Soc e cidadania 1

Page 1

PROGRAMACIÓN

SOCIEDADE E CIDADANIA I

PCPI

CURSO 2013-2014 IES “POETA DÍAZ CASTRO”. GUITIRIZ


ÍNDICE 1-. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS: 2-. OBXECTIVOS 3-. CONTIDOS 4-. METODOLOXÍA, MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS 5-. CRITERIO DE AVALIACIÓN 6-. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN 7-. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN 7-. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES 8-. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO 9-.. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 10-. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES 11. PLAN LECTOR 12-. TRATAMENTO DE FOMENTO DAS TIC 13-. ENSINANZAS TRANVERSAIS 14. CONTRIBUCIÓN Ó PLAN DE CONVIVENCIA. 15-. SISTEMA PARA A ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PREVIOS 16-. PROCEDEMENTO PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN 17-. INFORMACIÓN O ALUMNADO


1-. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS: Na actualidade, existe alumnado de educación secundaria obrigatoria con dificultades ou desfases na súa aprendizaxe que poden pór en risco o alcance das competencias básicas e dos obxectivos previstos e, como consecuencia, a obtención da titulación correspondente. Malia tales dificultades, este alumnado posúe capacidades que cómpre potenciar a través de medidas educativas específicas para poder finalizar a súa escolarización en condicións de desenvolvemento persoal e inclusión social satisfactorias, sen as cales probablemente teña que afrontar unha situación laboral de precariedade debido á falta de cualificación e de titulación. Para este alumnado establécense os programas de cualificación profesional inicial. O horizonte último dos programas de cualificación profesional inicial é o desenvolvemento das competencias básicas. Como é lóxico, o ámbito contribúe dun xeito decisivo ao logro das seguintes competencias: a) Competencia social: a través do coñecemento da organización e da evolución das sociedades. O estudo da xeografía e da historia resulta fundamental para o desenvolvemento da competencia social e cidadá, xa que facilita a comprensión da realidade social e as relacións dentro dun modelo de sociedade cada vez máis plural; de sentimentos de pertenza á sociedade en que vive, mediante o estudo dos trazos que a caracterizan; desenvolvemento da empatía, da capacidade de poñerse no lugar do outro, mediante a análise das actividades humanas no presente e no pasado; da capacidade de diálogo para a análise dos problemas presentes e pasados da sociedade e a súa proxección sobre os problemas reais que deben encarar as persoas na súa propia vida; desenvolvemento de metodoloxías participativas, interactivas e dialóxicas, que propicien habilidades para participar na vida cívica, para asumir os valores democráticos e para o cumprir os deberes propios. b) Competencia no tratamento da información ecompetencia dixital: O uso de técnicas de observación e análise para extraer información directamente da paisaxe., de fontes documentais escritas, gráficas e audiovisuais, das tecnoloxías da información como fonte de información escrita, icónica e musical, da linguaxe cartográfica, uso de programas informáticos adecuados para expresar a información obtida mediante informes, presentacións, etc, uso das TIC como instrumento de comunicación, inclusión e cohesión entre grupos étnica e culturalmente distintos. c) Competencia en comunicación lingüística: a través de todos os ámbitos de coñecemento, porque a linguaxe é o vehículo imprescindible para a transmisión dos saberes, a súa apropiación e expresión. Pero o ámbito social contribúe a ela de modo significativo mediante o uso dun vocabulario propio e o dominio das habilidades de ler e escribir diferentes tipos de textos, que resultan fundamentais como elementos de información social e histórica. Aposta en xogo de habilidades para a comunicación verbal en grupo, mediante técnicas de diálogo e discusión, de toma de decisións. Debater en serio esixe exercitarse na escoita, na exposición e a argumentación e para iso é necesario verbalizar os conceptos, facer explícitas as ideas, formar os xuízos e estruturalos de forma coherente. O uso dunha linguaxe non discriminatoria pola orixe, xénero ou calquera outra circunstancia. A utilización e a comprensión da información oral e escrita, integrándoa nos esquemas previos de coñecemento. d) Competencia matemática: mediante o uso, para a análise da interacción do home co medio e das relacións económicas,de operacións aritméticas, porcentaxes, proporcións, nocións estatísticas básicas na descrición e análise dos fenómenos xeográficos, económicos e históricos. Uso de escalas numéricas, gráficas e proporcións. e) Competencia para aprender a aprender: favorécese desde o ámbito social mediante a presentación de problemas reais que nos afectan como cidadáns e a busca de solucións realistas para eles. A adquisición da capacidade de aprender de xeito autónomo, desenvolvendo ferramentas que a faciliten e buscando respostas que se correspondan cun


