Río sar 6º ed primaria

Page 1


SITUACIÓN SATELITAL DA ZONA RÍO.

VISITA AO RÍO

OBSERVACIÓN

ESTUDO CIENTÍFICO DO ESTADO DAS SÚAS AUGAS

BIODIVERSIDADE

FAUNA, FLORA E BOSQUE DE RIBEIRA

DEPURACIÓN DE AUGAS


OS VERDES 6ツコB

CEIP AGRO DO MUテ催前


Índice.............................................................................2 Formación do grupo......................................................3 Introdución....................................................................3 Visita ao río...................................................................4 Análise da auga.............................................................6 Patrimonio etnogáfico...................................................7 A depuradora de Bertamiráns........................................8 Conclusión...................................................................9

Proposta de recuperación.............................................9

Bibliografía.................................................................10


Formación do grupo

Nome: Os Verdes.

Compoñentes: Ismael López, Luis Nicolás Vidal, Noa Rey e Sofía Méndez.

Roles Portavoz: Ismael Encargada de material: Sofía

Normas do grupo: Non ir por libre, deixar a zona como a atopamos ao principio, ninguén manda sobre ninguén, todos traballamos.


Introdución A contaminación é moi perigosa, está destruíndo montes, ríos, vexetación, mares...en fin matando ao planeta, é unha forma moi perigosa non só para destruír a natureza, senón, que nos estamos matando a nós mesmos. Temos que intentar usar menos o noso vehículo, ir en transporte público.. En Galicia hai moitos ríos e os principais son: Miño, Tambre, Eume, Ulla, Sil e Sar no que imos traballar. Tamén hai moitos espazos protexidos como: Parque das Illas Atlánticas, Dunas de Corrubedo, As Fragas do Eume... Por si non o sabedes estar protexidos quere dicir que non se pode cazar animais, estragar a flora..

Imaxe do tramo do río que imos a estudar


Visita

O día 3 de decembro fomos ao río, acompañados de Patricia.

A primeira visita foi preto da depuradora e alí víase o colector da mesma. A cor do fluído e o cheiro era malo, tamén había residuos como plásticos, latas e vidro. A auga fluía e o nivel era normal . Había moitos claros e a follaxe era moderada.

 A FLORA

Había un Callistriche stragnalis, unha planta acuática. Tamén abeleiras, un chopo branco, pradairo, salgueiro común e algunha vimbieira.

Arbustos na beira do río


 A FAUNA

Anfibios, unha rá de rego e un tritón. En canto as aves había unha lavandeira real, un merlo rieiro e unha garza

real que prendeu o voo cando a albiscamos.

Ra de rego

Garza real emprendendo o voo


ANÁLISE DA AUGA Cando chegamos ao muíño Patricia explicounos como tiñamos que traballar alí, había que recoller cos trueles uns microorganismos que indicaban a contaminación da auga, logo levabámolos a unhas concas onde os botábamos e cunha lupa determinabamos cal era a súa procedencia, o seu nome...

Collendo mostras para investigar

Quirónomidos (demostran o mal estado do río)


PATRIMONIO ETNOGRÁFICO Atopamos un antigo muíño e unha pontella por riba dunha canle que era a que antigamente levaba a auga para moer.

Os muíños usábanse para ir moer o gran e facer fariña, funcionaban coa forza da auga desprazando dúas pedras, unha enriba da outra.

A pontella é unha ponte pequena con un vano.

A DEPURADORA DE BERTAMIRÁNS

Unha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) ou Planta de Tratamento das Augas Residuais (PTAR) ten como obxectivo conseguir unhas augas residuais con mellores características de calidade. A de Bertamiráns é unha depuradora biolóxica, de lodos activados mediante o sistema de aeración prolongada, con un reactor biolóxico en


forma de canal de oxidación e con capacidade para eliminar nutrientes, acondicionamento e deshidratación de lodos mediante unha centrífuga.

