RÍADA DE LIBROS
CON MIRADA PERIODÍSTICA 5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
Saída ao río Sar O día 26 de novembro 5º A e 5º B fixemos unha saída a un tramo do río Sar. O meu grupo foi primeiro a observar insectos. Déronnos unha rede e tiñamos que remover na auga para ver se colliamos algún. Arriba había unha mesa con bandexas nas que se metían os insectos que cazamos. Despois fomos ao grupo de observación das árbores, cada vez que viamos unha árbore nova tiñamos que buscar a folla nun libro. Vimos:carballos, edras, salgueiros, bidueiros, freixos, ameneiros, unha herba tintureira, e unha falsa acacia. Vimos tamén dous paxaros: o petirroxo e o corvo mariño real. Por último collimos unha mostra de auga, comprobamos o PH o nitróxeno e o osíxeno.
5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
Saída ao río Sar O martes 26 de novembro, os alumnos de 5º de Primaria do colexio Agro do Muíño fomos de excursión ao río Sar. Antes de saír, a profesora deunos unhas fichas para cubrir. Logo baixamos e fomos camiñando ata o río. Cando chegamos, a nosa guía Patricia díxonos que estiveramos calados para que os animais non se espantaran. A continuación fixemos equipos para analizar o estado do Sar. Uns recolleron follas, outros insectos e invertebrados, outros observaban anfibios e aves e por último outros recollían auga do río en tubos. Máis tarde merendamos á beira do río e algúns fomos con Patricia a coñecer máis vexetación do arredor. Con Patricia aprendemos que a falsa acacia é unha especie invasora. Finalmente collimos auga nun bote, e metímola en tubos máis pequenos para analízala. Primeiro, enchimos dous botes ata o borde. Logo outro ata a metade , e metímolles dúas pastillas a cada un, para saber o PH, o osíxeno e o nitróxeno disolto. O resultado non o sabemos, pero esperemos que esté san!
5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
Charla sobre os problemas do rio Sar O venres ,7 de marzo, tivemos unha charla na biblioteca sobre os problemas do río Sar. Un señor de 63 anos foi o encargado de darnos a charla. Comezou explicándonos o estado do Sar o que agora mesmo, teno pésimo. Logo ensinounos dúas botellas na que unha contiña auga mineral e a outra auga do río Sar. Atopamos unha gran difereza entre unha e outra, xa que a auga do rio era dunha cor castaña e con moita suciedade no fondo, mentres que a outra era transparente e sen ningún resto de terra. Díxonos que o Sar tiña esa cor polos vertidos que tiramos nós polo váter, polo lixo, polo fregadeiro... Despois falamos sobre unha folla de preguntas que nos fixera para saber como estaba o Sar nos tempos dos nosos pais e avós. Moitos dos nenos dixeron que daquela podíase pescar, bañarse, beber e lavar a roupa nas súas beiras. Mentres que agora a súa auga está moitísimo máis contaminada. Ademais explicounos o que debemos facer para que non todo o que tiramos acabe no rio. Díxonos que o aceite que usamos para cociñar hai que metelo nuns botes de
5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
cristal e logo tiralo no punto limpo, tamén que os medicamentos caducados hai que levalos á farmacia, que o aceite dos coches é mellor cambialo no taller…
A continuación mezclou a auga do Sar con: lexía, augarrás, xabón para lavar a louza, medicamentos e champú. Ao final ensinounos unhas fotos e vídeos dalguns sumidoiros pretos do río aos que desbordáballe a auga e os vertidos que levaban. ¡Aprendimos moito e pasámolo moi ben!