coñecemento racional. A formalización de técnicas para extraer información directamente da observación da paisaxe e de fontes documentais. O desenvolvemento de estratexias que axudan ao grupo a formular problemas, discutilos e alcanzar conclusións. Elaboración de valoracións persoais e conclusións razoadas: establecemento de relacións entre feitos diversos, explicación causal dos fenómenos. f) Competencia para a autonomía persoal: mediante a aclaración de actitudes e sentimento propios.O desenvolvemento da autoestima e da seguridade persoal. A aceptación das diferenzas de actitudes e valores e a asunción do propio rol dentro dos grupos a que se pertence.Desenvolvemento da toma responsable de decisións relacionadas coa dimensión persoal, social ou profesional. Participación activa na xestión dos asuntos públicos. Coñecemento de estratexias para a inserción no mundo laboral, información sobre os seus dereitos e aspectos básicos das relacións laborais. Elaboración e aplicación de estratexias persoais baseadas na información de carácter xeográfico, histórico ou sociolóxico para resolver situacións problemáticas e conflitivas. Participación activa e creativa na xestión e a mellora dos espazos públicos, para defender e proteger o patrimonio cultural, artístico, natural e inmaterial.

2-. OBXECTIVOS • Coñecer e valorar as características organizativas, sociais e culturais fundamentais • do contorno. • Coñecer e valorar os principais trazos das organizacións sociais e culturais do Estado. • Coñecer as características da sociedade democrática e tomar conciencia da necesidade de participación, con recoñecemento dos dereitos e dos deberes da cidadanía. • Coñecer as principias institucións supranacionais: unión Europea e organismos internacionais. • Coñecer e analizar os problemas sociais do mundo actual. 3-. CONTIDOS • Os continentes, mares, relevo, costas, ríos e lagos destacados da Terra. • Os mares, relevo, costas, ríos e lagos de Europa. • A situación de España en Europa. • relevo e as costas de España. • O medio físico de Galicia: relevo, ríos, clima e paisaxes. • Os Estados do mundo. • As funcións do Estado. • O Estado de benestar. • Os Estados democráticos: participación dos cidadáns, separación de poderes e Estado de dereito. • As ditaduras. • Os indicadores do desenvolvemento. • • • • • •

Países desenvolvidos e países subdesenvolvidos. Os principais contrastes económicos e sociais entre os países desenvolvidos e os países subdesenvolvidos. As causas do subdesenvolvemento e formas de frear o subdesenvolvemento. O consumo responsábel. As Migracións. Conflitos do mundo actual.


• • • • • • • •

Coñecemento da organización social de Galicia. Institucións e servizos públicos da Comunidade. Coñecemento da organización do Estado español. O sistema das autonomías. O Sistema democrático: participación cidadá; dereitos e deberes; a Constitución e o Estatuto de autonomía. Galicia e España en Europa. Organismos internacionais. Política de cooperación. Coñecemento doutros modelos sociopolíticos actuais. Desequilibrios e conflitos no mundo actual. A acción humana como causa e efecto dos problemas. A globalización. O compromiso persoal. A violencia como defecto da sociedade: violencia entre pobos e violencia de xénero. Desenvolvemento e consumo. Consumo responsable. Educación viaria: normas de seguridade e condución responsable.