Vista da depuradora Características de Deseño: Construída no ano .............................................2000 Poboación de deseño..........................................10.400 hab. Equivalentes Caudal diario.......................................................2.600 m3/día Caudal medio....................................................... 108 m3/h DB05 entrada........................................................300 mg/l DB05 saída........................................................... <25 mg/l S.S. entrada.........................................................360 mg/l S.S. Saída............................................................<35 mg/l Materia volátil das lamas....................................<40% Sequidade das lamas...........................................>20%


Proceso de limpeza: O proceso iníciase nun desbaste situado na obra de chegada dos colectores, a continuación dun bombeo da auga bruta a un pretratamento composto por dous canais de desbaste. Un canal de funcionamento automático, sendo o outro manual para a súa utilización en caso de emerxencia. De seguido disponse dun desareador desengraxador, e á súa saída unha medición do caudal. Desta porcallada sácanse moitos utensilios que se deberían tirar ao lixo como: bastóns dos oídos, compresas... Logo da medida do caudal lévase a auga a un decantador onde bacterias comen a porquería que quedaba sen limpar, máis tarde hai uns sopradores para que a lama se mova. A continuación hai un decantador secundario onde os lodos caen polo seu propio peso ao fondo do decantador, e a auga xa depurada cae por un furado. Como complemento á liña de auga disponse dunha liña para tratamento das lamas producidas, trata nunha primeira recirculación de lamas, un bombeo de lodos á zona de espesado, e un posterior secado dos mesmos mediante unha centrifuga.

Conclusión

Nós chegamos á conclusión de que o río está moi mal, moita xente maior di que hai uns anos bañábanse no río, lavaban a roupa alí, pescaban... Nós pensamos que as causantes desta contaminación foi o aumento da poboación, políticos e das industrias. Tamén pode ser das depuradoras que non funcionan como é debido pola razón que citabamos antes do aumento da poboación.


Proposta de recuperación

Todos os nenos e as nenas do C.E.I.P. Agro do Muíño estamos facendo unha maqueta de todo o percorrido do río Sar para expoñelo e que outras persoas o vexan e intenten contaminar menos o río. Se estivese limpo e ben coidado sería un lugar para poder pasear, pescar merendar…a súa beira. En canto aos gobernantes poderían facer novas depuradoras ou arranxar as que temos e que funcionen ben.


ESTUDO DUN TRAMO DO RÍO SAR

Grupo: Muiñada do Muíño

6ºB CEIP Agro


Introdución

Este traballo é un estudo sobre un tramo do río Sar próximo ao noso colexio.

O río Sar nace en San Lázaro, en Santiago de Compostela e desemboca en Padróń no río Ulla. Pasa por varios concellos, ademais de Santiago e Ames pasa polos de Brión, Rois e Padrón

En Padrón fixeron unha canle e así desviar algunha auga para evitar asolagamentos.


Nós indo cara o río Sar.

Visita ao tramo do río Sar, próximo ao colexio

O día tres de decembro, saímos as dez do colexio para ir a ver e estudar o tramo do río Sar comprendido entre a depuradora de Bertamiráns e o muíño de Sisalde.

Con nós viña unha monitora que nos explicaba cousas sobre o río, esa monitora chamábase Patricia. Cando chegamos vimos ao redor que non había herba se non area, logo un pouco máis lonxe do río si había herba e ben alta. Entón empozounos a dar información sobre o mesmo. As súas augas eran marróns, turbias e ulían mal, estaban así pola súa contaminación.

Ensinounos o colector

que estaba nun lateral do río polo que saía auga da

depuradora que estaba ao lado.


Tamén nos

falou sobre a fauna e a flora. Dicía que a súa flora non era moi

abundante debido a contaminación do río polo que este carece de sombra e isto tamén afecta a fauna porque os animais non teñen que comer nin onde agocharse. Había algunhas árbores ao lado do río, que tiñan as raíces ao aire o que indica o seu mal estado.

Esta imaxe mostra como está de contaminado o río:


Nós vimos algunhas aves como a garza

Vimos outras aves como a lavandeira branca, a lavandeira real, merlo rieiro...

Un anfibio, que era unha rá dos regos

E tamén algúns insectos pero os que vimos eran malos, isto o dicimos porque despois de darmos información sobre o río fomos a visitar unha construción na beira do río que era o muíño que estaba en moi mal estado, e aí foi onde analizamos


a auga, ese insectos que diciamos antes indicaban que o río estaba contaminado e se chaman quironómidos e tamén vimos solo unha larva .

Ao final nós volvemos ao colexio sabendo moito máis do río que vemos todos os días.

Patrimonio etnográfico

As construcións próximas ao río que atopamos foron o muíño de Sisalde e unha pontella sobre un regato que era o que levaba a auga ao muíño. O muíño está en mal estado, sen tellado e so coa mesa.


