FALADOIROS
NO MUÍÑO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
FALADOIROS NO MUÍÑO (1º TRIMESTRE)
Durante este trimestre foron moitos os papás e mamás que acudiron ao Centro para contar diferentes experiencias sobre a auga, sobre contos e lendas que tiñan como protagonistas seres que viven no medio acuático ou nos que a pinguiña de auga era a protagonista. Dende a biblioteca do Centro fíxose un chamamento ás famílias e coma sempre prestáronse a colaborar moi gustosas. O noso agradecemento. ESTIMADAS FAMILIAS: Como xa vos informamos, durante o presente curso traballaremos no proxecto interdisciplinar : RIADA DE LIBROS que ten como o eixo principal a auga e o río. Dende a biblioteca do Centro programamos unha actividade para compartir en familia chamada FALADOIROS NO MUÍÑO. Encantarianos que vos achegarades polo noso Centro en horario lectivo
para contarlle aos nenos/as un conto, unha historia,
calquer experiencia relacionada coa auga e co río, a súa vexetación, a súa fauna, que lle contases
dos muíños, dos lavadoiros
esquecidos, das pontes… en fin do que ti sabes e coñeces. So teredes que escribir o voso nome e o voso número de teléfono para poder poñernos en contacto con vós. Moitas grazas. NOME________________________________________ TFNO____________
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
FALADOIROS NO MUÍÑO (1º TRIMESTRE)
A AUGA NOS TEMPOS DOS AVÓS A avoa de Eva fálanos dos usos da auga nos tempos dos avós: como se quentaba, a onde se ía a buscar, utensílio no que se recollía (a senlla), utensilio no que se quentaba (o pote e o trespés), dos lavadoiros…
CLICA : A AUGA NOS TEMPOS DOS AVÓS
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
FALADOIROS NO MUÍÑO (1º TRIMESTRE)
OS RISCOS DO XIGANTES
A NAI DE LÚA CONTOUNOS O RISCO DOS XIGANTES, EXTRAÍDO DO LIBRO “MEMORIAS DUN RÍO” DE ANTÓN CORTIZAS E QUE REPRODUCIMOS
INTEGRAMENTE
A
CONTINUACIÓN
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
FALADOIROS NO MUÍÑO (1º TRIMESTRE)
(Texto extraído do libro Memorias dun Río de Antón Cortizas)
( A treboada está falando co río) (…) - Isto ocorreu hai millóns e millóns de anos, cando a terra estaba habitada polos xigantes. (…) - Xigantes? –pregunteille intrigado. - Xigantes si. Tódolos seres eran daquela de grandes dimensións. Algúns superaban en altura estas montañas que agora te rodean e polas que sentes tantas querencia.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
FALADOIROS NO MUÍÑO (1º TRIMESTRE)
Para eles ti non serías máis ca un fío de auga que non lles abondaría nin para sacia-la súa sede. Había animais de toda clase: peixes que enchían as profundidades dos océanos; aves que ocultaban o sol co seu voo; lobos que amastragallaban a terra deixando unha caverna alí onde poñian o seu pé; bolboretas que prodúían vendavais e tifóns cada vez que batían as ás; plantas que cubrían as montañas con pólas e follas; que se elevaban ata as nubes; e homes…tamén había homes xigantescos, os alarbios, que dominaban a tódolos demais seres vivios do planeta. Coa súa mirada vían o que estaba máis alá da outra beira do océano, e cando andaban a terra tremía medoñenta e as rochas quedaban feitas anacos baixo dos seus pés. Con todo, os alarbios eran tranquilos e pacíficos, non creando máis problemas que os que xurdían, inevitablemente, por mor do seu tamaño. Estes xigantes vivían en familias e tribos, nas apagadas espesuras das máis mestas fragas do todo o mundo. Deambulaban en grupo, de aquí para alá procurándose a comida, que consistía, sobre todo, nos abundantes e grosos froitos das mil e unha especies de árbores que formaban as inmensas fragas. O seu principal problema era a auga: os xigantes tiñan que esperar pola chuvia para saciar a súa sede, que, por suposto, tamén era xigantesca. Pero a auga normalmente non lles viña cando eles necesitaban que viñese. Naqueles tempos a chuvia era escasa, e a pouca que caía era absorbida rapidamente pola terra, para sevir de reserva de alumento á frondosa vexetación. Non había naqueles C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
FALADOIROS NO MUÍÑO (1º TRIMESTRE)
tempos, nin ríos nin regatos, nin fontes nin fontelas. Cando máis lles apertaba a gana de beber, soía ocorrer que o tempo era aínda máis seco e nós, os dioivos, non descargabámolas nosas abátegas sobre eles. Non sei por qué, pero daquela era así.