4-. METODOLOXÍA, MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS Actividades de presentación-motivación: Para introducir ao alumnado no tema que se aborda e espertar o seu interese sobre os contidos da unidade , poderá establecerse un pequeno debate a partir dalgún artigo de prensa, noticia de actualidade, etc .., relacionado co tema a tratar, realizar unha tormenta de ideas con preguntas abertas ou analizar e comentar un vídeo relacionado co tema. Actividades de avaliación de coñecementos previos: Para obter información acerca de que saben e que procedementos, destrezas e habilidades teñen desenvolvidas os/as alumnos/as sobre un tema concreto, pode realizarse unha tormenta de ideas sobre os principais conceptos da unidade, ou un “test de coñecementos previos” co que o/a profesor/a pode facerse unha idea de cada alumno/a e da clase en xeral. Non se trata de poñer nota ao alumnado, senón de proporcionar ao/á profesor/a a información que necesita para favorecer aprendizaxes significativas e funcionais. Actividades de consolidación: Para que os/as alumnos/as contrasten as novas ideas coas previas e apliquen as novas aprendizaxes, realizarán actividades nas que se traballarán tanto os contidos conceptuais, como os procedementais e actitudinais. Actividades de síntesis-resumen: Para que o alumnado estableza a relación entre os distintos contidos aprendidos, así como contrastalos cos que xa tiñan, poden elaborar mapas conceptuais sobre os contidos da unidade ou elaborar un resume . Actividades de reforzo: Para aqueles/as alumnos/as que non alcancen os obxectivos ou que teñen un ritmo de aprendizaxe máis lento deseñaranse actividades destinadas a desenrolar os contidos de reforzo. Nos distintos temas non será necesario empregar todas estas actividades, senón que haberá que axustalas ás características dos contidos e obxectivos a tratar, e ás características do alumnado

5-. CRITERIO DE AVALIACIÓN MÍNIMOS ESIXIBLES PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA. • • • • •

Localizar no mapa as grandes unidades do relevo. Localizar os macizos e montañas de Europa e coñecen como son os seus relevos. Localizar no mapa as costas, os ríos e as unidades de relevo de Europa, Galicia e España. Definir as diferentes formas do relevo e identificalas Localizar os países de Europa e América e algúns de Asia e áfrica


• • • • • • • • • • • •

• • • • • •

Recoñecer as principais competencias e funcións do Estado Eestablecer as diferenzas entre Estados democráticos e non-democráticos. Identificar e localizar os países que forman parte da UE. Comprobar que saben o que é unha monarquía parlamentaria e coñecen as funcións e a composición das distintas institucións do Estado español e do Estatuto de Autonomía de Galicia. Identificar e localizar as Comunidadades Autónomas coas súas provincias e capitais que forman parte do Estado Español. Identificar e localizar as provincias, capitais e cidades e vilas destacadas que forman parte da Comunidade Autónoma de Galicia. Definir os indicadores de desenvolvemento humano e son conscientes do desigual nivel de riqueza entre países como consecuencia da globalización. Observar se saben argumentar as súas propostas para reducir a pobreza no mudo. Distinguir os recursos renovables dos non renovables. Identificar os axentes responsables da contaminación da auga e coñecen as causas e as consecuencias da deforestación. Verficar que comprenderon a necesidade de respectar as normas de circulación. Utiliza fontes diversas (gráficos, esbozo, mapas temáticos, bases de datos, imaxes, fontes escritas) para obter, relacionar e procesar información sobre feitos sociais e comunicar as conclusións de forma organizada e intelixible empregando para isto as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da información e a comunicación. Elaboración de notas, resumos ou esquemas a partir de información escrita e oral. Obtér información dun gráfico. Obter información de gráficos estatísticos de poboación. Utilizar o atlas para localizar informacións no espazo Orde, limpeza e estructura dos traballos presentados Corrección na escritura

