PROGRAMACIÓN
Xeografía e Historia 1º ESO
CURSO 2014-2015 IES “POETA DÍAZ CASTRO”. GUITIRIZ
1
ÍNDICE 1-. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS: 2-. OBXECTIVOS 3-. CONTIDOS 3.1-. UNIDADES DIDÁCTICAS 3.2-. SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN 3.3-. CONTIDOS MÍNIMOS
4-. METODOLOXÍA, MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS 5-. CRITERIO DE AVALIACIÓN 6-. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN 7-. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN 7-. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES 8-. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO 9-.. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 10-. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES 11. PLAN LECTOR 12-. TRATAMENTO DE FOMENTO DAS TIC 13-. ENSINANZAS TRANVERSAIS 14. CONTRIBUCIÓN Ó PLAN DE CONVIVENCIA. 15-. SISTEMA PARA A ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PREVIOS 16-. PROCEDEMENTO PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN 17-. INFORMACIÓN O ALUMNADO
2
1-. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS: A área de ciencias sociais resulta fundamental para o desenvolvemento da competencia social e cidadá, posto que facilita as relacións dentro dun modelo de sociedade cada vez máis plural. É ben coñecido o papel que as ciencias sociais xogaron na conformación das identidades sociais e territoriais. Na medida en que constrúen as categorías de tempo e espazo social permiten a construción de tempo e espazo persoal no alumnado. Pero, para que estas categorías se traduzan no desenvolvemento dunha competencia social democrática e posibiliten unha interacción responsable co medio, teñen que incorporar a visión de que o mundo en que vivimos é froito das decisións que tomaron os nosos antepasados máis ou menos libremente. Esta visión permitiralle ao alumnado adquirir a conciencia de que o futuro está condicionado polas nosas decisións e actuacións, e adoptar, polo tanto, unha posición comprometida e responsable ante este. O desenvolvemento desta competencia require ademais o tratamento destes contidos desde unhas metodoloxías participativas, interactivas e dialóxicas, que propicien habilidades para participar na vida cívica, para asumir os valores democráticos e para o cumprimento dos deberes. A competencia cultural e artística supón apreciar, comprender e valorar as diferentes manifestacións culturais e artísticas materiais e inmateriais, utilizalas para o enriquecemento persoal e estimalas como elementos do patrimonio cultural de que dispoñemos e que resulta necesario preservar. A contribución da área concrétase facilitando a selección e coñecemento de obras de arte relevantes, ben polo seu significado na caracterización de estilos e artistas. No mundo actual é innegable a importancia que ten a competencia no tratamento da información e competencia dixital para a comprensión dos fenómenos sociais e históricos. Poder contar con certas habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar a información e transformala en coñecemento. As TIC resultan imprescindibles na sociedade da información en que vivimos, aumentan as posibilidades de comunicación e axilizan os intercambios, mesmo poden propiciar formas de traballo cooperativo que abarquen espazos físicos e sociais cada vez máis amplos, que son precisamente os que interesa coñecer desde esta área. En todo caso, debe insistirse en que a información é preciso saber utilizala, xa que por si mesma non produce unha forma axeitada de coñecemento. Por iso, é necesario comprendela e integrala nos esquemas previos de coñecemento ebuscar transmisión desta información do xeito máis eficaz posible. Na medida en que a linguaxe é un vehículo imprescindible de comunicación no proceso de ensinanza-aprendizaxe, a competencia en comunicación lingüística resulta imprescindible. A lingua é o principal instrumento para organizar o pensamento, para aprender e para explicar. Co discurso é posible describir, narrar, disertar e argumentar, e así mesmo, adquirir un vocabulario preciso e específico das ciencias sociais que deberá asumir o alumnado, como tamén a capacidade para utilizalo e xeneralizalo correctamente. Esta competencia implica o dominio das habilidades de ler e escribir diferentes tipos de textos cada vez máis complexos e que resultan fundamentais como elementos de información social e histórica. Trátase de ser capaces de expoñer clara e sistematicamente as ideas, argumentando con rigor e precisión. A competencia para aprender a aprender supón iniciarse na aprendizaxe e continuala dun xeito autónomo. Do que se trata é de ter ferramentas que faciliten a aprendizaxe e de atopar repostas que se correspondan cun coñecemento racional, asumindo que poden ser diversas e que é posible atopalas desde distintas perspectivas metodolóxicas. Para asumir esta competencia é preciso tamén coñecer o que se sabe e o que queda por aprender.
3
Relación de competencias básicas, obxectivos do curso e criterios de avaliación COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA Obxectivos da área
Análise das fontes históricas e obtención de información explícita e implícita a partir delas. Analizar e comentar textos, mapas e imaxes. Adquirir e empregar o vocabulario específico que achegan as ciencias sociais para que a súa incorporación ao vocabulario habitual aumente a precisión no uso da linguaxe e mellore a comunicación Elaboración de notas, resumos ou esquemas a partir de información escrita e oral.
Criterios de avaliación
Analizar fontes históricas e obter de información explícita e implícita a partir delas. Empregar correctamente o vocabulario específico. Elaboración de notas, resumos ou esquemas a partir de información escrita e oral. Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar. Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado Utilizar fontes diversas para obter, relacionar e procesar información sobre feitos sociais e comunicar as conclusións de forma organizada e intelixible, empregando para isto as posibilidades que ofrecen as TIC. Avalíase o manexo correcto dos instrumentos gráficos e cartográficos. Trátase de comprobar se se utilizan as posibilidades que proporcionan as ferramentas informáticas básicas. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información escritas de contido xeográfico ou histórico e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito
COMPETENCIA MATEMÁTICA Obxectivos da área
Identificar e localizar no tempo e no espazo os procesos históricos e os acontecementos relevantes, dentro dun marco cronolóxico preciso e dun esquema de datas clave. Comprender o concepto de escala Calcular escalas. Calcular proporcións e porcentaxes para elaborar un gráfico sectorial. Representar graficamente datos de temperaturas medias e precipitacións totais. Obtér información dun gráfico.
Criterios de avaliación
Situar no tempo e no espazo períodos, feitos e procesos históricos relevantes aplicando as convencións habituais no estudo da historia. Trátase de avaliar se as alumnas e os alumnos coñecen as principais etapas e períodos cronolóxicos e se son capaces de comprender as nocións de simultaneidade e cambio Selección e utilización de recursos gráficos para a representación do tempo histórico, e elaboración de secuencias temporais utilizando as unidades e convencións cronolóxicas. Representar graficamente información estatística en distintos tipos de gráficos.
COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO Obxectivos da área
Comprender que o territorio e a súa ordenación son o resultado da interacción das sociedades, ao longo da historia, sobre o medio no que se desenvolven e organizan Describir formas do relevo. Desenvolver actitudes positivas con respecto á conservación do patrimonio artístico e cultural. Comprender a singularidade do patrimonio natural, histórico, cultural e lingüístico galego, participando activamente na súa conservación e mellora.
Criterios de avaliación 4
Describir as principais caracteristicas dos dous tipos de hábitat do ser humano: hábitat rural e hábitat urbano. Obtér información xeográfica dun mapa e localízaa. Localizar nun mapa unidades de relevo dos continentes. Explica as diferentes paisaxes europeas. Utilizar o atlas para localizar informacións no espazo. Utilizar o mapa para localizar océanos, ríos e illas europeas. Localizar as zonas climáticas. Identificar os distintos elementos que conforman a paisaxe urbana e extraer información deles para caracterizar unha cidade. Recoñecer as diferenzas que existen entre as cidades dos países subdesenvolvidos e as dos países desenvolvidos e identificar os principais problemas que afectan a cada unha delas. Analizar as principais características da poboación rural e urbana en España e Galicia, e establecer os problemas máis importantes a que se enfrontan.
TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL Obxectivos da área
Análise das fontes históricas e obtención de información explícita e implícita a partir delas. Selección e utilización de recursos gráficos para a representación do tempo histórico, e elaboración de secuencias temporais utilizando as unidades e convencións cronolóxicas. Usar a cartografía e os esquemas debuxados como fonte de información. Analizar e comentar textos, mapas e imaxes. Interpretar a lenda dun mapa físico Utilizar fontes diversas para obter, relacionar e procesar información sobre feitos sociais e comunicar as conclusións de forma organizada e intelixible, empregando para isto as posibilidades que ofrecen as TIC.
Criterios de avaliación
Utilizar fontes diversas para obter, relacionar e procesar información sobre feitos sociais e comunicar as conclusións de forma organizada e intelixible, empregando para isto as posibilidades que ofrecen as TIC.Avalíase o manexo correcto dos instrumentos gráficos e cartográficos. Trátase de comprobar se se utilizan as posibilidades que proporcionan as ferramentas informáticas básicas. Utilizar as ferramentas informáticas (presentacións, tratamento de textos, etc) para a exposición de contidos
COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ Obxectivos da área
Reflexionar criticamente sobre os efectos das accións humanas sobre o relevo as augas e o climaterrestre. Desenvolver actitudes positivas con respecto á conservación do patrimonio natual, artístico e cultural. Comprender a singularidade do patrimonio natural, histórico, cultural e lingüístico galego, participando activamente na súa conservación e mellora. Comprender a importancia de que as persoas vivan en comunidade para a supervivencia e o desenvolvemento da nosa especie. Explicar cal era a situación da muller na prehistoriae no mundo antiguo e dar unha opinión propia ao respecto. Reflexionar sobre o feito de que nas sociedades nunca son iguais todos os seus membros; o que varía son os criterios nos que se fundamentan esas desigualdades Comparar a situación dos distintos grupos sociais respecto aos dereitos e liberdades Identificar os procesos e mecanismos que rexen a realidade social e as interrelacións entre os feitos políticos, económicos e culturais, utilizando este coñecemento para comprender o
5
pasado e as sociedades actuais; asumir que estas son o resultado de longos procesos de cambio e dunha pluralidade de causas, e, o papel que xogan nelas os homes e as mulleres e, así mesmo, analizar os problemas máis relevantes que se deducen dese estudo Comprender que o territorio e a súa ordenación son o resultado da interacción das sociedades, ao longo da historia, sobre o medio no que se desenvolven e organizan Valorar a diversidade cultural manifestando actitudes de respecto e tolerancia cara a outras culturas e cara a opinións que non coinciden coas propias, sempre que non sexan atentatorias contra a dignidade humana, sen renunciar por iso a un xuízo sobre elas Entender que ser capaz de explicar os motivos doutros non significa que se compartan Comprender que o concepto de cidadán está vinculado a uns dereitos políticos, que uns posúen e dos que outros están excluídos Constatar a existencia dunha diversidade de intereses entre os grupos que compoñen unha sociedade e como a imposición violenta duns sobre outros pode provocar unha forte crise (como sucedeu na República romana). Analizar a convivencia nun mesmo territorio (a Península Ibérica) de pobos con distintos trazos culturais (iberos e celtas).
Criterios de avaliación
Identificación e distinción entre as circunstancias causais e os motivos persoais que interveñen nun feito ou situación histórica concretos. Análise e comparación de dúas interpretacións historiográficas sobre uns mesmos feitos, distinguindo os seus puntos de acordo e de desacordo. Identificar as causas e consecuencias de feitos e procesos históricos significativos, establecendo conexións entre elas e recoñecendo a causalidade múltiple que comportan os feitos sociais. Comprender que os seres humanos teñen distintos niveis de desenvolvemento económico e que este feito dá lugar a diferentes formas de vida. Comprender como as relixións condicionan a forma de vida das sociedades. Explicar como as sociedades se organizan xerarquicamente en estratos sociais que varían dunha sociedade a outra e que evolucionan co paso do tempo. Comparar dúas formas de organización política (aristocracia e democracia) e opinar sobre cal ten máis relación coa nosa.
COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA Obxectivos da área
Coñecer as principais manifestacións da arte prehistórica, as súas características e os principais exemplos. Coñecer as principais manifestacións da arte mesopotámica, as súas características e exemplos. Coñecer as principais manifestacións da arte exipcia, as súas características e os principais exemplos Coñecer as principais manifestacións da arte grega, as súas características e os principais exemplos. Coñecer as principais manifestacións da arte romana, as súas características e os principais exemplos. Analizar as relacións entre a arte e a sociedade: entre a aparición dun poder político forte e o inicio da arquitectura monumental; a influencia das crenzas na arte exipcia, tanto nos seus tipos de manifestacións (templos e tumbas) coma nas súas características; a relación entre arte e función (edificios de ocio, conmemorativos, relixiosos e vivendas). Desenvolver actitudes positivas con respecto á conservación do patrimonio artístico e cultural. Comprender a singularidade do patrimonio natural, histórico, cultural e lingüístico galego, participando activamente na súa conservación e mellora.
Criterios de avaliación
6
Describir as características principais da pintura paleolítica Describir as características principais do arte mesopotámico e exipcio Describir as características principais da arquitectura e a arquitectura grega Coñecer a principais aportacións da arquitectura romana e os tipos de construccións Analizar e comentar textos, mapas, gráficos e imaxes Contextualizar no tempo as diversas formas artísticas e analizar como se relacionan co desenvolvemento da sociedade que nas produce.
COMPETENCIA APRENDER A APRENDER
Obxectivos da área
Distinción entre causas de longa e curta duración e consecuencias a curto e longo prazo. Distinción e clasificación de fontes históricas e o seu diferente uso e valor para o coñecemento do pasado. Análise das fontes históricas e obtención de información explícita e implícita a partir delas. Selección e utilización de recursos gráficos para a representación do tempo histórico, e elaboración de secuencias temporais utilizando as unidades e convencións cronolóxicas. Adquirir e empregar o vocabulario específico que achegan as ciencias sociais para que a súa incorporación ao vocabulario habitual aumente a precisión no uso da linguaxe e mellore a comunicación Elaboración de notas, resumos ou esquemas a partir de información escrita e oral.
Criterios de avaliación
Analizar fontes históricas e obter de información explícita e implícita a partir delas. Identificación e distinción entre as circunstancias causais e os motivos persoais que interveñen nun feito ou situación histórica concretos. Análise e comparación de dúas interpretacións historiográficas sobre uns mesmos feitos, distinguindo os seus puntos de acordo e de desacordo. Elaboración de notas, resumos ou esquemas a partir de información escrita e oral. Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar. Orde, limpeza e estructura dos traballos presentados Utilizar fontes diversas para obter, relacionar e procesar información sobre feitos sociais e comunicar as conclusións de forma organizada e intelixible, empregando para isto as posibilidades que ofrecen as TIC.Avalíase o manexo correcto dos instrumentos gráficos e cartográficos. Trátase de comprobar se se utilizan as posibilidades que proporcionan as ferramentas informáticas básicas.
AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSONAL
Obxectivos da área
Selección e utilización de recursos gráficos para a representación do tempo histórico, e elaboración de secuencias temporais utilizando as unidades e convencións cronolóxicas Realizar breves exposicións orais con correción e orde Elaboración de notas, resumos ou esquemas a partir de información escrita e oral. Identificación e distinción entre as circunstancias causais e os motivos persoais que interveñen nun feito ou situación histórica concretos. Utilizar coñecementos xeográficos en contextos cotiáns, por exemplo a planificación dunha excursión, para argumentar sobre problemas cotiáns, por exemplo a necesidade de conservar o medio natural Análise e comparación de dúas interpretacións historiográficas sobre uns mesmos feitos, distinguindo os seus puntos de acordo e de desacordo. Utilizar fontes diversas para obter, relacionar e procesar información sobre feitos sociais e comunicar as conclusións de forma organizada e intelixible, empregando para isto as posibilidades que ofrecen as TIC.
7
Criterios de avaliación
Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar. Utilizar fontes diversas para obter, relacionar e procesar información sobre feitos sociais e comunicar as conclusións de forma organizada e intelixible, empregando para isto as posibilidades que ofrecen as TIC. Avalíase o manexo correcto dos instrumentos gráficos e cartográficos. Trátase de comprobar se se utilizan as posibilidades que proporcionan as ferramentas informáticas básicas.
