Revista do Craega 30

Page 1

REVISTA do

CRAEGA

Nº 30  >  Primavera 2014

Cita da alimentación ecolóxica galega en BioFach e Alimentaria > I Congreso

Ecolóxico de Produtos do Mar

> Barómetro de

consumo de produtos ecolóxicos en Galicia


sumario

Información Secretaría do Congreso

3 |  25 aniversario de BioFach, por Manuel Tel: +34.986.812.506 Cruz Fax: +34.986.812.401 ecoecoagro@uvigo.es  8 |  I Congreso Ecolóxico de Produtos do http://webs.uvigo.es/economiaecoloxica Mar e outras novas

10  |  Resultados do barómetro do Craega 11  |  Presenza galega en Alimentaria 2014

Taboleiro de anuncios ▶  Repartimos caixas de verduras ecolóxicas

en Ecoagroturismo Arqueixal para inscritos no Craega    Albá (Palas de Rei, Lugo)    982 380 251 / 629 176 030    contacto@arqueixal.com / www.arqueixal.com

▶  Servimos pedidos de carne ecolóxica de

▶  Véndense fabas ecolóxicas de Lourenzá, a

tenreira envasada ao baleiro    Carnicería Carballada (Sarria, Lugo)    982 886 225   carniceriacarballada@hotmail.com

granel ou envasadas    Mª Josefa Leitón Ramallal    648 705 100 / 982 146 006

▶  Venda de produtos ecolóxicos: legumes e

hortalizas. Colleita propia    Agricultura Ecolóxica Cristimil    Román Viz Santomé: 625 202 417

grupos na nosa explotación ecolóxica de Rubia Galega    Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo)    650 343 777

▶  Realízanse sacrificios ecolóxicos. Matadoiro

▶  Viveiro de plantel hortícola ecolóxico.

Comarcal de Sarria    San Xulián da Veiga, 27614    Luís López: 982 531 273

▶  Repartimos cestas personalizadas de verdura

CRAEGA EDITA: Craega SECRETARIO: Javier García Lozano Organiza DIRECCIÓN TÉCNICA: Ernesto Sánchez Salgado DEPÓSITO LEGAL: pendente

e froita no concello de Lugo, que se poden complementar con produtos biodinámicos ou ecolóxicos certificados    A Panturreira, A Pontenova (Lugo)    Isabel Zaera Dolz: 637 849 641   izaera@granjashambhalla.com   granjashambhalla.com    650 343 777

A Casa da Quenlla, SC Praza de Abastos, nave 7, casetas 227-228-229 15703 Santiago de Compostela A Coruña 696Colaboran 506 800 acasadaquenlla@yahoo.es A Despensa do Avó Francisco R/ Mallorca, 2 baixo 27003 Lugo 982 812 284 info@adespensadoavofrancisco.com A Tropical Finarrei SL Rúa da Paz, 20 32005 Ourense 988 220 688 - 988 440 416 demetrio@finarrei.com www.finarrei.com

Coren Grill, SA R/ Bedoya, 2-4 32004 Ourense 988 244 958 raul@coren.es Coren Grill, SA Ourense R/ Eulogio Gómez Franqueira 32001 Ourense 988 371 291 raul@coren.es

This project has received funding from the European Union’s Seventh Framework Programme for resarch, technological development and demostration under gran agreement no [312126]

Coren Grill, SA Vigo R/ Rosalía de Castro, 51 36057 Vigo Pontevedra 986 438 582 raul@coren.es Ecocentro Natureza Avda. de Galicia, 52, baixo 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 797 - 982 105 230

A Xoaniña, SCG R/ Venezuela, 78 15404 Ferrol A Coruña 981 930 868 xan.martinez@cooperativaxoaninha.org www.cooperativaxoaninha.org

Ecogaliza R/ Amea, s/n, Praza de Abastos, nave 7, locais 222-223-224 15704 Santiago de Compostela A Coruña 654 609 611 ecogaliza@yahoo.es www.ecogaliza.com

ABC de Bio R/ Padre don Rúa, 2 36203 Vigo Pontevedra 986 117 303 info@abcdebio.es www.abcdebio.es

Eu Consumo Responsable R/ Santo Domingo, 4, local 5, Galería Viacambre 32003 Ourense 988 219 849 euconsumoresponsable@gmail.com www.euconsumoresponsable.es

As Cabaciñas R/ Restollal, 79, baixo 15702 Santiago de Compostela A Coruña 981 593 462 cabacias@yahoo.es

