BRÉTEMA EDLG IES DE TOMIÑO
2012/13
BRÉTEMA 12/13 EDLG IES DE TOMIÑO
Brétema
Este curso a portada
santes no IES de Tomiño.
da nosa revista é negra.
cacións literarias, benvidas, despedidas... un mundo de
Só tedes que fixar-
Celebracións, festas, charlas, premios, publi-
vos no estado actual do
pequenos e grandes acontecementos dos que imos dar
sector do ensino público, e
conta nas páxinas seguintes.
seguro que o entendedes.
de todo o que vos imos contar.
Neste curso de
As imaxes da páxina anterior serven de lanzadeira
ataques ao ensino, de
protestas masivas e con-
medo... a ver se conseguimos entre todos e todas que
xuntas de profesores, pais
non sexa así.
e alumnos, das que damos conta nunha sección deste número, tamén pasaron cousas positivas e intere-
Brétema negra parece o título dun conto de
EDLG
IES de Tomiño. CURSO 2012/13
Puri Ameixide naceu nunha pequena vila da Galicia interior pero sendo nena trasladouse a unha gran cidade mariñeira e industrial. Desde pequena amosou interese polas letras o que a levou a estudar filoloxía en Santiago de Compostela. Na actualidade é profesora de lingua e literatura galega no IES de Tomiño e coordina a biblioteca do centro. Puri vén de publicar a súa primeira novela “Nada se esquece”.
En que momento comezou o teu interese polas palabras e polos libros? Pois imaxino que a primeira vez que xuntei o “t” co “o” e lin to, despois o “m” co “a” e lin ma, despois o “t” co “e” e lin te, o día que entendín que aquilo era un tomate, pareceume maxia. Nun futuro próximo, vas seguir escribindo? Tes algún proxecto en mente? Seguramente si. Xa levo moitos anos dedicándome a iso, o único que cambiou é que agora decidín compartilo e publicalo. Hai algún libro ou algún autor en concreto que te influise especialmente para ser escritora? Si moitos, desde a miña mocidade de lecturas de aventuras marabillosas de piratas e países exóticos, despois, a novela psicolóxica do século XIX e sobre todo a novela británica; Dickens, as irmás Brontë, Jane Austen,...Dostoiesky,. Todas esas lecturas que faciamos na miña época, que hoxe, xa non se fan tanto. Hoxe mandámoslle aos alumnos, ler literatura xuvenil, feita especificamente para eles, que tampouco está mal, pero hai un momento que deberiades dar o salto á literatura máis adulta. Tes algún libro que leses varias veces e algún que non puideches terminar? Hai algúns libros que sei case de memoria, por exemplo, estes que acabo de citar da narrativa do século XIX. E tamén hai libros que non puiden rematar, incluso algún que é de lectura obrigatoria na carreira, que circulaban os apuntes e finxías que o leras, igual que vos cando vos digo : “A ver cóntame o libro...non o liches?” “Si, si que o lin...” Eu tamén fixen trampas. Hai libros de recoñecido prestixio como o “Ulises” de James Joyce que o intentei
varias veces e que non fun capaz de rematar. Por algún motivo? Porque me gusta que nos libros haxa acción, que haxa algo co que eu me poida identificar, que me sorprenda... Cando un libro é moi preciosista e se para moito en descricións que logo non van ser útiles na trama, abúrreme e desconéctame. Que relación hai entre o teu traballo como profesora e o de escritora? Cando escollín a carreira de filoloxía, e logo elixín dedicarme a docencia, como profesora de lingua e literatura, era porque me gustaban os libros, gústame compartilo co alumnado e falar con vós dos libros que ledes e das opinións que me dade. Creo que é moi próximo, eu intentei inculcarvos ese gusto pola lectura. Xurdiu dunha aposta, a primeira noite do verán, ceando na casa dunha persoa que vos coñecedes, Teresa, a profesora de matemáticas. Empezamos a contar anécdotas do curso e fómonos para atrás e con iso de que era unha noite marabillosa de verán... cando nos demos conta estabamos contando cousas de cando eramos pequenos. Estabamos no cole, pero non de profes senón de alumnos. E vimos que había un material moi simpático, non só do que era a nosa vida senón do que era aquela época. A min apetecíame moito recrear os anos 70 porque estaban no medio, como perdidos entre os anos 60 a “década prodixiosa” e os 80 que tamén foron idealizados polo tema da transición e no medio, nos que eramos dos 70, estabamos alí como senón existiramos. Todas esas lembranzas que compartiamos, as cancións que bailabamos, o bocadillo de Nocilla...moitas vivencias de cousas que hoxe xa cambiaron moito. Por iso decidín facer unha novela recordando todo aquilo pero en presente, darlle un punto diferente. Non é unha persoa adulta que lembra a súa infancia senón que é a propia nena, en presente, que o conta, e iso é un punto diferente e orixinal que ten. Canto tempo levou escribila? Pouco, escribina en tres meses ou así. O que me levou moito tempo foi atreverme a publicala, iso levoume anos.
Foi difícil conseguir a súa publicación? Non. Fun moi ben acollida, a primeira vez que o intentei xa saíu. Dei cunha xente marabillosa que son os artífices de Redelibros, unha rede social na que tamén podedes entrar vos, se queredes. Apúntaste e compartes cousas sobre o libro, a literatura, hai posibilidade de debater sobre os libros que che gustaron, hai alí escritores, librarías, todo tipo de xente dedicada a isto, un espazo para mensaxes privados, para subir fotos, para facer o teu propio blog. Á xente
afeccionada á lectura ofrécelle uns medios magníficos. Eu alí sentinme moi a gusto e empezamos a acudir ás quedadas que son reunións de xente que se coñece só na rede e vin que hai había un sentimento , unha empatía forte e atrevinme a compartir este texto con eles, sobre todo con Fran Zabaleta que é o editor que lle deu a forma final a esta novela, cousa que lle agradezo moito, porque entre outras cousas descubrín que unha novela é un traballo de equipo.
Que hai de ti na protagonista da túa novela? Hai moitas cousas, sobre todo o espazo e o tempo. A protagonista da novela é unha nena de 10 anos que lle din que, cando termine o curso, van ir vivir a unha cidade. Iso era moi típico daquela época, sobre todo anos 60 e principios dos 70, aínda había ese punto de éxodo do rural, de pensar que a capital era calidade de vida, moita xente tiña esa idea, miña nai aínda a ten, vivir na cidade é bonito e é progreso, vivir no rural é volver para atrás dalgunha maneira, son anos nos que medraron estas grandes cidades como Vigo. A min pasoume iso, eu vivía nunha vila moi feliz, subindo polas arbores e tirándome ao río e os meus pais decidiron ir vivir a unha cidade, suponse polo noso ben, porque as nenas tiñan que progresar. A Laura Souto, pásalle iso, os últimos meses do curso, está pensando que o ano seguinte, xa non estará aí e fíxase máis nas cousas, sabendo que é a última vez que celebro esa festa,...alí na vila. Despídese e fai balance da súa vida. Iso, a min, pasoume nesa época, a mediados dos 70, e nesa vila que describo na novela, e que é a miña vila natal. Ao principio dicía o nome da vila pero un día, decidín borralo, e descubrín que era moi simpático, porque a xente gustáballe xogar a adiviñar de que vila se trata. Porque lle puxeches ese título ao libro? Porque a protagonista non quere esquecer, ela sente que vai perder toda esa vida e fíxase moito nas cousas que aínda ten como se xa se fora. Ese é un sentimento que se coñece como saudade e que é moi especifico galego-portugués. Ela fai todo ese esforzo de construírse a si mesma lembrando o que foi o seu pasado in-
mediato e deses anos que pasou aí na vila mais ese ano que está vivindo. Non quere esquecer porque para ela iso é todo o que coñece, é todo o seu mundo e quere deixalo na memoria para sempre. O título é unha oración enteira que me gusta moito, non me gustan moito os títulos dun sintagma nominal, gústame algo que rompa e quería algo diferente A que tipo de lector recomendarías a lectura de “Nada se esquece”? Ten que ser un lector un pouquiño experto, no sentido de saber fiar ben a narración porque coa escusa de que Laura ten 10 anos fan moitas cousas raras, saltos no tempo, empeza a contar unha cousa, parece como que se despista, mete outra polo medio, deixa moitos cabos solto. Un lector moi impaciente ou que quere que lle contén todo de maneira lineal, tal como vai sucedendo cronoloxicamente, igual se perde un pouco, pero polo demais é unha novela apta para todos os públicos e é unha novela con moita emoción, creo que a maioría da xente que a leu, se emocionou, riron, choraron, identificáronse con ela , para a xente que en xeral lle guste ese tipo de narrativa, a narrativa realista. Que ten que ter unha historia para chegar ao corazón dunha lectora coma ti? Emoción, e a emoción está por todas partes, da igual en que época suceda, da igual o argumento, o contido das aventuras. A emoción é sempre universal.Ti pódesme contar a pena dun pirata porque lle roubaron o seu tesouro e vale, moi exótico, está no Caribe e todo o que ti queiras pero a emoción, a maneira en que se describe a tristeza, ou alegría... iso é universal. Que consello lle darías a alguén que queira iniciarse como escritor ou escritora? Primeiro ler moito, e ir tomando modelos e tamén empezar imitando. A orixinalidade non xorde da nada, vaise aprendendo vendo modelos. Ler moito, moito e participar en todas estas redes sociais e en todos estes recursos que hoxe hai en Internet, gratuítos, moitísimos blogs de literatura, espazos de autopublicación onde ti podes compartir os teus textos. Primeiro ler, despois empezar a escribir e compartir, e despois, darlle certa importancia ás críticas que vaias recibindo e incorporando as suxestións porque o resto da xente tamén son lectores coma ti e danche a medida de ata que punto ti estás conseguindo dicirlles exactamente o que lles querías dicir. Na escola e no instituto, eras unha alumna que destacaba en lingua e literatura? Si que o era. Estaba mal noutras materias pero sempre me salvou a facilidade de palabra, o ben que improvisaba cando non tiña os deberes feitos , eu cun “aplomo” como que estaba lendo e as letras; lingua, literatura, historia, filosofía...si que se me daba ben, outras materias..., non tanto. Eu estou moi agradecida a algúns profesores que me consta que me aprobaron algunha asignatura que eu, en 2º de BUP, non era capaz de sacar, que sería o voso equivalente a 4º da ESO, eles souberon ver que eu era unha persoa con certas limitacións para esas asignaturas en concreto, pero que ía tirar para adiante, apostaron por min e grazas a iso estou aquí hoxe. Moitas grazas, Puri, e boa sorte.