Pasaron moitos anos con esta privación, resistindo como podían a secura. Comían máis e máis froitos, ricos en auga e zumes azucrados; pero isto obrigábaos a teren que mudar constantemente de lugar, por mor de que esgotaban con excesiva rapidez as reservas alimenticias das zonas que habitaban; as árbores non frucitificaban coa rapidez que eles necesitaban. E, como digo, así foi durantes anos e anos, ata que houbo un xigante chamado Bordonia que tivo unha feliz idea que se apresurou a comunicar ó resto da tribo. - É unha parvada que estamos sempre agardando a que a auga veña a nós para podernos sacia-la sede- dixo,-. Por que non imos nós a buscala? -
Pero que dis?- dixo Alciareo, o alarbio máis vello de todos. Viraba o dedo, aperándoo contra a tempa, queréndolle indicar que estaba tolo-. Como se vai ir busca-la auga ás nubes das que nos cae? Seica temos ás? Ou é que pensas enganchar unha esqueira de cordas nun corno da Lúa, e logo aganchar por ela? Es un fantasioso. Estás completamente fóra do teu san xuízo! Boh, boh, cala e non digas burradas!
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
FALADOIROS NO MUÍÑO (1º TRIMESTRE)
- Si, si, Bordonia está tolo…! Bordonia toleou!- recitaron os demais a unha soa voz, ao mesmo tempo que imitanban ó vello patrucio acenando co dedo. Bordonia non fixo caso das burlas e proseguiu, elevando a voz: - Aquí os que estades tolos sodes vós! Eu teño unha boa idea que nos pode permitir ter auga aquí, ao pé da fraga, sen que nos teñamos que desprazar nunca máis na súa busca. - Boh, boh, boh! Bordonia é un iluso! Bordonia é un iluso!berraron á unha os otros, sacudindo tamén a man cara atrás, como fixera o vello Alciareo. - Calade xa dunha vez, pasmóns! Lévovos escoitando máis de media hora detrás da Silveira, e non sentín máis ca burradasdixo unha voz dende atrás. Era a avoa de Bordonia que regresaba de sacia-la sede despois de comer algo -
máis dunha tonelada de laranxas-. Xa sabedes que cando un non ten quen o apoie e defenda, as avoas sempre están dispostas a facelo. E isto era o que pretendía Andaricia, que así se chamaba a vella xiganta, que proseguiu diciendo: - Dende logo… vaia tribo de xigantóns que estades feitos…! Calquera o diría de vós! E moito menos de ti, vello alarbio!recriminou aínda con maior ton de voz, dirixíndose a Alciareo-. Ti, que por vello xa debías ter un pouco máis de siso, compórtaste igualiño ca un neno de trescentos anos. Parece
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
FALADOIROS NO MUÍÑO (1º TRIMESTRE)
mentira! Se ata me está entrando vergoña de ser unha xiganta desta tribo de baibóns! Que pena! Ante as duras e dramáticas palabra de avoa Andaricia, todos calaron e agacharon a cabeza. Por saír do paso o vello Alciareo desculpouse tatexando: - Muller, tampouco é para ponerse así. Todos nos podemos equivocar alguna vez. Non? - Lerias!
Pódense
equivoca-los
novos,
que
non
teñen
experiencia e son un pouco tarabelos; pero non os vellos, que antes de metérmo-la pata debemos cala-la boca, que para iso sómo-los maiores da tribo! Estache boa a cousa…! - Pero… - susurrou avergoñado o vello Alciareo. - Nada de pero! O menos que se pode facer cando alguén di ter unha solución para un problema é deixarllo explicar; porque pode ser que, efectivamente sexa unha boa idea que se poida levar á práctica. Ou, se non o é, pode que o simple feito de oíla, faga pensar ós demáis, e así, entre todos, quizabes se cheguen a atopar verdadeiras solucións para poder resove-los contratempos dunha maneira definitiva. Logo deste discurso tan contundente, ó vello Alciareo e ós demáis non lles quedou mais remedio que pedirle desculpas a Bordonia. Este aceptounas encantado e, como se non pasara nada, empezou a explica-la súa idea.