Herbolario Menta R/ Cesáreo Tizón, 25 32500 O Carballiño Ourense 988 274 123 solchasa@yahoo.es

Cárnicas O Xurés R/ Celso Emilio Ferreiro, 20, baixo 32004 Ourense 988 245 812 xan@carnicasoxures.com www.carnicasoxures.com Consumo Consciente Árbore R/ Arquitecto Pérez Bellas, 5, baixo 36203 Vigo Pontevedra 986 233 497 info@arbore.org www.arbore.org

Horno Integral Pandarán Avda. Bueu, 19 36940 Cangas do Morrazo Pontevedra 986 303 610 info@pandaran.es www.pandaran.com Horta + Sá R/ Pérez Ardá, 26, baixo esq. 15009 A Coruña 981 285 021 hortaisabel@yahoo.es

▶  Recibimos visitas guiadas de escolares e

Facemos plantel por encarga   Biohorta    981 483 312 / 669 690 212   agricolacuruxeira@gmail.com

Patacas ecolóxicas Ribeira de Portizó   Sober (Lugo)    Marena: 627 214 476

▶  Ofrécense casa e terras para produción

ecolóxica a 15 min de Lugo por prezo simbólico    María Xesús Lama López: 635 777 205   chuslama@gmail.com

Propostas agroecolóxicas ao industrialismo

Sección gratuíta para os inscritos Para publicar os anuncios enviar a solicitude a craega@craega.es

Patrocinan

Establecementos colaboradores minoristas

▶  Descontos do 20% nas tarifas de aloxamento

a domicilio en Santiago de Compostela e concellos limítrofes (Vedra, Boqueixón, Teo, Ames e Brión)    Finca de horta en Vedra inscrita no Craega   miguel@tempocompartido.com

Horta Fresca Tenda Ecolóxica R/ Damas Apostólicas, 13, baixo (A Ramallosa) 36370 Nigrán Pontevedra 986 352 675 hortafresca.ramallosa@gmail.com Horta Verde Tui R/ Alcalde Casal Aboi, 4 36700 Tui Pontevedra 986 600 644 ecohortaverde@gmail.com www.hortaverde.es

recursos compartidos Establecementos colaboradores e respostas colectivas hostaleiros

A Nosa Terra Rúa Nova, 8 27001 Lugo 982 229 235 celianeira@hotmail.com

Vigo 26, 27 e 28 de xuño

Restaurante Campos Rúa Nova, 2-4 27001 Lugo 982 229 743 - 982 220 284 info@restaurantecampos.es www.restaurantecampos.es Restaurante España R/ Teatro, 10 27001 Lugo 982 242 717 - 982 229 938 derestaurantespana@gmail.com 2014 www.restespana.com

A Parada das Bestas Pidre, 27 Restaurante 27207 Lugo Universidade de Vigo Miramar R/ Arnela, 35 982 183 614 Campusinfo@aparadadasbestas.com Universitario Lagoas-Marcosende 15114 Ponteceso Hortasán A Coruña Praza de Abastos, posto 33 www.aparadadasbestas.com Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais 981 738 039 36002 Pontevedra www.miramardecorme.com 981 512 491 Canela Bakery Coffee casadocampo@tempocompartido.com Praza Maior, 6-8 Restaurante O Castro 27001 Lugo O Castro, 1, Pantín La Aldea Biomarket, SL 982 106 604 15553 Valdoviño Avda. Finisterre, 25 canela@canelaba.com A Coruña 15004 A Coruña 981 485 132 981 976 165 Coto do Rano 2 www.restauranteocastro.com riapemon@laaldeabiomarket.com R/ Reza 11, baixo www.laaldeabiomarket.com 32003 Ourense Restaurante O Grelo 988 240 121 Campo de la Virgen, s/n Maguz Ecolóxicos www.restaurantecoto.es 27400 Monforte de Lemos Mercado San Agustín, posto 3 info@restaurantecoto.es Lugo 15001 A Coruña 982 404 701 615 600 182 ogrelo@resgrelo.com Fogar do Santiso alfredosessa30@gmail.com www.resgrelo.com Trasellas, 13, Luou 15886 Teo Ourense Bio, SL Restaurante Paprica A Coruña R/ San Rosendo, 9, baixo Rúa das Nóreas, 10 981 805 985 32001 Ourense 27001 Lugo fogar@forgardosantiso.es 988 604 914 982 255 824 www.fogardosantiso.es ourensebio@mundo-r.com restaurantepaprica@gmail.com www.paprica.es O Lar de Adrián Tenda Ecolóxica Equilibrio Carril das Flores, 30 Avda. dos Mallos, 1 Restaurante Porta Santiago 27002 Lugo 15007 A Coruña Ronda da Muralla, 176 982 244 245 881 898 788 - 981 242 435 27002 Lugo olardeadrian@hotmail.com equilibrio@tendaecoloxica.com 982 252 905 lardeadrian.atagalicia.com www.tendaecoloxica.com portasantiago@mundo-r.com Todo Bio, SL R/ Doutor Fleming, 7 B 32003 Ourense 988 251 257 todobio@hotmail.com www.todobio.com