Entrevista realizada por: Nuria, Teo, Aida, Gaby, Iria, Marta, Iago e Clara
2º ESO C
Sés Sés, Blues en estado puro. María Xosé Silvar Tola atrás de ti Imos falar do novo concerto da cantante Sés en clave de blues que se celebrou o pasado 20 de Abril. Actuou xunto ao seu guitarrista Jose Calviño “Tito”, interpretando, entre outras pezas, o seu famoso “Tola tras de ti”. Sés é unha cantante coruñesa licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social, ademais de ter feitos estudios de música e baile tradicional galego. As súas letras están escritas a conciencia e ten una actitude enérxica e independente, tanto enriba do escenario como cando se baixa del. Sés segue a sumar colaboracións e proxectos artísticos e ultima unha colaboración con Xosé Manuel Budiño e a súa banda para dar varios concertos na Arxentina.
Os seus concertos acostuman abrirse cun monólogo que introduce os temas. Na miña opinión, para este tema en concreto foi lixeiramente extenso. Nel vai abrindo paso á temática principal do tema, coa finalidade de facernos partícipes e cómplices da canción. O tema ten una temática orixinal, e Sés sabe enganchar e animar ao público. O seu guitarrista desenvolve un moi bo traballo de acompañamento. Sés interpreta correctamente os seus temas, aínda que ao meu ver ás veces abusa un pouco do súa voz e tende a gritar algo de máis (con esa voz, se eu fose cantante, tamén o faría).
Paula Perez, 4º ESO
Na celebración das letras Galegas deste curso, tocamos un tema do grupo “aCadaCanto” que se chama “Coplas de Estrelas”. Tes a luz que precisas Aquela que lembras O marco dos soños Mares de arpexios en roda De cordas que colgan Acordes que soan Dorondi, diretirati Tiritan iredeo Tes a voz que namora Na terra que fala A lingua que canta Coplas de estrelas que guían Amores errantes Nos cantos de antes Dorondi, diretirati Tiritan iredeo A voz que namora Na lingua que canta ACordes perfectos Na man do que a fala Arpexios en roda Nas coplas de estrelas Amores errantes Nos cantos de antes Aianara nana Aianara na
O pracer de escribir As etapas da vida. Paréceme moi curioso que cando somos nenos o noso desexo é facernos maiores, e a medida que imos crecendo, ese sentimento desaparece e convértese en nostalxia por volver a esa etapa da nosa vida na que non había preocupacións. Pero por que preocuparse da idade se en cada parte da vida hai algo novo que aprender e cousas que fan dela algo especial, de maneira que sentes que calquera persoa distinta cunha idade moi diferente á túa non pode entender? Na miña opinión, a infancia é a mellor época e a moita xente gustaríalle volver a vivila. A adolescencia é máis importante. Todos cambiamos moito, debemos comezar a a tomar decisións, sobre que imos facer no futuro… pero por outra parte considero que por riba de todo é a época máis interesante e divertida. Do todas formas sempre haberá alguén que prefira ser máis pequeno ou máis grande. Despois veñen os adultos, dos que non podo dicir gran cousa por que non vivín esta etapa, mais seguro que escoitastes aos maiores dicir alguna vez que lles gustaría ser mozos outras vez. Cada una das partes da vida terá cousas peores ou mellores, pero o que eu pensó é que se pasamos a vida lembrando o pasado ou pensando no futuro, perderemos o máis importante, que é gozar do presente. Beatriz Pereira Expósito 4º A
A.D. Tomiño Alevin e Infantil. A Asociación Deportiva Tomiño Alevín e infantil naceu o 3 de outubro de 2003 coa fin de poder darlles aos nenos e nenas da localidade a oportunidade de practicar un dos deportes máis aclamados: o fútbol. É unha Asociación sen ánimo de lucro, que busca o benestar dos seus xogadores. Eles son o máis importante, que cada final de tempada sexan mellores deportistas, mellores persoas. Dende a AD Tomiño deféndense os valores que transmite o fútbol base. Por riba de calquera partido, de calquera resultado ou rival, pensan que o fútbol sociabiliza aos nenos, , ensínalles que é o compañeirismo, o respecto aos demais, aprenden a perder, e tamén a gañar. Todos os rapaces xogan cada fin de semana, dá igual cal sexa o seu nivel, todos teñen os mesmos minutos ao longo da tempada. Buscan adestradores con coñecementos futbolísticos porque queren ensinarlles aos nenos correctamente, pero o que buscan sobre todo e ilusión e vontade. Esta Asociación segue una metodoloxía de traballo onde todos os adestradores seguen a mesma liña, para que os rapaces non noten cambios bruscos cando cambian de categoría ou adestrador. Un dos seus lemas é “Por e para os futbolistas” Ignacio Casal Iglesias 4º B
A música. Hai persoas que teñen una característica especial para facer deporte, para a escritura, para a fotografía, etc, e hai outras persoas que desenvolven una sensibilidade especial para a música. É un sentimento que aparece dende pequeno, que te fai cantar sen vergoña diante a xente, que te obriga a recoller información de calquera lugar sobre calquera tipo de música, a interesarte de cada vez máis por diferentes estilos e artistas… Cando te vas facendo maior daste conta de que precisas coñecementos máis teóricos sobre a música e que é imprescindible para ti tocar un instrumento musical, sentir que es parte da propia música , percibir como avanzas tocando e como, pouco a pouco, te vas convertendo nun verdadeiro músico. Para ser un bo instrumentista non tes que seguir o ritmo ou estilo de vida doutros músicos, o único importante de verdade é que vivas por e para a música, sen importar se che vai mellor ou peor, se tes éxito ou non. O único que queres é seguir aprendendo e avanzando. A música vaiche enganchando, por moito que os estudos sexan cada vez máis complicados, ti só pensas en ser mellor e acadar os teus obxectivos. Aínda que non cumpras os teus soños á primeira, debes tentalo sen renderte e loitando co máximo esforzo posible.Un consello que che dá un “proxecto” de violinista: se che gusta algo, loita por acadalo, sen importar o que che digan ou o que che custe.