- É necesario-dixo- que nos poñamos todos de acordó e confiemos nos resultados. Doutro modo a cousa non sairá
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
FALADOIROS NO MUÍÑO (1º TRIMESTRE)
ben, pois non pode ser labor dun só individuo. Teño confianza e creo que dará resultado, todo é que non nos desanimemos. - Se tan seguro estás, é cuestión de que nos contes dunha vez cal é a túa ocorrencia. Se lle vemos algunha posibilidade de éxito, poñerémonos máns á obra- recoñeceu o vello Alciareo. Era sincero e con toda seguridade estaba disposto a traballar se con iso se conseguise, dunha vez por todos, acabar co problema da auga. - Pois ben. O que pensei é o seguinte: Non teriamos que preocuparnos se chove ou deixa de chover para apagármo-la sede, se conseguimos almacena-la auga dalguha maneira. Cando chove a a auga é absorbida pola terra e polas plantas, e xa non hai maneira de recuperala. Pero se facemos unha canles no chan, uns regos moi grandes onde se poida ir reunindo a auga da chuvia, entón, non teremos mais ca vivir cerca dun deses depósitos para termos auga a verter, e poderimaos beber cando nos petase. Houbo moitas exclamacións de abraio e a avoa debuxou un feliz sorriso, que viña querer a dicir que estaba moi satisfeita por ter un neto tan enxeñoso. Bordonia, que tamén se decatara de que a súa idea parecía ser interesante, proseguiu relatando os pormenores: - Téñoo todo calculado. Mirade, se almacenásemos auga por este método, incluso nos sobraría moitísima, polo que creo que as canles teriámolas que levar ata o mar para que descargasen alí a auga sobrante. O entusiamo era total entre os alarbio. A avoa Andaricia non cabía en si de satisfación, e non paraba de exclamar:
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
FALADOIROS NO MUÍÑO (1º TRIMESTRE)
- Xa volo dicía eu! Xa volo dicía eu! Hai que deixar que a xente expoña as súas ideas por moi estrañas que poidan precer e por moi difícil que se vexa a
solución. Ven aquí, meu netiño! Deixa que a túa avoa che dea un bico, miña prenda! A avoa colleu ao seu neto polo pescozo e deulle un grande e sonoro bico que fixo que Bordonia se puxese todo colorado. O vello Alciareo agachouse e colleu un pau para riscar o chan, e planerar como terían que face-las canles. - Como cres que se deben facer esas conduccións, Bordonia?preguntou rascando a cabeza-. A min non se me ocorre nada. Como non sexa coas mans… - Deches no cravo, meu querido Alciareo! Non temos máis que cavar coas nosas mans, que son fortes e robustas. Así farémo-las canles de recollida de augas. Pero antes de empezar e comunica-lo noso proxecto aos xigantes do mundo enteiro, cómpre que planeemos un pouco como deben ir as canles, que dirección lles temos que dar, e cantas serán necesarias, máis ou menos, para cubri-las necesidades de todos. Se non o facemos así, corrémo-lo risco de crear un envurullo de tal magnitude, que podemos bota-lo mundo a perder. Así que imos organizar ben o labor. Entre varios debuxaron no chan un amplo mapamundi con tódolos continentes e océanos. E xa sobre el, Bordonia e Alciareo foron riscando coa vara, aquí e alá unhas raias, con voltas e sen voltas, quer longas quer máis curtas, ora máis anchas ou máis estreitas.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
FALADOIROS NO MUÍÑO (1º TRIMESTRE)
Cando lles pareceu dabondo, pararon de debuxar liñas, deixando o mapa conformado de forma máis ben caprichosa. - Agora xa nos podemos poner mans á obra!- exclamou Bordonia alborozado, cando deu por rematada a planificación. Tódolos xigantes do mundo recibiron a noticia e as instruccións que deberían seguir para realiza-lo plano de Bordonia. E todos viron con moi bos ollos o proxecto, e de a China a Fisterra, e dende a Laponia a Nova Celandia, todos seguiron rexamente as instruccións do xigante Bordonia.
Unha vez acabado o labor, que fixeron de contado(para algo eran xigantes)agardaron a chegada das primeiras chuvias. A espera fíxoselles longuísima e, vale dicir, desesperante. Cando alguén agarda por algo, parece que nunca chega. Pero por fin choveu, e choveu moito… E todo sucedeu como Bordonia imaxinara: as augas acumuláronse e discorreron polos regos, chegando, despois de moitas peripecias, todas resoltas ao mar. E a abundancia era tanta, que a auga non paraba de deitar en ningún momento. A alegría foi inmensa no mundo dos xigantes. Houbo sete semanas de festa continua. Por fin, despois de tantos milleiros de anos vivindo sobre a Terra, os xigantes non tiñan que agardar pola chuvia para poderen beber. Todos rían a chachón de felices e contentos. E como todos rían, deron en chamar “ríos” ás canles polas que, dende entón e para sempre, circulaban a auga. (…) C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
FALADOIROS NO MUÍÑO (1º TRIMESTRE)
- E os ríos pequenos? - Os ríos pequenos fixéronos os nenos xigantes. Cando vían o que facían os seus país, eles imitábanos riscando sucos coas súas pequenas xigantes mans. Era como un xogo, pero así se fixeron a maior parte dos afluentes de tódolos ríos do mundo; e, por suposto tódolos pequenos ríos, regachos e fontes.(…)
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
FALADOIROS NO MUÍÑO (1º TRIMESTRE)
TRÁEDEME UN CONTO
A QUE SABE A LÚA?
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
FALADOIROS NO MUÍÑO (1º TRIMESTRE)
Ana Ferrer, nai de Noa, veu ao cole a contarlle aos nenos/as de 3 anos o conto A QUE SABE A LÚA?. Despois de contarllo agasallou a todos os nen@s con biscoitos para que degustasen o sabor da Lúa
SE QUERES VER MÁIS CLICA AQUÍ C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
FALADOIROS NO MUÍÑO (1º TRIMESTRE)
A XOANIÑA ROSMONA
JENIFER, A NAI DE ANTÓN, tamén acudeu á aula para contarlle aos nen@s o conto da XOANIÑA ROSMONA.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
FALADOIROS NO MUÍÑO (1º TRIMESTRE)
Se queres ver o vídeo clica no enlace VÍDEO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
FALADOIROS NO MUÍÑO (1º TRIMESTRE)