Elaboración dunha maqueta do río Sar

O día 7 de febreiro fomos á aula da natureza e estaba con nós a monitora que nos acompañara ao río. Alí fixemos unha maqueta do Sar os dous sextos. Dividíronnos en varios grupos e cada un tiña papel de calcar para copiar uns mapas, eses mapas indicaban por onde pasaba o río. Un grupo estaba abaixo debuxando unha cuadricula nunha especie de cortiza branca.

Visita á depuradora de Bertamiráns Unha depuradora é unha instalación onde ten lugar a depuración dás augas residuais. A depuración de augas residuais é o tratamento ao que se someten as augas residuais dás poboacións ou industrias co fin de separar delas elementos prexudiciais ou transformalos de maneira que resulten inofensivos.


Debido a que cando a auga chega á estación de augas residuais atópase contaminada de diversas formas (disolta ou en suspensión, inorgánica ou orgánica, etc.) é sometida a varios tratamentos. Pódense englobar en convencionais e especiais.

Os tratamentos convencionais son os seguintes: -Penetración. -Tratamentos primario/secundario/terciario. -Liña de lodos. Os tratamentos especiais adoitan aplicarse ás augas procedentes da industria e combinan tratamentos convencionais con procesos químicos (por exemplo a corrección de pH). Polo xeral unha EDAR trata as augas dun ámbito local, procedente da auga que se consume nas cidades. En ocasións algunhas fábricas, debido á contaminación que xeran, requiren a instalación dunha estación de augas residuais anexa para o tratamento da auga contaminada.

A raíz de estudar as condicións da auga do noso río, O Sar, fomos visitar a depuradora do noso pobo. A depuradora de Ames encóntrase ao lado do noso colexio, O CEIP Agro do Muíño en Ortoño. Fíxose para cubrir as necesidades dunha poboación de arredor de 10.000 habitantes, no ano 2000. Recolle as augas residuais do concello de Ames e dalgunhas aldeas de Brión e despois de tratalas devolve a auga limpa ao Río Sar.

Ao chegar a depuradora recibiunos un biólogo que traballa alí e explicounos todo o proceso. Empezamos polo pre- tratamento: nesta fase deixounos ver o caudal da auga que entraban para ser tratada e o olor era nauseabundo. Subimos unhas escaleiras para presenciar a segunda fase, o tratamento primario. Aquí vimos como se separaban os residuos da auga. Había de todo: plásticos, cueiros, paus dos oídos … entre cousas peores. Alí había unhas máquinas que recollían os residuos e os botaban nuns contedores.


Baixamos para ver o tratamento secundario polo que pasa a auga. O biólogo explicounos que nesta parte do proceso hai unha hélice debaixo da auga e uns tubos que expulsan aire para que o lixo que agora parece lodo suba á superficie. A auga que queda abaixo pasa ao tratamento terciario. O biólogo colleu auga cun recipiente en forma de cucurucho e deixou que a mostra repousase un anaco para mostrarnos como se decantaba o lixo, que ía para o fondo

Por último chegamos o tratamento terciario. Neste punto do proceso hai unha máquina que se move lentamente en círculos. Esta vez o biólogo meteu unha xerra na auga e sacou unha mostra limpa que comparamos coa do cucurucho. De aquí a auga vai ao río Sar.

Conclusións

Con todo este traballo vimos que o río está en mal estado, que fai anos aínda se podía pescar, lavar a roupa, bañarse ... De todas as persoas de Ames depende que o río sexa un sitio para pasear, divertirse sen ulir malos cheiros. Propoñemos: limpalo, vixiar as verteduras ao río e mellorar a depuradora.


RIADA 6ツコB

CEIP AGRO DO MUテ催前


Índice Nome do grupo

Introdución

Exploración do río

Muíño

A contaminación no río Sar

A conclusión e proposta de recuperación


Grupo Nome:

Ríada.

Integrantes do grupo:

Francisco Pazos Becerra, Irene Pérez Ferreira, David Vales Carballal e Nicolás Rial Pérez.

Portavoz:

Francisco Pazos Becerra.

En cargado do material:

David Vales Carballal.


Introdución. A contaminación dos ríos afecta a todo medio natural, facendo que a flora e a fauna sexan moi danadas ou que morran, tamén pode afectar as persoas que vivan preto. Os seres que viven nos ríos son: animais, plantas, fungos, algas e persoas. Os ríos mais importantes de Galicia son o Miño, Sil, Ulla, Eume, Tambre, Sar e Eo.