Iria González Romero 4º A
Decisións e inseguridade. É difícil… é unha etapa literalmente agoniante. Falo dos estudos e dos factores que os condicionan. Como ben sabemos todos, esta etapa das nosas vidas é emocional e interiormente intensa (para incomprensión dos demais), e é difícil ser constante e centrarte nun tema aínda que, ás veces, tes que facelo en contra da túa vontade. Tes que tomar decisión de todo tipo e levalas a extremos nos que renuncias e perdes oportunidades por aproveitar outras, nas que non tes toda a certeza de que todo sairá ben. E logo, aí está a palabra “futuro”, que condiciona todos os teus pensamentos e inquedanzas e te acompaña ata o fin dos tempos. Provoca confusións,e que teñas que planificar posteriores feitos pensando o moito ou pouco frutífero que será o resultado, sempre co peso emocional que te une á túa familia e amigos e que te dificulta á hora de tomar decisión, aínda que, en certos aspectos (e en certo modo contraditorio), tamén te axuda noutros. Pois ben, dita fase da vida pasámola todos os seres racionais e con sentido da responsabilidade, e aquí é onde verdadeiramente comezas a coñecerte espiritualmente, onde a organización prima na túa simple e complexa mente, e na que certos principios e valores son a base da túa existencia e das túas consecuencias. Así é todo… e agardo francamente, que todo saia ben, o que quere dicir…. Non confundirme. Gonzalo Alvarez Alonso 4º ESO A
O Pelegrín. Ola, son Daniel, un pelegrín de doce anos. Despois de varios días camiñando voume achegando ao meu destino: Santiago de Compostela. Xunto cos meus curmás María e Xoán, que xa fixeran o camino o ano pasado emprendín esta aventura. Meu pai levounos ata a porta dos Ferreiros ou porta do Arco para iniciar o camiño en Tui. E dende alí comezamos a viaxe. O primeiro día foi xenial, eu estaba moi nervioso. Saímos con algo de néboa, atravesando a parte antiga de Tui. Iamos a bo paso, pero gozando da paisaxe e da xente que se ían uninod ou que se cruzaba con nós. Algúns saudábanos e adiantábanos sen máis e outros acompañábannos un treito contándonos as súas historias. Así, o camino foi indo e sen darnos conta xa era hora de comer. A primeira comida preparáranola miña nai, así que encontramos una boa sombra e alí fixemos o primeiro xantar. Á noitiña chegamos a Porriño, e quedamos a durmir nun albergue de pelegríns. Ao día seguinte continuamos a viaxe, eu un pouco máis canso, pero igual de ilusionado. Hou bo momentos nos que tiven ganas de chamar á casa para que me viñesen buscar, porque xa non podía máis, pero descansábamos un anaco e collía folgos para seguir adiante. Tampouco camiñabamos se ía moita calor, non nos importaba tardar un pouco máis. Atravesamos partes medievais e romanas, tamén algún resto de calzada romana e paisaxes maravillosos… pódovos dicir que nalgúns momentos quedei abraiado de tanta beleza, que fermosa é Galicia! Pasamos por Redondela, Pontevedra, Caldas de Reis e finalmente Padrón, onde pasamos a última noite. Non vos vou negar que xa ía moi canso, pero xa estabamos entrando na cidade do apóstolo… e sinto una emoción…! Ao día seguinte adicaremos o día enteiro a ver a catedral e esta fermosa cidade. Nunca esquecerei estes días e se podo volverei a repetilo, creo que despois disto son capaz de calquera cousa. Anímovos a que probedes e vos deixedes levar polo camino, que gocedes de cada paso e sobre todo que non perdades os amenceres e solpores da nosa terra. Daniel Magallanes Álvarez 1º B
Eu quero ser chef. Eu quero ser chef porque me gusta cociñar, pero tamén me gusta crear e adornar os pratos. Cando cociñaba a miña nai, eu pedíalle para axudala e ela dicíame sempre: “Es moi pequeno”. Eu cabreábame. Sempre que nos preguntaban no colexio que queriamos ser de maiores todos me miraban con caras raras e ríanse de min, pero a min dábame o mesmo. Vou abrir dous restaurantes: un en Tomiño e outro en Italia. Aínda non teño pensado o nome, pero probablemente o chame “Di Brandariz”. “D’Lucas” ou “Luca’s”, xa o pensarei. O importante é a intención, pensades que vai ser de pizza, hamburguesa… xa sabedes, comida pouco saudable! Pois non, vai ser de cinco estrelas. Pensaredes que o meu soño é ser chef, pero realmente é conseguir una estrela Michelin, o premio máis importante para chefs, ou sexa, como un Balón de Ouro para un futbolista ou o Anel de Ouro para os xogadores de baloncesto. Aínda que a miña nai quería que fose farmacéutico e a miña madriña POLÍTICO!, máis aburrido imposible, todo o día falando de que cumprirei todo se me votades, e ao final nada, todo una farsa, e despois non nos dades diñeiro para comer cos amigos porque hai crise… botádelle a culpa a eles!! Ben, como ía dicindo, eu non vou ser como eses xefes que só fan mandar, eu vou ser humilde e amable cos meus compañeiros na cociña, e preguntarédevos… que ten que ver un chef cun xefe? Pois que os chef son os xefes da cociña. Ben, non hai máis que contar, agardo que vos teña gustado e ata outra. Lucas Brandariz Fernández 1º B
Mentiras piadosas. Estou sentado na mesa do comedor, como calquera outro día,escoitando a miña canción preferida, sempre me identifico con ela. Entra a miña nai, mírame como se non me coñecera. Decido ir para o meu cuarto, sinto que me están espiando. Así que corro sen tregua, ata estar seguro de que estou s´ó. No colexio din que son raro, antisocial, o caso é que debe ser verdade. No único sitio no que me sinto seguro é no meu cuarto, cos cascos postos e illado do mundo. Ás veces escóndome no armario para pensar, e chega a miña nai, coa súa mirada triste de todos os días, e do, e cun sorriso imposto para que non me preocupe. “Meu fillo, temos que marchar, que o médico agarda”. Decátome de que se minte a ela mesma, pensando que son igual ao resto dos nenos, e que só é una fase despois da separación dos meus pais. Eu sei que non é certo, pero deixo que o pense. Ela, así, é máis feliz. Noa Iriarte Alonso 3º A
O Caldeiro Hoxe en día Un Instituto calquera Están aí. Seino. Sábeno.
Chego coma sempre ao instituto, mesma hora, mesma praza de aparcadoiro. Sexta empezando pola esquerda dende o enreixado. É a única que dá un pouco de sombra a partir das 12, cando cae o sol coma no deserto. Saio e enfilo cara a porta de atrás, a que está xunto á sala de caldeiras. Ao entrar polo corredor de 2º de Eso véxoos aí, arredor do caldeiro que está fronte as escaleiras que levan aos departamentos. Un caldeiro ben sinxelo, dos que se empregan para fregar o chan, cheos de auga. Enriba, no teito, un burato. Miras para el pero non parece que caia nada. Para todos os demais é só un caldeiro, se pasas por diante non verás máis que un cacharro que alguén pareceu deixar por algunha razón lóxica, pero se preguntas con coidado, ninguén sabe porqué está aí, quen o deixou, que fai aí. O problema é que este caldeiro non é o que parece. Lévoos vendo dende que comezou o curso. Hoxe son catro. Onte eran dous. Fan un curro coma se fosen a saltar da man e cantar cancións de nenos. Pero nin se dan a man nin cantan. Só miran cara non sei onde. Nin sequera fan un intento de querer aparentar outra cousa. Son gardiáns, como o foron os seus ancestros. Están aí só por él. Gardan e protexen. E sei que mentres paso cara o seu lado están atentos. Percíbenme, do mesmo xeito que eu os percibo a eles. Saben que o que quero é destruir o seu obxecto de garda. Quero rompelo, esmagalo e sentir como berran, como se esvaecen. Quero ver como sofren sen o seu amo. Velos consumirse pouco a pouco. Hoxe é o caldeiro, mañá será outra cousa, pero sempre é o mesmo: a escuridade. Gardiáns da nada chamábaos o meu predecesor. Pobre iluso!! Buscounos e loitou contra eles. En Ribadavia, en Mondoñedo. Un ano nun instituto, outro nun colexio de primaria pero sempre están aí. Non puido facer nada contra eles. Engulírono, ou mellor dito, deixouse engulir. Comérono. Se non tes forza, acabas sendo devorado. Adoptan formas concretas, rapaces que non destacan, que se deixan levar polo curso. Eles non se dan de conta. Un día saen da clase e van en busca do seu caldeiro, do seu monolito e o día seguinte xa son moitos máis e así ata ir converténdose en almas sen pena. Vagan polos corredores, semellan abrir os libros nas clases, pero xa están perdidos; non lles queda nada dentro, miran polas fiestras cara fóra pero non saben o que ven, o que unha vez foron. Por iso quero destruílo, quero que o mal desapareza, que volvan a ser rapaces que rin, que xogan, que brincan nos recreos.
O meu predecesor era débil. Profe de Física, gris e sen espírito. Mala elección. Nunca lle deberon asignar esta misión. Cando se quixo dar conta xa non tiña forza para rematar nin para levala a cabo e o caldeiro devorouno. Literalmente. Un día faltou á clase e pensaron dende a dirección que pedira unha baixa. Nunca máis se soubo del. Non tivo a mínima oportunidade. Ben sei o que lle pasou. Non o vou contar. Imaxinádeo.