2-. OBXECTIVOS
Coñecer distintas formas de representación do espazo terrestre. Orientarse no espazo. Localizar puntos nun mapa utilizando os puntos cardinais e as coordenadas xeográficas. Comprender o concepto de escala Coñecer os elementos básicos que se usan na cartografía. Construír e interpretar gráficos simples de distinto tipo: de liñas, de barras e sectoriais. Diferenciar as distintas formas do relevo continental, costeiro e submarino. Explicar, de forma básica, como se orixina o relevo terrestre. Explicar como cambia o relevo ao longo do tempo pola acción da auga, o vento e os seres vivos. Localizar nun mapa os principais accidentes do relevo terrestre Coñecer a estrutura das augas do planeta: augas continentais (ríos, lagos, xeos e augas subterráneas) e augas mariñas. Describir as principais características dos ríos, os mares, os lagos e as augas subterráneas do noso planeta. Localizar nun mapa os principais mares, ríos e lagos do mundo. Apreciar a importancia das augas para a nosa vida. Diferenciar tempo e clima. Coñecer os principais elementos do clima (temperatura, precipitacións, presións e ventos). Explicar os factores que modifican cada un deses elementos. Valorar a influencia que o clima ten na nosa vida. Diferenciar os distintos climas que existen na Terra e describir as súas principais características. Analizar a influencia do clima sobre os ríos, a vexetación e a forma de vida das persoas. Localizar nun mapa os principais climas e paisaxes da Terra. Localizar nun mapa os elementos básicos que configuran o medio físico de África, Asia, Europa, Oceanía, América e a Antártida. Valorar eses elementos destacados como parte do patrimonio do noso planeta. Empregar o atlas. Coñecer os principais trazos físicos de España. Localizar en mapas os elementos básicos que configuran o medio físico de España e Galicia 8
Analizar os cambios que as persoas introducen no medio natural para satisfacer as súas necesidades e como esta acción modifica a paisaxe natural, creando distintas paisaxes transformadas. Coñecer cales son os principais problemas ambientais que provoca a acción dos seres humanos no medio natural e explicar as súas causas e consecuencias. Explicar as causas, o desenvolvemento e as consecuencias dos principais riscos naturais: os volcáns, os terremotos, os maremotos, os furacáns, as secas e as inundacións. Cooperar e solidarizarse cos que sufriron os efectos dunha catástrofe natural. Coñecer a diferenza entre a Prehistoria e a Historia. Caracterizar as etapas que se distinguen na Prehistoria. Coñecer as principais características da forma de vida no Paleolítico: organización social, vivenda, actividades económicas, tecnoloxía, crenzas e arte. Describir como era a forma de vida dos nosos devanceiros no Neolítico e a Idade dos Metais. Analizar como eran as crenzas e a arte nestas etapas e as relacións entre ambos os aspectos. Analizar o cambio e a continuidade entre as tres etapas da Prehistoria, detectando similitudes e diferenzas. Explicar o paso da Prehistoria á Historia. Determinar cales foron as primeiras civilizacións históricas e situalas nun mapa. Analizar as características políticas, económicas, sociais e culturais das primeiras civilizacións. Situar Mesopotamia no seu contexto espacial e temporal. Explicar a influencia do medio físico (especialmente do río Nilo) na configuración da civilización exipcia. Describir as estruturas política e social do antigo Exipto. Explicar como eran as crenzas dos antigos exipcios e valorar a súa influencia na arte. Coñecer as principais obras de arte do antigo Exipto. Coñecer as etapas da historia grega. Comprender o desenvolvemento do proceso colonizador grego e a influencia que este tivo na extensión da cultura grega máis alá das súas fronteiras. Comparar dúas formas de organización política: a polis (cidade-Estado) e o imperio. Describir a estrutura social na antiga Grecia. Describir a vida cotiá dos gregos: actividades económicas, alimentación, vestido e vivenda. Coñecer os principais trazos da relixión grega. Coñecer as características e as obras máis importantes da arte grega. Identificar e describir edificios característicos da antiga Grecia Valorar a civilización grega coma unha das bases fundamentais da civilización occidental. Describir o proceso de expansión e conquista que levaron a cabo os romanos. Comparar a organización política na República e o Imperio. Explicar as causas e consecuencias da crise do imperio romano. Analizar a estrutura social no imperio romano. Describir a vida cotiá dos romanos: actividades económicas, alimentación, vestido e vivenda.
9
Identificar e describir edificios característicos do imperio romano e coñecer as obras de arte máis importantes. Coñecer os principais trazos da relixión romana. Analizar a influencia da cultura romana na civilización occidental e valorala coma unha das súas bases. Coñecer os pobos que vivían na península Ibérica e nas illas Baleares no primeiro milenio antes de Cristo e localizalos nun mapa. Describir os trazos principais da forma de vida dos pobos prerromanos na península Ibérica e nas Baleares. Describir o desenvolvemento da conquista romana da península Ibérica e nas Baleares, diferenciando etapas. Comprender o significado do proceso denominado romanización e identificar os seus trazos fundamentais. Valorar a influencia da cultura romana na nosa cultura. Diferenciar as distintas etapas da Prehistoria no noroeste da península Ibérica. Coñecer os principais trazos dos galaicos e da cultura castrexa. Caracterizar a romanización do noroeste da península Ibérica. Valorar os restos arqueolóxicos da Antigüidade que se conservan no territorio galego. Realizar resumos e esquemas Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito Producir documentos escritos atendendo as normas básica de presentación e ortografía
10
3-. CONTIDOS 3.1-. UNIDADES DIDÁCTICAS Unidade 1: A Terra e a súa representación OBXECTIVOS 1. Identificar a Terra como un planeta do Sistema Solar. 2. Describir as capas externas da Terra. 3. Coñecer os elementos que permiten a existencia de vida na Terra. 4. Analizar os movementos de rotación e translación. 5. Coñecer distintas formas de representación do espazo terrestre. 6. Localizar puntos nun mapa utilizando os puntos cardinais e as coordenadas xeográficas. 7. Comprender o concepto de escala. 8. Coñecer os elementos básicos que se usan na cartografía. CONTIDOS Conceptos Litosfera, hidrosfera e atmosfera. Os movementos de rotación e translación. O globo terráqueo e os mapas. Os tipos de mapas. Os elementos dun mapa. Os puntos cardinais. Os hemisferios. A latitude e a lonxitude. A escala:definición e tipos. Procedementos, destrezas e habilidades Interpretación da lenda dun mapa. Uso de distintas formas de orientación. Localización dun punto nun mapa utilizando as coordenadas xeográficas: latitude e lonxitude. Utilización do mapa de usos horarios. Uso da escala nun plano e nun mapa Utilización de Google maps e Google Earth. Actitudes Valoración da riqueza biolóxica da Terra, fomentando a súa preservación. Curiosidade por coñecer distintas formas de representar o espazo terrestre. Valoración positiva do enxeño que os seres humanos aplicaron para descubrir distintas formas de representar o noso planeta. Precisión nas representacións cartográficas e nos cálculos numéricos necesarios para calcular escalas. Iniciativa na planificación e execución de procedementos cartográficos. Valoración da orientación como destreza básica para desenvolverse no espazo con autonomía e seguridade. COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN COMPETENCIAS XERAIS Comunicación lingüística Comprender un texto narrativo (Hillary, desde o teito do mundo). Elaborar respostas escritas. Competencia matemática
11
Usar sistemas de referencia. Calcular escalas. Calcular proporcións e porcentaxes para elaborar un gráfico sectorial. Representar graficamente información estatística en distintos tipos de gráficos. Tratamento da información e competencia dixital Coñecer as bases da linguaxe cartográfica. Usar a cartografía como fonte de información. Usar recursos dixitais cartográficos. Competencia social e cidadá Traballar en grupo: xogo de localización de obxectos no espazo. Usar as coordenadas xeográficas en casos reais. Autonomía e iniciativa persoal
Utilizar a escala en contextos cotiáns, por exemplo a compra dun piso ou a elaboración dun itinerario turístico. Elaborar un plano seguindo as pautas correctas.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS Competencia espacial Coñecer a posición da Terra no Sistema Solar. Analizar globos e mapas, dúas formas de representar o espazo terrestre. Coñecer os distintos tipos de mapas: físicos, políticos e temáticos. Usar a simboloxía dun mapa e elaborar e interpretar lendas. Orientarse de forma relativa no espazo mediante os puntos cardinais (norte, sur, leste e oeste). Orientarse de forma absoluta no espazo mediante coordenadas xeográficas (latitude e lonxitude). Pensamento social Interpretar a evolución dun fenómeno representado nun gráfico lineal. Comparar as categorías representadas nun gráfico de barras. Analizar a distribución dun fenómeno nun gráfico sectorial. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Identificar as características esenciais da Terra como planeta, a súa posición no Sistema Solar e os movementos de rotación e translación. 2. Localizar lugares ou espazos nun mapa utilizando datos de coordenadas xeográficas e obter información sobre o espazo representado a partir da lenda e a simboloxía, e comunicar as conclusións de forma oral ou escrita. 3. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información escritas de contido xeográfico ou histórico e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito.
12
Unidade 2: O relevo terrestre OBXECTIVOS 1. Describir a estrutura interna da Terra. 2. Coñecer a estrutura da codia terrestre: as distintas placas tectónicas. 3. Diferenciar as distintas formas do relevo continental, costeiro e submarino. 4. Explicar, de forma básica, como se orixina o relevo terrestre. 5. Explicar como cambia o relevo ao longo do tempo pola acción da temperatura, a auga, o vento e os seres vivos. 6. Interpretar distintas formas de representar o relevo: as gamas de cor e as curvas de nivel dos mapas topográficos. 7. Localizar nun mapa os principais accidentes do relevo terrestre. CONTIDOS Conceptos A estrutura interna da Terra: codia, manto e núcleo. Os océanos e os continentes. As placas tectónicas. O concepto de relevo. As formas do relevo terrestre: continentais, costeiras e submarinas. As forzas do interior da Terra, orixe do relevo: fallas, pregamentos, terremotos e erupcións volcánicas. O relevo cambia: a acción da temperatura, a auga, o vento e os seres vivos sobre o relevo terrestre. Procedementos, destrezas e habilidades. Interpretación de representacións esquemáticas do interior da Terra e das formas do relevo terrestre Utilización dalgúns mapas básicos: de océanos e continentes, de placas tectónicas, do relevo do mundo. Análise de procesos: a orixe e a evolución do relevo terrestre. Interpretación de distintas formas de representar o relevo: as gamas de cor e as curvas de nivel. Utilización dun mapa topográfico para preparar unha excursión, para o que é preciso: interpretar a lenda, usar a escala para calcular distancias e interpretar as curvas de nivel para pescudar como é a paisaxe. Actitudes Curiosidade por coñecer como é o relevo terrestre. Valoración positiva do enxeño que os seres humanos aplicaron para descubrir distintas formas de representar o relevo terrestre e do labor de xeógrafos e cartógrafos. Precisión nas representacións cartográficas e nos cálculos numéricos necesarios para calcular escalas. Iniciativa na planificación de actividades da vida cotiá utilizando os coñecementos e as destrezas que proporciona a Xeografía. Valoración positiva da diversidade do relevo terrestre. COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN COMPETENCIAS XERAIS Comunicación lingüística Vocabulario: conceptos relacionados co relevo terrestre. Detectar similitudes e diferenzas. Buscar as ideas básicas do tema e interpretar e organizar a información. Elaborar respostas escritas. Competencia matemática Diferenciar escalas.
13
Aprender a aprender Coñecer os distintos marcadores textuais como sinais que nos axudan a desentrañar a estrutura dun texto. Tratamento da información e competencia dixital Usar a cartografía e os esquemas debuxados como fonte de información. Competencia social e cidadá Reflexionar criticamente sobre os efectos das accións humanas sobre o relevo terrestre. Autonomía e iniciativa persoal Utilizar coñecementos xeográficos en contextos cotiáns, por exemplo a planificación dunha excursión. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS Competencia espacial Coñecer o espazo físico no que se desenvolve a nosa vida. Localizar as principais unidades do relevo do mundo. Representar o relevo por medio de esquemas gráficos e mapas de gamas de cor. Describir formas do relevo. Utilizar o mapa topográfico. Pensamento social Formular hipóteses sobre a orixe das montañas e a antiga situación das placas terrestres. Realizar predicións sobre a posible evolución das placas terrestres. Analizar a evolución dunha paisaxe e determinar os axentes erosivos que explican esta evolución. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Localizar lugares ou espazos nun mapa utilizando datos de coordenadas xeográficas e obter información sobre o espazo representado a partir da lenda e da simboloxía, e comunicar as conclusións de forma oral ou escrita. 2. Localizar nun mapa os elementos básicos que configuran o medio físico mundial, de Europa e de España e caracterizar os trazos que predominan nun espazo concreto. 3. Identificar e explicar algúns exemplos dos impactos que a acción humana ten sobre o medio natural, analizando as súas causas e os seus efectos, e dando medidas e condutas que serían necesarias para limitalos. 4. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información escritas de contido xeográfico ou histórico e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito. Unidade 3: As augas OBXECTIVOS 1. Coñecer a estrutura das augas do planeta: augas continentais (ríos, lagos, xeos e augas subterráneas) e augas mariñas. 2. Describir as principais características dos ríos, dos mares, dos lagos e das augas subterráneas do noso planeta. 3. Interpretar distintas formas de representar cartograficamente as augas mariñas e as continentais. 4. Localizar nun mapa os principais mares, ríos e lagos do mundo. 5. Apreciar a importancia das augas para a nosa vida. 6. Valorar as augas como parte do patrimonio do noso planeta. CONTIDOS Conceptos As augas mariñas e as augas continentais. Os ríos: definición e conceptos fundamentais (canle, conca, curso e caudal). A acción dos ríos na paisaxe nos cursos alto, medio e baixo.
14
As augas mariñas: definición e características (salinidade, movementos). Os lagos: qué son, orixes. As augas subterráneas: qué son, formación, importancia. Os glaciares: qué son, partes. Os usos da auga. Procedementos, destrezas e habilidades Interpretación de debuxos esquemáticos: o ciclo da auga, o curso dun río, un glaciar de montaña. Utilización dalgúns mapas básicos: de ríos, de mares, de lagos. Interpretación dun mapa de fluxos: o mapa das correntes mariñas. Análise da foto de satélite dun río: o río Nilo. Interpretación do gráfico do curso dun río. Análise de procesos: a acción dos ríos sobre o relevo nas distintas partes do seu curso. Formulación de relacións entre o clima das zonas polas que pasa un río e o seu caudal. Actitudes Curiosidade por coñecer como son as augas da Terra. Valoración positiva do enxeño que os seres humanos aplicaron para descubrir distintas formas de representar as augas da Terra e do labor de xeógrafos e cartógrafos. Actitude negativa cara ao consumo excesivo da auga e a súa contaminación. Valoración das augas como parte do patrimonio do noso planeta, que é necesario conservar. COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN COMPETENCIAS XERAIS Comunicación lingüística Vocabulario: conceptos relacionados coa hidroloxía terrestre. Detectar similitudes e diferenzas. Buscar as ideas básicas do tema e interpretar e organizar a información. Elaborar respostas escritas. Aprender a aprender Analizar o perfil dun río. Tratamento da información e competencia dixital Usar a cartografía e os esquemas debuxados como fonte de información. Usar as fotografías de satélite como fonte de información. Usar Internet como fonte de información. Competencia social e cidadá Reflexionar criticamente sobre os efectos das accións humanas sobre a calidade e cantidade das augas terrestres. Autonomía e iniciativa persoal Utilizar coñecementos xeográficos para argumentar sobre problemas cotiáns, por exemplo a necesidade de conservar os acuíferos. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS Competencia espacial Coñecer o espazo físico no que se desenvolve a nosa vida. Localizar os principais mares, ríos e lagos do mundo. Representar a hidrografía por medio de debuxos esquemáticos, gráficos e mapas. Interpretar un mapa de fluxos: o mapa das correntes mariñas. Interpretar o gráfico do curso dun río. Pensamento social Establecer relacións entre as augas e os seres humanos: a) entre a presenza de auga e o asentamento da poboación; b) entre a presenza de auga e o desenvolvemento das actividades económicas, con especial fincapé na agricultura;
15
c)
entre o tipo de corrente mariña que baña unha zona e o asentamento da poboación. Explicar o porqué de algúns fenómenos relacionados coas augas, por exemplo a distinta salinidade dos mares. Relacionar diversos factores físicos: a) o relevo e as augas para explicar as características das distintas partes do curso dun río; b) o clima e as augas para explicar os distintos réximes dos ríos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN Localizar lugares ou espazos nun mapa utilizando datos de coordenadas xeográficas e 1. obter información sobre o espazo representado a partir da lenda e da simboloxía, e comunicar as conclusións de forma oral ou escrita. Localizar nun mapa os elementos básicos que configuran o medio físico mundial, de 2. Europa e de España e caracterizar os trazos que predominan nun espazo concreto. Identificar e explicar algúns exemplos dos impactos que a acción humana ten sobre o 3. medio natural, analizar as súas causas e efectos, e dar medidas e condutas que serían necesarias para limitalos. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información escritas de contido 4. xeográfico ou histórico e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito. Unidade 4: O tempo e o clima OBXECTIVOS: Coñecer as capas da atmosfera. 1. Diferenciar entre tempo e clima. 2. Coñecer os principais elementos do clima (temperatura, precipitacións, presións e 3. ventos). Explicar os factores que modifican cada un deses elementos. 4. Realizar observacións do tempo, aplicar o estudado á comprensión do propio medio. 5. Interpretar distintas formas de representar o tempo. 6. Valorar a influencia que o clima ten na nosa vida. 7. Coñecer as zonas climáticas da Terra. 8. Estudar os diferentes tipos de catástrofes climáticas. 9. CONTIDOS Conceptos A atmosfera. O tempo e o clima. As temperaturas: definición, medida, factores. As precipitacións: definición, medida, factores. As presións: definición, medida, factores. Os ventos, definición, tipos. Procedementos, destrezas e habilidades. Interpretación de representacións esquemáticas da atmosfera terrestre. Utilización dalgúns mapas básicos: de temperaturas medias, de precipitacións totais e dos ventos Análise de procesos: a orixe dos distintos tipos de precipitacións e a formación dos ventos. Interpretación de distintas formas de representar o tempo: o mapa pictográfico e o mapa de superficie. Elaboración de rexistros diarios do tempo do medio. Actitudes Curiosidade por coñecer como é o clima terrestre. Valoración positiva do enxeño que os seres humanos aplicaron para descubrir distintas
16
formas de estudar e de representar o tempo. Precisión na observación do medio. Iniciativa na planificación de actividades da vida cotiá utilizando os coñecementos e as destrezas que proporciona a Xeografía. Preocupación polos efectos negativos que as actividades humanas están provocando sobre o clima terrestre.
COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN COMPETENCIAS XERAIS Comunicación lingüística Vocabulario: conceptos relacionados cos elementos do clima terrestre. Buscar as ideas básicas do tema e interpretar e organizar a información. Elaborar respostas escritas. Competencia matemática Utilizar con soltura as unidades de medida das temperaturas, das precipitacións e das presións. Aprender a aprender Esquematizar a información mediante táboas de resumo. Tratamento da información e competencia dixital Usar a cartografía e os esquemas debuxados como fonte de información. Realizar procuras de información fóra do libro de texto. Utilizar Internet como fonte de información. Competencia social e cidadá Reflexionar criticamente sobre a importancia da capa de ozono para a nosa vida. Autonomía e iniciativa persoal Utilizar coñecementos xeográficos, por exemplo a comprensión do tempo e a súa previsión, á hora de planificar actividades cotiás. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS Competencia espacial Coñecer o espazo físico no que se desenvolve a nosa vida, concretamente da atmosfera e a súa dinámica. Representar en mapas a distribución dos elementos do clima: temperaturas, precipitacións, presións e ventos. Interpretar mapas do tempo pictográficos e de superficie. Realizar observacións do tempo do medio. Pensamento social Analizar a influencia dos seguintes factores: latitude, altitude e distancia ao mar, nas temperaturas, precipitacións, presións e ventos. Analizar a influencia da inclinación dos raios solares nas temperaturas terrestres. Explicar procesos: a) a formación das precipitacións b) tres orixes diferentes para as precipitacións; c) a formación e dirección dos ventos. Explicar por que: a) as borrascas traen tempo inestable; b) os anticiclóns traen tempo estable. Realizar predicións sobre a posible evolución do tempo na localidade. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Localizar lugares ou espazos nun mapa utilizando datos de coordenadas xeográficas e obter información sobre o espazo representado a partir da lenda e a simboloxía, e comunicar as conclusións de forma oral ou escrita. 2. Identificar e explicar algúns exemplos dos impactos que a acción humana ten sobre o
17
medio natural, analizando as súas causas e efectos, e dando medidas e condutas que serían necesarias para limitalos. 3. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información escritas de contido xeográfico ou histórico e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito. Unidade 5: As paisaxes da Terra OBXECTIVOS 1. Diferenciar os distintos climas que existen na Terra e describir as súas principais características. 2. Analizar a influencia do clima sobre os ríos, a vexetación e a forma de vida das persoas. 3. Diferenciar as distintas paisaxes que se poden observar na Terra como consecuencia desas relacións. 4. Apreciar o distinto grao de humanización destas paisaxes e razoar por que uns medios son máis hostís ca outros para a nosa vida. 5. Interpretar imaxes de distintos tipos de paisaxes. 6. Localizar nun mapa os principais climas e paisaxes da Terra. 7. Valorar a diversidade de paisaxes terrestres como algo que é preciso conservar. CONTIDOS Conceptos Os climas da Terra. A paisaxe ecuatorial: situación, clima, ríos, vexetación, humanización. A paisaxe tropical: situación, clima, ríos, vexetación, humanización. Os desertos: situación, clima, ríos, vexetación, humanización. A paisaxe mediterránea: situación, clima, ríos, vexetación, humanización. A paisaxe continental: situación, clima, ríos, vexetación, humanización. A paisaxe oceánica: situación, clima, ríos, vexetación, humanización. A paisaxe polar: situación, clima, ríos, vexetación, humanización. A paisaxe de alta montaña: situación, clima, ríos, vexetación, humanización. Procedementos, destrezas e habilidades Interpretación de representacións esquemáticas de distintas paisaxes terrestres. Utilización dalgúns mapas básicos: o mapa de climas Elaboración dunha cliserie. Análise da relación entre a paisaxe natural e a forma de vida das persoas, determinando que aspectos son favorables e cales son desfavorables para a nosa vida. Interpretación de fotografías aéreas de paisaxes. Elaboración dun bosquexos. Interpretación de climogramas. Actitudes Curiosidade por coñecer como son as paisaxes da Terra. Valoración positiva do enxeño que os seres humanos aplicaron para descubrir distintas formas de representar os climas e as paisaxes. Precisión na representación de datos climáticos nun climograma. Valoración positiva da diversidade da paisaxe terrestre. Preocupación pola perda da paisaxe natural que están provocando as actividades humanas. COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN COMPETENCIAS XERAIS Comunicación lingüística Vocabulario: conceptos relacionados co clima e coa paisaxe terrestre. Detectar similitudes e diferenzas.
18
Buscar as ideas básicas do tema e interpretar e organizar a información. Elaborar respostas escritas. Competencia matemática Representar graficamente datos de temperaturas medias e precipitacións totais. Aprender a aprender Realizar comparacións mediante esquemas. Tratamento da información e competencia dixital Usar a cartografía e os esquemas debuxados como fonte de información. Extraer información dunha fotografía aérea. Extraer información dun documental. Competencia social e cidadá Reflexionar criticamente sobre os efectos das accións humanas sobre a paisaxe terrestre. Autonomía e iniciativa persoal Utilizar os coñecementos do tema para argumentar cales son as paisaxes máis favorables e máis desfavorables para os seres humanos. Utilizar bosquexos para moverse en espazos cotiáns. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS Competencia espacial Coñecer os distintos tipos de paisaxes nas que se desenvolve a vida humana. Localizar os principais climas e paisaxes do mundo. Elaborar e interpretar climogramas. Representar as paisaxes mediante debuxos esquemáticos, fotos e bosquexos. Describir paisaxes. Diferenciar entre os elementos naturais e humanos dunha paisaxe. Pensamento social Analizar a relación entre o clima e outros aspectos do medio físico, como as augas, a vexetación e a fauna. Analizar a relación entre a paisaxe natural, o grao de humanización e a forma de vida dos seres humanos desa zona. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Localizar lugares ou espazos nun mapa utilizando datos de coordenadas xeográficas e obter información sobre o espazo representado a partir da lenda e a simboloxía, e comunicar as conclusións de forma oral ou escrita. 2. Comparar os elementos físicos máis destacados (relevo, clima, augas e elementos bioxeográficos) que configuran os grandes medios naturais do planeta, localizándoos no espazo representado e relacionándoos coas posibilidades que ofrecen aos grupos humanos. 3. Identificar e explicar algúns exemplos dos impactos que a acción humana ten sobre o medio natural, analizando as súas causas e os seus efectos, e proporcionando medidas e condutas que serían necesarias para limitalos. 4. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información escritas de contido xeográfico ou histórico e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito. Unidade 6: As persoas e o medio natural OBXECTIVOS 1. Comprender como o medio natural inflúe na nosa vida. 2. Analizar os cambios que as persoas introducen no medio natural para satisfacer as súas necesidades e como esta acción modifica a paisaxe natural, creando distintas paisaxes transformadas. 3. Coñecer cales son os principais problemas ambientais que provoca a acción dos seres humanos no medio natural e explicar as súas causas e consecuencias. 4. Valorar positivamente as formas de acción humana que fan posible un desenvolvemento
19
sustentable. 5. Propoñer accións de protección da natureza. CONTIDOS Conceptos Os factores físicos que condicionan a vida humana: clima, altitude, auga, costas, solos. A paisaxe natural e a paisaxe transformada ou humanizada. Os distintos tipos de paisaxes humanizadas: rural, urbana, industrial, turística... Os principais problemas ambientais do noso planeta: a sobreexplotación da auga, a contaminación e o cambio climático, a erosión e a desertización e a perda de biodiversidade. As accións de protección da natureza. Procedementos, destrezas e habilidades Comparación dunha paisaxe antes e despois de ser transformada polos seres humanos. Análise de como se adaptan as persoas aos distintos medios naturais e como isto xera distintas paisaxes transformadas. Procura de información ambiental de distintos mapas temáticos e fotografías. Actitudes Toma de conciencia de que os procesos da natureza son moi longos, mentres que as accións humanas poden afectala en moi poucos anos. Valoración positiva de formas de explotar o medio natural que sexan respectuosas co medio natural. Crítica dos problemas ambientais que algunhas actuacións humanas están provocando no noso medio. Preocupación por que as propias actitudes e comportamentos cotiáns sexan coherentes co desexo de conservar o medio natural. COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN COMPETENCIAS XERAIS Comunicación lingüística Vocabulario: conceptos relacionados co medio natural. Buscar as ideas básicas do tema e interpretar e organizar a información. Elaborar respostas escritas. Aprender a aprender Facer resumos do tema por medio de esquemas. Tratamento da información e competencia dixital Usar a cartografía, os gráficos e as fotografías como fonte de información. Buscar información en Internet. Buscar información en películas. Competencia social e cidadá Propoñer solucións para os principais problemas ambientais, que sexan adecuadas segundo a análise de causas-consecuencias que os alumnos fixeron previamente. Propoñer solucións que sexan viables desde o punto de vista social. Xulgar as actuacións humanas sobre a paisaxe utilizando criterios éticos. Autonomía e iniciativa persoal Argumentar sobre a transformación humana dunha paisaxe concreta. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS Pensamento social Determinar os factores que foron decisivos no poboamento ou non dun espazo e no tipo de forma de vida que as persoas establecen nese lugar. Explicar por que os grupos primitivos alteraban menos o medio ca nós. Explicar as causas e as consecuencias dos principais problemas ambientais. Analizar as modificacións que as persoas producen nun espazo determinado.
20
CRITERIOS DE AVALIACIÓN Identificar e explicar algúns exemplos dos impactos que a acción humana ten sobre o 1. medio natural, analizando as súas causas e efectos, e achegar medidas e condutas que serían necesarias para limitalos. 2. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información escritas de contido xeográfico ou histórico e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito. Unidade 7: Atlas dos continentes OBXECTIVOS 1. Coñecer os principais trazos físicos destes continentes: África, Asia, Oceanía, América, a Antártida e Europa. 2. Explicar as razóns que definen a configuración física de cada un dos continentes citados. 3. Localizar nun mapa os elementos básicos que configuran o medio físico de África, Asia, Oceanía, América, a Antártida e Europa. 4. Valorar eses elementos destacados como parte do patrimonio do noso planeta. 5. Utilizar o atlas. CONTIDOS Conceptos Características da paisaxe de África: situación, extensión, relevo, augas, climas e paisaxes. Características da paisaxe de Asia: situación, extensión, relevo, augas, climas e paisaxes. Características da paisaxe de Oceanía: situación, extensión, relevo, augas, climas e paisaxes. Características da paisaxe da Antártida: situación, extensión, relevo, augas, climas e paisaxes. Características da paisaxe de América: situación, extensión, relevo, augas, climas e paisaxes. Características da paisaxe de Europa: situación, extensión, relevo, augas, climas e paisaxes. Procedementos, destrezas e habilidades Interpretación de mapas de relevo, ríos e climas a escala continental. Interpretación de gráficos de picos e ríos de cada continente. Análise de imaxes de paisaxes dos distintos continentes. Elaboración de mapas mudos. Comparación de mapas do mesmo continente nun atlas e análise das interrelacións entre distintos elementos dun mesmo espazo. Actitudes Curiosidade por coñecer a paisaxe dos continentes. Precisión nas representacións cartográficas. Valoración positiva da diversidade da paisaxe terrestre. Valoración dos elementos naturais máis destacados de cada continente como parte do patrimonio do noso planeta. COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN COMPETENCIAS XERAIS Comunicación lingüística Vocabulario: conceptos relacionados coa paisaxe específica dos continentes. Comprender un texto narrativo. Buscar as ideas básicas do tema e interpretar e organizar a información. Elaborar respostas escritas. Aprender a aprender
21
Coñecer distintos métodos mnemotécnicos. Tratamento da información e competencia dixital Usar a cartografía, os gráficos e as fotografías como fonte de información. Buscar información nun atlas. Competencia social e cidadá Coñecer algunhas das mostras máis interesantes do patrimonio natural mundial e reflexionar criticamente sobre os efectos das accións humanas sobre eles. Valorar a importancia que podería ter o desxeo da Antártida para a nosa propia supervivencia e as súas consecuencias a longo prazo. Traballar en grupo co atlas. Autonomía e iniciativa persoal Argumentar sobre o acordo ou desacordo co tratado de Washington, que prohibe a explotación da Antártida ata 2040. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS Competencia espacial Localizar África, Asia, Oceanía, América, a Antártida e Europa utilizando as coordenadas xeográficas. Localizar as principais unidades do relevo, ríos, lagos, climas e paisaxes de África, Asia, Oceanía, América, a Antártida e Europa. Interpretar gráficos de picos e ríos. Elaborar mapas mudos dos continentes. Utilizar o atlas. Pensamento social Explicar as razóns da configuración física dos continentes, por exemplo: a) por que África ten un relevo horizontal e unha altitude media elevada; b) por que en América se dan todos os climas; c) por que os climas fríos ocupan maior extensión en Asia ca en África. Relacionar as características dos ríos de cada continente (caudal, lonxitude, curso...) coas do relevo e o clima das zonas polas que pasan. Relacionar a distribución da vexetación de cada continente coa distribución climática. Formular hipóteses sobre cales serán as zonas máis poboadas de cada continente tendo en conta as súas características físicas. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Localizar lugares ou espazos nun mapa utilizando datos de coordenadas xeográficas e obter información sobre o espazo representado a partir da lenda e a simboloxía, e comunicar as conclusións de forma oral ou escrita. 2. Localizar nun mapa os elementos básicos que configuran o medio físico mundial, e caracterizar os trazos que predominan nun espazo concreto. 3. Identificar e explicar algúns exemplos dos impactos que a acción humana ten sobre o medio natural, analizar as súas causas e efectos, e proporcionar medidas e condutas que serían necesarias para limitalos. 4. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información escritas de contido xeográfico ou histórico e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito. Unidade 8: Atlas de España e de Galicia. OBXECTIVOS 1. Coñecer os principais trazos físicos de España. 2. Explicar as razóns da configuración física de España. 3. Localizar en mapas os elementos básicos que configuran o medio físico de España. 4. Coñecer os principais trazos físicos de Galicia. 5. Explicar as razóns da configuración física de Galicia.
22
6. 7.
Coñecer as paisaxes humanizadas e a organización teritorial de Galicia Localizar en mapas os elementos básicos que configuran o medio de España e de Galicia. 8. Valorar eses elementos destacados como parte do patrimonio do noso planeta. 9. Utilizar o atlas.
físico
CONTIDOS Conceptos A paisaxe de España: situación, extensión, relevo, augas, climas, paisaxes naturais, paixaxes humanizadas, distribución de poboación. A situación de Galicia en España. A paisaxe de Galicia: extensión, relevo, augas, climas e paisaxes. Procedementos, destrezas e habilidades Interpretación de mapas de relevo, ríos e climas a escala española e rexional. Interpretación de gráficos de picos e ríos. Análise de imaxes de paisaxes. Elaboración de mapas mudos. Comparación de mapas do mesmo espazo nun atlas. Interpretación do perfil lonxitudinal dun río. Actitudes Curiosidade por coñecer a paisaxe española e galega. Precisión nas representacións cartográficas. Valoración positiva da diversidade da paisaxe no territorio español e no de Galicia. Valoración dos elementos naturais máis destacados da paisaxe de España e de Galicia como parte do patrimonio do noso planeta. Crítica dos problemas ambientais que algunhas actuacións humanas están provocando no noso medio. COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN COMPETENCIAS XERAIS Comunicación lingüística Vocabulario: conceptos relacionados coa paisaxe específica de España e de Galicia. Buscar as ideas básicas do tema e interpretar e organizar a información. Elaborar respostas escritas. Competencia matemática Comprender os datos do perfil lonxitudinal dun río. Aprender a aprender Completar mapas mudos. Tratamento da información e competencia dixital Usar a cartografía, os gráficos e as fotografías como fonte de información. Buscar información nun atlas. Buscar información sobre a Xeografía Física de Galicia. Competencia social e cidadá Comprender por que é preciso protexer determinados espazos naturais (por exemplo, as zonas húmidas) e propoñer medidas concretas de protección. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS Competencia espacial Localizar España e Galicia utilizando as coordenadas xeográficas. Localizar as principais unidades do relevo, ríos, lagos, climas e paisaxes de España e de Galicia. Interpretar gráficos de picos e ríos. Coñecer as distintas paisaxes humanizadas de Galicia. Recoñecer os distintos asentamentos de poboación de Galicia.