5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
VISITA Á DEPURADORA O mércores, 26 de marzo, fomos de excursión á Estación Depuradora de Augas Residuais(EDAR). Saímos do colexio e fomos andando ata ela. Alí estaba esperándonos Patrícia, a responsable de medioambiente de Ames, e dous señores. Os seus nomes eran Pepe e Pablo. Ao entrar dividímonos en 5ºA e 5ºB. Pepe foi o encargado de explicar ao noso grupo, e Pablo o de 5ºB. Nós dirixímonos ata a sala de control da depuradora, na que Pepe explicounos moitas cousas. Primeiro explícounos o que era unha depuradora. Díxonos que era un lugar onde chegaban as augas residuais das nosas casas, onde logo unhas máquinas depurábana ata deixala “limpa” e levábana ata o río Sar. Logo díxonos en que consistía o ciclo urbán da auga. Comeza no río, logo as plantas potabilizadoras que a limpan para que a podamos usar, a continuación as nosas casas e de alí ata a depuradora na que ao final depuraban as augas residuais e ao final tirábana no río Sar. A continuación explicounos o proceso de depuración das augas residuais dende que chegan ata que terminan no río. Primeiro separaban os componentes sólidos máis grandes e logo os pequenos. Despois as graxas e areas. A continuación pasaba a un tanque biolóxico onde unhas bacterias comían os compoñentes orgánicos. Ao acabar de explicarnos Pepe díxonos que saíramos para ver todos os sitios por onde pasaba o auga dende o principio ata o final. Cando saímos 5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
ulía todo fatal e descubrimos que a maior parte do olor era o lodo e os sólidos máis grandes. Despois grazas a un cono medimos o lodo que había no tanque biolóxico e deu 500. Ao final dimos unha volta polo que máis nos gustara. PASÁMOLO XENIAL!!!!!
Lucía González Arribas
5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
Visita á Aula de Natureza O venres, 21 de febrero de 2013, os alumnos de 5º fomos á Aula de Natureza en Ameixenda. Cando chegamos, Patricia, a monitora, estaba esperándonos, entramos á aula e díxonos que íamos a elaborar unha maqueta do río Sar, dixonos que os nenos de 6º xa fixeran a primeira parte da maqueta e que nos íbamos a facer a segunda parte. Despois de explicarnos o que iamos a facer dividíronnos en grupos. O grupo 1 quedouse abaixo, raspando a maqueta para facer o terreo e os outros foron arriba a debuxar nun papel especial as montañas, os afluentes…. Despois fixemos unhas casas con plastilina, pero mentras uns grupos facian as casas outros marcaban os afluentes na maqueta. Logo deixáronnos xogar dez minutos, e merendamos.
5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
Cando acabamos fixemos unhas montañas con porispán. Nós tiñamos pensado acabar a maqueta, pero resulta que se elabora entre varios cursos, empezou sexto, nós continuamos e agora os do ciclo de Educación Infantil teñen que acabala.
Pasámolo xenial, foi unha experiencia estupenda, gustounos moito traballar en grupo ese día, foi moi divertido, dounos un pouco de pena ter que volver ao colexio.
5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
VISITA AO MUNCYT E AO ACUARIO Hoxe, 28 de marzo do 2014, os nenos de 5º e 6º do Agro do Muíño fomos á Coruña a ver o museo Muncyt e o Acuario de Fisterra. Saímos as 10:00 do colexio e voltamos as 19:30. Cando chegamos á Coruña, tivemos que ir dar un paseo porque xa había visita no museo . Fomos camiñando un camiño no que se vía as pequenas olas e merendamos. Despois cando entramos no museo déronnos as entradas e deixamos as mochilas nun carro de metal. O primeiro que nos ensinaron foron dous robots que nos deron a benvida ao museo. Despois fomos a unha sala e o noso monitor, Paulo, fíxonos varias preguntas como unha busca do tesouro. A continuación subimos 6 pisos para ver a parte dianteira dun avión, un dos seus catro motores e unha ala. Ao final da visita fomos a unha sala onde fixemos un experimento para ver que substancias flotaban na auga. A continuación fomos a un comedor a comer os nosos bocadillos. Cando acabamos de comer, subimos ao autobús e fomos para o acuario. Cando chegamos o primeiro que fixemos foi ir ver as focas e tivemos que esperar un rato porque no acuario