6-. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN • Probas escritas. Adecuadas sobre todo para avaliar contidos conceptuais e procedimentais. Este tipo de probas debe ser moi variada, en función do tipo de contidos que se quer avaliar. Débense buscar probas adecuadas a metodoloxía usada na aula e que non busquen tanto unha repetición dos contidos asimilados como a resolución de problemas e conflictos mediante o uso deses conceptos e procedementos. Sen embargo para certos contidos propios da asinatura isto resulta bastante difícil. Nas probas escritas presentaranse ao alumnado: Mapas. Imaxes relacionadas con aspectos tratados na unidade. Feitos e conceptos para relacionar correctamente. Termos para ser definidos. Preguntas que o alumnado debe contestar a partir da información obtida na aula e n os materiais (libro, presentacións etc) Nas valoración das probas escritas terase en conta tamén Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar. Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado. Ortografía correcta


• Observación sistemática do traballo do alumno na aula (traballo en equipo, intervencións en clase, participación, actitude cos compañeiros, debates, etc). É un instrumento básico, sobre todo a hora de avaliar contidos actitudinais (respecto ós dereitos dos demais, constancia e tenacidade no traballo, atención, observación e participación na clase, traballo en grupo) e procedimentais (elaboración de estratexias para resolver problemas, etc). A recollida da información pódese realizar de diferentes formas empregando unhas ou outras segundo os contidos que se traballen: escalas de observación, diario de clase, rexistro anecdótico, etc.Terase especialmente en conta as intervencións do alumnado na aula atendendo a: • Nivel e calidade das intervencións. • Mensaxe estruturado. • Comportamento. • Esforzo. • Interese. • Análise das produccións dos alumnos: pequenas investigacións, traballos en equipo, etc. permite avaliar principalmente contidos procedimentais (estratexias para resolver problemas, elaboración de esquemas, ortografía, redacción, etc). Consideramos que o caderno de clase e o instrumento básico de traballo do alumno e polo tanto un bo instrumento de avaliación. Permite obter información sobre aspectos moi variados: contidos conceptuais (vocabulario), procedimentais (ortografía, redacción, orde, limpeza, gráficos, esquemas, mapas, resumos, etc), actitudinais (constancia no traballo, corrección de erros, etc). Na valoración dos traballos dos alumnos valorarase: • Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar. • Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado. • Utilización de esquemas. • Revisión do traballo antes de dalo por finalizado. • Creatividade. • Uso adecuado e guiado do ordenador e dalgunha ferramenta telemática. • Uso adecuado dos manuais de consulta (enciclopedia, dicionario...) e de Internet. Utilización de Internet, de forma responsable e coa axuda, para buscar información sinxela ou resolver unha actividade. • Correcta selección, interpretación e síntese da información. Entrevista individual e probas orais 7-. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN A nota da avaliación calcularase como sigue de: A) PROBAS ESCRITAS: Relizaranse un mínimo de dous exames escritos por avaliación. Os exames valoraranse sobre 10 puntos. A proba estará superada cunha nota igual ou superior a 5. Os exames farán media sempre e teñan unha nota superior a 3. De non ser así a avaliación estaría suspensa ata a recuperación do exame. As probas escritas supoñen o 50% da nota de avaliación (5 puntos de 10) B) TRABALLO. A este apartado corresponde o 50 % da nota (5 puntos). Neste apartado valórase a correcta realización das tarefas na casa, as lecturas, as exposicións orais, o traballo na aula, a actitude e o comportamento. • Traballos específcos: 20% Pequenas tarefas, investigacións guiadas ou lecturas, etc. O valor concreto de cada traballo pode variar de avaliación en avaliación, pois