Picota Espazo Gastronómico R/ Bailén, Praza de Abastos 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 418 408 karrasquito@hotmail.com

Verde Bioleta, SL R/ Pizarro, 81 36204 Vigo Pontevedra 986 493 617 - 986 113 068 vbtienda@hotmail.com

Restaurante Biobania R/ Cordelería, 7 15003 A Coruña 981 221 301 biobania@gmail.com www.biobania.blogspot.com.es

Taberna do Labrego Camiño Real, 32, Pacios 27372 Begonte Lugo 982 398 262 tabernadolabrego@hotmail.com www.tabernadolabrego.com Taberna Vegetariana Gaia R/ Orzán, 206-208 baixo 15003 A Coruña 658 155 440 tabernagaia@gmail.com


O certame ecolóxico máis grande do mundo celebra o seu 25 aniversario O Craega asistiu á edición de 2014 de BioFach, celebrada do 12 ao 15 de febreiro en Nuremberg (Alemaña), con cinco empresas galegas e a visita do secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, e do secretario xeral do Mar, Juan Carlos Maneiro.

O

sector ecolóxico internacional reúnese unha vez ao ano con motivo de BioFach, a feira líder mundial de alimentos ecolóxicos, que se celebra na cidade alemá de Nuremberg. Desta volta, BioFach conmemoraba o 25 aniversario da súa creación amosando o desenvolvemento que está acadando a produción ecolóxica certificada. Do 12 ao 15 de febreiro, este salón e mais o de cosmética ecolóxica Vivaness reuniron máis de 2.200 expositores chegados de 76 países dos cinco continentes, e máis de 42.000 visitantes profesionais procedentes de 134 países, nun evento que ocupou 78.000 metros cadrados de superficie. BioFach naceu ao abeiro de IFOAM, a Federación Mundial de Movementos Orgánicos, que xunta a organismos e entidades certificadoras dun cento de países. O 25 aniversario da súa feira mundial de referencia serviu para referendar que a tendencia ecolóxica é duradeira.

As cifras do ecolóxico Manuel Cruz Director de O Agro-Labranza

Na actualidade, 37 millóns de hectáreas son cultivadas baixo os criterios da agricultura ecolóxica certificada, en 164 países dos 198 que hai na Terra. A elas habería que engadir outros 31

millóns de hectáreas de terras non agrarias nas que se practica a recolección salvaxe. Por países, Australia é o que ten unha maior superficie certificada como ecolóxica, 12 millóns de hectáreas, seguida da Arxentina, con 3.600.000, e os Estados Unidos, con máis de 2 millóns de hectáreas. Malia todo, estas terras son apenas o un por cento de toda a superficie agraria mundial, polo que aínda queda moito camiño por percorrer. Os expertos reunidos en BioFach coincidiron en que para seguir acadando un crecemento estable en todos os países é necesario promover liñas de axuda desde os ámbitos públicos para facilitarlles as cousas aos agricultores que queren converter as súas terras a cultivo ecolóxico e para seguir apoiando a aqueles que xa deron este paso. As cifras de negocio da agricultura ecolóxica están a avalar as decisións destes agricultores: as vendas de produtos eco chegaron a mover o ano pasado máis de 50.000 millóns de euros a nivel global en transaccións comerciais. A demanda mundial non se viu tan afectada pola crise económica dos últimos anos coma noutros sectores. O crecente compromiso da xente de todo o mundo coa ecoloxía e a sustentabilidade está a ter un efecto positivo no posicionamento destes CRAEGA

