociais e na propia documentación. Incorporar nos traballos unha visión non sexista e adoptar, na vida escolar, familiar e social, actitudes a favor da igualdade entre ambos sexos. Participar nun intercambio de papeis fluído cos compañeiros da aula en situacións de traballo grupal, e favorecer a participación das alumnas nos debates e tomas de decisións para evitar situacións de discriminación sexista. Facilitarase, deste xeito, desde a propia actividade da aula, o establecemento dunhas relacións máis xustas e equilibradas entre as persoas. Educación para a saúde e a calidade de vida Considerar a saúde como estado de benestar (físico, psíquico e social) ao que todo ser humano ten o dereito de aspirar para poder gozar dunha mellor calidade de vida. Coñecer, desde unha perspectiva histórica e xeográfica, a ampla gama de hábitos culturais distintos en relación á alimentación, á hixiene e ás enfermidades, e observar a súa diversidade, así como a súa evolución ao longo da historia da humanidade. Coñecer as consecuencias individuais e colectivas de hábitos alimentarios inadecuados e costumes desfavorables, para conservar un bo estado de saúde, e
rexeitar as pautas de comportamento que non conducen á adquisición dun benestar xeral. Reflexionar sobre os propios hábitos e aplicar na vida cotiá, no contorno familiar e no comunitario os hábitos culturais que potencien unha mellor saúde e calidade de vida. Educación para o lecer Comprender o lecer desde unha perspectiva histórica como unha conquista social que se deriva da diminución da carga laboral e da disposición de máis tempo libre. Comprender o lecer como unha realidade actual que se desprende da repartición do traballo e do aumento obrigatorio das horas libres. Potenciar na vida cotiá o acceso aos mundos da información: cine, vídeo, libros, multimedia..., proporciándolle ao individuo unha panorámica máis ampla do mundo no que vive. Recoñecer no lecer as posibilidades de gozo, tanto individual coma colectivo, da natureza, do contorno, da cultura, da ciencia... Reflexionar e actuar no tempo de lecer respectando o medio natural e social no que se vive. Comprender e valorar a necesidade de dispoñer de tempo libre que permita a realización de actividades que supoñan un enriquecemento persoal e unha colaboracióna activa cos membros da comunidadade. Educación do consumidor Adquirir conciencia de consumidor e actuar en consecuencia, sendo consciente dos dereitos e responsabilidades desta figura. Coñecer a existencia e o contido básico da lei para a defensa dos consumidores e usuarios. Desenvolver habilidades e criterios para a toma de decisións e actuar como consumidor responsable, instando á fabricación de produtos cada vez máis duraderos, menos contaminantes e de fácil reciclaxe. Confeccionar orzamentos e elaborar estratexias para favorecer o aforro e a xestión máis adecuada dos recursos nos ámbitos familiar, local, galega e estatal. Educación ambiental Comprender o medio como sistema e advertir a importancia da interrelación e mutua dependencia dos elementos naturais e humanos. Adquirir un dominio das escalas temporais e espaciais suficientemente amplo como para poder tomar conciencia das consecuencias a curto e longo prazo de calquera intervención no medio. Afondar no coñecemento do medio, facendo especial énfase nas nocións de enerxía, equilibrio, crecemento, economía, orde, cooperación... Analizar as manifestacións da intervención humana desde o punto de vista da súa incidencia no medio. Adquirir unha visión histórica da evolución da actividade humana e a súa repercusión ambiental, especialmente ligada á obtención e xestión da enerxía. Analizar os problemas ambientais baixo un esquema multifactorial e contextualizado, evitando interpretacións excesivamente xeneralizadoras e posicións dogmáticas. Abordar problemas referidos ao contorno formulando posibles estratexias de solución. Saber desenvolver estudos ambientais mediante a obtención, selección, tratamento e comunicación adecuada da información. Adoptar na vida cotiá unhas actitudes coherentes coa defensa do medio. Defender a necesidade de cooperación social en relación coa xestión ambiental, a nivel local, galego, nacional e internacional, e adoptar unha actitude de colaboración activa.