Algúns dos parques naturais de España son: Cíes, Ons, Corrubedo, Fragas do Eume...

A contaminación nos ríos afecta a todo o medio orgánico e natural.

A xente non pode atacar aos ríos de forma antinatural, afectando a todo ser vivo que habite nel.


Visita ao río Tramo do río

O día 3 de decembro fomos de visita ao río Sar, ao tramo comprendido entre a depuradora de Bertamiráns e os muíños de Sisalde, cunha monitora do Concello de Ames. Na visita ao río puidemos observar o medio natural.


.

Na nosa expedición puidemos ver moitas árbores de diferentes especies; entre eles o sabugueiro e o chopo.

Tamén vimos un colector da depuradora, que se supón que verte auga en bo estado ao río.

Estas son as especies de animais que vimos.

Mamíferos

Réptiles Píntega

Anfibios Ra dos Regos

Aves Garza Real

Insectos Babosa

Lavandeira Real Lavandeira Branca Merlo Rieiro

Gérridos Larva Mosca Mosquito ( Raza sen identificar. )

Peixes


Cando chegamos ao muíño comprobamos que a cor a auga estaba alourada e tiña mal olor analizamos a calidade da augas grazas aos insectos que habitaban nela. Para recoller as mostras utilizamos trueiros, lupas, cubos, recipientes, etc. Tamén encontramos un animal non identificado e unha ra dos regos.

Preparados para recoller mostras

A contaminación no río Sar. Na visita que fixemos ao río comprobamos o seu estado. Poderíase dicir que o seu estado actual non é o adecuado. Esta circunstancia comprobámola de moitas maneiras como por exemplo analizando os insectos que viven na auga, insectos que indican que o río non están en boas condicións, como por exemplo os quironómidos


As persoas maiores contáronnos que antes estaba en mellores condicións e podíase ver a xente lavando a roupa nel en verán a xente bañábase, pescaban… etc. .

As beiras do Sar cheas de plásticos

Visita á depuradora de Bertamiráns Unha depuradora, tamén chamada estación depuradora de augas residuais (E.D.A.R.) ou planta depuradora de augas residuais (P.T.A.R) é unha instalación onde a auga sucia se somete a un proceso, no cal por combinación de diversos tratamentos físicos, químicos e/ou biolóxicos conséguese eliminar os residuos provocados polos humanos. Pódese dividir a contaminación segundo estea disolta ou a que está en suspensión (flotación ou arrastre pola auga).


A auga sucia vértese ao sumidoiro polas industrias e zonas urbanas. Chega a estación depuradora mediante un sistema de colectores . O tratamento iníciase no bombeo de entrada. Despois séguense os seguintes pasos: Pre-tratamento : A auga pasa a través reixas e tamices para a eliminación de grosos non solubles como trapos, areas ou outros sólidos Tratamento secundario: Reactor biolóxico: Neste tanque viven millóns de bacterias. Estes leitos bacterianos xunto cunha aireación prolongada en tanques axitados axudan a osixenación da auga e converten esta materia orgánica disolta en compoñentes minerais. Esta mestura da auga con bacterias chámase decantación secundaria. O tratamento terciario: Son todos os tratamentos físicos e químicos. Hai diversos tratamentos segundo o obxectivo. O máis habitual é hixienizar para eliminar virus e xermes da auga.

Liña de lodos: Oos lodos procedentes das decantacións reciben un tratamento especial ata que se tratan como residuos sólidos urbanos ou ata que se poidan incinerar. Tamén se poderían utilizar como abono para a agricultura, pero non é posible pola probable contaminación con metais.

A depuradora de Bertamiráns, preto do colexio


Conclusión e proposta de recuperación O río está en moi mal estado, xa que foi descoidado durante anos gravemente de diferentes maneiras, pois pensábase que era capaz de absorber todo. A tirada de lixo incontrolada, verteduras de todo tipo…fixeron que agora estea así. As depuradoras que verten a auga non funcionan como deberían, a de Santiago é moi antiga e a de Bertamiráns queda pequena.

Propoñemos para mellorar o seu estado recoller o lixo, arranxar as depuradoras, facéndoas máis adecuada as novas circunstancias de poboación ou construír unhas novas, facer plantacións á beira do río para que teña sombra…

Todas as persoas debemos colaborar para recuperalo.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.