DÍA DA MULLER
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
AGROBIBLIO 8 MARZO DE 2016
Día Internacional da Muller recoñece ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home. Na antiga Grecia,Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra; na Revolución Francesa, as parisienses que pedían liberdade, igualdade e fraternidademarcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino. En 1857, morreron queimadas nun incendio, nunha fábrica textil de Nova York, 192 mulleres que facían folga para reclamar unha xornada laboral de 10 horas. Desde entón o Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, é conmemorado cada 8 de marzo, nun primeiro momento para reclamar o sufraxio feminino e dereitos laborais para as traballadoras,
posteriormente
para
loitar
contra
a
guerra
e,
hoxe
en
día,
é
recoñecido
pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e para facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
AGROBIBLIO 8 MARZO DE 2016
JOSEFA MASEGOSA GALLEGO (Oria, Almería, 1957) é unha astrónoma española, investigadora científica do CSIC no Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA) A actividade profesional compartiuna entre a astrofísica e os estudos de Mulleres e Ciencia. No campo de Mulleres e Ciencia, publicou unha decena de artigos sobre astrónomas, visibilizando ás astrónomas tanto históricas como actuais; impartiu numerosas conferencias e organizou diferentes eventos de difusión do papel da Muller na Ciencia. Cabe destacar a coordinación do programa da UNED para TVE "Mulleres nas Estrelas" É investigadora científica do CSIC no Instituto de Astrofísica de Andalucía
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
AGROBIBLIO 8 MARZO DE 2016
ISABEL MÁRQUEZ PÉREZ (Badaxoz, 1967) é unha astrónoma española. Licenciouse en Astrofísica en 1990 na Universidade Complutense de Madrid obtivo o seu doutoramento pola Universidade de Granada en 1994 (premio extraordinario de doutoramento). A súa actividade investigadora céntrase no estudo da actividade nuclear en galaxias a varias frecuencias (óptico, infravermello e raios X), No campo de Mulleres e Ciencia, coordina o grupo de traballo "Muller e astronomía" C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
AGROBIBLIO 8 MARZO DE 2016
JOSEFINA F. LING Naceu en Madrid. É licenciada en Matemáticas pola Universidade Complutense e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Actualmente é astrónoma do Observatorio Astronómico Ramón María Aller e profesora titular do Departamento de Matemática Aplicada da Facultade de Matemáticas da USC. Membro da Comisión 26 de Estrelas Dobres e Múltiples da Unión Astronómica Internacional e Conselleira Científica da Sociedade Astronómica de Francia. O seu libro titulado Esos astrónomos locos por el cielo - La historia de observación de las estrellas dobles, foi publicado no 2014 pola Universidade de Santiago de Compostela, permitindo coñecer aos lectores a apaixonante historia das estrelas dobres.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
AGROBIBLIO 8 MARZO DE 2016
Las astrofísicas del satélite Gaia se convierten en ´Galegas Destacadas´
As astrofísicas do satélite Gaia convértense en ´Galegas Destacadas´ O premio "Galegas Destacadas" do ano 2015 foi para as dúas mulleres con cuxa "colaboración necesaria" colocouse no firmamento "un satélite que nos vixía e vela por nós". Son as astrofísicas Ana Ulla Míguez e Minia Manteiga Outeiro A doutora Ana Ulla traballa na Universidade de Vigo e a profesora Minia Manteiga na da Coruña, desde onde colaboraron no equipo internacional da Axencia Espacial Europea que levou o proxecto do satélite Gaia.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
AGROBIBLIO 8 MARZO DE 2016
DÍA DA MULLER 1. QUE É PARA TI UNHA ASTRÓNOMA? 2. BUSCA NO DICIONARIO A DIFINICIÓN DE ASTRÓNOMA. 3. NOMEA DÚAS MULLERES ASTRÓNOMAS GALEGAS 4. QUE É UN SATÉLITE? 5. CITA DIFERENTES TIPOS DE SATÉLITES 6. QUE TIPO DE SATÉLITE É O GAIA ? 7. QUEN É JOSEFINA F.LING ? ONDE TRABALLA ACTUALMENTE?
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
AGROBIBLIO 8 MARZO DE 2016
8. BUSCA 8 PALABRAS RELACIONADAS CO PROXECTO. Se o fas correctamente conseguirás un selo para o pase ao LIBERESPAZO.
A S T R O N O B L H E A E S P L S T C O O I P O C S E P G E O L X U O L E S T R C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
AGROBIBLIO 8 MARZO DE 2016
N V A M S D F E
O M A B Z E N I Z O A L E T A A E L E T Ñ U D E E M I B L A P A
VIDEOS DE GAIA http://gaiavideo.ub.edu/ http://www.sea-astronomia.es/drupal/content/mujeres-en-las-estrellas
DOCUMENTACIÓN WEB:
TIPOS DE SATÉLITES
http://es.scribd.com/doc/51676072/El-satelite-y-Tipos-de-satelites#scribd
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
AGROBIBLIO 8 MARZO DE 2016