Hoxe ás 11.40 no recreo soou o megáfono. Mentres baixaba as escaleiras que dan ao caldeiro o megáfono renxeu e un son que facía torcer o xesto pasou polos altofalantes do instituto. Os gardiáns botaron as mans á cabeza e botáronse contra a parede con cara de pánico. O son desapareceu e volveron onda o caldeiro. Semellaba que non pasara nada hai só uns segundos. Quedei parado. Despois de moito tempo hai un raio de esperanza. Teño que destruílo. Vaime custar pero hei de conseguilo. Por eles, por min, polo noso futuro. Eu sei o que teño que facer. Despois de tantos meses sei como destruilo.
Festa das letras galegas. Actos na entrada e nos xardíns.Calor abafante. Dálles o mesmo. Aí seguen, coidando do caldeiro, un cunha zamarra militar subida ata o pescozo, outro cun trebello electrónico que desprende unha luz mortecina. Aqueloutro coas mans nos petos e un sorriso parvo mirando á parede. Non lles interesa Vidal Bolaño penso para mín. Cáseque me dan ganas de rir. Chistes de profesor de lingua amargado. A profe de galego está subida nunha tarima robusta que lle da un aire a un mitin político mentres le varias composicións do escritor agasallado este ano. Os rapaces pululan polo xardín escoitando mentres unha música suave de reminiscencias celtas invade o ambiente. Todos, menos eles. Están aí onda o caldeiro. Seino. Síntoo aínda que non os vexa. Éntrame unhas coxegas por detrás das costas. O momento é chegado. É agora ou nunca. Detrás dos mandos do aparato de audio atópase coma todos os anos, L., o profe de música. Mirada extraviada, nótase que estaría mellor na súa casa de Goian tirado na herba e xogando co seu ipad que aquí, poñendo música de fondo a todo este rabaño de ovellas descarreiradas. Achégome onda el. -Chámate o dire - solto de forma casual. Mira para min coma quen podería ter mirado a un mosquito -Estás de coña, non? Quen carallo vai controlar isto, entón? -Eu mesmo, veña, que non ten ciencia ningunha - digo como quen non quere a cousa. Mira pra min, pra a consola de mandos, pra min de novo e segue sen decidirse a moverse. -Non sei....- di -Parecía importante - dígolle - algo da túa titoría e unha fiestra esnaquizada - invento -Caguenlaleche - estoura e o conxuro rómpese. Levanta coma un resorte e dime -Deixa a música de seguido. Temos para dez minutos. Non toques nada, eh meu? -Seguro, xefe. -Está no despacho, non?” -Que va. Anda no invernadoiro de forestais. Seguro que o atopas alí -Deus que cruz... E marcha a fume de carozo pola porta principal. Se todo vai ben, teño cinco minutos entre que busca a E., o dire, e volve. Saco o meu pen, o pincho do pc, e sento detrás da consola que controla a música. Métoo no seu oco e pecho os ollos. O momento é chegado. O que vin facer aquí hai un ano chega ó seu momento. Abro a carpeta que gravei onte na casa e aparece o arquivo que quero . O que vai acabar con eles. Segue a música de fondo. Agora as gaitas mestúranse con toques de arpa. Sen pensalo dúas veces doulle o arquivo do meu pincho..... A música desaparece e no seu lugar invade o instituto unha renxedura noxenta, semellante o dunha man pasando un anaco de ferro por un encerado. Subo o volume a tope. A xente bota as mans os oídos. Inaturable. Non teño tempo. Collo a mochila e corro polo pasillo cara o caldeiro. Sei o que vou atopar. Sei o que teño que facer.
Alí están como eu esperaba, os gardiáns coas mans na cabeza pegados contra a parede, boqueando, sen forza, desorientados polo son , o seu obxectivo sen protección. Non teño tempo que perder. Saco da mochila un frasco de líquido e bótoo no caldeiro.Gasolina. Non me poden parar mentres oen ese son polos altofalantes. Son imparable, son inmortal. Saco do meu peto un chisqueiro, acéndoo e bótoo no caldeiro. As lapas soben coma a escuma nunha boa onda no mar. Imparables, marabillosas, surfeando maxestuosas. A renxedura infernal dos altofalantes segue aí. E xunto a ese son devastador escoito outro son aínda máis desgarrador. O do mal que vive dentro do caldeiro, morrendo, berrando en alto antes de ser consumido. Miro os gardiáns retorcerse. Non poden facer nada, non teñen forza, non son ninguén sen a onda que lles emite o seu amo. O caldeiro xa é unha masa desfigurada. Non me queda máis nada que facer aquí. Síntome exultante. A dirección suporá que será unha baixa. Os meus compañeiros ficarán estranados un tempo. Que foi del? Despois esquecerán. Sempre o fan. Saio pola porta que da as caldeiras e ó aparcadoiro. Lisco de aquí como lisquei de tantos outros sitios no pasado. Non miro atrás. A miña misión acabou. Pero aínda me quedan moitas outras. Outros gardiáns. Outros caldeiros.
Setembro. Catro meses despois. Outro instituto calquera. Están aí. Seino. Sábeno.
NIGEL
O meu bisavó Arturo
O meu bisavó Arturo Torreiro Pérez loitou na Guerra Civil española no ano 1936 obligado a loitar no bando franquista, xunto co seu irmán Ramón. O seu outro irmán Antonio, que era o máis pequeño, non estaba obrigado a ir de soldado, pero el preferiu ir e non quedar na casa. Ao cabo dun tempo, déronlle a elexir os pais a cal dos seus fillos querían recuperar para poder traelo de volta a casa e que deixara a perigosa batalla, pero so podían elixir un. Foi unha decisión difícil e moi dura para eles, porque debían escoller tan só a un dos seus fillos. Os meus tataravós decidiron traer de volta ao meu bisavó, posto que era o que mais axudaba na casa, e así foi, o meu bisavó regresou antes do previsto. Cando acabou a Guerra Civil, o seu irmán Ramón regresou vivo pero sen a maior parte dun das súas coxas, porén, o seu outro irmán Antonio non tivo tanta sorte e morreu no enfrontamento. O meu bisavó tivo moita sorte porque se non fose pola elección dos seus pais, pode que tamén houbera morto naquela guerra. LUCÍA ALONSO ALONSO 2º ESO B Arturo Torreiro cumprindo cen anos.
V Concurso Galego de Robótica
Tres equipos de alumnos de 4º ESO do IES de Tomiño acadaron o segundo premio ex aecuo no V Concurso de Robótica, organizado pola Institución Galega da Ciencia en colaboración coa Fundación Barrié. A Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA), en colaboración coa Fundación Barrié, organizou na Coruña, do luns 25 de febreiro ao venres 1 de marzo, o V Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, no cal participaron preto de 1.000 alumnos e 58 profesores de 29 centros educativos de toda Galicia.
O IES de Tomiño participou neste V Concurso Galego de Robótica cun total de 48 alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º bacharelato tutelados polos profesores de Tecnoloxía, acadando un resultado moi bo: 3 equipos de 4º ESO empataron no segundo posto da categoría de 4º ESO cos equipos do IES A Cachada de Boiro e IES Canido de Ferrol
NORABOA AOS GAÑADORES!
Aarón Vicente Pintos Paula Vicente Coedo Alicia Costa Carrera Edna Lestón Filgueira Óscar Martínez Rodríguez Miguel A. Rey dos Anjos
En tan só unha hora, deseñaron varios programas de desafíos consistentes en probas de decisión: trazar rotas seguindo unha luz, detectar obstáculos, seguir ordes en función dos sons detectados, etc O interese mostrado por todos os participantes foi moi alto e a experiencia resultou moi satisfactoria para todos.
Rubén Lomba Giráldez Adán Otero Duarte Javier Martínez Martínez Diego Álvarez Sobrino Beatriz Pereira Expósito Sandra Cayetano Expósito
CRÍTICA CINEMATOGRÁFICA Intelixencia artificial. Pódese interpretar que nun futuro próximo, crearanse todo tipo de máquinas electrónicas e dixitais. Na película podemos observar moitos destes exemplos, como coches, naves, helicópteros, ata obxectos tan simples como cafeteiras, todo dixitalizado e mellorado. Tamén podemos ver que se substituirán, para diversas e múltiples función, as persoas polos robots, pero non robots cadrados, con catro paus facendo de extremidades e voz entrecortada, senon robots de apariencia idéntica á dos seres humanos, deseñados para calquera tarefa ou uso, pero sen sentimentos. Na película o protagonista é un robot, que se diferencia do resto pola súa capacidade de amar, tal e como esperaban os seus creadores. David (o protagonista)quérelle á persoa que o activa no mesmo momento en que o fai, como se fose a súa nai ou o seu pai. O que non esperaban era que, no caso da perda do suxeito que o activou, o robot sentiría unha grande culpabilidade e melancolía, polo que quedan asombrados. Na historia tamén aparece un personaxe un tanto curioso, como é o que se fai chamar Dr. Know (Doctor Saber), que resulta ser una máquina capaz de proporcionarche toda a información do mundo só con facerlle una pregunta, aínda que, como é de agardar, non é gratis. A película está baseada completamente na tecnoloxía. Todos os obxectos, casas, e ata as cidades, dependen dela. E, como non, tamén os robots. Laura Vaquero Quinteiro 2 ESO D curso 2012/13
Fotograma do film de Steven Spielberg “AI. Intelixencia Artificial.
