”Adicado a todos os que xogan a ser poetas nalgún momento da súa vida”
A MIÑA GRANXA
Os coelliños, hortalizas non queren máis herbiña para hoxe teñen.
Aos gatos cariñosos a leite gústalles bonitos felinos son moi amigables.
Os babosos cans sempre xogando están Eses caninos felices esgotados vivirán.
As abellas zumban mel coas flores farán e as súas fráxiles colmeas doces pastelarías serán.
E todos eles no prado convivirán xuntos vendo o anoitecer pouco a pouco durmirán.
POEMANDO A NADA...
Non penses que me fun. Se algún día visitas a miña escuma, non chores, so imaxina que estou durmindo, visitareite de noite, abrazareite co vento.
Non penses que me fun, porque entón, si estaría morto.
Non penses que me fun. Se algún día visitas a miña sombra, non chores, so imaxina que estou durmindo, apóiate no meu tronco, sente as miñas follas.
Non penses que me fun, porque entón, si estaría morto.
Pensa sempre que estou en ti, que sempre estarei, que te protexerei, que en ti renacerei.
Pero se pasa o tempo e non me sentes, entón si, entón estou morto
POEMANDO A NOITE
A noite caerá e miles de estrelas sairán, estrelas e estrelas onde estarán?
A noite caerá as pantasmas sairán, estrelas e estrelas onde estarán?
A noite caerá e a lúa sairá e moitas estrelas sairán a cantar.
A noite caerá a calma reinará e moitas estrelas sairán a cantar.
A noite caerá
as tormentas durmirán e moitas estrelas sairán a cantar.
A noite caerá
e os nenos a cama irán
- boas noites !
di a nai
A SANTA COMPAÑA
A Santa Compaña ven desde Moaña, dende o cruceiro de Hío ven cunha barquiña.
A Santa Compaña vai pola ría cunha veliña e uns rosarios santa procesión de vivos e mortos.
A Santa Compaña ve aos que están e a os que non están aos que veñen e aos que van.
A Santa Compaña vai polo mar ata Ribadeo onde Galicia morre... e Asturias nace.
Onde acaba o seu camiño... vaise polo aire, como tantos galegos que se foron polo mundo.
POEMANDO ÁRBORES
As árbores son como amigas aínda que non se movan, se che parecen aburridas pensa en que contigo xogan.
As árbores son coma: amor, paz, sentimentos... Se te acercas a elas dálles agradecementos.
Cando ves unha árbore verás que é moi sabia, vella e divertida pola que os cativos escalan.
Por darnos sombra, osíxeno, froitos. Acabarás queréndoas moito, moito, moito.
As árbores son como amigas, se liches este poema ben verás que non son o que por fóra se ve.
Imaxínate a lúa nunha noite escura rodeada de estrelas.
Imaxínate o sol nun día soleado de verán tomando un xeado collidos da man.
Imaxínate nós os dous un pé vén e outro vai pegadas na area que non volverán.
Imaxínate nós os dous vendo as estrelas dende a casa do monte nunha vella cadeira.
Pero nunca te imaxines un dia triste sen min pois aí sempre estarei sempre para ti.
Tanto te quero tanto te desexo que o sentirei sempre na terra e no ceo.
POEMANDO
MONSTROS
Os monstros existen, en algún sitio están, non son tan diferentes , eles tamén nacen, viven e se van.
Os monstros existen, en algún sitio están, son un pouco coma nós de aquí para alá.
Teñen soños, con nós nas súas mentes, téñennos medo, por eso nunca os vemos.
Fixeron contos, fixeron lendas, pero non as quixeron realizar e por cada día que pasa , mais verdade se fai.
Non nos comunicamos, porque non queremos.
Pero ás veces, eles observan, e discretos, admírannos, cunha cara de papán.
O outono sempre chega ao remate do verán, as vacacións rematan e as clases volverán.
O outono sempre chega e as follas secas traerá, e nas rúas e aldeas a castañas asadas arrecenderá.
O outono sempre chega e as choivas volverán, paraugas e chuvasqueiros as rúas encherán.
O outono sempre chega e o frío entrará, e as chemineas da aldea o val afumarán.
O outono sempre remata e o inverno chegará marchará o Samaín para darlle paso ao Nadal.
UNHA VIDA CON MEDO
Cando vou a praia nunca mollo a toalla, cando vou ao parque nunca xogo con nadie, Cando vou ao super nunca compro nada, cando vou ao cine nunca vexo as películas, Cando vou a un bar nunca pago nada, cando xogo videoxogos nunca me divirto porque xogo solo, Cando vou ao colexio nunca levo o material, cando penso nos outros sinto que non lle caio ben a ninguén
Cando me falan nunca lles fago caso, e cando fago poemas divírtome facendo rimas.
Porque cando fago poemas. son eu, son libre.
A BRUXA MALVADA
A bruxa maldecíu a un home con unha mala meiga, e despois ao caer a tarde apareceu o seu gato negro entre as tebras.
MAL
No samaín !! espertan os morcegos, saen as bruxas da cova, e coa vasoira van a dar unha volta.
Ao caer a noite, as meigas saen das súas alcobas para facer coas tebras unha cabaza negra.