> 3


A maior parte da representación de Galicia acudiu ao abeiro do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega). Coma sinala o seu presidente, José Antonio Fernández: “Temos que estar aquí porque esta é a feira máis grande de produción ecolóxica. Aquí danse cita todas as empresas, as grandes e as pequenas, xa que, ademais de ser un lugar de comercialización nato, tamén é un lugar de encontro de multitude de conferencias relacionadas co desenvolvemento da agricultura ecolóxica a nivel europeo e mundial”. O Craega e o Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia contrataron un stand propio de 45 m2 no pavillón 5, xusto ao carón dunha das entradas principais da feira. Nel participaron con actividade comercial catro empresas galegas: Mieles Anta, Casa Grande de Xanceda, Hifas da Terra e Porto-Muiños. “Algunhas delas son empresas que xa teñen o hábito de acudir a esta feira, xa veñen con entrevistas programadas e sérvelles de punto de encontro cos seus distribuidores mundiais, e outras viñeron, como é lóxico, a buscar novas vías de mercado ou incluso información para mellorar os seus produtos”, di José Antonio Fernández.

Casa Grande de Xanceda presentou o Queixo do Peregrino curado en cebada

produtos. O maior mercado de produtos ecolóxicos é Estados Unidos, con 22.600 millóns de euros, seguido de Alemaña (7 millóns de euros) e Francia (4 millóns de euros). Os países co maior gasto per cápita de produtos ecolóxicos son Suíza (189 euros por habitante e ano) e Dinamarca (159 euros). España, aínda que segue sendo o país europeo con máis superficie dedicada á produción ecolóxica certificada, con 1.600.000 hectáreas, vai moi por detrás destas cifras de consumo interno, cun mercado que o ano pasado moveu 998 millóns de euros.

Galicia en BioFach As cifras de produción da agricultura ecolóxica e de consumo interno de España amosan dúas cousas: que aínda hai moitos consumidores novos aos que chegar dentro do país e que a produción ecolóxica española ten a súa gran forza na exportación. Isto notábase ben en BioFach, onde houbo 119 expositores españois, o cuarto país en presenza despois do anfitrión, Alemaña, e de Francia e Italia. 4

<

CRAEGA

O maior mercado de produtos ecolóxicos é Estados Unidos, con 22.600 millóns de euros, seguido de Alemaña (7 millóns de euros) e Francia (4 millóns de euros)

Unha das empresas que nunca faltan á feira é Mieles Anta, que atopou en BioFach un punto de encontro anual cos seus clientes europeos. Como di o seu xerente, David Corral: “Acudimos a esta feira desde que empezamos coa produción ecolóxica. Témola en axenda todos os anos porque para nós é un centro de encontro cos clientes que temos, tanto de Francia como de Alemaña e outros países; é un sitio onde todos os anos nos encontramos e falamos das inquietudes do negocio, do produto... Para nós é moi importante”. A gama ecolóxica de Mieles Anta non se limita só ao mel, tamén están a exportar pole, própole e cera. As condicións naturais de moitas zonas de Galicia fan que os seus produtos apícolas sexan moi apreciados en todo o mundo: “Principalmente, o que máis demanda ten fóra é o pole monofloral de castiñeiro, seguido das própoles, o mel e a cera. No caso da cera, hai necesidade de cera ecolóxica a nivel mundial, así que temos moita demanda”, explica Corral. A empresa pontevedresa Hifas da Terra leva acudindo tamén a BioFach desde hai 15 anos. Foi a primeira feira internacional na que participaron, e Catalina Fernández de Ana Portela, directora xerente, atopou aquí o referente das tendencias que está a seguir o mercado: “É básico saber como se está movendo o mundo, como se está desenvolvendo a cultura do ecolóxico, a que velocidade vai, que é o que demanda o consumi-


As cifras de produción da agricultura ecolóxica e de consumo interno de España amosan dúas cousas: que aínda hai moitos consumidores novos aos que chegar dentro do país e que a produción ecolóxica española ten a súa gran forza na exportación