CRÍTICA LITERARIA Firmin, Sam Savage. Quero contarvos algo dun libro que me gustou moito no seu momento. Non é o que máis me gusta, pero sí é un libro moi agradale de ler e que che deixa boas sensación. Titúlase "Firmin", e é o primeiro libro do autor estadounidense Sam Savage. En principio este libro gustoume moito porque cando o merquei, á parte da portada, que tiña un rato, que realmente é o protagonista deste libro, chamoume a atención a vida persoal deste autor, porque foi: carpinteiro, mecánico de bicicletas… entón un pouco, ese fondo de manipulador de cousas gustoume moito. Realmente, Sam Savage é filósofo. O libro conta a vida dun rato un pouco peculiar, porque nace nunha librería en Boston, e vive una infancia un pouco dura, xa que dende o pricipio foi o irmán máis débil de toda a camada e polo tanto era ao que lle quedaban al últimas gotas de leite… polo que ten que buscar a vida devorando libros para poder sobrevivir, ata que acabou devorando libros pero léndoos. Conta entón a súa vida, que acaba sendo case humana. Ao fin, Firmin faise amigo do libreiro, pero non vos vou contar todo o argumento... O que me gustou foi esa "humanización" de Firmin, e todas as referencias literarias que fai , de modo que á xente á que lle guste a literatura, este libro vai chegarlles. Á parte diso, seguro que non ides ver os ratos do mismo xeito que antes. Firmin qúedache na memoria, e iso que é un rato... Montse Vázquez Meizoso. profesora do Ciclo de Forestais
Dvisita
ledicia costas
O luns 13 de Maio contamos no IES de Tomiño coa presenza da escritora viguesa Ledicia Costas, que veu falarnos do seu último libro “Corazón de Xúpiter” ademais de centrar parte da súa intervención ante os alumnos de 2º e 3º de ESO no uso responsable e axeitado das redes sociais e da prevención do acoso cibernético. En concreto, referiuse ao caso de Amanda Todd, unha rapaza estadounidense que se suicidou despois de sufrir acoso a través das redes sociais Ledicia Costas traballou no mundo do guión cinematográfico e do audiovisual participando no proceso creativo de diversos documentais, labor que compaxina coa participación en diversos recitais, coa creación literaria e co exercicio profesional da avogacía. Entre as obras de Ledicia Costas atopamos: Unha estrela no vento, 2000 Xerais, narrativa. O corazón de Xúpiter, 2012, Xerais, narrativa. Xardín de inverno, 2012, Everest Galicia, poesía.
Ledicia Costas no Salón de Actos cos alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO
Dviaxe Illa de San Sim贸n
ILLA DE SAN SIMÓN-CASTRO DA PENEDACASTELO DE SOUTOMAIOR O 2 de maio, o alumnado de 2º ESO realizou unha saída que se iniciaba na ría de Vigo e remataba no castelo de Soutomaior, pasando pola Illa de San Simón e o Castro da Peneda. Nesta viaxe fixemos un percorrido onde medio natural, literatura e historia mesturábanse. Illa de San Simón As illas de San Simón e San Antón, na ría de Vigo, foron desde a antigüidade testemuñas da nosa historia e dos tráxicos sucesos que alí tiveron lugar. Durante a Idade Media iníciase na illa de San Simón un longo período de actividade monacal, sendo ocupada por diferentes comunidades relixiosas (templarios, franciscanos,...) Neste tempo xorde o culto ao santo que da o nome á illa, realízanse numerosas romarías, e é neste contexto onde se enmarca a célebre cantiga de Mendinho do século XIII: Sedia-me eu na ermida de San Simón e cercaron-mi as ondas, que grandes son; eu atendendo o meu amigo, eu atendendo o meu amigo! ... Na illa puidemos ver un busto deste autor xunto co dos outros grandes trobadores medievais da ría; Xoán de Cangas e Martín Codax. A Idade Moderna na illa comeza cunha batalla no contexto das revoltas irmandiñas. Nos anos posteriores combinará a ocupación relixiosa con períodos de abandono e de saqueos por parte dos piratas británicos comandados por Sir Francis Drake. En 1702, a batalla de Rande enfrontou ás tropas anglo-holandesas cunha coalición franco-española que se refuxiara na enseada de San Simón para defenderse do ataque e descargar a prata e outros obxectos de valor chegados de América. Resultaron vencedoras as primeiras, saquearon toda a costa e incendiaron o mosteiro de San Simón. A partir deste acontecemento xorde a lenda sobre os tesouros dos galeóns afundidos que Xulio Verne reflicte nunha das pasaxes da súa obra “Vinte mil leguas de viaxe submarina”. A historia contemporánea da illa e despois dun século de abandono, comeza cando pasa a ser o Lazareto de San Simón, polo que tiñan que pasar os navegantes procedentes doutros países europeos. O lazareto inaugurase en 1841 e acolle a miles de enfermos en situación de corentena fronte ás enfermidades infecto-contaxiosas da época. Clausurase en 1927 e coa chegada da Guerra Civil convértese en cárcere. Nela foron recluídos numerosos presos do bando republicano. Como cárcere estivo operativa entre 1939 e 1944,
converténdose no maior campo de concentración de Galicia polo que pasan cerca de seis mil persoas. A partir de 1948 é residencia de verán para os membros da Garda de Franco, pero en 1950 un accidente marítimo acabou coa morte por afogamento de 43 membros desta Garda, tras afundirse a su embarcación. Isto precipitou o peche da illa, que tan só volvería a ser utilizada entre 1955 y 1963 como fogar para orfos de mariñeiros. Na actualidade e tras unha profunda remodelación estas illas son valor patrimonial, ambiental e un recurso da nosa memoria histórica común. Castelo de Soutomaior O castelo de Soutomaior chegou a ser o epicentro da actividade política do sur de Galicia durante o século XV. Separado da costa e polo tanto a salvo dos antigos piratas que asolaban a rexión, construíuse neste lugar, no século XII, un primitivo castelo que servía de labores defensivos ante estas incursións. Pouco a pouco converteuse nun gran centro feudal. Distintas personaxes históricas habitaron esta fortaleza, pero ningunha con tanta relevancia como Don Pedro Madruga. Foi quen reconstruíu o castelo despois de ser destruído polas revoltas Irmandiñas. Conserva grande parte da época antiga, as súas dúas altas murallas ameadas, cos seus corpos defensivos e camiños de rolda, o patio de armas, antigas portas, restos da ponte levadiza coas súas defensas, a grande torre da homenaxe, o cárcere abovedado nun soto, ... Desde a fortaleza divísase, a escasa distancia, o pico piramidal onde se levantou a outra fortaleza, o castelo de Castrizán. Castro da Peneda O monte da Peneda posúe unha forte carga histórica, con grande importancia na Idade Media, cando era coñecida como fortaleza de Castrizán e tivo un papel fundamental nas revoltas irmandiñas e nos conflitos nobiliarios. Foi un castro con materiais romanos ata o século IV d.C. En 1477 o arcebispo de Santiago, Alonso de Fonseca, aliado de Isabel de Castela mandou levantar alí o castelo de Castrizán para estorbar ao cercano castelo de Soutomaior, pertencente a Pedro Madruga que era aliado dos portugueses e da Beltraneja. Dous anos despois o castelo era conquistado e destruído por Pedro Madruga. Na actualidade a súa cima está coroada por unha ermida. Cruz Garrido
Allariz Dviaxe
O seis de maio fomos a Allariz a reunirnos cos nosos compañeiros do Barco de Valdeorras, cos que estivemos varios meses carteándonos, para coñecernos mellor. Aínda que xa nos coñeciamos un pouco, as parellas eran bastante dispares, algún tiñan moito en común mentres que outros non compartían nada. Escollemos a vila de Allariz porque está situada mía ou menos na metade do camino entre Tomiño e o Barco. Alí recibiunos don Francisco García, Alcalde de Allariz, ao que lle entregamos un recordo do noso concello. Despois dun resumo da historia de Allariz, fixemos una presentación de todos os alumnos, onde cada parella se presentou mutuamente. Fixemosunha actividade por grupos que nos serviu para seguir a coñecernos e para aprender un ouco sobre a vila. A actividade consistía nunha serie de preguntas sobre Allariz, que tiñamos que responder coa axuda dos veciños. Tras percorrer a vila, deixáronnos un local para