5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
tamén había visita e xogamos. Cando entramos atendeunos unha guía chamada Raquel. O primeiro que vimos foi un banco de besugos e despois fomos a un corredor onde nos explicaron que no inverno en Galicia houbo un temporal moi forte no que o acuario estivo inundado. A continuación fomos ver moitos peixes uns de piscifactorías , outros de auga doce e outros de auga salgada. Despois fomos a responder unhas preguntas que nos deran os profesores sobre o acuario. Antes de marchar fomos a unha sala que estaba 2 metros debaixo da auga a ver un tabeirón toro que medía 3 metros, entre outros moitos peixes.Chamábase Gastón e tiña 17 anos. Cando volvemos ao colexio fomos vendo a película de Tadeo. !!!!PASÁMOLO XENIAL E FOI MOI DIVERTIDO¡¡¡¡¡
5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
ESTUDO DO RÍO SAR
5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
DATOS XERAIS Buscamos información na aula virtual do Centro NACEMENTO: O río Sar nace en Meixonfrío ( Santiago de Compostela ) a 300 metros de altura. CURSO: Pasa polas parroquias compostelás de Sar, Conxo e Laraño. Continúa por Bugallido e Ortoño (Ames) e os Ánxeles (Brión) e en Iria Flavia (Padrón) AFLUENTES: Pola dereita : Sarela, Fontecova, Roxos, Riamonte Rois e Senín. E pola esquerda: Vilar, Esparille e Costaneira. DESEMBOCADURA: O río Sar desemboca no río Ulla en Iria Flavia ( Padrón)
O RÍO DOS NOSOS AVÓS Recollemos información das enquisas realizadas no Centro polo profesor Patiño. QUE COUSAS PODÍAN FACER OS NOSOS AVÓS NO RÍO SAR? Podían beber auga, lavar a roupa , bañarse e pescar.
5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
QUE COUSAS PODEMOS FACER NÓS? Ningunha das cousas que facían os nosos avós posto que o río está moi contaminado e se facemos algunhas destas cousas poderiamos enfermar.
COMENTA AS DIFERENZAS Moitas, porque cando os nosos avós eran pequenos podían facer moitas cousas no río , pero nós non podemos posto que agora o río está moi contaminado , podían disfrutar moito máis do río.
SITUACIÓN ECOLÓXICA DO RÍO SAR Resumimos a ficha elaborada a partires da saída de inspección ao río ESTADO DA AUGA: Cor turbia, Cando fixemos a visita comprobamos que tiña moitos bichiños que indican que está moi i contaminada , ten moito lixo no seu interior.
5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
ESTADO DO BOSQUE DE RIBEIRA: Deficiente porque hai algunhas árbores propias do bosque de ribeira, pero en xeral
está en moi mal
estado.Abunda a falsa acacia que é unha especie invasora. Nun panel informativo lese : ”O estreito bosque de ribeira está moi deteriorado, aparecendo maiormente substituído polas algarrobas, unha especie invasora de orixe norteamericana propiade solos fondos e húmidos. Nos escasos lugares mellor conservados hai salgueiros, ameneiros, freios e bidueiros.. En Sisalde vese algunha fraga de carballo mesturada con castiñeiros.”
5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
Tamén pon “O BOSQUE DE RIBEIRA É FUNDAMENTAL NA CONSERVACIÓN DOS RÍOS”
ESTADO DA FAUNA E FLORA: Non hai moita fauna posto que o
río está moi
contaminado, Aínda viven algunhas especies propias de augas limpas , como a rata de auga, a londra ou a garza real., pero cada vez
en menos cantidade.Tamén veñen andoriñas na
5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
primavera. O día que fixemos a visita collemos un tricóptero, que, según nos explicou a guía, é un pequeno invertebrado propoi de augas limpas e que xa non acostuma haber. Aparecen especies invasoras, como o visón americano ou a tartaruga de florida que fan desaparecer as especies autóctonas porque compiten polo alimento. Da pesca, xa non hai lampreas nin troitas, según lemos nun cartel informativo, só quedan anguías. Na zona da Amaía hai cultivos de millo e prados.. Lemos no panel informativo “ Nas ribeiras destaca a vexetación herbácea como as persicarias, indicadoras dun elevado estado de contaminación orgánica . Metidas na auga medran espadanas e outras especies de zonas húmidas” Vimos edras e herba tintureira.