dor doutros países, porque en Galicia e en España vai ser o mesmo, simplemente vai ter unha dilación no tempo que podemos aproveitar como vantaxe competitiva”. Os micólogos de Hifas da Terra están a apostar pola innovación nun mundo aínda por descubrir, coma o dos cogomelos, cunha especial énfase nos nutracéuticos, os alimentos empregados para coidar a saúde. Como destaca Catalina: “A gama de nutracéuticos é a máis potente hoxe en día de Hifas da Terra, alimentos funcionais máis potentes que axudan incluso na medicina convencional. Estamos traballando na súa prescrición médica a nivel internacional en Italia, Francia, Portugal e España, e agora estamos empezando no Reino Unido”. O sector lácteo galego estivo representado este ano en BioFach a través de Casa Grande de Xanceda, de Mesía, na Coruña, que acaba de recibir o premio á mellor produción ecolóxica no certame Alimentos de España do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. A súa responsable, Cristina Fernández Armesto, asegura que están “moi orgullosos” e pensa que é un premio que teñen que compartir con todos os galegos. “Para nós é un recoñecemento de que con esforzo e traballo duro se poden acadar cousas. Penso que a combinación do medio rural galego con alta calidade nos produtos, con sustentabilidade e con benestar animal é a receita do noso éxito”, afirma. Amais de no posto do Craega, Casa Grande de Xanceda estivo presente no pavillón de tenden-

cias e innovacións, onde o seu Queixo do Peregrino curado en cebada foi un dos 474 novos produtos que se presentaron nesta feira. Como destaca Pablo Villasenín, responsable do departamento de exportación de Casa Grande de Xanceda: “O iogur é o noso produto fundamental, pero queremos desenvolver novos produtos que nos permitan chegar ao mercado da exportación. Nese sentido, o queixo que presentamos en BioFach é un deses produtos cos que confiamos estar en Alemaña polo fácil que é a súa almacenaxe, o ben que viaxa e, en definitiva, que é un produto fácil de exportar”. A outra firma presente no stand do Craega era Porto-Muiños, unha das empresas pioneiras en Galicia e en Europa na comercialización de algas que está a introducir nos mercados a través de produtos máis accesibles ao consumidor. A súa xerente, Rosa Mirás, di: “As algas son as verduras do mar, nelas encontramos a nivel nutricional minerais e proteínas que non se atopan nas verduras de terra. Entón, a xente pode buscar distintos tipos de algas na súa dieta, dependendo das carencias nutricionais que teñan”. En 2010 aprobouse a normativa europea que regula a certificación ecolóxica dos produtos procedentes do mar e da acuicultura, e Porto-Muiños está a atopar neste mercado moito interese polas algas. “Aquí podes atopar distribuidores de todas as partes do mundo, de Singapur, de Xapón, de toda Europa, dos países nórdicos... É un punto de encontro onde podemos contactar con dis-

Gama de nutracéuticos de Hifas da Terra

CRAEGA

> 5


tribuidores de todo o mundo sen ter que ir a outras feiras, a outras bioculturas ou eventos ecolóxicos”, afirma Mirás.

No stand do Craega en BioFach participaron con actividade comercial catro empresas galegas: Mieles Anta, Casa Grande de Xanceda, Hifas da Terra e Porto-Muiños

Un dos sectores onde a certificación ecolóxica está medrando máis en Galicia é no das producións vinculadas ao mar. En palabras de José Antonio Fernández, “desde que se aprobou o regulamento acuícola en 2010, o crecemento deste sector é espectacular: temos unha planta acuícola, temos berberecho, ameixa e xa máis de 70 bateas certificadas, ademais de dúas ducias máis que están en proceso de obter a certificación”. Precisamente, a outra empresa galega presente este ano en BioFach era Conservas Antonio Pérez Lafuente, de Vilanova de Arousa. Eles foron os primeiros en facer mexillón ecolóxico en Europa, e hoxe en día os seus produtos ecolóxicos, agrupados baixo a marca Pan do Mar, véndense en toda Europa, onde son líderes no seu segmento. Fala Eduardo Drömer, o seu xerente: “Nestes momentos estamos exportando a 19 países, e en Europa, agás en Italia, estamos presentes en todos os mercados, nos circuítos orgánicos de cada país, coa marca Pan do Mar ou Pain de Mer, que é a versión para Francia e Bélxica. A nosa maior forza é o mercado alemán, e como este é un pouco o escaparate do mercado orgánico europeo, a aceptación que temos aquí serviunos para seguir expandíndonos e sumar novos países”. Pan do Mar estaba presente na zona do selo Démeter, que integra 5.000 produtores de 50 países. Ademais das entidades certificadoras

Exposición de produtos de Porto-Muiños

6

<

CRAEGA

públicas, coma o Craega, existen outros organismos certificadores particulares adaptados ás esixencias normativas de cada país. Démeter é hoxe o principal valedor mundial do movemento da agricultura biodinámica, unha concepción do ecolóxico como unha filosofía de vida integral, fundado en 1924 por Rudolf Steiner. Así explica Eduardo Drömer a súa relación co selo Démeter: “Xurdiu a asociación co grupo Démeter, nós apostamos por eles e eles apostaron por nós, e nestes momentos xa hai unha regulamentación interna de Démeter Internacional sobre este tipo de produtos que nos vai permitir nun futuro próximo mencionar a orixe biodinámica de todos os ingredientes das conservas, ademais do peixe”.