• •

non se fan no mesmo número en cada unha delas. Pola correcta realización destes traballo pódese obter un máximo de 2 puntos • Os alumnos deben realizar unha lectura obrigatoria á longo do curso, que acompañada da realización dun traballo sobre o libro será valorada cun máximo dun punto na avalición correspondente. Observación do traballo na aula: 20% realización das tarefas, intervencións e participación: ata 2 punto Actitude e comportamento 10%

Para aprobar a avaliación terá que obterse unha puntuación global igual ou superior a 5 puntos A nota final será a media das tres avaliacións tendo en conta que: • Cando todas as avaliacións teñan unha nota igual ou superior a 5 a materia estará superada e a nota final será media das tres avaliacións • Cunha avaliación suspensa cunha nota non inferior a 4 e unha media das tres avaliacións igual ou superior a 5 a materia considérase aprobada • En caso de ter unha avaliación suspensa cunha nota inferior a 4 a materia está suspensa • En caso de ter dúas ou máis avaliacións suspensas a materia estará suspensa e a nota final será inferior a 5 8. PROGRAMA DE RECUPERACIÓN. A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado será continua, e polo tanto a superación dunha avaliación implicará a recuperación da anterior. Para elo, en cada avaliación intentarase que existan probas escritas que recollan contidos da avaliación anterior, de maneira que se poida valorar a progresión do alumnado na materia. 9. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. Cada alumno e cada alumna é distinto dos demais. Os seus coñecementos, ideas e crenzas previas son distintos; tamén o son as súas capacidades, os seus ritmos de desenvolvemento e de traballo e o seu estilo de aprendizaxe. Atender á diversidade do alumnado é a única alternativa á aprendizaxe non comprensiva de moitos alumnos e alumnas. Se queremos que todos aprendan non podemos pensar que todos saben o mesmo, adquiren as mesmas capacidades, teñen os mesmos intereses ou a mesma maneira de aprender. Atendendo a estas características, procuraremos que a materia de Sociedade permita desenrolar o máximo as capacidades do alumnado que así o demande, e na mesma liña faremos un seguimento o máis personalizado posible co fin de que cada alumno/a desenvolva ó máximo as súas potencialidades. Para iso, cando na aula se detecten casos de alumnos/as que requiran unha atención especial referente ao seu proceso de aprendizaxe ou comportamental, incorporaranse actividades específicas que permitan a adquisición de aprendizaxes a distinto nivel, informando tamén desta situación ao titor ou á titora correspondente. 10-. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES Non se programa ningunha 11. PLAN LECTOR e fomento da expresión oral e escrita No curso 2008-2009, aprobouse neste centro o Plan lector.Tendo en conta que integra tódalas intervencións do centro para o fomento da lectura, da escritura e das


habilidades informáticas, tódalas actividades encamiñadas a obter a competencia en comunicación lingüística, tratamento da información e a competencia dixital , competencia cultural e artística e a competencia e a competencia para aprender a aprender realizadas dende esta materia pasarían a formar parte de dito Plan. Poderiamos citar tódalas actividades de comprensión lectora que se recollen en cada tema para realizar trala lectura e explicación deste á procura do uso dun vocabulario específico da área e da asimilación dos contidos fundamentais desta, a lectura de todo tipo de textos en calquera tipo de soporte, o uso de Internet para determinadas buscas así como da biblioteca escolar. Lectura: • Lectura de textos continuos: narrativos, descritivos, instrutivos, argumentativos, expositivos, con actividades de prelectura, durante lectura e poslectura (anticipar, predicir, inferir a partir do título do texto, do recurso dixital, das imaxes…). • Lectura comprensiva de fontes escritas históricas e xeográficas, tanto primarias como secundarias. • Lectura doutros tipos de documento: formulario, anuncio, gráfica, mapa... • Textos en soporte dixital (Internet e aplicacións informáticas, lectura en pantalla). • Lectura en alto. • Utilización do dicionario como instrumento de localización do vocabulario descoñecido. Expresión: • Composicións e escritos de tipoloxía diversa seguindo unhas pautas e prestando atención á presentación e á ortografía. • Participación oral en actividades grupais e preparación de debates, coloquios, faladoiros... • Expresión oral e escrita en razoamentos, actividades e traballos individuais, actividades en grupo... • Exposición oral das aprendizaxes, utilizando un vocabulario preciso, acompañada ou non de imaxes. • Expresión escrita en soporte papel e en pantalla. Os alumnos deben realizar unha lectura obrigatoria á longo do curso, que acompañada da realización dun traballo sobre o libro será valorada cun máximo dun punto na avalición correspondente. Nesta idea de fomento da lectura ademais da lectura obrigatoria presentarase ó alumnado unha selección de libros de lectura voluntaria que serán valorados na nota do alumno.

12- TRATAMENTO DE FOMENTO DAS TIC O recurso as novas tecnoloxías terá unha presenza constante no que a recursos didácticos se refire coa utilización do canón para proxectar material de apoio . Así mesmo sempre que se considere oportuno estarán presentes cando se trate de buscar, obter e seleccionar información do ámbito, de fontes escritas, iconográficas e audiovisuais. Na medida do posible as clase impartiranse nun aula onde o alumnado poida dispor individualmente de ordenadores. Poderan reaalizarse actividades como:

Busca de información

Utilización de bibliotecas, xa sexan físicas ou virtuais; uso de Internet: busca guiada de información mediante buscadores e consulta de enderezos web específicos; utilización de dicionarios, tradutores dixitais e enciclopedias virtuais; consulta de diarios e revistas en


formato dixital... Exposición ao alumno/a de cales son os criterios de selección de información: que páxinas web son as máis adecuadas e fiables, como se debe ordenar a información obtida... Tratamento da información e Proposta de redacción de traballos e de textos de carácter produción de textos propio, relacionados cos distintos aspectos da materia, mediante procesadores de texto, e o uso de correctores ortográficos para a revisión final. Cazas do tesouro Proposta de busca de información por medio da web. Formulación dunha serie de preguntas e unha gran pregunta (actividade máis elaborada). Para respondelas, o alumno/a debe buscar información por Internet nas páxinas webs indicadas ou noutras. Animacións Explicación de contidos de índole moi diversa (conceptos, procedementos...) por medio de imaxes animadas e textos. Actividades interactivas O alumno/a responde seleccionando a opción adecuada, clasificando elementos de diferentes grupos ou situándoos na súa posición correcta… Ao finalizar, o programa informa dos acertos e erros, e dáse a oportunidade de corrixilos (aplicables no encerado dixital Interactivo). Presentacións Traballos multimedia, presentacións creativas de textos, esquemas, realización de diapositivas... Proxectos Proposta de: • Unha busca de información mediante a web. Formulación dunha serie de actividades de investigación orientadas a un produto final. Para realizalas, o alumno/a debe buscar información por Internet nas páxinas webs indicadas (aprendizaxe por investigación). • Utilización de procesadores de texto para redactar, organizar, almacenar, imprimir e presentar documentos diversos, aproveitando todas as súas ferramentas: tipos de formato, inserción de imaxes e gráficos, correctores ortográficos e gramaticais... • Uso de programas que lle permiten ao alumno/a realizar exposicións e presentacións (Power Point, ou similares), como traballos multimedia, presentacións creativas de textos, esquemas, ou realización de diapositivas, facilitando a creatividade e a interactividade do alumno/a. Selección de información

13-. ENSINANZAS TRANVERSAIS O carácter integral do currículo implica que se deben incorporar nas diferentes materias elementos educativos básicos contidos nas ensinanzas transversais. Deseguido, e de forma moi breve, presentamos como se incorporaron as ensinanzas transversais na materia de Ciencias Sociais. Educación moral e cívica Considerar os códigos éticos máis aló dun código normativo social ou relixioso, e advertir da necesidade de elaborar criterios morais propios, razoados, solidarios e non suxeitos a meras esixencias externas. Desenvolver estruturas universais de xuízo moral que permitan a adopción de principios, tales como a xustiza e a solidariedade.