23
Elaborar mapas mudos de España e de Galicia. Utilizar o atlas. Pensamento social Explicar as razóns da configuración física de España e de Galicia, por exemplo: a) por que España ten unha altitude media elevada; b) por que os ríos son curtos; c) por que en Canarias non hai catro estacións. Relacionar as características dos ríos españois (caudal, lonxitude, curso...) coas do relevo e do clima das zonas polas que pasan. Relacionar a distribución da vexetación en España e en Galicia coa distribución climática. Explicar procesos: por que están en perigo as zonas húmidas en España. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Localizar lugares ou espazos nun mapa utilizando datos de coordenadas xeográficas e obter información sobre o espazo representado a partir da lenda e da simboloxía, comunicando as conclusións de forma oral ou escrita. 2. Localizar nun mapa os elementos básicos que configuran o medio físico de España e de Galicia e caracterizar os trazos que predominan nun espazo concreto. 3. Comparar os trazos físicos máis destacados (relevo, clima, augas e elementos bioxeográficos) que configuran os grandes medios naturais do planeta, con especial referencia a España e Galicia, localizalos no espazo representado e relacionalos coas posibilidades que ofrecen aos grupos humanos. 4. Identificar e explicar algúns exemplos dos impactos que a acción humana ten sobre o medio natural, analizar as súas causas e efectos, e proporcionar medidas e condutas que serían necesarias para limitalos. 5. Identificar e explicar as diferentes paisaxes humanizadas que predominan en Galicia e os asentamentos de poboación tradicionais e actuais. Unidade 9: A Prehistoria OBXECTIVOS 1. Coñecer a diferenza entre a Prehistoria e a Historia. 2. Diferenciar etapas dentro da Prehistoria. 3. Caracterizar as etapas que se distinguen na Prehistoria. 4. Coñecer e apreciar como é o traballo do arqueólogo. 5. Describir o proceso de hominización. 6. Coñecer as principais características da forma de vida no Paleolítico: organización social, vivenda, actividades económicas, tecnoloxía, crenzas e arte. 7. Coñecer as principais características da forma de vida no Neolítico e na Idade dos Metais: organización social, vivenda, actividades económicas, tecnoloxía, crenzas e arte. CONTIDOS Conceptos A Prehistoria e a Historia. As etapas da Prehistoria. O estudo da Prehistoria, o traballo do arqueólogo. O proceso de hominización. O Paleolítico. O Neolítico. A Idade dos Metais. A Prehistoria en España e en Galicia. Procedementos, destrezas e habilidades Interpretación de liñas do tempo. Análise de debuxos e fotografías de restos reais para obter información.
24
Explicación de procesos tecnolóxicos da Prehistoria: a elaboración dunha ferramenta de pedra e a comparación entre pinturas paleolíticas e neolíticas. Actitudes Sentimento de que todas as persoas pertencemos a unha mesma especie, e que, polo tanto, todos compartimos unha base biolóxica e un fondo antropolóxico comúns. Valoración dos restos prehistóricos como fontes fundamentais que nos permiten reconstruír o noso pasado e que, polo tanto, é preciso conservar. Aprecio pola arte prehistórica, que se debe valorar por tres razóns: polo seu valor artístico, por expresar os gustos, necesidades e sentimentos dunha época e por ser o reflexo da creatividade humana. Respecto polos seres humanos que viven nun estado tecnolóxico diferente do noso. COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN COMPETENCIAS XERAIS Comunicación lingüística Utilizar o vocabulario relacionado coa Prehistoria. Comprender un texto narrativo (O achado das pinturas de Altamira). Buscar as ideas básicas do tema e interpretar e organizar a información. Elaborar respostas escritas. Aprender a aprender Resumir información en táboas. Tratamento da información e competencia dixital Usar fontes primarias e secundarias para obter información. Usar fontes escritas, materiais e iconográficas para obter información. Buscar información en Internet. Buscar información en enciclopedias. Competencia social e cidadá Comprender a importancia de que as persoas vivan en comunidade para a supervivencia e o desenvolvemento da nosa especie. Analizar o papel activo no Paleolítico de grupos marxinados noutras épocas da Historia, como as mulleres e os anciáns. Sentir empatía polas persoas doutras épocas, neste caso polos nosos antepasados prehistóricos. Comprender a que problemas se enfrontaban, como os resolvían e cales podían ser os seus sentimentos. Comprender que a tribo era unha forma de organización social bastante igualitaria. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS Competencia temporal Precisar o contexto espazo-temporal da Prehistoria. Valorar os seguintes aspectos como claves no noso pasado: a posición bípede, a aparición das primeiras ferramentas, a utilización da linguaxe, a vida en comunidade, a aparición da arte. Describir formas de vida prehistóricas. Comprender que a forma de vida paleolítica perdurou durante millóns de anos e a neolítica varios milenios. Interpretar e elaborar liñas do tempo. Competencia cultural e artística Coñecer as principais manifestacións da arte prehistórica, as súas características e os principais exemplos. Utilizar termos artísticos básicos: pintura, escultura, gravado. Analizar obras de arte prehistórica. Pensamento social
25
Analizar as diferentes formas de vida dos nosos antepasados segundo o clima cálido ou frío das zonas nas que vivían. Explicar procesos tecnolóxicos do pasado. Formular hipóteses sobre o uso de distintos obxectos prehistóricos. Comprender que gran parte das nosas afirmacións sobre a Prehistoria son meras hipóteses, pero, iso si, hipóteses razoadas e baseadas nuns restos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Utilizar as convencións e unidades cronolóxicas e as nocións de evolución e cambio aplicándoas aos feitos e procesos da Prehistoria e Historia Antiga do mundo e da Península Ibérica. 2. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información escritas de contido xeográfico e histórico e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito. UNIDADE 10: As civilizacións fluviais. Mesopotamia. OBXECTIVOS 1. Explicar o paso da Prehistoria á Historia. 2. Determinar cales foron as primeiras civilizacións históricas e situalas nun mapa. 3. Valorar o papel dos ríos como factor que desencadeou fortes cambios políticos, económicos e sociais. 4. Analizar as características políticas, económicas, sociais e culturais das primeiras civilizacións. 5. Situar Mesopotamia no seu contexto espazo-temporal. 6. Analizar a estrutura social de Mesopotamia. 7. Valorar as achegas da cultura mesopotámica ao patrimonio cultural da humanidade. CONTIDOS Conceptos A aparición da escritura. O paso das cidades aos primeiros imperios: os casos de Mesopotamia, Exipto, China e India. As civilizacións fluviais: definición e características. O espazo mesopotámico. A historia de Mesopotamia: contexto temporal e etapas. A estrutura social mesopotámica. A cultura mesopotámica: relixión, arquitectura, escultura. Procedementos, destrezas e habilidades Interpretación de mapas históricos e de liñas do tempo. Análise de obxectos de forma pautada. Análise de debuxos e fotografías de restos reais para obter información. Elaboración dunha pirámide social. Análise de cambios e permanencias ao longo do tempo. Actitudes Curiosidade por coñecer formas de vida doutras épocas. Valoración dos restos das civilizacións fluviais como fontes fundamentais que nos permiten reconstruír o noso pasado e que, polo tanto, é preciso conservar. Aprecio pola arte mesopotámica, que hai que valorar por tres razóns: polo seu valor artístico, por expresar os gustos, necesidades e sentimentos dunha época e por ser o reflexo da creatividade humana. Rexeitamento da falta de dereitos de grandes grupos sociais nesta civilización. Empatía polas crenzas e formas de vida doutras épocas. COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN
26
COMPETENCIAS XERAIS Comunicación lingüística Utilizar o vocabulario relacionado coas civilizacións fluviais e Mesopotamia. Buscar as ideas básicas do tema e interpretar e organizar a información. Elaborar respostas escritas. Tratamento da información e competencia dixital Usar fontes primarias e secundarias para obter información. Usar fontes escritas, materiais e iconográficas para obter información. Buscar información en Internet. Utilizar formas especializadas de representar información, como a pirámide social. Aprender a aprender Ler textos históricos. Competencia social e cidadá Explicar como xurdiron os primeiros Estados, e como esta forma de organización se diferencia das tribos paleolíticas e as aldeas do Neolítico e a Idade dos Metais. Analizar os poderes que tiña un soberano nas primeiras civilizacións e comparalos cos dun goberno actual. Explicar os termos libre e escravo e analizar a súa pegada na actualidade. Explicar cal era a situación da muller e dar unha opinión propia ao respecto. Sentir empatía polas persoas doutras épocas, neste caso polos nosos antepasados mesopotámicos. Comprender a que problemas se enfrontaban, como os resolvían e cales podían ser os seus sentimentos. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS Competencia temporal Precisar o contexto espazo-temporal das civilizacións fluviais en xeral e de Mesopotamia en particular. Explicar por que a aparición da escritura e das primeiras civilizacións son procesos clave no noso pasado. Describir formas de vida do pasado, concretamente en Mesopotamia. Comprender que, ao tempo que se desenvolvían as primeiras civilizacións, o resto dos espazos do mundo mantíñanse na Prehistoria. Analizar que non todos os aspectos dunha civilización evolucionan ao mesmo ritmo. Situar en mapas históricos e liñas do tempo os procesos históricos e feitos estudados. Competencia cultural e artística Coñecer as principais manifestacións da arte mesopotámica, as súas características e exemplos. Analizar as relacións entre a arte e a sociedade: entre a aparición dun poder político forte e o inicio da arquitectura monumental. Utilizar termos artísticos básicos: arco, bóveda, cigurat… Analizar obras de arte mesopotámicas. Pensamento social Explicar por que consideramos que a aparición da escritura abre o paso á Historia. Diferenciar entre os factores que nos axudan a explicar por que xurdiron as primeiras civilizacións e as características destas civilizacións. Formular hipóteses sobre a función de distintos restos da civilización mesopotámica. CRITERIOS DE AVALIACIÓN Utilizar as convencións e unidades cronolóxicas e as nocións de evolución e cambio, 1. aplicándoas aos feitos e procesos da Prehistoria e Historia Antiga do mundo e da Península Ibérica. Diferenciar os trazos máis relevantes que caracterizan ás primeiras civilizacións urbanas. 2. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información escritas de contido 3. xeográfico ou histórico e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito.
27
Unidade 11: O antigo Exipto OBXECTIVOS Explicar a influencia do medio físico (especialmente do río Nilo) na configuración da 1. civilización exipcia. Coñecer as distintas etapas da historia exipcia e os principais personaxes e 2. acontecementos. Describir as estruturas política e social do Exipto antigo. 3. Explicar como eran as crenzas dos antigos exipcios e valorar a súa influencia na arte. 4. Coñecer as principais obras de arte do antigo Exipto. 5. Valorar as achegas da cultura exipcia ao patrimonio cultural da humanidade. 6. CONTIDOS Conceptos A paisaxe exipcia e a súa influencia na forma de vida, con especial interese na influencia do Nilo. As etapas da historia exipcia. O poder do faraón. Unha sociedade desigual: privilexiados e non privilexiados. A muller exipcia. A vida cotiá no campo e na cidade. As crenzas: politeísmo e vida despois da morte. A arte: a arquitectura monumental (templos e tumbas), a escultura, a pintura e as artes menores. Procedementos, destrezas e habilidades Interpretación de mapas históricos e de liñas do tempo. Análise de obxectos de forma pautada. Análise de debuxos e fotografías de restos reais para obter información. Interpretación do plano dun edificio. Análise de enterramentos para extraer información deles. Reprodución de técnicas antigas: escribir con xeroglíficos. Actitudes Curiosidade por coñecer formas de vida doutras épocas. Valoración dos restos de Exipto como fontes fundamentais que nos permiten reconstruír o noso pasado e que, polo tanto, é preciso conservar. Actitude crítica cara ás ideas erróneas que se transmiten, a miúdo,sobre a civilización exipcia. Aprecio pola arte exipcia, que hai que valorar por tres razóns: polo seu valor artístico, por expresar os gustos, necesidades e sentimentos dunha época e por ser o reflexo da creatividade humana. Rexeitamento da falta de dereitos de grandes grupos sociais nesta civilización. Empatía polas crenzas e formas de vida doutras épocas. COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN COMPETENCIAS XERAIS Comunicación lingüística Utilizar o vocabulario relacionado coa civilización exipcia. Buscar as ideas básicas do tema e interpretar e organizar a información. Elaborar respostas escritas. Tratamento da información e competencia dixital Usar fontes primarias e secundarias para obter información. Usar fontes escritas, materiais e iconográficas para obter información. Buscar información en Internet e en enciclopedias.
28
Buscar información nunha película. Competencia social e cidadá Analizar qué significaba que o soberano exipcio fora considerado un deus e comparalo coa actualidade. Reflexionar sobre o feito de que nas sociedades nunca son iguais todos os seus membros; o que varía son os criterios nos que se fundamentan esas desigualdades. Sentir empatía polas persoas doutras épocas, neste caso polos nosos antepasados exipcios. Comprender a qué problemas se enfrontaban, como os resolvían e cales podían ser os seus sentimentos. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS Competencia temporal Precisar o contexto espazo-temporal da civilización exipcia. Coñecer os principais personaxes da civilización exipcia. Describir formas de vida do pasado, concretamente no antigo Exipto. Analizar as semellanzas e diferenzas entre Exipto e Mesopotamia e valorar como nun mesmo marco histórico conviven grupos humanos diferentes. Situar en mapas históricos e liñas do tempo os procesos históricos e feitos estudados. Competencia cultural e artística Coñecer as principais manifestacións da arte exipcia, as súas características e os principais exemplos. Analizar as relacións entre arte e sociedade: a influencia das crenzas na arte exipcia, tanto nos seus tipos de manifestacións (templos e tumbas) coma nas súas características. Utilizar termos artísticos básicos: alintelado, columna, perspectiva, frontalidade, idealización. Analizar obras de arte exipcias. Interpretar o plano dun edificio. Pensamento social Analizar a importancia do factor xeográfico no desenvolvemento da civilización exipcia. Explicar as distintas formas en que os exipcios solucionaron un problema: como aproveitar as augas do Nilo. Xerarquizar os grupos sociais exipcios segundo a súa posición de poder. Explicar os motivos polos que os exipcios construían grandes tumbas e momificaban os mortos. Formular hipóteses sobre a vida cotiá dos exipcios a partir da observación de esculturas. Pescudar o grupo social ao que pertencía un defunto a partir da análise dos restos dun enterramento. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Utilizar as convencións e unidades cronolóxicas e as nocións de evolución e cambio aplicándoas aos feitos e procesos da Prehistoria e Historia Antiga do mundo e da Península Ibérica. 2. Diferenciar os trazos máis relevantes que caracterizan unha das primeiras civilizacións urbanas. 3. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información escritas de contido xeográfico ou histórico e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito. Unidade 12: A historia dos gregos OBXECTIVOS: 1. Explicar as características do espazo xeográfico grego e como influíron na historia e forma de vida da antiga Grecia. 2. Coñecer as etapas da historia grega. 3. Distinguir os trazos característicos e os principais acontecementos de cada unha das
29
etapas da historia grega. Valorar o papel histórico de personaxes relevantes, por exemplo Pericles e Alexandre Magno. 5. Comprender o desenvolvemento do proceso colonizador grego e a influencia que este tivo na extensión da cultura grega máis alá das súas fronteiras. 6. Comparar dúas formas de organización política: a polis (cidade-Estado) e o imperio. 4.
CONTIDOS Conceptos O espazo grego. As etapas da historia grega. A época arcaica: nacemento das polis e colonización grega. A época clásica: as Guerras Médicas, o esplendor de Atenas e a Guerra do Peloponeso. O imperio de Alexandre Magno. O helenismo. Procedementos, destrezas e habilidades Interpretación de mapas históricos e de liñas do tempo. Análise de debuxos e fotografías de restos reais para obter información. Análise da evolución dun obxecto. Comparación entre as características propias das distintas etapas históricas dunha mesma civilización. Elaboración dun cadro cronolóxico. Actitudes Curiosidade por coñecer formas de vida doutras épocas. Valoración dos restos da civilización grega como fontes fundamentais que nos permiten reconstruír o noso pasado e que, polo tanto, é preciso conservar. COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN COMPETENCIAS XERAIS Comunicación lingüística Utilizar o vocabulario relacionado coa historia política grega. Comprender un texto narrativo (Schliemann, tras as pegadas de Troia). Buscar as ideas básicas do tema e interpretar e organizar a información. Elaborar respostas escritas. Tratamento da información e competencia dixital Usar fontes primarias e secundarias para obter información. Usar fontes escritas, materiais e iconográficas para obter información. Buscar información en Internet e realizar un informe con ela. Aprender a aprender Utilizar formas especializadas de representar información, como a cronoloxía. Competencia social e cidadá Comparar dúas formas de organización política (aristocracia e democracia) e opinar sobre cal ten máis relación coa nosa. Comprender qué é un proceso de expansión territorial e que non todos son iguais a partir da análise da colonización grega e do imperio de Alexandre, e distinguir as súas diferenzas: as causas que os provocaron, os medios polos que se fixeron (comercial e militar, respectivamente) e o resultado (as colonias eran independentes e os territorios sometidos por Alexandre non). Constatar a existencia dunha diversidade de intereses entre pobos que conviven (por exemplo, Atenas e Esparta) e valorar mecanismos para dirimir esas diferenzas, ademais do militar. Ser capaz de explicar os motivos das accións doutras persoas. Entender que ser capaz de explicar os motivos doutros non significa que se compartan.