Visita do Medio Rural e do Mar Nesta edición de BioFach participaron tamén os secretarios do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, e do Mar, Juan Carlos Maneiro. Os representantes da Xunta de Galicia tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o labor promocional do Craega e das súas empresas e de descubrir a magnitude dun evento como BioFach: “Realmente esta feira é o referente a nivel mundial de todo o que é o mercado de produtos ecolóxicos. Existen outras feiras dependentes desta en Asia, Estados Unidos ou Sudamérica, pero esta é a máis grande, un referente de presenza inexcusable no que debemos estar”, sinalou Tomás Fernández-Couto.

O xerente de Mieles Anta valorou positivamente a feira como punto de encontro cos clientes doutros países


O secretario xeral do Mar, Juan Carlos Maneiro, amosouse especialmente interesado no pavillón 6 de BioFach, onde estaba localizada a zona de degustación World of Fish e se concentraban moitas das empresas do mar que acudiron á feira: “O regulamento que admite a acuicultura ecolóxica é de 2010, polo que estamos aínda nunha fase inicial, pero é unha fase moi prometedora. O nome de Galicia asociado aos produtos do mar é coñecido en todo o mundo. Se lle engadimos o selo de produción ecolóxica vai ir a un segmento de mercado moi esixente e moi responsable na súa compra. Nós dicimos habitualmente que en Galicia somos grandes pescadores, que temos un bo facer na transformación, pero quizais é no eido comercial onde temos as eivas máis grandes. Entrar no mercado ecolóxico sería unha boa maneira de demostrar que tamén somos bos comercializadores, xa que a comercialización deste tipo de produtos require un esforzo e un rigor maiores que a comercialización habitual”. Da mesma opinión é o secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto: “O da agricultura ecolóxica é un mercado crecente e tamén é un mercado esixente que require seriedade nas producións, pero ao mesmo tempo ofrece unha garantía de comercialización, polo que é un ámbito no que debemos medrar no futuro”. Fernández-Couto situou a produción ecolóxica coma un dos piares estratéxicos para o medio rural: “Neste momento, para nós o reto é conseguir explotacións agrarias cunha dimen-

Na actualidade, 37 millóns de hectáreas son cultivadas baixo os criterios da agricultura ecolóxica certificada, en 164 países dos 198 que hai na Terra

sión que lles permita competir con éxito nas exportacións e na economía de escala, pero tamén é moi importante, dada a nosa estrutura da propiedade, manter as pequenas explotacións. Os mercados de proximidade e de producións ecolóxicas permiten unha vía de consolidación destas pequenas explotacións que non requiren de grandes investimentos, que son compatibles coa nosa estrutura de propiedade e que realmente supoñen unha oportunidade de fixación da poboación, de movemento económico e de creación de emprego no rural”. O sector da agricultura e a gandería ecolóxica segue a medrar en Galicia, pero hai aínda moitos campos onde medrar, como sinala o presidente do Craega, José Antonio Fernández: “No sector lácteo xa somos referentes na produción e esperamos ir a máis, pero un dos sectores que debería crecer, que non ten sentido que siga así, é o da horta e outras producións vexetais da nosa terra. Eu estou convencido de que no novo período que se abre agora na PAC, o horizonte 2014-2020, temos que pelexar por acadar as axudas necesarias para seguir crecendo na produción ecolóxica certificada en Galicia”. BioFach 2014 celebrou en pleno estado de forma o 25 aniversario do seu nacemento, demostrando que o ecolóxico é moito máis que unha moda de consumo; é un estilo de vida que conta cada vez con máis adeptos en todo o mundo, tamén en Galicia. Unha oportunidade económica para o medio rural que pode axudar a fixar poboación no campo. CRAEGA

