“
”
“Non hai espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le" (GÜNTER GRASS, premio nobel de literatura 1999) Todos ao longo das nosas vidas gozamos dun conto, dun momento máxico traído da man dun ser querido. Por iso ninguén dubida da importancia de contarlles contos aos nosos pequenos Precisamente por esa maxia e por ser o texto máis próximo e estas idades este ano levamos a cabo dende P.E.L.O, o proxecto " Cóntame un conto" É moi importante contar contos os nenos desde ben pequenos xa que: Establécese una boa relación afectiva entre o neno e o adulto. Estimula o desenvolvemento da linguaxe oral. O neno pode ler as imaxes dun conto, expresando o que ve, facendo hipótese do que pode pasar despois. O neno identifícase cos problemas dos personaxes dos contos e encontra neles a solución aos seus conflictos. O relato dos contos favorece o coñecemento espazo- temporal, onde sucede , cando etc