Coñecer os sistemas éticos e morais máis relevantes, actuais e do pasado, que teñen unha incidencia na sociedade actual. Recoñecer nos dilemas actuais da humanidade a súa razón ética e moral. Analizar conflitos de valores e elaborar estratexias de solución baseadas no diálogo e no respecto. Discutir dilemas morais utilizando razoamentos non absolutos, abertos ao diálogo e á aceptación doutros puntos de vista. Educación para a paz Revisar o concepto de paz, máis aló da visión occidental herdada da idea de pax romana (ausencia de conflitos bélicos entre Estados), considerándoo non como antítese da guerra senón como un concepto oposto a outro máis amplo, o de violencia, que inclúe a guerra como unha forma de violencia organizada. Coñecer o contido básico da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a súa historia e a súa razón de ser na sociedade actual. Formar unha identidade universal desde o respecto e a afirmación da diferenza de etnias e culturas. Desenvolver a solidariedade entre os pobos, mediante o estudo e a valoración dos desequilibrios socioculturais e económicos entre os Estados, especialmente na situación do Terceiro Mundo. Coñecer as bases éticas do sistema democrático e as súas características concretas por medio da análise da Constitución vixente. Desenvolver competencias dialogantes que predispoñan ao acordo xusto e á participación democrática. Tomar decisións individuais ante un conflito, tendo en conta os puntos de vista e as necesidades de todos os implicados. Desenvolver na vida cotiá comportamentos coherentes cos principios e normas que se defendan verbalmente. Educación para a igualdade de oportunidades entre os sexos Comprender a diferenza entre sexo e xénero: o primeiro, como categoría biolóxica, e o segundo, como construción sociocultural que define as diferenzas emocionais e intelectuais, os comportamentos e os roles masculinos e femininos que cada sociedade asigna a mulleres e homes. Estudar os fenómenos e procesos sociais, incorporando a economía doméstica e a historia do papel da muller, e incluír o feminismo entre os proxectos éticos contemporáneos. Recoñecer os sesgos sexistas que se atopan nas interpretacións dos feitos sociais e na propia documentación. Incorporar nos traballos unha visión non sexista e adoptar, na vida escolar, familiar e social, actitudes a favor da igualdade entre ambos sexos. Participar nun intercambio de papeis fluído cos compañeiros da aula en situacións de traballo grupal, e favorecer a participación das alumnas nos debates e tomas de decisións para evitar situacións de discriminación sexista. Facilitarase, deste xeito, desde a propia actividade da aula, o establecemento dunhas relacións máis xustas e equilibradas entre as persoas. Educación para a saúde e a calidade de vida Considerar a saúde como estado de benestar (físico, psíquico e social) ao que todo ser humano ten o dereito de aspirar para poder gozar dunha mellor calidade de vida. Coñecer, desde unha perspectiva histórica e xeográfica, a ampla gama de hábitos culturais distintos en relación á alimentación, á hixiene e ás enfermidades, e observar a súa diversidade, así como a súa evolución ao longo da historia da humanidade. Coñecer as consecuencias individuais e colectivas de hábitos alimentarios inadecuados e costumes desfavorables, para conservar un bo estado de saúde, e rexeitar as pautas de comportamento que non conducen á adquisición dun benestar xeral.