> 7


O Craega organizou o I Congreso de Produtos Ecolóxicos do Mar

O

parador de turismo da vila costeira de Baiona foi o escenario escollido polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia para celebrar a primeira edición do Congreso de Produtos Ecolóxicos do Mar. O evento tivo lugar o 4 de marzo e nel participaron representantes do Craega, das administracións autonómica e central, da universidade e de varias empresas. Neste encontro deuse a coñecer a importancia do volume de negocio vinculado ás conservas de pescado e marisco, ás algas e aos preparados alimenticios certificados polo Consello, que en 2012 acadou un total de 3,8 millóns de euros. Este sector conta en Galicia con 116 elaboradores e 80 marcas comerciais. Tal como indicou a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na clausura do congreso, ao longo dos últimos anos tramitáronse en Galicia 66 expedientes para obter o selo de calidade diferenciada de acuicultura ecolóxica e o produto que máis se acolleu a esta marca

A agricultura ecolóxica galega, en Gourmets

O

XXVIII Salón de Gourmets ou Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade, unha cita ineludible en Europa para a produción delicatessen, acolleu o 12 de marzo, no stand de Galicia, unha degustación de produtos ecolóxicos do Craega conducida polo seu secretario, Javier García. Para a cata de viño da denominación de orixe Ribeira Sacra contouse coa colaboración de Ruth Fernández, técnica do Consello Regulador.

foi o mexillón, seguido polas algas, a troita e o rodaballo. O programa do congreso abrangueu a calidade nutricional dos alimentos ecolóxicos, con María Dolores Raigón, da Universidade Politécnica de Valencia; o desenvolvemento de produtos de alto valor engadido na acuicultura ecolóxica, con Vanesa Moreno, de Anfaco; a acuicultura en España, con Begoña Ruiz, do Servizo de Gandería Ecolóxica do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente; a certificación dos produtos ecolóxicos do mar en Galicia, por Ramón Damián Fernández, do Servizo de Mercados da Consellería do Medio Rural e do Mar; e mais o presente e o futuro deste sector, analizados nunha mesa redonda na que interviron Eduardo Drömer (Conservas Antonio Pérez Lafuente), Antonio López-Pizarro (Isidro de la Cal), Raúl Vázquez (El Corte Inglés), Antonio Muiños (Porto-Muiños), Manuel Juncal (Asociación de Produtores de Mexillón San Amaro) e Beatriz Santórum (Ría de Arosa).

O secretario xeral do Mar, o alcalde de Baiona, a conselleira do Mar e o presidente do Consello, no acto de clausura

Presentación para hostaleiros en Santiago de Compostela

O

secretario xeral do Mar, Juan Carlos Maneiro, e o presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, José Antonio Fernández, levaron a cabo en xaneiro, no restaurante compostelán Ana, unha presentación de produtos ecolóxicos dirixida aos profesionais da hostalería e aos empresarios da pesca e a acuicultura.

Vigo acollerá en xuño o V Congreso Internacional de Agroecoloxía

X

a está en marcha unha nova edición do Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica que, baixo o título “Propostas agroecolóxicas ao industrialismo. Recursos compartidos e respostas colectivas”, vai ter lugar do 26 ao 28 de xuño na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Organiza o Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía do campus e entre os colaboradores está o Craega. As persoas interesadas en asistir poden solicitar máis información por teléfono (986 812 506) ou por email (ecoecoagro@uvigo.es).

8

<

CRAEGA


GandAgro falou da certificación do Craega e da produción de biogás

O consumo de alimentos ecolóxicos medra en Galicia

O

Craega presentou a segunda edición do “Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia”, un estudo que recolle os resultados de máis dun milleiro de enquisas realizadas aos consumidores en 2013.

En comparación coas cifras do primeiro estudo, datado de 2010, constátase que o consumo de produtos ecolóxicos aumentou un 20 %, suba debida en gran medida a que a maioría dos compradores os identifica como alimentos máis sans, carentes de aditivos e colorantes e obtidos sen o uso de pesticidas químicos. A enquisa tamén reflicte que cada vez é un pouco máis coñecida esta produción, principalmente pola televisión e a prensa e por recomendacións de amigos, familiares e coñecidos, e que se ten bastante confianza na certificación. Os produtos máis consumidos son a froita, as verduras e os lácteos, que ademais son os primeiros produtos da agricultura e a gandería ecolóxica que se adoitan probar.