30
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS Competencia temporal Precisar o contexto espazo-temporal en que se desenvolveu a civilización grega. Coñecer acontecementos e personaxes fundamentais da historia grega: a expansión grega, as Guerras Médicas, a Atenas de Pericles, a Guerra do Peloponeso, o imperio de Alexandre Magno. Explicar por que a expansión das polis e o helenismo son procesos clave no noso pasado. Comprender que na historia dunha civilización se distinguen etapas con características propias. Situar en mapas históricos e liñas do tempo os procesos históricos e feitos estudados. Pensamento social Analizar o peso do factor físico na formación das polis e non dun Estado unificado. Comparar os sistemas políticos de Atenas e Esparta. Diferenciar entre as causas, o desenvolvemento e os efectos da colonización grega. Explicar por que se desencadearon as guerras neste período. Explicar máis dun efecto da Guerra do Peloponeso. Comparar a Grecia das polis e o imperio de Alexandre Magno. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Utilizar as convencións e unidades cronolóxicas e as nocións de evolución e cambio, aplicándoas aos feitos e procesos da Prehistoria e Historia Antiga do mundo e da Península Ibérica. 2. Diferenciar os trazos máis relevantes que caracterizan a civilización grega, identificar os seus elementos orixinais e valorar aspectos significativos da súa achega á civilización occidental. 3. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información escritas de contido xeográfico ou histórico e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito. Unidade 13: A forma de vida dos gregos. OBXECTIVOS 1. Describir a estrutura social na antiga Grecia. 2. Describir a vida cotiá dos gregos: actividades económicas, alimentación, vestido e vivenda. 3. Comprender como era unha cidade grega e valorar as cidades gregas como inicio do noso urbanismo. 4. Identificar e describir edificios característicos da antiga Grecia. 5. Coñecer os principais trazos da relixión grega. 6. Coñecer as características e as obras máis importantes da arte grega. 7. Valorar a civilización grega como unha das bases fundamentais da civilización occidental. CONTIDOS Conceptos A sociedade grega. A democracia ateniense. As actividades económicas. A vida cotiá: alimentación, vestido e vivenda. As cidades. A relixión grega: deuses e heroes, os mitos, o culto relixioso. A arquitectura: os templos. A escultura. A cultura da razón. Procedementos, destrezas e habilidades Análise de debuxos e fotografías de restos reais para obter información.
31
Análise dun edificio. Análise dunha escultura. Comparación entre as características principais das distintas etapas da escultura grega. Identificación de cerámicas gregas. Estudo dun mito. Análise dun texto histórico. Actitudes Curiosidade por coñecer formas de vida doutras épocas. Valoración dos restos da civilización grega como fontes fundamentais que nos permiten reconstruír o noso pasado e que, polo tanto, é preciso conservar. Valoración dos gregos como unha das bases da civilización occidental. Rexeitamento da falta de dereitos de grandes grupos sociais na civilización grega antiga. Empatía polas crenzas e formas de vida doutras épocas. COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN COMPETENCIAS XERAIS Comunicación lingüística Utilizar o vocabulario relacionado coa sociedade e coa cultura gregas. Buscar as ideas básicas do tema e interpretar e organizar a información. Elaborar respostas escritas. Tratamento da información e competencia dixital Usar fontes primarias e secundarias para obter información. Usar fontes escritas, materiais e iconográficas para obter información. Buscar información en Internet e realizar un informe con ela. Analizar textos históricos: Grecia a través dos textos de Homero. Aprender a aprender Elaborar mapas de conceptos. Competencia social e cidadá Comprender que o concepto de cidadán está vinculado a uns dereitos políticos, que uns posúen e dos que outros están excluídos. Sentir empatía polas persoas doutras épocas, neste caso polos nosos antepasados gregos. Comprender a que problemas se enfrontaban e cales podían ser os seus sentimentos. Autonomía e iniciativa persoal Utilizar a información estudada como base na que fundar opinións razoadas sobre a escravitude e a situación da muller. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS Competencia temporal Enumerar e describir as principais características da forma de vida dos gregos: sociedade, economía, vida cotiá, crenzas. Comprender que nos aspectos concretos dunha civilización (política, economía, sociedade, arte) se distinguen etapas, e que as etapas de cada un destes aspectos non teñen por que coincidir, pois cada aspecto evoluciona a un ritmo diferente. Analizar a supervivencia na actualidade de determinados trazos gregos: na política, no urbanismo, na arte, nas ciencias... Competencia cultural e artística Coñecer as principais manifestacións da arte grega, as súas características e os principais exemplos. Analizar as relacións entre arte e sociedade: a arte como reflexo dos valores dunha época (gusto pola beleza, a proporción, as medidas humanas, a estrutura racional). Utilizar termos artísticos básicos: orde, frontón, columna, fuste, cornixa, métopa, friso, arquitrabe, capitel, realismo, expresividade... Identificar edificios específicos e describir a súa forma e función: o templo e o teatro. Utilizar pautas básicas para analizar edificios.
32
Utilizar pautas básicas para analizar esculturas. Identificar cerámicas e relacionar a súa forma e a súa función. Pensamento social Comparar a situación dos distintos grupos sociais respecto aos dereitos e ás liberdades. Explicar a importancia da aparición da moeda. Identificar os factores que explican a localización e estrutura da cidade grega. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Utilizar as convencións e unidades cronolóxicas e as nocións de evolución e cambio e aplicalas aos feitos e procesos da Prehistoria e Historia Antiga do mundo e da Península Ibérica. 2. Diferenciar os trazos máis relevantes que caracterizan á civilización grega, identificar os seus elementos orixinais e valorar aspectos significativos da súa achega á civilización occidental. 3. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información escritas de contido xeográfico ou histórico e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito. Unidade 14: A historia dos romanos OBXECTIVOS Explicar as características do espazo xeográfico romano. 1. Describir o proceso de expansión e conquista que levaron a cabo os romanos. 2. Coñecer as etapas da historia romana: época, características e principais 3. acontecementos. Valorar o papel histórico de personaxes relevantes, como, por exemplo, Xulio César e 4. Augusto. Comparar a organización política na República e o Imperio. 5. Explicar as causas e consecuencias da crise do imperio romano. 6. CONTIDOS Conceptos O espazo romano. As etapas da historia romana. A Monarquía: goberno. A República: a forma de goberno, a loita entre patricios e plebeos, as Guerras Púnicas. A crise da República. O Alto Imperio: goberno, características. O Baixo Imperio: a crise do século III, a recuperación do século IV. Fin do imperio romano de Occidente e fragmentación do Mediterráneo en distintos reinos e civilizacións. Procedementos, destrezas e habilidades Interpretación de mapas históricos e de liñas do tempo. Análise de debuxos e fotografías de restos reais para obter información. Interpretación de organigramas. Análise de moedas. Comparación entre as características das distintas etapas históricas dunha mesma civilización. Actitudes Curiosidade por coñecer formas de vida doutras épocas. Valoración dos restos da civilización romana como fontes fundamentais que nos permiten reconstruír o noso pasado e que, polo tanto, cómpre conservar.
33
COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN COMPETENCIAS XERAIS Comunicación lingüística Utilizar o vocabulario relacionado coa historia política romana. Buscar as ideas básicas do tema e interpretar e organizar a información. Elaborar respostas escritas. Tratamento da información e competencia dixital Usar fontes primarias e secundarias para obter información. Usar fontes escritas, materiais e iconográficas para obter información. Buscar información en Internet e en enciclopedias. Extraer información dunha película. Aprender a aprender Sintetizar información nunha liña do tempo. Competencia social e cidadá Analizar as loitas entre patricios e plebeos como modelo dun conflito social. Comparar os distintos medios de conquista que usaron os romanos (desde o pacto ao esmagamento militar total) e valoralos desde un punto de vista ético. Constatar a existencia dunha diversidade de intereses entre os grupos que compoñen unha sociedade e como a imposición violenta duns sobre outros pode provocar unha forte crise (como sucedeu na República romana). Ser capaz de explicar os motivos das accións doutras persoas. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS Competencia temporal Precisar o contexto espazo-temporal en que se desenvolveu a civilización romana. Coñecer acontecementos e personaxes fundamentais da historia romana: a conquista etrusca, os conflitos entre patricios e plebeos, a expansión territorial, as Guerras Púnicas, os triunviratos, o establecemento do Imperio, os principais emperadores, a fin do imperio romano. Explicar por que a creación do imperio romano e a súa fin son dous procesos claves do noso pasado. Comprender que na historia dunha civilización se distinguen etapas con características propias. Situar en mapas históricos e liñas do tempo os procesos históricos e feitos estudados. Pensamento social Analizar o peso do factor militar na expansión romana. Explicar os efectos que a conquista romana tivo sobre os pobos conquistados. Comparar distintas formas de organización política dos romanos. Comparar dúas crises sufridas polo mundo romano (a crise da República e a crise final do Imperio) e analizar o peso das causas internas e externas en cada unha delas. Enumerar máis dunha consecuencia das Guerras Púnicas. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Utilizar as convencións e unidades cronolóxicas e as nocións de evolución e cambio e aplicalas aos feitos e procesos da Prehistoria e Historia Antiga do mundo e da Península Ibérica. 2. Caracterizar os trazos da organización política, económica e social da civilización romana, valorar a transcendencia da romanización en Hispania e a supervivencia do seu legado en España, e analizar algunhas das súas achegas máis representativas. 3. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información escritas de contido xeográfico ou histórico e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito.
34
Unidade 15: A forma de vida dos romanos OBXECTIVOS 1. Analizar a estrutura social no imperio romano. 2. Describir a vida cotiá dos romanos: actividades económicas, alimentación, vestido e vivenda. 3. Comprender como era unha cidade romana e valorala como inicio do noso urbanismo. 4. Identificar e describir edificios característicos do imperio romano e coñecer as obras de arte máis importantes. 5. Coñecer os principais trazos da relixión romana. 6. Valorar a importancia da aparición do cristianismo na historia occidental. 7. Analizar a influencia da cultura romana na civilización occidental e valorala como unha das súas bases. CONTIDOS Conceptos A sociedade romana. As actividades económicas. A vida cotiá: alimentación, vestido e vivenda. As cidades. A relixión romana: paganismo e cristianismo. A arquitectura: principais edificios e técnicas de construción Procedementos, destrezas e habilidades Análise de debuxos e fotografías de restos reais para obter información. Análise da foto aérea dos restos dunha cidade. Análise de edificios. Procura de información de esculturas. Actitudes Curiosidade por coñecer formas de vida doutras épocas. Valoración dos restos da civilización romana como fontes fundamentais que nos permiten reconstruír o noso pasado e que, polo tanto, é preciso conservar. Valoración da cultura romana e do cristianismo como dúas das bases da civilización occidental actual. Rexeitamento da falta de dereitos de grandes grupos sociais na civilización romana. Empatía polas crenzas e formas de vida doutras épocas. COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN COMPETENCIAS XERAIS Comunicación lingüística Utilizar o vocabulario relacionado coa sociedade e coa cultura romanas. Buscar as ideas básicas do tema e interpretar e organizar a información. Elaborar respostas escritas. Tratamento da información e competencia dixital Usar fontes primarias e secundarias para obter información. Usar fontes escritas, materiais e iconográficas para obter información. Buscar información en Internet e en enciclopedias. Analizar textos históricos. Aprender a aprender Elaborar mapas de conceptos. Competencia social e cidadá Comprender que o concepto de cidadán está vinculado a uns dereitos políticos, que uns posúen e dos que outros están excluídos. Sentir empatía polas persoas doutras épocas, neste caso polos nosos antepasados romanos. Comprender a que problemas se enfrontaban, como os resolvían e cales podían
35
ser os seus sentimentos. Autonomía e iniciativa persoal Utilizar a información estudada como base na que fundar opinións razoadas sobre a escravitude e a situación da muller. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS Competencia temporal Valorar a aparición do cristianismo e a súa conversión en relixión oficial como un cambio fundamental no noso pasado. Enumerar e describir as principais características da forma de vida dos romanos: sociedade, economía, vida cotiá, crenzas. Comprender que, ao tempo que a vida política discorre con continuos cambios, as estruturas políticas, sociais, económicas e culturais mantéñense moito máis tempo, durante séculos. Analizar a supervivencia na actualidade de determinados trazos romanos: na política, no urbanismo, na arte, nas ciencias... Interpretar un proceso de cambio relixioso: o paso do politeísmo (paganismo) ao monoteísmo (cristianismo) e da existencia dunha gran liberdade relixiosa á dunha relixión oficial obrigatoria para todos. Competencia cultural e artística Coñecer as principais manifestacións da arte romana, as súas características e os principais exemplos. Analizar as relacións entre arte e sociedade: a arte como reflexo das necesidades humanas, a relación entre arte e función (edificios de ocio, conmemorativos, relixiosos e vivendas). Utilizar termos artísticos básicos: cúpula, bóveda de canón, mosaico… Identificar edificios específicos e describir a súa forma e función: o templo, o teatro, o anfiteatro, o circo, as termas, as distintas vivendas... Extraer información de esculturas. Pensamento social Explicar a relación entre a creación dunha extensa rede de comunicacións e o desenvolvemento do comercio. Comparar a situación dos distintos grupos sociais respecto aos dereitos e liberdades. Comparar o paganismo e o cristianismo. Dar máis dunha razón para explicar o éxito final do cristianismo. Formular hipóteses sobre a función de determinados obxectos romanos. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Utilizar as convencións e unidades cronolóxicas e as nocións de evolución e cambio, e aplicalas aos feitos e procesos da Prehistoria e Historia Antiga do mundo e da Península Ibérica. 2. Caracterizar os trazos da organización política, económica e social da civilización romana e valorar a transcendencia da romanización. 3. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información escritas de contido xeográfico ou histórico e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito. Unidade 16: Hispania na Antigüidade. O caso de Galicia. OBXECTIVOS 1. Coñecer os pobos que vivían na Península Ibérica e Baleares no primeiro milenio antes de Cristo e localizalos nun mapa. 2. Describir os trazos principais da forma de vida dos pobos prerromanos na Península Ibérica e Baleares. 3. Analizar en concreto os pobos prerromanos que habitaron o actual territorio de Galicia e a
36
súa cultura castrexa. 4. Describir o desenvolvemento da conquista romana da Península Ibérica e Baleares, e diferenciar etapas. 5. Estudar o proceso de conquista romana de Galicia. 6. Comprender o significado do proceso denominado romanización e identificar os seus trazos fundamentais. 7. Valorar o grao de romanización de Hispania. 8.Valorar o legado romano en Galicia. 9. Describir a vida cotiá na Hispania romana. 10. Analizar o cambio que supuxo a presenza romana nas estruturas políticas, económicas, sociais e culturais das terras conquistadas. 11. Valorar a influencia da cultura romana na nosa cultura. CONTIDOS Conceptos Os iberos: situación espazo-temporal, organización política e social, economía, crenzas e arte. Os celtas: situación espazo-temporal, organización política e social, economía, crenzas e arte. Os pobos prerromanos en Galicia. A conquista romana de Hispania, con atención especial ao territorio galego. A sociedade hispanorromana. A economía hispanorromana. A romanización de Hispania en xeral e de Galicia en particular: o latín, a relixión, as cidades e a arte. Procedementos, destrezas e habilidades Interpretación de mapas históricos e liñas do tempo. Localización nun mapa dos grupos de pobos iberos e celtas. Análise dos debuxos e fotografías de restos reais para obter información. Actitudes Curiosidade por coñecer a historia do noso territorio. Valoración de que somos o froito do legado que deixaron numerosos pobos sobre o noso territorio. Valoración dos restos que deixaron distintas culturas como fontes fundamentais que nos permiten reconstruír o noso pasado e que, polo tanto, é preciso conservar. Empatía polas crenzas e formas de vida doutras épocas. COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN COMPETENCIAS XERAIS Comunicación lingüística Valorar a romanización como un proceso clave que explica como somos. Buscar as ideas básicas do tema e interpretar e organizar a información. Elaborar respostas escritas. Tratamento da información e competencia dixital Usar fontes primarias e secundarias para obter información. Usar fontes escritas, materiais e iconográficas para obter información. Buscar información en Internet e en enciclopedias. Aprender a aprender Elaborar resumos por medio de táboas. Competencia social e cidadá Analizar a convivencia nun mesmo territorio (a Península Ibérica) de pobos con distintos trazos culturais (iberos e celtas). Sentir empatía polas persoas doutras épocas, neste caso polos nosos antepasados iberos, celtas e hispanorromanos. Comprender a que problemas se enfrontaban, como os
37
resolvían e cales podían ser os seus sentimentos. Autonomía e iniciativa persoal Utilizar a información estudada como base na que fundar opinións razoadas sobre os distintos graos de desenvolvemento cultural dos pobos que vivían na Península na Antigüidade. Utilizar as pautas correctas para planificar e realizar os procedementos do tema. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS Competencia temporal Explicar o significado do termo romanización. Enumerar e describir as principais características da forma de vida dos iberos e dos celtas. Analizar como cambiou esta forma de vida coa conquista romana. Describir por fases o proceso de conquista romana da península Ibérica e Baleares en xeral e do noroeste da Península, en particular. Coñecer as datas e os personaxes claves neste proceso de conquista. Situar en mapas históricos e liñas do tempo os procesos históricos e feitos estudados. Competencia cultural e artística Coñecer as principais manifestacións da arte ibera, celta e hispanorromana, as súas características e os principais exemplos. Analiza como era a cultura castrexa e a romanización do noroeste da Península Ibérica Analizar como era a cultura da Península Ibérica antes e despois da chegada dos romanos. Pensamento social Analizar o papel que desempeñaron as lexións como medio de transmisión cultural. Descompoñer o proceso de romanización nos elementos que o conforman. Formular hipóteses sobre as razóns que poderían explicar a rapidez da conquista romana de Hispania. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Utilizar as convencións e unidades cronolóxicas e as nocións de evolución e cambio, e aplicalas aos feitos e procesos da Prehistoria e Historia Antiga do mundo e da Península Ibérica. 2. Caracterizar os trazos da organización política, económica e social da civilización romana e valorar a transcendencia da romanización en Hispania e a supervivencia do seu legado en España; analizar algunhas das súas achegas máis representativas. 3. Diferenciar os trazos da Historia Antiga no noroeste da península Ibérica, identificando os elementos orixinais e valorando os aspectos significativos da súa achega. 4. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información escritas de contido xeográfico ou histórico e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito. Unidade 17: A caída do imperio romano. Os xermanos OBXECTIVOS 1. Estudar en profundidade a crise do imperio romano e as medidas que tomaron os emperadores para freala. 2. Analizar as vagas de invasións dos pobos bárbaros que arrasaron o imperio romano. 3. Explicar a caída do imperio romano de Occidente e o que aconteceu no imperio romano de Oriente. 4. Coñecer as diferentes monarquías que se estableceron nas terras do imperio romano de Occidente. 5. Analizar o caso do reino visigodo de Toledo: as súas etapas e evolución histórica. 6. Describir a sociedade e as formas de vida no reino visigodo. CONTIDOS Conceptos
38
Imperio romano de Occidente. Imperio romano de Oriente. Pobos bárbaros. Os reinos xermanos. Reino visigodo de Tolosa. Reino visigodo de Toledo. Sociedade visigoda Procedementos, destrezas e habilidades Análise de mapas históricos. Estudo de fotografías de restos de época. Procura de información dos textos históricos. Actitudes Curiosidade por coñecer formas de vida doutras épocas. Valoración dos restos históricos como parte do patrimonio cultural da humanidade. Rexeitamento da violencia como forma de solucionar os conflitos. Comprensión crítica das crenzas e dos costumes doutras épocas. COMPETENCIAS QUE SE TRABALLAN COMPETENCIAS XERAIS Comunicación lingüística Buscar as ideas básicas do tema e interpretar e organizar a información. Elaborar respostas escritas. Tratamento da información e competencia dixital Usar fontes primarias e secundarias para obter información. Usar fontes escritas, materiais e iconográficas para obter información. Buscar información en Internet. Analizar textos históricos. Aprender a aprender Elaborar mapas de conceptos. Competencia social e cidadá Coñecer a situación de desigualdade social dos pobos da Antigüidade. Analizar o cambio social que supuxo para os habitantes de Hispania a desintegración do imperio romano e a formación da monarquía visigoda. Autonomía e iniciativa persoal Utilizar a información estudada como base para comprender os problemas derivados do uso da violencia na acción política. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS Competencia temporal Enumerar e describir as principais características sociais dos pobos bárbaros e comparalas coas dos pobos romanizados. Comprender o gran cambio nas estruturas políticas e sociais que supuxeron as invasións bárbaras. Analizar a influencia no futuro que tivo a creación do reino visigodo de Toledo. Interpretar o proceso de cambio relixioso que experimentaron os visigodos tras establecerse en Hispania. Reflexionar sobre as mutuas influencias entre as formas de vida visigodas e as romanas. Competencia cultural e artística Coñecer as principais manifestacións da cultura visigótica. Analizar a relación entre arte e sociedade e explicar por que a cultura visigoda supuxo un gran cambio respecto da romana. Pensamento social Comparar a situación dos distintos grupos sociais na monarquía visigoda e explicar as desigualdades existentes.