MALAS PRÁCTICAS QUE ENFERMAN O RÍO Buscamos información na aula virtual Enumera cinco malas prácticas e as consecuencias delas no río: Presencia de vertidos 5º E.P.
directos autorizados e C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
vertidos ilegais. Residuos de medicamentos de uso habitual. Residuos de produtos procedentes dos cultivos. Residuos de metais pesados propios da industria. Residuos sólidos como neumáticos,zapatos, restos de pañais, compresas...
5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
A AUGA QUE CONSUMIMOS Explica o Ciclo Urbano da Auga Para ter auga para beber na nosa casa e no noso colexio o primeiro que facemos é recoller a auga da natureza. A auga natural encóntrase nos ríos, no mar ou nos acuíferos. Conducimos el auga da natureza ata as plantas de potabilización. 1º POTABILIZACIÓN A auga da natureza non se pode beber. Para poder beber esta auga hai que potabilizala na planta de potabilización. A auga de chega a través de uns condutos, a fan pasar por unhas rexas para filtrala de follas, ramas, pedras e outros obxectos. Enseguida lle añaden un pouco de cloro, o cloro é o seu mellor amigo... é como o xabón e serve para limpiala de microbios. Despois pasa por uns filtros moi finos, que ao pasar a auga por alí e queda moi limpa . A auga está limpa, pero aínda non se pode beber, entón lle añaden un pouco de cloro a auga, para que viaxe con ela por todos los condutos sen ningún microbio. 2º. DEPURACIÓN A auga residual chega á planta depuradora. Para limpar a auga realizamos un proceso chamada depuración. Separamos as cousas que contaminan a auga, como aceites, restos de comida, papel, ... Para facelo, deixamos
5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
a auga sucia reposando nunhas balsas de maneira que as cousas máis pesadas que leva a auga caen ao fondo. Despois facemos pasar a auga por outras balsas onde viven uns microorganismos que se comen toda a suciedade. Esta auga depurada podémola volver a utilizar para outras cousas 3ºRECICLAXE A auga depurada podémola utilizar para regar os xardíns de vosas cidades ,os campos, apagar incendios ...
POTABILIZAR E DEPURAR QUE É UNHA PLANTA POTABILIZADORA? Dise potabilizadoras ao conxunto de estruturas nas que se trata a auga de maneira que se volva apta para o consumo humano. COMO FUNCIONA? Existen diferentes tecnoloxías para potabilizar a auga, pero todas deben cumprir os mesmos principios: Combinación de barreiras múltiples (diferentes etapas del proceso de potabilización) para alcanzar baixas condicións de resgo. Tratamento integrado para producir o efecto esperado.
5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
Tratamento por obxectivo (cada etapa del tratamento ten unha meta específica relacionada con algún tipo de contaminante). QUE É UNHA PLANTA DEPURADORA? Unha depuradora é unha a instalación onde a auga sucia se somete a un proceso no que, por combinación de diversos tratamentos físicos, químicos e biolóxicos, se consegue eliminar as suciedades producidas polos homes. COMO FUNCIONA? A auga sucia se verte ao sumidoiro por industrias e zoas urbanas. A auga chega a la estación depuradora a través de un sistema de colectores. O tratamento iníciase no bombeo de entrada. Unhas rexas de desbaste reteñen a sucidade sólida máis grosa. A operación repítese con filtros máis espesos, que reteñen os restos máis finos. O tratamento continúa e acaba no descarnador-desengraxador onde, por procesos mecánicos, se funden as areas e flotan as graxas. Logo se aporta á auga a cantidade necesaria de osíxeno para que as bacterias fagan a limpeza dos restos biolóxicos A continuación añádese cloro para que las bacterias desaparezan. A auga xa limpa retorna á natureza e continúa o seu ciclo.
5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
SACO AS MIÑAS CONCLUSIÓNS Nós, os nenos de 5º fomos visitar un tramo do río Sar que está na rede Natura 2000, neste tramo, o río estaba moi contaminado e a nosa monitora, fixo un experimento , cunhas pastillas e coa auga do Sar para ver se o río estaba contaminado, e en efecto estaba contaminado.
Alejandro Guillermes.
5º E.P.
C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO