CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
C. E. I. P. AGRO DO MUÍÑO As Cortes – Ortoño, 15228 Ames (A Coruña) Tel.: 981815836; Móbil: 609367359 ; Fax: 981815854
http://centros.edu.xunta.es/ceipagrodomuino/ E-mail: ceip.agromuino@edu.xunta.es
PROXECTO POESÍA TEMA: O CAMIÑO TEMPORALIZACIÓN :2º TRIMESTRE1º Buscar na rede enlaces / páxinas interesantes sobre poesía en idioma galego ou castelán. Incluír estes enlaces no blog da biblioteca ou na páxina do cole.Pode realizarse un dosier en soporte papel ou dixital cos poemas seleccionados no ciclo. 2º.- As poesías deben incluír ou suxerir o termo CAMIÑO.O camiño non ten por que ser físico.Pode tratarse da evolución dun personaxe, dunha secuencia ou dunha historia en forma de verso. 3º Elixir un poema por curso para traballar na aula.Se se considera, tamén podería ser un poema máis longo por nivel. ED.1.- ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A POESÍA EN INFANTIL Función: -
Seleccionar poesías en función do entorno e do interese do alumnado, (antes de elixir unha para traballar).
-
Demostrar que disfrutamos lendo para transmitir ese interese os nenos/as.
-
Pintar un poema previamente recitado, pode ser un primeiro paso para obxectivar emocións e intuicións.
-
Facer debuxos dos poemas que máis lles gusten.
Léxico -
Propoñer a busca dunha palabra significativa no poema.
-
Escribir un poema previamente memorizado.
Formato -
Aprender a diferenciar o formato dunha poesía do formato dun conto.
-
Reconstruír un poema desordenado.
-
Ordenar os versos da poesía escritos en tiras
Modo de lectura -
Facer importante o momento de ler poesía: esixir silencio, estar sentados comodamente e prestar atención ó relator. Procurar que ninguén interrompa.
-
Traballar a entoación.
-
Recitar poemas: a corro, todos xuntos, por grupos, intercalando estrofas,..
-
Lectura do poema por parte do alumnado: rindo, chorando, enfadado,..
-
Memorización e recitado.