39
CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Utilizar as convencións e unidades cronolóxicas e as nocións de evolución e cambio, e aplicalas ao tránsito entre a Historia Antiga e a Idade Media. 2. Identificar as claves da descomposición do imperio romano. 3. Caracterizar os trazos da organización política e social da monarquía visigoda. 4. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información escritas de contido histórico e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito.
3.2 TEMPORALIZACIÓN: Dado que os contidos de xeografía se repiten nos tres primeiros cursos da ESO este departamento considerou máis conveniente iniciar este curso polos contidos de Historia ,a secuenciación que se prevé é a seguinte: Iª avaliación:
Temas 9-13:
2ª avaliación:
Temas 14-17 e 1-2
3ª avaliación:
Temas 3-8, Como e a Terra como se representa (4,5), Descrición da Terra,As persoas e o medio.
3.3-. CONTIDOS MÍNIMOS
O globo terráqueo e os mapas. Os tipos de mapas. Os elementos dun mapa. Os puntos cardinais. Os paralelos e os meridianos. Os hemisferios. A latitude e a lonxitude. A escala: definición e tipos. A estrutura interna da Terra: codia, manto e núcleo. As placas tectónicas Os océanos e os continentes. As formas do relevo terrestre: continentais, costeiras e submarinas. As forzas do interior da Terra, orixe do relevo: fallas, pregamentos, terremotos e erupcións volcánicas. O relevo cambia: a acción da auga, o vento e os seres vivos sobre o relevo terrestre. As augas mariñas e as augas continentais. Os ríos: definición e conceptos fundamentais (leito, conca, curso e caudal). A acción dos ríos na paisaxe nos cursos alto, medio e baixo. As augas mariñas: definición e características (salinidade, movementos). As augas subterráneas: o que son, formación, importancia. Os glaciares: o que son, partes. O tempo e o clima. As temperaturas: definición, medida, factores. As precipitacións: definición, medida, factores. As presións: definición, medida, factores. Os ventos: definición, tipos. Os climas da Terra. Os factores físicos que condicionan a vida humana: clima, altitude, auga, costas, solos. A paisaxe natural e a paisaxe transformada ou humanizada. Os principais problemas ambientais do noso planeta: a sobreexplotación da auga, a contaminación e o cambio climático,a erosión, a desertización e a perda de biodiversidade.
40
As etapas da Prehistoria. O estudo da Prehistoria, o traballo do arqueólogo. O proceso de hominización. As características do Paleolítico: ferramentas de pedra, óso e madeira; organización en tribos; nomadismo; dedicación á caza e a recolección; vestido con peles; escasa esperanza de vida; a crenza nos espíritos e o culto aos mortos. A arte paleolítica: pinturas rupestres, esculturas e gravados, música e danza. A revolución neolítica. A vida no Neolítico: a agricultura e a gandaría, as aldeas, a especialización do traballo. Os inventos do Neolítico: a pedra puída, o tecido e a cerámica. A vida na Idade dos Metais: crecemento do comercio e as cidades, a aparición de fortes divisións sociais. Os inventos da Idade dos Metais: a roda, a vela, o arado, a rega e as canles. As crenzas no Neolítico e a Idade dos Metais. A arte: as pinturas levantinas e o megalitismo. As civilizacións fluviais: definición e características. A historia de Mesopotamia: contexto temporal e etapas. A estrutura social mesopotámica. A cultura mesopotámica: relixión, arquitectura e escultura. A paisaxe exipcia e a súa influencia na forma de vida, con especial interese na influencia do Nilo. As etapas da historia exipcia. Unha sociedade desigual: privilexiados e non privilexiados. As crenzas: politeísmo e vida despois da morte. A arte: a arquitectura monumental (templos e tumbas), a escultura, a pintura e as artes menores. As etapas da historia grega. A época arcaica: nacemento das polis e colonización grega. A época clásica: as Guerras Médicas, o esplendor de Atenas e a Guerra do Peloponeso. O imperio de Alexandre Magno. O helenismo. Os gregos na península Ibérica. A sociedade grega. A democracia ateniense. As actividades económicas. A arquitectura: os templos. A escultura. As etapas da historia romana. A Monarquía: goberno.A República: O Imperio Fin do imperio romano de Occidente e fragmentación do Mediterráneo en distintos reinos e civilizacións. A sociedade romana. As actividades económicas. A vida cotiá: alimentación, vestido e vivenda. As cidades. A arquitectura: principais edificios e técnicas de construción Os iberos e os celtas:situación espazo-temporal, organización política e social, economía, crenzas e arte. A conquista romana de Hispania. A sociedade hispanorromana. A romanización de Hispania: o latín, a relixión, as cidades e a arte. A chegada da revolución neolítica a Galicia: a cultura dos megálitos. A Idade dos Metais e os petróglifos en Galicia. Os galaicos e a cultura castrexa. A romanización do noroeste da península Ibérica: Gallaecia. A sociedade galaicoromana. Localizar un punto nun mapa usando as coordenadas xeográficas: latitude e lonxitude. Usar a escala nun plano e nun mapa. Construír e interpretar gráficos simples: lineais, de barras e sectoriais. Empregar e interpretar mapas temáticosInterpretar distintas formas de representar o relevo: as gamas de cor e as curvas de nivel. Elaborar e interpretar un climograma. Análise de debuxos e fotografías de restos reais para obter información. Interpretación de mapas históricos e de liñas do tempo. Elaborar esquemas e resumos
41
4-. METODOLOXÍA: O currículo da área de Ciencias sociais para a etapa da ESO pretende lograr unha comprensión por parte dos alumnos da realidade na súa compoñentes histórica, económica, social, cultural, etc. Na selección de contidos e obxectivos establécese que ensinar e que aprender, agora trátase de dar unha orientación de como ensinar e aprender, como acadar os obxectivos marcados. Potenciar unha aprendizaxe significativa: relacionando os novos contidos con aprendizaxes anteriores e coas propias experiencias dos alumnos; fomentando a autonomía dos alumnos e preparándoos para identificaren problemas, suxeriren solucións e afrontaren a análise de novas situacións a partir dos coñecementos adquiridos. Favorecer a construcción do coñecemento por parte do alumno: integrando os distintos tipos de contidos (conceptuais, procedimentais e actitudinais); seleccionando actividades e estratexias adecuadas ó nivel dos alumnos. As actividades deben ser variadas para que permitan unha conexión da aprendizaxe na escola coa vida favorecendo, na medida do posible, a aprendizaxe por descubrimento, a formulación de hipóteses; promovendo unha reflexión crítica por parte do alumno e unha formación en actitudes e valores. Combinar unha metodoloxía expositiva e unha metodoloxía indagatoria. O emprego de estratexias expositivas parece máis adecuado para a aprendizaxe de certos contidos conceptuais mentres que as estratexias indagatorias son as máis apropiadas para tratar algúns contidos procedimentais, colocando ós alumnos ante problemas e buscando que actúen cunhas técnicas e procedementos concretos para a súa resolución. Se pretendemos presentar dunha forma integrada os contidos conceptuais, procedimentais e actitudinais ambas estratexias deben estar tamén integradas: a utilización de estratexias indagatorias permite adquirir o dominio sobre certos procedementos e chegar tamén a adquirir certos contidos conceptuais ou reforzar os adquiridos; a exposición, oral ou escrita de certos coñecementos xa elaborados é, en ocasións, punto de partida imprescindible para a aprendizaxe de procedementos e valores. A indagación das ideas previas do alumno sobre o tema que se vai a tratar é fundamental. Antes de comezar cada unidade é importante facer unha exploración das ideas previas que o alumno teña sobre os contidos que se van a abordar e da súa actitude e motivación cara a estes contidos. Esto pode permitir orientar mellor o traballo do profesor e plantear os contidos, as veces en formas de pregunta, que se van a abordar na unidade. Nesta etapa parécenos importante prestar especial atención ó traballo sobre conceptos e procedementos fundamentais nas ciencias sociais. Tanto mediante a exposición, oral ou escrita como a través das actividades se prestará atención a estes conceptos e procedementos. Tentamos adicar especial atención en cada unidade a algún procedemento (localización en mapas, tratamento e elaboración de información a partir dun texto, obtención de información de fontes variadas sobre un mesmo tema, interpretación de imaxes, obtención de información a través de mapas, elaboración de mapas conceptuais, etc) relacionado cos seguintes aspectos: A percepción do espacio e a localización espacial. É evidente que non se poden formular os fenómenos xeográficos e históricos desligados do espacio. Os alumnos deben comprender que os feitos se localizan no espacio e que se poden representar en mapas. A localización de feitos e situacións en soporte cartográfico é unha fonte insustituible para a comprensión da xeografía e a historia. Por iso a presentación dos contidos debe ir acompañada de información cartográfica e de actividades que permita a súa comprensión e interpretación. As relacións da causalidade nos feitohistóricos e xeográficos. O establecemento de relacións multicausais, características da explicación histórica é un dos problemas máis importantes na ensinanza das ciencias sociais. Os obxectivos da etapa buscan a progresiva comprensión, da interrelación de feitos políticos, económicos, sociais, culturais, etc. A explicación causal debe estar presente tanto na exposición dos contidos como nos procedementos e actividades que se desenvolver. Actividades
42
que busquen o establecemento de causas no desenvolvemento dos contido conceptuais (¿Por que…?, ¿Cal foi a orixe…, etc?), pequenas investigacións, realización de mapas conceptuais parecen actividades adecuadas para comprender as relacións causais nos feitos históricos e xeográficos. A utilización de diferentes fontes de información (textos, imaxes, mapas, etc). Non hai dúbida sobre a importancia da utilización de fontes escritas na aprendizaxe da historia ou a xeografía, que por suposto estarán presentes en todas as unidades. Pero consideramos tamén fundamentais a utilización doutro tipo de fontes de acordo cos obxectivos da etapa. As imaxes (fotografías, debuxos, reconstruccións) no so aclaran a información textual senón que aportan elas mesmas información e permiten presentala de xeito atractivo e motivador para os alumnos. Aprender a obter información das imaxes e un dos obxectivos da etapa e do ciclo.
Combinar actividades individuais e colectivas. Estas deben ser variadas buscando tanto a adquisición e consolidación de contidos conceptuais como procedimentais e actitudinais. As actividades axudan a fixar, comprender, comparar, organizar ideas, utilizar procedementos, etc. Estas actividades buscan ademais o dominio de certas técnicas de traballo non exclusivas das ciencias sociais como poden ser: a lectura comprensiva, esquemas e resumos, técnicas de manexo de información de diferentes fontes, etc. O caderno de clase, onde se realizarán a meirande parte destas actividades debe ser así o instrumento fundamental de traballo do alumno, o tempo que se vai converter nun instrumento básico de avaliación. A realización de visitas e itinerarios a lugares de interés xeográfico e histórico é outro recurso útil e moitas veces motivador. Estes itinerarios deben estar correctamente diseñados e integrados nunha unidade. As visitas comprenden unha preparación previa na aula e a realización dunha serie de actividades despois do itinerario que permitan relacionar o visto e traballado durante o mesmo co traballo cotidiá na aula. A realización de pequenos proxectos de investigación. Cumpren unha función educativa importante xa que habitúan os alumnos a afrontar e resolver determinados problemas con relativa autonomía e formular por si mesmos preguntas, adquirir experiencia na busca de información, etc. Estes proxectos deben buscar tema atractivos para o alumno, a ser posible cercanos ó seu entorno habitual e realizados, preferentemente en equipo. Utilización de materiais variados. Aínda que utilizamos como texto base o libro isto non supón non utilizar outros materiais como películas, cintas, textos, prensa, materiais de elaboración propia e por suposto todos os recursos que as novas tecnoloxía poñen a disposición do alumnado 4.1-. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS: Utilizarase como material básico de referencia o libro de texto para 1º da ESO de Obradoiro Santillana, Proxecto CAMIÑOS DO SABER XEOGRAFÍA E HISTORIA 2 ESO (Tres volumes) ISBN 97884-9972-124-8 O profesor poderá proporcionar outro material complementario cando o considere oportuno, así como esixir a lectura de algún libro relacionado cos contidos impartidos ou incorporar á clase calquera recurso didáctico que considere convinte. Recursos dixitais (actividades interactivas, blog de aula, animacións, cazas do tesouro, webquest...) Blog do profesor Dicionarios e outras obras de consulta. Ordenador e conexión a Internet. Material funxible. Guías didácticas do profesorado
43
5-. CRITERIOS DE AVALICIÓN Asumindo os criterios establecidos polo curriculo se desglosan os criterios mínimos para unha avaliación positiva do curso 1. Localizar lugares ou espazos nun mapa utilizando datos de coordenadas xeográficas e obter información sobre o espazo representado a partir da lenda e da sim boloxía. Elaborar mapas sinxelos iniciándose no emprego de recursos informáticos. Trátase de comprobar se o alumnado é capaz de identificar as liñas básicas da orientación xeográfica e situar lugares no mapa mediante a lonxitude e a latitu de. Así mesmo, permite avaliar se se sabe descodificar información simbólica, e interpretala para describir o contido da información expresada nun mapa. Calcular escalas Localizar un punto no mapa a partir das coordenadas xeográficas Utilizar os distintos tipos de imaxes e outras representacións do espazo terrestre. Localizar en mapas, lugares e espazos concretos Orientarse e calcular distancias. 2. Localizar nun mapa os elementos básicos que configuran o medio físico mundial, de España e de Galicia, caracterizando os trazos que predominan nun espazo concreto. Trátase de avaliar que se coñece o mapa físico do mundo nos seus trazos básicos e en particular de Gali cia e España, que se localizan espacialmente os seus elementos e se é capaz de salientar aqueles que pre dominan en cada territorio, a dispersión dos núcleos de poboación en Galicia como resultado dunha longa evolución histórica. Coñecer a distribución das placas continentais e océanos. Localizar nun mapa as principais unidades e principais rios de relevo dos continentes. Localizar nun mapa os e mares e accidentes xeográficos das costas dos continentes Localizar nun mapa as principais unidades e principais rios de relevo da P. Ibérica Localizar nun mapa os e mares e accidentes xeográficos das costas da P. Ibérica Obtér información xeográfica dun mapa e localízala. Utilizar o atlas para localizar informacións no espazo. 3. Comparar os trazos físicos máis destacados (relevo, clima, augas e elementos bioxeográficos) que con figuran os grandes medios naturais do planeta, con especial referencia a Galicia, localizándoos no espazo representado e analizando exemplos das paisaxes que resultan da actividade huma a. Trátase de avaliar que se é capaz de recoñecer e localizar no espazo os principais medios naturais do mundo, de caracterizalos e distinguilos en función da interacción dos trazos físicos predominantes para con formar paisaxes xeográficas diferenciadas, véndoas en relación coas formas de vida que posibilitan. Coñecer as principais características dos diferentes climas Localizar nun mapa zonas climática Explica as diferentes paisaxes europeas. Precisar o significado de distintos termos xeográficos. Describe as distintas paisaxes a partir de ilustracións. 4. Interpretar a paisaxe do seu contorno, identifican do os seus trazos característicos e relacionando ele mentos físicos, recursos e formas de asentamento rurais ou urbanos. Trátase de avaliar a capacidade de transferir os coñecementos adquiridos de cara á análise e interpre tación dun espazo concreto e próximo, e comprender as interaccións que nel se producen, como a especificidade da paisaxe rural galega, as formas radicionais de construción e asentamento ou as áreas urbanas.
44
5. Identificar e explicar exemplos de riscos e de impactos que a acción humana ten sobre o medio, ana lizando as súas causas e efectos, e proporcionando medidas e condutas para prevelos e limitalos, facendo unha especial referencia ao ámbito galego. Trátase de avaliar se o alumnado coñece os princi pais problemas ambientais da actualidade, se os rela ciona coas súas causas e os seus posibles efectos, así como se é capaz de expoñer accións que poden contri buír á súa mellora, a través da ciencia, da tecnoloxía, do consumo responsable, etc. Identificar os problemas ambientais máis graves de Galicia, España, Europa e o mundo (deforestación, lixos urbanos e industrais, incendios forestais, construcións e infraestructuras públicas e privadas, etc.) e valorar os riscos que supoñen 6. Utilizar as convencións e unidades cronolóxicas e as nocións de evolución e cambio, aplicándoas a feitos e procesos referidos á prehistoria e historia antiga do mundo, da Península Ibérica e de Galicia. Tratase de avaliar se se usa como referencia tempo ral na localización de feitos e procesos históricos a periodización e datación correcta, e se se ten capaci dade para identificar, en procesos referidos ás socie dades na Prehistoria e na Antigüidade, elementos de permanencia e de cambio. Deberán quedar claras as diferenzas entre tempo cronolóxico e histórico. Situar no tempo e no espazo períodos, feitos e procesos históricos relevantes aplicando as convencións habituais no estudo da historia. Trátase de avaliar se as alumnas e os alumnos coñecen as principais etapas e períodos cronolóxicos e se son capaces de comprender as nocións de simultaneidade e cambio Selección e utilización de recursos gráficos para a representación do tempo histórico, e elaboración de secuencias temporais utilizando as unidades e convencións cronolóxicas. 7. Identificar e expoñer os cambios que supuxo a revolución neolítica na evolución da humanidade e valorar a súa importancia e as súas consecuencias ao comparalos cos elementos que conformaron as socie dades cazadoras e recolectoras. Trátase de comprobar que se identifican os elemen tos básicos que conformaron as principais sociedades depredadoras e os cambios que acompañaron a revo lución neolítica, constatando as consecuencias que esta ten na evolución da humanidade. Valorarase a importancia cultural da arte rupestre e do megalitismo atlántico. Coñecer as principias características das sociedades paleolíticas: tecnoloxía, organización social, economía Describir as características principais da pintura paleolítica Comprender o proceso de hominización. Coñecer os principais cambios económicos, sociais, técnicos e artísticos que representa a revolución neolítica Coñecer os cambios económicos, sociais e políticos e culturais que acompañan á difusión da metalurxia Comprender a evolución cultural da humanidade ata a aparición da escritura e analizar os cambios radicais que acompañan a revolución neolítica. 8. Diferenciar os trazos que caracterizan algunha das primeiras civilizacións urbanas e a civilización grega, identificando os elementos orixinais desta última e valorando aspectos relevantes da súa contribución á civilización occidental. Trátase de comprobar que se é capaz de localizar no tempo e no espazo as civilizacións de Exipto e/ou Mesopotamia e de Grecia, e caracterizar os elementos básicos que as conformaron -escravismo, patriarcado e as diferenzas existentes na súa organización política -teocracia e democracia-. Así mesmo, de veri
45
ficar se se é capaz de recoñecer os elementos relevan tes da contribución de Grecia á civilización occidental. Explicar as características políticas, económicas, sociais e culturais das primeiras civilizacións. Describir as estruturas política e social do antigo Exipto. Describir as características principais do arte mesopotámico e exipcio e explicar a influencia das crenzas na arte exipcia, tanto nos seus tipos de manifestacións (templos e tumbas) coma nas súas características; Identificar e situar xeograficamente os principais pobos, sociedades e culturas que se desenvolveron na Península Ibérica na antigüidade. Coñecer e identificar os aspectos orixinais da civilización grega, así como as súas contribucións á civilización occidental. Comparar dúas formas de organización política (aristocracia e democracia) e opinar sobre cal ten máis relación coa nosa Describir a estrutura social na antiga Grecia. Describir a vida cotiá dos gregos: actividades económicas, alimentación, vestido e vivenda. Describir as características principais da arquitectura e a escultura clásica 9. Comprender os trazos característicos da cultura castrexa, a área xeográfica en que se desenvolveu e a súa particular forma de ocupación do territorio. Trátase de avaliar a capacidade para percibir a influenza do pasado no asentamento, comparando o espazo ocupado polos castrexos e os límites actuais de Galicia, sen esquecer unha análise dos elementos sociais e artísticos máis elementais desta cultura. Farase fincapé nas relacións coas culturas urbanas mediterráneas e atlánticas. Identificar e situar cronoloxicamente os vestixios existentes relacionándoos cos pobos e/ou sociedades que os produciron para comprender mellor as orixes e a identidade de Galicia, así como a necesidade de defende-lo seu patrimonio cultural 10. Caracterizar os trazos da organización política, económica e social da civilización romana na súa época de expansión, valorando a transcendencia da roma nización na Hispania e na Gallaecia e a pervivencia do seu legado. Preténdese comprobar se o alumnado coñece a her danza da civilización romana, con especial atención á organización político-administrativa, social, económi ca e cultural, e identifica, no patrimonio artístico e noutros trazos actuais, o legado desa civilización no noso país. Así mesmo, procuraranse desenvolver algunhas ideas sobre o significado do cristianismo e os novos asentamentos que se producen no mundo tardo rromano: suevo e visigodo. Describir o proceso de expansión e conquista que levaron a cabo os romanos. Coñecer as etapas da historia romana: época, características e principais acontecementos. Describir as caraterísticas principais da arquitectrura romana e a relación entre arte e función (edificios de ocio, conmemorativos, relixiosos e vivendas). Explicar a organización política romana Explicar a estructura social romana Explicar o concepto de romanización valorando a trascendencia da romanización en Hispania e a pervivencia do seu legado no noso Estado, analizando algunhas das súas achegas máis representativas. Formar un esquema de comprensión básica do período visigodo como ponte entre a Hispania romana e a época medieval. 11. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información e comunicar a información obtida de for ma correcta por escrito. Con este criterio trátase de avaliar que se len de for ma comprensiva diferentes fontes de información tan to arqueolóxicas como escritas, obtendo as ideas prin cipais que conteñen e relacionándoas con outras para formar esquemas explicativos, sendo capaz de comu nicalas utilizando correctamente a expresión escrita.
46
Representar graficamente información estatística en distintos tipos de gráficos Empregar correctamente o vocabulario específico. Elaboración de notas, resumos ou esquemas a partir de información escrita e oral. Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar. Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado Utilizar fontes diversas para obter, relacionar e procesar información sobre feitos sociais e comunicar as conclusións de forma organizada e intelixible, empregando para isto as posibilidades que ofrecen as TIC. Avalíase o manexo correcto dos instrumentos gráficos e cartográficos. Trátase de comprobar se se utilizan as posibilidades que proporcionan as ferramentas informáticas básicas. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información escritas de contido xeográfico ou histórico e comunicar a información obtida de forma correcta Realizar de forma individual ou en grupo, coa axuda do profesor, un traballo sinxelo de carácter descritivo (observación, prensa, bibliografía, páxinas web, etc.), seleccionando a información pertinente, integrándoa nun esquema ou guión e comunicando con corrección e co vocabulario adecuado os resultados do estudo. Producir documentos escritos atendendo as normas básica de presentación e ortografía Realizar breves exposicións orais con correción e orde Participar en debates e discusións, empregando argumentacións razoadas con actitude crítica e tolerante
6-. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN A avaliación é, ante todo, un proceso para obter unha información, que unha vez analizada, permita tomar as decisións correctas para a mellora do proceso de ensinoaprendizaxe e correxer aqueles problemas detectados, tanto no progreso do alumnado (asimilación de contidos conceptuais, procedimentais e actitudinais), como na metodoloxía empregada, nos obxectivos propostos, nos contidos e incluso nos propios criterios de avaliación seleccionados. A avaliación ten que ser útil ó profesor, pois debe permitirlle coñecer a evolución da aprendizaxe dos alumnos, descubrir os posibles problemas e establecer as medidas para correxilos. A avaliación debe ser tamén útil ó alumno, para coñecer os factores que favorecen a súa formación, os seus problemas e reflexionar sobre a súa evolución. Hai que buscar uns instrumentos de avaliación adecuados a metodoloxía empregada na aula, ós diferentes tipos de contidos (actitudinais, conceptuais e procedimentais) e que ó mesmo tempo aporten unha información significativa para ó alumno e para ó profesor. Isto fai necesario recorrer a instrumentos variados e abertos entre os que destacamos:
Probas escritas. Axeotadas sobre todo para avaliar contidos conceptuais e procedimentais. Este tipo de probas debe ser moi variada, en función do tipo de contidos que se quer avaliar. Débense buscar probas adecuadas a metodoloxía usada na aula e que non busquen tanto unha repetición dos contidos asimilados como a resolución de problemas e conflictos mediante o uso deses conceptos e procedementos. Sen embargo para certos contidos propios da asinatura isto resulta bastante difícil. Nas probas escritas poderá presentaranse ao alumnado: Textos e mapas históricos para analizar e comentar. Imaxes que proporcionan información de carácter histórico e artístico relacionadas con aspectos tratados na unidade. Feitos e conceptos para relacionar correctamente. Termos para ser definidos. Preguntas que o alumnado debe contestar a partir da información obtida na aula e n os materiais (libro, presentacións etc)
47
Nas valoración das probas escritas ademais dos conyodos terase en conta tamén Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar. Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado. Ortografía correcta
Observación sistemática do traballo do alumno na aula (traballo en equipo, intervencións en clase, participación, actitude cos compañeiros, debates, etc). É un instrumento básico, sobre todo a hora de avaliar contidos actitudinais (respecto ós dereitos dos demais, constancia e tenacidade no traballo, atención, observación e participación na clase, traballo en grupo) e procedimentais (elaboración de estratexias para resolver problemas, etc). A recollida da información pódese realizar de diferentes formas empregando unhas ou outras segundo os contidos que se traballen: escalas de observación, diario de clase, rexistro anecdótico, etc.Terase especialmente en conta as intervencións do alumnado na aula atendendo a: Nivel e calidade das intervencións. Mensaxe estruturado. Comportamento. Esforzo. Interese.
Análise das produccións dos alumnos: pequenas investigacións, tarefas, traballos en equipo, etc. permite avaliar principalmente contidos procedimentais (estratexias para resolver problemas, elaboración de esquemas, ortografía, redacción, etc). Consideramos que o caderno de clase e o instrumento básico de traballo do alumno e polo tanto un bo instrumento de avaliación. Permite obter información sobre aspectos moi variados: contidos conceptuais (vocabulario), procedimentais (ortografía, redacción, orde, limpeza, gráficos, esquemas, mapas, resumos, etc), actitudinais (constancia no traballo, corrección de erros, etc). Na valoración dos traballos dos alumnos valorarase: Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar. Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado. Utilización de esquemas. Revisión do traballo antes de dalo por finalizado. Creatividade. Uso adecuado e guiado do ordenador e dalgunha ferramenta telemática. Uso adecuado dos manuais de consulta (enciclopedia, dicionario...) e de Internet. Utilización de Internet, de forma responsable e coa axuda, para buscar información sinxela ou resolver unha actividade. Correcta selección, interpretación e síntese da información.
Entrevista individual e probas orais.
7-. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN A nota da avaliación calcularase como sigue de: A) PROBAS ESCRITAS: Relizaranse un mínimo de dous exames escritos por avaliación. Os exames valoraranse sobre 7 puntos. A proba estará superada cunha nota igual ou superior a 3,5. Os exames farán media sempre e teñan unha nota superior a 2,25 . De non ser así a avaliación estaría suspensa ata a recuperación do exame. As probas escritas supoñen o 70% da nota de avaliación (7 puntos de 10)
48
B) TRABALLO. A este apartado corresponde o 30 % da nota (3 puntos). Neste apartado valórase a correcta realización das tarefas na casa, as lecturas, as exposicións orais, o traballo na aula, a actitude e o comportamento. Traballos específcos 20%: Pequenas tarefas, investigacións guiadas ou lecturas, etc. O valor concreto de cada traballo pode variar de avaliación en avaliación, pois non se fan no mesmo número en cada unha delas. Pola correcta realización destes traballos pódese obter un máximo de 2 puntos Os alumnos deben realizar unha lectura obrigatoria á longo do curso, que acompañada da realización dun traballo sobre o libro será valorada cun máximo dun punto na avalición correspondente. Exposicóns orais: 5%. Observación do traballo na aula: realización das tarefas, intervencións e participación: 5% (ata 0,5 puntos) Para aprobar a avaliación será necesario obter neste apartado unha nota non inferior a 1 punto dos 3 que corresponden este apartado C) Traballos voluntarios: O alumnos poderán abter ata un máximo de 1 punto mediante a realización de traballos voluntarios: lecturas comentadas de libros, visionados de películas, exposicións orais sobre algún aspecto do temario, etc. A puntuación deste apartado sumarase a obtida nos dous anteriores Para aprobar a avaliación terá que obterse unha puntuación entre os tres apartados igual ou superior a 5 puntos A nota final será a media das tres avaliacións tendo en conta que: Cando todas as avaliacións teñan unha nota igual ou superior a 5 a materia estará superada e a nota final será media das tres avaliacións Cunha avaliación suspensa cunha nota non inferior a 4 e unha media das tres avaliacións igual ou superior a 5 a materia considérase aprobada En caso de ter unha avaliación suspensa cunha nota inferior a 4 a materia está suspensa En caso de ter dúas ou máis avaliacións suspensas a materia estará suspensa e a nota final será inferior a 5 En setembro realizarase unha proba escrita .Ademais de dita proba poderán esixirse para aprobar a realización de actividades complementarias que se entregarán o día do exame. A nota da avaliación de setembro non será superior a 5.
