O NOTICIEIRO
CARTA DA ANPA Queridas familias do CEIP Vilaxoán: Dende a ANPA, queríamos despedir este curso con moitos motivos para agradecer a todos os que tomades parte nesta ardua tarefa, para conseguir o propósito de chegar a unha “escola” máis RICA, polas experiencias vividas e valorando a importancia de estar coa familia e compartir cos nosos maiores; máis COMBATIVA, na loita por recuperar unha nova normalidade, traballando conxuntamente co equipo directivo e o profesorado co que contamos, máis SOLIDARIA, ante a difícil situación que nos tocou vivir e facerlle fronte, quizais sendo menos egoístas e intentando poñerse no lugar do outro (nada sinxelo), máis COMPLETA, adaptándonos as circunstancias e valorando a saúde e os coidados que nos brindan, por riba de todo; en definitiva unha ESCOLA MÁIS VIVA, onde o respecto sexa o timón que nos guíe. Este curso atípico que remata, tiña por diante conmemorar e celebrar o “40 Aniversario” do noso cole (1979-2019), pero a ilusión segue a estar presente. Agradecer as familias e tamén ao profesorado a súa implicación, apoio, confianza,…. en nós como grupo. Intentaremos seguir mellorando e contribuír a conseguir o noso obxectivo común que non é outro que lograr a “escola que somos e tamén a que queremos”. Despedir ao alumnado de 6º que remata, porque non deixa un vacío senón unha gran aprendizaxe, por diante unha nova etapa que van comezar, e darlle a benvida as novas incorporacións, alumnos e mestres que se unen a esta gran familia que conforma o CEIP VILAXOÁN. ¡¡Desexarvos un feliz verán, e agardámosvos a todos en setembro!!
ANPA SAN MARTIÑO CEIP VILAXOÁN
45
XUÑO 2020