comer, xa que o tempo non nos acompañou nesta aventura. Mentres comiamos, puidemos interactuar cos nosos compañeiros. Despois da comida, e visto que o tempo non melloraba, os profesores decidiron levarnos a un centro comercial a Ourense, onde pasamos o resto da tarde, falando entre nós, comprando, xogando, etc. Tras esta agradable tarde chegou o momento da despedida, onde todos nos apenamos por ter que dicir adeus aos nosos novos compañeiros, e coa esperanza de volvernos atopar algún día. Queremos agradecer de parte de todos os alumnos que participamos nesta actividade ao centro e aos profesores que fixeron posible esta experiencia. Coa axuda de Lechuga fixemos un vídeo de presentación que enviamos ao IES Marta Guisela, onde estudan os nosos compañeiros, e únha semanas depois foron eles os que nos enviaron outro vídeo, que tiña como despedida una grata sorpresa. Ana Sofía, Iria e Marina 4º A
Dfesta
Día da árbore
Entroido
Dfesta
A EXTRAORDINARIA DESPEDIDA DE IBN BATUTA
Audentes fortuna iuvat (a sorte axuda aos audaces) Virxilio
Se ben é case un descoñecido para os occidentais, podería dicirse que Ibn Batuta foi o Marco Polo do mundo musulmán. E a casualidade quixo que Ibn Batuta saíse da súa casa en dirección á Meca xusto un ano despois da morte de Marco Polo, coma se decidise substituir a ese outro infatigable viaxeiro cristián. Foi así que certo día de 1325 este mozo de 20 anos abandonou a cidade marroquí de Tánxer con intención de cumprir o mandato musulmán de visitar a Meca polo menos unha vez na vida. Era moi probablemente a primeira ocasión na que deixaba a súa casa. Viaxaba sen apenas recursos económicos nin fortuna persoal. A única axuda coa que contaba era a rede de hospitalidade que existía entre os musulmáns para axudar os peregrinos de tódolos recunchos do mundo que ían á Meca. O extraordinario non era saír de peregrinación á Meca, pois miles de musulmáns facíano cada ano nesa época. O extraordinario daquel día era que Ibn Batuta non deixaría de camiñar ata 1354, case trinta anos despois da súa partida, tras visitar todo o mundo musulmán da época, así como as máis remotas rexións de África, Europa e Asia, ata chegar a China. A relixión de Alá atopábase nese século estendida por eses tres continentes. Infatigable, intelixente, curioso, valente, culto; Ibn Batuta, o gran viaxeiro do século XIV, a época do gran esplendor cultural do Islam, fixo tres longos itinerarios: no primeiro, que durou sete anos, percorreu toda a costa Norte de África, pasando por Exipto, Siria, Palestina, Damasco e Medina, ata chegar á Meca. Algunha teima fixo que non regresase ao seu fogar, tal e como facían todos os peregrinos. En lugar diso fíxose profesor de teoloxía e máis tarde decidiu unirse a unha caravana que facía a viaxe de regreso á casa... pero en dirección contraria. E así, no segundo itinerario, percorreu a Ruta da Seda, cruzando os actuais Irak e Irán, chegando ao Kurdistán, pasando tamén por Sudán, Yemen, Zanzíbar e Mombasa, desviándose logo en dirección a Asia por Anatolia (na actual Turquía), Crimea, Astracán, o estado hindú de Kelara, parando nas Maldivas (ao sur da India), e establecéndose uns anos en Delhi para logo viaxar a Sumatra, Ceilán, Vietnam e Fuxián, na China. Neste segundo periplo tivo varias esposas, concibiu algúns fillos e foi nomeado xuiz, lexislador e embaixador. Tratou con sultáns e emperadores, viviu en palacios, coñeceu xente humilde, visitou os maiores mercados da época, cruzou interminables desertos, sobreviviu a varios naufraxios e asaltos, escapou da guerra, coñeceu varias epidemias de peste e librouse da morte en inumerables ocasións. Todo iso en apenas catorce anos. En 1349 xa levaba vintecatro anos sen voltar á casa. Foi entón cando debeu sentir saudade do fogar, e decidiu emprender viaxe de regreso. A viaxe de volta levaríalle seis anos: non podía ser doutro xeito tratándose dun temperamento para o cal a millor ruta entre dous puntos é a máis longa. O regreso fíxoo por Damasco, Cerdeña, Xibraltar, Ronda, Málaga e Granada. De camiño soubo da morte do seu pai e da súa nai. Aínda así, escolleu desviarse polo interior do continente africano, en dirección a Mali, visitando Tombuctú e navegando o río Níxer, que el pensaba que era o Nilo. Finalmente, en 1354 chegou a Tánxer, de onde partira
case trinta anos antes. Nese intre tiña 50 anos e percorrera máis de 120.000 quilómetros a pé, a cabalo, en carro ou en barco. Foi alí, en Tánxer, onde un sultán lle pediu que escribise a súa vida. O relato da súa viaxe coñecémolo grazas ao libro 'Ao través do Islam', que foi quen de dictar a un sabio da época. A vida de Ibn Batuta (1304-1369) é unha das máis extraordinarias e abraiantes da súa época, e probablemente de tódas as épocas. É tamén un exemplo de adaptación, de imaxinación, de intelixencia e de superación. Probablemente nin Ibn Batuta fose consciente do que ía facer aquel día de 1325 cando saíu da casa por primeira vez para facer a peregrinación á Meca. Xamais saberemos que pulo o empurraba a camiñar sempre nalgunha dirección nova. E non parece que a viaxe a tivese programada: máis ben semella que a cada paso que daba improvisaba o seguinte, e que cada problema xurdido era a porta que abría un novo camiño cara adiante.
Ibn Batuta lémbranos que a vida é un resumo de pasos, máis ca unha traxectoria; un camiño cheo de curvas e decisións, máis ca unha liña recta, unha improvisación, máis ca unha programación. Ensínanos que o fogar é un lugar ao que voltar, non tanto o lugar no que permanecer. Lémbranos que a adaptación ao cambio é a chave da supervivencia, e que, polo xeral, en todas partes pode un atopar razóns para vivir feliz, sexa con moito ou sexa con pouco, baixo o Sol ou no medio da treboada, e aínda que o camiño se faga, como el mesmo dicía, ''só, sen compañeiro con cuxa amizade aledarme, e sen caravana á que xuntarme''.
Eduardo Fresco, profesor de Filosofía. Isabel Nóvoa, profesora de Español. Acta est fabula.
ENFERMERÍA CHEGA ÁS AULAS
O meu nome é Graciela Vilariño, son exalumna deste Centro, IES de Tomiño e, actualmente estudante de 4º Grao de Enfermería. O meu traballo de fin de Grao leva o nome de “Educación sobre hábitos alimentarios saudables nos adolescentes no ámbito escolar”. Un dos motivos que me impulsou a realizar este traballo é a situación actual que hai en España, e especialmente Galicia, sobre os niveis de obesidade e sobrepeso infanto-xuvenil. É un dato realmente alarmante con cifras que cada vez máis se asemellan ás de EEUU ou Reino Unido. Nestes intres, segundo estudos realizados, Galicia encabeza os datos de toda España cunha porcentaxe de obesidade infantil do 30%. Dada esta situación e como futura enfermeira, decidín realizar unha intervención a nivel educativa sobre a alimentación saudable para reforzarlles coñecementos aos alumnos/as sobre uns hábitos saudables na alimentación e tamén a relación existente co exercicio físico. A intervención leveina a cabo no IES de Tomiño, cun grupo de 3º de Secundaria, e constou de dúas fases: -A primeira fase realizouse no mes de Marzo. Nela repartín dúas enquisas para coñecer os seus hábitos alimentarios, e fixen unha breve exposición cunhas nocións básicas de cómo debe ser unha alimentación saudable. -A segunda fase tivo lugar no mes de abril. Nela levei a cabo un xogo didáctico para valorar os coñecementos dados na primeira fase. Deilles unhas recomendacións individuais segundo os resultados das enquisas e puxéronse en común os resultados obtidos. Así mesmo, falamos sobre “a pirámide de alimentación e exercicio físico da Naos” e entregueilles unha a cada alumno/a. Os resultados máis chamativos do estudo son os seguintes:
A mostra para o estudo foi de 20 alumnos/as. Cunha distribución do 60% homes e 40% mulleres, e unha media de idade de 14’77 años. Hai un 10% de alumnos dese grupo que veñen ao Instituto sen tomar nada , un 50% non come nada no recreo, un 25% non merenda e un 15% non cea. Estes datos son un pouco preocupantes xa que se recomenda aos adolescentes realizar cinco comidas diarias. A incorporación das novas tecnoloxías á vida cotiá dos adolescentes inflúe notablemente nos hábitos alimentarios. Unha alta porcentaxe de alumnos/as recoñecen ver a televisión mentres comen, sobre todo aqueles que o fan sós. Está demostrado, que ver a televisión impulsa aos mozos a comer maior cantidade de comida.