Educación sexual Considerar a sexualidade tanto na súa dimensión biolóxica como emocional e social, apreciando os papeis feminino e masculino no exercicio da sexualidade como actividade de plena comunicación entre as persoas. Desenvolver o coñecemento do propio corpo e a autonomía persoal como elementos indispensables para adquirir un excelente nivel de saúde e autoestima para exercer con satisfacción o propio rol social. Realizar tarefas en grupo, presentando unha actitude crítica, respectuosa e tolerante coa diversidade de opinións e de opcións, onde se aplique o diálogo como vía necesaria para a solución dos problemas humanos. Educación viaria Comprender a organización do territorio e o espazo urbano en interacción coas redes de comunicación e transporte. Analizar as causas dos accidentes, normas de circulación e problemas ambientais relacionados co uso de todo tipo de vehículos. Desenvolver hábitos de conciencia cidadá en relación coa circulación e os riscos que comporta; valorar a importancia do respecto das normas e sinais de tráfico e interpretar o seu significado. Comportarse de xeito responsable na condución de vehículos, especialmente motocicletas e ciclomotores.
11-. CONTRIBUCIÓN Ó PLAN DE CONVIVENCIA. O estudo da materia de Historia non pode ser entendida sen ter en conta a transmisión de valores democráticos, de igualdade, de respecto aos demais e a outras culturas, idiomas, orixes, etc., de tolerancia, da resolución dos conflitos mediante o diálogo. Deste xeito, a materia contribuirá á fomentar a convivencia no centro, partindo de: Fomentar o respecto cara outras culturas desenvolvendo a curiosidade polo coñecemento de outros pobos. Apreciar a diversidade étnica e cultural das persoas e dos estados valorando a convivencia pacífica entre os pobos. Rexeitar a discriminación racial e fomentar a igualdade das persoas. Fomentar o respecto ás ideas a desenvolver hábitos de tolerancia, respecto e diálogo para resolver os conflitos. Desenvolver hábitos e prácticas democráticas e valorar negativamente o recurso á violencia. Rexeitar a discriminación racial e fomentar a igualdade dos seres humanos. Contribuír ao labor de concienciación sobre a importancia dunha axeitada convivencia escolar que permita unha mellor relación ensinanza-aprendizaxe. Detectar o antes posible conflitos que poidan xurdir nas aulas para resolvelos de maneira pacífica. Motivar ao alumnado para que comece a interiorización da cultura do diálogo e a mediación. Fomentar o respecto entre todos os membros da comunidade e a integración de todos os alumnos/as no centro. Fomentar a realización de actividades que potencien o respecto á diversidade
12-. SISTEMA PARA A ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PREVIOS
Cuestonario nos primeiros dias de clase con preguntas e actividades sobre contidos básicos da materia Incentivar a participación nos primeiros dias de clase para observar as intervencións dos alumnos sobre cuestións planteadas polo profeor ou polos textos.
13-. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN. Ao finalizar o curso en xuño, o departamento elaborará unha memoria final onde se recollerán os seguintes puntos en relación a esta materia: Porcentaxe do cumprimento da programación. Xustificacións da parte da programación non impartida. Modificacións introducidas durante o curso en relación coa programación didáctica. Motivos das modificación feitas. Propostas de melloras para a programación didáctica do próximo curso. Análise dos resultados das avaliacións do alumnado en relación cos cursos anteriores
14-. INFORMACIÓN O ALUMNADO
O profesor responsable da materia informará en cada curso dos aspector máis destacados desta programación especialmente dos que atinxen a criterios de avaliación, procedemenos de avalición, criterios de cualificación, actiividades complementarias e actividades de recuperación e reforzo. De igual xeito darase a maior publicidade posible a estes apartados a travéss da páxina web do centro e/ou do blog do profesor A programación completa publicarase na páxina WEB do centro para que toda a comunidade educativa poida acceder a súa consulta.
15-.ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES : Este Departamento colaborará na preparación das visitas de carácter cultural que os alumnos deste curso realicen durante a excursión de fin de estudios que terá lugar no mes de marzo O final de cada trimestre proxectarase unha película relacionada ca materia dada e os alumnos deberán realizar un traballo complementario. O igual que no curso anterior queremos continuar coa celebración da Semana Internacional, dedicada a un conflito internacional. Proponse a realización, no 2º trimestre, dunha visita de media xornada a Biblioteca Provincial de Lugo e ó Arquivo Histórico Provincial ou outro lugr deinterese para a materia: musei, exposición temporal, etc.