Traballo de investigación a partires da flora e fauna dos ríos e convertido en texto poético. Alumnado de 4ºA
POLA BEIRA DO RÍO Pola beira do río Pasaba un merliño E ao lado do muíño afiaba o seu peteiriño (Rosana)
Pola beira do río Pasan dous paxariños Comendo un grilo Cantando o pío, pío. (Joel)
Pola beira do río Vin un ameneiro Un pouco dubideiro Ollando un zapateiro (Sara)
Pola beira do río Eu corro e tírome ao río Sen pensalo xogo cos peixes Á beira dunha rocha verde. (Iván)
Pola beira do río Hai un paxariño Que di pío, pío e voa Cando hai lúa nova.(Andrés)
Pola beira do río Pasa un paxariño No seu peteiriño Leva un bichiño. (Noelia)
Pola beira do río Camiñando vou Escoitando o cantar dos paxaros Que bonito son! (Antón)
Pola beira do río Pasou unha néspora Que de flor en flor Vai chupando o néctar ( Nerea Sánchez)
Pola beira do río Nadaban uns peixiños Que ían beber Auga no río. (Máriam)
Pola beira do río Hai un porco espiño Facendo ruidos Detrás do muíño. (Guille)
Pola beira do río Eu camiño amodiño Un coelliño vén Conmigo polo camiño.(Lucía)
Pola beira do río Canta un merliño Co seu peteiro amarelo Da cor do marmelo. (David)
Pola beira do río vai un esquío De árbore en árbore Saltando o río. (Nerea Gui)
Pola beira do río Nadan as troitas, Pola beira do río enriba das follas. (Cintia)
Pola beira do río navega un barquiño Cheo de paz E esperanza para o río. (Nuria)
Pola beira do río Voaba unha xoaniña En cada punto Unha gota de cariño. (Hugo)
Pola beira do río Emigran as anduriñas En cada país Repartindo alegría. (Inka)
Pola beira do río Coxea un vermiño Levouno unha águia Para o seu niño. (Yago)
Pola beira do río Saltaba un saltón Sobre o río Sar Pasou sen pensar. (Dominic)
Pola beira do río Hai espadanas Altas para riba Parecen espadas. (Nerea González)
Pola beira do río Recollín cogumelos Redondos e branquiños Están para comelos! (Manuel)
Pola beira do río Remonta un salmón Subindo as fevenzas A todo pulmón. (Laura)
Pola beira do río Camiño eu Nun soño de esperanzas Como peixe nunha tanza. (Raúl)
Pola beira do río Caían as follas No medio dos lirios Enriba das toupas. (Teresa)
Pola beira do río Camiñamos todos Os nenos e nenas Do Agro do Muiño.