Un dato importante atopado no estudo é o uso do WhatsApp. Moitos dos alumnos/as contactan entre eles con esta nova aplicación para os móbiles mentres comen, sobre todo no almorzo.
A intervención educativa realizada no instituto, mostra que realizando educación sobre hábitos saudables de alimentación, os adolescentes adquiren novos coñecementos sobre esta. Deste modo, poden realizar cambios nas dietas e no nivel de exercicio físico para mellorar o seu estado de saúde. Este feito, tamén permite reducir co tempo os niveis de sobrepeso e obesidade, mellorando a saúde dos mozos e previndo posibles complicacións na idade adulta. Como recomendacións para os adolescentes acerca dos hábitos saudables, dicir que: Todos deberían realizar unha inxesta diaria de 5 comidas (almorzo, media mañá, xantar, merenda e cea). O almorzo é a inxesta máis importante do día e debería estar composta por:
o Cereais. o Lácteos. o Froitas. o Derivados cárnicos. Hai que ter en conta sempre o nivel de exercicio físico e o sexo para realizar unha dieta axeitada.
Graciela Vilariño, exalumna do IES de Tomiño
Dvisita Neste curso pasaron polo noso centro expertos de diversa índole, para mostrarnos o seu traballo. Entre eles están Begoña Davila e Andrés Pose que viñeron falarnos das árbores senlleiras de Galicia, cunha reportaxe fotográfica que mostraba a imponencia e beleza destas árbores., e incidiron na necesidade da súa conservación. O noso concello, Tomiño, é un deses lugares con interese en especies singulares coma esta sobreira que se atopa preto da capela de S. Lourenzo. A pesar diso ningunha especie desta zona está
catalogada como árbore senlleira, se ti coñeces algunha podes solicitar a súa catalogación entrando na seguinte dirección: http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/ conservacion/biodiversidade/arbores_senlleiras/
Un xardín efémero é aquel xardín concibido coma unha obra de arte e construído coa idea de ter unha vida limitada. En Ponte de Lima (Portugal) e Allariz (Ourense) existen concursos de xardíns efémeros onde o seu tempo de vida é de seis meses, de maio a outubro. A xente que os visita ten a ben de votar polo que máis lle guste, así o que máis votos reciba será o gañador e posuirá o honor de prolongar a súa vida ata o ano seguinte. Nos concursos proponse unha temática e sobre ela o paixasista, xardineiro ou arquitecto desenvolve o seu proxecto. Allariz xa vai polo cuarto Festival Internacional de Xardíns. Nesta edición o tema inspirador é “a beleza que inspira Allariz”. As propostas chegadas son de artistas de Galiza, España, Portugal, Holanda, Canarias, Euskadi, Francia e Austria e mostran os encantos, beleza e inspiración que Allariz suxire. Preto de nós temos aos veciños Portugueses, con máis tradición, soleira e cultura en xardinería ca os galegos (xa van pola novena edición). Este ano a temática inspiradora é o “Jardim dos Sentidos”, estes xardíns efémeros realízanse preto do río Lima, nun enclave moi pintoresco, con representación de doce paixasistas de diferentes países. Pois xa sabedes aproveitade e a preparar unha pequena viaxe, nalgún deses xardíns seguro que hai algunha planta producida no Baixo Miño.
Dactualidade toda
a comunidade educativa en contra da LOMCE
MANIFESTACIĂ“N EN VIGO O NOVE DE MAIO DE 2013
O RADÓN EN GALICIA
Dciencia a auga superficial (obtida dos lagos ou ríos) polo xeral ten moi baixos niveis.
¿Que é o radón? O radón é un elemento químico pertencente ao grupo dos gases nobres. En estado gasoso é incoloro, inodoro e insípido. Na natureza existen tres isótopos , todos eles radiactivos e de curta vida, dos cales o máis estable (vida media 3,8 días) e abundante é o Radón-222. O Uranio-238, presente sobre todo nas rochas, é o que ao desintegrarse (emitir partículas e radiacións) produce o Radón-222 que continuará o seu decaemento remantando no Chumbo-206, que xa é estable. A cantidade de gas mídese en Bq/m3 (becquerel por metro cúbico), sendo o becquerel unha unidade do Sistema Internacional que mide a actividade radiactiva.
O solo de Galicia, fonte de radón Galicia é unha das comunidades máis afectadas do Estado polas emisións de gas radón, debido á abundancia de solo granítico fracturado e poroso que permite a emanación do gas cara ao exterior. Actualmente estanse realizando medicións en vivendas de Galicia xa que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), é o responsable de entre o 3 e o 14 % das mortes por cáncro de pulmón, a segunda causa despois do tabaco. No estudo tamén colabora Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) para colocar detectores nos domicilios, para logo dispor dun mapa de radón cunha media dun medidor cada 100 km. Estes estudos demostran que a súa presenza débese ao forte illamento que se realiza hoxe en día nas vivendas, co que as emanacións do gas (que parte del subsolo) non conseguen escapar facilmente dos inmobles, polo que "queda illado aí".
Onde se atopa? A maioría da exposición ao radón provén do interior das casas, edificios comerciais, escolas e outros lugares e os seus niveis dependen das características das pedras e a terra da rexión onde se atopen. Este gas radiactivo, pode entrar nos edificios a través de gretas no piso ou as paredes, empalmes nas construcións ou os espazos que quedan nos cementos ao redor das tuberías, varelas ou bombas. Os niveis máis elevados de radón polo xeral atópanse no soto ou espazo subterráneo. Tamén é posible que pequenas cantidades sexan liberadas do suministro de auga ata o aire, especialmente se a fonte de auga é subterránea. A auga que provén dos pozos subterráneos profundos nas rochas pode ter niveis altos, mentres que
Consecuencias
Que podemos facer?
Segundo un texto da Organización Mundial da Saúde: “Polo común, as concentracións de radón ao aire libre son moi baixas; por termo medio, varían entre 5 y 15 Bq/m3. Polo contrario, en interiores as concentracións son máis altas e alcanzan o punto máis elevado en lugares como minas, cavernas e plantas de tratamento de augas”. Pero nas nosas casas, escolas, hospitais, oficinas, fábricas… tamén podemos encontrar concentracións que, aínda en menores proporcións que en cavernas e sotos, poden causar efectos daniños na nosa saúde a longo prazo, como cancro de pulmón.
Galicia conta co seu propio organismo especializado nesta materia e que leva a cabo proxectos e investigacións sobre o radón e as súas consecuencias na saúde pública. Trátase do Laboratorio de Radón de Galicia, que pertence á área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago. Esta unidade é a encargada da elaboración do “mapa de radón de Galicia”.
Sábese, polos estudos que se fixeron entre os mineiros do uranio, que as altas concentracións de radón que respiran os traballadores de minas, son moi nocivas para a saúde. Pero a exposición a baixas doses en vivendas e oficinas, por exemplo, tamén son perigosas, porque a exposición é permanente e cotiá. Os cancros pulmonares causados por este gas non están relacionados coas concentracións altas senón coas baixas e moderadas, debido ao gran número de persoas expostas no interior das vivendas, que é onde se alcanzan estas concentracións.
