Malvela

Page 1

DÍA DA MULLER

8 DE MARZO C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO


MALVELA

Malvela queren dar una homenaxe a todas esas mulleres que sufriron malos tratos físicos ou psíquicos, e que un día foron quen de abrir esa xanela na que tanto tempo estiveron agochadas sen poder gozar dunha liberdade e un respeto ao que todas temos dereito. O noso desexo é que sigan abrindo todas as xanelas do mundo e, a curto prazo @s nos@s fill@s, net@s e bisnet@s poidan vivir nun mundo no que sexa una realidade o respeto mutuo e a igualdade (MALVELA – DA MIÑA XANELA Á TÚA) C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO


MALVELA

Malvela é un grupo de mulleres de distintas xeracións, dos 86 anos da Señora Carmen aos 32 de Raquel Senlle, preocupadas por rescatar do esquecemento os cantos vellos da comarca de Mos-Porriño na fronteira con Portugal. O grupo naceu dun curso de cantos populares impartido por Uxía na súa aldea natal, Sanguiñeda.

TERESA. Inxenua, xenerosa e alegre. Gústalle a boa conversa, vestir de cores, a música e tamén colaborar no que sexa preciso para o bo funcionamento do grupo. Ten moito sentido do humor e está sempre contenta e disposta a viaxar e a contar historias.

C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO


FITA. Grande nadadora, vitalista e boa cociñeira, amante da boa música e organizadora

de

vocación.

Puntal

necesario no grupo, é moi disciplinada e carismática. Nai de Raquel, Ana e Uxía... Ahhh...

CLARA. De Mosende. Ela é a personificación da tenrura, a que máis romances sabe transmitidos pola súa nai Dorinda, de quen tanto aprendemos, a quen tanto agradecemos. Ten unha memoria prodixiosa para as coplas e a música que se cantaba nos fiadeiros. Ensaiamos na súa nobre e xenerosa casa, que sempre foi e será a nossa tamén, coas plantas, os animais, o pan de millo, o traballo no campo e na costura.

ADELA. Nunca ten frío. Gústalle traballar no campo, falar, bailar e animar una noite de troula. Polo entroido

sempre

se

viste

de

mascarita e ten unha bonita voz. Séntese moi de Sanguiñeda e coñece cada recuncho da parroquia

C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO


AURI. Faladora, simpática e o sorriso máis aberto e espontáneo de Malvela. Goza da vida, das plantas, das longas camiñadas

polas

mañáns,

dos

concertos e dos ensaios. Hedonista onde as haxa, tamén é una peza clave do grupo. Cando non está, nótase moito. SEÑORA CARMEN. Ten unha voz moi persoal, telúrica, pegada á terra.

É

solista

de

Malvela

e

ademais ten editado un disco en solitario: Na Flor dos meus anos. Sabe todas as letras e ten a virtude de cantar non só coa voz senón tamén co pensamento. Ela é a que ten máis xuventude acumulada, a de máis idade mais sempre con boa disposición para ensaiar e para a conversa. Cantar mudoulle a vida. CARMEN. De orixe portugués e timbre de voz precioso, ela sabe aínda moitas desas pezas raianas que tanto nos prestan e ademais é dona da retranca e do humor máis requintado. Malia que se nos foi de Sanguiñeda para O Porriño, leva esta parroquia no corazón ADELA. Nunca ten frío. Gústalle traballar no C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO


SILVINA. Xenio e figura. Lánzase á pista de baile con brío e graza e ten unha fermosa teoría:

"non

enfermaremos

mentres

cantemos e movamos pés, corpo e brazos". Especialista en rumba e dunha enerxía contaxiante que comunica moi ben co público .

LINA. Gústalle pintar, cantar e presentar ao grupo. É moi discreta e sempre atenta nos ensaios. Observadora, cariñosa e traballadora. Vive no camiño da Cerámica e a súa casa está sempre colorida con hortensias e flores

DINA. Sorriso encantador, é unha das que máis disfruta dos ensaios

e

dos

concertos.

Desenvólvese ben co coiro e en xeral coa artesanía. Dáselle ben inventar

coplas

enxeñosas

facilitarlle a vida ao seu entorno

C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO

e


CARMIÑA. Filla de Clara. Sen

dúbida,

a

máis

simpática do grupo, de riso contaxioso e moi pillabana. Como a collas nun bo día, non para de encadear unha historia con outra. Chora moito, pero de risa.

MARUXA. A que aturuxa e a máis alta do grupo. Peza punteira e unha das fundadoras. Sabe moitas cancións lindas e sempre está lista para unha festa e un baile. Desde o principio, apostou por Malvela e goza como unha nena cos pasodobres e as muiñeiras

PACA. De ollos azuis e das Pontes, ela leva xa toda unha vida no Val da Louriña e sabe cantar e bailar con gusto e alegría. Gústanlle os seráns e tamén cantar con Fonteliño e tocar a pandeireta nun pasarrúas, nos escenarios ou nas festas que se improvisen.