D

o 13 ao 15 de marzo, o recinto Feira Internacional de Galicia (Silleda, Pontevedra) reuniu miles de visitantes en GandAgro, o III Monográfico da Agricultura e a Gandería. Entre as actividades programadas incluíuse o día 14 o desenvolvemento dunha xornada sobre a agricultura e a gandería ecolóxicas e a produción de biogás sostible neste sector, na que tomou parte o Craega. Ernesto Sánchez, director técnico do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, explicou os pasos a seguir para producir en ecolóxico, a súa regulación e as dúbidas máis habituais. Nos demais relatorios da mañá falouse da evolución e do potencial da agricultura ecolóxica, do seu impulso no marco da Unión Europea e das súas especificidades fronte á agricultura convencional. Tras as charlas abriuse un debate na mesa redonda e logo expuxéronse dous casos de éxito: o de Casa Grande de Xanceda, que foi visitada por asistentes á feira, e o da Sociedade Cooperativa Avega. Pola tarde, a xornada centrouse na xeración de biogás sostible e os seus requisitos a nivel técnico e económico. Tratáronse a obtención do biogás nas explotacións, a implementación dunha planta de biogás e as súas valorizacións innovadoras.

Malia que se aprecia a súa calidade e se escollen por motivos relacionados coa boa saúde e co coidado da natureza, un dos aspectos que frea o consumo, segundo os enquisados, é o prezo, que consideran elevado e fai que non os adquiran con moita frecuencia. Así mesmo, indican que non lles resulta fácil atopar produtos ecolóxicos no mercado en xeral e que botan de menos que haxa máis variedade nos puntos de venda e na oferta dos locais hostaleiros. Os lugares onde acostuman mercar estes alimentos son os hipermercados ou outras grandes superficies, seguidos das tendas tradicionais, especializadas ou gourmets. Outra das conclusións deste estudo é a importancia que lle conceden os consumidores á orixe do produto, fronte a marcas blancas ou de distribuidor. De feito, adxectivos coma “caseiro” ou “do país” estiveron moi ben valorados nas respostas. CRAEGA

> 9


Dez operadores do Craega no grande escaparate de Alimentaria

A

limentaria, a principal feira da industria agroalimentaria de España e unha das máis relevantes do mundo, abriu as súas portas novamente do 31 de marzo ao 3 de abril para desenvolver a súa vixésima edición no recinto Gran Vía de Barcelona.

Este enorme salón, no que participaron 3.800 empresas e ata o que se achegaron preto de 140.000 visitantes de todos os continentes, albergou á súa vez 14 monográficos, entre eles un específico dedicado á alimentación ecolóxica, baixo o lema de Os alimentos máis sans, co que os organizadores do evento quixeron demostrar a importancia cada vez maior dos produtos ecolóxicos na cesta da compra. Nel estiveron presentes máis dun cento de expositores de diversas rexións españolas, reflectindo o peso deste país no mercado europeo, onde achega o 35 % dos produtos ecolóxicos que se consomen. Neste salón da alimentación ecolóxica amosaron a súa produción certificada dez operadores galegos inscritos no Craega, que acudiron da man do Consello e mais do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. A granxa familiar Arqueixal, da comarca da Ulloa, levou o seu leite e os seus queixos. A explotación Casa Grande de Xanceda, de Mesía, deu a coñecer un novo produto dirixido ao consumidor infantil e feito a base de froita e iogur. Dentro do eido da produción leiteira tamén se encontraba

10

<

CRAEGA


a fábrica industrial Helados Gael (Bergondo), coas súas cremas de xeado de distintos sabores elaboradas con leite fresco de Galicia. A cooperativa Avega presentou unha novidade, o ovo líquido envasado, e Camperos Vilalba, que traballa a marca Eco-Vilalba, puxo á venda os ovos de galiñas que crían na Terra Chá. Pola súa parte, Mieles Anta exhibiu mel, polen e própoles, obtidos dos seus colmeares das serras dos Ancares e do Courel, e Conservas Antonio Pérez Lafuente comercializou as súas novas ensaladas do mar en lata, que elaboran en Vilanova de Arousa. No ámbito da produción vexetal tiveron representación Ecofunghi (O Corgo), a través da marca Ecosetalia, que inclúe patés, deshidratados, risotos e cogomelos frescos e deshidratados; Porto-Muiños (Cerceda), tanto cos cogomelos coma cos preparados alimenticios; e a chantadina Lugar Da Veiga, coas galletas mariñeiras DaVeiga.

de y

CRAEGA  > 11 ¡Infórmate! www.revista-ae.es • tel: 961 26 71 22


Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos

gobierno de españa

12

<

CRAEGA

ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente

FEADER Europa inviste no Rural


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.