Xoan Miguel Barros Dios, membro do Laboratorio e profesor titular de Medicina Preventiva da USC, explica que a principal técnica de prevención contra o radón é a necesidade de “illar o subsolo, que é a zona de entrada do aire cargado de radón, deixando unhas cámaras de aire” que canalicen as filtracións de radón ao exterior. O problema é máis acentuado nas casas xa construidas, onde é máis difícil implantar estas técnicas, aínda que sempre hai formas de realizalo. Por exemplo, naquelas que teñan soto ou bodega é posible abrir unhas pequenas ventás ou orificios para que o aire se poida renovar e saia ao exterior no lugar de subir ás demais plantas da casa. Pero o reto está en implantar estas técnicas na construción de novas vivendas. Deixar un espazo entre a soleira e os cementos da casa, que debe estar comunicado co exterior, xa é unha medida anti-radón que permite que ese aire se estea reciclando continuamente. Pero se a zona é de alto risco pode que esta medida non sexa suficiente. Tamén hai outras medidas pasivas como o emprego de plásticos que illan a soleira da casa para impedir que o radón penetre nela". En definitiva, a exposición a gas radón é un dos factores ambientais que teñen maior influencia na aparición do cancro pulmonar. Aínda así, o experto quere deixar claro que se trata dunha circustancia “que se pode previr totalmente” se todos, tanto particulares como administracións, poñemos un pouco da nosa parte. A ventilación das vivendas, mañá e noite con corriente de aire debe ser un costume obrigado. Se queremos controlar a cantidade de radón nún lugar determinado, existen aparatos distribuídos comercialmente que miden a súa cantidade en Bq/m3, o que se denomina actividade-radón. Bibliografía http://es.wikipedia.org/wiki/Rad%C3%B3n http://www.cancer.org/espanol/cancer/queesloquecausaelcancer/otrosagentescancerigenos/radon-carcinogeno http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2010/03/23/suelo-galicia-fuenteradon/369035.html http://galicianatural.net/reportajes1.php?id=19 http://vidasana.org/noticias-vidasana/gas-radon-el-peligro-invisible-en-elhogar.html Patricia Diz Alonso. 1º BB
Estruturas
Neste proxecto debiamos construír unha estrutura capaz de resistir algúns dos esforzos de compresión, tracción, flexión e torsión estudados, podendo aplicar o triángulo como figura indeformable que achega rixidez. As solucións concretáronse na construción de pontes, torres, catapultas e como caso singular un castro (estrutura de muros de carga). Algúns dos proxectos máis resistentes, como se pode ver na proba de carga, foron os construídos unicamente con papel enrolado. Conclusión: non só a nobreza do material ou a cantidade achegan rixidez e estabilidade a unha estrutura, se non que tamén a forma de colocalo inflúe e permítenos aforrar en material!
AMODIテ前... CARLOS
ISABEL
CONCHI
IGNACIO
LUISA
ALICIA
ANA RUTH
CRUZ
IRIA
MIGUEL
PALOMA
PATRICIA
PURI
SONIA
RAIMUNDO
RAQUEL
SANTI
FIN DE CURSO Boas tardes a todos, alumnos, familiares, profesores, etc. Hoxe celébrase que por fin acabamos un ciclo das nosas vidas e que en breve comezaremos outro novo e diferente. Celébrase que tras seis anos aquí, algúns máis e outros menos, ímos deixar atrás o centro educativo no que convivimos con descoñecidos que remataron por ser amigos, no que pasamos bos e malos momentos, horas sen durmir, nervios antes dun exame, notas que nos alegraron o día, outras que o estropearon, choques con compañeiros, riñas con profesores, éxtase ó descubrir que caíu o único tema que estudaches, repasos de última hora, levar o libro ó recreo sabendo que non se vai estudar… e mil cousas máis. Pero deixando a un lado o estritamente académico, todo o relacionado con notas, deberes e exames, este centro supuxo un cambio en todos nós dende que entramos ata o día de hoxe. Gústenos ou non, admitámolo ou non, todos cambiamos, maduramos, aceptamos responsabilidades e só somos unha sombra do rapaz ou rapaza que entrou seis anos atrás pola porta de clase, fascinado polo enorme que era este novo sitio comparado coa escola primaria. Recordo que eu temía perderme con tantas plantas, pasillos e portas e ahora paréceme un lugar moi pequeno que reduce o seu espazo cada ano. Supoño que crecemos física e mentalmente, fixémonos maiores, xa somos adultos e non porque necesitemos selo senón porque queremos selo. Pero aínda así parecemos estar nunha burbulla chamada Tomiño, A Guarda ou Tui e que fóra de aquí o mundo estase desmoronando, píntase o futuro moi negro e o único que apetece é refuxiarse nun “para qué estudar se o fin non ímos ter traballo?”, considérannos a nivel xeral unha xeración desganada, que non ten aspiracións, nin desexos, nin intención de facer nada, pero iso non é certo e na nosa man está cambialo. Hai que pensar algo e é que pese a estar vivindo un momento difícil, as cousas nunca foron realmente fáciles, así que… por qué non ser inxeniosos, ambiciosos, marcar un obxectivo e perseguilo, contra todo pronóstico, contra todo obstáculo, contra todo aquel que diga que non o podemos facer, ir contra todo loitando por algo, loitando por un hoxe e por un mañá, loitando por un mesmo? Podemos cambiar de rumbo as veces que sexa necesario, podemos tardar o tempo que precisemos, pero temos que ter presente un destino e o máis importante, debemos sempre disfrutar da travesía. Iso foron para min estes seis anos no instituto, unha longa travesía que coa perspectiva do tempo non o será tanto, na que aprendín cousas que esquecerei (como os tipos de rocha do período peleozoico) e outras que sempre terei presente (como o custo de oportunidade, que quedará na miña memoria de por vida), na que coñecín outros puntos de vista, outras formas de ser, outras maneiras de vivir que formarán parte por e para sempre de min, que me conformaron como persoa, que me abriron a mente e me axudaron a interpretar a realidade que agora vou ter diante.
A educación é un ben que sen dúbida algunha nos da liberdade de opinión e de escolla, sen o cal non poderíamos ser as persoas que queremos ser nin a sociedade que queremos conformar. Non só se trata de memorizar datas, de saber que “hoxe comín carne pero mañá comerei peixe” é unha coordinada adversativa, de aprenderse que todos os verbos en inglés tras unha preposición levan –ing, ou de coñecer a atolada pero curiosa vida de Nietzsche. A educación implica algo máis ca todo iso. Implica algo máis que formar a alumnos capaces de deixar en bo lugar ó centro do que veñen en selectividade, implica formar a personas íntegras e con criterio, que aporten algo, que sexan capaces de lograr o éxito, non entendido como unha gran casa, cun bo traballo e unha situación económica estable, senón un éxito personal e propio de cada un de nós, o éxito de lograr realizarnos como persoas, de atopar o noso sitio e ser felices nin menos nin máis. Esta tarefa conleva moita responsabilidade, e só co tempo valoraremos o traballo que fixeron con nós algúns profesores, o moito ou pouco que nos influíron e agradeceremos que foran capaces de cumprir con esa tarefa. Moitos de nós, por non dicir todos, estamos desexosos de deixar atrás esta etapa, este centro e a estes profesores, pero tede por seguro que nunca volveremos estar aquí, nunca coma agora, con 17, 18 ou 22 anos e unha vida enteira e sen planificar por diante. Así que sede conscientes de que este é o último recordo que teredes deste lugar, mirade ós vosos compañeiros, cos que quizais compartades piso o ano que vén, ou que quizais non volveredes a ver. Pensade que isto remata xa, que seis anos da vosa vida son agora parte da historia deste centro, e por iso eu quero marchar de aquí lembrando os bos momentos que pasei grazas a estas catro paredes: a excursión sublime a Londres e os viaxe a Paris en cuarto, a de xente incríble que coñecín, os recreos que se me facían tan curtos, o cheiro a libros novos en setembro e o ambiente veraniego de fin de curso, todas as risas e as bágoas e tantas tantas outras cousas que deixo recollidas nun longo etc para non aburrirvos máis. E tras todo este intento de discurso crítico e alentador, pensei e pensei en cómo rematar e lembreime dunha frase de American History X, película que por certo vin no instituto por primeira vez: “Sempre ven ben terminar un traballo cunha cita, Dereck di que sempre hai alguén que o fixo mellor ca ti e que se non podes superalo, rouballo e aproveitate”. Así que escollín unha de Charles Chaplin que creo que recolle todo o que quero dicir e serve como consello para ter sempre presente: “aprende como se foras vivir toda a vida, e vive como se foras morrer mañá”. Iso é o que debemos facer ahora, aquí déronnos as ferramentas, a partir de hoxe de nós depende seguir aprendendo. Claudia Alonso Alonso 2º Bacharelato
BRÉTEMA Edición realizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, coa colaboración dos Departamentos de Historia, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Forestais, Galego, Español, Filosofía, Tecnoloxías, Plástica, Música. Textos: Cruz Garrido, Montserrat Vázquez, Eduardo Fresco, Isabel Nóvoa, Miguel González, Rocío Veiga, Paloma Romero. Imaxes: Cruz Garrido, Luis Lechuga, Paloma Romero, Mariló Fernández, Angeles Velázquez. Montserrat Vázquez. Maquetación: Luis Lechuga Correción: Sonia Torreiro, María Xosé García Esta revista foi editada en Xuño do ano 2013 no IES de Tomiño
EDLG IES de Tomiño Curso 2012/2013