8-. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO a-. Recuperación durante o curso Ademais dos exames xa indicados poderanse facer probas escritas de recuperación ó longo do curso co fin de facilitar o aproveitamento dos alumnos con maiores dificultades. Os alumnos deberán repetir aquelas probas escritas cunha puntuación inferior a 2,25 e presentar tamén aqueles traballos obrigatorios non presentados ou valrados negativamente no seu momento. c-. Probas extraordinarias En setembro realizarase unha proba escrita. Ademais poderse pedir os alumnos coa materia pendente a realización dunha serie de tarefas para a prepaaraación do exame. Nesta caso a valoración desta tarefas poderá chegar ó 30% da nota de setembro, correspondendo o 70 % restanto á proba escrita. Esta deberá corresponderse cos criterio mínimos.
49
9-. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE En xeral , neste centro, en aplicación da LOE e como resposta os diferentes problemas que se van detectando, a atención á diversidade basease na aplicación de medidas ordinarias de reforzo educativo compaxinando as saídas fora da aula e a actividade nesta. O mesmo ocorre no caso de rapaces con adaptacións curriculares. As actividades están secuenciadas segundo os niveis de dificultade, de maneira que faciliten a adquisición das competencias básicas a todos os alumnos. En todos os apartados da unidade propóñense actividades de reforzo e de ampliación segundo as necesidades do alumno/a. Pódense identificar porque van acompañadas dunhas iconas especiais. Úsanse outras iconas para identificar actividades de debate, actividades TIC (uso das tecnoloxías da información e da comunicación)... Material complementario, dirixido ao profesor/a, conta con máis recursos específicos de reforzo e de ampliación. Estes materiais ofrécense do seguinte xeito: • Reforzo: Fichas fotocopiables con actividades para traballar a aprendizaxe dos contidos mínimos do curso e facilitar ao alumno/a que o requira a adquisición das competencias básicas. • Ampliación: Fichas fotocopiables con actividades de maior dificultade na súa con resolución, no tratamento doutros contidos relacionados cos do ciclo... Co obxectivo de facilitar o traballo cos alumnos con máis dificultades neste curso contamos cun agrupamento específico.
10-. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Visita ó Castro de Viladonga e o museo de Vilalba- 1º ou 2º trimestre Visita a Lugo, museo arqueolóxico e muralla.- 2º trimestre
O longo do curso poderían organizarse outras actividades .
11. PLAN LECTOR e fomento da expresión oral e escrita No curso 2008-2009, aprobouse neste centro o Plan lector.Tendo en conta que integra tódalas intervencións do centro para o fomento da lectura, da escritura e das habilidades informáticas, tódalas actividades encamiñadas a obter a competencia en comunicación lingüística, tratamento da información e a competencia dixital , competencia cultural e artística e a competencia e a competencia para aprender a aprender realizadas dende esta materia pasarían a formar parte de dito Plan. Poderiamos citar tódalas actividades de comprensión lectora que se recollen en cada tema para realizar trala lectura e explicación deste á procura do uso dun vocabulario específico da área e da asimilación dos contidos fundamentais desta, a lectura de todo tipo de textos en calquera tipo de soporte, o uso de Internet para determinadas buscas así como da biblioteca escolar.
Lectura: Lectura de textos continuos: narrativos, descritivos, instrutivos, argumentativos, expositivos, con actividades de prelectura, durante lectura e poslectura (anticipar, predicir, inferir a partir do título do texto, do recurso dixital, das imaxes…). Lectura comprensiva de fontes escritas históricas e xeográficas, tanto primarias como secundarias.
50
Lectura doutros tipos de documento: formulario, anuncio, gráfica, mapa... Textos en soporte dixital (Internet e aplicacións informáticas, lectura en pantalla). Lectura en alto. Utilización do dicionario como instrumento de localización do vocabulario descoñecido.
Expresión: Composicións e escritos de tipoloxía diversa seguindo unhas pautas e prestando atención á presentación e á ortografía. Participación oral en actividades grupais e preparación de debates, coloquios, faladoiros... Expresión oral e escrita en razoamentos, actividades e traballos individuais, actividades en grupo... Exposición oral das aprendizaxes, utilizando un vocabulario preciso, acompañada ou non de imaxes. Expresión escrita en soporte papel e en pantalla. Os alumnos deben realizar unha lectura obrigatoria á longo do curso, que acompañada da realización dun traballo sobre o libro será valorada cun máximo dun punto na avalición correspondente. Nesta idea de fomento da lectura ademais da lectura obrigatoria presentarase ó alumnado unha selección de libros de lectura voluntaria que serán valorados na nota do alumno.
12-. TRATAMENTO DE FOMENTO DAS TIC O recurso as novas tecnoloxías terá unha presenza constante no que a recursos didácticos se refire coa utilización do canón para proxectar material de apoio . Así mesmo sempre que se considere oportuno estarán presentes cando se trate de buscar, obter e seleccionar información do ámbito, de fontes escritas, iconográficas e audiovisuais. Dende o curso 2010-2011 este centro participa no Proxecto Abalar, e polo tanto os cursos de 1º ESO utilizarán o portatil nas aulas. Así o uso das TIC será algo habitual ó longo do curso. Para incorporar as TIC na aula poderanse utilizar unha serie de recursos integrados cos contidos e actividades de Ciencias Sociais, que complementan e amplían. Busca de información
Utilización de bibliotecas, xa sexan físicas ou virtuais; uso de Internet: busca guiada de información mediante buscadores e consulta de enderezos web específicos; utilización de dicionarios, tradutores dixitais e enciclopedias virtuais; consulta de diarios e revistas en formato dixital... Selección de información Exposición ao alumno/a de cales son os criterios de selección de información: que páxinas web son as máis adecuadas e fiables, como se debe ordenar a información obtida... Tratamento da información e Proposta de redacción de traballos e de textos de carácter propio, produción de textos relacionados cos distintos aspectos da materia, mediante procesadores de texto, e o uso de correctores ortográficos para a revisión final. Cazas do tesouro Proposta de busca de información por medio da web. Formulación dunha serie de preguntas e unha gran pregunta (actividade máis elaborada). Para respondelas, o alumno/a debe buscar información por Internet nas páxinas webs indicadas ou noutras. Animacións Explicación de contidos de índole moi diversa (conceptos,
51
Actividades interactivas
Presentacións Proxectos
procedementos...) por medio de imaxes animadas e textos. O alumno/a responde seleccionando a opción adecuada, clasificando elementos de diferentes grupos ou situándoos na súa posición correcta… Ao finalizar, o programa informa dos acertos e erros, e dáse a oportunidade de corrixilos (aplicables no encerado dixital Interactivo). Traballos multimedia, presentacións creativas de textos, esquemas, realización de diapositivas... Proposta de: • Unha busca de información mediante a web. Formulación dunha serie de actividades de investigación orientadas a un produto final. Para realizalas, o alumno/a debe buscar información por Internet nas páxinas webs indicadas (aprendizaxe por investigación). • Utilización de procesadores de texto para redactar, organizar, almacenar, imprimir e presentar documentos diversos, aproveitando todas as súas ferramentas: tipos de formato, inserción de imaxes e gráficos, correctores ortográficos e gramaticais... • Uso de programas que lle permiten ao alumno/a realizar exposicións e presentacións (Power Point, ou similares), como traballos multimedia, presentacións creativas de textos, esquemas, ou realización de diapositivas, facilitando a creatividade e a interactividade do alumno/a.
13-. ENSINANZAS TRANVERSAIS O carácter integral do currículo implica que se deben incorporar nas diferentes materias elementos educativos básicos contidos nas ensinanzas transversais. Deseguido, e de forma moi breve, presentamos como se incorporaron as ensinanzas transversais na materia de Ciencias Sociais. Educación moral e cívica Considerar os códigos éticos máis aló dun código normativo social ou relixioso, e advertir da necesidade de elaborar criterios morais propios, razoados, solidarios e non suxeitos a meras esixencias externas. Desenvolver estruturas universais de xuízo moral que permitan a adopción de principios, tales como a xustiza e a solidariedade. Coñecer os sistemas éticos e morais máis relevantes, actuais e do pasado, que teñen unha incidencia na sociedade actual. Recoñecer nos dilemas actuais da humanidade a súa razón ética e moral. Analizar conflitos de valores e elaborar estratexias de solución baseadas no diálogo e no respecto. Discutir dilemas morais utilizando razoamentos non absolutos, abertos ao diálogo e á aceptación doutros puntos de vista. Educación para a paz Revisar o concepto de paz, máis aló da visión occidental herdada da idea de pax romana (ausencia de conflitos bélicos entre Estados), considerándoo non como antítese da guerra senón como un concepto oposto a outro máis amplo, o de violencia, que inclúe a guerra como unha forma de violencia organizada. Revisar o concepto de conflito, máis aló da súa identificación con algo negativo e violento, para consideralo como un proceso natural e consustancial á existencia humana en sociedade.
52
Analizar conflitos sociais, advertindo os seus compoñentes básicos (persoa, proceso, e problema ou diferenzas esenciais), e relacionalos convenientemente co seu contexto temporal e espacial. Desenvolver as capacidades de toma de decisións e de resolución non-violenta dos conflitos para favorecer o desenvolvemento de condutas pro sociais. Comprender a interdependencia mundial entre os países e a mundialización dos problemas sociais para advertir o seu complexidade. Coñecer o contido básico da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a súa historia e a súa razón de ser na sociedade actual. Formar unha identidade universal desde o respecto e a afirmación da diferenza de etnias e culturas. Desenvolver a solidariedade entre os pobos, mediante o estudo e a valoración dos desequilibrios socioculturais e económicos entre os Estados, especialmente na situación do Terceiro Mundo. Coñecer as bases éticas do sistema democrático e as súas características concretas por medio da análise da Constitución vixente. Desenvolver competencias dialogantes que predispoñan ao acordo xusto e á participación democrática. Tomar decisións individuais ante un conflito, tendo en conta os puntos de vista e as necesidades de todos os implicados. Desenvolver na vida cotiá comportamentos coherentes cos principios e normas que se defendan verbalmente. Educación para a igualdade de oportunidades entre os sexos Comprender a diferenza entre sexo e xénero: o primeiro, como categoría biolóxica, e o segundo, como construción sociocultural que define as diferenzas emocionais e intelectuais, os comportamentos e os roles masculinos e femininos que cada sociedade asigna a mulleres e homes. Estudar os fenómenos e procesos sociais, incorporando a economía doméstica e a historia do papel da muller, e incluír o feminismo entre os proxectos éticos contemporáneos. Recoñecer os sesgos sexistas que se atopan nas interpretacións dos feitos sociais e na propia documentación. Incorporar nos traballos unha visión non sexista e adoptar, na vida escolar, familiar e social, actitudes a favor da igualdade entre ambos sexos. Participar nun intercambio de papeis fluído cos compañeiros da aula en situacións de traballo grupal, e favorecer a participación das alumnas nos debates e tomas de decisións para evitar situacións de discriminación sexista. Facilitarase, deste xeito, desde a propia actividade da aula, o establecemento dunhas relacións máis xustas e equilibradas entre as persoas. Educación para a saúde e a calidade de vida Considerar a saúde como estado de benestar (físico, psíquico e social) ao que todo ser humano ten o dereito de aspirar para poder gozar dunha mellor calidade de vida. Coñecer, desde unha perspectiva histórica e xeográfica, a ampla gama de hábitos culturais distintos en relación á alimentación, á hixiene e ás enfermidades, e observar a súa diversidade, así como a súa evolución ao longo da historia da humanidade. Coñecer as consecuencias individuais e colectivas de hábitos alimentarios inadecuados e costumes desfavorables, para conservar un bo estado de saúde, e rexeitar as pautas de comportamento que non conducen á adquisición dun benestar xeral. Reflexionar sobre os propios hábitos e aplicar na vida cotiá, no contorno familiar e no comunitario os hábitos culturais que potencien unha mellor saúde e calidade de vida. Educación para o lecer Comprender o lecer desde unha perspectiva histórica como unha conquista social que se deriva da diminución da carga laboral e da disposición de máis tempo libre.
53
Comprender o lecer como unha realidade actual que se desprende da repartición do traballo e do aumento obrigatorio das horas libres. Potenciar na vida cotiá o acceso aos mundos da información: cine, vídeo, libros, multimedia..., proporciándolle ao individuo unha panorámica máis ampla do mundo no que vive. Recoñecer no lecer as posibilidades de gozo, tanto individual coma colectivo, da natureza, do contorno, da cultura, da ciencia... Reflexionar e actuar no tempo de lecer respectando o medio natural e social no que se vive. Comprender e valorar a necesidade de dispoñer de tempo libre que permita a realización de actividades que supoñan un enriquecemento persoal e unha colaboracióna activa cos membros da comunidadade. Educación do consumidor Adquirir conciencia de consumidor e actuar en consecuencia, sendo consciente dos dereitos e responsabilidades desta figura. Coñecer a existencia e o contido básico da lei para a defensa dos consumidores e usuarios. Desenvolver habilidades e criterios para a toma de decisións e actuar como consumidor responsable, instando á fabricación de produtos cada vez máis duraderos, menos contaminantes e de fácil reciclaxe. Confeccionar orzamentos e elaborar estratexias para favorecer o aforro e a xestión máis adecuada dos recursos nos ámbitos familiar, local, galega e estatal. Educación ambiental Comprender o medio como sistema e advertir a importancia da interrelación e mutua dependencia dos elementos naturais e humanos. Adquirir un dominio das escalas temporais e espaciais suficientemente amplo como para poder tomar conciencia das consecuencias a curto e longo prazo de calquera intervención no medio. Afondar no coñecemento do medio, facendo especial énfase nas nocións de enerxía, equilibrio, crecemento, economía, orde, cooperación... Analizar as manifestacións da intervención humana desde o punto de vista da súa incidencia no medio. Adquirir unha visión histórica da evolución da actividade humana e a súa repercusión ambiental, especialmente ligada á obtención e xestión da enerxía. Analizar os problemas ambientais baixo un esquema multifactorial e contextualizado, evitando interpretacións excesivamente xeneralizadoras e posicións dogmáticas. Abordar problemas referidos ao contorno formulando posibles estratexias de solución. Saber desenvolver estudos ambientais mediante a obtención, selección, tratamento e comunicación adecuada da información. Defender a necesidade de cooperación social en relación coa xestión ambiental, a nivel local, galego, nacional e internacional, e adoptar unha actitude de colaboración activa. Educación sexual Considerar a sexualidade tanto na súa dimensión biolóxica como emocional e social, apreciando os papeis feminino e masculino no exercicio da sexualidade como actividade de plena comunicación entre as persoas. Realizar tarefas en grupo, presentando unha actitude crítica, respectuosa e tolerante coa diversidade de opinións e de opcións, onde se aplique o diálogo como vía necesaria para a solución dos problemas humanos. Educación viaria Comprender a organización do territorio e o espazo urbano en interacción coas redes de comunicación e transporte. Desenvolver hábitos de conciencia cidadá en relación coa circulación e os riscos que comporta; valorar a importancia do respecto das normas e sinais de tráfico e interpretar o seu significado. Comportarse de xeito responsable na condución de vehículos, especialmente motocicletas e ciclomotores.
54
14. CONTRIBUCIÓN Ó PLAN DE CONVIVENCIA.
A través da materia intentarase: Contribuír ao labor de concienciación sobre a importancia dunha axeitada convivencia escolar que permita unha mellor relación ensinanza-aprendizaxe. Detectar o antes posible conflitos que poidan xurdir nas aulas para resolvelos de maneira pacífica. Motivar ao alumnado para que comece a interiorización da cultura do diálogo e a mediación. Fomentar o respecto entre todos os membros da comunidade e a integración de todos os alumnos/as no centro. Fomentar a realización de actividades que potencien o respecto á diversidade.
15-. SISTEMA PARA A ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PREVIOS
Cuestonario nos primeiros dias de clase con preguntas e actividades sobre contidos básicos da materia Incentivar a participación nos primeiros dias de clase para observar as intervencións dos alumnos sobre cuestións planteadas polo profeor ou polos textos.
16-. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN. Ao finalizar o curso en xuño, o departamento elaborará unha memoria final onde se recollerán os seguintes puntos en relación a esta materia: Porcentaxe do cumprimento da programación. Xustificacións da parte da programación non impartida. Modificacións introducidas durante o curso en relación coa programación didáctica. Motivos das modificación feitas. Propostas de melloras para a programación didáctica do próximo curso. Análise dos resultados das avaliacións do alumnado en relación cos cursos anteriores
17-. INFORMACIÓN O ALUMNADO
O profesor responsable da materia informará en cada curso dos aspector máis destacados desta programación especialmente dos que atinxen a criterios de avaliación, procedemenos de avalición, criterios de cualificación, actiividades complementarias e actividades de recuperación e reforzo. De igual xeito darase a maior publicidade posible a estes apartados a través da páxina web do centro e/ou do blog do profesor A programación completa publicarase na páxina WEB do centro para que toda a comunidade educativa poida acceder a súa consulta.
55