Adopta un libro

Page 1

ADOPTA UN LIBRO

BIBLIOTECA

C.E.I.P.AGRO DO MUテ催前 2013


CAMPAÑA : ADOPTA UN LIBRO Estimadas familias: Co gallo do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (24 DE OUTUBRO) xurde a idea de realizar no noso centro a campaña : “ADOPTA UN LIBRO” . En moitas das nosas casas temos libros nos nosos andeis que tempo atrás lemos con moito agarimo, que nos fixeron disfrutar moito coas súas historias, ou que simplemente utilizamos para buscar información servíndonos de valiosa axuda en determinados momentos. Moitos deles, do mesmo xeito, quedan alí esquecidos sen que xa ninguén lles preste ningunha atención. Propoñémonos rescatalos, que volvan a ter vida nas mans doutras persoas que soñarán con eles e que disfrutarán da súa lectura. É unha campaña desinteresada que vos pasamos a explicar:  Do día 18 ao día 23 de outubro todas as persoas que voluntariamente queiran doar eses libros esquecidos, poden facelo no noso Centro.  Nos corredor da entrada principal, habilitaremos un espazo no que podedes deixalos, sen avisar a ninguén. Alí estarán todos expostos ata o día 23.  A partir do día 24 de outubro e ata fin de existencias, podedes rescatalos e levar para a vosa casa o libro, que desinteresadamente outra familia deixou depositado, para que alguén o acubille e volva a ter vida nos soños dun neno, dunha nena ou de calquer adulto.  Os libros acubillados, colleranse sen previo aviso, cada quen o que lle apeteza, pero para facelo mais extensivo cada persoa só levará un.  Non teremos que devolvelos, simplemente coidalos ata a próxima campaña.

BIBLIOTECA

C.E.I.P.AGRO DO MUÍÑO 2013


BIBLIOTECA

C.E.I.P.AGRO DO MUテ催前 2013


BIBLIOTECA

C.E.I.P.AGRO DO MUテ催前 2013


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.