DE VIAXE CO XADREZ
Ímonos de viaxe, que gran ilusión! Faremos a equipaxe, desfrutaremos un montón!!!
Na maleta, un traxe e calzado tamén, e o taboleiro de xadrez... Que ben, que ben!!!
O SAMAÍN O samaín
As cabazas para arriba, os esqueletos para abaixo os morcegos voando, e as bruxas co gato.
O gato asustado, pelos de punta , a bruxa correndo dende a outra punta.
AS CATRO ESTACIÓNS
Verán e outono, pero que gozo! Os paxaros cantan na primavera, no inverno todo nevado na leira.
No verán os animais cantando e os paxaros voando. Pio, pio, croac, croac, Tamén canta a ra. As follas caen, quen será?
Detrás das árbores alguén está, o outono está a chegar!
Está escurecendo a choiva caendo, as árbores espidas Os osos durmindo.
Calor,frío pio,pio, flores e follas hai no río.
DON XABARÍN
Entre carballos e castiñeiros estaba Don Xabarín esperando a que se fora o sol para correr unha aventura lonxe de alí.
Cando chegou a lúa estaba listo para vivir unha aventura colleu unha landra coa sua dentadura e marchou de ali con cordura.
Despois dun longo paseo sentou nunha rochiña. Observando o amencer non sabía que facer, nin sabía volver.
Quedou ahi dormidiño observando o amencer.
NOITE DE MEDO
Noite neboenta, zoan os castiñeiros. Detrás das cabazas o medo retumba coidado cos conxuros e hora de contar historias de medo .
Noite neboenta, as bruxas non descansan. Facendo os seus conxuros os nenos van de casa en casa buscando lambetadas e divertíndose.
Noite neboenta, miles de disfraces pero, cos ollos ben abertos, porque ao chegar as doce ven o solpor e as bruxas, preparan os seus conxuros.
Noite neboenta, o tic tac do reloxo soa, don, son as doce.
Nenos que corren para fuxir do medo, todo o mundo fora dos encantamento das bruxa.
Estamos no outono, o verán marchou xa Un, dous, tres, do, re, mi, fa.
A calor marchou xa, e chega o frío infernal. Hai animais
cun frío mortal.
Quero que marche dunha vez para que non veña outra vez e quero que chegue xa o verán dunha vez.
As pombas marchan xa buscando a calor, intentando encontralo baixo un novo solpor.
As follas das árbores cambian de cor, de verde a rosa de rosa a marrón.
A ESCOLA E O TALENTO
O dia comeza.
Ai! que pereza, pero teño que ir ao colexio con presteza. Gustaríame quedar. Ai! na cama, pero hai que aprender para así alguén ser.
Tamén podes ser alguén con talento.
Non te mintas, cada quen ten o seu.
Búscao non o esquezas.
Podes logralo, fai o que che gusta.
Atopa o talento que tes dentro.
Agora xa me vou que na clase entro.
PRIMAVERA
Chámome Miguel e rimo con mel. Son moi bo e educado. Son moi bo, como unha bela flor do xardín en lúa chea.
O río ten reflexos, poucas nubes ao lonxe, a verdadeira primavera xa está aquí.
Chegou a primavera e o sol vístese de festa. As árbores en flor enchen a paisaxe de cor.
A primavera xa chega cos seus poemas. As flores están florecendo, hai alegría no ambiente.
OUTRO MUNDO
Eu penso en ti, como ti pensas en min. Dime se queres que vaia por ti ou chegas ti ata aquí.
Noutro mundo aterramos, e da man andamos.
Xuntos vamos sen soltarnos e preguntámonos a onde vamos.
En París nos encontramos, na cidade do amor estamos. Esta noite bailando gozamos e douche uns ramos.
Esta noite desfrutamos deixando atrás o pasado.
Pensando no ben que o pasamos bailando e gozando.
Noutro mundo aterramos, tranquilos e sentados. Xuntos da man estamos falando namorados.
QUE SOU?
Póusase nas ramas, cágache na cabeza cando estas tranquilo e cabréaste.
E un paxaro gris, moi gordo e molesto non lle des de comer, senón, ven en bandada.
Está polas cidades, cando ve a alguén comer vaille a pedir hainas a moreas.
Os vellos danlle pipas, os nenos asústanas, e ós pais cángalle.
Quen son?
Teñen peteiro coma un verme, gústanlle os bechiños e voa polos ceos.
Quen son?
QUE PASOU CO CEO?
Como acelerar a miña mirada?
O meu corazón o busca, el xa non está comigo, pero sigo buscando.
A mesma noite que alumea, as mesmas árbores. Nós, os de entón
xa non somos os mesmos.
Xa non o quero, é certo, pero cando o quixen a miña voz buscaba o vento para tocar o ceo.
Doutra, será doutra. Que pasou co ceo?
As súas cores desapareceron, quero tocar o ceo!
Polas noites sempre
ía a durmir vendo as cores do solpor.
Agora xa non durmo.
Este poemario acabouse de editar no taller dixital do CEIP Plurilingüe de Vilaxoán o 23 de Febreiro de 2023, coincidindo coa celebración do 160 Aniversario da publicación de Cantares Galegos de Rosalía de Castro