Reflexionar sobre os propios hábitos e aplicar na vida cotiá, no contorno familiar e no comunitario os hábitos culturais que potencien unha mellor saúde e calidade de vida. Educación do consumidor Adquirir conciencia de consumidor e actuar en consecuencia, sendo consciente dos dereitos e responsabilidades desta figura. Coñecer a existencia e o contido básico da lei para a defensa dos consumidores e usuarios. Desenvolver habilidades e criterios para a toma de decisións e actuar como consumidor responsable, instando á fabricación de produtos cada vez máis duraderos, menos contaminantes e de fácil reciclaxe. Confeccionar orzamentos e elaborar estratexias para favorecer o aforro e a xestión máis adecuada dos recursos nos ámbitos familiar, local, galega e estatal. Educación ambiental Comprender o medio como sistema e advertir a importancia da interrelación e mutua dependencia dos elementos naturais e humanos. Adquirir un dominio das escalas temporais e espaciais suficientemente amplo como para poder tomar conciencia das consecuencias a curto e longo prazo de calquera intervención no medio. Afondar no coñecemento do medio, facendo especial énfase nas nocións de enerxía, equilibrio, crecemento, economía, orde, cooperación... Analizar as manifestacións da intervención humana desde o punto de vista da súa incidencia no medio. Adquirir unha visión histórica da evolución da actividade humana e a súa repercusión ambiental, especialmente ligada á obtención e xestión da enerxía. Analizar os problemas ambientais baixo un esquema multifactorial e contextualizado, evitando interpretacións excesivamente xeneralizadoras e posicións dogmáticas. Abordar problemas referidos ao contorno formulando posibles estratexias de solución. Saber desenvolver estudos ambientais mediante a obtención, selección, tratamento e comunicación adecuada da información. Adoptar na vida cotiá unhas actitudes coherentes coa defensa do medio. Defender a necesidade de cooperación social en relación coa xestión ambiental, a nivel local, galego, nacional e internacional, e adoptar unha actitude de colaboración activa.

Educación viaria Comprender a organización do territorio e o espazo urbano en interacción coas redes de comunicación e transporte. Analizar as causas dos accidentes, normas de circulación e problemas ambientais relacionados co uso de todo tipo de vehículos. Desenvolver hábitos de conciencia cidadá en relación coa circulación e os riscos que comporta; valorar a importancia do respecto das normas e sinais de tráfico e interpretar o seu significado. Comportarse de xeito responsable na condución de vehículos, especialmente motocicletas e ciclomotores.


14. Contribución ó plan de convivencia. • • • • • •

A través da materia intentarase: Contribuír ao labor de concienciación sobre a importancia dunha axeitada convivencia escolar que permita unha mellor relación ensinanza-aprendizaxe. Detectar o antes posible conflitos que poidan xurdir nas aulas para resolvelos de maneira pacífica. Motivar ao alumnado para que comece a interiorización da cultura do diálogo e a mediación. Fomentar o respecto entre todos os membros da comunidade e a integración de todos os alumnos/as no centro. Fomentar a realización de actividades que potencien o respecto á diversidade.

15-. SISTEMA PARA A ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PREVIOS • •

Cuestonario nos primeiros dias de clase con preguntas e actividades sobre contidos básicos da materia Incentivar a participación nos primeiros dias de clase para observar as intervencións dos alumnos sobre cuestións planteadas polo profeor ou polos textos.

16-. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN. Ao finalizar o curso en xuño, o departamento elaborará unha memoria final onde se recollerán os seguintes puntos en relación a esta materia: • Porcentaxe do cumprimento da programación. • Xustificacións da parte da programación non impartida. • Modificacións introducidas durante o curso en relación coa programación didáctica. • Motivos das modificación feitas. • Propostas de melloras para a programación didáctica do próximo curso. • Análise dos resultados das avaliacións do alumnado en relación cos cursos anteriores

17-. INFORMACIÓN O ALUMNADO •

• •

O profesor responsable da materia informará en cada curso dos aspector máis destacados desta programación especialmente dos que atinxen a criterios de avaliación, procedemenos de avalición, criterios de cualificación, actiividades complementarias e actividades de recuperación e reforzo. De igual xeito darase a maior publicidade posible a estes apartados a travéss da páxina web do centro e/ou do blog do profesor A programación completa publicarase na páxina WEB do centro para que toda a comunidade educativa poida acceder a súa consulta.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.