Doc familias maio total

Page 1

Segundo un estudo do Foro Generaciones Interactivas, en 2009, en torno a un 70% de nenos e nenas de entre 6 e 9 anos navegaban por Internet e usaban as redes sociais no noso país de forma habitual. Esta proporción chegaba ó 88% entre os que tiñan entre 10 e 18 anos. Tendo en conta esta información, o obxecto deste documento é achegar algunhas recomendadacións a sabendas de que, en boa parte, xa serán coñecidas e tidas en conta. Con todo, nunca está de máis volver a “poñelas sobre a mesa”.

Direccións en internet para obter información

USO DE INTERNET

http://www.internetsegura.net http://www.chaval. es http://www.kiddia.org http://www.37seis.org http://www.navegaconrumbo.es http://www.pantallasamigas.net http://padresenlared.wordpress.com

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2012-13

Maio Lembrámoslles que se precisan algún tipo de aclaración ou afondar nalgún aspecto, estamos á súa disposición.

CEIP AGRO DO MUÍÑO ORTOÑO-AMES-A CORUÑA


O uso de internet non é bo nin malo en si mesmo. Potencia calidades, pero tamén ten vertentes menos favorables. Tendo en conta isto, é necesario que os adultos esteamos atentos. No centro pensamos que unha forma operativa de actuar é a prevención. Por esta razón, diriximos este documento a tódalas familias. Non é fácil, pero sendo conscientes tanto de riscos coma de potencialidades, seguramente teremos máis posibilidades de incidir de forma axustada e na dirección desexada. No colexio vimos celebrando charlas para o alumnado dende 5º, xunto con recomendacións para todos e todas. É fundamental que desde as casas tamén se traballe sobre esta cuestión, non só dende o punto de vista educativo, senón tamén pola responsabilidade legal como adultos. É por isto que lle achegamos recomendacións, algunhas da cales seguramente xa empregarán:  Solicitar información sobre sitios de interese.  Elaborar un código de uso en casa (tempo para usa-la rede, tipo de información á que se pode acceder …).  Instalar filtros de acceso a determinados contidos.  Te-los ordenadores con acceso a internet en lugares da casa que estean á vista do adulto. Navegar cos nenos e nenas, á vez que podemos ir comentándolle posibles situacións que é desexable esquivar. Que saiban que : - Internet é un sitio onde se poden encontrar cousas boas e malas. -Os amigos son a xente que coñecen no colexio, na casa, no parque, non calquera persoa que se comunique con nós sen coñecela. -Hai veces que persoas maiores se fan pasar por nenos e nenas. -Non se deben poñer fotos dun mesmo nin de amigos, nin dar datos sobre o domicilio, nin o número de teléfono. -Non se deben escribir cousas que non nos gustaría que escribisen de nós. -Se alguén os molesta ou ameaza, deben acudir á nai ou ó pai. -Non todo o que se ve en internet é certo, nin moito menos. -O que facemos pode ter consecuencias legais. Finalmente, é conveniente lembrar que a idade mínima para poder abrir unha conta nunha rede social é de14 anos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.