C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO


CHOLA Choqueira, traballadora e moi amante da música que lle vén da rama paterna, vinculado o seu pai ás Rondallas de Redondela como autor tamén das letras. Estuda linguaxe musical e as súas afeccións están todas elas relacionadas coa súa gran paixón: a música. MARUJA.

Unha

das

máis

fermosas voces de Malvela. Ela naceu

con

vocación

de

cantadora e ten o don da boa interpretación. Recén chegada ao grupo, xa empatou con todas e ten moitas ganas de poder mostrar o seu talento. Cumpriu o soño da súa vida, cantar nos escenarios. Di que ha de morrer cantando xa que chorando naceu. SUSI. Sanguiñeda moitos

Naceu e anos

en durante foi

perruqueira. Comenzou tocando

nas

manifestacións de Nunca Máis a pandeireta e xa non parou desde aquela .Guapa, con estilo e moita vontade de viaxar co grupo, cantar, celebrar a vida e gozala cada segundo. Un exemplo de coraxe e alegría que admiramos todas. C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO


ANA SENLLE. Directora do grupo e profesora de música, ensaia as nosas voces e ten unha paciencia infinita para que soemos afinadas. Ten un gusto exquisito para escoller repertorio. É solista do grupo e canta moi lindo, con dozura e moitos anos de voo na música tradicional, ademais de ser unha virtuosa pandereteira. Estámoslle moi agradecidas polo traballo cotiá e arduo.

OS MÚSICOS

GUSTAVO DOMÍNGUEZ.

RAQUEL DOMÍNGUEZ.

C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO


PABLO CES

ANXO PARDO

SÉRGIO TANNUS.

C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO


CANCIÓNS

DA

TERRA,

MULLERES

DE

VOZ

Cantaban nas súas casas, tiñan nos seus corazóns as cantigas das avoas e un día puxéronse a facer festa con elas para achegarnos o seu tesouro musical. Malvela ofrécennos as cancións que veñen da terra, a cultura das nosas aldeas, os sons de noso. Somos a música que creamos, as cancións que moitas voces interpretaron a través dos tempos, as melodías que nos identifican. Malvela son varias xeracións que se xuntan para transmitir o máis rico legado, cantigas interpretadas en celebracións tradicionais que agora elas recuperan para levar aos máis diversos escenarios ou para que soe nas nosas casas a través dos seus discos.

O segredo do éxito de Malvela descóbrese ao velas cantar. Cando danzamos cos ritmos que nos transmite este grupo de mulleres que vai desde os máis de oitenta anos ata os trinta e pico dámonos idea de que a nosa música tradicional non entende de idades, móvenos en todo tempo, forma parte de nós. Cunha década de actuacións nas súas costas, Malvela visitou un feixe de escentarios, pero son recoñecidas tamén polas súas múltiples aparicións televisivas. Por este medio popularizouse un dos temas do disco Da miña xanela á túa, o rabioso “Pirimpimpín” que é a banda sonora da existosa serie Padre Casares e que nada máis soar ten a virtude de facernos mover os pés e as bocas. C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO


DISCOGRAFÍA

Que o pano non me namora (2002) As cantareiras de Mos debutaron con este álbum que inclúe 14 temas de natureza diversa, no tocante aos ritmos e aos contidos: folclore raiano, coma o malhão, e tamén galego, con foliadas, muiñeiras e cantos de traballo e de camiño, entre outros. Contacto

O aghinaldo (2004) O CD está adicado integramente aos cantos de Nadal: panxoliñas, aninovos, xaneiras e cantos de reis que ranchos e rondallas popularizaron en todo o Val da Louriña e mesmo en Portugal.

Da miña xanela á túa (2007) Con este disco, Malvela quere render unha homenaxe a todas esas mulleres que sufriron malos tratos físicos ou psíquicos, e que un día foron quen de abrir esa xanela na que tanto tempo estiveron agochadas sen poder gozar dunha liberdade e un respeto ao que todas temos dereito. O noso de

Raianas (2011) Gravado ao vivo no Multiusos de Mos o 31 de maio de 2011, Raianas é unha viaxe pola música de ambas as dúas beiras do Miño, na que aparecen cantos tradicionais e actuais e na que soan temas novos xunto con algúns dos máis coñecidos do grupo, como a versión de “O Pirimpimpín” que se escoita na serie Padre Casares, que por primeira vez foi gravada en disco

C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO


ENLACES WEB http://www.malvela.eu/ http://www.ghastaspista.com/malvela.php VIDEOS "Trubisqueira" http://youtu.be/ylNilYQ4L4I

"O Apalpador" Con ilustracións do conto "O Apalpador" de Xoán G. publicado por Biblos Clube de Lectores http://youtu.be/j23sS21ziZc

"O pirimpimpín" http://youtu.be/jPi3kUozZCY

A gota d'agua" Videclip do tema gravado no disco Da miña xanela á túa

http://youtu.be/M3pcugcZsZY REPORTAXE Carlos Blanco, Uxía e as Malvela falan do seu último disco http://youtu.be/pIRYxI744N8

C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO


C.E.I.P AGRO DO MUテ催前


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.