POEMA PARA MALALA PAZ XANEIRO 2015
C.E.I.P. AGRO DO MUテ催前
A HISTORIA DE MALALA
Compañeiras e compañeiros, Profas e profes, persoal laboral A historia de Malala vos imos contar:
Luns pola mañá, nunha aldea de Pakistán A nena Malala fai o mesmo ca nós, Da media volta na cama, E apaga o espertador
Esperta, meu amor, Dille logo a súa nai, Que quero para ti Un futuro mellor!
Agochados entre a roupa Leva os seus queridos libros, Pois non quere provocar A ira dos inimigos.
Cando volve para a casa, O seu bus é atacado, Pois a educación das rapazas Para os talibans…É pecado!
Moito sufriu no hospital, Esta xove Nobel da Paz Mais agora segue a loitar Pois a educación dos nenos As guerras pode evitar!
Agora repetide con nós Como dicía Malala: A educación é a única solución!
Alumnado de 3º A do C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
FRASES DE MALALA: 1.Un neno, un profe, un libro e un boli, poden cambiar o mundo.
2. A educación é a única solución.
3. Que as mulleres sexan independentes e pelexen por elas mesmas.
4. Algúns nenos non queren so consolas, queren un libro e un boli para ir ao colexio.
5.Tiñamos dúas opción: estar caladas e morrer, ou falar e morrer, e decidimos falar.
6.A educación é un poder para as mulleres, e iso é polo que os terroristas lle teñen medo á educación.Eles non queren que unha muller se eduque, porque entón esa muller será máis poderosa.
7. A educación non é oriental nin occidental, a educación é educación e é o dereito de cada ser humano.
8. Se se quere acabar a guerra con outra guerra, nunca se acadará a paz.O diñeiro gastado en tanques, en armas e soldados, débese gastar en libros, lapis, escolas e profesores.
9. Parte da natureza humana é que non aprende a importancia de nada ata que alguén nos arrebata algo das nosas mans.
POEMARIO
ALIMENTOS SAUDABLES
ALIMENTOS SAUDABLES:
A PETICION DO OVO
Érase que se era Un ovo xoguetón, E nun descoido, nun momento, Caeu preso nun tazón.
-Non me batas-dixo baixiño E decidiron facelo…Escalfadiño!
A AMÉNDOA VIAXEIRA
Érase que se era Unha améndoa amargada -Esta casca tan dura Non me permite ver nada!
-Quero saír deste traxe! Protestou con voz chillona E déronlle unha pasaxe Para un turrón de Xixona.
A SARDIÑA NAMORADA
Érase que se era Unha sardiña moi fina, Namorouse dun peixe espada, E selaron o romance Enriba dunha parrilla!
O PULPO VACILÓN Érase que se era Un pulpo moi vacilón
Number one entre os colegas, Vamos… Unha estrela do rock!
Tras tanto ensaio mariño Ao fin o seu debut chega Con pementón e sal gorda Cociñado á galega!
Alumnado de 3º A do C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO